Actividades escolaresescolares.afundacion.org/peticions/ficheros/21_09_2014...Os Tres Tenedores...

8
Actividades escolares Pontevedra curso 2014-2015 afundacion.org

Transcript of Actividades escolaresescolares.afundacion.org/peticions/ficheros/21_09_2014...Os Tres Tenedores...

Page 1: Actividades escolaresescolares.afundacion.org/peticions/ficheros/21_09_2014...Os Tres Tenedores Duración: 60 min Música As portas deste peculiar restaurante ábrense dispostas a

Actividades escolares Pontevedra curso 2014-2015

afundacion.org

Page 2: Actividades escolaresescolares.afundacion.org/peticions/ficheros/21_09_2014...Os Tres Tenedores Duración: 60 min Música As portas deste peculiar restaurante ábrense dispostas a

Actividades escolaresTeatroExposiciónsCineMúsicaNatureza

www.afundacion.org

Page 3: Actividades escolaresescolares.afundacion.org/peticions/ficheros/21_09_2014...Os Tres Tenedores Duración: 60 min Música As portas deste peculiar restaurante ábrense dispostas a

Os Tres TenedoresDuración: 60 minMúsica

As portas deste peculiar restaurante ábrense dispostas a ofrecer aos seus comensais as músicas máis saborosas, acompañadas dos pratos máis sucu-lentos e anovadores. Teatro, música e humor mestúranse neste espectáculo adobados con varias disciplinas como a música en directo ou o clown. Bo proveito!

10 e 11 de novembro de 2014. Horario: 10.00 e 12.00 h

Tanxarina TíteresDuración: 50 minTeatro de monicreques

Na illa dos Narigudos, todo son problemas por mor dos enormes narices dos seus habitantes. Bartolo é escollido para ir procurar a solución á casa do Chan Tanda, o home máis sabio do mundo. Mais a vida está chea de tentacións. E se puidese trocar o seu nariz por un máis pequeno? A obra fai reflexionar sobre a solidariedade e a importancia de valorarnos como somos.

Do 4 ao 6 de marzo de 2015. Horario: 10.00 e 12.00 h

Cía. Nuevos Públicos EscénicosDuración: 50 minTeatro con monicreques

Cuentos de Titiritrapo é o fantástico mundo dos animais que habitan nos contos e nas melodías que xorden alegres das cordas do violín. Sobre o escenario están un músico e unha actriz que, por medio da danza, o xesto e o ritmo, dan vida a multitude de personaxes feitos cos materiais reciclados máis insospeitados.

Do 27 ao 30 de xaneiro de 2015. Horario: 10.00 e 12.00 h

Magín BlancoDuración: 60 minMúsica

A través de cancións con tintas de pop, rock, reggae ou bossa nova, cónta-se a historia da amizade entre unha nena e un grilo. Ambos descóbrennos emocións e sentimentos, ensínannos a vivir e conseguen que nos mergulle-mos nun universo máxico. Unha historia que nos fai medar uns centímetros en doses de ilusión, creatividade e imaxinación.

Do 22 ao 24 de abril de 2015. Horario: 10.00 e 12.00 h

Cuentos de TirititrapoEducación infantil (3 a 6 anos)

O cocido sinfónico1º Ciclo de primaria

Os Narigudos1º Ciclo de primaria

A nena e o grilo no país das apertas Educación infantil (3 a 6 anos)

Page 4: Actividades escolaresescolares.afundacion.org/peticions/ficheros/21_09_2014...Os Tres Tenedores Duración: 60 min Música As portas deste peculiar restaurante ábrense dispostas a

A Tropa de TrapoDuración: 60 minTeatro de actor

Wamba, un mozo do Congo, conta a Antía historias que falan de África e Eu-ropa, do que nos sobra e falta, de compartir, de valorar o importante, de ollar con esperanza... Son catro contos para bailar, cantar, xogar e tamén para sentir e pensar. Os relatos fan reflexionar sobre a solidariedade, a igualdade e o que nos podemos achegar uns aos outros.

Do 17 ao 19 de novembro de 2014. Horario: 10.00 e 12.00 h

Gaiteiros da XistraDuración: 65 minMúsica

Xurxo estaba convencido de que aqueles debuxos nas pedras eran as marcas do mapa dun tesouro, pero por moito que o intentaba, nunca descifraba nada. Ata que Moura, a gardiá da cova, o espertou cos seus cantos para pe-dirlle que a liberase da malvada Serpe. Lendas, romances, zanfonas, alalás, cantigas, refráns... conforman as sendas que levan a descubrir un auténtico tesouro colectivo: a lingua.

