Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar...

41
Actividades “Calendario de Mulleres” Educación Primaria e Educación Infantil ASEMBLEA DE MULLERES DO STEG

Transcript of Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar...

Page 1: Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar interdisciplinarmente valores como a coeducación ou a igualdade entre sexos. A continuación atoparedes,

Actividades “Calendario de Mulleres” Educación Primaria e Educación Infantil

ASEMBLEA DE MULLERES DO STEG

Page 2: Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar interdisciplinarmente valores como a coeducación ou a igualdade entre sexos. A continuación atoparedes,

1

MULLERES NO TEMPO MULLERES NA HISTORIA

Porque queremos estar en todas as historias e en todos os tempos, dende a Asemblea de Mulleres do STEG propómosvos estas actividades para levar as aulas co obxectivo de visibilizar a algunhas das mulleres que deixaron a súa pegada ao longo dos tempos, facendo especial fincapé nas máis próximas ao noso alumnado: as mulleres galegas.

Mulleres que foron protagonistas no seu tempo e que nos serven de fío condutor para traballar interdisciplinarmente valores como a coeducación ou a igualdade entre sexos.

A continuación atoparedes, en primeiro lugar, unha proposta para traballar co alumnado de Educación Infantil.Seguidamente, propoñemos unha actividade para que o alumnado de Primaria se familiarice co contido das láminas do calendario, pescudando en cada unha a información que se lle pide. Unha vez conseguido este obxectivo propoñemos afondar no coñecemento da vida de dúas das mulleres que aparecen en cada mes mes.

Estas actividades non nacen coa idea de ser algo estático e inamovible; deixamos nas vosas mans a posibilidade de adaptalas, amplialas ou usalas do xeito que consideredes mellor, dependendo dos ciclos ou/e áreas nas que as vaiades traballar. Animámosvos a facernos achegas e suxestións que permitan melloralas a partir da vosa experiencia.

Asemblea de Mulleres do STEG

Actividades “Calendario de Mulleres”

Page 3: Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar interdisciplinarmente valores como a coeducación ou a igualdade entre sexos. A continuación atoparedes,

2

A MULLER NA LITERATURA(PARA E.I.)

1. FASE DE PREPARACIÓN

INTRODUCIÓN: a través da imaxe.

AVALIACIÓN INICIAL: en Asemblea, por exemplo coa lectura da imaxe (lectura denotativa e connotativa) e da frase.

ELABORACIÓN DO GUIÓN CON PREGUNTAS DO TIPO:

- que quere dicir a frase?

- escriben igual os homes que as mulleres?

- dos contos que coñecemos, cal é o noso personaxe favorito?, por que? é masculino ou feminino?

- que fan e/ou quen son os homes e/ou personaxes masculinos dos contos que coñeces?

- que fan e/ou quen son as mulleres e/ou personaxes femininos dos contos que coñeces?

- cres que mulleres e homes poden facer o mesmo?

- coñecedes o nome dalgunha escritora?, é galega?

Actividades “Calendario de Mulleres”

Page 4: Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar interdisciplinarmente valores como a coeducación ou a igualdade entre sexos. A continuación atoparedes,

2. FASE DE DESENVOLVEMENTO

Intentaremos dar resposta as cuestións enunciadas, así:

• Consultamos dicionarios, páxinas web, contos...

• Iremos preguntando a coñecedoras e coñecedores do tema: avoas, avós, nais, pais, amigas e amigos, mestras e mestres...

• Visitaremos a biblioteca escolar e algunha outra se fose posible...

3. FASE DE VALORACIÓN

Farase unha avaliación final conxunta, comentaranse os aspectos traballados, as aprendizaxes desenvoltas, a importancia das imaxes e do que nos suxiren, a importancia das palabras...

POSIBLES ACTIVIDADES:

• Facer unha lectura da imaxe devagar, fixándonos en todo aquilo que nos chame a atención da ilustración.

• Diferenciar materiais, xoguetes... bos e de calidade, dos que non o son.

• Separar na biblioteca de aula os libros escritos por autores e os escritos por autoras.

• Buscar e traer á escola, coa axuda das familias, tres libros escritos por mulleres e tres por homes. Cales son os máis abundantes na casa?

• Facer, coa axuda das familias, unha ficha do noso libro preferido: nome do libro, autor, personaxes e breve resumo ou debuxo.

• Ler un conto e preguntar se pensan que foi escrito por un home ou por unha muller.

• Inventar unha historia ou conto a través, por exemplo, das técnicas de Rodari.

• Cambiar unha historia, conto..., para equiparar personaxes (en número, tarefas que desenvolven etc) para retirar as connotacións sexistas, os estereotipos...

3Actividades “Calendario de Mulleres”

Page 5: Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar interdisciplinarmente valores como a coeducación ou a igualdade entre sexos. A continuación atoparedes,

4

A VER SE ATOPAS Busca na lámina de cada mes a información que se che pide.

XANEIRO• En que se especializou a zoóloga Dian Fossey?• Onde nace a gran pintora galega Maruxa Mallo?• Quen publicou parte da súa obra co nome dun home?

FEBREIRO• O nome dunha cantante• O nome dunha espía• O nome dunha piloto

MARZO• Por que se levou a xuízo a algunhas mulleres de Salem?• Quen foi a inventora de “Tipex”?• Cal é o nome dunha famosa pedagoga coruñesa?

ABRIL • O nome de dúas cantantes catalás• O nome dunha mecenas• O nome dunha marquesa e mecenas do seu tempo

MAIO • Cando poden votar por primeira vez as mulleres británicas?• Quen é a nai de todos os deuses irlandeses?• Cando publica “Cantares Gallegos” Rosalía de Castro?

XUÑO• Un Día Nacional• Un Día Internacional• Unha lucense de armas tomar.

Actividades “Calendario de Mulleres”

Page 6: Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar interdisciplinarmente valores como a coeducación ou a igualdade entre sexos. A continuación atoparedes,

XULLO• Quen gaña o Nobel de Física en 1903?• E o de Química en 1911?• Cantos anos estivo na cadea a Nobel da Paz Suu Kyi?

AGOSTO• Cando se lles recoñece o dereito ao voto ás mulleres nos EEUU?• Quen escribiu “Frankenstein”?• Quen foi a primeira ministra de democracia española?

SETEMBRO• Unha medallista• Dúas actrices• Tres Días conmemorativos

OUTUBRO• Ano no que as mulleres españolas logran o dereito ao voto• Ano da creación do Instituto da Muller en España?• O cargo de Wangari Maathai cando recibiu o Nobel da Paz?

NOVEMBRO• A muller pioneira na tradución ao galego?• A primeira muller Xefa de Estado nun país africano?• Catro mulleres destacadas no eido científico?

DECEMBRO• Que dúas mulleres non puideron publicar a súa obra co seu nome?• Unha das mulleres máis rápidas do mundo• Nome do primeiro texto didáctico publicado por unha muller

5Actividades “Calendario de Mulleres”

Page 7: Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar interdisciplinarmente valores como a coeducación ou a igualdade entre sexos. A continuación atoparedes,

6

MES DE XANEIRO

MARUXA MALLO

Actividades:

1. Comentario do cadro “Mujer de la cabra”: que che suxire?, que pensas que quere expresar a súa autora?(podese comparar despois coa intención real da autora), coñeces algún outro cadro semellante?...

