Ameaza na Antártida - Vox · Alto e rexo coma un touro, ... Dise no texto que os fracasos...

8
Ameaza na Antártida Ramón Caride XERAIS

Transcript of Ameaza na Antártida - Vox · Alto e rexo coma un touro, ... Dise no texto que os fracasos...

Ameaza na AntártidaRamón Caride

XERAIS

O AUTOR

2

Título: Ameaza na AntártidaAutor: Ramón CarideIlustrador: Miguelanxo PradoEditorial: Edicións XeraisColección: MerlínNº páxinas: 120ISBN: 84-8302-564-7

RAMÓN CARIDE OGANDO (Cea, Ourense,1957) é o autor desta segunda entrega da,ata agora, triloxía As aventuras de Said eSheila na que comparten protagonismo unneno e unha nena irmáns e orfos que vivennun futuro ó que nós temos acceso a travésdo que eles escriben nun ordenador. O primeiro libro fora Perigo vexetal, que acadara oPremio Merlín 1995, e o terceiro recibe o título de O futuro roubado.Biólogo e profesor de ensino secundario, Ramón Caride, vai introducindo nos seus librosaquelas temáticas que lle preocupan e que xiran en torno á ecoloxía.Conta tamén con obra poética como Flor no deserto (Premio Cidade de Ourense de Poesía,1994), anque é maior a súa producción narrativa, na que ademais de libros para o públicoinfantil e xuvenil coma os xa citados ou Micifú e os seus amigos, Historia dunha sobreira, A incer-teza dos paraísos… Ten varios libros para adultos coma Soños eléctricos, co que acadou o PremioBlanco Amor 1992.

FICHA TÉCNICA

3

O ILUSTRADOR

As ilustracións deste libro, igual que as de As aventuras de Said e Sheila, Perigo vexetal e O futu-ro roubado foron realizadas por Miguelanxo Prado.Este ilustrador, nado en 1958 na Coruña, é recoñecido e galardoado internacionalmentecoma creador de banda deseñada. Son famosos os seus álbums Fragmentos da EnciclopediaDélfica, Stratos, Tanxencias e Trazo de xiz.Dedícase tamén á animación, realizando neste campo o Xabarín para o programa da TVGe o deseño da serie «Os Vixiantes do Camiño». A partir de 1998 colabora coa productorade Spielberg en Estados Unidos.A falta de cor vese suplida polo realismo dos debuxos nos que cada personaxe é recoñeci-ble nos trazos e expresións. Algún deles pode recordar, incluso, a algunha persoa coñecida.Obsérvase a afinidade do debuxante co cómic na utilización variada dos planos e angula-cións, así como no tratamento do debuxo.

ARGUMENTO

Said e Sheila viven nesta novela unha nova e inquietante aventura. Todo comeza cando des-cobren unha estraña mortaldade de peixes no río que pasa á beira do muíño que vén sendoa súa casa. Todo esto nunha época na que xa non hai contaminación, no 2077.A procura das causas do desastre ecolóxico lévaos ó descubrimento dun terrible plan pro-movido por Anatoly Koprissos, un multimillonario grego que pretende dominar o mundomediante a enerxía nuclear. Conseguirán resolver felizmente esta trama coa axuda do dou-tor Kim-Sam e o seu fillo Yu-Su.Nesta entrega, aparece a personaxe de Irina, unha nova amiga para Sheila e tal vez algo máispara Said.Ambos irmáns alternan voces narrativas, escribindo un ou outro no ordenador, a través doque nos chegan a nós as súas novas. É así como se comunican cos adolescentes actuais.Narración cos ingredientes que caracterizan as novelas e películas de aventuras. Pero taménaqueles que son propios do mundo dos superheroes de banda deseñada, no que os perso-naxes son bos ou malos en estado puro (anque aquí veremos a «transformación» do pai deIrina), os antagonistas están empeñados en acabar coa Terra, en ter todo o poder sobre ela,mentres que os protagonistas terán que loitar por evitalo.

