ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA … 06 2016.pdfEstán presentadas as seguintes solicitudes de...

28
ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 30 DE XUÑO DE 2016 Sras./Sres. Asistentes: ALCALDE-PRESIDENTE D. ALBERTO VARELA PAZ CONCELLEIRAS/OS DONA TANIA GARCÍA SANMARTÍN D. ARGIMIRO SERÉN MERA DONA PAOLA MARIA MOCHALES D. LINO MOURIÑO SANTIAGO DONA SONIA OUTÓN CASAL D. JUAN ANTONIO PÉREZ CALLÓN DONA LUZ Mª ABALO PÉREZ D. TOMÁS FOLE DÍAZ DONA ROCÍO A. LLOVO DEL RÍO DONA ELENA SUÁREZ SARMIENTO D. JESÚS LONGA SÁNCHEZ DONA ANA Mª GRANJA GUILLÁN D. ANGEL BENITO PÉREZ DORGAMBIDE DONA SAGRARIO CASTRO VIDAL D. JESÚS LÓPEZ RODRÍGUEZ DONA MARÍA MOSQUERA LEAL D. MIGEL ALVES LAGO D. XAVIER RÍOS GONZÁLEZ DONA LUCÍA CESAR VELOSO D. GASPAR ANTONIO GONZÁLEZ SOMOZA SECRETARIA DONA ROSA LOSADA SUÁREZ INTERVENTORA DONA TRINIDAD GÓMEZ REIRIZ Na Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa, sendo as 17:00 horas do día 30 de xuño de 2016, e coa asistencia da Secretaria, reuníronse, en primeira convocatoria, os señores Concelleiros, que á marxe se relacionan como asistentes, co obxecto de celebrar Sesión Plenaria Ordinaria convocada ó efecto. A continuación procédese a trata-los asuntos que figuran na Orde do Día: 1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior de data 26 de maio de 2016. 2. Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos no mes de maio de 2016. 3. Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas. 4. Aprobación, se procede, do reaxuste de anualidades 2016-2018 PXOM, obra 01/02/2004. 5. Aprobación, se procede, do expediente de refinanciación das operacións de préstamo a longo prazo nº 37306 e nº 002364 concertadas con ABANCA. 6. Toma de coñecemento da designación de representante do grupo municipal do PP na Fundación Pública de Servicios Deportivos Municipais. 7. Ratificación, se procede, da Memoria de actividades realizadas pola FPSDM durante o ano 2015. 8. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo político municipal de EU sobre aposta en marcha do “Plan Urxente Vilagarcía Barreiras Cero”. 9. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo político municipal do EU relativa á declaración de “Concello oposto ao Acordo Transatlántico de Comercio e Investimento” (TTIP). 10. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo político municipal de Somos Maioría, para a celebración dunha homenaxe en memoria dos aviadores falecidos o 8 de setembro de 1976 no Monte Xiabre. 11. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo político municipal do BNG sobre a recuperación da Fonte e Lavadoiro de Trabanca Sardiñeira 12. Comparecencia dos Concelleiros de Deportes e Seguridade en relación co III Triatlón Rías Baixas, acordada na sesión plenaria celebrada o día 26 de maio de 2016. 13. Interpelacións ou control das decisións do grupo de goberno. 14. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia. 15. Rogos e preguntas. 16. Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión.

Transcript of ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA … 06 2016.pdfEstán presentadas as seguintes solicitudes de...

ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 30 DE XUÑO DE 2016

Sras./Sres. Asistentes:

ALCALDE-PRESIDENTE

D. ALBERTO VARELA PAZ

CONCELLEIRAS/OS

DONA TANIA GARCÍA SANMARTÍN

D. ARGIMIRO SERÉN MERA

DONA PAOLA MARIA MOCHALES

D. LINO MOURIÑO SANTIAGO

DONA SONIA OUTÓN CASAL

D. JUAN ANTONIO PÉREZ CALLÓN

DONA LUZ Mª ABALO PÉREZ

D. TOMÁS FOLE DÍAZ

DONA ROCÍO A. LLOVO DEL RÍO

DONA ELENA SUÁREZ SARMIENTO

D. JESÚS LONGA SÁNCHEZ

DONA ANA Mª GRANJA GUILLÁN

D. ANGEL BENITO PÉREZ DORGAMBIDE

DONA SAGRARIO CASTRO VIDAL

D. JESÚS LÓPEZ RODRÍGUEZ

DONA MARÍA MOSQUERA LEAL

D. MIGEL ALVES LAGO

D. XAVIER RÍOS GONZÁLEZ

DONA LUCÍA CESAR VELOSO

D. GASPAR ANTONIO GONZÁLEZ SOMOZA

SECRETARIA

DONA ROSA LOSADA SUÁREZ

INTERVENTORA

DONA TRINIDAD GÓMEZ REIRIZ

Na Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa,

sendo as 17:00 horas do día 30 de xuño de

2016, e coa asistencia da Secretaria,

reuníronse, en primeira convocatoria, os

señores Concelleiros, que á marxe se

relacionan como asistentes, co obxecto de

celebrar Sesión Plenaria Ordinaria convocada

ó efecto.

A continuación procédese a trata-los

asuntos que figuran na Orde do Día:

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión

anterior de data 26 de maio de 2016.

2. Toma de coñecemento dos Decretos da

Alcaldía emitidos no mes de maio de 2016.

3. Toma de coñecemento da solicitude de

participación cidadá presentada por parte

de asociacións ou entidades en relación

con un punto da orde do día que lle afecte

directamente e posterior intervención a

través dun único representante das

mesmas.

4. Aprobación, se procede, do reaxuste de

anualidades 2016-2018 PXOM, obra

01/02/2004.

5. Aprobación, se procede, do expediente de

refinanciación das operacións de préstamo

a longo prazo nº 37306 e nº 002364

concertadas con ABANCA.

6. Toma de coñecemento da designación de

representante do grupo municipal do PP

na Fundación Pública de Servicios

Deportivos Municipais.

7. Ratificación, se procede, da Memoria de actividades realizadas pola FPSDM durante o ano

2015.

8. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo político municipal de EU sobre

aposta en marcha do “Plan Urxente Vilagarcía Barreiras Cero”.

9. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo político municipal do EU relativa

á declaración de “Concello oposto ao Acordo Transatlántico de Comercio e Investimento”

(TTIP).

10. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo político municipal de Somos

Maioría, para a celebración dunha homenaxe en memoria dos aviadores falecidos o 8 de

setembro de 1976 no Monte Xiabre.

11. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo político municipal do BNG sobre

a recuperación da Fonte e Lavadoiro de Trabanca Sardiñeira

12. Comparecencia dos Concelleiros de Deportes e Seguridade en relación co III Triatlón Rías

Baixas, acordada na sesión plenaria celebrada o día 26 de maio de 2016.

13. Interpelacións ou control das decisións do grupo de goberno.

14. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia.

15. Rogos e preguntas.

16. Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión.

1.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DAS ACTAS DAS SESIÓNS ANTERIORES DE DATAS 26 E

30 DE MAIO DE 2016..- Polo Sr. Alcalde pregúntase se hai algunha proposta de rectificación das

actas correspondentes ás sesións plenarias de datas 26 e 30 de maio de 2016.

- En relación coa acta do 26 de maio de 2016 o Sr. González Somoza indica que na súa

intervención no punto de Rogos e Preguntas, onde di “Servizo de Publicidade” debe dicir

“Servizo de Comunicación”.

Coa corrección citada queda aprobada a acta de 26 de maio por unanimidade.

- En relación coa acta de 30 de maio de 2016 a mesma queda aprobada por unanimidade.

2.- TOMA DE COÑECEMENTO DOS DECRETOS DA ALCALDÍA EMITIDOS NO MES DE MAIO

DE 2016: Pola Secretaria dáse conta ao Pleno da Corporación dos Decretos emitidos pola

Alcaldía:

RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA DE DATAS ANTERIORES:

Nº DESCRICIÓN

1 Aprobación de expediente de modificación de créditos de natureza non tributaria

1 Aprobación de expediente de modificación de créditos de transferencias de créditos

1 Recoñecemento de obrigas e orde de pago

1 Nomeamento de funcionario/a interino/a.

25 Compensación de oficio de débito e/ou crédito

RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA DO MES DE MAIO DE 2016:

Nº DESCRICIÓN

26 Aceptación de comunicación previa obra menor

3 Aceptación de comunicación previa para inicio e exercicio de actividade

1 Concesión de licenza municipal de apertura para actividade

1 Aceptación de comunicación previa obra menor

3 Concesión de licenza municipal para obras de canalización

1 Concesión licenza municikpal para segregación parcela

3 Concesión de legalización de obras e/ou instalación de rótulos

1 Concesión de licenza de primeira ocupación e acometida de auga

1 Concesión de licenza para acometida e conexión de auga e saneamento

1 Concesión de licenza municipal de obra menor

3 Concesión de licenza municipal de obra maior

1 Concesión de tarxeta de armas

3 Concesión de gratificación especial por diferencia retribucións complementarias por

traballo de superior categoría

3 Nomeamento de funcionario/a interino/a.

1 Designación Directora en Funcións da Biblioteca Municipal

2 Comunicación a organizacións sindicais dereito a formar parte mesa de negociación

conxunta

1 Recoñecemento e aboamento en nómina de servizos xornada nocturna

1 Recoñecemento e aboamento en nómina de servizos en domingo

1 Recoñecemento e aboamento en nómina de gratificación por festivos

1 Compensación económica períodos de vacacións non desfrutadas por funcionario

municipal

1 Adscrición conserxes de colexios durante periodo vacacións calendario escolar

1 Recoñecemento de obriga e orde de pagamento aportación plan de pensións mes de abril

1 Aprobación lista de canditados/as admitidos/as ou excluídos/as proceso selectivo de

auxiliares de policía local

1 Concesión de recompensas a dedicación e constancia de membros do corpo de policía

local

1 Desestimación recurso para restauración puntos carnet de conducir detraídos por sanción

imposta ano 2011

2 Declaración de improcedencia de inicio de procedemento sancionador por denuncias

infraccións de tráfico

6 Inicio de oficio de expedientes sancionadores de tráfico

7 Desestimación recurso de reposición interposto contra expedientes sancionadores de

tráfico

1 Recoñecemento de obriga e orde de pago amortizacións préstamos e liquidacións de

xuros mes de maio

1 Requirimento a ABANCA execución parcial garantía definitiva aval depositado por obras

de urbanización Veiga de Lamas

1 Estimación parcial recurso presentado por ABANCA contra resolución execución parcial

garantía definitiva aval por obras de urbanización Veiga de Lamas

1 Consideración desistimento petición fracciónamento de débeda e arquivo de expediente.

3 Compensación de oficio de débito e/ou crédito

4 Orde de pago de facturas

10 Concesión/denegación de fraccionamento de débeda

1 Aprobación expediente de modificación de créditos de transferencias de créditos de

persoal

3 Aprobación de expediente de modificación de créditos de transferencias de créditos

3 Aprobación de expediente de modificación de créditos de natureza non tributaria

1 Aprobación de expediente de modificación de saldos iniciais

2 Representación e defensa dos intereses do Concello exercida por letrado en

procedemento xudicial

1 Aprobación de gasto taxa por publicación anuncio no BOP

2 Incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística

1 Requirimento presentación informe-ditame de seguridade elementos exteriores do

inmoble

1 Arquivo do expediente de reposición da legalidade urbanidade urbanística

1 Denegar instalación barra exterior na fachada de establecemento actividade

TOTAL: 115

O Concello Pleno queda sabedor.

3.- TOMA DE COÑECEMENTO DA SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ PRESENTADA

POR PARTE DE ASOCIACIÓNS OU ENTIDADES EN RELACIÓN CON UN PUNTO DA ORDE

DO DÍA QUE LLE AFECTE DIRECTAMENTE E POSTERIOR INTERVENCIÓN A TRAVÉS DUN

ÚNICO REPRESENTANTE DAS MESMAS.:

Dáse conta do disposto no ARTIGO 23.- do Regulamento Orgánico do Pleno:

Cando algunha das asociacións ou entidades, ás que se refire o artigo 72 da Lei 7/1985, de 2 de

abril, desexen facer unha exposición ante o pleno, en relación con algún punto da orde do día

que lle afecte directamente, deberá solicitalo á alcaldía mediante escrito presentado no rexistro

do concello, un día antes da celebración da sesión plenaria. Coa autorización da alcaldía, e a

través dun único representante, poderá intervir durante o tempo que a alcaldía lle conceda, con

anterioridade á lectura, debate e votación da proposta incluída na orde do día.

Aqueles asuntos onde estean previstas as intervencións de asociacións ou entidades poderán ser

tratados con carácter preferente aos restantes asuntos incluídos na orde do día da

correspondente sesión plenaria.

Están presentadas as seguintes solicitudes de participación cidadá:

- Dona Mª Luisa Raño Naveiro en relación coa moción presentada polo grupo político municipal

de EU sobre “Plan Urxente Vilagarcía Barreiras Cero”.

- Dona Carmen Piñeiro López, en representación da CMVMC de Trabanca Sardiñeira, en relación

coa moción presentada polo grupo político municipal de Somos Maioría para celebración dunha

homenaxe en memoria dos aviadores falecidos o 8 de setembro de 1976 en Xiabre.

Dona Carmen Piñeiro López, en representación da AAVV de Trabanca Sardiñeira, en relación coa

moción presentada polo grupo político municipal do BNG sobre recuperación da fonte e

lavadoiro de Trabanca Sardiñeira.

A continuación pásase a tratar as mocións indicadas, producindose unha variación na orde dos

asuntos da sesión.

8.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO POLÍTICO

MUNICIPAL DE EU SOBRE APOSTA EN MARCHA DO “PLAN URXENTE VILAGARCÍA

BARREIRAS CERO”.: Dáse conta do ditame emitido pola C.I. ECONOMÍA, FACENDA E

ESPECIAL DE CONTAS, en sesión celebrada o día 27 de xuño de 2016, do seguinte teor:

Dáse conta da moción presentada polo grupo político municipal de EU coa data de 19 de maio

de 2016, do teor literal seguinte:

Grupo Municipal de Esquerda Unida, propón para o seu debate no Pleno a presente moción

D. Jesús López Rodríguez, Dª. María Mosquera Leal e D. Miguel Alves, en nome e representación do Grupo

Municipal de Esquerda Unida no Concello de Vilagarcía, mediante a presente veñen a presentar a seguinte

MOCIÓN para a posta en marcha do “Plan urxente Vilagarcía Barreiras Cero” en base a seguinte

consideración de motivos:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A nosa cidade é unha cidade con barreiras tanto urbanísticas como arquitectónicas que imposibilita ás

persoas con discapacidade levar unha vida normal. Seguindo co principio de igualdade e xustiza para

todos os cidadáns, temos que dar resposta urxente ás necesidades deste colectivo, que é totalmente

transversal á sociedade, incluíndo a traballadores, pensionistas, persoas que sofren enfermidades crónicas

e tamén a pequenos e pequenas. É claro que se queremos defender que todos e todas os que residimos

nesta vila deberíamos ter os mesmos dereitos, ademais de ter que asumir os mesmos deberes.

O centro da cidade e no caso do rural dunha forma aínda máis grave, a mala planificación da construcción

de beirarrúas e pasos peodoniles fan que cada poucos metros as persoas en cadeira de rodas teñan

grandes dificultades para transitar. As persoas con discapacidade visual ou sonora teñen que lanzarse á

cidade con todas as infraestructuras viarias e contra. A situación é totalmente insoportable, inxusta, e

ademais inclumple cos prazos de acondicionamiento impostos polas actuais leis que lexislan na materia no

noso país.

Por estes motivos solicitamos que se poñan en marcha de forma urxente acción que defendan os

principios da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, aprobada polas

Nacións Unidas o 13 de decembro de 2006, ratificada por España o 3 de maio de 2008, as

recomendacións do Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad (CERMI) e as

indicacións do Plan de acción Integral para as persoas con discapacidade de Galicia, 2010-2013 (PAIPDG).

É preciso acadarmos, de verdade, a accesibilidade universal en todos os aspectos da vida en sociedade,

afondando aspectos que quedaron tratados de forma superficial na recente lei 10/2014, de 3 de decembro,

de accesibilidade.

Sometemos por tanto a debate no Pleno Municipal, e solicitamos que se aprobe a adopción do seguinte

acordo:

PROPOSTA DE ACORDO

1. A modificación de forma urxente dos accesos dos pasos peoniles no centro da cidade, o

acondicionamiento do acceso aos principais edificios públicos como o Concello, a biblioteca pública e

Salón García, pavillóns deportivos e o auditorio municipal. Instar, coa mesma urxencia, á Xunta de

Galicia á adaptación dos accesos ao Hospital do Salnés.

2. Creación e posta en funcionamento dun Plan Integral de Accesibilidade das Persoas con

Discapacidade, realizado de forma participativa coas organizacións de persoas con diversidade funcional

e as súas familias, con compromiso de gastos e calendario de execución.

3. Auditoría integral de accesibilidade dos diferentes edificios que dependan da Corporación Local e

en consecuencia, planificación do seu acondicionamento para cumprir coa accesibilidade universal.

4. Establecemento da auditoría de accesibilidade en toda obra ou proxecto de infraestrutura ou

servizo que dependa do Concello, sen cuxo ditame non se poderá realizar a obra ou proxecto.

5. Creación do Fondo Local de Promoción da Accesibilidade Universal, do que se negociará que

porcentaxe se lle destinará do montante total do investimento que dedique de forma anual o Concello a

obras e infraestruturas.

6. Regulación mediante ordenanza e recoñecemento da lingua de signos e dos medios de apoio á

comunicación oral das persoas xordas, con diversidade funcional auditiva e visual.

7. Adaptabilidade do transporte público. O Concello comprometerase a non adquirir novos vehículos que

incumpran a norma da accesibilidade. Igualmente, comprométese a establecer unha reserva do 10% en

taxis accesibles.

8. Elaboración dun programa de axudas destinado ás persoas con diversidade para facer uso do

transporte público (autobuses e taxis accesibles).

9. O 5% das vivendas nas novas promocións de protección oficial e promoción pública deberá

cumprir cos principios da accesibilidade para persoas con problemas de mobilidade ou de

comunicación.

10. O Concello, tendo en conta a participación das organizacións de persoas con diversidade funcional e

as súas familias, atenderá as demandas de habilitación de programas de vivendas con apoio, pisos

piloto de convivencia, centros de vida independente, e aquelas variantes habitacionais que puidesen

xurdir das propias necesidades.

11. Planificación da mellora da sinalética dos edificios e dependencias municipais, asi como da

introdución de medidas de seguridade nas obras na vía pública para evitar accidentes ás persoas cegas e

con discapacidade visual.

12. O Concello utilizará todas as ferramentas dispoñibles para acadar que establecementos e

empresas privadas de Vilagarcía adapten os seus accesos: comercio local, entidades financieiras e

hostalaría.

13. Cumprir rigorosamente co estipulado na normativa no relativo ao porcentaxe mínimo de postos de

traballo municipais reservados a persoas con minusvalia.

En Vilagarcía a 18 de maio de 2016

Non habendo intervencións, sométese este asunto a votación co seguinte resultado:

VOTACIÓN:

Os/as representantes do grupo municipal de EU informan favorablemente.

As/os representantes dos grupos municipais do PP, BNG e Somos Maioría, din que se manifestarán no

Pleno e polo tanto abstense.

Os/as representantes do grupo municipal do PSdeG-PSOE informen desfavorablemente

En consecuencia e por maioría infórmase desfavorablemente a moción presentada polo grupo municipal de

EU sobre a posta en marcha do “Plan Urxente Vilagarcía Barreiras Cero”.

Dáse conta da emenda presentada polo grupo municipal de EU, seguinte:

MOCIÓN PLAN URXENTE VILAGARCÍA BARREIRAS CERO

A Comisión Informativa en sesión celebrada o día 27 de xuño de 2016 ditaminou desfavorablemente a moción para a posta en marcha do Plan Urxente de Vilagarcía Barreiras Cero. Vistos os informes incorporados ao expediente, presentase unha emenda ao ditame citado, coa finalidade de que o Pleno da Corporación adopte o acordo de aprobación dos seguintes apartados da moción, coa redacción que se transcribe. PROPOSTA DE ACORDO

1. A modificación dos accesos dos pasos peonís no centro da cidade, o acondicionamento progresivo do acceso aos principais edificios públicos como o Concello, a biblioteca pública e Salón García, pavillóns deportivos e o auditorio municipal. Instar, á Xunta de Galicia á adaptación dos accesos ao Hospital do Salnés (exteriores e internos). 2. Creación e posta en funcionamento no ano 2017 dun Plan Integral de Accesibilidade das Persoas con Discapacidade, realizado de forma participativa coas organizacións de persoas con diversidade funcional e as súas familias, con compromiso de gastos e calendario de execución que poderá ser plurianual.- se se trata dunha contía elevada.-

3. Auditoría integral de accesibilidade dos diferentes edificios que dependan da

Corporación Local e en consecuencia, planificación do seu acondicionamento para cumprir coa

accesibilidade universal que se realizará a longo desta lexislatura.

4. Establecemento da auditoría de accesibilidade en toda obra ou proxecto de

infraestrutura ou servizo que dependa do Concello a realizar no futuro, sen cuxo ditame non

se poderá realizar a obra ou proxecto.

5. Creación do Fondo Local de Promoción da Accesibilidade Universal, do que se negociará

que porcentaxe se lle destinará do montante total do investimento que dedique de forma anual o

Concello a obras e infraestruturas a partir do ano 2017.

6. Regulación mediante ordenanza e recoñecemento da lingua de signos e dos medios de

apoio á comunicación oral das persoas xordas, con diversidade funcional auditiva e visual. A

propia ordenanza, que será aprobada polo Pleno, regulará os actos e ocasións nos que se dará

apoio á comunicación oral das persoas xordas.

7. Adaptabilidade do transporte público. O Concello comprometerase a non adquirir novos

vehículos que incumpran a norma da accesibilidade. Igualmente, comprométese a incrementar

do actual 5 ata unha reserva do 10% en taxis accesibles.

8. Elaboración dun programa de axudas destinado ás persoas con diversidade para facer

uso do transporte público (autobuses e taxis accesibles) ou servizo público de taxis.

9. Chegar ata 5% das vivendas nas novas promocións municipais de protección oficial e

promoción pública no suposto de que o Concello decida promover este tipo de vivendas

debendo estas cumprir cos principios da accesibilidade para persoas con problemas de

mobilidade ou de comunicación.

10. O Concello, tendo en conta a participación das organizacións de persoas con diversidade

funcional e as súas familias, atenderá en arreglo ás súas competencias as demandas de

habilitación de programas de vivendas con apoio, pisos piloto de convivencia, centros de

vida independente, e aquelas variantes habitacionais que puidesen xurdir das propias

necesidades.

11. Planificación da mellora da sinalética dos edificios e dependencias municipais, así como

da introdución de medidas de seguridade nas obras na vía pública para evitar accidentes ás

persoas cegas e con discapacidade visual.

12. Cumprir rigorosamente co estipulado na normativa no relativo ao porcentaxe mínimo de postos de traballo municipais reservados a persoas con minusvalia. En Vilagarcía, a 29 de xuño de 2016.

O VOCEIRO DE EU

Jesús López Rodríguez

- Intervén Dona MªLuisa Rañó Naveiro esixindo a aplicación da normativa sobre de

accesibilidade.

- Intervén o Sr. López Rodríguez dicindo que é de xustiza. Hai que facer un esforzo grande.

Cando se vai a actividades, vese como as persoas con mobilidade reducida fan unha vida de

loita. Estase facendo deixadez de funcións cando non se aplica a Lei de accesibilidade (licenzas,

edificios, etc.), EU presenta esta moción e custou que fora debatida.

Na Comisión Informativa foi rexeitada e EU fixo unha emenda para chegar a un fin de xustiza.

Existe a norma dende o ano 2000 e dende o ano 2008 ademais existe unha norma clara,

debense poñer os medios.

Espera que se aprobe a moción e se aplique. Na actividade do Instituto o Alcalde falou dun

investimento de 50.000 € e débese facer tódolos anos.

Que se faga unha auditoría dos edificios públicos e hoxe se lles expuxeron as necesidades.

A Empresa Pereira ten autobuses adaptados, pero ás veces o bordo da beirarrúa non cumpre

coa accesibilidade e non vale de nada.

No Hospital débese tamén corrixir e afecta a moitas persoas.

Que se tome en serio este tema moitas grazas.

- Intervén o Sr. González Somoza dicindo que recibiu os cambios na moción de EU e a apoia.

Non hai orzamento pero pode modificarse. Non se pode facer todo de golpe pero si pouco a

pouco. Ten que haber esixencias mínimas e débese ir a mais, ten que haber máis taxis

adaptados. Se gasta tempo en darlle voltas ás mocións e se debe gastar o tempo nas

necesidades dos/as veciños/as.

- Intervén o Sr. Ríos González agradecendo a presenza dos/as afectados/as. Debe darse

visibilidade aos colectivos afectados e corrixir as situacións. Reiterar a urxencia das medidas

porque é de xustiza facer estas peticións. Na avda. Agustín Romero fixéronse edificacións con

barreiras e columnas.

- Intervén o Sr. Fole Díaz agradecendo a presenza do colectivo porque son os afectados e

coñecedores dos atrancos existentes, e aínda que antes non puideron chegar a todo cando foi

Alcalde, son necesidades, e o PP vai a apoiar a moción e fan unha emenda e esperan que sexa

aceptada.

O Parque da Xunqueira e a Praza de España son accesibles e chegaron a pequenas peticións.

Deben corrixirse os accesos a zonas deportivas, culturais, comerciais, e pódese empezar polas

prioridades.

Esta moción votouse en contra na Comisión Informativa.

Presentan a seguinte emenda:

Apartado 2: Consignando un mínimo do 5% do Plan de investimentos de cada ano desta

lexislatura.

Apartado 3: Auditoría no ano 2017.

- Intervén a Sra. García Sanmartín dicindo que o PSdeG-PSOE votará a favor da moción e de

votar un texto consensuado.

Indica que levan un ano de Goberno, queda moito por facer, neste Orzamento de 2016 hai 50.000

€. Fixeron unha rampla de acceso no SPAD. Vaise facer outra no Centro Cultural de Galáns.

Mantiveron contactos con COGAMI para traballar nesa liña. Bambáns para nenos/as con

discapacidade. Con BATA poñerán pictogramas. Existe bonificación do 90% no ICIO para obras

de accesibilidade e se incluirá para edificios tamén de persoas maiores.

Traballan coa Entidade “Con Eles”, “Princesa Letizia”, compráronse muletas anfibias (18 xogos),

hoxe mesmo o periódico La Voz de Galicia fala das praias de Vilagarcía como exemplo nesa liña.

- Intervén o Sr. López Rodríguez dicindo que lle sorprende a postura do PSOE despois da

Comisión Informativa na que viu moitas trabas. As emendas do PP parécenlle ben e as acepta.

Propón como engadido á moción: facer tódolos anos o día da accesibilidade, como se fixo este

ano no Castro Alobre.

- Intervén o Sr. Ríos González dicindo que reiteran a petición de traballar dun modo urxente.

O investimento, mellor o 10%.

- O Sr. Fole Díaz di que o PP fala de “un mínimo” do 5% e a auditoría marcará a porcentaxe.

- Intervén o Sr. Alcalde dicindo que Vilagarcía ten un suspenso en accesibilidade e hai moitas

cousas que cambiar e estánse facendo os proxectos para ser accesibles e corrixir as barreiras

arquitectónicas.

A maioría das estradas son autonómicas e hai ese problema pendente de accesibilidade.

Da as grazas polas suxerencias para correccións.

Sometida a votación a moción coas emendas de EU e o PP da o seguinte resultado:

VOTACIÓN.- Por unanimidade de tódolos/as concelleiros/as presentes no Pleno,

ACÓRDASE:

1. A modificación dos accesos dos pasos peonís no centro da cidade, o acondicionamento

progresivo do acceso aos principais edificios públicos como o Concello, a biblioteca pública e

Salón García, pavillóns deportivos e o auditorio municipal. Instar, á Xunta de Galicia á adaptación

dos accesos ao Hospital do Salnés (exteriores e internos).

2. Creación e posta en funcionamento no ano 2017 dun Plan Integral de Accesibilidade das

Persoas con Discapacidade, realizado de forma participativa coas organizacións de persoas con

diversidade funcional e as súas familias, co compromiso de consignación dun mínimo do 5% do

Plan de Investimentos de cada ano desta lexislatura.

3. Auditoría integral de accesibilidade dos diferentes edificios que dependan da Corporación

Local e en consecuencia, planificación do seu acondicionamento para cumprir coa accesibilidade

universal que se realizará no ano 2017.

4. Establecemento da auditoría de accesibilidade en toda obra ou proxecto de infraestrutura ou

servizo que dependa do Concello a realizar no futuro, sen cuxo ditame non se poderá realizar a

obra ou proxecto.

5. Creación do Fondo Local de Promoción da Accesibilidade Universal, do que se negociará que

porcentaxe se lle destinará do montante total do investimento que dedique de forma anual o

Concello a obras e infraestruturas a partir do ano 2017.

6. Regulación mediante ordenanza e recoñecemento da lingua de signos e dos medios de apoio

á comunicación oral das persoas xordas, con diversidade funcional auditiva e visual. A propia

ordenanza, que será aprobada polo Pleno, regulará os actos e ocasións nos que se dará apoio á

comunicación oral das persoas xordas.

7. Adaptabilidade do transporte público. O Concello comprometerase a non adquirir novos

vehículos que incumpran a norma da accesibilidade. Igualmente, comprométese a incrementar

do actual 5 ata unha reserva do 10% en taxis accesibles.

8. Elaboración dun programa de axudas destinado ás persoas con diversidade para facer uso do

transporte público (autobuses e taxis accesibles) ou servizo público de taxis.

9. Chegar ata 5% das vivendas nas novas promocións municipais de protección oficial e

promoción pública no suposto de que o Concello decida promover este tipo de vivendas

debendo estas cumprir cos principios da accesibilidade para persoas con problemas de

mobilidade ou de comunicación.

10. O Concello, tendo en conta a participación das organizacións de persoas con diversidade

funcional e as súas familias, atenderá en arreglo ás súas competencias as demandas de

habilitación de programas de vivendas con apoio, pisos piloto de convivencia, centros de vida

independente, e aquelas variantes habitacionais que puidesen xurdir das propias necesidades.

11. Planificación da mellora da sinalética dos edificios e dependencias municipais, así como da

introdución de medidas de seguridade nas obras na vía pública para evitar accidentes ás persoas

cegas e con discapacidade visual.

12. Celebrar tódolos anos o Día da Accesibilidade.

13.- Cumprir rigorosamente co estipulado na normativa no relativo á porcentaxe mínima de

postos de traballo municipais reservados a persoas con discapacidade.

10.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO POLÍTICO

MUNICIPAL DE SOMOS MAIORÍA, PARA A CELEBRACIÓN DUNHA HOMENAXE EN

MEMORIA DOS AVIADORES FALECIDOS O 8 DE SETEMBRO DE 1976 NO MONTE XIABRE.:

Dáse conta do ditame emitido pola C.I. ECONOMÍA, FACENDA E ESPECIAL DE CONTAS, en

sesión celebrada o día 27 de xuño de 2016, do seguinte teor:

Dáse conta da moción presentada polo grupo municipal de Somos Maioría coa data de 20 de

xuño de 2016, do seguinte teor:

GRUPO MUNICIPAL DE SOMOS MAIORÍA VILAGARCÍA

(PARTICIPACIÓN DEMOCRÁTICA DIRECTA DE GALICIA)

Gaspar Antonio González Somoza, concelleiro e voceiro do Grupo Municipal de Somos Maioría

Vilagarcía (PDDdG), ao abeiro do previsto no Regulamento de Organización, Funcionamento e

Réxime Xurídico das Entidades Locais, desexa propoñer para a súa consideración por parte do

Pleno Municipal de Vilagarcía de Arousa, na súa sesión ordinaria de xuño de 2016, a seguinte

moción:

MOCIÓN PARA A CELEBRACIÓN DUNHA HOMENAXE EN MEMORIA DOS AVIADORES

FALECIDOS O 8 DE SETEMBRO DE 1976 NO MONTE XIABRE

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O día 8 de setembro de 1976 ocorreu o terrible accidente no que perdían a vida os tres aviadores

José Luis Herráiz, José Cachofeiro e José Pérez ao caer á terra o seu hidroavión no Monte Xiabre

no medio dunha operación de extinción de incendios por parte do Instituto para a Conservación

da Naturaleza.

Os problemas técnicos que afectaron os motores do hidroavión provocaron este accidente que

non tivo consecuencias aínda peores grazas á manobra destes tres homes que desviaron a súa

nave para evitar que a mesma fose caer nunha área habitada, co que iso suporía o falecemento

de moitas máis persoas, xa que ademais no momento do accidente estábanse celebrando as

Festas de Guillán e nesa zona había moita xente nos arredores.

No seu momento realizouse unha homenaxe no lugar do sinistro no que se colocou un monolito

cos nomes dos falecidos. Hoxe en día, corenta anos despois do accidente, ese monumento de

homenaxe sofre as consecuencias do abandono e do vandalismo, polo que coincidindo co

corenta aniversario do accidente, este grupo propón que se realicen as obras de adecentamento

desa zona e a limpeza do monumento así como uns actos de homenaxe aos tres falecidos no

seu servizo de loita contra o lume nos nosos montes.

Por todo iso, o Grupo Municipal de Somos Maioría (PDDdG), facéndose eco dunha proposta

veciñal, proponlle ao Pleno do Concello de Vilagarcía de Arousa a adopción do seguinte

ACORDO:

1• O Concello de Vilagarcía de Arousa procederá ao acondicionamento da zona na que se atopa

o monumento de homenaxe aos falecidos no accidente do hidroavión do Grupo 43 do Instituto

para a Conservación da Natureza, así como á limpeza e adecentamento do monumento en si.

2• A celebración o día 8 de setembro de 2016 dun acto de lembranza aos tres falecidos, no

corenta aniversario do accidente, como homenaxe cidadá a todas aquelas persoas que loitan

contra os incendios forestais.

Non habendo intervencións, sométese este asunto a votación co seguinte resultado:

VOTACIÓN:

Os/as representantes do grupo municipal de Somos Maioría do informan favorablemente.

As/os representantes dos grupos municipais do PSdeG-PSOE, PP, EU e BNG, din que se

manifestarán no Pleno e polo tanto abstense.

En consecuencia infórmase favorablemente a aprobación da moción presentada polo grupo

municipal de Somos Maioría para a celebración dunha homenaxe en memoria dos aviadores

falecidos o 8 de setembro de 1976 no Monte Xiabre.

- Fala un representante da Comunidade de Montes de Trabanca Sardiñeira, para recordar o

acontecido o 8 de setembro de 1976.

Posteriormente fala o Presidente da Comunidade de Montes de Guillán solicitando unha

homenaxe conxunta entre as Comunidades de Montes e o Concello.

- Intervén o Sr. González Somoza dicindo que 40 anos é suficiente para unha homenaxe. Non

sabía da realización dun documental e pide que se colabore economicamente por parte do

Concello.

Indica que o monumento está abandonado, hai lixo, e o Concello debe limpar a zona e débese

facer unha homenaxe cidadá para esas 3 persoas que deron a vida na loita contra os lumes.

- Intervén o Sr. Ríos González dicindo que dende o BNG entenden que o esforzo destas persoas

debe recordarse e considera que debe servir para homenaxear os/as veciños/as que tamén

colaboran na loita contraincendios.

- Intervén o Sr. López Rodríguez dicindo que loitaban contra o lume e antepuxeron a súa propia

vida á dos veciños de Guillán. Esta xente salvou vidas.

Hai que converter esta homenaxe nunha xornada reivindicativa. A Xunta de Galicia está

prescindindo dos hidroavións nos incendios.

Que se instale algunha sinal sobre este monumento.

- Intervén o Sr. Fole Díaz agradecendo a iniciativa deste recoñecemento, cando se cumpriron 30

anos, no ano 2006 produciuse unha vaga de lumes. Di que estivo en incendios axudando aos

veciños e coas inundacións pasou o mesmo. O mellor recoñecemento e manter os montes en

condicións óptimas e está ben a iniciativa para este acto e o PP o apoia como un recordo.

Está de acordo con axudar e apoiar a iniciativa. Moitas grazas.

- Intervén a Sra. García Sanmartín dicindo que se o partido Popular non revisara a lexislación

para edificar en superficie queimada axudaría á conservación dos montes. O PSOE apoia a

moción, e o piloto da aeronave dirixiuse a Xiabre para evitar males maiores no pobo de Guillán

que estaba en festas.

Hai que fomentar a sensibilización cara os montes. O escudo de pedra foi feito polo meu avó.

Indica que o peor mes para os lumes é setembro. Retomaron no Concello o convenio da brigada

para extinción de incendios, con 5 persoas para a limpeza de montes e asinouse esta mañá.

- Intervén o Sr. González Somoza dicindo que o representante da Comunidade de Montes de

Guillán pide engadir que “O Concello colaborará economicamente co documental que se está a

elaborar”

.

Sometido a votación a moción coa emenda proposta da o seguinte resultado:

VOTACIÓN.- Por unanimidade de tódolos/as concelleiros/as presentes no Pleno (21 de 21)

ACÓRDASE:

1• Proceder ao acondicionamento da zona na que se atopa o monumento de homenaxe aos

falecidos no accidente do hidroavión do Grupo 43 do Instituto para a Conservación da Natureza,

así como á limpeza e adecentamento do monumento en si.

2• Celebrar o día 8 de setembro de 2016 un acto de lembranza aos tres falecidos, no corenta

aniversario do accidente, como homenaxe cidadá a todas aquelas persoas que loitan contra os

incendios forestais.

3. Colaborar economicamente dende o Concello co documental que se está elaborando.

11.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO POLÍTICO

MUNICIPAL DO BNG SOBRE A RECUPERACIÓN DA FONTE E LAVADOIRO DE TRABANCA

SARDIÑEIRA: Dáse conta do ditame emitido pola C.I. ECONOMÍA, FACENDA E ESPECIAL DE

CONTAS, en sesión celebrada o día 27 de xuño de 2016, do seguinte teor:

Dáse conta da moción presentada polo grupo político municipal do BNG coa data de 22 de xuño

de 2016, do seguinte teor:

MOCION SOBRE A RECUPERACIÓN DA FONTE E LAVADOIRO DE TRABANCA SARDIÑEIRA

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Os veciños e veciñas de Trabanca Sardiñeira veñen denunciando dende fai tempo o problema da

fonte desta parroquia. Un problema de perda do seu caudal ocasionado no seu día a

consecuencia das obras do AVE sobre o seu manancial ao seu paso por este lugar, e que ten

condenado aos veciños e veciñas de Trabanca Sardiñeira a prescindir dun servizo tan básico

como é o da auga deste manancial.

Esta falla de caudal ven ocasionando aos veciños e veciñas de Trabanca Sardiñeira o non poder

dispoñer, non só dun servizo tan necesario como pode ser a auga e do servizo do propio

lavadoiro; senón que polo que afecta a recuperación do noso patrimonio, e tamén como punto de

encontro e referencia para as relacións sociais entre os propios veciños.

Pois ben; a pesares que este é un problema que xa foi tratado e aprobado no seu día no pleno

do 3 de decembro do 2012. A día de hoxe aínda non foi resolto Por este motivo ademais,

podemos ver como este patrimonio e o seu entorno se vai deteriorando co paso do tempo e

tamén a falla de uso; e neste senso, estamos a comprobar como no propio lavadoiro comezan a

verse desperfectos en columnas, vigas do teito e pedras do propio lavadoiro.

Por todo o exposto o Grupo Municipal do BNG solicita deste pleno do Concello de Vilagarcía de

Arousa a Adopción dos seguintes

ACORDOS

1.- Que por parte do goberno deste Concello de Vilagarcía de Arousa, se realicen as xestións

correspondentes cos organismos e/ou empresas responsables deste problema de cara a que se

executen os traballos necesarios para recuperar, da forma máis urxente, o caudal na fonte de

Trabanca Sardiñeira.

2.-. Que se realicen as obras de arranxo do lavadeiro e de recuperación do seu entorno.

Vilagarcía de Arousa a 22 de xuño do 2016

Non habendo intervencións, sométese este asunto a votación co seguinte resultado:

VOTACIÓN:

Os/as representantes dos grupos municipais do BNG e Somos Maioría informan favorablemente.

As/os representantes dos grupos municipais do PSdeG-PSOE, PP e EU, din que se manifestarán

no Pleno e polo tanto abstense.

En consecuencia e por maioría infórmase favorablemente a aprobación da moción presentada

polo grupo político municipal do BNG sobre a recuperación da fonte e lavadoiro de Trabanca

Sardiñeira.

- Intervén Dona Mª Carmen Piñeiro López dicindo que é unha reivindicación antiga. Se tratou o

tema no ano 2012. Arranxouse no ano 2014 e no 2015 deixou de votar auga a fonte.

- Intervén o Sr. Ríos González dicindo que non hai mais que engadir. O problema existe dende as

obras do AVE, hai que rematar con ese problema. É un servizo moi necesario, é un patrimonio de

todos. Hai que esixir ao goberno que o faga.

- Intervén o Sr. González Somoza indicando que hai pouco que engadir. Debe arranxarse.

- Intervén o Sr. López Rodríguez dicindo que hai que conservar os recursos naturais como a

auga. Debe manterse o lavadoiro e dotar á fonte de auga, que son fruto da historia de Vilagarcía.

EU apoia a moción.

Intervén a Sra. Granja Guillán dicindo que sabe o que pelexaron os veciños pola fonte e o

lavadoiro. Os enxeñeiros propuxeron as placas solares para dotar de auga a fonte e buscaron

outro manancial e non sabe o que fallou.

Debe ser o Concello o que mire por estas cousas, non Fomento, e se debe modificar a Moción.

O PP vai votar a favor.

- Intervén a Sra. García Sanmartín dicindo que o PSOE apoia a iniciativa. Sempre apoiaron este

tema.

O Sr. Mouriño díxolle á Sra. Piñeiro que había outras prioridades, pero hai que facelo. Cando se

está na oposición se di que o faga o Concello e antes o PP dicía que era Fomento.

O goberno esixirá a Fomento que o arranxe, pois non hai proxecto no Concello, nin

documentación.

Apoian a moción. Instarán a Fomento.

- Intervén o Sr. Ríos González insistindo na petición dos veciños. O tema é urxente e non pode

seguir pendente, e o Concello ten que esixir e executar.

- Intervén o Sr. González Somoza indicando que a voceira do PP dicía que lle daba medo falar co

Ministerio de Fomento pero tamén debería darlle pavor que o Concello pague os erros do

Ministerio.

Indica que lle da igual de quen é a culpa, que se solucione xa e se deixe a liorta entre o PP e o

PSOE.

- Intervén o Sr. Alcalde dicindo que parece sinxelo de ver a responsabilidade, polas grandes

infraestruturas. Se fixeron xestións ante Augas de Galicia por el mesmo. Isto sae do peto de

todos, o Concello suple a outras Administracións, como no Ximnasio de Rubiáns, e hai que esixir

aos responsables o arranxo deste tema.

Sometido a votación o asunto polo Sr. Alcalde da o seguinte resultado:

VOTACIÓN.- Por unanimidade de tódolos/as concelleiros/as presentes no pleno (21 de 21)

ACÓRDASE:

1.- Que por parte do goberno deste Concello de Vilagarcía de Arousa, se realicen as xestións

correspondentes cos organismos e/ou empresas responsables deste problema de cara a que se

executen os traballos necesarios para recuperar, da forma máis urxente, o caudal na fonte de

Trabanca Sardiñeira.

2.-. Que se realicen as obras de arranxo do lavadeiro e de recuperación do seu entorno.

4.- TOMA DE COÑECEMENTO DA DESIGNACIÓN DE REPRESENTANTE DO GRUPO

MUNICIPAL DO PP NA FUNDACIÓN PÚBLICA DE SERVICIOS DEPORTIVOS MUNICIPAIS.:

Dáse conta do ditame emitido pola C.I. ECONOMÍA, FACENDA E ESPECIAL DE CONTAS, en

sesión celebrada o día 27 de xuño de 2016, do seguinte teor:

Dáse conta de escrito de Dona Ana Mª Granja Guillán dando conta da súa designación como representante

do grupo municipal do PP na Fundación Pública de Servizos Deportivos Municipais, en substitución de

Don Mónica Miguéns Iglesias.

A Comisión queda sabedora.

O Concello Pleno queda sabedor.

5.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO REAXUSTE DE ANUALIDADES 2016-2018 PXOM,

OBRA 01/02/2004.: Dáse conta do ditame emitido pola C.I. ECONOMÍA, FACENDA E ESPECIAL

DE CONTAS, en sesión celebrada o día 27 de xuño de 2016, do seguinte teor:

Dáse conta da Memoria da Alcaldía do teor seguinte:

O artigo 174 do R.D.L. 2/2004, do 5 de marzo, Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas

Locais, Real Decreto 500/90, do 20 de abril, nos seus artigos 79 a 88 e a Base número 29 de

Execución do Presuposto, autorizan ás Corporacións Locais a adquirir compromisos de gastos

que teñan que estenderse a exercicios posteriores a aquel no que se autoricen, sempre que a súa

execución se inicie no propio exercicio e que ademais tales gastos estean, entre outros,

destinados a obras de inversións, transferencias de capital e demais contratos de consultoría,

asistencia técnica…etc.

O apartado 3 do artigo 174, citado anteriormente, sinala o número de exercicios ós que pode

aplicarse o gasto plurianual, así como que, en determinados casos, o gasto que se impute a cada

un dos exercicios futuros non poderá exceder da cantidade que resulte de aplicar ó crédito

correspondente do ano en que a operación se compromete, uns determinados porcentaxes,

podendo o Pleno da Corporación, en casos excepcionais, elevar os mesmos e as anualidades

(art. 174.5).

Vista a derradeira Resolución da Secretaría Xeral de Ordeación do Territorio e Urbanismo de 20

de maio de 2016, que aproba un novo reaxuste (2016-2019), dos importes das anualidades nas

que se ten distribuída a axuda que cofinancia o proxecto de gasto Nº 01/02/2004 “Revisión

PXOM, co seguinte desglose:

Fases de Execución Porcentaxe Importe Anualidades

2º Ab. Pres. para inf. Previo á A.I. 20% 53.420,40 2016 53.420,40 €

3º Ab Aprobación Inicial 20% 53.420,40 2017 53.420,40 €

4º Ab. Aprobación Provisional 20% 53.420,40 2018 53.420,40 €

5º Ab. Aprobación Definitiva 20% 53.420,40 2019 53.420,40 €

Visto o informe de Intervención Ref.: CV 173/2016, no que pon de manifesto que no cronograma

aprobado pola Secretaría Xeral segue aparecendo a fase 2ª como pendente de execución debido

inda non se remitiu toda a documentación xustificada de dita anualidade, nos termos do artigo 16

da orde do 20 de abril de 2007 reguladora da axuda e que polo tanto o reaxuste debería comprender exclusivamente as fases que quedan por executar (3ª, 4ª e 5ª), polo que o

cronograma que procedería aprobar sería o seguinte:

Fases de Execución Porcentaxe Importe Anualidades

3º Ab Aprobación Inicial 20% 53.420,40 2016 53.420,40 €

4º Ab. Aprobación Provisional 20% 53.420,40 2017 53.420,40 €

5º Ab. Aprobación Definitiva 20% 53.420,40 2018 53.420,40 €

Por todo o exposto, esta Alcaldía somete á Corporación Municipal á adopción dos seguintes

acordos:

1.- Aprobar o seguinte reaxuste de anualidades do proxecto de gasto Nº 01/02/2004“ REVISIÓN

PXOUM”, dando traslado á Secretaría Xeral de Ordeación do Territorio e Urbanismo:

Fases de Execución Porcentaxe Importe Anualidades

3º Ab Aprobación Inicial 20% 53.420,40 2016 53.420,40 €

4º Ab. Aprobación Provisional 20% 53.420,40 2017 53.420,40 €

5º Ab. Aprobación Definitiva 20% 53.420,40 2018 53.420,40 €

2.- Modificación do Anexo de Investimentos 2016 nos termos expostos.

Vilagarcía de Arousa, 17 de xuño de 2016

A ALCALDE

Asdo/. Alberto Varela Paz

Non habendo intervencións, sométese este asunto a votación co seguinte resultado:

VOTACIÓN:

Os/as representantes dos grupos municipais do PSdeG-PSOE e PP informan favorablemente.

As/os representantes dos grupos municipais de EU, BNG e Somos Maioría, din que se

manifestarán no Pleno e polo tanto abstense.

En consecuencia e por maioría infórmase favorablemente a aprobación do reaxuste de

anualidades 2016-2018 PXOM, obra 01/02/2004.

- Intervén a Sra. García Sanmartín dicindo que se reaxustan as anualidades. Estivo o PXOM nun

caixón e lle están dando un impulso.

Agora coa Lei do Solo a empresa tivo que adaptar o documento e en breve prazo se convocará

aos voceiros para traballar no mesmo.

- Intervén o Sr. González Somoza pedindo que se explique que pasou con esa anualidade do ano

2016, porque non se presentou toda a documentación e se cambia a anualidade.

- Intervén o Sr. Alcalde dicindo que a Consellería pagará cando se remita o PXOM a informe

previo da Secretaría Xeral de Urbanismo e ata agora non aboa eses 53.420 €, que quedan

pendentes dese trámite.

- Intervén o Sr. Ríos Gonzáldez dicindo que é necesario o reaxuste e que se presente o avance

do PXOM. Lembra que está iniciada unha modificación parcial que obriga a actuar sobre o

PXOM.

O BNG votará a favor deste asunto que ven hoxe a Pleno.

- Intervén o Sr. López Rodríguez dicindo que hai que facelo ben. É o 2º reaxuste que se fai. Fai un

chamamento para debater sobre a Ordenanza do IBI. É unha falta de respecto ao grupo de EU,

está informada e se obstaculiza a toma de decisións sobre o IBI.

