Alborada 2010

36

Transcript of Alborada 2010

Page 1: Alborada 2010
Page 2: Alborada 2010

a l b o r a d a

Editorial

3

MAIS MOCIDADE POR UN PAÍS NOVO Paulo C. López 4

CREANDO NOVO NACIONALISMO, SEN TREGUA!

Redacción 6

A UNIVERSIDADE QUE QUEREMOS Salustiano Mato 9

A DESTRUCIÓN COMA FORMA DE GOBERNO: TEORIA E PRÁTICA DO PP

Cristina Míguez 10

OS INDIOS SHUAR E O GOBERNO DA XUNTA

Ximena Campos 11

MEDIO RURAL: OUTRO XEITO DE GOBERNAR É POSÍBEL

Xosé Carballido 12

FEIJOO E A EUTANASIA DA CULTURA GALEGA

Carlos Amoedo 14

ESPECULACIÓN VS POLÍTICA PÚBLICA DE VIVENDA

Teresa Táboas 16

A PPERVERSIÓN DA LÍNGUA Silvia Muíño 18

HOMOFOBIA E TRANSFOBIA NA SOCIEDADE ACTUAL

Brais Preto 20

O OCIO: REPENSANDO O TEMPO DE VIDA Balbina Gándara 22

ENTREVISTA A CARLOS AYMERICH Sara Torreiro 26

MUNICIPAIS ’11. QUÉ FACER? Manolo Antelo 28

POR UN MUNICIPALISMO NACIONALISTA

Inhigo Ansotegi 30

GZ NA AVANGARDA DOS DEREITOS EN INTERNET E NOVAS TECNOLOXÍAS

Pablo Belay 32

O DEREITO Á EDUCACIÓN PÚBLICA E DE CALIDADE

Vanesa Vázquez 34

Consello de Redacción: Consello Nacional da MSG e Grupo de Traballo Nacional de +Mocidade Coordinadores: Inhigo Jesus Ansotegi Soares Portada: Iago Lestegás Tizón

Page 3: Alborada 2010

3

a l b o r a d a

Chega o Día da Patria 2010, data de peche do curso político para o nacionalismo. Neste sentido, é absolutamente necesario facer un balanzo da nosa actividade política nestes meses, sen escatimar en crítica, cando sexa necesaria, mais tampouco ter reparos en parabenizarnos cando as cousas se fixeron ben. A finais do 2009 tivemos a oportunidade de, por primeira vez na historia do nacionalismo xuvenil, presentar unha candidatura única e unitaria do nacionalismo cívico e da esquerda democrát ica para a Asemblea Nacional de Galiza Nova, baixo a plataforma “Entre tod@s, Galiza Nova”. Se ben os nosos resultados non foron os agardados, puidemos visibilizar unha alternativa política, programática e orgánica á actual dirección nas mocidades do BNG. Entre os meses de decembro e xaneiro, ademais, organizamos dous actos arredor da participación sociopolítica da mocidade. O primeiro deles na Facultade de Medicina da USC e o segundo na Facultade de Informática da Coruña. Contamos con poñentes da altura de Xoán Bascuas, Xosé Manuel Beiras, Teresa Táboas ou Carlos Aymerich, e acadamos o obxectivo que nos marcamos: abrir un debate sobre a desafección política da xente nova e termos unha interlocución directa con case que 300 mozos e mozas entre as dúas actividades. E como prato forte deste tempo político, a MSG organizou as I Xornadas da Mocidade G a l e g a , “ G a l i z a , c é l u l a d e universalidade”, os días 6, 7 e 8 de maio na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Cunha participación masiva (arredor dun milleiro de mozos entre todas as actividades) e que serviu para

conxugar formación e lecer a partes iguais. Ademais, tivemos presenza no Campus Doc, colaboramos nas Xornadas 2.0 con FIC-Alumnos e elaboramos unha axenda con artigos de formación. Noutra orde de cousas, e en clave interna, estamos a darlle pulo ao Proceso +Mocidade, encargado de constituír a expresión xuvenil de Máis Galiza. A súa finalidade é aglutinar ao maior número de mozos e mozas do país para que, a finais de outubro, cristalice unha nova estrutura xuvenil, ideoloxicamente incardinada no nacionalismo cívico e na esquerda democrática. O noso obxectivo non é outro que reforzar Máis Galiza para, sumando máis pobo á causa, transformar o BNG e abrilo á sociedade. E en clave externa, é absolutamente necesario traballar para que o nacionalismo teña os mellores resultados nas eleccións galegas de 2011. Temos que colocar á cidadanía no centro do debate e transmitir, en efecto, que as institucións son importantes para transformar a realidade na que vivimos. Neste sentido, cómpre termos o máximo número de referentes mozos e mozas nas nosas candidaturas, nas do BNG. E velaquí un novo número do voceiro Alborada, da Mocidade Socialista Galega. Entre os seus contidos atoparedes como eixo central todo o referente ao proceso +Mocidade, cunha reflexión do noso Secretario Xeral, Paulo Carlos López. Noutra orde de cousas teremos unha interesante recompilación de artigos das voces máis cualificadas a respecto dun ano de goberno da dereita do Partido Popular e un entrevista a Carlos Aymerich realizada pola xornalista Sara Torreiro.

Page 4: Alborada 2010

4

a l b o r a d a

E con altura de miras, poñendo ao país por diante e deixando todas aquelas concepcións minifundistas de lado, nace este novo proceso chamado “+Mocidade”, que culminará en outubro do presente ano. O seu cometido será constituír a expresión xuvenil de +Galiza, onde participan persoas e colectivos de moi diferentes procedencias: os mozos e mozas da MSG e da propia +Galiza, principalmente, mais tamén moita outra xente sen afiliación previa, procedente dos máis diversos ámbitos do asociacionismo xuvenil: cultural, estudantil ou deportivo. Deste xeito, cremos necesario e urxente organizar a toda a mocidade de Galiza Nova que comparta os nosos postulados

ideolóxicos e organizativos. Máis non só. A nosa prioridade política está en trocar o marco de acción e de debate: de dentro cara fóra. Isto é: xogarmos o partidos na sociedade. Galiza Nova Logo dos dignos resultados acadados pola plataforma “Entre tod@s, Galiza Nova”, encabezada por Inhigo Ansotegi na XII Asemblea Nacional, e trala reválida de Iria Aboi (UMG) como Secretaria Xeral con non máis do 60% dos votos (o menor apoio de toda a h i s t o r i a d a o r g a n i z a c i ó n ) entendemos que a situación segue igual que hai un ano. Isto é: esforzo, mais non resultados. Boa vontade, máis inacción na práctica. E sobre todo, unha axenda política para nada imaxinativa e que non

conecta coa maioría da mocidade galega, como se ven demostrado en todos e cada un dos actos e campañas. Iso pola banda de quen a día de hoxe detenta a maioría na organización. ¿E que é

de ISCA, que representa a día de hoxe? A pesares do seu activismo militante, cústelle diferenciarse organicamente, xa que forma parte de maioría dominante do BNG e actúa como unha auténtica marca branca lexitimadora de falsos pluralismos. Indo ao fondo, representa o mesmo proxecto político existencialista e mesmo antidiluviano, a pesares dunha cara máis amable e un perfil máis humano. Buscará a toda costa matices en Galiza Nova para manter á organización e xustificala “imperiosamente” diante da súa militancia; mais, ao fin e ao cabo, representa máis do mesmo. Isto é: non termos vocación maioritaria, seguir reclamando unha sorte de “esencias” do cuño máis conservador que pode existir cunha sociedade galega moito máis complexa que fai 30 anos. Isto é, vellas fórmulas para novas realidades con agardados

resultados. A solución é sinxela: non temos que mirar o que queren os 8.000 afiliados do Bloque. Non podemos pensar que o país real é o que temos algúns na cabeza. Debemos escoitar o que 300.000 votantes potenciais nos din para intentar chegar ao conxunto da sociedade. Que política? Galiza Nova pode e debe facer política soberanista; pero debemos

Paulo Carlos López 1985 Doutorando en comunicación política, xornalista e politólogo

Secretario Xeral da MSG Responsábel Nacional de Política Institucional de Galiza Nova

Máis mocidade por un país novo

A nosa prioridade política está en trocar o marco de acción e de deba-te: de dentro cara fóra

Debemos escoitar o que 300.000 vo-tantes potenciais nos din para inten-tar chegar ao conxunto da sociedade

As organizacións políticas deben ser dinámicas, adaptables e permeables. Neste sentido, o nacionalismo xuvenil está a vivir dun tempo a este parte unha serie de cambios de calado onde as estruturas de mocidade cunha perspectiva cívica e da

esquerda democrática estanse vendo literalmente desbordadas. A razón radica na incorporación de novo capital humano e pola mudanza radical dos equilibrios internos do propio BNG.

Page 5: Alborada 2010

5

a l b o r a d a saber transmitir e adaptar a mensaxe a un público que con discursos maximalistas non entende o que lle queremos dicir. Galiza Nova pode e debe facer unha política de esquerdas, máis non con discursos sumamente ideoloxizados, con militantes falando de Corea do Norte como referente por ser “antiimperialista” ou facer mimetismos doutras realidades tan lonxanas como Cuba e Venezuela (coas cousas boas que teñen e que non serei eu que llas negue). Realmente, estamos onde o inimigo nos marca. Estamos onde o PP e La Voz de Galicia queren que esteamos . Nun discurso previsible, que saben que non vai poder chegar a ser hexemónico. Por iso teiman en nós os

poderes oligárquicos! Pois iso mallan en nós, os que queremos abrir o BNG á sociedade, porque saben que nós representamos unha organización con vocación de gobernar ao conxunto deste país. E a día de hoxe, temos aínda autoimposto ese teito de cristal no Parlamento que non pode acadar moito máis de 10 deputados, alonxados da realidade que pretendemos transformar.

Máis mocidade E nese exercicio continuo de anovar, é preciso seguirmos construíndo un novo nacionalismo, un novo nacionalismo galego (neste caso xuvenil) cunha base ideolóxica e programática clara. Co proceso +Mocidade, pretendemos

chegar ao conxunto da mocidade galega co obxectivo de abrir un forte debate no seu seo. Nacemos para aglutinar a todos os mozos e mozas que cremos nunha nova forma de entender a política e que queremos unha Galiza máis libre e próspera nun mundo máis xusto. A nosa situación de precariedade laboral con taxas do 40% de paro xuvenil en plena crise precisan dunha resposta forte e contundente; o noso acceso limitado a unha vivenda digna ten que ser revertido

cunhas políticas públicas acaídas; a nosa resposta ante a redefinición do concepto de universidade neste século XXI debe ser para afortalar o seu carácter público e galego. +Mocidade nace para dar respostas ás preocupacións da sociedade, e pretende concretarse nunha organización xuvenil que, por ela mesma e sen depender de ninguén, quere ser a organización referencial do ámbito do nacionalismo de mocidade no noso país.

Aquí teñen cabida todos os mozos e mozas que dende unha perspectiva nacionalista, galeguista, progresista e de esquerdas, desexan materializar as súas inquedanzas persoais en feitos concretos. Os nosos piares vertébranse polo orgullo do noso país, da nosa lingua e da nosa cultura; da defensa do público e do Estado do Benestar e polo tanto dos nosos servizos sociais, entre os que se atopa a mellora das nosas universidades e centros de ensino e de traballo; a loita pola mellora das condicións materiais da mocidade galega, tanto en vivenda, como emprego, como transporte, como un asesoramento afectivo-sexual axeitado. O goberno do Partido Popular na Xunta precisa dunha verdadeira mocidade nacionalista galega que lle faga oposición, cunha axenda política que atraia a moitos máis mozos e mozas ao seu proxecto, para loitar contra ás súas políticas paternalistas e autoritarias que nos lembran ao peor da era Fraga. O que desexamos, de xeito sinxelo, é máis mocidade para, realmente, construír entre todos e todas, unha Galiza mellor. Máis mocidade por un país novo.

“Galiza Nova pode e debe facer polí-tica soberanista; pero debemos sa-ber transmitir e adaptar a mensaxe”

Co proceso +Mocidade, pretende-mos chegar ao conxunto da mocida-de galega co obxectivo de abrir un forte debate no seu seo.

Page 6: Alborada 2010

6

a l b o r a d a

Ademais de ter presenza na nosa festa, a MSG tivo presenza con material de deseño propio e con volantinas informativas en festivais como o de Pardiñas ou en Pantón. O reparto de información, a toma de contacto coa xente moza así como o reparto do noso voceiro do 25 de xullo (Alborada), foi un dos traballos que se desenvolveron ao longo de todo o verán en diversas comarcas do país. A elaboración da Alborada contou con artigos de importantes persoeiros do nacionalismo galego como a futura eurodiputada do BNG, Ana Miranda, ou Charo Fernández Velho, así como con voces novas da MSG e tamén colaboracións internacionais como a das mocidades de Aralar.

.Tamén partipou da creación da plataforma “Entre tod@s Galiza Nova”, na que concorreu á asemblea nacional de Galiza Nova. Con esta plataforma, que buscaba aglutinar os esforzos de moitas e moitos militantes que cren que outro

Dende o 25 de xullo do 2009, a Mocidade Socialista Galega (MSG) veu desenvolvendo unha intensa actividade política e social entre a mocidade galega. Con vistas a converterse nunha campaña sostida no tempo, a MSG comezou a campaña de expedición do Cartón Nacional de Identidade baixo o lema “Eu son cidadá/n da República Galega” o pasado día da Matria. Por medio da instalación dun posto no FESTIGAL recolléronse os datos nunha soa xornada para máis de duascentas persoas.