2. Buscar outros cadros de Maruxa Mallo: escollemos os que nos gusten, podemos fotocopialos, pintalos personalizándoos, elaborar un colaxe ou mural.

3. Investigación: que outras pintoras coñeces?, coñeces algunha pintora do teu contorno?, podes entrevistala?, hai algunha pintora na túa familia?, en que traballan as mulleres da túa familia? Exposición e debate sobre os estereotipos sociais en relación ao traballo…

Pintora surrealista do 27.

Ensinou debuxo e cerámica; estudou matemáticas e xeometría.

No 1967 recibiu a Medalla de Ouro de Belas Artes.

Actividades “Calendario de Mulleres”

Page 8: Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar interdisciplinarmente valores como a coeducación ou a igualdade entre sexos. A continuación atoparedes,

7

CRISTINA FERNANDEZ PIÑEIRO

Actividades:

1. Enquisa: que nenas do cole practican deporte? Que deportes practican? Xoga algunha nalgún equipo? Que deportes practican as mestras?

2. Investigación: buscamos mulleres que destaquen nos deportes; elaboramos unha exposición ou mural.

3. Panel MULLER/HOME: escribir nomes de deportes en tarxetiñas e entragalas ao alumnado. Terán que ubicalas onde consideren, e a partir de aí reflexionar e abrir o debate sobre a discriminación de xénero no deporte.

Pioneira no balonmán español, primeira muller en arbitrar na Liga Asobal. Partidos internacionais, Campionatos do Mundo, Europeos, Liga de Campións, Recopas,…

Xefa Provincial de Deportes de Pontevedra, é asesora da Dirección Xeral de Deporte da Xunta de Galicia.

Pioneira tamén no traballo pola igualdade da muller noutras ligas europeas (as mulleres só arbitran encontros da mitade de taboa para abaixo)…

Actividades “Calendario de Mulleres”

Page 9: Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar interdisciplinarmente valores como a coeducación ou a igualdade entre sexos. A continuación atoparedes,

8

MES DE FEBREIRO ISABEL BARRETO

Naceu en Pontevedra alá polo século XVI, sabía ler, escribir e ata falaba latín, o que non era habitual naquela época e menos nunha muller.

Foi a primeira e ata agora única almirante da historia e percorreu en diferentes barcos os océanos Atlántico e Pacífico. Surcou os Mares do Sur en busca da ruta das especias (parece que trouxo das súas expedicións canela, pementa e outras que aquí non había daquela). Dise que estivo nas Illas Salomón, nas que segundo conta a lenda o rei Sa-lomón extraera incalculables tesouros. Con ela foron embarcadas outras mulleres, algo que ata hai pouco resultaba estrano.

Estamos seguras e seguros de que Isabel foi unha auténtica raíña dos mares e pensa-mos que o xogo de choutar á corda, Son a raíña dos mares, ben se lle puido ocorrer a alguén pensando nela.

É por iso que vos ofrecemos esta actividade, intentando que perduren tamén os xogos de sempre.

Canción de choutar á corda:

Son a raíña dos mares

mire quen me queira ver:

deixo caer o meu pano(a/o que salta deixa caer o pano)

pra volvelo recoller.(a/o que salta recólleo de novo sen deixar de saltar e repítese a canción ata fallar)

Bibliografía da canción de choutar á corda:Cortizas, A.(2001): Chirlomirlos. Ed Xerais. Vigo

Actividades “Calendario de Mulleres”

Page 10: Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar interdisciplinarmente valores como a coeducación ou a igualdade entre sexos. A continuación atoparedes,

9

SABIADES...

HIPATIA DE ALEXANDRÍA (355-415 d.C.) Foi mestra, filósofa, astrónoma e a primeira muller matemática da que temos coñecemento.Espertaba a curiosidade dos seus discípulos con moitas cuestións e adiviñas.

As adiviñas, son preguntas enxeñosas ou xogos de palabras que hai que descubrir ou responder; son parte da nosa tradición cultural e chegaron a nós a través da transmisión oral.

En Galicia hai recollidas adiviñas dende o século XIII. Pódense establecer moitas clasificacións no adiviñanceiro galego; unha destas clasificións fai referencia ao grupos das adiviñas matemáticas, que formulan cuestións seguramente semellantes ás de Hipatia.

Velaí tedes algunhas como exemplos:

Catro gatos nun tellado, cada gato mira a tres;

dime agora rapaciña/rapaz, cantos gatos deben ser?

-----------------------------------------Neniña/o que tanto sabes

e que tes tanto saber, cantas unllas ten un gato

acabado de nacer?Esa pregunta señora,

ben cha podo responder;cinco unllas nunha pata, vinte nas catro ha de ter.

--------------------------------------------Unha media medio feitae outra media por facer,

dígame vosté galán/galana cantas medias poden ser. (unha media)

Actividades “Calendario de Mulleres”

Page 11: Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar interdisciplinarmente valores como a coeducación ou a igualdade entre sexos. A continuación atoparedes,

10

MES DE MARZO

CAROLINE LUCRETIA HERSCHEL

Nada en 1750 e finada en 1848, foi unha famosa astrónoma alemá.

Irmá do famoso William Herschel, tamén astrónomo, compartiu con el unha autoeducación científica. Nacida o 16 de marzo de 1750 en Hanover (Alemaña), Caroline descubriu varios novos cometas, en particular o de tipo periódico 35P/Herschel-Rigollet, que leva o seu nome. No outono de 1772 reuniuse en Inglaterra co seu irmán, que se establecera como profesor de música en Bath.

A partir de aí cooperaron nas investigacións astronómicas e os seus deberes profesionais: ela era a cantante principal nos concertos do oratorio, acadando tanta sona que lle foi ofertada unha invitación para o festival de Birmingham, que declinou.

No 1782 o seu irmán aceptou ser o astrónomo real de George III de Inglaterra. Carolina foi a súa asistente nas observacións, executando asemade os laboriosos cálculos relacionados con elas.

A súa diversión principal era escrutar o ceo cun pequeño telescopio newtoniano. Foi así como detectou no 1783 tres nebulosas, e entre 1786 e 1797 oito cometas, en cinco dos que ten incuestionable prioridade, entre eles o Cometa Encke.

O primeiro deles, descuberto o 1 de agosto de 1786, foi tamén o primeiro descuberto por unha muller. O ano seguinte comezou a ser asalariada real polo seu traballo de asistente, o que a converteu na primeira muller recoñecida oficialmente como científica. No 1797 presentou á Royal Society un Índice de observacións de John Flamsteed, xunto cun catálogo de 561 estrelas omitidas accidentalmente no British Catalogue, e unha lista de erratas dese catálogo.

Actividades “Calendario de Mulleres”

Page 12: Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar interdisciplinarmente valores como a coeducación ou a igualdade entre sexos. A continuación atoparedes,

11

Voltou a Hanover no 1822 trala morte do seu irmán, pero xa non abandonou os seus estudos astronómicos, e no 1828 completou a redución comezada en xaneiro de 1800, de 2500 nebulosas descubertas polo seu irmán. No 1828 a Royal Astronomical Society outorgoulle a medalla de ouro, e no 1835 elixiuna membro honorario. No 1846 recibiu a medalla de ouro do Rei de Prusia.

O asteroide 281 Lucretia foi nomeado polo seu segundo nome, e un cráter luar no Sinus Iridium foi nomeado Caroline Herschel en honra súa.

Morreu o 9 de xaneiro de 1848.