- Intervén o Sr. Fole Díaz indicando que quere facer un matiz: é un reaxuste de anualidades, dise

que o PXOM antes estaba en un caixón e agora está enriba da mesa. Levan un ano e non se lles

ensinou a ninguén. No 2007 estivo nun caixón e estivo paado na Xerencia de Urbanismo e o PP

avanzou na súa lexislatura. Non saben que impulso se deu con este novo Goberno. Houbo

modificacións dende o ano 2007 na Lei do Solo tamén. Xa pasou un ano, en setembro de 2015

se asinou un acordo co PP e figuraban grupos de traballo para o PXOM, vai facer un ano e nada

de nada.

Pide unha explicación á Concelleira de Urbanismo, como non van as cousas máis rápido se

vostedes saben dese tema.

Coa ordenanza de terrazas parece que van a buscar o consenso con tres concelleiros e pide

unha explicación.

- Intervén o Sr. Alcalde dicindo que o documento de inicio do PXOM estaba entregado no

Concello. En catro anos do PP non fixeron o informe previo para a aprobación inicial, fixeron

unha reunión coa oposición no Salón de Plenos e o Sr. Fole se reuniu dúas veces cos técnicos e

a actual Concelleira se reuniu moitas veces.

Os grupos políticos deben aportar as súas ideas, pero o PP que non lles de leccións. Tiñan

maioría absoluta, mandaron ao Concelleiro de IVIL ao Senado e non aprobaron o PXOM.

- Intervén o Sr. González Somoza dicindo que nas fichas de desenvolvemento do proxecto figura

2018 e vaise retrasar un ano. As anualidades van cambiando se non se xustifica.

- Intervén o Sr. Fole Díaz e pide unha reunión cos grupos municipais para ver a evolución dende o

ano 2007 do PXOM, que é cando o actual Alcalde se incorpora á Xerencia de Urbanismo na

Corporación anterior, e había que solucionar o tema de Lantero e por iso se retrasou o PXOM.

- Intervén o Sr. Alcalde dicindo ao Sr. Fole que pediu o PXOM cando xa no era Alcalde. É

bastante recorrente botar a culpa aos funcionarios municipais polo PXOM e o seu retraso.

Se convocará a tódolos grupos para examinar o PXOM.

Sometido a votación o asunto polo Sr. Alcalde da o seguinte resultado:

VOTACIÓN.- Con vinte votos a favor dos membros pertencentes ós grupos políticos municipais

do PSG-PSOE (8), PP (7), EU (3) e BNG (2) e unha abstención do membro do grupo político

municipal de Somos Maioría (1)

ACÓRDASE: Por maioría

1.- Aprobar o seguinte reaxuste de anualidades do proxecto de gasto Nº 01/02/2004“ REVISIÓN

PXOUM”, dando traslado á Secretaría Xeral de Ordeación do Territorio e Urbanismo:

Fases de Execución Porcentaxe Importe Anualidades

3º Ab Aprobación Inicial 20% 53.420,40 2016 53.420,40 €

4º Ab. Aprobación Provisional 20% 53.420,40 2017 53.420,40 €

5º Ab. Aprobación Definitiva 20% 53.420,40 2018 53.420,40 €

2.- Modificación do Anexo de Investimentos 2016 nos termos expostos.

6.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO EXPEDIENTE DE REFINANCIACIÓN DAS

OPERACIÓNS DE PRÉSTAMO A LONGO PRAZO Nº 37306 E Nº 002364 CONCERTADAS

CON ABANCA.: Dáse conta do ditame emitido pola C.I. ECONOMÍA, FACENDA E ESPECIAL DE

CONTAS, en sesión celebrada o día 27 de xuño de 2016, do seguinte teor:

Dáse conta da proposta da Alcaldía do seguinte teor:

Pola Sra. Concelleira de Economía e Facenda proponse a concertación dunha operación de

préstamo que refinancie dúas operación concertadas anteriormente polo Concello de Vilagarcía

de Arousa ca finalidade de conseguir un menor gasto financeiro anual.

Considerando que o artigo 49 do TRLRFL prevé a posibilidade de que para o financiamento dos

seus investimentos, así como para a substitución total ou parcial de operacións preexistentes, as

entidades locais poderán acudir ao crédito público e privado, a longo prazo, en calquera das

súas formas.

Considerando que o Concello de Vilagarcía de Arousa ten na actualidade dezasete préstamos

vivos concertados con entidades financeiras, e que dous deles teñen unhas condicións que se

poden considerar máis gravosas na actualidade; vese necesaria a concertación dunha operación

de endebedamento a longo prazo para a substitución parcial das operacións existentes, en

particular das seguintes:

Préstamo Abanca 37306 (30/06/2009) – Euribor 3 m + 1,70 – Capital vivo: 993.560,93 €.

Préstamo Abanca 002364 (07/05/2014) – Euribor 3 m + 1,95 – Capital vivo: 1.210.994,55 €.

Á vista da liquidación do Orzamento do exercicio 2015, con resultado orzamentario, remanente

de tesourería para gastos xerais, superávit e aforro neto positivo, así como volume de

endebedamento inferior ao 75 %.

Vistos os informes emitidos pola Tesourería e Intervención Municipais (TES/42/2016 e

CV183/2016, respectivamente), propoño que, por parte da Comisión Informativa de Economía

Facenda e Especial de Contas se dictamine favorablemente; así como a adopción, por parte do

Pleno, do seguinte acordo:

Primeiro.- Aprobación do prego de condicións para a concertación dun préstamo por importe de

2.127.286,02 €.

Segundo.- Remisión de invitacións ás entidades financeiras colaboradoras na recadación no

Concello de Vilagarcía de Arousa, para a súa participación no procedemento de contratación.

Vilagarcía de Arousa, 20 de xuño de 2016.

Non habendo intervencións, sométese este asunto a votación co seguinte resultado:

VOTACIÓN:

Os/as representantes do grupo municipal do PSdeG-PSOE informan favorablemente.

As/os representantes dos grupos municipais do PP, EU, BNG e Somos Maioría, din que se

manifestarán no Pleno e polo tanto abstense.

En consecuencia e por maioría infórmase favorablemente a aprobación do expediente de

refinanciación das operacións de préstamo a longo prazo nº 37306 e nº 002364, concertadas con

ABANCA.

- Intervén a Sra. García Sanmartín dicindo que é para o refinanciamento de dous créditos. No

préstamo anterior esixiuse o compromiso de no efectuar desafiuzamentos. Rebaixar o tipo de

xuro e reducir 250.000 € en xuros son os obxectivos.

- Intervén o Sr. González Somoza dicindo que é unha operación beneficiosa para o Concello. A

débeda municipal é de moitos millóns de euros, e aínda solicitaron agora un préstamo de

650.000 €.

Aprobáronse os orzamentos pola Xunta de Goberno Local e pola porta de atrás.

Non vai a opoñerse. Vai absterse.

- Intervén o Sr. Rios González dicindo que as medidas de aforro o BNG as apoia. Que non se

formalicen os préstamos con entidades bancarias que practiquen desafiuzamentos. Os aforros

que se destinen a temas prioritarios (emprego, becas, etc.)

O BNG votará a favor.

- Intervén o Sr. López Rodríguez dicindo que se fala dun aforro nos xuros e disponse deses

cartos. É unha operación favorable, e os cartos están dispoñibles. Aprobouse unha moción de

barreiras cero e tamén vale para compensar a redución do IBI que se negan a debater e fixalo no

0,52%.

Debe rebaixarse a carga impositiva das familias e reducir o IBI ao 0,52%.

- Intervén a Sra. Castro Vidal para manifestar as felicitacións ao departamento económico, pero

isto se pode facer porque o endebedamento está no 50% agora, e antes estaba no 78% no ano

2011.

As circunstancias son diferentes, e antes se facía a amortización de débeda coa aplicación do

superavit. Esta operación permite un aforro para o Concello.

Sometido a votación o asunto polo Sr. Alcalde da o seguinte resultado:

VOTACIÓN.- Con vinte votos a favor dos membros pertencentes ós grupos políticos municipais

do PSG-PSOE (8), PP (7), EU (3) e BNG (2) e unha abstención do membro do grupo político

municipal de ) Somos Maioría (1)

ACÓRDASE: Por maioría

Primeiro.- Aprobar o prego de condicións para a concertación dun préstamo por importe de

2.127.286,02 €.

Segundo.- Remitir invitacións ás entidades financeiras colaboradoras na recadación no Concello

de Vilagarcía de Arousa, para a súa participación no procedemento de contratación.

7.- RATIFICACIÓN, SE PROCEDE, DA MEMORIA DE ACTIVIDADES REALIZADAS POLA

FPSDM DURANTE O ANO 2015.: Dáse conta do ditame emitido pola C.I. ECONOMÍA,

FACENDA E ESPECIAL DE CONTAS, en sesión celebrada o día 27 de xuño de 2016, do seguinte

teor:

Dáse conta do acordo do Consello Reitor da Fundación Pública de Servizos Deportivos

Municipais, en sesión celebrada o día 5 de maio de 2016, seguinte:

1.- APROBACIÓN, SE PROCEDE DA MEMORIA DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS REALIZADAS

DURANTE O ANO 2015.

Polo Sr. Director Deportivo fai un breve resumo do contido da memoria de actividades realizadas

durante o ano 2015 e indica que no expediente están todas as actividades que se realizaron ao

longo do ano 2015, desglosadas nos seguintes apartados:

1°.- Actividades para Nenos/as:

1.1.- Escola Deportiva de Psicomotricidade:

1.1.1.- Curso 2014/15

1.1.2.- Curso 2015/16

1.2.- Escola Multideportiva:

1.2.1.-curso 2014/15

1.2.2.- Curso 2015/16

1.3.- Escola Deportiva de Base:

1.3.1.- Curso 2014/15

1.3.2.- Curso 2015/16

2.- Actividades Físico Recreativas para Adultos:

2.1.- 2° Curso de Actividades para Adultos 2014/15:

2.1.1.- 2° Curso de Ximnasia de Mantemento

2.1.2.- 2° Curso de Ximnasia Acuática

2.1.3.- 2° Curso de Aeróbic

2.1.4.- 2° Curso de Badminton

2.1.5.- 2º Curso de TaiChi

2.1.6.- 2° Curso de Ioga

2.1.7.- 2º Curso de Pilates

2.1.8.- 2º Curso de ximnasia Funcional

2.2.- 3° Curso de Actividades para Adultos 2014/15:

2.2.1.- 3° Curso de Ximnasia de Mantemento

2.2.2.- 2° Curso de Ximnasia Acuática

2.2.3.- 3º Curso de Aeróbic

2.2.4.- 3° Curso de Badminton

2.2.5.- 3° Curso de TaiChi

2.2.6.- 3° Curso de Ioga

2.2.7.- 2º Curso de Pilates

2.2.8.- 2º Curso de ximnasia Funcional

2.3.- 1° Curso de Actividades para Adultos 2015/16:

2.3.1.- 1° Curso de Ximnasia de Mantemento

2.3.2.- 1° Curso de Ximnasia Acuática

2.3.3.- 1° Curso de Aeróbic

2.3.4.- 1° Curso de Badminton

2.3.5.- 1º Curso de TaiChi

2.3.6.- 1° Curso de Ioga

2.3.7.- 1º Curso de Pilates.

2.3.8.- 1º Curso de Ximnasia Funcional

3.-Actividades Deportivas de Verán 2015:

3.1.- Escola Multideportiva de Verán

3.2.- Actividades Físico Deportivas.

3.3.- Competicións deportivas:

3.3.1.- XIX Torneo de Fútbol Praia.

3.3.2.- XIII Torneo de Tenis de Verán

3.3.3.- XII Carreira Nocturna Concello de Vilagarcía

3.3.4.- XXII Memorial Adolfo Pedrido Morla

3.4.- Vilagarcía A Mares:

3.4.1.- LII Travesía A Nado do Porto De Vilaxoán.

3.4.2.- XXXIII Travesía a Nado do Porto de Vilagarcía.

3.4.3.- XXI Bandeira Concello de Vilagarcia de Traiñas

3.4.4.- X Semana Náutica e Cultural de Vilaxoán

4.- Outros eventos deportivos

Prodúcese un pequeno debate e unha vez finalizadas todas as intervencións o Consello Reitor

por unanimidade acorda aprobar a Memoria de Actividades realizadas durante o ano 2015 e

remiti-la ao Pleno-Concello, para a súa ratificación, se procede.”

Non habendo intervencións, sométese este asunto a votación co seguinte resultado:

VOTACIÓN:

Os/as representantes dos grupos municipais do PSdeG-PSOE, PP e Somos Maioría informan

favorablemente.

As/os representantes dos grupos municipais de EU e BNG, din que se manifestarán no Pleno e

polo tanto abstense.

En consecuencia e por maioría infórmase favorablemente a aprobación da Memoria de

Actividades realizadas pola FPSDM durante o ano 2015.

- Intervén o Sr. Serén Mera dicindo que o 5 de maio se aprobou a memoria de actividades

deportivas na FPSDM por unanimidade, unhas son de xestión directa e outras de xestión

indirecta.

Sometido a votación o asunto polo Sr. Alcalde da o seguinte resultado:

VOTACIÓN.- Por unanimidade de tódolos/as Concelleiros/as presentes no Pleno (21 de 21)

ACÓRDASE: Aprobar a Memoria de Actividades realizadas pola FPSDM durante o ano 2015.

9.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO POLÍTICO

MUNICIPAL DO EU RELATIVA Á DECLARACIÓN DE “CONCELLO OPOSTO AO ACORDO

TRANSATLÁNTICO DE COMERCIO E INVESTIMENTO” (TTIP).: Dáse conta do ditame emitido

pola C.I. ECONOMÍA, FACENDA E ESPECIAL DE CONTAS, en sesión celebrada o día 27 de xuño

de 2016, do seguinte teor:

Dáse conta da moción presentada polo grupo político municipal de EU coa data de 18 de xuño

de 2016, do seguinte teor:

Grupo Municipal de Esquerda Unida, propón para o seu debate no Pleno a presente moción

D. Jesús López Rodríguez, Dª. María Mosquera Leal e D. Miguel Alves, en nome e representación

do Grupo Municipal de Esquerda Unida no Concello de Vilagarcía, mediante a presente veñen a

presentar a seguinte MOCIÓN relativa á Declaración de “Municipio oposto ao Acordo

Transatlántico de Comercio e Investimento (en inglés TTIP)” en base a seguinte

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A Comisión Europea iniciou a negociación cos Estados Unidos (EEUU) para o desenvolvemento

do Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos (en inglés TTIP) en 2013. Desde entón, a

UE e EEUU están a negociar, de costas á cidadanía e aos seus representantes políticos

(parlamentos), un amplo acordo de liberalización de comercio e investimentos, que representa un

serio perigo para a democracia, a soberanía e a debida protección dos dereitos humanos e a

natureza, antepondo o interese comercial dos investidores e empresas transnacionais (ETN) ao

interese xeral.

O TTIP inclúe medidas para a protección dos investidores a través de Mecanismos de Arbitraxe

Inversor¬-Estado (ISDS) que establecerán compensacións económicas dos estados aos

investidores cando se reduzan os beneficios presentes e/ou futuros dunha compañía (aínda que

isto implique a desprotección de dereitos laborais ou da natureza), e onde, ademais dos altos

custos, as decisións son firmes e non poden ser apeladas.

A pesar de que a Comisión Europea propuxo recentemente unha reforma do ISDS, a través da

introdución do Sistema Xudicial de Inversores (ICS en inglés), dita reforma non aborda os efectos

fundamentais do ISDS. O ICS introduce unha cara máis amable do ISDS, pero os privilexios dos

inversores seguirían sendo os mesmos pois, entre outras cuestións, os estados continuarían sen

poder demandar ás empresas.

Ao tempo, o TTIP instaura a creación dun ente permanente chamado Organismo de

Cooperación Reguladora que supervisará todos os regulamentos e actos normativos da UE e os

seus Estados Membros (incluídos gobernos central e local) que dá acceso directo a que os

lobbies empresariais inflúan e modifiquen no seu propio beneficio a lexislación actual e futura. A

cooperación reguladora implicaría que calquera iniciativa regulamentaria municipal podería ser

cuestionada polas ETN, funcionando como un filtro custo/¬beneficio e como unha avaliación de

impacto comercial, o que na práctica suporía un bloqueo da maioría das normas que se

pretendesen establecer (facendo practicamente imposibles, por exemplo, as

remunicipalizacións).

Este tratado suporía a mercantilización absoluta das nosas vidas e o sometemento total da

soberanía dos estados aos intereses das grandes corporacións.

Á cidadanía interésalle que os servizos públicos sexan eficientes para asegurar unha boa

calidade de vida. O Tratado de Lisboa concede aos Estados Membros da UE a competencia para

definir e organizar os servizos do interese xeral. En contraste con iso, os acordos comerciais

implican, a miúdo, o risco de restrinxir as políticas públicas con “cláusulas freo”, especialmente

no campo dos servizos públicos.

Calquera clase de acordo, incluíndo a contratación pública debe conducir a aumentar as

garantías e non a reducilas. O TTIP non debe, á súa vez, pór en perigo os aspectos progresivos

da lei de contratación pública da UE, xa que estes permiten que se realicen as contratacións

públicas, tendo non só en conta o prezo senón tamén outros aspectos como os ambientais e os

sociais.

O TTIP, ao perseguir a liberalización total dos servizos públicos e a apertura de prestación dos

mesmos ás ETN, así como ás compras e licitacións de bens e servizos das Administracións

Públicas, pon en perigo todos os servizos e compras públicas, en todos os niveis de poder, e

compromete a habilidade dos representantes elixidos para administrar libremente as súas

comunidades, así como promocionar a industria, emprego e iniciativas locais.

Deste xeito, as leis do comercio priman sobre calquera outra consideración social, e ignoran

calquera lexislación continental, estatal, nacional, rexional ou local. As comunidades atópanse

dominadas por axustes estruturais restritivos debidos aos acordos e as políticas de libre

comercio e de protección do investidor. Esta lóxica desmantela os servizos públicos e suprime a

liberdade dos poderes locais para fornecer os servizos públicos e satisfacer as necesidades

sociais das súas poboacións, atendendo a políticas e plans de desenvolvemento industrial e de

fomento da industria e emprego locais.

A maior liberalización das relación comerciais EEUU¬UE, tal como está concibida, implicaría una

rebaixa dos estándares europeos e estadounidenses, xa que ditos regulamentos enfróntanse aos

beneficios das corporacións. Deste xeito poríase fin ao “principio de precaución” vixente en

Europa, o cal regula a lexislación sobre alimentación e dereitos dos consumidores e

consumidoras de Europa.

A aprobación do TTIP contribuiría, no caso do Estado español, á planificada ofensiva do

neoliberalismo conservador do goberno estatal de desmantelamento dos municipios, que baixo o

nome de Lei de Racionalización e Sostenibilidade da Administración Local pretende tres

obxectivos básicos:

● Restrinxir a democracia e a autonomía local.

● Suprimir competencias e servizos públicos locais.

● Privatizar de xeito total os servizos municipais.

As cidades e os municipios europeos recoñecen a importancia do comercio de mercadorías e de

servizos para o benestar da cidadanía. Con todo, a competitividade e o desenvolvemento

económico non deberían ser os únicos criterios para determinar os acordos comerciais tales

como o TTIP. Así mesmo, os aspectos ecolóxicos e sociais teñen que ser considerados en

calquera negociación comercial bilateral.

Os diferentes gobernos da UE, dende o local ao estatal, teñen dereito a ser informados sobre a

lexislación que vai ser acordada a escala europea, para que deste xeito poidan expresar as súas

opinións. Dereito que, no caso dos diferentes tratados de libre comercio (como o TTIP ou o

CETA) non se facilitou.

As Administracións Locais:

• ao estar preto das necesidades dos seus pobos, teñen o deber de inxerencia e de

resposta respecto do que planea o TTIP, se non queren ser corresponsables de poñer ás

persoas e ao planeta en perigo.

• sendo as canles adecuadas para promover os servizos públicos e a industria e

emprego locais, esfórzanse para a súa promoción como resposta ao interese común.

• están obrigadas a resolver os retos sociais, económicos e ambientais e,

conseguintemente, a defender a universalidade dos servizos públicos e a protección da

cidadanía. O TTIP implicará a aplicación de prácticas hoxe prohibidas na UE.

As colectividades locais desexan ampliar o debate público e democrático sobre o que está

verdadeiramente en xogo tras este Tratado e a sorte que correrán os servizos e compras

públicos:

● o comercio e o investimento soamente poden contribuír ao ben común e conducir a

intercambios económica e socialmente beneficiosos se respecta as necesidades

humanas en todo lugar, e non se basea no beneficio dos especuladores financeiros e das

empresas multinacionais.

● a eliminación programada e progresiva dos servizos públicos é ao mesmo tempo a

eliminación programada e progresiva da solidariedade e a democracia.

● a apertura máxima dos servizos e as compras públicas á competencia produce

efectos contraproducentes en canto á súa accesibilidade, a súa calidade e o seu

custo.

● os dereitos sociais son dereitos inalienables, polo que non poden depender

exclusivamente da lóxica do mercado.

● só a existencia diversificada de servizos públicos socialmente útiles, permite asegurar

unha calidade de vida digna para todos e en todas partes, en estreito nexo co exercicio real

da democracia.

● o control público debe preservarse para garantir o acceso aos bens comúns e á

creación de novos servizos públicos, así como para favorecer a industria e emprego

locais.

Por todo o anteriormente exposto, o grupo municipal de Esquerda Unida, somete á

consideración do Pleno do Excmo. Concello de Vilagarcía de Arousa a seguinte MOCIÓN

1.- Declarar ao Municipio de Vilagarcía de Arousa como “Municipio oposto ao Acordo

Transatlántico de Comercio e Investimento (en inglés TTIP)”, defendendo os servizos públicos

básicos para a solidariedade e redistribución social.

2.- Solicitar do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas do Goberno de España:

●o seu apoio a todas as iniciativas dirixidas a manter o carácter público dos chamados

servizos socialmente útiles.

● a derrogación inmediata con carácter retroactivo da “Lei de Racionalización e

Sostenibilidade da Administración Local” para lexislar no seu lugar unha nova normativa

enfocada ao desenvolvemento da economía local.

3.- Solicitar do Ministerio de Economía e Competitividade do Goberno de España a suspensión

das negociacións do TTIP e outros acordos comerciais similares como o TISA (Acordo

Multilateral para a Liberalización e Privatización de Servizos Públicos), e a non ratificación do

CETA (Acordo de Libre Comercio entre Canadá e a UE).

4.- Solicitar igualmente do Ministerio de Economía e Competitividade do Goberno de España

que:

● mecanismos como o ISDS, o ICS ou similares non sexan incluídos neste nin en ningún

outro Tratado, e sexan eliminados dos tratados actualmente en vigor.

● se aplique o mesmo que no punto anterior para disposicións sobre servizos públicos e

a propiedade intelectual, e que sexan excluídos do Tratado.

● se evite a participación directa ou indirecta das ETN,a través de calquera tipo de

organismo ou lobby, nos procesos reguladores ou normativos da UE e os seus Estados

Membros en relación con temas sociais, laborais, sanitarios, medioambientais ou de calquera

outra materia. Os entes reguladores públicos poderán en todo caso establecer consultas non

discriminatorias coas organizacións democráticas da sociedade civil.

● no caso de que as negociacións do TTIP frutifiquen nun texto consolidado, o proceso de

ratificación, en coherencia coa legalidade europea e cos precedentes de anteriores tratados de

carácter mixto, teña que pasar, ademais de polo Consello e o Parlamento Europeo, polos

parlamentos dos 28 Estados Membros da UE e por referéndums vinculantes, xa que o contido do

TTIP desborda as competencias exclusivas da Comisión Europea e debe ser, por tanto,

considerado como un acordo mixto.A mesma esixencia é aplicable á ratificación do CETA e do

TISA.

● o Tratado non se limite a obxectivos meramente económicos, que non se perdan

competencias e que se lle dea a mesma importancia e consideración aos obxectivos sociais e

aos ambientais.

● se termine a actual falta de transparencia das negociacións, se faga pública toda a

información e se abra un debate público na UE e nos seus respectivos parlamentos nacionais.

5.- Dar traslado deste acordo ao Goberno de España, ao Goberno da Comunidade Autónoma

de Galicia e a todos os grupos parlamentares do Parlamento de Galicia, do Congreso dos

Deputados e do Parlamento Europeo, para que se rexistre e quede constancia do mesmo.

En Vilagarcía a 1 de xuño do 2016

Non habendo intervencións, sométese este asunto a votación co seguinte resultado:

VOTACIÓN:

Os/as representantes do grupo municipal de EU do informan favorablemente.

As/os representantes dos grupos municipais do PSdeG-PSOE, PP, BNG e Somos Maioría, din

que se manifestarán no Pleno e polo tanto abstense.

En consecuencia e por maioría infórmase favorablemente a aprobación da moción presentada

polo grupo político municipal de EU relativa á declaración de “Concello oposto ao Acordo

Transatlántico de Comercio e Investimento (TTIP)

- Ausentase da sesión o Sr. Mouriño Santiago, sendo as 19:45 horas.

- Intervén o Sr. López Rodríguez dicindo que polo BREXIT produciuse a suspensión do TTIP,

pero non está demais que o Concello asine nunha plataforma ao igual que o Concello de O Grove

e se opoña ao TTIP e se dea traslado ao Goberno de España.

Deben defenderse os pobos.

- Intervén o Sr. González Somoza dicindo que esta norma non protexe os produtos locais, e non

conta co apoio social.

Vota a favor da moción.

- Intervén o Sr. Ríos González dicindo que este é un tema grave e van a seguir reclamando a

retirada do TTIP.

- Intervén o Sr. Fole Díaz dicindo que na moción se propón a derrogación da Lei de

recionalización que sacou de tantos apuros a Concellos como Vilagarcía. Deste tema non é

coñecedor e lle cede aos demais o seu tempo de intervención.

- Intervén a Sra. García Sanmartín dicindo que o Sr. Fole descoñece este acordo polo

oscurantismo do proceso do TTIP e debería informarse, pois afecta ás nosas vidas e ata ao que

comemos, e o PSOE vai votar a favor da moción.

Reclamaron un estudo do impacto do TTIP no noso país na exportación. Deben respectarse os

dereitos laborais, sindicais, dos consumidores. Hai que ver a consecuencia do BREXIT neste

acordo.

Deben garantirse os servizos públicos e se debe informar á cidadanía.

O PSOE apoia a moción.

- Intervén o Sr. López Rodríguez dicindo que non é un experto neste tema. A documentación está

sometida a controis se se quere ver. Non vai traer o TTIP ningún beneficio para a sociedade.

A Lei de racionalización impide a remunicipalización da piscina municipal, moitos concellos do Pp

tamén tiñan débeda (Madrid, Valencia, etc.) e trataron de salvalos con esa Lei.

Sometido a votación o asunto polo Sr. Alcalde da o seguinte resultado:

VOTACIÓN.- Con doce votos a favor dos membros pertencentes ós grupos políticos municipais

do PSG-PSOE (7), EU (3), BNG (2) e Somos Maioría (1), e sete votos en contra dos membros

pertencentes ao grupo político municipal do PP (7),

ACÓRDASE: Por maioría:

1.- Declarar ao Municipio de Vilagarcía de Arousa como “Municipio oposto ao Acordo

Transatlántico de Comercio e Investimento (en inglés TTIP)”, defendendo os servizos públicos

básicos para a solidariedade e redistribución social.

2.- Solicitar do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas do Goberno de España:

●o seu apoio a todas as iniciativas dirixidas a manter o carácter público dos chamados

servizos socialmente útiles.

● a derrogación inmediata con carácter retroactivo da “Lei de Racionalización e

Sostenibilidade da Administración Local” para lexislar no seu lugar unha nova normativa

enfocada ao desenvolvemento da economía local.

3.- Solicitar do Ministerio de Economía e Competitividade do Goberno de España a suspensión

das negociacións do TTIP e outros acordos comerciais similares como o TISA (Acordo

Multilateral para a Liberalización e Privatización de Servizos Públicos), e a non ratificación do

CETA (Acordo de Libre Comercio entre Canadá e a UE).

4.- Solicitar igualmente do Ministerio de Economía e Competitividade do Goberno de España

que:

● mecanismos como o ISDS, o ICS ou similares non sexan incluídos neste nin en ningún

outro Tratado, e sexan eliminados dos tratados actualmente en vigor.

● se aplique o mesmo que no punto anterior para disposicións sobre servizos públicos e

a propiedade intelectual, e que sexan excluídos do Tratado.

● se evite a participación directa ou indirecta das ETN,a través de calquera tipo de

organismo ou lobby, nos procesos reguladores ou normativos da UE e os seus Estados

Membros en relación con temas sociais, laborais, sanitarios, medioambientais ou de calquera

outra materia. Os entes reguladores públicos poderán en todo caso establecer consultas non

discriminatorias coas organizacións democráticas da sociedade civil.

● no caso de que as negociacións do TTIP frutifiquen nun texto consolidado, o proceso de

ratificación, en coherencia coa legalidade europea e cos precedentes de anteriores tratados de

carácter mixto, teña que pasar, ademais de polo Consello e o Parlamento Europeo, polos

parlamentos dos 28 Estados Membros da UE e por referéndums vinculantes, xa que o contido do

TTIP desborda as competencias exclusivas da Comisión Europea e debe ser, por tanto,

considerado como un acordo mixto.A mesma esixencia é aplicable á ratificación do CETA e do

TISA.

● o Tratado non se limite a obxectivos meramente económicos, que non se perdan

competencias e que se lle dea a mesma importancia e consideración aos obxectivos sociais e

aos ambientais.

● se termine a actual falta de transparencia das negociacións, se faga pública toda a

información e se abra un debate público na UE e nos seus respectivos parlamentos nacionais.

5.- Dar traslado deste acordo ao Goberno de España, ao Goberno da Comunidade Autónoma

de Galicia e a todos os grupos parlamentares do Parlamento de Galicia, do Congreso dos

Deputados e do Parlamento Europeo, para que se rexistre e quede constancia do mesmo.

12.- COMPARECENCIA DOS CONCELLEIROS DE DEPORTES E SEGURIDADE EN

RELACIÓN CO III TRIATLÓN RÍAS BAIXAS, ACORDADA NA SESIÓN PLENARIA

CELEBRADA O DÍA 26 DE MAIO DE 2016.:

Dáse conta do escrito presentado polo grupo municipal do PP coa data de 16 de maio de 2016 e

do acordo do Pleno da Corporación Municipal de data 26 de maio de 2016 de aprobación de

comparecencia dos Concelleiros de Deportes, Argimiro Serén, e de Seguridade José Antonio

Pérez Callón, para aclarar publicamente todos os interrogantes que existen sobre o

desenvolvemento da proba III Triatlón Rías Baixas.

- Intervén o Sr. Serén Mera expoñendo o seguinte: A empresa Bouza Ventura a través do club GV Sport propón unha xuntanza mantida no mes de marzo a

realización dunha proba de triatlón na cidade de Vilagarcía denominada III Triatlón Rías Baixas, enmarcado

dentro do calendario da Federación Galega de Triatlón (Fegatri), tratándose pois dunha proba de carácter

oficial e federada, polo que atendendo a Lei 3/2012, do 2 de abril, do Deporte de Galicia, establece:

Artigo 19. Competicións oficiais de ámbito autonómico.

“2.-As competicións oficiais federadas de ámbito autonómico serán organizadas pola correspondente

federación deportiva galega de forma directa ou mediante a adxudicación a calquera entidade deportiva ou

persoa física ou xurídica

3.- para os efectos previstos na liña anterior, son competicións oficiais federadas de ámbito autonómico

aquelas que, realizándose en Galicia, sexan incluídas polas federacións deportivas galegas no calendario

oficial que aproba a asemblea xeral.”

Artigo 21 Requisitos mínimos das competicións oficiais :

“c) A Asistencia sanitaria correspondente a todos os deportistas a través dos mecanismos que se

establezan na legalidade vixente.

d) A responsabilidade civil derivada dos danos causados a participantes ou persoas espectadoras como

consecuencia da organización e realización da competición.”

(calquera club do concello que xoga partidos de liga, polo tanto competición federada non se lle piden os

seguros porque o ser competición oficial dentro do calendario de cadansúa federación xa están obrigados

a telos pola Lei 3/2012, do 2 de abril, do Deporte de Galicia.)

Esta mesma empresa foi a encargada do desenvolvemento das dúas anteriores edicións do Triatlón Rías

Baixas na localidade de Sanxenxo, alcanzando bos resultados de participación e deportivos. Dato este que

avalaba, xunto con estar dentro do calendario oficial da Fegatri, a súa solvencia, quedando demostrada a

súa experiencia na organización deste tipo de eventos.

Nos diversos contactos mantidos co representante da organización, ben de maneira persoal na Fundación

de Deportes ben pola presentación de escritos por parte do mesmo, solicitase a seguinte colaboración do

Concello:

- Autorización para o desenvolvemento da proba. (16 de marzo)

- 2 embarcacións (26 de abril)

- 1 Ambulancia (26 de abril)

- 100 valados (26 abril)

- Colaboración na entrega de trofeos e premios (29 de abril)

- Reserva por parte da policía local do espazo sinalado para a zona de transición (4 de maio).

Os compromisos adquiridos polo Concello foron realizados con solvencia e alto grao de profesionalidade

por parte dos funcionarios e empregados municipios.

Atendendo aos reproches do organizador cara as actuacións do Concello hai que comentar que é certo,

que a pesar de haber sido revisadas as embarcacións o día anterior a proba, unha embarcación avariouse

ese mesmo día. Aínda así, comunicase dende Servizo de Emerxencias e Protección Civil que se pode

conseguir outra embarcación ao que contesta por parte dos xuíces da Fegatri que non é necesario xa que

con unha embarcación poderíase realizar a proba. (isto todo segundo o informe do encargado de servizo

de Emerxencias e Protección Civil do Concello).

Outra eventualidade foi a retirada de vehículos estacionados na zona reservada para a transición da proba

deportiva. Sendo certo que ás 8:40 foi retirado o último vehículo pola grúa municipal, o cal non impediu

que a zona de transición estivese montada e os deportistas na zona da Praia para a saída da proba ás 9:30

horas, horario establecido para a saída.

Hai que salientar, o feito de que Protección Civil procedera o balizamento, cuestión esta que lle

correspondería á propia organización da proba.

O tramo urbano por onde percorría a proba ciclista do Triatlón, rúas Rivero de Aguiar, Valle Inclán e Pablo

Picasso, estaba perfectamente pechado ao tráfico por axentes da Policía Local e voluntarios de Protección

Civil. Non así o tramo da vía que lle competía a organización como así o indican os informes da Policía

Local e da Garda Civil, onde estes, no seu informe indican que este feito da lugar a suspensión da proba e

a tramitación da correspondente denuncia por incumprir a Lei do Deporte.

É tamén destacable o feito de que o Director de Carreira e de seguridade (D. Ricardo Collazo) non se

atopase na zona de transición no momento de dar a saída, senón que estaba pechando unha rotonda

(segundo sinala o informe da Fegatri).

Procedo agora a ler textualmente un resumo dos diversos informes emitidos polas partes implicadas, e

que foron remitidos a quen os solicitou:

INFORME FEGATRI:

“… a las 10:35 los agentes de tráfico confirmaron al oficial del punto de retorno de Celtamotor que el

tráfico sigue abierto porque todavía hay puntos de entrada al circuito que no están cubiertos y uno de ellos

es el propio punto de Celtamotor.”

“A las 10:36 llega Ricardo Collazo (organizador y director de carrera) al punto de Celta motor (rotonda

superior) y descarga una valla y le comunica al agente que él mismo se quedará en esa zona al no disponer

de personal ya que según palabras suyas “le fallaron muchos voluntarios”. La propia Guardia Civil intenta

cortar la entrada de la vía rápida en la citada zona de Celtamotor pero no dispone de material

proporcionado por la Organización”.

“A las 10:40 aproximadamente, me comentan que todavía circulaban vehículos por dicha carretera. Dada la

situación debido suspender la prueba a las 10:45, y en ese mismo momento recibo comunicación de que la

propia Guardia Civil tampoco autoriza el sector ciclista por falta de seguridad para los deportistas.”

“…ninguno de los triatletas que se dirigió a nosotros nos culpó ni a los oficiales ni a la Fegatri de lo

sucedido y comprendieron que la suspensión de la se debía a un motivo de seguridad que dependía del

organizador”

INFORME GUARDIA CIVIL

“Con fecha del 15 de mayo del año en curso, por parte del personal del destacamento de tráfico de

Pontevedra, perteneciente a este subsector, tras comprobar las medidas de seguridad en el recorrido de la

prueba deportiva citada, concretamente del tramo de ciclismo observan que la misma no cumple las

condiciones de seguridad descritas en la autorización, al existir deficiencias que podrían afectar a la

seguridad tanto de los participantes de la prueba como usuarios de la vía, así como del personal auxiliar de

la organización, por ello, proceden a la suspensión de la prueba ciclista, cofeccionando además la

correspondiente denuncia por infracción a la Ley del Deporte, a la organización CV Sports Club que fue

remitida a la Subdelegación del Gobierno de Pontevedra”

INFORME POLICIA LOCAL

“Ás 8:00 horas desprázase a zona da explanada do Ramal o condutor da guindastre municipal (Jose Luis

Grande) e o oficial (Benito Conde) e ao chegar son requiridos polo organizador da proba D. Ricardo Collazo

Carballa, que lles informa que había 4 vehículos que estaban estacionados na zona de transición dos

ciclistas da auga para coller as bicicletas que puideran molestar, polo que si se podían desprazar do lugar,

tarefa que se comezou no intre.

Que o traslado destes vehículos en ningún intre supuxo interferencias nin retardo nos traballos dos

organizadores”

INFORME PROTECCION CIVIL

“…ante a imposibilidade de solucionar a avaría da embarcación, que non arranca, decídese saír con unha

soa, chegando esta a zona de Praia Concha-Compostela ás 9:15 horas, sube a bordo da mesma un xuíz

da federación para proceder a colocar as boias de balizamento, xa que estas non estaban colocadas,

comunícaselle a este o problema acontecido coa embarcación e indícanos que non hai problema que con

unha embarcación faríase igualmente a saída, fáiselle saber tamén da posibilidade de conseguir outra

embarcación que tardaría en torno a vinte minutos. O cal resposta que non e preciso e que para entón xa

tería rematado a proba, o mesmo tempo que nos comunica que posiblemente non se de a saída xa que

non se pode garantir a seguridade dos participantes no circuíto de bicicleta no tramo que discorre pola

estrada nacional 640 xa que hai problemas co persoal da organización."

“…os xuíces da federación comunícanlles a suspensión da mesma e que o motivo da mesma é a falla de

seguridade na N-640 (isto pódese corroborar nun vídeo publicado na web de La Voz de Galicia)…”

INFOME DIRECTOR DEPORTIVO

“….D.Ricardo Collazo….comunícame…que protección civil quedou en vir hai unha hora, que tiña que

facerme o balizaxe da proba no mar e non apareceu, ante isto contéstolle que non sei nada ao respeto da

balizaxe, xa que non vin ningún escrito onde figurase esa solicitude, pero que chamaría ao encargado do

servizo municipal de emerxencias e Protección Civil.”

“…telefóneo ao organizador D. Ricardo Collazo para pedirlle explicacións do que estaba a acontecer para

intentar axudar a solventar o problema dándome o seu número de teléfono apagado.”

“..intento conectar de novo con catro chamadas entre as 10:21 e as 10:29 obtendo o mesmo resultado. Ás

10:38 volvo a chamar e logro contactar con él e dime que hai vehículos circulando pola vía rápida e a proba

se suspende.”

En canto a os permisos e autorizacións, cabe reseñar que a proba contaba con tódolos requisitos esixidos

pola normativa legal vixente para obter o visto bo da Federación e da Xunta de Galicia: permiso de

capitanía marítima, do Concello, da Xunta, confirmación de ambulancia e médicos, memoria, rutómetro e

mapa, seguro de responsabilidade civil e accidentes, xustificante de pago da taxa reguladora, e o plan de

seguridade, plano de ocupación de parking, plano de cruces e vías urbanas afectadas).

É certo que non se celebrou unha xuntanza de seguridade entre policía local, garda civil, e director de

seguridade (Señor Collazo). Pero a pesar que dita xuntanza debería ser convocada polo Señor Collazo,

encargado da organización e director de seguridade da proba, dende a Policía Local de Vilagarcía

pedíuselle a convocatoria da citada reunión, rehusando este a xuntanza por motivos de axenda. Aínda así

coordinouse vía telefónica como así o manifestou Dona. Mari Carmen Roca, xefa da Policía Local, na rolda

de prensa celebrada no concello o día 25 de maio.

CONCLUSIÓN

1º.- Lamento que algúns puxesen en dúbida a profesionalidade do bo facer dos traballadores e

traballadoras do Concello de Vilagarcía (Protección Civil, Policía Local , traballadores/as da Fundación de

Deportes).

2º.- Queda claro que os compromisos adquiridos polo Concello foron cumpridos de forma escrupulosa,

indo mías alá incluso destes compromisos como así o reflicten os diferentes informes. Si é certo que unha

avaría impediu que facilitaramos a segunda embarcación solicitada (aínda que segundo manifesta o

informe de Protección Civil esta eventualidade podería ser solventada).

3º.- Queda demostrado segundo os informes dos distintos departamentos , Garda Civil e Fegatri, que a

responsabilidade da suspensión da proba é achacable a empresa organizadora e o seu organizador,

director de carreira e director de seguridade.

- Intervén a Sra. Suárez Sarmiento dicindo que isto xa o contara e que o responsabiliza a el como

Presidente da Fundación. Non reclamaron á Empresa ningún permiso da Xunta nin de outro

organismo. O aprobaron en Xunta de Goberno Local o 18 de abril e os informes son de maio.

Non se lle reclamou á Empresa nin plan de seguridade nin outros informes. Non se celebrou

ningunha reunión de coordinación na FPSDM, polo tema da seguridade, nin con protección civil

nin ca Garda Civil.

A Xunta de Galicia fai recomendacións, a Resolución da FPSDM di que se dará conta á Xunta de

Goberno Local.

Son responsables no Goberno Local desta chapuza e do dano á imaxe de Vilagarcía.

Pregunta se o Concello tomou medidas contra a Empresa.

O Sr. Serén fixo a foto coa presentación do evento. Os informes se pediron á Policía Local e

Protección Civil despois da proba.

- Intervén o Sr. López Rodríguez dicindo que teñen información sobre o evento e hai deixadez na

organización por parte do Concello. Non se entregou o convenio coa Empresa organizadora.

So existiu unha xuntanza. Non houbo xuntanzas para saber o que aportan. No Regulamento do III

Triatlón Rías Baixas o Concello de Vilagarcía de Arousa figura como organizador, patrocina a

Deputación, etc.

En Sanxenxo tiveron problemas o 2º ano da celebración do Triatlón por parte da mesma

empresa.

Se é falso deben denunciar á Empresa.

Pediron o convenio e non o teñen. Pregunta cal era o custe previsto polo Concello para esta

proba.

- Intervén o Sr. Ríos González dicindo que no Goberno Local houbo unha relaxación con respecto

á Empresa organizadora, se fiou toda a organización á Empresa.

- O Sr. Serén Mera contesta que a parte do Concello foi cumprida. A Xunta de Goberno autoriza á

empresa e fixa as condicións. Á anterior Presidenta da FPSDM debe recordad que se lle caeu o

teito do Campo de Fútbol de A Lomba, deixa entrar a nenos nun Pavillón de Deportes en obras e

a Secretaria da FPSDM informa que había actuacións sen tramitar, en numerosos casos no ano

2013.

- Intervén o Sr. Pérez Callón dicindo que pouco máis hai que engadir.

A Policía e Emerxencias teñen coñecementos en actos deportivos. A actuación foi a correcta. O

operativo do III Triatlón deulle a conformidade ao realizado pola Policía Local para os servizos

extraordinarios: reserva de estacionamento no Ramal, 2 peches de tráfico estradas urbanas,

avisos nos vados permanentes, os servizos están especificados.

O Director de Deportes lle comunica á Policía Local que non se ía realizar a proba ás 10:55 horas.

A actuación dos servizos municipais foi correcta e a suspensión foi debido á falta de medios da

Empresa organizadora.

- Intervén o Sr. Pérez Dorgambide dicindo que o día 13 de maio sae a noticia da celebración nos

periodicos. Na foto estaban todos menos o Sr. Pérez Callón.

Di que el non asistiu a un evento destas características sen 4 ou 5 reunións previas. Hai

referencias do Triatlón en outros Concellos, deben crearse mesas de traballo con Emerxencias e

Protección Civil para ese día e coa ferramenta dispoñible.

A Policía Local é fundamental, pois remite a obras o tema do valado. A Policía Nacional ten que

vir o Subdelegado do Goberno e veu aquí cando foi a Volta a España, a Capitanía Marítima, O

Concelleiro de Seguridade e o Concelleiro de Deportes, a Garda Civil de Tráfico e o responsable

de Obras do Concello deben estar coordinados e reunirse previamente.

Aí fálase de permisos, na reunión e se concretan os operativos.

Viñeron persoas de toda España e tiveron que marchar. Se hai un sinistro, ¿que pasaría?. Se fixo

un fiasco.

- Intervén o Sr. López Rodríguez dicindo que a seguridade da proba non funcionou. Di que non

puxeron en dúbida á Policía Local, nin a Protección Civil, nin Emerxencias.

Tamén di que non se debe votar en cara outros feitos aos anteriores gobernos. Cada un que

asuma as súas responsabilidades.

- Intervén o Sr. Ríos González dicindo que houbo relaxación e exceso de confianza nas

posibilidades da empresa. Deben facerse uns protocolos máis efectivos. Non debe volver a

pasar.

- Intervén o Sr. González Somoza dicindo que á vista dos informes dedúcese que a culpa foi da

Empresa e a falta de control do Concello. Os prexudicados, o nome de Vilagarcía e os

participantes, ¿van ter algún resarcimento?.

- O Sr. Serén Mera di que será gratis para eles cando se celebre o próximo triatlón.

- O Sr. Pérez Callón indica que non saíu na foto porque non o puxeron.

13.- INTERPELACIÓNS OU CONTROL DAS DECISIÓNS DO GRUPO DE GOBERNO.

Non se presentaron

14.- MOCIÓNS PRESENTADAS POLOS GRUPOS POLÍTICOS MUNICIPAIS POR RAZÓNS DE

URXENCIA.

En cumprimento do preceptuado no artigo 91.4º do Regulamento de Organización,

Funcionamento e Réxime xurídico das Corporacións Locais, concluído o exame dos asuntos

incluídos na Orde do Día, e antes de pasar á rolda de rogos e preguntas, a Sra. Alcaldesa

preguntou se algún grupo político desexaba someter á consideración do Pleno por razóns de

urxencia algún asunto non comprendido na orde do día que acompañaba a convocatoria e que

non teña cabida no citado punto de rogos e preguntas, non propoñéndose ningunha moción

polos Grupos Políticos Municipais.

15.- ROGOS E PREGUNTAS. Por parte dos/as Sres./as Concelleiros/as formúlanse os seguintes

rogos e preguntas.

- O Sr. González Somoza pregunta como está o Servizo de publicacións, para poñelo ao servizo

dos escritores locais.

- O Sr. Alcalde contesta que non está funcionando.

- O Sr. González Somoza fai os seguintes rogos e preguntas:

Estado do Cruceiro de Carril.

Na parada de autobuses das pistas está rota a marquesiña.

En Pereira as ratas matáronlle os animais a un veciño e proviñan do regato.

- O Sr. Alcalde contesta que no tema do regato hai que falar con Augas de Galicia.

- A Sra. César Veloso indica que unha fonte no Salgueiral está abandonada.

- O Sr. Alves Lago di que as instalacións deportivas en Trabanca non teñen valado.

- A Sra. LLovo del Río pregunta ¿como están as humidades no Salón García?

- A SRa. María Mochales contesta que proceden dun canlón.

- A Sra. Llovo del Río pregunta polo custe do Concerto de Coque Malla.

- A Sra. Outón Casal contéstalle que 10.000 € máis ive (12.100 €)

- O Sr. Alcalde indica que o seguro responderá pola cancelación do Concerto do Coque Malla.

- A Sra. Outón Casal di que tamén está o custe da produción. Indica que por Maldita Nerea

pagaron 49.000 € fai anos

- O Sr. Fole Díaz pregunta porque non se lles contesta aos escritos. ¿Vai ser ao final da

lexislatura? ¿cando? ¿Ten que ir ao Xulgado para esixir respostas?

- O Sr. Alcalde di que se contestará no seguinte Pleno.

- O Sr. Fole Díaz fai os seguintes rogos e preguntas:

¿Lle piden os informes aos funcionarios?

Papeleiras de Vista Alegre. ¿Se van a instalar?

Recepción da Obra de Vista Alegre ¿Cando se levará a cabo?

Retirada de colectores en Juan Carlos I ¿Cal e o motivo?

Reunión das Ordenanzas, se dixo que habería reunión con todos os hostaleiros e agora

dixo que só se reunirá con AHITUVI.

- O Sr. Alcalde di que contestará no próximo Pleno.

- O Sr. Fole Día continúa preguntando por:

Marquesiña de Faxilde

Ratas en Rubiáns.

- O Sr. Alcalde contesta que a obriga de limpar as malezas é dos propietarios e o Concello non

pode limpar as fincas particulares.

- O Sr. Fole Díaz pregunta pola reunión sobre o PXOM cos voceiros e a prensa.

- O Sr. Alcalde di que contestará no próximo Pleno.

- O Sr. Pérez Dorgambide pregunta polo paso de peóns en Rubiáns, xunto ao Tanatorio.

16.- QUENDA DE ROGOS E PREGUNTAS ENTRE O PÚBLICO ASISTENTE Á SESIÓN.

Por parte do público asistente formúlanse rogos e preguntas.

E sen máis asuntos que tratar, ás 21:20 horas, levantouse a sesión da que se estende a presente

acta e eu, Secretaria, dou fe.