Adiós meu meniño! Adiós! Como chove miudiño CUEVA… · Adiós meu meniño! Adiós! Marcial del...

2
Depósito Legal: PO 503-2014 Adiós meu meniño! Adiós! Marcial del Adalid Gurrea (1826-1881) Canuto José Berea Rodríguez (1836-1891) Un sospiro Prudencio Piñeiro Latierro (1838-1919) Como chove miudiño Juan Montes Capón (1840-1899) Lonxe d’a terriña José María Varela Silvari (1848-1926) Ave María Enrique Lens Viera (1854-1945) Malenconía José Castro "Chané" (1856-1917) Os teus ollos José Gómez "Curros" (1864-1946) Salaios José Baldomir Rodríguez (1867-1947) Cómo foi? Pilar Castillo Sánchez (1895-1942) Durme Programa Colabora: Organiza: CONCERTO DE IRIA CUEVAS E ALEJO AMOEDO Martes 30 de setembro de 2014 ás 20 h Museo de Pontevedra. Sexto Edificio

Transcript of Adiós meu meniño! Adiós! Como chove miudiño CUEVA… · Adiós meu meniño! Adiós! Marcial del...

Page 1: Adiós meu meniño! Adiós! Como chove miudiño CUEVA… · Adiós meu meniño! Adiós! Marcial del Adalid Gurrea (1826-1881) ... José María Varela Silvari (1848-1926) Ave María

Dep

ósito

Leg

al: P

O 5

03-2

014

Adiós meu meniño! Adiós!Marcial del Adalid Gurrea (1826-1881)

Canuto José Berea Rodríguez (1836-1891)Un sospiro

Prudencio Piñeiro Latierro (1838-1919)Como chove miudiño

Juan Montes Capón (1840-1899)Lonxe d’a terriña

José María Varela Silvari (1848-1926) Ave María

Enrique Lens Viera (1854-1945)Malenconía

José Castro "Chané" (1856-1917)Os teus ollos

José Gómez "Curros" (1864-1946)Salaios

José Baldomir Rodríguez (1867-1947) Cómo foi?

Pilar Castillo Sánchez (1895-1942)

Durme

Programa

Colabora:

Organiza: CONCERTO DE IRIA CUEVAS E ALEJO AMOEDO

Martes 30 de setembro de 2014 ás 20 hMuseo de Pontevedra. Sexto Edi�cio

Page 2: Adiós meu meniño! Adiós! Como chove miudiño CUEVA… · Adiós meu meniño! Adiós! Marcial del Adalid Gurrea (1826-1881) ... José María Varela Silvari (1848-1926) Ave María

Concerto de voz e piano

Alejo Amoedo, piano. Nacido en Redondela, realiza os seus estudos nos conservatorios de Pontevedra e Vigo, onde �naliza con altas cuali�cacións as carreiras de Piano e Música de Cámara baixo as directrices de Jesús Fernández Yepes e Josefa Estarque; posteriormente en Madrid, baixo a dirección de Miguel Zanetti, especialízase no acompañamento vocal.Como dúo de pianos, xunto ó pianista Carlos