ACTIVIDADES

1.- BUSCAMOS NO DICCIONARIO O SIGNIFICADO DE COMETA.COMETA:

2.- ESCRIBIMOS CATRO PALABRAS RELACIONADAS CON COMETA:*________________ *______________ *________________ *______________

3.- AS PALABRAS QUE SON IGUAIS E TEÑEN DISTINTO SIGNIFICADO SON HOMÓNIMAS. A CONTINUACIÓN BUSCAMOS TRES PALABRAS HOMÓNIMAS EN LINGUA CASTELÁ E TRES EN LINGUA GALEGA. ______________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

4.- ELABORAMOS UN COMETA EMPREGANDO MATERIAIS DE REFUGALLO, PODEMOS ELABORAR DIFERENTES OBXECTOS RELACIONADOS COA ASTRONOMÍA.

Actividades “Calendario de Mulleres”

Page 13: Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar interdisciplinarmente valores como a coeducación ou a igualdade entre sexos. A continuación atoparedes,

12

MARÍA BARBEITO

Esta destacada profesora, pedagoga e escritora foi unha das figuras femininas de máis destaque na Galicia urbana do primeiro tercio do século XX. Foi probábelmente a máis destacada pedagoga galega da época, tanto pola súa finura e alcance intelectual, como pola súa dimensión práctica

Naceu na cidade de A Coruña en l880 e nela mesmo morrería o 20 de novembro de 1970 con 90 anos. Despois de realizados os estudos de maxisterio comezou o seu exercicio profesional como mestra de párvulos en 1901, pasando en 1902 á escola da Guarda que con ela chegaría a ser un modélico centro graduado, que irradiou, con María Barbeito como a directora desde 1915, renovación pedagóxica ata a fin da IIª República.

María Barbeito tivo unha intensa actividade profesional e académica como profesora, como especialista na didáctica infantil que impartiu cursos para o profesorado, e como mestra-inspectora por nomeamento directo do Ministerio de Instrucción Pública en l933, un dos dez primeiros mestres-inspectores nomeados; foi publicista, non abondosa en textos, pero cunha fértil captación do espírito da época e dos significados da renovación pedagóxica e social do momento; foi conferenciante en beneficio dos dereitos da infancia e das mulleres; animadora e impulsora de institucións de forte contido social, traductora de textos franceses, e unha muller sempre presente na vida social e cultural da cidade da Coruña.

Os seus fillos describírona como unha muller “dotada dunha intelixencia de primeira orde; dona dun espírito cultivado e dun ánimo xeneroso e intrépido;sensible ante a dor allea; exacta, rigorosa e esixente consigo mesma no traballo e no cumprimento das súas obrigas; entregada ao servizo do seu pobo e ao amor da súa familia; comprensiva e liberal; intransixente só na defensa da xustiza, recibindo por certo con valorosa e admirable dignidade a inxustiza con ela mesma cometida”.

Actividades “Calendario de Mulleres”

Page 14: Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar interdisciplinarmente valores como a coeducación ou a igualdade entre sexos. A continuación atoparedes,

13

No plano social, como muller progresista e cun marcado sentido da xustiza social, impulsou varias institucións como “El niño descalzo”, e o “Comedor y ropero de las escuelas da Guarda”. Participou na dirección das “Colonias escolares”, das “Cantinas escolares Concepción Arenal”, e da “Junta de Protección a la Infancia”. Presidiu a “Asociación Concepción Arenal para la protección y rehabilitación del preso”. En 1932 foi camada a Madrid para formar parte da Xunta Superior de Beneficencia. Estivo atenta ao funcionamento da Casa Cuna e do Tribunal Tutelar de Menores na súa cidade. Esa mesma preocupación social pola infancia estivo presente en parte do seu labor traductor de textos franceses, como a obra de Gilbert Cesbron Perros perdidos sin collar, obra de lectura dos estudantes de Pedagoxía na Universidade Pontificia de Salamanca nos anos setenta.

Foi constante defensora da emancipación e da educación sen discriminación das mulleres. Así o promoveu nas escolas da Guarda, como conferenciante en diversos foros, entre eles o da Agrupación Republicana Feminina da Coruña en l934, desde a súa pertenza ao Instituto de Estudios Gallegos, ou á hora de pronunciar en 1916 o discurso e inauguración do monumento a Emilia Pardo Bazán. Por unhas e outras razóns foi condecorada coas Ordes de Beneficencia e de Alfonso XII e coa Medalla de Ouro da Cruz Bermella .

No plano pedagóxico viuse influenciada por diversos aspectos do krauso-positivismo. As lecturas realizadas sobre a psicoloxía experimental e sobre as súas aplicacións ao campo educativo e o contacto con algúns dos mellores textos do incipiente movemento internacional da Escola Nova e Activa son ben observábeis na acción e nos escritos de María Barbeito, singularmente no seu Niños y Educadores de 1913.Sentiu de modo moi vivo a influencia da médica e pedagoga italiana María Montessori, a creadora dunha metodoloxía didáctica da educación infantil e dun material didáctico específico, manipulativo, sensorial e analítico ao servizo do desenvolvemento da intelixencia. Preocupouse, acorde coas novas tendencias, polo mobiliario, o equipamento e a organización graduada das Escolas da Guarda, exemplo e espello para outras escolas, como se mostrou no importante Congreso Pedagóxico celebrado na Coruña en 1926. Aboliu os sistemas memorísticos e introduciu as referencias didácticas e pedagóxicas procedentes das reflexións do filósofo pragmatista americano John Dewey, como tamén as do médico e psicopedagogo belga Decroly, coa súa didáctica asentada na metodoloxía dos centros de interese. Foi partidaria de flexibilizar a obrigatoriedade do ensino confesional. Estaba convencida de que había que abrir as portas das escolas á cultura galega e así propuxo dar os primeiros pasos co seu artigo “El bilingüismo y la escuela gallega”, que publicou no Boletín da Real Academia Galega, da que formaba parte desde 1908 (estando casada cun dos fillos de Andrés Martínez Salazar), en 1931. Introduciu nas Escolas da Guarda a observación antropolóxica e o uso de fichas para o estudo psíquico individualizado de cada alumno. E promoveu a coeducación.

Actividades “Calendario de Mulleres”

Page 15: Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar interdisciplinarmente valores como a coeducación ou a igualdade entre sexos. A continuación atoparedes,

Ante méritos tan consolidados a “Junta de Ampliación de Estudios” concedeulle unha bolsa para unha viaxe de estudos en grupo realizada en l935, que lle permitiu a María Barbeito recorrer e visitar un importante número de centros e institucións educativas de París, de Bruxelas, de La Haya, de Amsterdam, de Hamburgo, de Zurich, de Lucerna, de Berna, de Xenebra e de Milán, podendo establecer comunicación e intercambio con outros docentes e con algunhas recoñecidas figuras de primeira orde da pedagoxía europea, de todo o que tivo inmediata ocasión de informar ao profesorado da comarca da Coruña asistente as súas charlas nos Centros de Colaboración Pedagóxica, denantes de compoñer coas súas notas o libro Países y Escuelas, que non se editaría ata 1975. Aprécianse nas súas paxinas as conviccións pedagóxicas renovadoras da autora e tamén os seus puntos de vista favorábeis á democracia a á xustiza social. Como manifestación das prácticas pedagóxicas observadas en diversas escolas europeas propuxo logo mediante un escrito ás escolas que dela dependían un amplo abano de innovacións: relación epistolar entre nenos e escolas,diarios escolares, arquivos de traballos dos nenos,xardíns escolares,sesións de cine, confección de xornais de escola, museos escolares e representacións teatrais infantís, entre outras iniciativas.

