Actividades de reciclaxe

16
XOGUETES CON RECICLAXE Aula de 5 anos. CPI PADRENDA. 2012

Transcript of Actividades de reciclaxe

Page 1: Actividades de reciclaxe

XOGUETES CON RECICLAXEAula de 5 anos.

CPI PADRENDA. 2012

Page 2: Actividades de reciclaxe

ACTIVIDADES DE RECICLAXE

Ao longo do curso fomos recollendo diversos materiais do noso contorno que nos serían moi útiles máis tarde para facer moitas e divertidas cousas como xa ides ver.

Así ademais contribuimos a coidar o medio mediante a reutilización de materiais que doutro xeito irían a parar directamente ao lixo.

Page 3: Actividades de reciclaxe

Aromatizador Os materiais utilizados

para iste aromatizador son: filtros de café usados, briks dos zumes dos almorzos dos nenos/as e cola branca.

Page 4: Actividades de reciclaxe

1º paso Cubrimos

pegando con cola os brics de zumes con anaquiños de filtros de café usados, unha vez están limpos e secos.

Deixámolos secar.

Page 5: Actividades de reciclaxe

2º paso Unha vez secos

metemos dentro deles as herbas aromáticas que foramos traendo á clase e que xa tiñamos secas e listas para usar.

Page 6: Actividades de reciclaxe

3º paso Pechamos e

decoramos as caixiñas cunhas xoaniñas que a nosa profe fixo coa lá das ovellas que tiñamos tamén na clase.

Page 7: Actividades de reciclaxe

RESULTADO FINAL Así foi cómo nos

quedaron. Moi, pero que

moi, moi chulas!.

Page 8: Actividades de reciclaxe

Cariocas Voadoras Co material que fomos

xuntando dos almorzos de media mañá como bolas de papel de alumnio, bolsas de plástico, envases de iogurt…agulla e un pouco cordón, fixemos uns xoguetes que nos permitiron deixar voar a imaxinación:

“ As Cariocas Voadoras”.

Page 9: Actividades de reciclaxe

Listas para xogar

Page 10: Actividades de reciclaxe

OS PEIXES DO MAR A chegada dun

fermoso peixe globo á aula que nos trouxo Laura espertou o noso interese por os peixes do mar.

Era ben chulo, encantounos velo e tocalo.

Page 11: Actividades de reciclaxe

Na exposición Unha vez ben

mirado e requetemirado, deixámolo na nosa colección de obxectos da natureza por un tempo.

Foi toda unha atracción!

Page 12: Actividades de reciclaxe

Medidor de nenas/os Estivemos logo varias

semanas buscando información sobre os peixes do mar en libros da biblioteca, na casa coas familias, en películas…

E chegamos á conclusión de que sería boa idea facer un medidor para cada un de nós.

Medirnos e xogar cos números xa sabedes que é unha das cousas que máis nos gustan.

Page 13: Actividades de reciclaxe

1º paso Forramos uns

cartóns que reciclamos de caixas vellas con papel e píntámolo con témpera azul.

Unha vez seco debuxamos nel un metro.

Page 14: Actividades de reciclaxe

2º paso Despois para

decoralo debuxamos e coloreamos uns peixes do fondo do mar e tamén un submarino.

Page 15: Actividades de reciclaxe

Remate final Colocamos o

submarino nunha pinza e mais un cordel para poder colgalo da parede e xa está listo para usar!

Page 16: Actividades de reciclaxe

RECICLANDO, REUTILIZANDO, REDUCINDO

O LIXO QUE TIRAMOS Isto so é un mostra das fermosas

cousas que se poden facer con moitos dos materiais que tiramos ao lixo.

Seguro que a vós se vos ocorren outra morea delas.

Así que animádevos a reciclar sairemos tod@s gañando.