Alexandre Vázquez González Universidade ... - Cultura...

10
1 . As migracións masivas de galegos a América Alexandre Vázquez González Universidade de Vigo CONSELLO DA CULTURA GALEGA Arquivo da Emigración Galega Rúa Galeras, 13 / 15705 Santiago de Compostela / A Coruña Tel: +34 981 557351 / Fax: +34 981 582985 / [email protected]

Transcript of Alexandre Vázquez González Universidade ... - Cultura...

Page 1: Alexandre Vázquez González Universidade ... - Cultura Galegaculturagalega.gal/albumdaemigracion/docs/migracions_masivas.pdf · Ilustración 7. Principais destinos da emigración

1

.   

 

As migracións masivas

de galegos a América

Alexandre Vázquez González

Universidade de Vigo  

  

          

 CONSELLO DA CULTURA GALEGA 

Arquivo da Emigración Galega 

Rúa Galeras, 13 / 15705 Santiago de Compostela / A Coruña Tel: +34 981 557351 / Fax: +34 981 582985 / [email protected]

Page 2: Alexandre Vázquez González Universidade ... - Cultura Galegaculturagalega.gal/albumdaemigracion/docs/migracions_masivas.pdf · Ilustración 7. Principais destinos da emigración

2

I. Sobre as características do fluxo emigratorio galego.

Durante século e medio, milleiros de galegos embarcaron cara diversas áreas do

continente americano en busca de oportunidades de traballo e dunhas condicións de benestar

que non acadaban na súa terra. A emigración galega a América nas súas diferentes fases

dende 1835 a 1970 sumou uns 2 millóns de saídas, e unhas 870.000 entradas, o que supuxo

unha perda demográfica neta de algo máis de 1.130.000 habitantes, unha enorme sangría

xerada por unha poboación que pasou de 1,6 a 2,7 millóns entre 1826 e 19751.

010203040

5060708090

1840

1850

1860

1870

1880

1890

1900

1910

1920

1930

1940

1950

1960

1970

1980

1990

Milleiros

Emigración Inmigración

de pasaxeiros

Ilustración 1. Fases da emigración galega a América (1835-1990). (Estimación propia).

Este longo ciclo migratório non foi homoxéneo nas súas pautas. Ó longo do tempo

foron mudando as características dos migrantes, as principais áreas de orixe e destino, os

médios de transporte e os mecanismos materiais, institucionais e microsociais que facilitaron

os diferentes fluxos. O fenómeno global da emigración galega a América resultou ser unha

mistura de diversos e asincrónicos fluxos locais cara distintos destinos xeográficos e laborais,

uns pioneiros cun carácter tradicional de grupos minoritários con cualificacións laborais

específicas, máis adiante outros con pautas modernas como a escala masiva e a baixa

cualificación laboral. Fluxos nos que o predominio pioneiro dos varóns xóves evolucionou

cara uns continxentes humanos moito máis equilibrados no sexo e na idade.

Nas distintas conxunturas distas migracións, os migrantes tiveron que adaptarse á

1 Vázquez (2000 e 2005). Véxase tamén López Taboada (1979), Rodríguez Galdo (1993 e 1995), Eiras / Rey (1992).

Page 3: Alexandre Vázquez González Universidade ... - Cultura Galegaculturagalega.gal/albumdaemigracion/docs/migracions_masivas.pdf · Ilustración 7. Principais destinos da emigración

3

evolución dos requerimentos das damandas laborais americanas. A conxuntura migratoria

estivo íntimamente ligada á recepción en Galicia das demandas americanas, aumentando as

saídas ca difusión dos fluxos a novas áreas do país. As emigracións galegas a América, con

seren tan numerosas, non foron máis que unha parte relevante dos diversos fenómenos

migratórios masivos intrapeninsulares e exteriores que dende a Época Moderna e até fins do

século XX marcaron a historia de Galicia2.

17

4

48

4 2111Andalucía

PortugalBos Aires

Cuba

BrasilGalicia

MadridNs/Nc

* Habitantes 1.572

* Emigrantes 78

•Taxa emigratoria (por mil) 50

* Familiares dos emigrantes 476

* Poboación afectada directamente (Mínimo)

(Só emigrados e as súas familias)

30% da poboaciónFonte: Arquivo Municipal de NigránPadron de 1857. Parroquia de San Pedro dla Ramallosa

Ilustración 2. Un exemplo da diversidade dos fluxos migratorios galegos. Parroquia da Ramallosa (Nigrán-Pontevedra). Distribución por destinos dos emigrados en 1857. (Elaboración propia).