Foi, sen dúbida, a súa limpa conciencia cidadá, a que non soportaron as novas autoridades políticas en 1936, expedientándoa e condenándoa ao ostracismo. Un tempo no que ela emprendeu a tradución de textos e a confección de diversos traballos, como o que dedicou ao estudo de Concepción Arenal, entre outras actividades.

Autor/a da biobibliografía: Antón Costa Rico

ACTIVIDADES

1.- MARÍA BARBEITO ERA PROFESORA, PEDAGOGA E ESCRITORA. Coñecemos o significado destas profesións? A continuación podemos pescudar en qué consiste cada unha delas, e facer un breve resumo coas nosas palabras.

2.- O termo coeducación fai referencia á educación dada xuntamente ao alumnado de ambos os sexos.

Podedes preguntar se algún dos vosos familiares, ou profesorado coñece a alguén que na súa infancia recibise educación separada entre alumnos e alumnas. Que lles pareceu? Que vos parecería a vos?, pode xurdir debate respecto ó tema.

3.- A continuación podemos buscar diferentes profesións.Por exemplo: pedagoga, profesora, ____________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

14Actividades “Calendario de Mulleres”

Page 16: Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar interdisciplinarmente valores como a coeducación ou a igualdade entre sexos. A continuación atoparedes,

4.- Na lectura anterior, aparecen diferentes palabras relacionadas coa educación, na sopa de letras teremos que atopar as seguintes: PEDAGOXÍA, ESCOLA, PROFESORA, COEDUCACIÓN, APRENDIZAXE, ENSINO, INSPECTORA.

15

EAPSCITIETOCIJYBEIPIEISSLSIMEMMDGEHONÑZYPEDAGOXÍAENSEKIHOPOCOMODICSICPSNCEVAZALOUTANAPRENDIZAXECARACCDIIICCIIOUNDEPECIMPRIMIERORIOSÑOCOICLLINLTCUÑAOEOMINSPECTORAOUTNCLBOEHTOSOLJCJBUKEOTUYCKLEOTYGHTLEDSKSOTCOEDUCACIÓNEJHAHUTOEOSUECLESCOLACALOCTECOUATOCUTJSDAKAOYUCVPOIUTRKLPÑOUIYVDDSXFPROFESORAKYGTOPER

Actividades “Calendario de Mulleres”

Page 17: Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar interdisciplinarmente valores como a coeducación ou a igualdade entre sexos. A continuación atoparedes,

16

MES DE ABRIL

María Miramontes

Naceu en Bergondo (A Coruña) o 6 de abril de 1895. Os seus pais marchan vivir á cidade de A Coruña a principios do século XX. María comeza a traballar con 11 anos nun taller de costura. Nesta cidade é onde María vai ter contacto co movemento republicano e tamén co galeguista formando parte das Irmandades da Fala.

Casa con Ánxel Casal e os dous montan un comercio de teas; como os ingresos son escasos María segue tamén coa súa profesión de modista e Ánxel ensina francés. A pesar de que os cartos non son moitos axudan economicamente a moitas asociacións que loitan polo espírito galeguista e tamén a unha escola con ensino bilingüe e laico para que os nenos e nenas das

clases traballadoras poidan formarse no coñecemento de Galiza e en galego.

Marchan a vivir a Santiago e seguen coa súa actividade a prol do galeguismo formando parte do novo Partido Galeguista. En 1933 María asina xunto a outras mulleres do partido un chamamento para que todas as mulleres tomen conciencia dos valores galegos.

Ánxel Casal foi nomeado alcalde o 20 de xullo de 1936 pero ese mesmo día é detido polos militares do bando franquista: estalara a Guerra Civil. María intentará que solten ao seu home pero será executado xunto a outros homes e mulleres na madrugada do 20 de agosto. María marchará ao exilio en Bos Aires en 1936 e alí morrerá en 1964.Encarna Otero para culturagalega.org (Adaptación)

ACTIVIDADES

• Busca no dicionario: Laico, republicano, bilingüe e exilio. Despois de buscalas e de comentalas co profesor/a intenta facer una definición de cada una delas coas túas palabras.

• Cantos anos vivirá María en Bos Aires? Que idade tiña cando morreu?

• Pide que che conten na casa algo sobre a Guerra Civil e intenta contarllo a túa clase nunha redacción.

• Facede entre toda a clase un mural ou unha presentación de ordenador con fotos das cousas que se poden facer en galego.

Actividades “Calendario de Mulleres”

Page 18: Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar interdisciplinarmente valores como a coeducación ou a igualdade entre sexos. A continuación atoparedes,

17

NAIS DA PRAZA DE MAIO

As nais e aboas da Praza de maio son un movemento social de mulleres que xorde durante e dictadura militar arxentina do xeneral Videla para protestar pola desaparición dos seus fillos e fillas (probablemente asasinados) e pola desaparición dos seus netos e netas, secuestrados para ser criados e educados por parellas que estaban de acordo coa dictadura. Os militares arxentinos fixeron desaparecer unhas 30000 persoas entre 1976 e 1983. Uns 500 nenos e nenas foron apartados de súas familias e adoptados ilegalmente por parellas de militares ou simpatizantes do réxime militar.

A primeira manifestación foi en 1977 na Praza de maio, diante da Casa Rosada (en Arxentina chámaselle así á casa do presidente) para protestar polas primeiras detencións e desaparicións. Cando comezaron eran unas poucas e o grupo foi medrando ata chegar ás 400 nais que se reunían todos os xoves na praza, posteriormente incorporáronse outros membros da familia das persoas desaparecidas. Dende aquela seguen organizando marchas e outros actos públicos para que a xente non esqueza aos seus fillos e fillas, e para pedir que se enxuice aos responsables. Tamén piden que se devolvan ás súas familias aos nenos e nenas secuestrados (agora xa maiores) ou que polo menos lles dean a coñecer a súa situación de seren apartados á forza das súas familias biolóxicas.

As nais levaban as fotografías dos seus fillos e fillas e uns panos brancos cos seus nomes bordados. Querían dar a entender que non os daban por mortas a todas as persoas desaparecidas, que seguían nos seus pensamentos e corazóns. Os panos brancos convertéronse no símbolo da súa loita.

ACTIVIDADES

• Busca no dicionario as palabras: dictadura, presidente e familia biolóxica.

• Para lembrarnos de todas as persoas desaparecidas durante as dictaduras porque pensaban de xeito diferente imos debuxar sobre unha cartolina negra un pano como o da fotografía. Tamén podemos coser un pano cun anaco de tea branca. Despois colgaremos na aula nunha corda de tender e con pinzas da roupa cada un dos nosos panos.

Actividades “Calendario de Mulleres”

Page 19: Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar interdisciplinarmente valores como a coeducación ou a igualdade entre sexos. A continuación atoparedes,

18

MES DE MAIO MARÍA BALTEIRA

María Balteira foi a máis sonada das soldadeiras da nosa época medieval. As soldadeiras eran mulleres adscritas á Corte que tiñan como oficio cantar e bailar e recibían por iso unha soldada, de aí o nome. Nas ilustracións do Cancioneiro de Ajuda aparecen danzando, tocando as castañetas ou o pandeiro na compaña do xograr que tanxe unha guitarra ou unha viola.Temos noticia da Balteira polas cantigas de escarnio que lle dedican dez trobadores , mais, como no caso das demais soldadeiras, non se fai ningunha referencia á súa arte, xa que, eran tempos en que as mulleres que disfrutaban dos praceres da vida fóra do matrimonio non estaban ben vistas.