CREANDO NOVO NACIONALISMO, SEN TREGUA!

Page 7: Alborada 2010

7

a l b o r a d a

modelo de organización xuvenil nacionalista sería unha ferramenta máis útil para a nación, que acreditan noutro xeito de traballar polo país. A plataforma Entre tod@s Galiza Nova,

apostaba e aposta por un modelo máis transparente e máis próximo á realidade actual, que actualice as teses do nacionalismo galego e que se abra á diversidade e pluralidade da mocidade. Con motivo do centésimo aniversario da licenciatura de Castelao en Medicina, a Mocidade Socialista Galega, honrouse en presentar o 10 de decembro na facultade de Medicina de Compostela a axenda escolar para o curso 2009-2010. Na presentación da a x e n d a p a r t i c i p a r o n representantes de distintas correntes de Galiza Nova (Mocidade Social ista G a l e g a , E n c o n t r o Irmandiño e ISCA), e contouse coa presenza de Carlos Aymerich, Teresa Táboas e Xoan Carlos Bascuas, baixo o formato dun grupo de discusión no que se indagou a cerca das causas e posíbeis solucións para a baixa participación da mocidade galega na política. O lema foi “E ti,

por que pasas da política?". Na axenda recollíanse centos de datas sinaladas no calendario da Galiza, así como 13 textos formativos por medio dos cales a MSG

pretendía dar a coñecer un pouco máis o seu ideario político. E hai que sinalar que contou con colaboracións de importantes persoas do país como é o caso de Adela Figueroa Panisse (Presidenta de ADEGA), por citar un exemplo. A presentación da axenda escolar repetiuse o 20 de xaneiro na facultade de Informática da Coruña, á que asistiron arredor de 160 persoas, superando así a presentación de Compostela, na que se reuniron arredor de 120 persoas. Nesta ocasión, contouse para o grupo de discusión con Carlos Aymerich, Xosé Manuel Beiras e Filipe Diez, ademais de con xente moza de distintas correntes de Galiza Nova. Para esta presentación, afinouse algo máis a pregunta a debate que se centrou no por que da baixa participación política do estudantado galego (“E ti, estudante, por que pasas da política?”). A MSG estivo presente e colaborando na organización das xornadas “Sociedade 2.0” con FIC-Alumnos, que se celebraron o 22 de abril

Dende o 25 de xullo do 2009, a Mo-cidade Socialista Galega (MSG) veu desenvolvendo unha intensa activi-dade política e social entre a moci-dade galega

A día de hoxe a MSG está apostando fortemente polo proceso +MOCIDADE, un forte referente xuvenil futuro pa-ra o nacionalismo político e para a xente nova

Page 8: Alborada 2010

8

a l b o r a d a do 2010, cun éxito máis que notábel. Nestas xornadas falouse sobre a realidade da sociedade na rede (Berto Yáñez), sobre a ameaza global contra internet (Javier Pedreira), sobre os blogs e as redes sociais (Pedro silva), e sobre a democracia electrónica, contando para esta última charla coa presenza do sociólogo Xoán C. Bascuas. Tamén na Coruña, o xoves 6 de maio do 2010, a MSG colaborou no Campus Doc da UdC, por medio da charla “Música e Audiovisual en Galiza e Palestina”, na que Antón Reixa explicou a prolítica creación audiovisual que se dá tanto en Palestina como en Galiza a pesares das dificultades que nun e noutro sitio existen polas condicións de imperialismo existentes. O mesmo xoves 6 de maio daban comezo na facultade de Ciencias da Comunicación de

C o m p o s t e l a a s primeiras Xornadas da Mocidade Galega, ba ixo o lema “Gáliza, célula de universalidade”. Ao longo dos días 6, 7 e 8 de maio, realizáronse trece conferencias con poñentes galegas do máis alto nivel (Carlos Aymerich, Teresa Táboas , Camilo Nogueira,

Encarna Otero, Ramiro Oubiña, Mariño Noriega, Charo Fernández Velho, Tareixa Otero Dacosta, Ana Miranda, Paulo Carlos López, Dorotea Barcena, Antón Reixa, Carmen Rábade, Xabier Macías, Raul Asegurado, Lidia Senra e Manuel Currás Meira, Manuel Bragado, Xan Duro, Fins Eirexas e un longo etcétera) e varias actividades nas que se tocou o teatro, a poesía, a música en dúas ocasións e o audiovisual. Ao longo desa finde participaron perto dun milleiro de mozas e mozos nas actividades que a Mocidade Socialista Galega organizou: conferencias sobre o futuro da nación, sobre o feminismo e o ecoloxismo, sobre a lingua e o sindicalismo, sobre as nosas relacións internacionais e o teatro, sobre a esquerda e o altermundismo, sobre a

información en clave propia, sobre a industria cultural e o estado do audiovisual galego. Ademais de todo isto, a MSG estivo presente nas mobilizacións pola lingua, polos dereitos da muller, en contra da homofobia e do patriarcado, e pola normalización e incremento dos servizos públicos. Repartíronse textos coa súa ideoloxía e con artigos de fondo calado

social, nos que achegabamos as nosas ideas ás participantes das d i s t i n t a s mobil izacións. Por exemplo, o 8 d e m a r z o repartíronse na concentración de Compostela ata catro artigos distintos sobre a diferenza salarial entre homes e

mulleres, sobre o teito de vidro, sobre a conciliación da vida persoal e laboral, e sobre a orixe do día internacional da muller traballadora. A día de hoxe a MSG, cunha clara intención de sumar esforzos nacionalistas de esquerdas, e nun esforzo de unirse con máis xente, está apostando fortemente polo proceso +MOCIDADE, do cal agardamos que remate sendo un forte referente xuvenil para o nacionalismo político e para a xente nova.

Page 9: Alborada 2010

9

a l b o r a d a

Desta realidade xorde o meu proxecto como Reitor: unha Universidade aberta à sociedade, implicada coas iniciativas institucionais e pri-vadas, con maior ambición e coa firme con-vicción de que só medran os proxectos com-partidos.

Esta é a lente coa que hai que observar as principais iniciativas do proximo mandato. Un mandato no que debemos de aspirar a ser refe-rente internacional amosando a fortaleza das nosas singularidades, sendo deste xeito os me-llores embaixadores do sur de Galiza no mun-do. A nosa identidade e a cultura, o xeito de ser galegos, o noso idioma, esa será a nosa tarxeta de presentación no mundo. En galego faise ciencia, docencia e transferencia. Co galego valemos ainda mais.

Estando orgullosos de ser galegos, presentaré-monos no mundo como a Universidade do Mar. Traballaremos para prestixiar a oferta académica, para que os nosos estudantes este-an orgullosos de ser titulados pola Universi-dade de Vigo. Eles son os principais destinata-rios dos nosos esforzos, sendo a nosa principal ocupación que acaden unha formación integral e facilitarlle a inserción laboral. Somos das mellores universidades do Estado en investigación. Agora o noso repto será transferir os nosos coñecementos para ser

quen de contribuir á reactivación da economia produtiva. Estar ao lado dos emprendedores, ser proactivos na consecución de emprego pa-ra os nosos titulados e fortalecer o carácter público e de calidade da nosa institución im-primindo unha política clara de axudas os mais desfavorecidos e conxelando as taxas. Non non moveremos do que nos obrigue o Es-tado por lei. En definitiva, unha universidade aberta, em-prendedora e de transferencia. Queremos aca-bar con esa imaxe tradicionalista e conserva-dora da universidade envarada, illada, altiva e pechada en si mesma. O que nos demanda a sociedade na que vivimos é algo ben distinto. Pidenos que nos abramos, que nos implique-mos, que transfiramos o que sabemos e que deste xeito devolvamos à sociedade alomenos unha parte do que esta nos entrega.

O noso proxecto de futuro, pasa por facer unha Universidade Moderna e Internacional. No contesto de crise económica actual, queremos estar do lado dos actores socioeconómicos, e “suar a camisola” para ser quen de correlacionar as nosas capacidades co plan de investimento do noso tecido empresarial, só así incidiremos no crecemento económico e no emprego.

A universidade que queremos

Salustiano Mato ‘Tano’ Doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela

e catedrático de Zooloxía do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo, da que foi Vicerreitor de Investigación. De 2005

a 2009, foi Director Xeral de I+D+i da Xunta de Galicia. Desde maio é Reitor da Universidade de Vigo.

En galego faise ciencia, docencia e transferencia. Co galego valemos ainda mais.

Queremos acabar con esa imaxé tra-dicionalista e conservadora da uni-versidade envarada, illada, altiva e pechada en si mesma

Page 10: Alborada 2010

10

a l b o r a d a

O malgasto de diñeiro público foi a liña argumental empregada contra o PsdeG-PSOE, mentres que ao BNG se lle acusaba de crear redes clientelares, traficar influencias e malversar fondos públicos.

Neste ataque, La Voz de Galicia cumpriu un papel específico de ariete contra o nacionalismo. O ataque conxunto contra os dous socios do bipartito centrouse na división política e a crispación na política galega introducida polo bipartito através dunha suposta imposición lingüística. Neste sentido, o papel xogado por Galicia Bilíngüe no período preelectoral fixando na axenda política unha aparente división social sobre a cuestión lingüística derivada dunha suposta imposición legal inexistente, facilitou o camiño.

As primeiras accións do Goberno Feijoo foron encamiñadas a desactivar e bloquear todas as iniciativas de longo calado impulsadas polo BNG: con grande expresividade o compañeiro Xosé Manuel Beiras ten resumido a situación: Non hai goberno. Sería un autoinsulto como cidadáns galegos dicir que hai un Goberno. Non existe, por primeira vez na historia da autonomía temos unha cousa que non é merecente de ser chamada Goberno. Só existe unha brigada de demolicións e limpeza étnica. O seguinte paso encamiñouse a tirar proveito particular do Goberno. Os casos que cada pouco saen nos medios referidos a adxudicacións

arbitrarias en favor de empresas colaboradoras co PPdG (Citroën, La Voz de Galicia), empresas de membros do PP (Vueling de Josep Piqué) ou nas que directamente teñen intereses membros do goberno (Puentes y Calzadas do conselleiro Agustín Hernández, Atos Origin da sobriña de Romay Beccaría ou Eulen de Micaela Núñez Feijoo). En terceiro lugar, adicaron todos os seus esforzos a reforzar a suá posición: primeiro, enfrontando aos partidos da oposición nos grandes temas de debate na lexislatura, a língua e as caixas. Na cuestión da língua o PPdG quedou felizmente só defendendo o exterminio progresivo do galego, pero na cuestión das caixas logrou que o BNG aparecera coma aliado do goberno cando o nacionalismo defendeu posturas antagónicas ao PP e o PSOE na reestruturación do sistema financeiro. Asemade, en segundo lugar, o PPdG decidiu crear superdelegacións provinciais orientadas a debilitar o poder municipal da oposición e preparar o asalto nas municipais do 2011 das principais vilas e cidades, pra axudar a cimentar unha victoria electoral pola mínima nas autonómicas. Consonte a esta fórmula, o PPdG volveu ao modelo fraguista de invisibilización social mediante o monopolio mediático derivado da coalición de intereses que apoiou o ascenso do PPdG e está a tirar proveito da súa (in)acción de goberno. Do que se trata é de transformar o poder autonómico nun instrumento ao servizo da estratexia definida na rúa Génova de Madrid para conquistar o goberno estatal, ao mesmo tempo que se destrúen as políticas transformadoras impulsadas polo BNG e se sustitúen por alternativas de privatización e negocio para os afíns en todos os eidos. Neste dossier recollemos as voces e análises de diversas persoas que tiveron a ver coa acción gobernamental do BNG e que permanecen atentas ao desenvolvemento das actuais políticas. Analizar dun xeito incompleto pero amplo a teoría e práctica do PPdG, a destrucción coma forma de goberno.

A chegada do Partido Popular de Galicia de Núñez Feijoo á dirección da Xunta de Galicia veu precedida dunha campaña de acoso e derrubo ao

goberno bipartito encadrada na estratexia xeral do PP español. Dentro desta estratexia procurábase desmobilizar ao electorado da esquerda, radicalizando as posicións do debate e culpándoo desa circunstancia e conseguindo a mobilización do electorado afín. Propiciou esta estratexia unha certa decepción no electorado proclive ao cambio en 2005, algo que recoñecía o máximo responsábel político do BNG, Anxo Quintana: Tendo en conta tanto a calidade como a cantidade do avanzado, (teño) para min (que) o cambio non é satisfactorio.

Do que se trata é de transformar o poder autonómico nun instrumento ao servizo da estratexia definida na rúa Génova de Madrid para conquistar o goberno estatal

A Destrución coma forma de goberno: teoría e prática do Partido Popular de Galicia

Cristina Míguez Álvarez.1992 Estudante de xornalismo e traballadora na hostalaría.

Responsábel Local de Galiza Nova do Grove

As primeiras accións do Goberno Feijoo foron encamiñadas a desactivar e bloquear todas as iniciativas de longo calado impulsadas polo BNG

Goberno da Dereita

Page 11: Alborada 2010

11

a l b o r a d a

É ben certo, que con técnicas mais depuradas, con mellor olor e, sen dúbida ningunha, cun estilo mais elegante, o actual

goberno da Xunta invirte un extraordinario esforzo, moito maior ao que calquera pensamento racional puidese suxerir, en reducir en pequenas proporcións o que entenden, erróneamente, como cabezas do seu inimigo.

O problema neste caso ven dado polas graves consecuencias que ese acto bárbaro, similar ao dos indios shuar, teñen na cidadanía , a mesma que perde cartos cando reducen a cabeza das galescolas para poñerlle nome de pita, que perde cando reducen a cabeza dos centros de atención as persoas maiores retrasando a súa apertura, que perde cando reducen a cabeza dos Centros Quérote despoxandos do seu cometido, que perde cando valeiran as Oficinas I+B de persoal para a consecución dos obxectivos marcados, e que perde cando ve que a xestión pública pasa a mans privadas.

E claro, é un problema cando se confunden as cabezas, porque un corre o risco de decapitar, enténdase nun sentido metafórico, non ao seu suposto enemigo, senón a quen nunca

entrou na guerra, estos son os nenos das galescolas, as persoas en situación de exclusión social, familias e menores das Oficinas I+B, os mozos dos Centros Quérote ou os maiores dos centros de día.

Hai que recoñecer, ademais, que ao Partido Popular non lle custa demasiado esforzo atopar esa fibra que xamais se pudre, porque son auténticos especialistas en chegar a acordos altamente interesantes para quen o subscriben, pero de moi dubidoso beneficio para quen os van padecer. Así, cosen a boca dos Concellos Galegos atribuíndolle un poder e unha capacidade de redistribución orzamentaria a esa asociación de Concellos que é a FEGAMP que non lle compete, cosen a boca da empresa privada coa proxección deste novo neoliberalismo no que maloserá que non haxa para todos, ou as entidades non lucrativas con vellas e caducas atribucións de “hágalo usted mismo”, que lles devolve a responsabilidade cuxa competencia corresponde a Administración.

Efectivamente, todas esas cabezas son, para o Partido Popular, a proxección pública e social da gran cabeza que foi o nacionalismo no goberno da Xunta, unha cabeza que cometeu o gran erro de poñer os piares dun sistema de servizos sociais pensado en, por e para Galiza. Unha mágoa que eso asuste, mais pese aos centos de decapitacións e as puntadas de fibra, co tempo son eles, os jíbaros, os que están en vías de extinción.

OS INDIOS SHUAR E O GOBERNO DA XUNTA

É un problema cando se confunden as cabezas, porque un corre o risco de decapitar, non ao seu suposto enemigo, senón a quen nunca entrou na guerra

Ximena Campos Pérez

Diplomada en Traballo Social. Licenciada en Socioloxía.

Os indios shuar, os chamados jíbaros, cortan a cabeza do vencido. Córtana e redúcenna, ata que colle nun puño, para que o vencido non resucite. Pero o vencido non está de todo vencido ate que lle pechan a boca. Por iso lle cosen os beizos cunha fibra que xamais se pudre. Releendo estas palabras de Eduardo Galeano no seu Libro de los Abrazos, non podo senón facer certo paralismo entre os indios shuar e a actuación no ámbito dos servizos sociais do actual goberno da Xunta.

Goberno da Dereita

Page 12: Alborada 2010

12

a l b o r a d a

Era un obxectivo de primeira magnitude desa-celerar a tendencia destrución de emprego, des-poboamento e envellecemento e fomentar a in-corporación da mocidade á actividade agraria mediante a mellora da viabilidade das explota-cións galegas aproveitando as vantaxes compa-rativas: o factor terra e o factor calidade, o que esixe actuar simultaneamente en distintos pla-nos. UN MODELO SUSTENTÁBEL Créase un mecanismo de xestión para combater a acusada fragmentación da superficie forestal creando as Unidades de Xestión Forestal (UXFOR), quedando 42 en proceso de constitu-ción e outras 37 comunidades iniciadas, esque-cidas polo novo executivo. Suprímense as axu-das á forestación de terras agrarias e apoiase a produción de madeiras de calidade, dentro dun modelo económica e ambientalmente sustentá-bel do monte galego. Ponse en marcha o Banco de Terras para permitir utilizar me-diante arrendamentos terras que hoxe están abandonadas, e favore-cer a incorporación da xente moza á activida-de agraria, permitindo incrementar a base te-rritorial das explota-cións nun modelo me-nos dependente de in-sumos externos, xeran-do un maior nivel de

renda. Un modelo exportábel que foi presenta-do nunha reunión na que participaron 18 esta-dos europeos a petición da FAO. Recoñécese a cotitularidade das explotacións, que beneficiou especialmente ás mulleres, e incorpóranse 2.600 mozas e mozos a actividade agraria, a sumar aos centos de novos empregos para mozos e mozas nos 750 proxectos dinami-zadores do medio rural subvencionados. Elaborase o primeiro Programa de Desenvolve-mento Rural PDR 2007-2013 no que as autori-dades relevantes están dentro da estrutura da

Catro anos escasos é pouco tempo para cambiar un modelo, pero foron suficientes para comprobar que outro xeito de gobernar era posíbel. O

BNG sempre considerou á agricultura un sector estratéxico, non só por razóns económicas senón tamén por razóns políticas, de soberanía e de seguridade alimentaria. Non se pode concibir Galiza sen unha agricultura forte e sen un mundo rural vivo. Hai que inverter a tendencia á desvalorización do mundo rural e da actividade agraria.

Xosé Carballido Presas Foi director xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias e conselleiro

delegado do Bantegal na lexislatura 2005-2009. Comeza a súa actividade política organizada en ERGA en abril de 1975. Na

actualidade é Responsábel local do BNG en Ourense e membro do Consello Nacional. Membro da Coordinadora Comarcal e do

Consello Político Nacional de +Galiza.

Medio rural: outro xeito de gobernar é posíbel

Era un obxectivo de primeira magni-tude desacelerar a tendencia destru-ción de emprego, despoboamento e envellecemento e fomentar a incor-poración da mocidade á actividade agraria

Goberno da Dereita

Page 13: Alborada 2010

13

a l b o r a d a Xunta de Galiza. Créase o Consello Agrario de Galiza e dáse impulso de diversos foros secto-riais, como a Mesa do Leite, que culmina coa introdución de contratos homologados, salto histórico que permite introducir transparencia e estabilidade nas relacións entre labregos e in-dustrias. Ponse en marcha o Contrato de Explotación Sustentábel, apoiando unha agricultura respec-tuosa co medio ambiente e comprometida coa xestión do territorio rural. Estimúlase un mode-lo de axudas publicas diferente ao impulsado dende a UE: en Galiza establécense axudas vin-culadas á produción e ao emprego agrario. Este CES vai permitir tamén que as explotacións de leite reciban axudas directas diferentes da pri-ma láctea. O MODELO POPULAR Realmente, deberíamos falar de pasividade po-pular. O prezo do leite baixou no primeiro ano do goberno popular un 20% respecto do ano anterior, polo que non cubre, nin de lonxe, os custos de produción. Isto leva de xeito irreme-diábel ao peche de explotacións (máis de 1.000 desde fai un ano) mentres que a entrada de leite francés multiplicouse por tres neste mesmo pe-ríodo. Diante desto, derrotismo. Non facer. Non hai nada que facer. Xorden varios interrogantes: Non é posíbel unha política pública de intervención de merca-do e de regulación de prezos, e políticas activas que garantan unha renda digna ás explotacións? Como podemos entender que a UE regule os

tipos de interese bancario e permita inxeccións multimillonarias á banca ou a automoción e non permita axudas a sectores estratéxicos da ali-mentación como o leite ou a carne? Estanse a asinar contratos homologados con prezos de referencia ou seguen os produtores a percibir prezos por baixo do acordado? Como poden permanecer pasivos diante das pretensións da UE dun incremento lineal da cota, cando debe-ría aplicarse exclusivamente aos que teñen cota por baixo do consumo? Considera o conselleiro do Medio Rural que as nosas explotacións te-ñen vocación de crecemento e permanencia ou, efectivamente, “non hai máis remedio que pe-char”? Por que seguen a desactivar instrumentos como o Banco de Terras ou o propio Contrato de Ex-plotación Sustentábel que poden permitir incre-mentar a base territorial das explotacións, bai-xar os custes de produción e a dependencia de inputs externos, mellorar as rendas e, por tanto, garantir a súa permanencia? Por que non se es-tablece unha axuda directa excepcional destina-da a explotacións en situación crítica? Por que non se retoman as xestións para a configuración dun grupo lácteo con participación cooperativa e implicación do sistema financeiro galego? Imos seguir recibindo exclusivamente o 1% das axudas que contempla a OCM do Viño, cando temos o 10% de emprego nas D.O. e o 32% das explotacións? Está o sector forestal destinado a seguir destruíndo emprego (3.000 no último ano) ou pola contra debemos promover e apoiar as UXFOR tanto técnica como economicamente para tentar corrixir a debilidade estrutural do noso monte? Por que non se retoma a liña de colaboración cos concellos para os labores de silvicultura preventiva nos núcleos rurais? Cal é o modelo? UN MODELO FRONTE A OUTRO MODELO Un modelo en contraposición ao que viña de atrás: políticas que primaban o abandono da actividade agraria, forestación de terras agra-rias, éxodo, envellecemento... discurso político de desvalorización da actividade agraria, rural como sinónimo de atraso. Os primeiros pasos deste novo goberno parece que levan o mesmo camiño: inacción e demolición do feito. Aínda así, non perdemos a esperanza. Outro xeito de gobernar é posíbel.

Por que seguen a desactivar instru-mentos como o Banco de Terras ou o propio Contrato de Explotación Sustentábel? Por que non se esta-blece unha axuda directa excepcio-nal destinada a explotacións en si-tuación crítica? Por que non se reto-man as xestións para a configura-ción dun grupo lácteo galego? Por que non se retoma a liña de colabo-ración cos concellos para os labores de silvicultura preventiva nos núcle-os rurais? Cal é o modelo?

Goberno da Dereita

Page 14: Alborada 2010

14

a l b o r a d a

Cultura chaíñas: back in black No marco deste contrabandeo, un dos focos máis observados pola oposición, o campo político-cultural, ten dado algún dos testemuños máis evidentes da incompetencia da actual equipa de conselleiros e conselleiras do goberno de Feijóo. Se o Carmiña Burana ilustrou a ignorancia de Jesús Pérez Varela, o

“Desván de los Monjes” pronunciado en Fitur-2010 deunos unha brillante proba non só da inepcia dun gabinete de prensa, ou da falta de concentración dun Conselleiro superado polas circunstancias, senón sobretodo da táctica feijoniana de promover a incompetencia, consciente de que a cultura “chaíñas” vende en Galiza, e de paso axuda a lexitimar diante do pobo o desmantelamento neoliberal da Xunta de Galicia. Fronte aos radicais nacionalistas que queren “impoñer” a cultura galega desde o “dirixismo cultural”, a consigna de Roberto Varela e o seu coro de chaíñas é “buen rollito” e tabaco (barato) para (case) todos…

A cultura galega, camiño do museo de historia…natural Mais para alén das cuestións de estilo, entremos xa no sustantivo: a política cultural conservadora de Feijóo volve a repetir, con certos matices, o sólido modelo de política cultural de dereitas desenvolvido por Fraga durante 16 anos, e que podemos resumir así: (a) apropiación e desenvolvemento das estruturas aprobadas polo goberno tripartito (1987-1989): CGAI, IGAEM, lei de bibliotecas, transferencia da xestión de museos, arquivos e bibliotecas. (b) “musealización” neorrexionalista da cultura do país; (c) aposta pola súa instrumentalización turística (Xacobeo, Turgalicia, turismo rural). (d) aposta pola cultura-espectáculo. (e) estrutura clientelar de relacionamento cos sectores culturais, reforzada con unha enorme capacidade de gasto discrecional. (f) Aprobación de leis protectoras do patrimonio que se inaplicaron discrecionalmente ou non se desenvolveron (Lei 8/1995, de Patrimonio Cultural, Lei 3/1996, dos Camiños de Santiago). Esa mesma folla de ruta, adaptada ás novas circunstancias da lexislatura (brutal crise económica e desaloxo de Zapatero) está a ser desenvolvida tamén por Feijóo, co ánimo de disecar e “musealizar” definitivamente a “pintoresca” cultura do país. No future: destrución creativa da nada

En clave de Madrid Transcorrido xa máis de un ano desde a súa vitoria nas eleicións autonómicas do 1 de marzo de 2009, o PPdeG desvelou xa o contido ideolóxico básico –unha sorte de populismo neoliberal– e a estratexia política esencial –gobernar en Madrid– que guía a súa acción de goberno na Xunta de Galicia. Para o presidente Feijóo, Galiza non parece ser un país con graves problemas estruturais a resolver, senón unha colonia electoral, cuxas mercadorías Feijóo deberá achegar puntualmente diante de Rajoy en marzo de 2012.

Carlos Amoedo é profesor titular de Dereito Administrativo na Universidade da Coruña. Membro fundador dos CAF na UDC, comezou a súa militancia

nacionalista no ano 1990, coa súa integración en Galiza Nova. Foi secretario xeral da Consellaría de Cultura e Deporte entre agosto de 2005 e novembro de

2008. Na actualidade é secretario xeral da Universidade da Coruña, ademáis de coadministrar os blogues renovarobng e feijoomente.