Dado o atraso económico e social da Galicia da época o interés pola alternativa

laboral migratória foi unha constante estructural da economia galega e estivo determinada

polo diferencial de rentas, traballo, asistencia social e oportunidades existintes entre Galicia e

as moito máis ricas economías de destino.

Media MulleresOndadas Saídas anual (%) Difusión xeográfica

1835-46 3.741 312 5-10 Enclaves portuarios1847-64 35.094 1.950 10 Litoral prelitoral1865-85 131.950 6.283 25 Litoral/prelitoral interior1886-03 315.264 17.515 25-30 Toda Galicia1904-18 648.460 43.231 30 Toda Galicia1919-36 485.972 24.299 36-40 Toda Galicia1946-90 402.328 8.941 45 Toda Galicia

Total = 2.022.809 saídas, 838.574 entradas. Saldo -1.184.235

Ilustración 3. Algunhas variables da emigración galega a América (1835-1990). (Elaboración propia) Os emigrantes a América procederon primeira e maioritariamente de áreas litorais e

prelitorais (províncias de A Coruña e Pontevedra, e do norte da de Lugo) para despois dar

2 Vid. p.e. Meijide (1960), Carmona (1990), Eiras / Rey (1994), C.C.G. (2002), Vázquez (2005).

Page 4: Alexandre Vázquez González Universidade ... - Cultura Galegaculturagalega.gal/albumdaemigracion/docs/migracions_masivas.pdf · Ilustración 7. Principais destinos da emigración

4

paso a unha maior presencia dos oriundos do interior.

0%

20%

40%

60%

80%

100%

1860-61 1885-95 1911-34 1951-75Proc

eden

cia

da e

mig

raci

ón (%

)Ourense

Lugo

A Coruña

Pontevedra

Ilustración 4. Participación provincial na emigración galega a América. (Elaboración propia).

Pero a economia galega foi lentamente modernizándose e as intensidades emigratorias

foron reducíndose sensiblemente nas comarcas galegas mais prósperas, que foran as que

iniciaran o proceso. Ainda así, o fin das migracións ultramariñas galegas veu dado póla perda

de atractivo económico dos principais destinos dos galegos en América a partir da década de

1960, comezando até fins da década de 1970 intensos fluxos modernos a varias áreas da

España e da Europa industrial.

Diversos fluxos migratorios tradicionais e sobre todo os de longa distancia xa

acadaran diversos niveis de masificación nalgunhas comarcas de todo-lo norte atlántico e

cantábrico español e tamén en Canarias, antes de escomenzar o século XIX.

A mediados do século XIX a escala da emigración a América era masiva en diversas

comarcas litorais españolas. Especialmente dende aqueles focos nos que aos fluxos

tradicionais, algo máis elitistas, se uniran milleros de pequenos campesiños que sacaban

proveito das súas redes microsociais para dispoñer de información confiable, de financiación

para a viaxe, e de asistencia no desembarque e na integración no país de recepción, pero

tamén alí onde os xornaleiros ou aparceiros dispuxeran de contratos o subvencións para

emigrar.

Os chamados factores obxectivos de empuxe ou de atración emigratoria non foron os

mesmos en todas partes, nin a percepción dos mesmos foi homoxénea nin a nivel rexional,

nin a nivel intrarexional. Era máis doado obxetiva-lo nivel de privación relativa por parte da

poboación estante naquelas rexións ás que chegaban moitas ofertas de traballo e emigrantes

retornados enriquecidos que demostraban, non a certeza de acadar fortuna, senon a existencia

Page 5: Alexandre Vázquez González Universidade ... - Cultura Galegaculturagalega.gal/albumdaemigracion/docs/migracions_masivas.pdf · Ilustración 7. Principais destinos da emigración

5

dun maior grao de oportunidades de ascenso económico e social en determinadas áreas

americanas. Paralelamente, nas rexións emigratorias temperás a América foron formándose

redes comerciais e transportísticas que animaban a emigrar, facilitaban os trámites

emigratorios, e bloqueaban en grande medida a actuación das autoridades encargadas de

controla-los fluxos, facilitando pois a saída clandestina ou irregular de aqueles, sobretodo

mulleres soas ou prófugos do servicio militar, aos que as leis restrinxían a saída do país.