Pérez, obtivo os seguintes galardóns: Primeira Medalla no Concurso Musical de Francia, que tivo lugar en Girona, e posteriormente o segundo premio na �nal de París (1996) e o Diploma de Honra no Torneo Internacional de Música de Zaragoza (1996). Ademais foi galardoado co Premio Círculo 2004 na modalidade de Música, concedido polo Círculo Recreativo e Cultural do Porriño.Recentemente (2013) realizou o máster en Artes Escénicas da Universidade de Vigo baixo a direción de Javier Jurado e cuxo traballo de �n de máster versou sobre a obra para piano só de Reveriano Soutullo, que foi cuali�cado con matrícula de honra.Foi profesor titular do Conservatorio de Música do Porriño e exerceu de pianista acompañante nos conservatorios profesionais de Pontevedra e Vigo, na Escola Superior de Música e das Artes do Espectáculo do Porto (Portugal) e na Escola de Altos Estudos Musicais de Santiago de Compostela. Estreou obras de Rogelio Groba, Carlos López García-Picos, Rei Rivero, Luís Carro, Juan Eiras, Alfredo Oliveira, Antonio Paz Valverde, Paulino Pereiro, Fernando Ruibal, José Pérez, Eligio Vila, Carlos Cambeiro, Julius Andrejevas, Margarita Viso, Miguel Brotóns, Manuel Alejandre Prada, Andrés Álvarez, Ángel Montes, Juan Daniel Romero, Gabriel Bussi ou Juan Pérez Berná. Entre os seus traballos discográ�cos máis recentes destacan o triplo CD Antoloxía de compositores galegos gravado co clarinetista Asterio Leiva e editado por Ouvirmos (2013); os realizados xunto ó trompetista Rubén Simeó titulados Virtuosismo barroco (2011), Fantasy Trumpet (2012), Trumpet Contemporary (2013) e o gravado no estudo Mans acompañando a mezzosoprano Iria Cuevas, Mélodies. Na actualidade exerce como pianista acompañante e repertorista no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Iria Cuevas, mezzosoprano. Natural de Ponteareas, inicia os seus estudos musicais na especialidade de Piano no conservatorio da súa vila natal. A súa etapa como membro da Coral Polifónica da Escola de Música do Porriño, con actuacións por todo o territorio español e no estranxeiro e a gravación de varios traballos discográ�cos, in�uirá de�nitivamente na que será a súa verdadeira vocación: o canto.

No ano 2011 acada o título superior en Música na especialidade de Canto baixo a tutela de Teresa Novoa (Conservatorio Superior de Música de Vigo). Así mesmo, asistiu a diversos cursos de interpretación vocal coma os impartidos polos mestres Miguel Zanetti, Jorge Robaina (Escola Superior de Canto de Madrid), Antón García Abril, Isabel Penagos (Curso Internacional Música en Compostela), Daniella Pastorello ou Thomas Busch (Conservatorio Superior de Música de Mantua).

Realizou numerosos recitais acompañada polos pianistas Alejo Amoedo, Xesús Pardal, Julio Aléxis Muñoz, Jorge Robaina e Carlos Enrique Pérez, e tamén concertos nos que actuou como solista con diferentes agrupacións camerísticas e orquestrais. No eido escénico, interpretou papeis protagonistas na zarzuela El barberillo de Lavapiés de Barbieri e na ópera de Cimarosa Il Matrimonio Segreto.

Destacan a súa participación no Concerto a favor da Educación en Perú (Teatro Caixanova de Vigo, xuño de 2010), a interpretación dunha das voces solistas do Requiem de Mozart, en colaboración coa Orquestra Sinfónica Cidade de Pontevedra (Pazo da Cultura de Pontevedra, abril de 2011) ou o recital organizado por FAIC (Federación de Asociacións Ibéricas de Compositores) en colaboración coa AGC (Asociación Galega de Compositores) no que, xunto co pianista Alejo Amoedo, estreou a nivel mundial obras dos compositores Paulino Pereiro, Pérez Berná, Gloria Rodríguez, Manuel Alejandre, González de la Rubia, Jesús Ángel Rodríguez e García Abril (Ourense, decembro de 2012).

Entre as súas actuacións máis recentes destaca a súa participación no concerto en homenaxe ó compositor Antón García Abril (Escola Superior de

Canto de Madrid, xullo de 2013) e o Festival Groba (Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas, agosto de 2013) estreando diversas obras do compositor. Participou tamén no concerto inaugural da exposición Galicia Terra de Músicos, acompañada ó piano por Alejo Amoedo (Museo de Pontevedra, febreiro de 2014).

En 2011 foi premiada coa Mención de Honra á Excelencia Musical no concurso organizado pola Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación Paideia, o que �xo posible a gravación do disco Mélodies co pianista Alejo Amoedo nos estudos Mans da Coruña en xaneiro de 2012. Acadou a titulación do máster en Artes Escénicas da Universidade de Vigo (xuño, 2014), onde na actualidade prosegue os seus estudos de doutoramento.Diplomada en Educacion Musical pola Facultade de Ciencias da Educación de Pontevedra, desde o ano 2003 exerce o seu labor docente e, na actualidade, o seu destino profesional é o CEIP Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas.