Aldan

11
Datos básicos

description

Realizado por Alexander Rodríguez Reguera de 2ºC de ED. Primaria

Transcript of Aldan

Page 1: Aldan

Datos básicos

No ano 2010 a poboación empadroada era de 2.507 habitantes repartidos en 6 núcleos de pobación: San Cibrán, Erbello, Gandón, Menduiña, Piñeiro e A Espiñeira.

Page 2: Aldan

SOMOS DE GALICIA: Aldán

San Cibrán atópase ó fondo da ría e conforma un núcleo urbano, xunto co barrio de Vilariño, pegado pero pertencente á parroquia de O Hio. Dispón de centro de saúde (Casa do Mar), xardíns, alameda, a Torre de Aldán e a igrexa parroquial.

A Espiñeira, próxima ó porto, sitúase sobre unha colina que cae ó mar. É a única aldea na que a configuración das casas é apiñada. En A Espiñeira atópase o porto de Aldán, o colexio Sagrada Familia e a nave do Clube Piragüismo Ría de Aldán e a praia de Areacova.

Menduíña, ocupa a zona Norte, xunto á costa. Divídese entre a zona de estrada a Bueu e a baixada á praia de Menduíña, onde atópanse numerosos chalets.

Piñeiro, atópase na zona más central.

Gandón é a aldea máis rural e menos pobrada. Atópase na parte Norte interior. Posee amplias zonas de cultivo.

Erbello, tamén rural e situada no interior.

Xeografía

Situación

Página 2 de 9 Alexander Rodríguez Reguera 2ºC CEIP Lope de Vega

Page 3: Aldan

SOMOS DE GALICIA: Aldán

Aldán atópase cerca do extremo da península do Morrazo. Enmarcado dentro do concello de Cangas, na súa parte noroeste. Limita ó norte coas parroquias de Beluso e Bueu (San Martiño), pertencentes ó concello de Bueu; ó este coa parroquia de Darbo, ó sur coa de Hio e ó oeste coa Ría de Aldán. Salvo por esta parte marítima na zona oeste, o resto da vila está rodeada por pequenas formación montañosas, destacando a serra da Magdalena.

Hidrografía

Conta cun río principal, chamado río Orxás, que cruza gran parte do territorio de Aldán. Nace en Castiñeiras (Beluso), e desemboca no fondo da ría de Aldán. O seu principal afluente é o río do Fials, que fai o seu percorrido pola aldea de Erbello, tendo o seu nacemento no monte do Balcon do Rei. Impresionantes acantilados do Canón do Rio Fials

Litoral

A costa alterna pequenas zonas acantiladas e áreas areentas, e está constituída basicamente por formacións graníticas modeladas pola batente do mar, que non abandonan a súa primitiva forma de grandes bólas de granito gris de formas redondeadas e empenadas. As praias que alternan co litoral rochoso constitúen o principal reclamo turístico da parroquia; de sur a norte, son: Vos Picos, San Cibrán, Con de Sestadelo, Cova de Balea, Areacova, Francón, Sartaxéns, Menduíña e Lagoelas.

Construcciones destacadas

Página 3 de 9 Alexander Rodríguez Reguera 2ºC CEIP Lope de Vega

* ALDAN

Page 4: Aldan

SOMOS DE GALICIA: Aldán

Aldán é unha parroquia que aínda conserva o seu antigo antigo burgo mariñeiro, con antigas vivendas mesturadas con numerosos hórreos. As construcións máis destacadas da parroquia son:

O Pazo de Aldán ou Torre de Aldán, no núcleo de San Cibrán, é un palacete-castelo situado nun enclave estratéxico de paso e comunicacion costeira entre Bueu e Cangas. A existencia de sarcófagos suevos no outeiro adxacente, presume o seu posible uso militar con anterioridade, nos séculos V e VI.

A Ponte é unha ponte de pedra de orixe medieval que cruza o río Orxas pouco antes da súa desembocadura. Existe un lavadoiro de roupa na súa inmediación, teitado e con bela iluminación nocturna

O Pazo de Vistalegre, na Espiñeira, de bela factura. Palacete ameado, de harmoniosa construccion.