A emigración a América anque progresivamente coñecida en grande parte de España,

foi unha realidade moi polarizada nunhas poucas rexións, e antes de que se poidera falar de

masificación a nivel español, Galicia xa emigraba intensamente. Dende 1860 a 1970 a riada

galega proporcionou o 37.8 % da española a América, mentras que a poboación galega en

1900 non acadaba o 11% da española. A intensísima emigración galega representou o 2% da

emigración europea a América

2,634,518,12,67,00,7

Emigración / EmigraciónEuropea(%)

0,510,38,11,24,69,7

Poboación / PoboaciónEuropea(%)

71745830628620710Emigración / Poboación(x 1.000)

Galicia

Gran Bretaña

inc. IrlandaItaliaPortugalEspañaFrancia

Ilustración 5. Emigración a América (1820-1924) e poboación en 1900. Fontes: Censos da Poboación española correspondentes, Mitchell (1982, 397 e 400) e Vázquez (2005, 367).

As intensas e duradeiras migracións galegas a América representaron un caso extremo

entre as migracións ultramarinas xeradas nas rexións de tradicional base económica

campesiña da periferia norteña da península Ibérica que acompañaron os seus respectivos

procesos de modernización económica e social.

A macro-rexión emigratoria formada por ditas rexións estivo integrada por varias

comunidades étnicas, dividida administrativamente entre diversos estados, rexións,

provincias, distritos e departamentos. Trátase dunha franxa que dende o litoral adéntrase

entre 100 e 200 quilómetros no interior e que abarca básicamente dende o distrito de Aveiro,

todo-lo norte de Portugal, Galicia, Asturias, Cantabria, o país vasco español, Navarra, o país

vasco-francés e o Bearn. Desta macro-exión parteu unha abrumadora maioría dos migrantes

Page 6: Alexandre Vázquez González Universidade ... - Cultura Galegaculturagalega.gal/albumdaemigracion/docs/migracions_masivas.pdf · Ilustración 7. Principais destinos da emigración

6

transatlánticos da Península Ibérica e dende ela difundiuse a áreas limítrofes3.

Ilustración 6. Portos de embarque da macro-rexión migratoria da fachada atlántico-cantábrica (1830-1860).

En 1910, o cadrado que formado polo noroeste ibérico, que inclue grande parte da

macro-rexión nomeada e as provincias do antigo Reino de León, superaba os 10 emigrantes a

América por cada mil habitantes, e algunhas provincias duplicaban ou triplicaban dita ratio.

Só unhas outras poucas provincias españolas encabezadas polas canarias, a balear ou a de

Cádiz, superaban ese 10 por mil. O numeroso resto tiñan intensidades menores do 10 por mil,

e as máis delas nin chegaban ao 3 por mil.

Esta macro-rexión xenerou diversos fluxos rexionais que foron expresión do impacto

do fenómeno migratorio sobre sociedades cunhas características similares pero con diferentes

niveis de desenvolvemento. Todas estas rexiónes nas que predominaba a pequena explotación

campesiña e nas que abundaban fluxos migratorios tradicionais, dispuxeron cedo de múltiples

mecanismos que facilitaron a aparición, a difusión e a intensificación de fluxos ultramariños.

Pero mentras que nas economías rexionais máis tradicionais o fenómeno migratorio foi moi

intenso e perdurable, nas máis desenvoltas os fluxos foron moito menos intensos.

Até 1960 a emigración exterior galega orientóuse maioritariamente cara América con

cifras superiores ao 90%, saíndo casi a totalidade dela polos portos galegos.

Neles, a maioría dos que embarcaban o fixeron con destino a algunhas poucas áreas

americanas, e de forma masiva cara áreas urbanas como A Habana en Cuba, Bahía, Río de

Janeiro e Sâo Paulo en Brasil, Montevideo en Uruguay e Bos Aires en Arxentina. Dende a

3 Sobre a emigración cantábrica e portuguesa: Soldevilla (1992), Anes (1993), Fernández de Pinedo (1993), Pildain (1984), Azcona (1992), Escobedo (1996), García-Sanz (1987), Ojeda (1985), Arroteia (1983).

