Ai vai o tren

8
Estación de Cornes Estación de Carril Viaduto do Sar O que caracteriza a construción dunha rede ferroviaria en Galicia é a súa tardanza con relación ao resto da rede de España, xa que a primeira liña de ferrocarril española creouse na Illa de Cuba o 19 de novembro de 1837, entre Habana e Güines, cunha lonxitude de 28 quilómetros, coa fin de transportar os produtos agrícolas desa rexión ata a Habana. Logo, na Península Ibérica, o tramo entre Barcelona e Mataró poñerase en marcha o 28 de outubro de 1848 e contribuirá a facilitar o crecemento desa zona do Maresme, zona que estará moi industrializada. A continuación virán as liñas Madrid-Aranxuez, en 1951, e Langreo-Xixón, en 1842. Nos anos seguintes haberá unha gran expansión do ferrocarril por diferentes lugares de España. Ese retraso do que se fala ao comezo pode ser debido, entre outras cousas, á dificultade no trazado ou á imposibilidade de financiación e, tamén, o que se lle podería chamar "localismo" dos grupos económicamente dominantes que se opuñan a todo trazado que non pasase por onde a eles lle conviña. Todo isto, xunto coas grandes compañías que buscaban o xeito de que os trazados tiveran menos dificultade e tivesen unha rentabilidade a corto prazo, fixo que os tempos se fosen prolongando. Pero ao fin chegou o momento esperado. Foi aquel 15 de setembro de 1873 cando se inauguraba o AÍ VEN O TREN Coñecido coma o "Ferro- carril Compostelano de la Infanta Isabel", percorre unha distancia de case 42 quilómetros, atravesando o Val da Maía, a comarca do Ullán e bordeando a Ría de Arousa. Cruza os ríos Sar e Ulla por medio de dúas pontes metálicas, a Ponte de Ferro, en Conxo, e a Ponte da Ínsua, entre Padrón e Cesures; pontes que foron construídas na fundición de H.J. Polter, en Manchester. Para realizar este proxecto de ferrocarril foi preciso abrir dous túneles, o da Fervenza, en Conxo, e o do Faramello. Era a finais do S XIX e as primeiras estacións de ferrocarril facíanse de madeira. Entre Cornes e Carril había seis estacións intermedias: Casal, Osebe, A Escravitude, Padrón, Cesures e Catoira. O día no que se inaugurou, os pobos de Carril e Santiago de Compostela saíron en masa cara as súas estacións. Este tren inaugural partía de Cornes e alí, na estación, reuníronse autoridades eclesiásticas, civís, militares, xudiciais e os máximos responsables deste ferrocarril que, a iso das once da mañá, asistiron á bendición das catro locomotoras que ían cubrir este servizo e que foran bautizadas cos nomes de Santiago, Carril, Pontevedra e Coruña, mentres soaban os compases das Bandas de Música de Artillería e a da cidade de Santiago, tocando a Marcha Real.

Transcript of Ai vai o tren

Page 1: Ai vai o tren

Estación de Cornes

Estación de Carril

Viaduto do Sar

O que caracteriza a

construción dunha rede

ferroviaria en Galicia é a súa

tardanza con relación ao resto

da rede de España, xa que a

primeira liña de ferrocarril

española creouse na Illa de

Cuba o 19 de novembro de

1837, entre Habana e Güines,

cunha lonxitude de 28

quilómetros, coa fin de

transportar os produtos

agrícolas desa rexión ata a

Habana. Logo, na Península

Ibérica, o tramo entre

Barcelona e Mataró poñerase

en marcha o 28 de outubro de

1848 e contribuirá a facilitar

o crecemento desa zona do

Maresme, zona que estará

moi industrializada. A

continuación virán as liñas

Madrid-Aranxuez, en 1951, e

Langreo-Xixón, en 1842.

Nos anos seguintes haberá

unha gran expansión do

ferrocarril por diferentes

lugares de España.

Ese retraso do que se fala ao

comezo pode ser debido,

entre outras cousas, á

dificultade no trazado ou á

imposibilidade de

financiación e, tamén, o que

se lle podería chamar

"localismo" dos grupos

económicamente dominantes

que se opuñan a todo trazado

que non pasase por onde a

eles lle conviña. Todo isto,

xunto coas grandes

compañías que buscaban o

xeito de que os trazados

tiveran menos dificultade e

tivesen unha rentabilidade a

corto prazo, fixo que os

tempos se fosen prolongando.

