Alan Turing, día da ciencia en galego, IES A Basella

8
Alan Turing (Reino Unido, 1912-1954) Alan Turing é considerado unha das figuras clave no mundo da computación, a informática teórica e a criptografía. Entre as súas máis destacables aportacións científicas están: - a máquina de Turing, - as computadoras Colossus e Bombe para desencriptar código, - e o Test de Turing sobre intelixencia Día da Ciencia en Galego, ENDL IES A Basella

Transcript of Alan Turing, día da ciencia en galego, IES A Basella

Page 1: Alan Turing, día da ciencia en galego, IES A Basella

Alan Turing (Reino Unido, 1912-1954)

Alan Turing é considerado unha das figuras clave no mundo da computación, a informática teóricae a criptografía.

Entre as súas máis destacables aportacións científicas están: - a máquina de Turing, - as computadoras Colossus e Bombe para desencriptar código, - e o Test de Turing sobre intelixencia artificial.

Día da Ciencia en Galego, ENDL IES A Basella

Page 2: Alan Turing, día da ciencia en galego, IES A Basella

A Máquina de TuringA Máquina de Turing é capaz de implementar calquera problema matemático que se nos ocurra, coa única condición de que éste se poida expresar por medio dun algoritmo (o problema estruturado nun número de pasos determinados). O máis interesante da Máquina de Turing é que nos sinala a existencia dunha limitación no universo das matemáticas: a imposibilidade de saber, a priori, se un problema matemático vai poder ser resolto ou non.

Día da Ciencia en Galego, ENDL IES A Basella

Page 3: Alan Turing, día da ciencia en galego, IES A Basella

Criptoloxía

Na Segunda Guerra Mundial, Turing foi reclutado polo exército británico para descifrar os códigos emitidos pola máquina Enigma utilizada polos alemáns. Desenvolve a primeira computadora electrónica programable, chamada Colossus, para descifrar os códigos secretos nazis. Deseña tamén a Bombe, unha máquina electromecánica utilizada para eliminar as claves enigma que contiñan combinacións que supoñían unha contradicción, e era a ferramenta usada polos criptógrafos para ler as transmisións Enigma.

Día da Ciencia en Galego, ENDL IES A Basella

Page 4: Alan Turing, día da ciencia en galego, IES A Basella

Intelixencia artificial (test de Turing)Na obra “Máquinas de computación e intelixencia” que comeza coa famosa frase: poden pensar as máquinas?;

Turing trata o tema da intelixencia artificial e propón unha proba, o Test de Turing, para determinar se as máquinas poden ser intelixentes. No test, un xuíz situado nunha habitación, fai preguntas vía chat a un humano e a unha máquina situados noutra habitación. Se o xuíz non é quen de descubrir cal é o humano e cal a máquina o test estaría superado. Día da Ciencia en Galego, ENDL IES A Basella

Page 5: Alan Turing, día da ciencia en galego, IES A Basella

No 2014, o bot coversacional Eugene Goostman, facéndose pasar por un adolescente ucraniano de 13 anos, superou o test de Turing ao conseguir que un 33% do xurado crese que Goostman era humano.

Día da Ciencia en Galego, ENDL IES A Basella

Page 6: Alan Turing, día da ciencia en galego, IES A Basella

Unha das aplicacións máis extendidas do Test de Turing é no control do spam mediante o CAPTCHA (proba para diferenciar máquinas e humanos). Como o correo lixo é xeralmente enviado por un ordenador, o test utilízase para distinguir se é un humano ou unha máquina o que está a escribir. Paradóxicamente, neste caso o xuíz é un ordenador

Día da Ciencia en Galego, ENDL IES A Basella

Page 7: Alan Turing, día da ciencia en galego, IES A Basella

Morfoxénese

Turing tamén traballou en bioloxía matemática, concretamente en morfoxénese. O seu principal interese era comprender a filotaxe de Fibonacci, é dicir, a existencia dos números de Fibonacci nas estruturas vexetais. Utilizou ecuacións que hoxe son cruciais no campo da formación de patróns.

Día da Ciencia en Galego, ENDL IES A Basella

Page 8: Alan Turing, día da ciencia en galego, IES A Basella

Apuntes sobre a vida de Turing

Turing pasou a súa infancia en Reino Unido onde amosou dende idade moi temperá o seu enxeño, sendo un neno con gran interese polos números e os crebacabezas. Estudou no Kings’s College, Universidade de Cambridge, na que acabou sendo profesor, e recibiu ensinanzas do respetado matemático Godfrey Harold Hardy.A súa carreira viuse truncada ao ser acusado de homosexualidade (ilegal no Reino Unido naquela época), tras o xuízo déuselle a escoller entre ir ao cárcere ou un tratamento hormonal de castración química. Tras dous anos con este duro tratamento morre aos 42 anos ao suicidarse tras a inxestión dunha mazá con cianuro. Hai quen pensa que o logotipo de Apple representa a mazá mordida por Turing.

Día da Ciencia en Galego, ENDL IES A Basella