Page 7: Alexandre Vázquez González Universidade ... - Cultura Galegaculturagalega.gal/albumdaemigracion/docs/migracions_masivas.pdf · Ilustración 7. Principais destinos da emigración

7

década de 1910 tamén Nova Iorque, e dende finais da década de 1950, á vez que Cuba

desaparecía como destino emigratorio, Venezuela cobrou unha importancia inusitada.

0%10%20%30%40%50%60%70%80%90%

100%

1847-84 1885-95 1911-34 1960-64

Outro s

Venezuela

Uruguay

B rasil

A rxentina

C uba

Ilustración 7. Principais destinos da emigración galega a América (1847-1964). (Elaboración propia).

A emigración galega acadou cifras máis elevadas que a do conxunto español tanto na

preferencia por destinos americáns, como nas cifras de emigración definitiva. Isto, unido á

elevada porcentaxe de galegos na emigración española contribuiu a identificar comúnmente ao

inmigrante español co vocablo "gallego" nos países hispano-americanos, mentras que en Brasil

aos inmigrantes portugueses tamén podía identificarselles como “galegos”4.

A emigración non foi un proceso indiscriminado senon que seleccionou os seus

protagonistas, de ahí que emigraran acotío aqueles que estiveran en idade propiamente laboral.

Normalmente entre os emigrados maís do 70% eran homes, aínda que posteriormente a I

Guerra Mundial o número de mulleres tendeu a aumentar ate o 45%5.

Ademáis, entre os emigrantes tiñan unha forte presencia os mozos menores da veintena

de anos. Aproximadamente un tercio dos emigrantes tiñan menos de 19 anos, e os menores de

25 anos representaron máis da metade dos emigrados, dándose no século XX unha paulatina

elevación da idade media6.

4 Vid. Sarmiento (2006). 5 Sobre a muller galega e a emigración vid. Cagiao (1997) e Vázquez (2000, 373 e ss.). 6 Vázquez (1988, 86).

Page 8: Alexandre Vázquez González Universidade ... - Cultura Galegaculturagalega.gal/albumdaemigracion/docs/migracions_masivas.pdf · Ilustración 7. Principais destinos da emigración

8

051015202530354045

1835-1846

1847-1864

1865-1885

1886-1903

1904-1918

1919-1936

1946-1964

% Mulleres

Ilustración 8. Participación da muller na emigración galega a América. (Elaboración propia).

A meirande parte dos emigrantes galegos procedían do mundo rural e campesiño,

mais unha maioria crecente dos mesmos dispuñan de instrucción alfabeta que os cualificaba

para o traballo en sectores non agrícolas.

O grao de alfabetización da emigración galega a América foi xeralmente moi superior

ao da media da poboación de Galicia. Só nas conxunturas mais álxidas da emigración, o nível

de alfabetización tendía a resentirse ao abrirse oportunidades laborais para unha maior

porcentaxe de analfabetos. Os emigrantes galegos, polo xeral, detentaron baixos pero

crecentes niveis de cualificación, pero o seu alto nivel de alfabetización, o seu afán polo

traballo e o aforro, unidos á axuda recibida polos paisanos integrantes das cadeas migratorias,

facilitaron os seus planos emigratorios, e poideron suplir en boa medida as insuficiencias dos

menos dotados7.

0102030405060708090

100

0-5 6-10 11-15

16-20

21-25

26-30

31-35

36-40

41-45

46-50

51-55

>56

Idade

Ta

xa

s d

e a

lfa

be

tiza

ció

n (

%)

Homes (a) Mulleres (a) Homes (b)

Mulleres (b) Homes (c) Mulleres (c)

1849-1899(a)

1947-1960(c)

1900-1936(b)

Idades

Ilustración 9. Taxa de alfabetización dos emigrantes galegos a América. Xénero e idade (1848-1899), (1900-1936) e (1947-1960).

(Cálculos propios a partir de Listas de Embarque). 7 Vázquez (2002).

