Agradecemento da audiencia a Crónica3.com

22
Peña Barcelonista Eu, coñecín Crónica3.com grazas ó meu bo amigo Beni Mántaras, de Onda Cero A Mariña. Foi durante unha charla ou entrevista que me fixo como presidente da Peña Barcelonista San Miguel, xa que cada vez que me chama Beni, falamos de todo menos do que tocaba ese día. Dende aquel día, que xa non lembro, pero fai uns anos, consulto Crónica3 case que todolos días, xa sexa pola mañá cedo ou ben pola noite. Xunto coa páxina web do diario Sport, son as miñas visitas obrigadas. O que destaco de Crónica3, son varios aspectos. A sua imparcialidade e o seu tratamemento das novas. Aquí infórmase, non se trata de impor un pensamento. Cada un lee e logo saca as suas conclusións. En segundo lugar, gústame que tratan todalas novas da Mariña, dende a máis importante, ata a de menor repercusión, que sempre hai a quen lle interese. Outra das suas virtudes é que se actualiza durante a xornada, e novas que se acaban de producir, ó pouco tempo xa están na web para que todos poidamos estar informados. E finalmente agradecer, que sempre publican as novas das asociacións que represento ou nas que colaboro, dando a coñecer ó resto do mundo o noso humilde traballo. Moitas grazas. Un saudo, noraboa polos 5 anos e a seguir así. Grazas. Peña Barcelonista

description

Agradecementos da audiencia a Crónica3.com

Transcript of Agradecemento da audiencia a Crónica3.com

Page 1: Agradecemento da audiencia a Crónica3.com

 

 

Peña Barcelonista Eu, coñecín Crónica3.com grazas ó meu bo amigo Beni Mántaras, de Onda Cero A Mariña. Foi durante unha charla ou entrevista que me fixo como presidente da Peña Barcelonista San Miguel, xa que cada vez que me chama Beni, falamos de todo menos do que tocaba ese día.  Dende aquel día, que xa non lembro, pero fai uns anos, consulto Crónica3 case que todo‐los días, xa sexa pola mañá cedo ou ben pola noite. Xunto coa páxina web do diario Sport, son as miñas visitas obrigadas.  O  que  destaco  de  Crónica3,  son  varios  aspectos. A  sua  imparcialidade  e  o  seu  tratamemento  das novas.  Aquí  infórmase,  non  se  trata  de  impor  un  pensamento.  Cada  un  lee  e  logo  saca  as  suas conclusións.  En segundo  lugar, gústame que tratan toda‐las novas da Mariña, dende a máis  importante, ata a de menor  repercusión, que sempre hai a quen  lle  interese. Outra das  suas virtudes é que  se actualiza durante a xornada, e novas que  se acaban de producir, ó pouco  tempo xa están na web para que todos poidamos estar informados.  E  finalmente agradecer, que  sempre publican as novas das asociacións que  represento ou nas que colaboro, dando a coñecer ó resto do mundo o noso humilde traballo.  Moitas grazas.  Un saudo, noraboa polos 5 anos e a seguir así.  Grazas.  Peña Barcelonista 

Page 2: Agradecemento da audiencia a Crónica3.com

 

 

 

Quen son os responsábeis de Crónica 3? Esta é a pregunta que se fan moitos/as dos/as moitisimos/as asiduos/as leitores/as deste xornal dixital. Eu non vou dicir aquí os seus nomes, mais si direi quen son. SON DOUS INDIGNADOS. 

Mais non son dous indignados de agora, xa eran así hai máis dun cuarto de século. Estaban indignados polo trato recibido pola nosa  lingua, polo esquecemento da nosa comarca, pola  información de fóra, polo noso medio natural, polo urbanismo, por Galiza en xeral. 

Esa indignación de hai xa 25 anos amosárona como se facía daquela. Organizaron colectivos culturais, editaron  revistas, participaron en grupos de  teatro, crearon premios  literarios, correron o entroido, fixeron festas populares… e agora desde Crónica 3 dannos a oportunidade de indignarnos a todos/as. Cando  digo  todos/as  é  TODOS/AS,  pois  en  Crónica  3  publican  todo  o  que  reciben.  Só  hai  unha condición, que o idioma utilizado sexa o galego, pois senón estes dous, indígnanse aínda máis e agora xa casi són YAYOFLAUTAS. 

Moitas grazas pola vosa indignación. 

Xosé M. González López   

Page 3: Agradecemento da audiencia a Crónica3.com

 

 

Os Aventados Crónica de las 3 Mariñas 

 Ciudad horizontal. Vieja Provincia con sede en Mondoñedo. Refugio Episcopal de Maelok. Britonia de viento y mar, antes rica en pan, aguas y latín. Hoy, cada Carballo, Castiñeiro y Abedul, arrancado para ser papel eucaliptal.  Crónica de playas. De mica y caolín, si caminamos hacia la puesta del sol. Pequeñas como Bridreiro. Grandes arenales bajo  la protección de San Miguel, San Cosme y San Pedro, por Barreiros. Urbanas en las Islas San Cyprianus. Salvajes, como las pinta Guerreiro, a su paso por Esteiro. Abiertas en Foz, protegidas en Portocelo.  Crónica de puertos. Naturales como Nois. Industriales que saben de Bauxita desde Guinea para Alcoa. Historia en Rinlo, que a la mar ponen, desde su cofradía, por testigo. Modernos en Celeiro pescador, hasta el  Índico.  Solitarios, en Vicedo. Deportivos, mirando  al  Eo. Pesquero en Burela. Ciclópeo en Bares.  Crónica de pueblos. Oculto en el Pazo de Rúa. Brillante con la lluvia, desde el mirador de Cunqueiro. Piedra, madera  y  cristal  en  Viveiro.  Ladrillo  que  da  sombras  en  La  Rapadoira.  Románico  de  San Martiño.  Souto  que  celebra  aquelarre,  en  Cervo.  Futuro  y  pasado,  entre  factorías  de  aluminio  y ballenas, cerca del cabo Moras.  

Esta es, nuestra tierra, y así puede comenzar cualquier crónica de un día, dónde el nordeste trae olor a las algas de la bajamar.   Pablo A. Mosquera “Bígaro” 

Page 4: Agradecemento da audiencia a Crónica3.com

 

 

Grupo Parlamentario Popular Cronica3.com  forma  parte  do  meu  día  a  día  dende  o  primeiro  momento  que  soupen  da  súa existencia,  pero máxime  agora  que,  por  cuestións  do meu  traballo,  estar  informada  xa  é  unha necesidade. 

A maneira de estar en contacto co que pasa na Mariña de Lugo, dende calquera punto da xeografía, para min pasa por entrar todos os días a tarde na páxina Cronica3.com. Dame unha visión do que foi o día pola miña  comarca,  coa particularidade de que me da a  coñecer a  realidade do que a nova pretende transcribir sen interpretacións do periodista que trata a noticia e vendo ao detalle o que os grupos da oposición, os colectivos e mesmo os meus compañeiros de partido queren facer chegar a sociedade. 

A  publicación  de  todas  e  cada  unha  das  notas  de  prensa  de xeito íntegro, así  como  os  distintos artigos de opinión publicados, dannos ao lector unha visión íntegra e transparente, sen cortapisas nin censuras, de  forma áxil e próxima da  realidade  social, política, económica e  cultura da Mariña de Lugo. 

Parece mentira, pero xa van aló 5 anos de  información. Aproveito para augurarlle a este proxecto moitos lustros máis de información veraz sobre as terras da Mariña. 

Emma Alvarez Chao 

Deputada  

 

Page 5: Agradecemento da audiencia a Crónica3.com

 

 

Liga Céltiga Galaica  A Liga Céltiga Galaica leva ben tempo implantada na bisbarra do Valadouro, mais dende hai cinco anos conta cunha axudante que colabora arreo en espallar as actividades culturais que artellamos de xeito cotián. Dende aquela, esta axudante non faltou a ningún roteiro polas terras dos Penidos, aló en San Tomé, onde o ouveo do lobo aínda arreguiza o lombo dos xatos e os deuses doutrora escoitan a ladaíña das chocas  do  gado  no  santuario  das  Parañoas.  Tamén  estivo  connosco  esta  colaboradora  cando comezamos a celebrar a Xornada da Resistencia Galaica na honra dos mártires da Frouseira de 1483, e foi a primeira que amosou ao mundo, si ao mundo! O Castrodouro inzado de bandeiras de desagravio e himnos solemnes... Cando rematamos as longas xornadas de andareta e nos xuntamos no Bar San Pedro –outro axudante que está de aniversario, un cuarto de século!‐ para acougar e mollar a palabra... Alí está a nosa amiga, amosando as fotos da xuntanza e deixando testemuño do día. Se tivese que salientar as virtudes desta compañeira nomearía a fidelidade, a vocación de servizo, a accesibilidade... Mais sendo  importantes estas  actitudes,  aínda  hai  un  valor  engadido  que  a  ten  convertido  nunha  amiga  sobranceira  e comprometida, pensa en galego, é dicir, pensa coma nós, como os que a tratamos e a queremos e nos diriximos a ela para saber que acontece na nosa contorna. Chámase  Crónica3.com  e  anda  connosco  decote.  Parabéns!  No  próximo  roteiro  ti  convocas  aos compañeiros, coma sempre.  Lionel Rexes   Responsábel da Liga Céltiga Galaica na bisbarra do Valadouro  

Page 6: Agradecemento da audiencia a Crónica3.com

 

 

 

Asociación Cultural Os Matos   

CRONICA 3.COM: UNHA XANELA ABERTA Despois de cinco anos de información sobre o acontecer social, cultural, económico, deportivo, ... de A Mariña, é bo recoñecer o labor desenvolvido por Crónica3.com.  

Un  lustro de  información mariñá que nos achegou puntualmente á nosa  realidade máis  inmediata. Dicimos  "puntualmente" porque esa é unha das  calidades de Crónica3.com, a  rapidez na noticia, a diferenza doutros medios  informativos,  como a prensa escrita, pola que  se agarda varias horas ata chegar aos nosos fogares ou aos distintos puntos de venda. 

Crónica3.com  é  algo  así  como  unha  xanela  aberta  para  acoller  calquera  tipo  de  información  co obxectivo  de manter  en permanente  actualidade  a  realidade do norte da  provincia  de  Lugo,  unha comarca ‐A Mariña‐ chea de vida, de prosperidade, de futuro. 

E  para  que  unha  sociedade  avance  é  necesario  contar  con medios  informativos  preocupados  polo acontecer diario das nosas parroquias, vilas e cidades, facilitando que os seus cidadáns se identifiquen non só co seu propio entorno, senón con toda a comarca. E Crónica3.com así o fai. 

A Asociación Cultural "Os Matos" súmase ao merecido acto de recoñecemento do  importante  labor que leva adiante Crónica3.com, e agarda que poidamos seguir contando con este tipo de información moitos anos máis.  

Parabéns! 

Antón Niñe Fernández 

 

Page 7: Agradecemento da audiencia a Crónica3.com

 

 

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA ‐ IES MONTE CASTELO 

Día a día, ano tras ano ‐e xa van aló cinco‐ Cronica3.com fai eco dos acontecementos de actualidade que os seus seus axentes nos ofrecen á audiencia. Mais ese eco é especialmente chamativo, porque se fai desde unha perspectiva nova, diferente e orixinal. 

A protagonista sempre é A Mariña: os seus habitantes, as súas vilas, os seus camiños... é toda a nosa comarca aberta ao mundo. 

O  paso  do  tempo  non  fai máis  que  ensinarnos  a  reparar  nas  cualidades  dos  que,  padecendo  as miserias  deste  último  lustro,  saben  acender  unha  luz  que  faga máis  nítidas  as  beiras  polas  que camiñamos. Estas palabras non pretenden ser máis que unhas das moitas modestas homenaxes que lle tributamos aos editores do Cronica3.com, ese xornal dixital que se mostra comprometido para que a nosa cultura, a nosa terra e a nosa lingua reverdezan todos os días... como se sempre fose abril. 

 María do Carme Cociña  

Page 8: Agradecemento da audiencia a Crónica3.com

 

 

GRUPO MUNICIPAL DE UNIFOZ Jaime Cancio Rodríguez, en representación do Grupo Municipal de UNIFOZ na Corporación Municipal de  Foz,  quere  felicitar  a  CRONICA3AMARIÑA,  polo  seu  bo  traballo  que  están  a  facer  dende  o  seu nacemento. 

Ao longo desta andadura UNIFOZ , sempre encontrou en Cronica3 AMariña un medio polo que facer pública a súa información, e o que é máis importante ,información obxectiva, sen opinións editoriais , sen censura, e sempre co espazo necesario para o seu tratamento. 

Moitísimas grazas e o desexo de que o futuro nos permita seguir compartindo e gozar de esta ventá de información clara e transparente. 