ACTIVIDADES

1- Le e responde:a) ¿Quenes eran as soldadeiras?b) ¿E os trobadores?c) Pensa que profesións recollen hoxe en día o traballo das soldadeiras.d) Busca dez exemplos de mulleres e homes famosos que fagan un traballo similar ao das soldadeiras.

A lenda de María Balteira traspasa os séculos e segue inspirando a autores e autoras dos nosos días que a ven como unha avanzada do carpe diem, leda e gozadora, e tamén como un ar de liberdade nas ríxidas normas daquela época.

2- Propoñémosche unha actividade para homenaxear a María Balteira:

a) Escoita a canción que A QUENLLA dedicou a María Balteira.A QUENLLA: María Balteira. Letra: Darío Xohán Cabana. Música: Xosé Luis Rivashttp://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=97

b) Bailamos con María Balteira: (A canción ten tres partes ven diferenciadas: 1ª: voz soa de home, 2ª: comeza coa voz do coro para seguir só un home e a terceira é o retrouso, cantado por todo o coro)

Actividades “Calendario de Mulleres”

Page 20: Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar interdisciplinarmente valores como a coeducación ou a igualdade entre sexos. A continuación atoparedes,

19

MOVEMENTOS COREOGRÁFICOS

*carpe diem: O sentido da expresión é “divírtete encanto poidas”, “disfruta do momento”.

Debuxos tomados de PARA CANTAR E BAILAR. Ed. Cumio

O baile consta de tres partes: na 1ª situámonos en roda por parellas e camiñamos en sentido contrario das agullas do reloxo mentres batemos as palmas.

Na 2ª parte formamos unha cadea inglesa, que consiste en dar alternativamente as mans e ir avanzando cara adiante, pasando unha vez por dentro e outra por fóra da roda.

No retrouso as nenas forman unha roda e, erguendo as máns cara ao ceo, camiñan ao centro da roda. Despois, volven a abrir a roda camiñando hacia atrás e baixando as mans. Así ata o final do retrouso. agarradas das mans.

Actividades “Calendario de Mulleres”

Page 21: Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar interdisciplinarmente valores como a coeducación ou a igualdade entre sexos. A continuación atoparedes,

20

CHUS LAGO

A primeira galega en facer cume no Everest sen axuda de osíxeno en 1999, foi tamén a primeira en atravesar a Antártida e chegar ao Polo Sur xeográfico no 2009.

Sen embargo, non pensedes que é algo anecdótico, as fazañas logradas por Chus son un máis dos logros que as mulleres veñen acadando no eido do alpinismo.

E a propósito disto, que sabes da Antártida?

A Antártida é o continente situado no Polo Sur que contén o 87% de xeo do mundo e tamén o lugar máis frío, seco e ventoso da terra. De feito, a maioría da terra da Antártida é un deserto xeado con menos precipitacións que no deserto do Sahara.

Aínda que non hai residentes permanentes (agás os pingüíns e outros animais Antárticos), un numeroso grupo de equipos científicos (arredor de catro mil) viven nas tempadas climatolóxicas máis benignas.

Vamos saber algunha cousiña máis…

ACTIVIDADES

Necesitaremos que vos repartades en grupos e busquedes a información que vos pedimos. Despois poñerémolo en común:

- Fotos do Polo Sur e de Chus Lago. - Fotos e información dos animais que viven alí. - Un mapa. - Un pouquiño de información sobre as condicións climatolóxicas. - Algún dato xeográfico. Xenial, e agora por que non escribimos un conto sobre unha muller como Chus Lago viaxando pola Antártida? Seguro que non será difícil con toda a información que xa tes.

Para finalizar, buscaremos información sobre algunha deportista galega e os seus logros deportivos para expoñer na clase.

Quén sabe, se cadra algunhas convertédesvos en afamadas deportistas nuns anos!!!

Boa sorte e a loitar polos vosos soños.

Actividades “Calendario de Mulleres”

Page 22: Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar interdisciplinarmente valores como a coeducación ou a igualdade entre sexos. A continuación atoparedes,

MES DE XUÑO MARÍA CASTAÑA

a) Sabes cando utilizamos a expresión “Nos tempos de María Castaña…”?

b) Le e despois responde ás preguntas:

Un día, estando na Abilleira a familia toda, a avó e maila netiña foron dar un paseo. Era xa a tardiña, pero aínda ía calor, polo que de alí a un pedazo, sentaron os dous á sombra dun gran castiñeiro.

Era este un castiñeiro moi fermoso, verde, de follas grandes que só deixaba pasar unhas pequenas raiolas de sol.

O avó dixo que aquel castiñeiro levaba alí desde que a familia fora vivir para aquelas terras, por aló polos tempos de Maricastaña.

- Avó,… ¿por que dis que foi nos tempos de Maricastaña? ¿Que queres dicir? ¿Cando foi iso?

- Hai moito, moito tempo, Sabeliña.

Cando eu falo dos tempos de Maricastaña quero dicir que xa hai moito tempo que os pais dos meus pais viñeron vivir para estas terras; que xa pasou moito, moito tempo desde entón.

- Pero ¿quen era esa señora? ¿Quen esa Maricastaña? ¿Por que falas dela?

- Mira, Sabeliña, Maricastaña foi unha muller que existiu de verdade, e que viviu hai máis de seiscentos anos nun sitio da Provincia de Lugo, alá por Terras de Lemos.

Foi unha señora moi coñecida porque, unha vez, protestou polos impostos que lle mandaban paga-los recadadores do Bispado de Lugo. A ela parecéronlle moitos cartos e sendo como era unha muller moi decidida, xuntouse con outras persoas que estaban na mesma situación e todos xuntos decidiron protestar, primeiro de palabra e despois pola forza.

21Actividades “Calendario de Mulleres”

Page 23: Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar interdisciplinarmente valores como a coeducación ou a igualdade entre sexos. A continuación atoparedes,

22

As palabras non foron escoitadas e entón Maricastaña encheu o mandil de pedras na Praza Maior de Lugo e berrou: ¡A eles que son poucos!. As pedras caían coma un trebón nas cabezas dos recadadores de impostos. Os compañeiros de Maricastaña non o pensaron dúas veces e tamén agarraron pedras e coios contra os cobradores que non tiveron máis remedio que escapar ás carreiras cara á Catedral. Pero alí mesmo foron apedreados. Un deles quedou ferido de morte.

O suceso correuse entre as xentes como a pólvora. Todos falaban da revolta de Maricastaña e os seus compañeiros. Pero a cousa non quedou así, porque diante dun delicto coma aquel, no que tomaron a xustiza pola man, tivo que se presenta-la Xustiza e detivéronos. Maricastaña chegou a ser condenada a morte, da que librou gracias ó favor do Rei e a pagar unha forte multa. Así puido seguir con vida e volver ás Terras de Lemos. O que ninguén puido evitar foi que, desde aquelas, a xente empregara esa expresión que eu che dixen: … foi nos tempos de Maricastaña… para indicar que aquilo foi xa hai moito tempo.

Mero. Elaboración da lenda.

ACTIVIDADES

c) Onde ocorre a historia do conto?

d) Cando dixo o avó que o castiñeiro fora plantado?

e) Que quería dicir con esa expresión?

f) Resume a lenda de María Castaña .

g) Inventa unha situación na que utilices a expresión “Nos tempos de María Castaña” e debuxa un comic para ilustrala.

Actividades “Calendario de Mulleres”

Page 24: Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar interdisciplinarmente valores como a coeducación ou a igualdade entre sexos. A continuación atoparedes,

23

Valentina Vladimírovna Tereshkova

“Posiblemente vostedes non poidan imaxinar o fermoso que é. Calquera que vexa a Terra dende o espazo exterior, non pode deixar de ser asaltado por unha sensación de reverencia e amor por este planeta que é o noso fogar”. Valentina Vladimírovna Tereshkova (nada o 6 de marzo de 1937), cosmonauta soviética, foi a primeira muller da historia en viaxar ao espazo en 1963.

http://www.astromia.com/fotostierra/atardecer.htm

ACTIVIDADES

-Busca información sobre mulleres que viaxaron ao espazo e elabora un mural.

-Facede unha posta en común sobre por qué hai máis astronautas homes que mulleres, seguro que sacaredes algunhas reflexións interesantes.

-Xogade por grupos de catro aos astronautas (dúas nenas, dous nenos), repartídevos as tarefas a facer, nun cadro as das nenas e noutra as dos nenos e tede en conta o seguinte:

-As catro persoas sodes profesionais de sona. -As nenas podedes facer os mesmo que os nenos.

-Imos pensar cómo pode ser un día no espazo e elaborar un diario. O título sería: “Diario dunha astronauta nos escuros mares do espazo exterior”

-Por último, buscade información sobre como chegar a ser astronauta: estudos, lugares onde estudar...

Actividades “Calendario de Mulleres”

Page 25: Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar interdisciplinarmente valores como a coeducación ou a igualdade entre sexos. A continuación atoparedes,

24

MES DE XULLO AMELIA EARHART

ACTIVIDADES

Facemos un mural sobre Amelia con fotos que consigamos de ela nas páxinas web.

-Visita planificada a un dos aeroportos de Galiza. Concertar unha entrevista con algún piloto; se fose posible, falar cunha muller piloto.

-Visita ao centro dalgunha traballadora de empresas aeronáuticas (en Ourense COASA) que nos explique as partes que ten un avión, como se montán as pezas…

-Visionado dos documentais:

-“Amelie movie trailer”, (atópase en Internet e é de bonecos,) - Amelie Earhart National Geography para 2º e 3º ciclo

-Visionado da película: “Noche en el museo 2”

-Comentario da película nunha mesa redonda entre todas e todos.

-Comentar o papel de Amelia Earhart, como a protagonista feminina da película.

-O papel de Amelia Earhart, como pioneira na aviación.

Actividades “Calendario de Mulleres”

Page 26: Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar interdisciplinarmente valores como a coeducación ou a igualdade entre sexos. A continuación atoparedes,

25

ISABEL RIOS

ACTIVIDADES

-Facemos un mural sobre os ofícios -Facemos unha táboa sobre os oficios dos pais e das nais.Observación das diferencias entre a nai e o pai.

-Lectura do fragmento de Castelao de “Sempre en Galiza”, onde se fala da emigración.

“Nós cremos que a emigración galega non se axeita doadamente ás interpretacións materialistas, aínda que as necesidades económicas nos empurrasen decote a buscar terras de mellor vivir. Na vontade de certos emigrantes hai motores máis fortes que a pobreza, como na vontade dos homes sedentarios hai sentimentos que matan a fame. Se así non fose outros pobos españois emigrarían máis ca nós, porque teñen mais necesidades, máis miseria, máis escravitude.

Os emigrantes galegos son empurrados por causas imponderables, que ninguén soubo desentrañar; pero que todos intuímos vagamente. Así os poetas fixeron da emigración o tema máis doroso das súas tristuras crepusculares; os humoristas dixeron que o noso pobo agardaba pola invención dos trasatlánticos para proseguiren a viaxe; os sábios albiscaron que Galicia fuxía da brétema, e que se alongaba en procura de sol, como as plantas. E os economistas afirman que a emigración galega tería fin cando se suprimese a necesidade de emigrar; mais eu preguntaríalles aos economistas: ¿Cales son as necesidades de emigrar? ¿Cales son as necesidades que en Galicia debemos suprimir?

¿Abondaría comer ben e durmir sen pesadelos para dar acougo ás nosas arelas de ver mundos? Preguntémoslles aos catorce mariñeiros galegos que traballan neste barco e axiña nos decataremos de que, so pretesto de necesidades materiais, emigraron para satisfaceren anceios metafísicos e cumpriren os destinos da nosa raza viaxeira, magoada de saudades e ao mesmo tempo enraizada no chan nativo. ¡Quen sabe se a saudade galega non será outra cousa máis que a loita de dous anceios incompatibles: o de estar e non estar na Terra!”

-Facemos unha mesa redonda e opinamos sobre este texto. -Falaremos brevemente de Castelao.

-Por que tivo que emigrar Isabel Rios?.

-O párrafo de Castelao tamén serve para traballar no 3º ciclo, pero agora ampliaremos información sobre todas as mulleres repúblicanas que tiveron que exiliarse: María Casares, a brigadista Enriqueta Otero e a xornalista María Luz Morales. ...

-Facer un libro viaxeiro que irá polas casas das alumnas e alumnos onde se recollerán historias familiares de fusilamentos, represións franquistas, emigracións políticas...onde as nenas e os nenos descubrirán parte da sua historia familiar.

Actividades “Calendario de Mulleres”

Page 27: Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar interdisciplinarmente valores como a coeducación ou a igualdade entre sexos. A continuación atoparedes,

26

MES DE AGOSTO JOANNE SOMARRIBA

ACTIVIDADES

- Facemos un mural sobre os deportes. - Facemos unha táboa sobre os deportes que practicamos.

- Lectura dos seguintes fragmentos

Á época grega pertence Hipodromea, adorada no seu Templo Hipodromión. Deu nome ao mes Hipodromios (xullo-agosto) “Mes de Carreiras de Cabalos” e ao lugar para as carreiras de cabalos: os hipódromos. Profesión típica feminina daquela, xa que participaban en carreiras de carros de équidos.

Hipodamia foi a primeira que acadou un premio en carreiras a pé, fronte a todos os homes….

No ano 2000 e na versión XXVII dos Xogos Olímpicos Modernos en Sydney cumpríronse 100 anos da primeira participación feminina nos xogos da II Olimpíada de 1900.

- Mesa redonda:

Que opinas de que na epoca dos gregos as mulleres participaran nos Xogos Olímpicos e durante moitos séculos posteriores non poideran participar? E de que non se lles deixase participar nalgunhos deportes?

- Cantas medallas Olímpicas gañou Joanne Somarriba?

Actividades “Calendario de Mulleres”

Page 28: Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar interdisciplinarmente valores como a coeducación ou a igualdade entre sexos. A continuación atoparedes,

MARY SHELLY

ACTIVIDADES

- Facemos un mural na aula sobre Mary Shelly e da súa obra mais coñecida Frankestein. - Mesa redonda sobre os valores sociais que lle damos ao aspecto físico.

- Representación teatral dunha adaptación do conto de Frankestein. - Creación dun diccionario coeducativo entre todos (2º e 3º ciclo) cos seguintes termos dos cales teremos que buscar información.

- COEDUCACIÓN - CONCIENZA DE XÉNERO. - DISCRIMINACIÓN DE XÉNERO. - ESTEREOTIPOS. - FEMINISMO. - XÉNERO. - HOMOSEXUALIDADE - IGUALDADE. - VIOLENCIA DE XÉNERO

PELICULAS.

1º ciclo de Primaria : 2º ciclo de primaria: 3º ciclo de primaria:

Nas 3 películas, e nos 3 ciclos trataremos 3 temas.

O cambio dos roles. Tratamento á inversa dos contos tradicionais. O aspecto físico.

27Actividades “Calendario de Mulleres”

Page 29: Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar interdisciplinarmente valores como a coeducación ou a igualdade entre sexos. A continuación atoparedes,

28Actividades “Calendario de Mulleres”

MES DE SETEMBRO MERCEDES PEÓN

ACTIVIDADES

- Facemos un mural sobre os instrumentos musicais galegos: gaita, pandeireta, tambor e cunchas:

- Facemos audicións musicais de calquera dos 3 CD de Mercedes Peón e discriminaremos auditivamente cada un dos instrumentos musicais tradicionais que aparecen no mural - Buscar información en Internet sobre os orixes da gaita: “A orixe da gaita é incerto, algúns supoñen que procede dos pobos Celtas. O primeiro documento coñecido en Galicia no que aparece un gaitero é no contrato de venda dunha finca no ano 1.374. A primeira representación iconográfica é a do capitel de Melide (A Coruña) que data dos séculos XII e XIII. Tamén nas cantigas de Afonso X O Sabio atopamos representacións de miniaturas nas que aparecen gaitas. Este instrumento sufríu unha continua evolución, tanto na forma visual como na musical”.

- Ler e aprender sobre o folcklore galego:

ALALÁS Son cantos dilatados, de ritmo libre, de grande fondura. Considérase o alalá, como un dos máis característicos cantos galegos, dunha antigüidade e ascendencia máis remota que o segundo período do canto gregoriano, chamado do apoxeo. O alalá, sen dúbida, é unha das constantes na música galega, cuns valores estéticos e artísticos innegables e que o convirte nun dos cantos máis fermosos da nosa tradición.

Page 30: Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar interdisciplinarmente valores como a coeducación ou a igualdade entre sexos. A continuación atoparedes,

29

ALALÁ DAS MARIÑAS

Teño unha casiña brancana Mariña entre os loureirosteño amores, teño barcasi estou vivindo no ceo !Ailalelo, ailalalo

Adiós á miña casiñaPortelo do meu quinteiroAuga da miña fontiñaSombra do meu laranxeiroAilalelo, ailalalo

A MUIÑEIRA

A muiñeira é un dos ritmos máis coñecidos e utilizados en Galicia. Fíxose tan popular que sufríu múltiples variantes, ata chegar a estropealos. O nome de muiñeira pénsase que procede dos bailes que os campesiños facían nos muíños mentres esperaban para recoller a fariña.

A cultura galega tivo dende moitos séculos notables coros e corpos de baile que recollían as melodías populares e as danzas campesiñas, mariñeiras, etc. Estas danzas executábanse nas festas das distintas comarcas galegas. A muiñeira é sempre un alarde de ritmo, rapidez e vistosidade. Soe representarse nas romarías galegas, festas onde soe haber un ambiente tradicional e recóllese o costumismo popular galego. Unha das muiñeiras máis características de Galicia é o espantallo. É unha danza campesiña, con música popular, o traxe que se utiliza é típico da comarca de Noia e pertence ó século XVIII. Trátase dunha danza inspirada nun espantallo. No medio do baile o espantallo cobra vida para bailar coas mozas. Este baile é en realidade un culto ó sol, ás aguas polas boas colleitas e ao espantallo que as protexe. Este baile é un dos poucos nos que só bailan as mulleres cun só home, ese home pónse unha coroza por encima da súa roupa e baila con ela. Outra das muiñeiras que se interpretan moito é a muiñeira de Fraga (provincia de Pontevedra). Bailada por homes e mulleres a principios deste século. Está caracterizada pola roda, común na maioría dos seus paseos e coplas. É de ritmo rápido que permite comprobar a variedade de muiñeiras existentes en Galicia (a muiñeira Ribeirana é de ritmo moi lento), segundo a súa zona ou comarca. Estas pezas son recollidas por agrupacións no mesmo pobo que leva o seu nome, así como o canto e ritmo da pandeireta (instrumento que acompaña as voces).

Actividades “Calendario de Mulleres”

Page 31: Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar interdisciplinarmente valores como a coeducación ou a igualdade entre sexos. A continuación atoparedes,

30

MUIÑEIRA DE VILARIÑO Unha vella nunha fontePor unha verza bebíaA verza estaba rachadaToda a auga lle vertíaAi e le lo ai e le loAi e le lo ai e le loAi e le lo ai e la la.

As mozas de VilariñoTodas xuntas nun montónUnhas cantan outras bailanOutras andan ó castrónAi e le lo ai e le loAi......

CANTO DE SEITURA

Ata tempos ben próximos ós nosos, cantos oficios debían percorrer longos traxectos a pé ou en cabalerías arrieiros, pastores, cargadores de sal...- ou os que conlevaban un traballo pesado e monótono tiñan as súas cancións especiais, para andar ou traballar. En moitas ocasións as cancións ían destinadas a marcar o ritmo, para que o esforzo resultase máis regulado, ou noutros casos facer o traballo máis levadeiro.

CANTO DE SEITURA DE CADÓS

Hei d´ir a túa seitura,Hei d´ir a túa segadaHei d´ir a túa seitura,Que a miña vai ch´acabadaAi la la la ai la la la CANTAR DE CEGO

Son os que cantan os cegos en festas e romarías cos seus lazarillos, acompañados pola zanfona ou un violín. Acostuman a axustarse ó momento, ó lugar, á ocasión e a finalidade que o motiva. Crítica social, enfrontamentos dos sexos, casamentos ridículos, sucesos tráxicos, verdadeiros ou imaxinados, vidas de santos, sinais do fin do mundo e romances tradicionais, algúns deles moi espallados, como Xerineldo, O Conde Alberto, Rufiniña, etc.

Actividades “Calendario de Mulleres”

Page 32: Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar interdisciplinarmente valores como a coeducación ou a igualdade entre sexos. A continuación atoparedes,

31

ROMANCE DO CURA E A CRIADA

Y a la media noche, Llamó la criada,Chiribí, chiribaina, Llamó la criada.¿Qué tiene, mi amo,que tanto me llama?Me hace el chuculate,Tráimelo a la camaChiribí, chiribaina.... CANTAR DE BERCE

Canción de cuna que ten xeralmente unha música monótona axeitada para dormir ós nenos. O arrolo require berce e o arroró cántase co neno en brazos, facendo ó tempo un lixeiro vaivén coa parte superior do corpo. CANTIGA DE BERCE Se queres que brile a lúaPecha os ollos meu amorQue mentres os tes abertosA lúa pensa que hai sol. Nin pola prata da lúaNin polo ouro do solNon te deixo meu meniñoNon te deixo meu amor.

OUTROS CANTOS POPULARES

Polo mes de Nadal comezan a ter lugar os fiadeiros, nos que as mulleres fían o liño e a lá cada unha co seu fuso e a súa roca, mentres esperan a chegada dos mozos que comezan a cantar, entoando cantigas que son contestadas polas mozas, comenzando así un desafío ou un cortexo. Mozos e mozas cantan, bailan, falan e brincan ata o remate da festa. Nos fiadeiros nacen outras dúas produccións populares: os cortexos e os parrafeos.

Os cortexos non teñen o carácter agresivo dos desafíos, senón que son amorosos. Os cortexos fanse entre un mozo e unha moza, axudado cada un deles polo seu correspondente coro. Os parrafeos danse entre as mozas soas, entre mozos ou entre uns e outros e teñen carácter festivo.

Actividades “Calendario de Mulleres”

Page 33: Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar interdisciplinarmente valores como a coeducación ou a igualdade entre sexos. A continuación atoparedes,

32

A mociña fía,As estrigas blancasFía noite e día. Fía liño de ouroOu fía a esperanzaDun meniño louro. Lenzos de noivadoAmor non esperaFía noite e díaE non da fiado.A veliña fíaAs estrigas brancas,Fía noite e día. Fía por deleveSeu cabelo branco¿Ou só fía neve?

Actividades “Calendario de Mulleres”

Page 34: Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar interdisciplinarmente valores como a coeducación ou a igualdade entre sexos. A continuación atoparedes,

33

TERESA PORTELA

ACTIVIDADES

-Facemos un mural sobre os deportes de auga, e de Teresa Portela:

Lectura do seguinte texto e comentario en mesa redonda do mesmo :

‘Queremos un futuro con máis mulleres que desfruten do deporte e dos beneficios que este comporta, así como un maior número de mulleres envolvidas en todos os aspectos da actividade física e o deporte: a dirección e a xestión, o treino, a arbitraxe, o xornalismo, a formación, a investigación e a práctica deportiva fuxindo así dos preconceitos e estereotipos que impiden as mulleres e os homes de se desenvolveren segundo as súas expectativas persoais e o seu potencial individual.'

Manifesto pola Igualdade e Participación da Muller no Deporte. Páxinas web para consultar:

http://www.feminismo.info/webgalego/

http://mudega.es/ Páxina das mulleres Deportistas Galegas.

Actividades “Calendario de Mulleres”

Page 35: Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar interdisciplinarmente valores como a coeducación ou a igualdade entre sexos. A continuación atoparedes,

34

MES DE OUTUBRO CLARA CAMPOAMOR

ACTIVIDADES

- Atopa neste mesmo mes cando conseguiron as mulleres o voto en España.

- En que ano votaron por primeira vez?

- Cando se conseguiu en Europa?

- Hai países onde aínda as mulleres non poden votar? Cales?

- Que deputadas coñeces do Parlamento galego?

- Cantas hai? Menos ou máis que homes?

- Coñeces algunha muller concelleira no teu concello?

- E mulleres ao frente de asociacións, grupos políticos, empresas …?

- E directoras de colexios? Pescuda noutros centros da zona.

Nacida en Madrid en 1888.

Defensora da igualdade dos dereitos da muller.

Foi unha das impulsoras da aprobación do sufraxio feminino en España na II República, así como da primeira lei do divorcio.

Actividades “Calendario de Mulleres”

Page 36: Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar interdisciplinarmente valores como a coeducación ou a igualdade entre sexos. A continuación atoparedes,

RIGOBERTA MENCHÚ

ACTIVIDADES

- Houbo outras mulleres Nobel da Paz?

- Pescuda sobre as outras categorías do Nobel: en cantas nunca recibiu o premio unha muller?

- Investigación: buscamos fotos de mulleres indíxenas co nome do país e etnia á que pertencen. Elaboramos unha exposición ou mural.

35

Nacida en Guatemala no 1959.

Líder indíxena guatemalteca e defensora dos dereitos humanos.

Embaixadora de Boa Vontade da Unesco.

Gañadora do Premio Nobel da Paz no 1992.

Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional.

Actividades “Calendario de Mulleres”

Page 37: Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar interdisciplinarmente valores como a coeducación ou a igualdade entre sexos. A continuación atoparedes,

36

MES DE NOVEMBRO

VANDANA SHIVA

ACTIVIDADES

- Que outras accións coñeces que se fixeron para evitar desastres ecolóxicos?

- Que movementos ecoloxistas coñeces da túa zona?

- E na Galiza?

- Pescuda outras mulleres ecoloxistas. Que defenden?

- Que pensas que pode estar en perigo na túa zona? Fai un debuxo. Como o defenderías?

Naceu na India.

Activista ecofeminista

A ONU otorgoulle o Global 500 e o premio Internacional do Día de A Terra, en recoñecemento ao seu labor en ecoloxía.

Actividades “Calendario de Mulleres”

Page 38: Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar interdisciplinarmente valores como a coeducación ou a igualdade entre sexos. A continuación atoparedes,

37

MARÍA CASARES

ACTIVIDADES

- Facemos un mural buscando fotos, referencias,… sobre actrices galegas do cine, da televisión e do teatro.

- Pescuda outras mulleres (escritoras, artistas, activistas políticas,…) que tiveron que exiliarse.

- Que outros premios coñeces que leven nome de muller?

- Por que levan ese nome?

Naceu na Coruña no 1922.

Actriz galega de teatro e cine. Triunfou no exilio en Francia.

No 1996 aceptou que os premios de teatro de Galiza levaran o seu nome.

Actividades “Calendario de Mulleres”

Page 39: Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar interdisciplinarmente valores como a coeducación ou a igualdade entre sexos. A continuación atoparedes,

38

OLIMPIA VALENCIA

ACTIVIDADES

- Non pensades que sería merecente dunha rúa, praza, ou hospital ?

- Cantas rúas hai no teu concello con nome de muller?

- Deseña placas como as que nomean as rúas e colócaas nas diferentes estancias do colexio.

- Buscamos e facemos unha exposición de fotos de rúas, prazas, colexios… con nomes femininos.

Naceu en Ourense no 1898.

No 1925 convertíuse na primeira muller galega en obter a licenciatura en Medicina.

Tivo moitas dificultades para que lle recoñecesen a súa condición de "médica", mais pouco a pouco foi gañando prestixio profisional.

Actividades “Calendario de Mulleres”

Page 40: Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar interdisciplinarmente valores como a coeducación ou a igualdade entre sexos. A continuación atoparedes,

39

MES DE DECEMBRO

PEPA A LOBA

ACTIVIDADES

- Facer un cómic sobre a vida de esta bandoleira galega.

- Que personaxes femininas coñeces da nosa literatura? Podemos buscar na biblioteca do colexio.

- Por que cres que xurden mulleres con esta valentía? Pescuda sobre como vivía o campesiñado galego no século XIX.

Famosa bandida debeu nacer no norte da provincia de Pontevedra contra a década de 1830.

Coa súa cuadrilla de bandoleiros asalta aos camiñantes, pazos e casas fortes.

Admirada polo campesinado galego polo seu espíritu rebelde e pola súa loita contra a miseria, a inxustiza e a crueldade.

Actividades “Calendario de Mulleres”

Page 41: Actividades Calendario de Mulleres Educación Primaria e ... · para traballar interdisciplinarmente valores como a coeducación ou a igualdade entre sexos. A continuación atoparedes,

PODEDES ATOPAR ESTE MATERIAL NA NOSA PÁXINA WEB:

http://www.stegsindicato.org/muller.htm