Fronte aos radicais nacionalistas que queren “impoñer” a cultura galega desde o “dirixismo cultural”, a consigna de Roberto Varela e o seu coro de chaíñas é “buen rollito” e tabaco (barato) para (case) todos…

Feijóo e a eutanasia da cultura galega. Requiem en sete movementos

Goberno da Dereita

Page 15: Alborada 2010

15

a l b o r a d a O desmantelamento das políticas de sustentabilidade da cultura nacional do país, desenvolvidas polo BNG á fronte da Consellaría de Cultura e Deporte, foi implacábel: os Premios Nacionais da Cultura, os proxectos de recuperación da memoria histórica (Illa de San Simón, agora diluída nunha insulsa “Illa do pensamento”; Convenio coas tres universidades), a axencia galega do

audiovisual, as seleccións deportivas nacionais, a delimitación dos camiños de Santiago, a declaración de Ferrol Vello como BIC, a instalación do IBBY na Cidade da Cultura, a decidida aposta pola consolidación das nosas industrias culturais… Fronte a todo isto, a eutanasia das industrias culturais, tanto no ámbito do audiovisual ou editorial, como das artes escénicas e musicais, é explícita. A nula capacidade política de Roberto Varela fixo fracasar a visualización das nosas industrias culturais como factor de sustentabilidade económica fronte á crise. En vez de utilizar a potencia de gasto do Xacobeo en Ano Santo para estimular esas industrias, o valor engadido é drenado cara Madrid e o exterior, pois “a cultura galega limita”… o maná de diñeiro correrá en beneficia das empresas de publicidade de Madrid e aos artistas de fóra…incluído o Papa. Curiosamente, certas estruturas creadas polo goberno anterior mantéñense nunha sorte de incubadora para neonatos, sen avanzar nen retroceder. Tal é o caso de AGADIC ou da Fundación Gaiás, cuxa desaparición se anunciou pero que segue viva, sen que ninguén da Consellaría dese nunca explicacións sobre a súa actividade e o destino dos 22 millóns de euros que figuran a seu nome nunha conta bancaria. O diñeiro, para os amigos; para o resto, austeridade. Fronte á etapa fraguiana, a discrecionariedade do gasto xira agora no uso da (falsa) austeridade, que agocha sectarismo e

incompetencia a partes iguais. Tres datos abondan para comprobalo: segundo a propia Xunta de Galicia, a Consellaría de Cultura e Turismo, en plena crise, deixou sen executar no exercicio de 2009 nada máis e nada menos que 32.800.000 €, o 21 % do seu orzamento. Iso sí, agora anúnciase que a visita de oito horas do Papa Benedicto XVI costará 4 millóns de euros, algo obviamente desprezábel fronte aos 400 dólares (supostamente) despilfarrados en mojitos polo anterior goberno na recepción institucional da Feira Internacional da Habana. A Feira do cocido de Lalín é subvencionada con 40.000 €, mentres que se recortan nun 75 % os fondos para a XXVII mostra de Teatro de Cangas (de 30.000 € pasou a 10.000 €), e non se dá un peso para o Cultur.gal. “Que pasen los alcaldes” Como expresou o propio Director Xeral de Patrimonio Cultural, a xeral consigna populista adopta aquí a fórmula de defender o patrimonio “pero sin imposiciones”, isto é, deixando que sexan os alcaldes, escollidos polo sabio pobo galego, os que digan o que queren conservar e o que queren demoler, pois é de bo gusto evitar que por unhas pedras sen valor se atranquen progreso e negocios populares. E logo xa veremos Esgotadas durante un ano as escenificacións da nada, fican sen resposta as preguntas cruciais: que vai facer o PP coa Cidade da Cultura? Cando e que vai abrir? Volverán o Teatro da Opera e o Museo “Hiperactivo” de Pérez Varela? Suprimiuse definitivamente o Centro de Arte Internacional? Daranlle a CDC aos empresarios para que a exploten? Mais, para que apurarse a contestar? Volveron para quedarse 16 anos máis, e para iso o único urxente –como deixou dito o vello Pío Cabanillas– é esperar, aplicando puntualmente o recetario marxista:

“E un par de ovos duros!” San Lourenzo (Cambre), 11 de xullo de 2010.

Fronte a todo isto, a eutanasia das in-dustrias culturais, tanto no ámbito do audiovisual ou editorial, como das ar-tes escénicas e musicais, é explícita

Goberno da Dereita

Page 16: Alborada 2010

16

a l b o r a d a

Durante os últimos anos unha parte do crece-mento da economía do Estado español se susten-taba no sector da promoción e da construción. A aportación deste sector ao PIB representaba arre-dor do 14%, porcentaxe moi superior ao doutras economías do noso entorno cuxo peso medio é do 7%. O ritmo de construción era realmente frenético e, como se ten dito en moitas ocasións,

no conxunto do Estado se construían unha media anual de 600.000 vivendas, cifra equivalente á suma de países como Francia, Alemania ou In-glaterra. Esta sobreoferta non se traduciu en vivenda a prezo razoable, pola contra a vivenda pasou a converterse nun ben de uso especulativo, un ac-tivo de alta e rápida rendibilidade para unha mi-noría de promotores e intermediarios. A especu-lación sobre o solo residencial acadou cotas in-auditas. Baste sinalar que o prezo do solo se in-cremento un 215% entre 1995-2007. Prezo espe-culativo que se repercutía sempre sobre o prezo final da vivenda e que por suposto asumía o comprador. A este escenario de especulación co prezo da vivenda unIase un sistema financeiro que facili-taba os créditos, e que trouxo da mán que unha

parte significativa do crecemento económico se fixera a costa do endebedamento das familias

para adquirir unha vivenda, cuxo prezo era cada vez máis elevado e que levou en moitos casos as economías domésticas ao límite da súa capa-cidade, de aí que as subas do euribor causen se-rias dificultades a moitos galegos e galegas. Eludín antes pronunciarme sobre o fracaso do actual modelo económico, pero o que está claro é o fracaso do modelo que imperou no sector inmobiliario nos últimos 15 anos. A presenza do BNG no goberno galego iniciou de maneira res-ponsable unha política de vivenda planificada dende a administración pública como o fixeron sempre os países maís avanzados no contexto europeo; especialmente os nórdicos, rematar co “todo vale”, coa ocupación desordenada do terri-torio, de construír sen ter en conta que esas no-vas vivendas precisan dotacións, equipamentos, zonas verdes, en fin rematar co tempo de vender as vivendas a prezo especulativo. A ese modelo respondeu a política social de vivenda posta en marcha pola Consellería de Vivenda que tiven a

Teresa Táboas Veleiro. 1961. Licenciada en Arquitectura pola UNAM,

Doutora en Arquitectura pola Escola Superior de Arquitectura da Coruña. Conselleira de Vivenda no Goberno Galego de 2005-2009.

Coordenadora Executiva do BNG e parlamentaria nacional.

Non vou entrar a valorar o fracaso do actual modelo económico, e a necesidade de reformular entre outros o funcionamento do sistema

financeiro. Acabamos de asistir a celebración do cumio do G-20, coa participación dos líderes políticos mundiais e, pese a todas as expectativas xeradas, non podo citar ningunha medida adoptada nese foro que permita resolver problemas concretos dos cidadáns derivados precisamente desta crise financeira internacional.

Esta sobreoferta non se traduciu en vivenda a prezo razoable, pola contra a vivenda pasou a converterse nun ben de uso especulativo, un activo de alta e rápida rendibilidade para unha mi-noría de promotores e intermediarios.

ESPECULACION VS POLITICA PÚBLICA DE VIVENDA

Goberno da Dereita

Page 17: Alborada 2010

17

a l b o r a d a honra de dirixir, con medidas concretas, tanto lexislativas como de fomento, encamiñadas nunha dirección: facilitar o acceso a unha viven-da de calidade ás rendas con dificultades e ás rendas medias deste país, sen que iso supoña un esforzo superior ao 30% dos ingresos familiares ou persoais. Entre as medidas lexislativas quero salientar: A Lei de Vivenda, a través desta Lei aspirabase a que fose a Administración quen se ocupara de xogar o papel que a propia Constitución lle en-comenda na procura da efectividade do dereito á vivenda. E donde a rehabilitación se convertía nunha das liñas de traballo fundamentais como ferramentat coa que recuperar o noso patrimonio arquitectónico construído, e a que se lle deu ran-go de Lei por primeira vez no Estado. A Lei de medidas urxentes en materia de viven-da e solo, que incrementou ata o 40% o solo reservado para vivenda protexida nos concellos de máis de 20.000 habitantes. As Normas do Hábitat Galego, que implicaron a mellora da calidade de todas as vivendas que se construiran na Galiza. O Rexistro de Demandantes de Vivenda Pro-texida, que garantia a igualdade de condi-cións no acceso a unha vivenda protexida e evitaba o cobro de so-breprezos nos procesos de compravenda. O Plan Sectorial de Vivenda, que implica-ba a mobilización de 8,7 millóns de metros cadrados en todo o país con destino á construción de 45.000 vivendas protexidas. O desenvolvemento deste plan suporía un investi-mento público de 1.500 millóns de euros e xeraría un volume de negocio de 4.560 millóns de euros ao longo da vida do plan duran-te o período 2009-2017, e unha carga de traballo de 300.000 empregos directos ou indirectos. Por suposto, ese solo residencial adquirido e ur-

banizado pola Administración pública sería posto a disposición do sector privado para a

construción das vivendas protexidas, e para as cooperativas e outros promotores sociais sen ánimo de lucro co fin de potenciar o seu papel. Fronte a esta política de vivenda planificada dende o público atopámonos agora despóis de case un ano e medio de goberno do señor Nuñez Feijoo perante unha viraxe de 180 graos, voltan-do outra vez aos vellos esquemas donde os pro-motores e o mercado libre son os artifices dun dos alicerces nos que debe sustentarse unha so-ciedade do benestar: a vivenda. E así fomos asis-tindo abraiados ao derrubamento de parte do construido. A modificación das Normas do Habitat reducindo a calidade das vivendas co argumento falaz dos promotores de que a calida-de custaría máis, aquí cabe unha pregunta para o señor Feijoo : por qué entón subian tanto o prezo das vivendas sen istas Normas? Paraliza-ción do Plan Sectorial de Vivenda ( o primeiro

do Estado Español ) xa que de seguir adiante tan ambicioso proxecto os interes de certos promotores estarían en perigo, ou a modifica-ción do Rexistro Públi-co de demandantes de vivenda protexida para permitir como antes, falcatruadas como as que se cometeron no Polígono de Navia en Vigo co cobro de so-breprezos.

E se as dificultades que comportaba o acceso á vivenda xustificaban sobradamente a necesidade dunha política como a que se fixo, no contexto de crise económica na que nos atopamos faise se cabe máis oportuna, necesaria e urxente. De aí a irresponsabilidade das accions emprendidas para modificar ou anular algunhas das iniciativas do goberno anterior.

A presenza do BNG no goberno galego iniciou de maneira responsable unha política de vivenda planificada dende a administración pública como o fixeron sempre os países maís avanzados

Goberno da Dereita

Page 18: Alborada 2010

18

a l b o r a d a

Unha minoría racista co que lle é propio e que lle ten noxo ao galego está a gobernar e quere privarnos dos nosos dereitos, eses que dificulto-samente podiamos exercer antes de padecermos esta situación e aqueles que cada día son máis reducidos. A maior ofensiva antigalega vivida nestes tempos de pseudodemocracia amósanos a cara máis amarga da galegofobia máis descara-da, do odio ao galego menos avergoñado de si mesmo e máis acrecentado que nunca por un feixe de votos que seica avalan o incumprimento da legalidade. Nestes tempos tan desafortunados para a afirmación da identidade dun pobo asisti-mos ao exterminio xenocida do galego como piar fundamental da nosa identidade nacional por parte dun partido político que debería estar avergoñado de levar no seu nome a falacia e ter como alicerce da súa política a perversión das palabras, isto é, a perversión da lingua. A perversión da lingua prodúcese cando o signi-ficado das palabras é invertido até que semella que o peixe pequeno é o que come ao peixe grande, lembrando a metáfora do ilustre Car-valho Calero, e cando a vítima se converte en verdugo por obra e graza da linguaxe. Cómpre non esquecer a perigosidade dos termos liberda-de e imposición cando botan man deles os secto-res máis reaccionarios da sociedade, e cando a suposta liberdade dun colectivo bota por terra os dereitos dunha comunidade e pasa por riba das leis de protección, que xa non fomento, da lin-gua propia dun pobo. En pouco máis dun ano houbo un recorte de dereitos da nosa lingua coa aprobación do con-trovertido Decreto 79/2010 do plurilingüismo no ensino non universitario; suprimíronse as liñas de galego en educación infantil; eliminou-se a obrigatoriedade do exame en galego no acceso á función pública; reduciuse o orzamen-to para os Servizos de Normalización Lingüís-

tica (SNL) da Secretaría Xeral de Política Lin-güística (SXPL); dilapidáronse de cartos públi-cos na campaña (des)informativa do Decreto contra o galego; padecemos a incerteza do que acontecerá con milleiros de libros en galego inútiles ao abeiro do novo Decreto; freouse a Iniciativa Lexislativa Popular da plataforma Queremos Galego que pretende garantir os de-reitos das persoas galegofalantes ou puidemos observar o travestismo nominal co que queren enganarnos ao trocar os nomes do Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística po-lo de Equipos de Dinamización Lingüística ou a propia denominación dos SNL que a SXPL teima en denominar Servizos Lingüísticos. Aínda despois de todo isto, seguen a humillar aos galegos e ás galegas dicindo que a cultura galega reduce e limita, no canto de potenciaren as posibilidades da nosa lingua como motor da economía galega e alicerce da nosa identidade colectiva. A prensa españolista alimenta a fame da gale-gofobia e estende os prexuízos antigalegos até límites insospeitados, tanto ten que o Tribunal Constitucional declare que a consulta ás fami-lias é ilegal, que se interpoñan múltiples recur-sos contra o mal chamado Decreto do plurilin-güismo ou que se vulneren continuamente di-versas normativas que van mesmo máis aló das nosas fronteiras, o que de verdade lle importa ao goberno actual é retirar calquera pegada dos sinais de identidade que nos distinguen como pobo e confrontar á sociedade galega par así poder tirar réditos políticos.

A PPerversión da lingua

"Unha minoría racista co que lle é propio e que lle ten noxo ao galego está a gobernar e quere privarnos dos nosos dereitos"

A miúdo, ao repararmos na grave situación de ofensiva racista que está a padecer a nosa lingua materializada en todas e todos nós, non nos decatamos do curto e doado que lles resultou o camiño aos grupos galegófobos asentados no país e a súa escasa bagaxe neste labor.

Silvia Muíño Naveira. 1983 Licenciada en Filoloxía Galega, DEA en Lingüística Galega e Mestrada en

Lingua e Usos Profesionais pola Universidade da Coruña. Técnica de normalización lingüística do Concello de Betanzos e profesora dos cursos de

galego para persoas adultas da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Goberno da Dereita

Page 19: Alborada 2010

19

a l b o r a d a

Levamos anos a nos queixar do escaso esforzo da política lingüística galega, da súa situación de dependencia con respecto ao español e enre-dados en batallas lingüísticas ben pouco produ-tivas para o presente e futuro da lingua. Real-mente son tempos malos para a lingua, nun es-tado de recorte dos dereitos lingüísticos e de

retrocesos nos escasos avances do proceso de normalización lingüística, que logo de case trinta anos volve ser cuestionado, á vez que se infrinxe cada vez dun xeito máis ousado a Lei de normalización lingüística e bótase por terra todo o traballo que supuxo a elaboración e o albor da posta en práctica do Plan xeral de nor-malización da lingua galega. Este ambiente de desprestixio do galego provo-ca escenas de discriminación insólitas que deri-van directamente dos ambientes galegófobos. Estas situacións cada día fanse máis comúns na

administración, na empresa privada, no ámbito público e mais no particular, e xa non son re-clamacións illadas, senón que forman parte dunha estratexia política de destrución do gale-go que leva séculos a forxarse e executarse mais que ao igual que a acelerada perda de fa-lantes das últimas décadas está a acadar as co-tas máis altas na actualidade. Son moitas as voces que nos veñen advertindo dos prexuízos máis actuais e de nova creación sobre a nosa lingua, cómpre recoñecérmolos ben e térmolos identificados para así podermos combatelos dun xeito efectivo, porque resulta moi doado caer no cruel xogo da galegofobia cando esta se tinxe de modernidade e como li-derada da liberdade, esa maliciosa liberdade duns que implica o amordazamento doutros, esa liberdade non entendida no contexto da xustiza social senón pervertida en termos de dominación social. Esa é a grave perversión dos termos, das palabras, da semántica e, en xeral, da lingua, esa é a perversión da linguaxe coa que convivimos na actualidade e contra a que temos que loitar para non nos afastar dunha realidade de discriminación abafante que padecemos diariamente as e os galegofalantes.

Este ambiente de desprestixio do gale-go provoca escenas de discriminación insólitas que derivan directamente dos ambientes galegófobos.

Goberno da Dereita

Page 20: Alborada 2010

20

a l b o r a d a

Neste senso, o sistema sexo-xénero presente nas nosas sociedades constitúe, sen dúbida, un dos mecanismos que maior violencia e represión exerce sobre as persoas e un dos principais impedimentos para vivir en liberdade. Así, tal e como foi construída esta sociedade, a día de hoxe, non temos a posibilidade de escoller nin entre os dous estereotipos de xénero existentes: unha muller feminina e un home masculino. E dicimos que non temos a posibilidade de escoller, posto que en función do sexo biolóxico dos nosos xenitais, a ciencia médica ponnos unha etiqueta ao nacer coa que botaremos unha longa tempada: aos ollos da sociedade somos home ou somos muller. E, sexamos home ou sexamos muller, agárdase de nós que nos comportemos dun xeito ou doutro, e todo o que se saia da “norma”, do sistema heteronormativo sexo-xénero, é considerado como “anormal”, como froito

dalgún transtorno, como antinatura. No entanto, o anormal, o transtornado o artificial, é marcarlle a orientación afectiva, sexual, de comportamento, e en definitiva os roles e as funcións a unha persoa polo feito de que teña

uns xenitais determinados entre as pernas cando todo é unha construción social, educacional e cultural. E se non ten uns xenitais determinados, como no caso dos intersex, márcanllos medicamente segundo o sistema binario varón-

femia. Non se trata, pois, de buscar as raices “naturais” da sociedade, unha construción artificial, unha creación das persoas, senón de transformar a sociedade para que todas as persoas poidan trazar os seus proxectos vitais en liberdade e con autonomía. Se non o facemos, as persoas seguiremos condeadas a sofrir as cadeas de ter que

cumprir cos roles preestabelecidos ou sofriremos a discriminación, a incomprensión e a violencia dun sistema que non nos acepta, porque

sinxelamente, para ese sistema nos somos “erros” que se deben subsanar para encaixar novamente as engranaxes. Deste xeito, unha das problemáticas máis terribles desta realidade da que estamos falando é a aceptación da homofobia e da transfobia. Tal e como explica Coll-Planas, a trans/homofobia é froito do sistema patriarcal-machista, e tamén dun “imperialismo cultural” que: “(...) se exérce a través dos estereotipos, a invisibilización, a inferiorización, a imposición

Brais Preto Fernández, 1980 Enxeñeiro Naval e Oceánico pola Universidade da Coruña. Inspector de

seguridade marítima. Responsábel de Formación da MSG.

Homofobia e transfobia na sociedade actual.

A igualdade entre as persoas é un dos principios que nos move como organización política. As nosas reivindicacións inclúen o dereito a ter unhas condicións de vida dignas, mais tamén o dereito a trazar o proxecto

vital dun xeito libre e independente. Precisamos o recoñecemento da sociedade na que vivimos para poder edificar a nosa subxectividade e é por iso que temos que vivir nunha contorna sen represión, sen discriminación e sen violencia, temos que vivir nunha contorna que nos permita ser quen queremos ser.

Non se trata, pois, de buscar as rai-ces “naturais” da sociedade, senón de transformar a sociedade para que todas as persoas poidan trazar os seus proxectos vitais en liberdade e con autonomía Se ben é certo que xa houbo gran-

des logros no recoñecemento dos dereitos de gays e lesbianas, tamén é certo que aínda queda moito por facer, comezando por conseguir a despatoloxización dos trans

1 Gerard Coll-Planas, 2010. “A VONTADE E O DESEXO. A construción social do xénero e da sexualidade: o caso de lesbianas, gays e trans”, EGALES, Barcelona.

Page 21: Alborada 2010

21

a l b o r a d a dun imaxinario social heterosexista e a homofobia liberal, que acepta a estes colectivos na medida en que se despoliticen, se reclúan no ámbito privado e reproduzan as normas de xénero. Os estereotipos están sobre todo dirixidos a gays e a mulleres trans. Os primeiros son vistos como promiscuos, superficiais, sen capacidade de compromiso e sensíbeis, mentres que as trans son estereotipadas como mulleres hiperfemininas e como prostitutas, en definitiva, como mulleres de quen a súa dispoñibilidade sexual se dá por sentado. A invisibilización, pola súa parte, aféctalle principalmente a lesbianas, homes trans e intersexuais que non teñen uns estereotipos tan asentados ou directamente non hai unha imaxe estabelecida para eles.” Referíndonos novamente ao que apunta Coll-Planas no seu libro “A vontade e o desexo”, e como podemos observar no seguinte cadro da súa elaboración, para a cultura “dominante” hai un sexo-comportamento “bo”, e un sexo-comportamento “malo”:

Así, a nosa hipócrita sociedade sinala e estigmatiza a todas as persoas que viven sen atender ás normas do sistema, a quenes rachan cos encorsetados patróns de como deben comportarse as persoas, coas directrices de a quen deben amar e coas imposicións de con quen deben manter relacións sexuais. Longo tempo levan loitando os colectivos de gays, lesbianas, intersexuais e trans para que se lles recoñezan os seus dereitos como persoas, como seres humanos, mais a apisonadora do imperialismo cultural non presta atención aos colectivos minorizados, como moi ben sabemos galegas, galegos e galegxs. Se ben é certo que xa houbo grandes logros no recoñecemento dos dereitos de gays e lesbianas, tamén é certo que aínda queda moito p o r f a c e r , comezando por c o n s e g u i r a despatoloxización dos trans, que a día de hoxe son considerados pola O r g a n i z a c i ó n Mundial da Saúde (OMS) e pola Asociación de Psiquiatría Americana (a cal ten unha importante inlfuencia sobre a OMS) como enfermos mentais.

BIBLIOGRAFÍA: GERARD COLL-PLANAS, 2010: “A VONTADE E O DESEXO. A construción social do xénero e da sexualidade: o caso de lesbianas, gays e trans”, EGALES, Barcelona. MIQUEL MISSÉ e GERARD COLL-PLANAS, 2010: “O XÉNERO DESORDENADO. Críticas en torno á patoloxización da transexua-lidade”, EGALES, Barcelona. JOSÉ MARÍA VALCUENTE e JUAN BLANCO, 2003: “Homes. A cosntrucción cultural das masculinidades”, Talasa Ediciones. A. CARABÍ e J. M. ARMENGOL, 2008: “A masculinidade a debate”, Icaria editorial, Barcelona. P. GUILLOT, 2008: “Cando os homes falan”, Icaria editorial, Barcelona.

Dende a Mocidade Socialista Galega esiximos: 1) Unha maior implicación das institucións na búsqueda da igualdade entre todas as persoas,

independentemente da orientación sexual e afectiva. 2) A promoción por parte das institucións de campañas e políticas para:

a. previr e evitar as discriminacións sociais cara os colectivos de gays, trans, lesbianas eintersexuais.

b. para conseguir a aceptación dos distintos modelos de familias existentes. 3) O reforzamento e mellora, por parte das institucións, das campañas e políticas existentes no sistema

educativo de información sobre a diversidade de opcións sexuais e afectivas que hai, e a realizalizaciónde campañas para evitar a homo/transfobia nos centros de ensino, e en xeral en todos os eidos.

4) A non mención do sexo nos documentos oficiais. 5) A retirada do transtorno de identidade de xénero dos manuais de diagnóstico. 6) Libre acceso aos tratamentos hormonais e quirúrxicos sen tutelaxe psiquiátrica. 7) Eliminación dos tratamentos de normalización binaria ás persoas intersex. 8) Inserción social e laboral das persoas trans.

Page 22: Alborada 2010

22

a l b o r a d a

Dende mediados do século pasado, todas as actividades sociais están orientadas, ben directa ou indirectamente, ao proceso de produción hexemonizado polo mercado. Incluso o descanso físico das persoas, que como recoñece Schinidt, está ao servizo da produción. Nesta cultura do traballo, vívese para traballar, de maneira que cando non se traballa producindo considérase que está a perder tempo, o ocio defínese pois como aquel estado de inactividade que segue ao traballo e que nos prepara para seguir traballando. O importante é o traballo, o ocio é soamente un medio para repoñer as forzas e poder seguir así traballando. Se o traballo nos “desfai”, o ocio “re-crea(nos)”. A maior parte das mulleres e dos homes teñen hoxe o estatus dunha máquina que por ser aínda orgánica e biolóxica esgótase pasaxeiramente realizando actividades produtivas e ten que someterse a unha revisión de mantemento e a unha recarga das baterías ou depósitos de combustible. ¿Que facer para que non se deteña a cadea de produción? Pois que mellor que a institucionalización do

tempo libre, aparentemente non comprometido coas actividades produtivas remuneradas, para repoñer as forzas perdidas e poder seguir producindo ao día seguinte, a semana seguinte ou ao mes seguinte. Mulleres e homes dispoñen hoxe de suspensións pasaxeiras e puntuais da actividade produtiva xa que así o esixe a eficiencia das actividades produtivas; a tales situacións debemos chamarlles tempo

libre e na medida en que todas e todos sexamos ou cheguemos a ser produtoras ou produtores todas e todos temos ou teremos dereito a consumilas. Non nos enganemos, non se traballa para poder disfrutar do ocio, senón, pola contra , o sistema capitalista institucionaliza o ocio para que nós, produtoras e produtores remunerados salarialmente, poidamos traballar máis e máis. O traballo é concibido como unha obrigación e non como unha posibilidade de realización humana. Segundo Padilha (2004) como o traballo é colocado nunha situación de oposición á liberdade, esta soamente podería ser vivida pola traballadora ou traballador no tempo fora do acto produtivo. Así, o tempo libre xurde como un suposto tempo de liberdade, de liberación das amarras, obrigas e contraccións presentes no mundo do traballo. O tempo libre pode ser tamén un tempo de alienación e consumismo. O sistema produtivo debe a súa existencia a necesidade de combater a escaseza de recursos vitais. É pois, fillo do principio de eficacia. Despois dun desenvolvemento milenario logrouse acadar tales cotas de éxito que nos chamados países avanzados a escaseza foi substituída pola abundancia. O sistema comportouse dende as súas orixes coma un xerador de novas necesidades que o manteñen nun fricionamento porque non soamente non elimina a escaseza senón que a crea. Satisfanse unhas necesidades e créanse outras novas. Para Cuenca (Ocio humanista. Dimensiones y manifestaciones actuales del ocio, 2000) as condicións sociais nas que o ocio se incrementou son a flexibilización aumento do tempo libre, coa conseguinte redución da

O tempo non foi percibido polas culturas do pasado como un recurso produtivo. Pero foi adquirindo a consideración de recurso escaso a partir da Revolución Industrial. A glorificación do traballo, escribe Lafargue

(Odereito á preguiza), iniciada de forma sistemática polos pensadores da Ilustración, tivo como consecuencia a transformación de toda a sociedade nunha sociedade de traballo, da cal quedaban excluídos como contraproducentes os desexos, sentimentos e actividades non produtivas. Soamente a ou o que traballando por un salario produce algo para vender é valorada ou valorado na nosa sociedade, de aí os constantes desprezos ás labores domésticas ou ós traballos voluntarios non remunerados.