Jaime Cancio Rodríguez  

Page 9: Agradecemento da audiencia a Crónica3.com

 

Emisoras Municipais Galegas  Os medios  de  comunicación  de  proximidade  como  "Crónica  3"  permiten  á  cidadanía  recuperar  a lucidez  e  incluso  intentar  rescatar o  afecto,  tal  e  como nos propón  José  Saramago no  seu  "Ensaio sobre  a  cegueira".  A  cercanía  cos  destinatarios  certifica  do  interese  dos  temas  abordados,  das opinións  recollidas,  da  pluralidade  que  se  reflexa. Dende  as  Emisoras Municipais Galegas  e  dende Vitaminas para o galego, saudamos o cumpreanos de "Crónica3" e desexamoslle moita vizosidade no futuro. 

 Henrique Sanfiz  

Page 10: Agradecemento da audiencia a Crónica3.com

 

Maxia A maxia é unha arte que se basea en  interactuar co público, e moitas das veces con obxectos cotiás, para facer algo extraordinario con eles, ao igual que o fai “Crónica 3” ao facer visible día a día toda a información máis  cercana  a  todas  e  todos  nós,  creando  unha  interacción máxica  entre  o  inicio  da noticia ata a lectura da mesma, inventando un mundo de cooperación moi pouco habitual nos tempos que corren. 

Para xente coma nós, é unha  forma de publicitarnos, de  ser vistos e escoitados, de vermos o noso traballo exposto para o público máis cercano que non é sempre o que mellor nos coñece. Por  isto e por ser plataforma para a información real e sen manipulación, ao momento e como non, cercana, o máis importante é saber o que pasa entre nós e “Crónica 3” é ese espazo que nunca se perde de vista para non deixar pasar por alto nada do que nos  importa, o que  sucede ou pode pasar arredor das nosas vidas e coa peculiaridade de que sempre é sen discriminación. 

 

Mago Pi & Mago Senín  

Page 11: Agradecemento da audiencia a Crónica3.com

 

 

 

Consello da Cultura Galega Amigas e amigos: 

A  miña  solidariedade  e  o  meu  apoio  para  a  iniciativa  do  IES  PERDOURO  de  BURELA  sobre XORNALISMO  DE  PROXIMIDADE,  referencia  primeira  e  inexcusable  no  exercicio  profesional  do xornalismo. Podemos e debemos ser universais desde o local. Tamén no xornalismo. 

Unha fonda aperta e o meu aplauso. 

  

Xosé María García Palmeiro 

Natural de San Miguel de Reinante (Barreiros) 

Xornalista 

Director de Comunicación Consello da Cultura Galega 

Santiago de Compostela   

Page 12: Agradecemento da audiencia a Crónica3.com

 

 

Grupo Municipal do BNG ‐ BURELA  

Dende hai uns anos, na Mariña, temos o privilexio dunha canle de comunicación que nos permite seguir a actualidade da nosa comarca case minuto a minuto coa frescura do inmediato e a pluralidade da información que emana dos distintos colectivos que vivimos o día a día das nosas vilas.  

Estou falando de Crónica3, un espazo de información e opinión que é un fiel reflexo do que pasa na bisbarra mariñá.  

Xa non fai falla agardar á mañanciña para ler as noticias nos xornais porque en Crónica3 "adiántanse" á actualidade e xa a noite anterior podemos saber o que será noticia ao día seguinte na prensa escrita da Mariña. A política, o deporte, a cultura, as iniciativas sociais... todos temos cabida no foro de expresión que supón Crónica3. Todas as novas e opinións que emanan da vida cotiá da nosa comarca aparecen en Crónica3, sen cortes, sen censuras, tal e como os distintos colectivos e asociacións as sentimos e as vivimos. E isto, nos tempos que corren, xa non é pouco... é moito e moi importante. 

Grazas Crónica3 por existir e por estar aí. Grazas Crónica3 pola información e opinión que, día a día, nos proxecta ao resto do mundo. 

E, utilizando o dito de Álvaro Cunqueiro, mil primaveras máis para Crónica3 da Mariña. 

Neves Cando López 

Portavoz Municipal BNG Burela   

Page 13: Agradecemento da audiencia a Crónica3.com

 

 

Grupo Municipal do PSdeG‐PSOE. BURELA   CRÓNICA3.COM é un soporte para favorecer  a democracia política, social e cultural. A transparencia e rigor profesional avalan un proxecto que é modelo para os medios informativos.  Confianza é a sensación que sentimos cando abrimos a súa paxina.   Alfredo Llano ‐ Secretario Xeral 

Page 14: Agradecemento da audiencia a Crónica3.com

 

DENOMINACIÓN DE ORIXE: CRÓNICA3‐A Mariña.  Nestes  tempos  incertos,  moito  é  de  agradecer  que  aínda  existan  e  resistan  as  personas emprendedoras  capaces  de  sacrificar  moitas  horas  das  súas  vidas  á  crianza,  conservación  e divulgación de proxectos  impulsores do sentir colectivo e da  identidade dunha comarca. Se por riba, ao longo de cinco anos, demostraron sobradamente a súa capacidade para servir fresco e a domicilio o exquisito  licor virtual Crónica3‐ A Mariña, elaborado  sen adultera‐‐  ‐la  frescura arrecendente das distintas cepas de orixe espalladas polos distintos concellos, ninguén dubida que estamos a falar dun caso único e singular, merecente da máis sentida das homenaxes. Para todos aqueles que sentimos querência pola nosa terra e compartimos a necesidade de colaborar humildemente na defensa da súa idiosincrasia , Crónica3–A Mariña representa unha denominación de orixe, um exemplo de xanela aberta ó mundo pola que se amosa, sen tapuxos, o valor do noso en condicións de igualdade obxectiva e tolerante con tódolos demais. Convencido de que Crónica3 A Mariña difrutará dunha  longa e  fructifera  vida desexo  transmitir ós seus promotores e coidadores os meus sinceiros parabéns.  Francisco Piñeiro González  

Page 15: Agradecemento da audiencia a Crónica3.com

 

Aínda que non coñezo en persoa á xente que  leva adiante Crónica3, considero que o seu  labor é de vital importancia para dar a coñecer o día a día dos concellos da Mariña.  

 A  comunicación  local  ten  unha  importancia  trascendente  para  todos  e  todas.  É  necesaria  para  o desenvolvemento  tanto  social,  económico  e  humano  das  diferentes  áreas  onde  traballa.  O coñecemento,  neste  caso  o  coñecemento  da  actualidade,  crea  dinámicas  que  poñen  en marcha  a todos os sectores da sociedade tendo como resultado a fluidez e a solución de temas que se quedasen en silencio, non atoparían esa solución ou faríano tarde.  

 É por  iso que Crónica3 é unha marabillosa  ferramenta para poñer en valor o día a día dun  lugar e dunhas persoas que tamén están no mundo como as que aparecen nos grandes titulares.  

 Felicidades 

Moncho Mariño – xornalista de Xove 

Page 16: Agradecemento da audiencia a Crónica3.com

 

 

 

“A  información  fainos  libres”.  E  de  senllos  conceptos  andamos  raquíticos  neste  convulso  inicio  de século.  A  información,  os medios,  estanse  a  converter  en meros  recadeiros  do  poder,  sexa  este político ou/e económico. Por ilo, medios cercanos, independentes coma Cronica 3 son imprescindibles para  contrastar  os  sucesos  dunha  actualidade  que  chega moitas  veces  distorsionada  case  sempre conscientemente. 

Esa  información  de  proximidade  que  nos  pon  en  contacto  coa  nosa  realidade máis  certeira,  esa información  desprezada  polos  grandes  grupos mediáticos  que  apostan  toda  a  súa  tinta,  bites  ou watios á megaglobalización, esa é a información que fai país, que democratiza o coñecemento e polo tanto nos dá máis oportunidade a todos. 

Parabéns polo traballo, moitas veces ingrato, e a seguir outros cinco anos máis (polo menos). 

Félix Jorquera. Dtor de Radio Burela e Terra Chá.Xa 

Page 17: Agradecemento da audiencia a Crónica3.com

 

 

A.C.D. O Varal Dende  fai  tempo  sigo  diariamente  Crónica3.com.  Souben  da  súa  existencia  por  comentarios  e quixen saber de que  iba o tema. Hoxe é o meu referente puntual no diario acontecer da Mariña e non paso sin votarlle una ollada tódolos días. 