24 e 25 de febreiro de 2015. Horario: 10.00 e 12.00 h

Centro Dramático GalegoDuración: 60 minTeatro de actor

No limoeiro de Anxa e Elías agromaron cinco laranxas xigantes. Unha delas estoura cando Elías a toca. Co estrondo, os veciños acoden desencadeando anécdotas insólitas, disparatadas e divertidas cos donos da horta, o Veciño da Escopeta, o Gordo, o Toneladitas, a Veciña Sabida, a Desdentada, o Ovo e a galiña Petra coma protagonistas.

O 17 de outubro de 2014. Horario: 10.00 e 12.00 h

As laranxas máis laranxas de todas as laranxas1º Ciclo de primaria

Antía, Wamba e o regato pequeno2º Ciclo de primaria

Na percura do tesouro2º Ciclo de primaria

Page 5: Actividades escolaresescolares.afundacion.org/peticions/ficheros/21_09_2014...Os Tres Tenedores Duración: 60 min Música As portas deste peculiar restaurante ábrense dispostas a

Fundación IgualarteDuración: 50 minDanza

Que difícil é encontrar, neste mundo das présas e da globalización, o espa-zo axeitado para recoñecérmonos e sermos recoñecidos polos outros. Os artistas camiñan buscando a propia identidade e convidan a reflexionar. A música que envolve o espectáculo xera unha atmosfera actual e intensa que propicia os sentimentos e empurra o pensamento. A Fundación Igualarte traballa o desenvolvemento artístico en persoas con capacidades diferentes.

26 e 27 de novembro de 2014. Horario: 10.00 e 12.00 h

Blue Mango TheatreDuración: 65 minTeatro en inglés

Cindy sempre quixo ser unha estrela do pop, pero só pode cantar cando co-ciña e limpa para a súa horrible irmá Becky. Un día, a fada madriña de Cindy, A Raíña do Karaoke, lévaa a un concurso de canto. Esta moderna versiónd’ A Cincenta inclúe temas como a boa alimentación, a vida activa e a per-secución dos nosos soños.

19 e 20 de xaneiro de 2015. Horario: 10.00 e 12.00 h

Odaiko Percussion GroupDuración: 60 minMúsica

Odaiko repasará as grandes invencións do home, desde o séc. XVIII coas de J. S. Bach, creador do rock daquela época, ata a actualidade con outras moitas produto da industrialización, da introdución do plástico... Chegará á conclusión de que o pasado é o reflexo do futuro. Como en todos os espec-táculos, a conexión de Odaiko co público será o prato principal.

3º Ciclo de primaria: Do 18 ao 20 de marzo de 2015. Horario: 10.00 e 12.00 h1º Ciclo de ESO: 13 e 14 de abril de 2015. Horario: 10.00 e 12.00 h

Spinderella3º Ciclo de primaria

Invención3º Ciclo de primaria e 1º ciclo de ESO

Nos meus zapatos1º ciclo de ESO

Page 6: Actividades escolaresescolares.afundacion.org/peticions/ficheros/21_09_2014...Os Tres Tenedores Duración: 60 min Música As portas deste peculiar restaurante ábrense dispostas a

Ao longo de 2014 e 2015, Afundación presenta a súa colección permanente a través da mostra «Esencia dunha colección», un completo percorrido por máis de un século de arte e historia de Galicia con protagonistas como Vi-llaamil, Sotomayor, Castelao, Murguía, Seoane, Maside, Murado ou Castillo.

«Pintafontes, pinta cores, pinta arte»Visita-obradoiro para educación infantil e 1º ciclo de educación primariaUn curioso e escorregadizo personaxe coouse no edificio. Entre as súas pa-redes aprendeu a pintar e deixouse fascinar polos cadros da colección. Que-res pintar con el e ver o que atopou?

«Unha colección vista por dentro»Visita-obradoiro para 2º e 3º ciclo de educación primaria, ESO, bacharelato e CFCada día en Afundación facemos labores de restauración, xestión e conser-vación. Por primeira vez, participarás nunha simulación de tarefas como a catalogación, embalaxe ou almacenaxe.