Balbina Gándara Antelo.1988 Estudante de Dereito na USC. Participa actualmente nos Comités e é membro

da Dirección Nacional de Galiza Nova.

O OCIO: REPENSANDO O TEMPO DE VIDA

O tempo libre pode ser tamén un tempo de alienación e consumismo.

O OCIO: REPENSANDO O TEMPO DE VIDA

Page 23: Alborada 2010

23

a l b o r a d a xornada laboral, o retraso dos mozos na súa incorporación ao traballo, o adianto da xubilación e o aumento das expectativas de vida… e outras como a elevación do nivel educativo, o acceso masivo ós medios de transporte e as tecnoloxías da comunicación. O utilitarismo e o materialismo estenderon o uso do ocio como algo cada vez máis práctico, lúdico e aproveitable e menos creativo, libre ou satisfactorio. O ocio de consumo é un ocio fácil, que nos esixe pouco esforzo, é un ocio cómodo que busca soamente o entretemento e a diversión, a estimulación dos instintos e do pracer emocional. En lugar de ler, xogar,

reunirse con familiares ou amigos, imponse por cuestións de “globalización”, manipulación e estandarización social, comprar a diversión a corporacións empresariais cuxa finalidade é unicamente obter ganancias ao mesmo tempo que impoñen patróns de comportamento que garanten así a estabilidade social e política. A “industria do ocio” sacará partido de aquelas e aqueles con diñeiro excedente como para invertelo en puro pracer e retroalimentar en todo o mundo a idea de que así é como se deben divertir quen aspiren a ser “modern@s e avanzad@s”.

Nas sociedades postindustriais sobresaen cada vez máis estudos que indican que o mercado de traballo se amplían en cantidade, pero, tamén se constata que o tempo de traballo tamén se amplía, polo que o ocio é cada vez máis reducido. Co cal podemos afirmar que o aumento nos gastos de consumo con leva aparellado un aumento do tempo de traballo, para conseguir ingresos cos que adquirir máis bens e servizos. Xerouse unha gran industria do tempo libre orientada a ofrecer distracción, e que deriva en pasividade, en actividades prefabricadas e manipuladas, estimulando o consumo, sen

intervir na creatividade ou ofrecer un oco a autosuperación. A mocidade das sociedades postindustriais ten que buscar como encher as súas horas de ocio, única forma de contrarrestar a frustración dun sistema educativo pouco adaptado ás necesidades reais das e dos adolescentes actuais. A falta de perspectivas de futuro converte a moitas e moitos mozos en seres frustrados.

A sociedade actual suavízao todo, nega a posibilidade da dor e opta por uns modelos de existencia pasiva. Pero a mocidade precisa emocións fortes e se non as ten búscaas. A actitude das e dos mozos é a de desexar que chegue o venres para entrar na festa da fin de semana e buscar a felicidade inmediata e a evasión mediante emocións fortes. Produciuse unha xeneralización das pautas de ocio xuvenil durante as fins de semana: grandes inxestas de alcohol e/con sustancias estupefacientes en locais hostaleiros ou ben en espazos públicos (o tan famoso botellón). O

Page 24: Alborada 2010

24

a l b o r a d a que nun principio pode ser recuperar un espazo de liberdade e unha oportunidade de desenvolvemento, estase convertendo nunha obrigación e nun espazo para consumir. O sistema tende a crear unha dobre personalidade social: o disciplinado suxeito dos días laborais que contrasta co ou coa

“descontrolado/a” consumidor/a das fins de semana. A xeralización do tempo de ocio provocou a aparición dunha industria moi potente asociada, o ocio está inmerso na cadea de producción-consumo, o tempo libre move cartos e deixase regular pola oferta e a demanda, marketing publicitario… Pasear por un centro comercial, comprar roupa ou cear nun local de comida rápida son unha das actividades máis habituais entre a mocidade do noso País xa que a oferta actual de ocio está dominada pola lóxica do consumo. Este ocio é individualista, pasivo, pouco participativo e solidario e tamén alienante e deshumanizador. Coa realización deste tipo de ocio non podemos falar de contracultura ou rebelión, xa que se trata dun ritual consentido que bloquea a verdadeira rebeldía e instaura un novo pacto social: diversión de fin de semana a cambio de aceptación dunha situación de precariedade

que pospón indefinidamente a nosa emancipación. A adolescencia pasa a ser unha etapa indefinida e pensar no futuro deixa de ter sentido, pois non sabemos se algún día chegará: o presente convertese na principal referencia. Por outra banda, a inestabilidade laboral e o maior poder adquisitivo familiar

incrementan a capacidade de gasto xuvenil, que se destina de forma exclusiva ao consumo inmediato. Ante este panorama o actual Goberno da Xunta de Galiza elaborou un anteproxecto da Lei de Prevención de Consumo de Bebidas Alcohólicas en Menores, que eleva de 16 a 18 anos a idade mínima para consumir alcohol na comunidade e prohibe a venda a este colectivo, ao tempo que limita a súa promoción e publicidade. O seu obxectivo parece ser impedir o consumo

(non profundizar nas razóns que levan á evasión das responsabilidades por parte da mocidade refuxiándose no alcohol e as drogas). A medida vai encamiñada a enganar a poboación adulta dando a entender que se está traballando duro para evitar o consumo de drogas entre a mocidade. Feijoo desexa tranquilizar as nais e os país galegos, pero preocupase pola saúde das mozas e dos mozos galegos? Parece que non, xa que nese caso propoñeríanse medidas coherentes e preventivas e non mera represión. Con medidas policiais crease un encarecemento do consumo que da lugar a unha menor pureza das sustancias co importante risco que isto conleva na saúde das e dos consumidores. O que se debe fomentar e a autonomía, o dereito a decidir libremente (identificando liberdade co coñecemento) e no caso de que exista consumo, que este sexa responsable e permita a persoa desenvolverse con normalidade e acadar os seus obxectivos persoais, sociais. A oferta da “marcha” (saír de bares, pubs, discotecas…) está en mans da oferta privada ao mesmo que outras opcións de ocio: cine, teatro, música, arte, cultura… en cantos concellos galegos a súa poboación moza conta espazos propios para reunirse cas e cos amigos, formar grupos de aprendizaxe e desenvolvemento persoal?

A xeralización do tempo de ocio pro-vocou a aparición dunha industria moi potente asociada, o ocio está in-merso na cadea de producción-consumo

Page 25: Alborada 2010

25

a l b o r a d a As e os mozos galegos precisamos de espazos propios para poder neles desenvolver actividades distintas as xeralmente destinadas a cubrir os nosos tempos de lecer: se dispoñemos de infraestruturas favorecerase o asociacionismo xuvenil e tamén o voluntariado. Outra teima de Feijoo e destruír todo rastro de calquera avance social que o nacionalismo deixou logo do seu paso pola Xunta. Falo, concretamente no que atinxe a mocidade, do desmantelamento de toda a rede de centros Quérote, primeiro punto de información afectivo-sexual para a mocidade do País. Comezouse pola eliminación de stands móbiles, logo pechouse o centro que ofrecía esta información tan necesaria para o desenvolvemento en saúde da nosa mocidade

e agora pasan a incorporarse novos contidos a estas Oficinas de Información: condución viaria segura ou uso responsábel das novas tecnoloxías da información. Tal decisión debe ser enmarcada dentro da concepción represora que o PP ven amosando pola sexualidade xuvenil como se puido apreciar co boicot que realiza a Lei de Interrupción do Embarazo. Este Goberno parece que non aposta pola información e a previsión dos embarazos non desexados pero si por crear toda unha rede de infraestruturas en (sustitución dos centros Quérote??) para o coidado da maternidade, centros estes que estarán tutelados por asociacións de carácter antiabortista financiadas con diñeiro público galego. Como promover alternativas de ocio alternativo? - É prioritario adicar políticas e recursos para a promoción de opción de ocio saudable. - Os programas de ocio alternativo teñen que ser concibidos como un proceso de educación continua, onde estean implicados

todos os axentes educativos e sociais, mocidade, familia, institucións e organización sociais. - A xeración de alternativas de ocio é moi necesaria, pero a súa existencia non pode

supor o desleixo de outras formas de prevención como campañas informativas, - É fundamental non soamente a creación de recursos de ocio alternativo senón tamén prever unha adecuada difusión e promoción dos mesmos para que cheguen a mocidade galega. Tense que atender pois a distribución demográfica para que así ningunha ou ningún mozo galego careza de infraestruturas potenciadoras

de ocio alternativo. - Evidentemente é precisa unha análise previa de cada realidade (debemos superar a consideración homoxénea da mocidade posto que hai multitude de aspectos que inciden na vida dunha ou dun mozo a forma en que esta ou este se desenvolva tamén será distinta) para a implantación dos programas de ocio alternativo. A hora de levar a cabo dita exploración terase en conta como elemento principal da mesma a opinión verquida polas e polos propios mozos sobre as súas características, necesidades ou demandas. - En relación a este protagonismo que debe cobrar a figura das e dos mozos deberase fomentar a súa participación tamén no deseño e desenvolvemento dos programas de ocio alternativo. - Na avaliación dos resultados de cada programa farase fincapé na opinión das e dos receptores de tales medidas para así coñecer de primeira man a posible mellora que se precisa. - É aconsellable que as administracións públicas busquen acordos de colaboración coa industria do ocio para que coa súa implicación estas medidas de actuacións alternativas gocen de maior respaldo entre a mocidade. - Para a posta en práctica de tales medidas fai se imprescindible tecer toda unha rede de complicidade coas asociación xuvenís de tal forma que sexan estas as que coordinen os recursos existentes para por en marcha estes programas de ocio alternativo para as mozas e os mozos e dende os seus iguais.

As e os mozos galegos precisamos de espazos propios para poder neles desenvolver actividades distintas as xeralmente destinadas a cubrir os no-sos tempos de lecer

Page 26: Alborada 2010

26

a l b o r a d a

Que é Máis Galiza? Máis Galiza é unha corrente que nace co obxecti-vo de agrupar, dentro do BNG, aos homes e mu-lleres que queren un nacionalismo de esquerda transformador, aberto á sociedade e consciente de que a nación galega terá futuro na medida en que o nacionalismo sexa capaz de concitar un apoio social maioritario. Trátase, pois, de converter o BNG nunha organización de masas, no grande proxecto nacional de Galiza. Moitos e diversos, antes que poucos e puros. Que obxectivos persegue? Queremos cambiar o BNG, mellorar o seu funcionamen-to interno e, sobre todo, a súa actuación externa, na socie-dade e nas institucións. Que-remos que o BNG, neste mo-mento de descrédito dos par-tidos estatais, sexa capaz de formular un proxecto de cambio que ilusione á maior-ía da sociedade galega no camiño de incrementar o autogoberno e de cons-truír un modelo social e económico máis xusto e sustentábel. Non se trata apenas de reaccionar defensivamente fronte aos axustes e recortes de Feijoo ou Zapatero, mais de formular alternativas realizábeis aquí e agora, tendo en conta a necesi-dade de incidir tamén no nível europeo en alianza con outros grupos nacionalistas e/ou de esquerda que, coma nós, traballan por mudar o actual mo-delo de construción da UE. O camiño non é fácil e apenas temos un ano de vida. E, con todo, algo xa fomos avanzando. Por certo, se de algo se po-

de gabar Máis Galiza e de ter ao seu carón á mo-cidade nacionalista máis preparada, máis traballa-dora e máis militante. Se chegamos até aquí foi, en grande medida, polos mozos e mozas da MSG. Que lugar ocupa Máis Galiza dentro do BNG?

Na Asemblea do ano pasado obtivemos un apoio superior ao 45%, sete asentos na Exe-cutiva fronte a outros sete da UPG e un do MGS. Conta-mos con case dous mil ad-herentes e simpatizantes e estamos presentes no conxunto da nación. A estas alturas é evidente que hai dúas grandes formas de inter-pretar o proxecto común do BNG: a representada pola

actual maioría e a de Máis Galiza. ¿Cal é o obxectivo a curto prazo da corrente que lidera? En menos dun ano imos afrontar unhas eleccións

Por Sara Torreiro Rodríguez. 1989

Estudante de Xornalismo. Galiza Nova da Montaña

Carlos Aymerich leva dende o 1993 militando no BNG, dentro do cal desempeñou diversos postos e funcións. A súa última labor política foi liderar unha das correntes ideolóxicas no seo do Bloque: Máis Galiza. Preguntámoslle sobre a opción política que Máis Galiza entraña.

A estas alturas é evidente que hai dúas grandes formas de interpretar o proxecto común do BNG: a repre-sentada pola actual maioría e a de Máis Galiza.

Construír esa grande alianza a prol da construción nacional e o benestar é, pensamos, o repto do nacionalis-mo para os próximos anos.