4

OUTROS TEMAS E VALORES

• Enerxías. A enerxía nuclear, a máis perigosa. Hiroshima, Nagasaki, Harrisburg,Chernobyl… nomes a ter en conta cando falamos de enerxía nuclear. Minerais radioac-tivos. Uranio. A uraninina, para obter uranio e con el construír as bombas.

• Contaminación. Mirase cara ó pasado (o noso presente) dicindo que eran aqueles tempos nosque non se controlaba a contaminación. O atraso dos que non son capaces de respectar anatureza. Da mesma maneira que se pode considerar prehistórica a recolección ou a cazafronte ós cultivos e á gandería, podemos considerar atrasados os pobos que contaminan.

PERSONAXES

SHEILA. Ten doce anos. Vive unicamente con seu irmán, pois son orfos. A súa casa é unmuíño e nela traballan deseñando tecidos por ordenador. Sheila é un tanto presumida egústalle competir con seu irmán. Está celosa porque sente que el lle está prestando moitaatención a Irina.

SAID. Irmán de Sheila. Ten catorce anos. Di Sheila que anda perdidiño por Irina e só pensanela; ponse colorado cando a mencionan e non pasa día sen falar con ela.

Aparece como referencia a personaxe do avó XAN, cando eles falan del e do seu tempo.

IRINA, a filla de Anatoly Koprissos. Loira, de pel moi branca, espelida. Ve pouco a seu pai, edende a morte de súa nai, cando ela contaba oito anos, reside nun internado de Suíza.

ANATOLY KOPRISSOS. Alto e rexo coma un touro, moi forte e groso, cun bigote cumprido moinegro que contrastaba co seu cabelo espeso, xa máis branco ca gris. A súa cara, redonda e bron-ceada, de poucas enrugas, fazulas carnosas e labres anchos. Os ollos como os de Irina, moi gran-des e azuis. Todo nel emanaba autoridade. Quizais o home máis rico do mundo. Home solita-rio. Madrugador sempre ocupado cos seus negocios.

YU-SU é o fillo do doutor Kim-Sam. Un rapaz do seu tempo.

KIM-SAM, o doutor que vive en Lausanne, Suíza. Coñecido na novela anterior, aparececomo bo amigo destes irmáns, e non dubida en poñerse en camiño co seu fillo para botar-lles unha man cando lles fai falla.

5

• Ansias de poder. Ser o amo do mundo. A personaxe de Koprissos é moi de cómic. O malo,malísimo que quere o poder para facer mal, e que chega ó poder facendo mal ou chan-taxeando para evitar ese desastre. O seu ultimato: a non ser que tódalas autoridades domundo lle entreguen o poder creará un caos, unha bomba atómica na Antártida fará quesuba dun xeito brusco a temperatura, derreterase o xeo da Antártida, as zonas costeirasanegaríanse incluíndo moitas cidades populosas, os iceberg ameazarán a navegación,millóns de persoas terán que ser evacuadas… O home que poida controlar todo isto seríao amo do mundo: el. Dise que o pai de Irina faise malo a raíz da morte da súa muller.¿Tódolos malos teñen unha razón para selo, un trauma, un complexo…?

• O efecto invernadoiro. Grave problema ecolóxico que afectaba ó planeta a finais do sécu-lo pasado –XX– posibilitando unha catástrofe climática, coas consecuencias que se deri-varían de todo esto. Entre elas, a fusión dos casquetes polares. O problema está na can-tidade de dióxido de carbono que vai á atmosfera, se esta aumenta quecería a Terra, oxeo dos polos derreteríase, o nivel dos mares aumentaría… O que pretende Koprissos éprovocar un efecto invernadoiro instantáneo mediante unha bomba no polo.

• Relacións humanas. Malos, que son tenros no seo da súa familia. O que non conseguiu avosa loita, hano acadar as bágoas da filla, dille o doutor ós rapaces. Só o amor fora quende tirarlle a prepotencia e o cinismo a Koprissos. Cando se dá conta de que puído per-der a Irina: ¿De que me valería ser o dono do mundo se non volvería ver máis á miña filla?

• As guerras. Dise no texto que os fracasos pódennos ensinar moito. Dos fracasos do pasadoaprenderemos… Moitos pais perderían ós seus fillos se vostede continuase con este xogo absur-do da conquista do mundo, como moitos os perderon nas estúpidas guerras do pasado. ¿Hai gue-rras que non se poidan chamar estúpidas? ¿Hai algunha que non sexa un fracaso?

ANTES DA LECTURA:

• Realizar un intercambio de opinións acerca do libro.• Ver se a alguén lle sona porque xa leu algún dos outros libros da triloxía.• Se coñecen ó autor ou ó ilustrador e de qué. Logo, buscar no libro o que trae ó respecto

e comentalo entre todos.

ACTIVIDADES A REALIZAR

6

• Qué sabemos da Antártida.• Mirando as ilustracións que alguén se atreva a adiantar unha historia.

DURANTE A LECTURA:

• Conforme imos lendo, tomamos nota daqueles aspectos que nos chaman a atención parair afondando neles mediante traballos en grupo ou individuais, como poderían ser osseguintes:

• Sheila ve os peixes mortos e di que aquelo lle dá mala espiña. Pode parecer un chiste.Pensemos outros casos nos que se poida xogar con frases feitas para producir comicidade.

• ¿Imaxínaste un mundo onde ninguén ousa facer ningún vertido ás augas, ó aire ou á terra,que poida lixalos. Sheila escribe que nas súas cidades recíclanse todos os productos, ou volvenreutilizarse. Fronte a este «mundo» ou mellor «tempo» ela di que na nosa época temos oconcepto de «usar e tirar», algo que a arreguiza. Debatede esto e ide adiantando cómoserá o futuro… o noso futuro.

• ¿En que viaxan? ¿A que che lembra ese medio de transporte? ¿Que che pareze eso de quepoidan conducilo coa súa idade? Despois de opinar podemos revisar cáles son as viaxesque fan os nosos amigos e pasalos a un mapa. (Primeiro dende Galicia a Grecia: sobrevo-amos o mar Tirreno, o Xónico e o Peloponeso; entramos no Exeo… A illa Koprissa está situa-da ó norte das illas Cíclades, aproximadamente no centro xeométrico do triángulo formadopor tres das máis famosas illas do mar Exeo, as de Quíos, Sciros e Lesbos. Logo, dende a illaata a Antártida, atravesando as diferentes bandas climáticas (Cara ó sur: atravesan oMediterráneo, deserto norteafricano, o ecuador –a sabana, a selva pluvial, a estepa, odeserto do Kalahari–, o mesmo en sentido inverso; Cabo de Boa Esperanza, Antártida,polo sur…) Despois desto ben se pode facer un mapa do hemisferio sur coas paisaxes quelle corresponden a cada unha destas zonas climáticas.

• Said e Sheila traballan deseñando tapices. Pintores famosos téñeno feito, coma Goya, etamén algún dos pintores contemporáneos. Podemos probar a facelo nós tamén.

• Os motivos de cada un dos tapices que o navieiro encargara son seres mitolóxicos: cíclo-pe, centauro, hidra e quimera. Averigüemos cómo son eses animais fantásticos.

• As referencias. Queiramos ou non, todos temos unha base común que fai que comparta-mos canción, ditos… como «Os amoriños primeiros…», «…habelas hainas», «¡ábretesésamo!», «seguir as pedras brancas» coma no conto de Polgariño.

• Contestemos a preguntas ou enumeremos novos interrogantes: ¿Para que serve o conta-dor Geiger? ¿Por que tiveron tanta importancia as minas de volframio na posguerra espa-ñola? ¿«Subterránea ou subglaciar» debemos chamar á zona onde estaba colocada abomba? ¿Coñecemos algún famoso ou famosa dono dunha illa? ¿Cando utilizan o códi-go morse?

