Actividades arte paleocristiá

3
7. Actividades 1. Explica de que maneira infllúe o Edicto de Milán do ano 313 na arte paleocristiá e indica que tipoloxías arquitectónicas existiron con anterioridade e posterioridade ao mesmo. 2. Compara a planta dunha basílica romana e unha paleocristiá. Enumera as súas principais diferenzas. 3. Describe unha basílica paleocristiá determinando a súa planta e as partes desta. 4. Indica cal é o fundamento e o legado en que se inspira a arte paleocristiá. Pon algún exemplo. 5. Define os siguientes conceptos: artesonado, ábsida, diacónicum, tribuna, nártex, adro, baptisterio, martyrium, matronium, icona, crismón, testeiro, criuceiro, transepto 6. Comenta a imaxe expplicando todas as partes que identificas das igrexas paleocristianas, describe cada unha delas e indica a súa función.

Transcript of Actividades arte paleocristiá

Page 1: Actividades arte paleocristiá

7. Actividades 1. Explica de que maneira infllúe o Edicto de Milán do ano 313 na arte paleocristiá e indica que tipoloxías

arquitectónicas existiron con anterioridade e posterioridade ao mesmo.2. Compara a planta dunha basílica romana e unha paleocristiá. Enumera as súas principais diferenzas.3. Describe unha basílica paleocristiá determinando a súa planta e as partes desta.4. Indica cal é o fundamento e o legado en que se inspira a arte paleocristiá. Pon algún exemplo.5. Define os siguientes conceptos: artesonado, ábsida, diacónicum, tribuna, nártex, adro, baptisterio, martyrium,

matronium, icona, crismón, testeiro, criuceiro, transepto6. Comenta a imaxe expplicando todas as partes que identificas das igrexas paleocristianas, describe cada unha

delas e indica a súa función.

Page 2: Actividades arte paleocristiá

7. Actividades 7. Elabora unha evolución da escltura paleocristiá. 8. Intenta localizar o significado especial que para un cristián terían as imaxes do Bo Pastor, un peixe ou a representación dun cervo bebendo. ¿Con que relacionas ao Bo Pastor? ¿ Por que? 9. Realiza un pequeño traballo de investigación e fai unha relación dos principais restos da época paleocristiá conservados en Galiza.10. Fai o comentario da seguinte obra seguindo o modelo habitual de comentario: 

Page 3: Actividades arte paleocristiá

8. Comentario de textoLEE OS TEXTOS E CONTESTA:

1. ¿Que influencia romana herdan as artes figurativas paleocristiás? ¿Por qué crees que herdarían esto?2. ¿Que cambios se experimentaron na arte paleocristiá á hora de representar á Virxe? ¿Por qué crees que

ocorre esto?3. Razoa e xustifica se houbo ou non escultura paleocristiá propiamente dita.

1. A estética das artes figurativas paleocristiás“O que pertence ben á influencia paleocristiá é a ausencia de escenas tristes e desagradables. Non é que os artistas cristiáns retrocedan diante das escenas da vida real, senón que seguindo a costume antiga rexeitaban todo aquilo carente de serenidade. Ata na representación das accións máis dolorosas, a expresión dos rostros permanece sorrinte, ou polo menos, serena. Nas necróples cheas de martirizados, a representacións dos martirios case non ten exemplos; en todo caso, as figuras son xoves, nobres, atraíntes, gardando, a pesar da endeblez xeral da execución técnica, o imperecedeiro recordo da beleza sempre soberana; por todas partes, nese lugar de tristeza, imaxes de alegría e de esperanza, flores e follaxes, palmas e palomas”.

Leclerq, H. : Manuel d’ Archeologie chrétienne. París, 19007, I pág. 180 1. A iconografía da virxe na arte paleocristiá“A arte cristiá, ata a reunión do Concilio de Éfeso, é decir, anterior ao século V, creou dúas modalidades iconográficas fundamentais da Virxe. Unha ten un carácter descriptivo: María, sentada e co Neno ao peito, en plena e realista actuación maternal, como unha pintura que os artistas chamarían de xénero. A outra modalidade iconográfica ten un sabor máis ben dogmático e conceptuoso, á maaneira dunha imaxe de culto, e é a de María representada como orante, de pé e os brazos en alto..... Entón, pasada a metade do primeiro milenio cristalizaron os elementos fundamentais da iconografía mariana. .... Ambos abandonan a primitiva movilidade e naturalidade descriptivas e cristalizan nunha solemne e augusta simetría na que María aparece como raíña ou Emperatiz. Ambos responden a dous conceptos e a dous matices da arte. Un é aquel no que a Virxe e o Neno conservan a indumentaria clásica, latina, chea de simplicidade e elegancia. O outro é o da Virxe baixo aspecto de emperatriz bizantina. A súa indumentaria, recargada de bordados e pedrería, convírtese nunha suntuosa armadura que afoga ao corpo. María cingue coroa eimprial ricamente adornada. Nótase que ámbalas dúas representacinóns a Virxe sostén na man esquerda un manípulo ou pano de man, imposto pola etiqueta civil da época. Este pano desaparece rapidamente da iconografía mariana occidental”.

Trens, M. : María. Iconografía da Virxe na arte española. Madrid, 19046, págs. 39- 42