Carlos Aymerich

“Non se trata apenas de reaccionar defensivamente fronte aos axustes e recortes de Feijoo ou Zapatero, mais

de formular alternativas realizábeis aquí e agora”

Page 27: Alborada 2010

27

a l b o r a d a municipais transcendentais para Galiza, porque a alternativa ao PP ten que se comezar a construír desde os Concellos, e tamén para o BNG. Desde Máis Galiza temos como obxectivo prioritario que todas e cada unha das candidaturas do BNG obteñan os mellores resultados, incrementar o número de concelleiros e concelleiras e as alcald-ías nacionalistas. A iso estamos dedicando os me-llores dos nosos esforzos e as mellores das nosas ideas xunto co resto dos homes e mulleres do BNG. ¿E a longo prazo? Se reparamos en que a ofensiva do PP contra os servizos públicos, os dereitos dos traballadores e traballa-doras, as pensións, o control público do sistema financeiro vai da man, e non por acaso, do ataque contra a nosa lingua e o autogoberno coinci-diremos en que o nacionalismo ten a responsabilidade de construír unha alianza social a favor dun modelo de benestar na que, sen dúbida, han de participar moitos sectores progresis-tas defraudados pola deriva neoliberal do PSOE. Construír esa grande alianza a prol da construción nacional e o benestar é, pensamos, o repto do na-cionalismo para os próximos anos. O camiño para construír a alternativa ao PP que Galiza demanda de cada vez con máis urxencia. Ben, mais isto como se fai? Pois cunha nova mentalidade, con novos discur-sos, con novos proxectos. Dirixíndonos non só aos convencidos e convencidas mais á maioría de galegos e galegas que non votaron polo PP. Hai que traballar, si, coas organizacións nacionalistas. Mais hai que o facer tamén con outras organiza-cións que, neste momento, partillan algúns dos

nosos obxectivos. Temos que saber de onde vi-mos e que somos. Iso é fundamental. Porén, te-mos que aprender tamén que o BNG acertou can-do foi quen de superar dogmas e atavismos que pexaban o seu avance. Así sucedeu en 1982, coa

fundación do BNG superando o esquema da fron-te de masas-partido guía e en 1985, cando se re-solveu participar de pleno dereito nas institu-cións. E hoxe estamos, gardando as distancias, nunha situación similar. E o Estatuto? O debate estatutario é unha boa oportunidade de comezar a construír esta alianza social a que antes me referín. O noso proxecto estratéxico, unha Galiza soberana, non cabe no actual marco cons-

titucional mais o BNG sempre de-fendeu que a autodeterminación é un proceso gradual onde o medre da consciencia nacional e os avances no plano xurídico-político deben ir liga-dos. E se as medidas antisociais do PP van de man dada coa negación de Galiza; nós, á inversa, debemos facer visíbel que o recoñecemento nacio-nal, a plena oficialidade do galego e o incremento do autogoberno políti-co e financeiro van ligados á defensa para Galiza dun modelo de benestar máis igualitario e sustentábel. Sobre

esta base o nacionalismo debe esgotar todas as posibilidades que abra unha eventual negociación para posibilitar o avance que, dentro deses míni-mos, poida supor un novo Estatuto sabendo, co-mo sabía o Partido Galeguista en 1936, que é unha estación intermedia. Como se podería superar a sensación de provisionalidade que transmite hoxe o BNG? A próxima Asemblea Nacional ten que ser unha asemblea do cambio da que saia un BNG máis forte e máis unido. Falabamos antes da nosa his-toria recente e de como en momentos cruciais o nacionalismo acertou na medida en que foi capaz de camiñar, con audacia, cara diante. E esta histo-ria apréndenos tamén que o cambio só é efectivo se é asumido polo conxunto do BNG. Sen vence-dores nin derrotados. Os homes e as mulleres de Máis Galiza queremos impulsar ese cambio por-que estamos certos de que hai unha corrente cen-tral no BNG, amplamente maioritaria, que nin anda con andrómenas de criar organizacións fóra do Bloque nin comparte, tampouco, os delirios de quen teima en se refuxiar nas vellas consignas. Ese BNG, polo que traballamos e no que confia-mos, ese BNG de todos e todas é o que ha saír da próxima Asemblea Nacional.

A próxima Asemblea Nacional ten que ser unha asemblea do cambio da que saia un BNG máis forte e máis unido

Page 28: Alborada 2010

28

a l b o r a d a

O programa que presentemos ás eleccións é “o manual de funcionamento” da nosa política transformadora. Por iso é tan importante ter un programa marco, e complementalo co programa para o concello. Un programa que é froito dos obxectivos políticos da organización, da interpre-tación que facemos da realidade (análise, diagno-se e propostas), da experiencia política e da inter-locución coa sociedade. Non pode ser o progra-ma electoral a proposta da nosa sociedade ideal, mais si achegárselle, pois, aínda que contemple medidas a longo prazo, a maioría das propostas son referidas a un intervalo temporal reducido. Mais tamén, aínda que o programa vaia empapa-do na ideoloxía, debe ir redactado en clave políti-ca, dito noutras palabras, con propostas que se poden desenvolver nos concellos para mellorar as condicións de vida das veciñas e veciños, e ir transformado, día a día, a nosa sociedade. Outro dos elementos básicos dunhas eleccións municipais é o discurso que transmitimos á cida-danía e polo que poidamos ser recoñecidos. Un discurso que traslade con síntese as nosas pro-postas, nunha estructura formal que sexa intelixi-ble para a xente, que conecte co interese cidadán e que transmita valores positivos (democracia, servizo, participación, nacionalismo, benestar, compromiso…). A escolla das ideas principais, do método máis acaído ao contexto social e as formas con que o transmitamos, son claves no desenvolvemento do discurso político. Tamén é moi importante acertar na elección das

persoas que vaian a representar a proposta na-cionalistas no proceso electoral. Para iso adoi-tamos ter en conta distintas variables, como o seu compromiso político, mais tamén a súa proxección social, como a súa capacidade de relacionarse coa sociedade e de exercer lidera-do, a súa formación e valores éticos… As no-sas candidatas e candidatos teñen que tender a

reunir distintas características que os fagan identificables co noso electorado. Non é bo es-coller candidaturas pensando só no BNG, se-nón que temos que abrir a mente para promo-ver candidaturas pensadas para que o naciona-lismo represente a ese grande potencial de ho-mes e mulleres que se identifican connosco. No momento electoral as candidatas e candidatos do BNG pasan a selo de quen nos escollen para que sexamos a súa representación. Con estes elementos, e outros, participamos na campaña electoral co obxectivo de acadar nu-merosos apoios para mellorar a nosa presenza na corporación municipal. Participamos, dixen, para referirme ao papel que temos que asumir

Falta menos dun ano para que se celebren, o último domingo do mes de maio, as eleccións municipais. O obxectivo de calquera forza política é acadar máis representación institucional. É dicir, aumentar o número de concelleiras e concelleiros, de alcaldesas e alcaldes e de gobernos municipais. Tamén os nacionalistas centramos os nosos obxectivos na expansión da nosa presenza institucional, porque é aí onde pode avanzar a acción transformadora que deriva do noso programa político. Dito doutro xeito, podemos atender aos problemas máis concretos da xente (saneamento, alumeados, pavimentacións, urbanismo…), e temos a oportunidade para poñer en práctica e arriscar propostas audaces que vaian a cambiar a realidade municipal concreta ( dinamización económica, emprego, cultura e lingua, servizos sociais, política xuvenil…).

Manuel Antelo Pazos 1966

Portavoz municipal do BNG en Vimianzo. Secretario de Acción Municipal do BNG Membro da Comisión Permanente de +G

Tamén os nacionalistas centramos os nosos obxectivos na expansión da nosa presenza institucional, porque é aí onde pode avanzar a acción transformadora que deriva do noso programa político.

Municipais ’11. Que facer?

Page 29: Alborada 2010

29

a l b o r a d a

cada unha ou cada un dos militantes e simpati-zantes nacionalistas. Temos moito que facer nunha campaña electoral…, dende o proceso interno para configurar as candidaturas, o pro-grama, o discurso…, ata mergullarnos de cheo

na actividade electoral, convencendo á fami-lia, ás amizades, indo casa por casa presentan-do a nosa proposta e recabando apoios, parti-cipando nos mitins, charlas e actos variados… Temos que ser un corpo organizado con com-promiso e ilusión, moita ilusión, para conta-xiar ao electorado a prol da consolidación ou do cambio político que vai protagonizar o BNG. Facémolo deste xeito porque queremos sentirnos protagonistas do noso proxecto polí-tico como militantes, xunto cos futuros alcal-

des, alcaldesas e concelleiros e concelleiras. Mais o proceso electoral local é tamén unha grande oportunidade por achegar o proxecto nacionalista á xente e abrir as portas para que

entre nova, fresca e ilusionada militancia. É un momento onde poñemos en valor o sermos nacionalistas, de tal xeito, que espertan ou afloran inquedanzas en moitos sectores so-ciais. É unha grande campaña de afiliación,

coa entrada de novas e novos candidatos, de simpatizantes, de expectantes… Debemos en-tender isto como un proceso complementario e necesario da campaña electoral. Complementa-rio por ser un momento de grandes sinerxías políticas, onde facemos uso de moitos recursos e accións que inflúen tamén en mellorar as condicións que favorecen a afiliación á organi-zación. É necesario, pois imos ter ao noso ca-rón a bastantes persoas dispostas a dar o paso de compartir militancia política, e que esperan a que lles abramos as portas. Mais, como todo, dependerá de nós o deseño dunha campaña que faga posible todo isto. Teñamos en conta que o proceso electoral é para achegar xente ao noso proxecto nacionalista. Actúemos, pois, nesta dirección. Eu ben sei que case todo o dito é algo moi ob-vio para quen leva anos de militancia, ou ten experiencia ás súas costas, aínda que tamén sa-bemos o que custa poñer en práctica estas ideas. Por iso non está de mais reiteralas para contri-buír a que se plasmen na realidade política.

Mais o proceso electoral local é ta-mén unha grande oportunidade por achegar o proxecto nacionalista á xente e abrir as portas para que entre nova, fresca e ilusionada militancia

Page 30: Alborada 2010

30

a l b o r a d a

A administración máis próxima às persoas é a administración local. Constitúe o limiar da an-damiaxe institucional e, polo tanto, a primeira porta do poder. Naturalmente, esta circunstan-cia non é allea aos diferentes conflitos e diviso-rias sociais, polo que os concellos poden ser meras instancias executoras do poder central ou gozar de autonomía e iniciativa política en fa-vor das persoas e colectivos desfavorecidos que conforman a maioría social na sociedades capi-talistas.

Evidentemente, isto implica apostar pola auto-nomía municipal e poñer as institucións de po-der local ao servizo da igualdade social e de oportunidades. Por suposto, esto supón apostar claramente por unha financiación local máis potente, achegada à dos países federais (15-25% é a percentaxe de gasto público municipal sobre o total de gasto público), pois no Estado Español apenas se chega ao 13%. O modelo de financiación debe orientarse à autonomía finan-ceira, sendo o alicerce da autonomía política municipal. Asemade, debería reforzarse o Tri-bunal de Contas no seu papel fiscalizador da economía municipal co obxecto de evitar actua-cións fraudulentas e nepóticas. E a primeira pregunta que cómpre responder é: ¿Qué institu-cións de poder local debe defender o naciona-lismo? O nacionalismo está vacinado xeneticamente contra a defensa absurda de localismos ultra-montanos e ao servizo do desartellamento do

País e da súa viabilidade colectiva, pois o nosso ADN político ten entre os seus nucleótidos fun-damentais a visión colectiva de futuro, de país, de nación, da nosa Terra, Galiza. Non defende-mos a persistencia de institucións ineficientes e centralizadoras coma as Deputacións Provin-ciais, que só respostan aos intereses dos parti-dos centralistas, por exemplo, en Ourense sirve unicamente para manter o sistema caciquil di-nástico do baltarismo. Deben desaparecer. O municipalismo nacionalista fronte à actual situación de inframunicipalidade da maioría dos concellos do País defenderá a fusión de conce-llos con base na historia comarcal, os fluxos poboacionais e a dinámica urbanizadora. A ba-se da reordenación debe ser a prestación efi-ciente de servizos públicos de calidade, polo que se considerará o limiar mínimo de poboa-ción superior a 10.000 habitantes (na Europa con poboación máis concentrada e maiores in-fraestruturas a cifra oscila entre os 5.000 e os 8.000 habitantes, segundo países). A día de ho-xe o 82% dos concellos galegos ten unha pobo-ación inferior a 10.000 habitantes, atopándose en situación de inframunicipalidade, polo que o municipalismo nacionalista defende unha reno-vación radical do mapa do poder local mediante a supresión das Deputacións e a reformulación dos concellos mediante a fusión de base comar-cal orientada à provisión de servizos públicos de calidade. Por suposto, esta reformulación institucional é só unha cara da moeda. As institucións políticas non son entes neutros, senón que están atrave-sados polas relacións sociais e de poder existen-tes e a súa reformulación básica pode e debe facelos máis eficaces pero, asemade, os seus obxectivos deben coincidir coas demandas de seguridade e xustiza. Un eixo de traballo é a aprofundización da vida participativa, a demo-

Por un municipalismo nacionalista

Iñigo X. Ansotegi Suárez (1982) Licenciado en Ciencias Políticas e Sociais pola Universidade de

Santiago de Compostela. Autónomo no sector agroindustrial vitivinícola en Valdeorras. Membro do Consello Político Nacional de Máis Galiza.

O municipalismo no BNG estase a construír, pero hoxe xa é un elemento estratéxico. (...) O noso ideario ten que ver coa necesidade de integrar as cidades dentro da construción deste país, centrámonos en crear emprego, na calidade de vida, no turismo e non comercio

desde un punto de vista propio, noso. Andrés García Mata, Xornal de Galicia, 11 de xuño de 2010.

O nacionalismo está vacinado xeneti-camente contra a defensa absurda de localismos ultramontanos e ao servizo do desartellamento do País e da súa viabilidade colectiva.

Page 31: Alborada 2010

31

a l b o r a d a cracia participativa debuxa unha cidadanía acti-va e corresponsábel no exercicio do poder e su-pón o apoderamento dos sectores sociais máis vulnerábeis da nosa sociedade. Imprescindíbel para comezar a equilibrar a balanza na ofensiva

capitalista actual. A realidade urbana e rururba-na da Galiza contemporánea esixe repensar a cidadanía (valla a reiteración) da cidade. A am-pliación dos dereitos cidadáns, alén dunha vic-toria política na súa legalización e conversión en políticas públicas efectivas, esixe un previo combate cultural, defendendo a superioridade dos valores nos que se fundamentan, e unha ba-talla social polo seu recoñecemento xurídico e asunción nas instancias políticas. Trátase de convertir en norma un modelo de cidade, de cidadanía e de convivencia inclusivo, democrá-tico e socialmente reequilibrador. Avances apo-

iados en loitas sociais que deveñen irreversí-beis, con efectos acumulativos e abren a porta a novos avances orientados à xustiza social e o apoderamento dos desfavorecidos. Neste sentido, seguindo a Jordi Borja, o muni-cipalismo nacionalista debe asumir a defensa dos novos dereitos: o dereito à cidade que in-clúe: o dereito ao lugar, a manter a residencia no lugar onde tes as túas relacións sociais; o dereito ao espazo público e a monumentalidade,

dotando aos lugares de calidade urbana; o de-reito à identidade colectiva na vila; o dereito à beleza, cada parte da cidade debe ter o seu atra-tivo; o dereito à mobilidade e acesibilidade; o dereito à centralidade, todas as áreas da cidade deben posuír lugares con valor de centralidade e aceder con igual facilidade aos centros; e ta-mén, o dereito à cidade coma refuxio; dereito à protección polo goberno local perante institu-cións políticas superiores e organizacións e em-presas prestatarias de servizos; dereito à alega-lidade, o custe de promover iniciativas alegais para convertir unha demanda non recoñecida nun dereito legal debería ser asumido polas ins-titucións locais; dereito à anovación política, recollendo demandas sociais de mellora dos sistemas electorais, mecanismos de participa-ción, instrumentos de planificación, entroutras; dereito ao emprego e o salario cidadán; dereito à calidade do medioambiente; dereito à diferen-cia, à intimidade e à elección dos vencellos per-soais e o dereito ao aceso às novas tecnoloxías. O municipalismo nacionalista é a fórmula polí-tica orientada à construción da nación galega

desde o apoderamento, a participación e o pro-tagonismo das clases populares do noso país nas definicións operativas e de políticas e desde a racionalización do mapa do poder político local en base a poñer as anteditas institucións ao servizo dos sectores sociais máis febles aten-dendo à historia comarcal do país e ao desen-volvemento urbanístico contemporáneo. O municipalismo nacionalista é un dos alicer-ces do novo nacionalismo galego.

Trátase de convertir en norma un modelo de cidade, de cidadanía e de convivencia inclusivo, democrático e socialmente reequilibrador.

Page 32: Alborada 2010

32

a l b o r a d a

No ano 2000, internet era unha gran promesa na que se acumulaban moitas ilusións e esperanzas, pola contra aínda non existían dispositivos, nin redes que permitirían a “Revolución Dixital”, o que levou á explosión da burbulla das puntocom. Paralelamente, naceu a fenda dixital, que se define como a divisoria entre as persoas que usan as novas tecnoloxías e aquelas que non teñen acceso ou coñecementos para empregalas. Segundo o Observatorio TIC, Galiza presenta unha dispoñibilidade de acceso a banda larga do 82,7%, o cal pon de manifesto que a fenda dixital na súa compoñente de hardware e i n f r a e s t r u t u r a s e s t a s e r e d u c i n d o considerablemente.

Para que valen as infraestruturas se non as podemos usar? A día de hoxe un motivo que asusta aos usuarios a dar o paso a rede das redes é o custe mensual da conexión, as teleoperadoras manteñen unha política de tarifas abusivas e segundo a última análise da Asociación de Internautas indican que a conexión a internet no estado español é a quinta mais cara da UE. Neste contexto os cidadáns estamos limitados á hora de acceder as TIC en función do que poidamos pagar ou condenados a tentar “piratear unha Wifi”. A solución pasa por universalizar o dereito ao acceso a internet; por exemplo,

Finlandia aprobou unha normativa que obriga ás operadoras a ofrecer unha conexión mínima de 1 Mbps aos seus clientes e convértese no primeiro país no que o acceso a unha conexión de banda ancha se considera un dereito legal.

Galiza na avangarda dos dereitos en internet e novas tecnoloxías

Ainda recordamos os móbiles que só servían para chamar por teléfono e enviar mensaxes, tamén cando esperabas a hora para ter a tarifa plana e soaba esa doce melodía do módem conectándose. Parece que pasou una eternidade dende aquela época, e tan só foi hai 10 anos, nos cales que houbo grandes mudanzas, maior velocidade, novos comportamentos individuais e sociais, novos hábitos. En definitiva, un novo xeito de funcionamento e organización que acabará transformando todos os usos e costumes.

Paralelamente, naceu a fenda dixital, que se define como a divisoria entre as persoas que usan as novas tecnoloxías e aquelas que non teñen acceso ou coñecementos para empregalas.

O nacionalismo pode e debe xogar o papel de abandeirado dun novo modelo de pensamento político adaptado ás novas tecnoloxías.

Pablo Belay Fernández. 1986 Auxiliar de enfermería e socorrista, actualmente estudante de

Enxeñería Técnica en Informática de Xestións na Universidade da Coruña. .Vicerresponsábel Comarcal e de Organización de Galiza Nova da Estrada-Deza

Page 33: Alborada 2010

33

a l b o r a d a A segunda compoñente da fenda dixital é saber empregar correctamente as tecnoloxías é dicir estar alfabetizados tecnoloxicamente, con este fin a Consellería de Industria e Innovación Tecnolóxica do anterior goberno da Xunta de Galiza creou a rede de dinamizadores da Sociedade da Información. Esta rede tiña como funcións a realización de palestras, obradoiros, cursos, asesoramento as PEME, etc Recentemente, a Xunta de Feijoo ven de desmantelar toda esta rede, que se suma ao caixón dos proxecto eliminados que contén o Centro de Referencia e Servizos de Software Libre (Mancomún), a anulación do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da

Información). Estas iniciativas foron e serán estratéxicas para @s galeg@s integrarse plena-mente na Sociedade da Información a cal tende a producir riqueza e maior estado de benestar, mentres que as sociedades menos desenvolvidas tenden a quedar atrás co paso do tempo e as di-ferencias son logarítmicas no tempo. Agora toca explorar politicamente un territorio novo, actualizar os grandes principios da igualdade humana á nova realidade das TIC e o nacionalismo pode e debe xogar o papel de abandeirado dun novo modelo de pensamento

político adaptado ás novas tecnoloxías. O primeiro que se debe garantir é o acceso universal e a eliminación das barreiras que fomentan a fenda dixital, mediante a promoción de redes de acceso universal e programas de axudas á informatización. O segundo, garantir os dereitos fundamentais na rede (liberdade de ex-presión e información, proibición da censura e dereito a manifestarse en liña), especialmente os referidos á propia privacidade (dereito à protec-ción de datos, dereito á encriptación, dereito a non estar baixo vixilancia), pois o apoderamento cidadán é un principio básico da acción política transformadora e progresista, tamén neste novo eido. O terceiro, desenvolver os novos dereitos. As TIC permiten un acceso ilimitado e horizon-tal á información, constituindo unha oportunida-de para garantir o acceso ao coñecemento, espe-cialmente aquel financiado publicamente. Dou-tra banda, constitúen un paradigma horizontal e basado na compartición e debuxa un territorio máis difícil de mercantilizar do aparente. O de-reito a compartir libremente presupón a promo-ción do software libre, dos estándares abertos e a beneficiarse da converxencia e dos contenidos multimedia. Neste sentido, os dereitos máis es-pecíficos en internet son aqueles orientados a garantir o carácter de territorio libre desta ferra-menta: o dereito á supervisión multilateral e de-mocrática de internet, o dereito á transparencia e accesibilidade, o dereito a contar con un internet descentralizado, colaborativo e interoperable, o dereito a unha arquitectura aberta, o dereito a estándares abertos, o dereito á neutralidade de internet e ao principio de extremo a extremo, que pretenden evitar unha rede panóptico cun control centralizado. Doutra banda, as TIC supoñen unha modificación dos usos e costumes e das formas organizativas. Tamén suporán unha modificación dos hábitos políticos. O desenvolvemento de ferramentas de democracia participativa de tipo tecnolóxico, técnicas de eDemocracia, supón unha emenda positiva cara a implicación dunha cidadanía máis activa e corresponsábel e o nacionalismo pode e debe impulsala. É o momento de situar a Galiza na vangarda dos dereitos en internet e novas tecnoloxías.

Page 34: Alborada 2010

34

a l b o r a d a

Non obstante, o gasto público social no Es-tado Español, no que se inclúe educación, é o máis baixo do noso entorno socioeconó-mico e político, a Unión Europea. Centrados na educación, o Estado Español ten os sub-sidios públicos ás escolas privadas máis al-tos e o gasto público por aluno na escola pú-blica máis baixo do noso entorno.

Por suposto, esto ten consecuencias eviden-tes na función da educación coma igualador social: a percentaxe de poboación universi-taria pertencente a clases medias e baixas é indirectamente proporcional ao seu peso po-boacional real e o peso da educación priva-da é enorme, chegando ao 30%, correspon-dente co 30% de poboación de clases me-dias-altas e altas, mentres que non chega ao 4% nos países co mellor sistema educativo

do noso entorno (Suecia e Finlandia). A situación é a resultante lóxica de moitos anos de gobernos privatizadores que, peran-te a imposibilidade de desmontar directa-mente o sistema público universal, rebaixa o esforzo económico e introduce cambios le-gais orientados a mercantilizar o ensino, es-pecialmente o universitario.

Frente a esta dinámica, as mozas e mozos galegos reclamamos o noso dereito a unha educación pública e de calidade, orientada a formar persoas cultivadas, cida-danía activa e consciente e profe-sionais versátiles e audaces. Non queremos máis estudantes coci-ñados à boloñesa, condenados a empregos precarios e con forma-ción orientada ao mercado labo-ral do momento. Queremos o noso dereito a unha educación pública e de calidade garantido por unha financiación aquelada co noso desenvolve-

mento social e económico, con un sistema de becas que favoreza a promoción das per-soas máis válidas, eliminando os subsidios à

educación privada e garantindo o aceso uni-versal sen distincións de ningún tipo. É de xustiza.

Un dos fundamentos lexitimadores e funcionais do Estado Social é o dereito à educación. A educación pública universal debería ser un instrumento que favorecera a igualdade de oportunidades e a mobilidade social.

O gasto público social no Estado Es-pañol, no que se inclúe educación, é o máis baixo do noso entorno socioe-conómico e político, a Unión Europea.

Non queremos máis estudantes coci-ñados à boloñesa, condenados a empregos precarios e con formación orientada ao mercado laboral do momento.

O dereito á educación pública e de calidade, piar básico da igualdade social

Vanesa Vázquez Freire .1991 Documentalista sanitaria. Estudante de Traballo Social na

Universidade de Santiago de Compostela

Page 35: Alborada 2010

a l b o r a d a

Que é un proceso? Un proceso é un conxunto de actividades ou eventos, coordinados e perfectamente artellados que se realizan cun fin determinado. No que se refire aos colectivos humanos organizados, xorde da necesidade de reflexión por determinados cambios que se producen no entorno e para adaptarse ás novas circunstancias. Que é o proceso de +Mocidade e cal será o seu resultado? O proceso +Mocidade é un proceso de debate que pretende chegar ao conxunto da mocidade galega. Nacemos para aglutinar a todos os mozos e mozas e así constituír a expresión xuvenil de +Galiza. A finais de outubro teremos a nosa Asemblea Nacional constituínte. A que responde? A inacción e parálise das estruturas actuais do nacionalismo xuvenil ante as demandas dunha mocidade precarizada fan necesario o reforzamento dunhas novas estruturas, máis dinámicas e que non herden vicios pasados. A situación de precariedade laboral con taxas do 40% de paro xuvenil en plena crise

precisan dunha resposta forte e contundente; o noso acceso limitado a unha vivenda digna ten que ser revertido cunhas políticas públicas acaídas; a nosa resposta ante a redefinición do concepto de universidade neste século XXI debe ser para afortalar o seu carácter público e galego. Quen participa? Os mozos e mozas da MSG e a xente moza de Máis Galiza, pero aspira a ter vocación maioritaria en toda a mocidade galega. Mais aquí teñen cabida todos os mozos e mozas que dende unha perspectiva nacionalista, galeguista, progresista e de esquerdas, desexan materializar as súas inquedanzas persoais en feitos concretos. Como nos imos organizar? Organizarémonos como colectivo dentro de Galiza Nova (xuventudes do BNG) para transformala, tal e como fai +Galiza dentro do propio Bloque. Traballaremos dentro, máis tamén miraremos cara fóra, cara a sociedade, tendo actividade propia e así abrir unha nova fiestra para achegar xente ao nacionalismo político.

ORGANÍZATE CON NÓS Máis mocidade por un país novo! [email protected]

Page 36: Alborada 2010