Pero ao fin chegou o

momento esperado. Foi aquel

15 de setembro de 1873

cando se inauguraba o

primeiro ferrocarril de

AÍ VEN O TREN

Coñecido coma o "Ferro-

carril Compostelano de la

Infanta Isabel", percorre unha

distancia de case 42

quilómetros, atravesando o

Val da Maía, a comarca do

Ullán e bordeando a Ría de

Arousa. Cruza os ríos Sar e

Ulla por medio de dúas

pontes metálicas, a Ponte de

Ferro, en Conxo, e a Ponte da

Ínsua, entre Padrón e Cesures;

pontes que foron construídas

na fundición de H.J. Polter,

en Manchester.

Para realizar este proxecto

de ferrocarril foi preciso abrir

dous túneles, o da Fervenza,

en Conxo, e o do Faramello.

Era a finais do S XIX e as

primeiras estacións de

ferrocarril facíanse de

madeira. Entre Cornes e

Carril había seis estacións

intermedias: Casal, Osebe, A

Escravitude, Padrón, Cesures

e Catoira.

O día no que se inaugurou,

os pobos de Carril e Santiago

de Compostela saíron en

masa cara as súas estacións.

Este tren inaugural partía de

Cornes e alí, na estación,

reuníronse autoridades

eclesiásticas, civís, militares,

xudiciais e os máximos

responsables deste ferrocarril

que, a iso das once da mañá,

asistiron á bendición das catro

locomotoras que ían cubrir

este servizo e que foran

bautizadas cos nomes de

Santiago, Carril,

Pontevedra e Coruña,

mentres soaban os compases

das Bandas de Música de

Artillería e a da cidade de

Santiago, tocando a Marcha

Real.

Page 2: Ai vai o tren

Rematado este acto, tivo lugar a colocación dos convidados nos coches dispostos segundo as

respectivas categorías daqueles.

Ao mesmo tempo, en Carril, soltábase un globo aerostático do que penduraban uns panos de seda

bordados para a ocasión e que, pouco a pouco, ían caendo sobre os asistentes.

Compoñíase este tren de dúas locomotoras, dez vagóns, dous garda-freos e dous furgóns, un deles

descuberto, onde ía a Banda de Artillería que tocou durante todo o traxecto diferentes pezas e himnos

nacionais.

Partiu o tren ás 12:04 h e chegou a Carril ás 14:20 h da tarde.

Todas as estacións do traxecto estaban vistosamente engalanadas, especialmente as dúas extremas e

as pontes sobre o Sar e o Ulla.

Chegados a Carril preparouse un xantar para 150 persoas nunha das cocheiras da estación, onde

disfrutaron dun almorzo que foi acompañado por brindes e discursos.

O regreso desde Carril tivo lugar ás 16:40 h e

a súa chegada a Cornes ás 6:22 h.

O servizo regular comezaría ao día seguinte

ao da inauguración con tres frecuencias

diarias nas dúas direccións e cos seguintes

horarios:

Cornes - Carril: 8 h - 14:30 h - 22:30 h

Carril - Cornes: 5:30 h - 11:30 h - 16:25 h

Os prezos da viaxe, entre estas estacións,

oscilaban segundo o tipo de vagón:

1ª clase: 20,16 reais

2ª clase: 15,12 reais

3ª clase: 9,07 reais

( 1 real é unha antiga moeda equivalente a una

cuarta parte dunha peseta)

A construción deste ferrocarril, que en 1886 levaría o nome de

"The West Railway Company Limited", pero máis coñecido

por "The West" ("Te-Bes"), tiña coma principal obxectivo facer

máis cómodo e barato o transporte de mercadorías entre Santiago de

Compostela e Carril e viceversa. Moitos pensaban que, ao ter

conexión directa entre estas dúas cidades, poñería en perigo o

desenvolvemento no tráfico de mercadorías no porto de Cesures,

pero foi todo o contrario. Este porto medraría en importancia e, a

través do mesmo, seguirían mandándose e recibindo todo tipo de

mercadorías. Todo isto, unido á existencia dunha estación de

ferrocarril, aumentaría moito máis a súa importancia como porto

fluvial.

Page 3: Ai vai o tren

Viaduto da Chanca

Viaduto da liña Redondela - Ourense

Viaduto da liña Pontevedra - Redondela

Coincidindo coas festas do San

Froilán, o 5 de outubro de 1875

inaugúrase o tramo A

Coruña-Lugo coa presenza da

Raíña Isabel II.

Foi a "Compañía de los

Ferrocarriles de Asturias,

Galicia y León", e que

posteriormente sería absorbida

pola "Compañía de los

Caminos de Hierro del Norte

de España", a encargada das

obras, cun trazado de 115

quilómetros de lonxitude.

A obra máis destacada deste

tramo é o viaduto da Chanca,

construído en granito e pizarra

e cunha lonxitude de 298 m.,

baixo a dirección do enxeñeiro

Ángel G. del Hoyo e que cruza

por enriba do barrio da Chanca

e atravesa o río Rato.

En 1877, o rei Alfonso XII,

acompañado pola raíña Mª

Cristina, inaugura a liña

Redondela -Vigo. Pero será o

27 de marzo de 1878 cando a

liña chegue a Guillarei e o, 18

de xuño, completarase ata

Caldelas de Tui e Salvaterra-

As Neves.

En 1880 chega a primeira

locomotora a Ourense, co

que entra en funcionamento o

tramo Ourense-Vigo de 131,6

quilómetros bordeando o río

Miño ata pouco antes de

Guillarei. Atravesa trece

túneles, o maior dos cales é o

chamado de Freita, entre as

estacións de Filgueira e Frieira.

En Guillarei hai un pequeno

ramal que chega a Tui e logo a

Portugal , inaugurado en1886.

Entre Vigo e Guillarei hai 34

quilómetros e cara Redondela

temos o túnel dos Valos, o

maior desta liña e, tras pasar o

túnel coñecido como da

Portela, a liña bordea a Ría de

Vigo, onde está o final desta

liña ferroviaria.

O 18 de xuño de 1881, unha vez concluído Arbo-

Ourense, queda inaugurada a liña completa desde

Vigo, pasando por Porriño. Construíuse un viaduto

en Redondela, coñecido posteriormente coma

"Viaducto de Madrid", obra do enxeñeiro

Boquerín, e polo que pasou a primeira locomotora

o 30 de xuño de 1876. Este tramo lévao acabo a

Compañía MZVO.

Page 4: Ai vai o tren

NA CHEGADA A OURENSE DA PRIMEIRA LOCOMOTORA (1881)

I

Velaí ven, velaí ven avantando

comaros e corgas, e vales, e cerros.

¡Vinde vela, mociños e mozas!

¡Saludaina, rapaces e vellos!

Por onde ela pasa

fecunda os terreos,

espértanse os homes,

frolecen os eidos.

Velaí ven, velaí ven tan oupada,

tan milagrosiña, con paso tan meigo,

que parece unha Nosa Señora,

unha Nosa Señora de ferro.

Tras dela non veñen

abades nin cregos;

mais vén a fartura

¡i a luz i o progreso!

II

Catedral, demagogo de pedra,

dun pobo fanático erguida no medio,

repinica esas chocas campanas

en sinal de alegría e contento.

Asocia esas voces

ó son dos pandeiros,

¡ás santas surrisas

de terras e ceos!

E ti, río dos grandes destinos,

que os himnos ensaias dos trunfos

ibéricos,

requeimáda-las fauces de sede

vén o monstro a beber no teu seo.

Bon samaritano,

dálle auga ó sedento;

que a máquena é o Cristo

dos tempos modernos

Faise eco deste acontecemento o poeta Manuel Curros Enríquez no poema titulado:

Tamén outros autores galegos utilizaron o tren coma eixe condutor das súas obras; sen ir moi lonxe,

poderiamos citar ao rianxeiro Rafael Dieste coa obra titulada “O vello que quería velo tren” Un vello que vivía

coa súa filla mailo marido e co seu neto. Empezou a dicirlles que quería ver o tren antes de ir para o outro

mundo, pero ninguén lle facía caso. Un día o curo enterouse do que pasaba e colleu ao vello e mailo neto e

levounos a ver o tren.

Desde ese momento a compañía explotadora do ferrocarril chamouse "Ferrocarriles de Medina a Zamora y de

Orense a Vigo". Será o 16 de maio de 1884 cando, a locomotora denominada Pontevedra nº2, circule por

primeira vez no tramo entre Pontevedra e Redondela, de 19 quilómetros de lonxitude, que uniría a capital da

Page 5: Ai vai o tren

provincia tanto con Vigo como con Ourense. Pero

haberá que esperar ata o 30 de xuño cando se

inaugure oficialmente.