• Busquemos recursos estilísticos e expliquémolos: Ver o sol que se agachaba naquel mar dacor do viño sementado de illas. Cada minuto era longo coma un século e pesado coma o chum-bo. O corazón batíalle coma unha metralladora. A boca da cova. Levaba o corazón na gorxa.Corríamos coma almas que leva o demo. Un deserto albo de montañas e chairas de xeo cunhaluz cegadora reflectida coma un espello.

7

• O papel de mediador é fundamental nos conflictos. Explicade o que sabedes deste rolpolas películas, libros ou historias reais. Tamén lle poderiamos chamar pacificador e apli-calo á nosa vida diaria. ¿Como o fariamos?

• No bosque había árbores rodeando ese cubo que era o edificio da área de seguridade.Aparecen citados os castiñeiros, cedros, magnolios, abetos, araucarias, ceibas, baobabs…Podemos facer debuxos naturistas destas árbores para poder distinguilas perfectamente,observando guías de natureza ou lembrando aquelas que recoñezamos normalmente.

• Intercambiemos información en relación ós duplicados, replicantes, androides, robots deforma humana… Seguro que despois cada un de nós poderá escribir unha historia na queinterveñan estas personaxes.

• Podes inventarte un logotipo propio.• Said explícanos o pesadelo que ten: miles de replicantes iguais a Sheila e a el, e eles polo

medio, todos idénticos, baixaban polo río coma os peixes mortos pola radioactividade,ían cara ó seu muíño, dereitos ó rodicio inmenso porque eles eran pequeniños, do tama-ño das troitas, e no máis alto da súa casa estaba chantado o escudo de Koprissos…Escribe agora ti o teu peor pesadelo.

• Hai un par de situacións no relato que poden lembrarche algunha vez na que ti taméntiveches medo. Referímonos a cando Sheila entra na mina ou na área de seguridade.Conta en qué situacións che ten sucedido.

• Podemos ir contándonos o argumento uns a outros, o que escoita irá completándoo se veque falta algo importante.

DESPOIS DA LECTURA:

• Manexar o libro é unha actividade interesante para realizar unha vez rematada a lectura.Probemos a que alguén busque a descrición da illa Koprissa e/ou a da Antártida e llelalea ós demais. Tamén podemos buscar as descricións de Irina e do seu pai Anatoly. Buscartamén no libro os lugares nos que aparece o logotipo de Koprissos.

• Esta é unha novidosa maneira de contarnos a historia, unha novela ó alimón. Pero tipodes buscar outras formas tamén innovadoras de relatarnos algo.

• Despois de lelo, ben lle podemos poñer outro título.• Tamén podemos recoller a idea principal, a mensaxe do libro.• Inventemos outra aventura para estes protagonistas.• Comentemos a lectura entre todos. Se nos gustou, qué nos desgustou, se a recomenda-

riamos…• Cada libro lévanos a outros. Este debe conducirnos ós outros dous da triloxía. E tamén

pode facelo a outros libros deste autor ou ilustrados por este ilustrador. • Lendo as páxinas finais do libro, alí onde se fan pequenas reseñas dos últimos libros da

colección, podemos facer unha posta en común de forma que aqueles que teñan lidoalgún poidan opinar sobre eles.

Pedidos a:

Comercial Grupo AnayaP o l í g o n o d e B e r g o n d o1ª Travesía - Parcela B115.165 Bergondo (A Coruña)Telf.: 981 795 656 / Fax: 981 795 660

EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA

XERAISDoutor Marañón, 12. 36211 VigoApartado Postal 1446. 36200 VigoTeléfonos (986) 21 48 88 - 21 48 80T e l e f a x : ( 9 8 6 ) 2 0 1 3 6 6Correo electrónico: [email protected] t t p : / / w w w . x e r a i s . e s /

© Pilar Sampedro Martínez, 2003© Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2003Depósito legal: VG. 325-2003