O acueduto e o castelo en miniatura, con funcións de muíño, no parque de recreo do Terreo dos Condes.

Petroglifos antropomorfos en Erbello.

Página 4 de 9 Alexander Rodríguez Reguera 2ºC CEIP Lope de Vega

Page 5: Aldan

SOMOS DE GALICIA: Aldán

Casco histórico con arquitectura popular mariñeira no lugar de San Cibrán

Varios muíños de auga, a maioría non funcionais na actualidade, outros restaurados recentemente. Existe unha ruta acondicionada que permite a súa visita.

En relación ás construcións relixiosas podemos citar:

A igrexa parroquial, en San Cibrán.

A capela de San Amaro, en Menduíña.

Podemos salientar un cruceiro de escaso valor sobre un Ara solis no cruzamento de camiños denominado As Antas no límite de Gandón, Piñeiro e Menduiña.

Outro monumento de interese é o panteón que se acha dentro do adro da igrexa parroquial de S. Cibran, pertencente á familia Graña Gamallo.

O núcleo histórico de Aldán posúe algunha casa nativa e blasonada ademais dos citados Pazos, e nel acharemos, o sabor mariñeiro das construcións rurais e costeiras, xunto con hórreos ao lado do mar, e camiños lousados coa pegada do tempo e das rodas dos carros escritas nel.

Historia

As primeiras referencias á presenza humana en Aldán son os petroglifos da Idade de Bronce que se conservan en Erbello.

Posúe un sarcófagos suevo escavado nunha pena ao pé da Torre de Aldán.

Página 5 de 9 Alexander Rodríguez Reguera 2ºC CEIP Lope de Vega

Page 6: Aldan

SOMOS DE GALICIA: Aldán

Os Aldao foron unha familia que deu nome ao lugar. Os señores de Aldán, nobres que posuían as mellores terras, palacete-castelo, con frecuencia enfrontábanse a Pedro Madruga, Conde de Caminha e Soutomaior, na Idade Media.´

Nos séculos XVIII e XIX, a historia correu parella coa parroquia do Hio, ao integrarse ambos os dous por varias décadas no veciño concello de Bueu. Ata 1862, onde se volveu integrar con Cangas.

A industria pesqueira fixouse na bonanza das súas augas e instalou unha fábrica de conservas na praia de Menduiña no século XIX, o cal dinamizou a economía, ao mobilizar e orientar a masa obreira na actividade náutica e pesqueira.

Deportes

O deporte en Aldán destaca principalmente polos éxitos obtidos polo club de piragüismo Club de Mar Ría de Aldán, do que saíron campións do mundo e campións olímpicos, como David Cal, Teresa Portela e Carlos Pérez Rial. Tamén cabe resaltar o equipo de fútbol do Club Rápido Bahía de Aldán, que actualmente milita na categoría Rexional Preferente.

Educación

Página 6 de 9 Alexander Rodríguez Reguera 2ºC CEIP Lope de Vega

Arcos suevos do soto da Torre

Teresa PortelaCampeona do mundo Sevilla 2002Campeona do mundo Croacia 2005Campeona de Europa 2006 e 2009

David CalMedalla Ouro Xogos Olímpicos Atenas 2004Subcampeón do Mundo Croacia 2005Campeón do Mundo Alemania 2007Medalla Prata Xogos Olímpicos Pekín 2008Subcampeón do Mundo Hungría 2011

Carlos Pérez “Perucho”Medalla Ouro Xogos Olímpicos Pekín 2008Campeón do Mundo Canadá 2009Campeón do Mundo Polonia 2010

Page 7: Aldan

SOMOS DE GALICIA: Aldán

Existen dous colexios en Aldán, un público e outro privado. O Colexio Público de Espiñeira (Espiñeira, 4) posúe un pavillón de deportes. O colexio Sagrada Familia encóntrase na estrada de camiño ao porto (Avda. Xosé Graña, 4).