Page 9: Alexandre Vázquez González Universidade ... - Cultura Galegaculturagalega.gal/albumdaemigracion/docs/migracions_masivas.pdf · Ilustración 7. Principais destinos da emigración

9

Se ben, entre os nosos emigrantes predominaron os de orixe rural, os fluxos tamén

arrastraron artesáns rurais e urbanos, comerciantes e profesionais, aumentando progresivamente

os niveis de cualificación e a presencia dos adicados a oficios e profesións de tipo moderno ao

longo de século XX.

BIBLIOGRAFIA Anes Álvarez, R. (1993), La emigración de asturianos a América, Oviedo. Arroteia, J. Carvalho (1983), A emigraçâo portuguesa. Suas origens e distribuçâo, Lisboa. Azcona Pastor, J. M. (1992): Los paraísos posibles: historia de la emigración vasca a Argentina y Uruguay en

el siglo XIX, Bilbao. Cagiao Vila , P. (1989), "Inserción laboral de la inmigración gallega en Montevideo, 1900-1930", RCGQC, 4,

135-156. - (1990), "Inmigración y cambio en las sociedades latinoamericanas: El caso de los gallegos en Uruguay", V

Xornadas de Historia de Galicia, Orense, 215-228. - (1992), "Incorporación al mercado laboral e inserción social", Historia general de la emigración española a

Iberoamérica, vol I, Madrid, 275-310. - (comp.) (1999), Galegos en América e americanos en Galicia, Santiago de Compostela. Cagiao, P./ García Domínguez, Mª.T. (1997), Muller e emigración, Santiago de Copostela. Carmona Badía, X. (1990), <<Merceros de Castilla: estacionalidad agrícola y desplazamientos estacionales en

la España Cantábrica>>, en García Merino, L. V. et alt., Los espacios rurales cantábricos y su evolución, Santander.

C. C. G. (Consello da Cultura Galega) (2002), Galicia e a sega en Castela ó longo dos tempos. Exposición, Coruña.

C.S.E. (Consejo Superior de Emigración), (1916), La emigración española transoceánica 1911-1915, Madrid. Eiras Roel, A./ Rey Castelao, O. (1992), Los gallegos y América, Madrid. Escobedo Mansilla, R.; Zaballa Beascoechea, Ana de; y Álvarez Gila, O. (eds.) (1996): Comerciantes, mineros

y nautas: Los vascos en la economía americana, Vitoria-Gasteiz. Fernández, A. E. / Moya, J. C. (eds.) (1999), La Inmigración española en la Argentina, Buenos Aires. Fernández de Pinedo, E. (1993), La emigración vasca a América, siglos XIX y XX, Barcelona. García-Sanz Marcotegui, A. / Arizcun Cela, A., (1987), "Aproximación cuantitativa y comarcal a las

migraciones navarras en la segunda mitad del siglo XIX (1879-1883).", Actas del I Congreso Hispano-Luso-Italiano de Demografía Histórica., Barcelona, 431-436.

Gabriel Fernández, N. de, (1990), Leer, escribir y contar. Escolarización popular y sociedad en Galicia (1875-1900), Sada.

González Martínez, E. (1989a), "La estructura ocupacional de los gallegos en la ciudad de San Pablo (Brasil): 1893-1903", RCGQC, 5, 57-68.

- (1989b), "Gallegos en 'Pará': El fracaso de una política migratoria", Actas. Iª Jornadas. Presencia de España en América: Aportación Gallega, Madrid, 389-399.

- (1990) "El aporte gallego al proceso inmigratorio brasileño. 1890-1950", V Xornadas de historia de Galicia, Orense, 255-771.

Lóez Taboada, X. A. (1979), Economía e población en Galicia, A Coruña. Martínez Domínguez, B., (2000), El Capital humano en Galicia, 1860-1930: Alfabetización y crecimiento

económico, Tesis Doctorales 2000 (Humanidades y Ciencias Sociales).Universidad de Santiago de Compostela.

Meijide Pardo, A. (1960), <<La emigración gallega intrapeninsular en el siglo XVIII>>, Estudios de Historia Social de España, IV, 2, Madrid, 462-606.

Mitchell, B.R (1982), “Apéndice estadístico, 1700-1914” en Cipolla: Historia ec. de Europa (4). El nacimiento de las sociedades industriales, Barcelona, 388-469.

Moya, J. C. (1990),"Aspectos macroestructurales e microsociales de la emigración española a la Argentina.", De Juana, J./ Castro, X.: V Xornadas de Historia de Galicia. Galicia e América: El papel de la emigración, Orense, 137-163.