Datas e horario a convir no 986 129 032

Esencia dunha colecciónColección de Arte Afundación en Vigo

«Múltiple. A arte do gravado de Picasso a Barceló»Outubro 2014 a xaneiro 2015Centro Sociocultural FERROLPraza da Constitución, s/n. 981 330 280

«O bodegón oculto. A natureza morta na arte contemporánea galega»Setembro a decembro 2014Centro Sociocultural LUGOPraza Maior, 16. 982 289 096

«O Padre Feijoo. Cidadán libre da república literaria»Setembro a novembro 2014Centro Social OURENSEPraza Maior, 4. 988 391 746

«Fotógrafos da Natureza 2014. European Wildlife Photographer of the Year» Outubro 2014 a xaneiro 2015Centro Culural PONTEVEDRAPraza de San Xosé, 3. 986 864 612

«Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre» Ata agosto 2015Centro Cultural SANTIAGO DE COMPOSTELARúa do Vilar, 19. 981 552 577

«Antón Pulido. Antolóxica»Setembro a novembro 2014Centro Cultural VIGOPolicarpo Sanz, 13. 986 129 032

«A vangarda das Formas. Obra cerámica de Isaac Díaz Pardo»Centro Sociocultural A CORUÑACantón Grande, s/n. 981 185 060

Exposicións temporaisAvance curso 2014 - 2015

Pinta cores,pinta arte,

Page 7: Actividades escolaresescolares.afundacion.org/peticions/ficheros/21_09_2014...Os Tres Tenedores Duración: 60 min Música As portas deste peculiar restaurante ábrense dispostas a

Poderanse combinar actividades de calquera das disciplinasPrezo: 1 € por participante e actividadeO pagamento farase por ingreso na conta: 2080 5000 61 3040323643 ES 91 Cómpre indicar o código de ingreso ao efectuar o pago da actividade

ARTES ESCÉNICASO prazo de solicitude de reservas remata o 30 de setembro de 2014Poderán solicitar a participación enchendo o formulario de peticións na webCada centro poderá solicitar un máximo de 150 alumnos por actividadeO pagamento deberase efectuar cando menos unha semana antes da actividadePor correo electrónico comunicarémoslles aquelas actividades ás que pode-rán asistir, que serán aceptadas e confirmadas polo centro na webAs guías didácticas estarán dispoñibles na webAs funcións terán lugar no Centro Social Afundación de PontevedraConsultas no 986 120 078 ou no 986 120 089

COLECCIÓN DE ARTE AFUNDACIÓN VIGOReservas durante todo o curso escolar en: 986 129 032 ou escolares.afundacion.org

EXPOSICIÓNS TEMPORAIS EN TODAS AS CIDADES DE GALICIATodas as novidades en afundacion.org ou no teléfono de cada centro(Centro Culural PONTEVEDRA. Praza de San Xosé, 3. 986 864 612)

CENTRO INTERACTIVO DE EDUCACIÓN AMBIENTAL NATURNOVA VIGOInformación en naturnova.afundacion.orgReservas durante todo o curso escolar en: escolares.afundacion.org,[email protected] ou 986 120 088

Normas xeraisescolares.afundacion.org

En Naturnova poderás descubrir como é o mundo que nos rodea e a impor-tancia que ten coidalo e conservalo. Ademais, xogarás cos corenta módulos de temática ambiental distribuídos por tres salas: O universo, O noso planeta e O ser humano e o seu medio. De setembro a xuño:Visita interactivaVisita xeral para 2º e 3º ciclo de primaria, ESO, bacharelato e CFGoza de forma interactiva de todas as salas de Naturnova e do submarino con material didáctico de apoio. «As miñas amigas as mascotas»Charla e visita xeral para 1º e 2º ciclo de primariaTartarugas, peixes, catorras… Ti tamén queres un? Lembra que non son xo-guetes. «Os invasores, inimigos da biodiversidade»Charla e visita xeral para 3º ciclo de primaria, ESO, bacharelato e CFAvespas, mexillóns, eucaliptos, caracois… Invádennos! De xaneiro a xuño:«A Lúa e os planetas»Actividade para 1º e 2º ciclo de primariaComo é a Lúa? Por que ten diferentes formas? Como son os planetas? «Investigadores espaciais»Actividade para 3º ciclo de primariaUn estraño acontecemento ocorreu no sistema solar. Convertémonos en auténticos detectives espaciais para investigalo. Datas e horario a convir.Máis información en naturnova.afundacion.org

NaturnovaCentro Interactivo de Educación Ambiental. Vigo

Page 8: Actividades escolaresescolares.afundacion.org/peticions/ficheros/21_09_2014...Os Tres Tenedores Duración: 60 min Música As portas deste peculiar restaurante ábrense dispostas a