En nome do colectivo que me honro  reperesentar,  teño que  felicitalos polo seu saber  facer, pola rapidez, axilidade e  transparencia  con que  tratan  tódolos  temas e particularmente pola  atención que nos prestan cada vez que  lles enviamos un comentario. Como asociación cultural deportiva, o noso  primeiro  obxetivo  é  a  recuperación  do  xogo  tradicional  da  Billarda  e  contamos  con Crónica3.com  como  aliado  e  inmellorable  escaparate  para  dar  a  coñecer  as  nosas  actividades. Graciñas en nome de “O Varal”      

Daniel Rodríguez Saavedra 

Page 18: Agradecemento da audiencia a Crónica3.com

 

 

Vicepresidencia da Deputación de Lugo A lingua é un ben que temos no noso país, se cadra o noso maior ben e o elemento máis definitorio que  posuímos  como  galegos  e  galegas.  Falalo,  lelo,  escribilo  é  o  que  nos  afirma  cada  día  como membros dun pobo e tamén é o que realmente fai que este idioma estea vivo hoxe en día.  

Mais nunha sociedade coma na que vivimos, os medios de comunicación xogan un papel fundamental á hora de normalizar o uso dun idioma en todos os ámbitos da nosa vida e, consecuentemente, tamén o do galego. 

Por iso, é para nós realmente significativo que se cumpra, e que con este premio se vexa recoñecido, o nacemento e o traballo ao  longo dun  lustro dun medio de comunicación en galego que é xa unha referencia na comarca da Mariña: Crónica3.com. Por iso, desde a Vicepresidencia 1ª da Deputación de Lugo queremos estender as nosas felicitacións a todas as persoas que fixeron posíbel esta iniciativa e sacaron adiante un medio de comunicación de grande utilidade para a nosa xente, desde unha dobre perspectiva  da  información  de  actualidade,  rápida  e  próxima  e  tamén  polo  que  significa  de  estar pensado, creado e xestionado en galego. 

Antonio Veiga Outeiro 

Page 19: Agradecemento da audiencia a Crónica3.com

O Bordelo   

     

 

“Entre nós” (Micropeza teatral creada en homenaxe a Cronica3‐ A Mariña en sinal de agradecemento polo apoio a toda iniciativa cultural e ,en particular, ó apoio prestado ao teatro afeccionado feito na comarca ) 

ESCENA I (Ano I)     

 O Mariñán.‐ Disque naceu un xornal virtual especialmente centrado na información da Mariña. D. Comenencias.‐ Bah, bah! Trangalladas ; Arroutadas dunha semana 

ESCENA II (Ano II) 

O Mariñán.‐ Cada vez hai máis xente que se informa grazas a Crónica3. D. Comenencias.‐ Ignorantes! Como poderán crer nun xornal que non se apalpa nin se ve! 

ESCENA III Teatro “ O Bordelo” Cervo. (Ano III) 

O Mariñán.‐ Crónica3‐A Mariña leva camiño de ser o xornal preferido polos cidadáns da Mariña D. Comenencias.‐ E ti non saberás quen estará detrás? O Mariñán.‐ E a quen vén agora ese interese? Non quererá vostede pararlle‐los pés! D. Comenencia.‐ Hai que ver o mal pensados que sodes os cidadadáns de a pé! 

ESCENA IV (Ano IV) 

D. Comenencias.‐ Mariñán, ti non poderías mediar para que os de Crónica3 me viñeran entrevistar? O Mariñán.‐ Mire, señor, rematou a época das distincións; ninguén anda polas portas. Hai que aportar. 

ESCENA V (Ano V) 

O Mariñán.‐ Por fin , vanlle facer un acto de agradecemento a Crónica‐3 A Mariña. Ben merecido o teñen. D. Comenencia.‐ Eu díxeno sempre. Moito se lles debe. O Mariñán.‐ (Abraiado) Abofé que si! (Nun aparte) Canto cambiou o país! D. Comenencias.‐ Non faltarei. Verémonos alí. 

EPÍLOGO 

O Mariñán.‐ Paseniño, paseniño. Se aplauden xuntos os éxitos dos veciños os devotos e os do “ arrime” talvez algún día coincidan no mesmo camiño. Paseniño, pasniño. Sen esforzo e traballo ningún pobo se redime. 

Page 20: Agradecemento da audiencia a Crónica3.com

 

 

Faro Norte Comunicación  Felicidades a Crónica 3  Cinco  anos  cumpre  Crónica  3.com  e  desde  Faro  Norte  Comunicación  queremos  felicitar  aos  seus editores polo  traballo desenvolvido ao  longo deste  tempo, pola  súa dedicación e pola  súa entrega. Crónica 3 é xa un referente dixital na información comarcal da Mariña. Cada vez son máis as persoas que recurren a este diario dixital para  informarse do que acontece na súa vila, na súa comarca, para saber o  que  fan os  seus  equipos, os  seus  deportistas,  a  súa  xente…  en definitiva para  coñecer  de primeira man o que ocorre aquí e agora.   Os tempos non son fáciles para ningún medio de comunicación neste momento, de aí que ainda sexa máis salientable o traballo de Crónica 3.com. Crónica 3 é unha aposta pola  información  local e comarcal, é unha aposta polo noso  idioma e pola nosa  cultura.  Noraboa  aos  seus  creadores  e  editores  aos  que  desde  Faro  Norte  Comunicación animamos a seguir cara adiante durante moitos anos máis.   

Carmen Cruzado  

 

Page 21: Agradecemento da audiencia a Crónica3.com

ies

pe

rdo

uro

 

 

 

 

 

Vicedireción do IES Perdouro  Nos tempos de hoxe, cando as fontes de información están a facer parte das nosas vidas cotiás, Crónicas3.com é un dos meus  referentes  en  comunicación.  Despois  de  5  anos  na  rede,  consulto  este  xornal  dixital  a  diario,  ao  acender  o ordenador nada máis erguerme e polo móbil durante o día. Nun só clic, teño todos os titulares de canto acontece na Mariña: políticos, culturais, deportivos... e as opinións que fan reflexionar sobre temas de actualidade moi candentes. 

É de agradecer que siga existindo xente que cre no que fan. Nunca paramos a pensar en quen estará detrás e as horas dedicadas a actualizar a páxina constantemente. Así que os meus parabéns a Emilio G. Legaspi e a Manolo Nebril por difundir unha información obxectiva sobre a nosa comarca, de xeito transparente e tan profesional.  

Quería ademais darlle moitos ánimos a Cronica3 nestes tempos en que a prensa escrita e dixital ten curta vida. 

 Precisámosvos máis que nunca! 

Karina Parga Chao 

 

Page 22: Agradecemento da audiencia a Crónica3.com

ies

pe

rdo

uro

 

 

Manuel Carreira Simón 

(Profesor de FOL) 

 

 

Foi que estaba eu traballando arreo, coma sempre, no insti e vai B.P. e me di: - Oe, non era mellor aproveitar o ordenador para outra cousa que mirar esas páxinas  impropias 

dun profesional nun centro educativo? Osti!; pechei  rapidamente e púxenme na web de  “El PaÍs”

 que  seica é un periódico de Madrid que 

tamén o hai na cafetería Vista Alegre e  leo todo dios cando están ocupados o Marca e o As, e os do Monte Castelo xa mangaron o Progreso e a Voz para facer caralladas de educación artística. 

- O  País  e  un  xornal  pseudo‐liberal  ao  servizo  dos  intereses máis  decididamente  xacobinos  e reaccionarios das elites dominantes. Para iso lee o ABC que polo menos van sen careta. 

- Que quere dicir seudo? - Que a vós de onde os mandan, contra! Como imos cambiar o país con xente coma ti? - Vámolo cambiar polo ABC? 

A min o B. cáeme ben, e sempre lle asino nos papeis que pincha no taboleiro para protestar contra a conselleria, e  iso que hai que poñer o número de carné ao  lado (eu poño o da miña sogra, que non creo que o B. se malicie). 

- Mira neno, ti ves de Nois, non é? - Veño, si Señor. - E no “El País” veñen moiotas novidades de Nois? - Boh, como van vir, se Nois pouco máis é que Burela. - Pon Cronica3. Que aparece? - Nas fotos saen todos vestidos. - No de ler, paspán. - Anda!, veñen falando o Otero Regal que foi de Nois e o Suso Fernández que case. - Non  ves,  xente  coñecida,  temas  próximos,  non  as  andrómenas  artfficialrtiente  recreadas  en 

Madrí. E xa van facer cinco anos. E Ti sen enterarte. E as autoridades educativas poñen alumnos nas túas mans. 

- Che, que eu os nenos non lles toco. - Vaite, vaite para a clase que non me quero cabrear. Ai se os  Nós erguen a capeza! 

Funme. Pero que os de Nois non levantan a cabeza xa o sei eu, que os novos no móbi1 e os vellos na cartilla da caixa andan todos encrequenados.