Festas Locais

San Amaro, 15 de xaneiro. Na capela de San Amaro. Componse dunha romaxe durante a mañá e mediodía. Ao longo da mañá celébranse misas retransmitidas cara ao exterior por San Amaro e Santa Mariña.

San Sebastián, Día da Danza de Aldán, 20 de xaneiro. As primeiras noticias que hai desta danza datan de 1.650 aínda que se estima que é máis antiga. Nela participan 16 bailarins, 10 homes, 5 mulleres e un guía. Os homes visten traxe, zapatos negros e sombreiro de feltro, as mulleres van con traxe branco e mantón de Manila, mandil negro, panos de diferentes cores sobre os ombros e sombreiros decorados con multitude de flores e fitas de cores.

Festas do Carmen (Festas maiores). Última semana de xullo. Durante a semana realízanse diversos actos culturais. O fin de semana polas noites, amenízase as festas con orquestras na explanada do porto. A

Página 7 de 9 Alexander Rodríguez Reguera 2ºC CEIP Lope de Vega

A queima dos bonecos é unha das tradicións da Festa de San Amaro, en Aldán

Page 8: Aldan

SOMOS DE GALICIA: Aldán

noite do sábado pola noite realízase a tirada de foguetes tradicional. O domingo ao mediodía celébrase unha procesión dende a igrexa ata o porto onde se celebra unha misa de campaña. Á súa finalización, celébrase unha procesión marítima pola ría de Aldán coa maior parte da frota de barcos que se encontra no peirao, na que todo o público pode participar. A imaxe da virxe do Carmen, patroa dos mariñeiros, vai na procesión dende a igrexa ata o porto e participa da procesión marítima. Ao chegar ao punto da ría sobre a altura de Bon, tírase unha coroa de flores e os barcos dan media volta.

Santa Mariña , 18 de xullo. Na capela de San Amaro.

San Ciprián, Patrono de Aldán. 16 de setembro.

Turismo

O fondo de ría é especialmente belo, e a calidade das súas augas fan das súas praias unha marca de referencia nas Rías Baixas. As praias con maior interese turístico son Areacova, Francón e Menduíña. Existen pequenas calas como Cova de Balea ou Lagoelas.

Lugares a visitar: Porto pesqueiro, paseo marítimo, fonte e adro da capela de San Amaro, pazo (palacete) dos condes, igrexa de San Cibrán, pazo de Armas, xardíns do conde (río e acueduto), ruínas doutro pazo e balcón de Montiño, ponte románica e muíños do río Orxas, Paraxe Neno do Corvo.

Economía

Destaca fundamentalmente a industria pesqueira. Ata os anos setenta predominaba a pesca de baixura pero, a partir de entón, comezouse de forma seria coa "pesca de altura", punto forte hoxe en día da economía de Aldán. Unha parte importante da frota de Vigo ten armadores de Aldán e, hai mariñeiros de Aldán en barcos pesqueiros por medio mundo. Destacan especialmente na pesca en zonas como canarias, a costa canadense, Malvinas, costa sudafricana, gran sol, etc.

Tamén é importante a industria mexillonera, que inclúe o cultivo en bateas e a súa depuración. A principios de século realizábase aquí o enlatado en conservas, nunha conservera situada na praia de menduiña e, posteriormente, na conservera que ata hoxe funciona no porto.

Página 8 de 9 Alexander Rodríguez Reguera 2ºC CEIP Lope de Vega

Page 9: Aldan

SOMOS DE GALICIA: Aldán

Gastronomía

Conta cun gran número de bares e restaurantes, especialistas en cociña tradicional e baseada nos produtos do mar. Posúe tamén unha gran fábrica de pan e repostaría en Rozabales e destaca no mantemento da cría de mexillón, considerando este molusco como un dos piares básicos tanto da economía coma da súa gastronomía tanto que é así que os seus campións lle atribúen as súas vitorias.

Os meus rincóns favoritos

O parque de Aldán

Como non…A PRAIA

O Bosque Encantado

Página 9 de 9 Alexander Rodríguez Reguera 2ºC CEIP Lope de Vega

¡Gústame ALDÁN!