Page 10: Alexandre Vázquez González Universidade ... - Cultura Galegaculturagalega.gal/albumdaemigracion/docs/migracions_masivas.pdf · Ilustración 7. Principais destinos da emigración

10

- (1997), Cousins and strangers. Spanish Inmigrants in Buenos Aires, 1850-1930, Berkeley, Los Angeles. Naranjo Orovio, C. (1988), Del campo a la bodega: Recuerdos de gallegos en Cuba (Siglo XX), Sada. - (1990), "El proceso inmigratorio gallego en Cuba en el siglo XX", V Xornadas de historia de Galicia, Orense,

231-252. Núñez Seixas, X. M. (1992), O galeguismo en América, 1879-1936, Sada. - (1994), “Las remesas invisibles. Algunas notas sobre la influencia socio-política de la emigración

transoceánica en Galicia, (1890-1930)”, EML, 27, 301-346. - (1998), Emigrantes, caciques e indianos, Vigo, 1998 - (2001), (ed.), La Galicia austral. La inmigración gallega en la Argentina, Buenos Aires. Ojeda, G. e San Miguel, J. L. (1985): Campesinos, emigrantes, indianos, Salinas. Palomares Ibáñez, J. Mª. (1989), "La emigración gallega a América en las últimas décadas del siglo XIX",

RCGQC, 4, 95-119. Peña Saavedra, V. (1991), Éxodo, organización comunitaria e intervención escolar. La impronta educativa de la

emigración transoceánica en Galicia, A Coruña. Píldain Salazar, M. P. (1984), Ir a América. La emigración vasca a América.(Guipúzcoa 1840-1870)., San

Sebastián. Rodríguez Galdo, M. X. (1993), Galicia, país de emigración, Oviedo. - (1995), O Fluxo migratorio dos séculos XVIII ó XX, Santiago. Rodríguez Galdo, M. X./ Dopico, F. (1981), Crisis agrarias y crecimiento económico en Galicia en el siglo

XIX, La Coruña. Sarmiento da Silva , E. (2006), Galegos no Río de Janeiro (1850-1970), Tese doutoral, Universidade de Santiago

de Compostela. Soldevilla Oria, C. (1992): Cantabria y América, Madrid. Soutelo Vázquez, R. (2001), De América para a Casa: Correspondencia familiar de emigrantes galegos no

Brasil, Venezuela e Uruguai (1916-1969), C. C. G., Santiago. Vázquez González, A. (1988), "La emigración gallega. Migrantes, transporte y remesas", en Sánchez-Albornoz,

N.(Comp.) Españoles hacia América. La emigración en masa, 1880-1930, Madrid, 1988, 80-104. - (1990), "Algúns aspectos do transporte da emigración galega a América (1850-1930), en DE JUANA, J./

CASTRO, X. V Xornadas de Historia de Galicia. Galicia e América: El papel de la emigración., Orense, 117-134.

- (1992), "Las dimensiones microsociales de la emigración gallega a América: La función de las redes sociales informales", Estudios Migratorios Latinoamericanos, 22, 497-533.

- (1994), "De la vela al vapor. La modernización de los buques en la emigración gallega a América, 1835-1939", Estudios Migratorios Latinoamericanos, 28, 569-596.

- (1996), "El uso de las fuentes personales para el estudio de la Emigración de Galicia: Estado presente y perspectivas", Estudios Migratorios Latinoamericanos, 33, 313-355.

- (1999), "El ocaso de la armaduría gallega y la emergencia de los nuevos señores del transporte emigratorio a América, 1847-1881", Semata 11, 235-255.

- (2000), “La emigración gallega a América, 1830-1930” en Tesis Doctorales 2000. Humanidades y Ciencias Sociales, Universidade de Santiago de Compostela.

- (2002), “La alfabetización de los emigrantes gallegos a América (1850-1960)”: Luces y sombras”, Sarmiento, 6, 135-161.

- (2005), “La migraciones contemporáneas de los gallegos”, en De Juana, J., Historia Contemporánea de Galicia, Barcelona, 425-440.

Villares, R. / Fernández, M. (1996), Historia da emigración galega a América, Santiago de Compostela.