Estación de Vigo

Viaduto da Barca Lérez

Destacan neste tramo as construcións

do túnel de Figueirido, a ponte

metálica sobre a desembocadura do río

Verdugo, entre Pontesampaio e

Arcade e o viaduto de Redondela,

coñecido coma viaduto Pontevedra,

obras do enxeñeiro Cardedera Ponzán e

realizados pola "Compañía Maquinista

terrestre y Marítima de Barcelona".

En 1884 entra en funcionamento o

tramo Ourense - Os Peares. É neste

último lugar no que se constrúe unha

ponte metálica, xusto onde o Sil se

xunta co Miño.

En 1885 entra en servizo o tramo

Ourense - Monforte e Monforte - Os

Peares, o que facilita a conexión entre

Vigo e Madrid.

Intentáronse axilizar a obras deste

último tramo de Monforte, xa que ao

unirse a liña na localidade leonesa de

Toral de los Vados facilitará unha

rápida comunicación de Galicia con

Madrid. Ese interese por avanzar as

obras é debido ao crecemento

demográfico desta última cidade que

esixía un maior abastecemento de

alimentos, principalmente carne de

vacún, procedente de Galicia.

Nos seguintes anos vai expandíndose

a liña ferroviaria. Os 33 quilómetros

que separan Carril da cidade de

Pontevedra inaugúranse o 24 de xullo

de 1899. A locomotora encargada desta

viaxe inaugural levaba o nome de

“Caldas de Reyes”, podía circular a

unha velocidade de 30 quilómetros por

hora e ía manexada polo coñecido

maquinista Sr. Porto.

De Carril a Pontevedra instaláronse

tres estacións, xa construídas de

ladrillo e cemento: Rubiáns, Portas e

Portela

Levantáronse para este tramo dúas

pontes metálicas sobre os ríos Umia,

no lugar de Paraíso, en Portas, e o río

Lérez, en Pontevedra. Así mesmo foi

preciso abrir o túnel de San Amaro na

Portela, Barro.

Viaduto Os peares

Page 6: Ai vai o tren
Page 7: Ai vai o tren

Despois de todas estas obras, xa é posible viaxar desde Catoira ata Madrid ou Barcelona a través de

Redondela, dentro da liña Pontevedra-Vigo.

Pero terían que pasar 142 anos para que vexamos de novo como por Catoira pasa un novo tren;

chega o tempo da Alta Velocidade e das grandes obras de enxeñería. Temos moi preto de nós o novo

viaduto sobre o río Ulla, aquí en Catoira, considerado coma a ponte metálica máis longa de Europa,

con 1620 metros de lonxitude que servirá para a circulación dos novos trens que unirán as cidades de

Vigo e A Coruña, acortando de forma considerable a duración da viaxe.

A primeira viaxe de supervisión,

que non inaugural, entre A Coruña

e Vigo, levouse a cabo o pasado 30

de marzo. Acompañaban á Ministra

de Fomento, Ana Pastor, o

presidente da Xunta de Galicia,

Alberto Núñez Feijoo que, xunto

cun gran número de autoridades,

percorreron os 155 quilómetros dos

que consta esta nova liña

ferroviaria. Saíu este tren desde A

Coruña ás 17:33h e chegou a

Santiago ás17:55h. Alí subiu ao

tren o alcalde desta cidade, Agustín

Hernández.

Cara ás 18:15h o tren atravesaba o

viaduto sobre o Ulla, en Catoira, e

despois de 57 min. facía a súa

chegada a Pontevedra. Arredor das

18:53h, o AVE rematou esta

primeira viaxe na nova e moderna

estación de Urzaiz, en Vigo.

Pero sería o sábado, día 18, cando

comezara a funcionar de forma

regular este novo tren.

Desta maneira, repasando un pouco a historia do ferrocarril

en España e Galicia, quixeramos que se entenda que,

naquela época, o paso do tren por unha localidade traía

consigo unha mellora notable nas comunicacións e unha

apertura cara novos mercados; significaba riqueza e

progreso das cidades e pobos que tiñan a sorte de posuír

unha estación do tren, porque arredor da estación creábase

vida social no ir e vir de pasaxeiros e mercadorías.

Page 8: Ai vai o tren

Moitos lugares naceron ou medraron no entorno da estación do tren. Sen ir

máis lonxe, o exemplo témolo aquí en Catoira, onde a estación de

ferrocarril deu lugar a que ao seu carón de desenvolvese a principal fonte

de economía deste pobo, co asentamento de importantes industrias;

dalgunha maneira chegaba O Progreso. Moitas destas industrias deixaron

de ter actividade, pero hai anos eran o eixe principal do desenvolvemento

económico e social desta localidade.