Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez · '-GaLEGa de filoloxía Achegamento ao galego...

23
'-GaLEGa de filoloxía Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez Elisardo López Varela Universidade da Coruña Preliminares Deixábamos claro nun anterior traballo (López Varela 2000: 199-208) a respeito das ideas de Curros perante a lingua que este autor sempre se proclamou firme defensor da mesma, reivindicándoa alí onde tiña ocasión. Mais é de xustiza salientar que esta postura batía con grandes dificuldades sociais e lingüísticas pola situación en que se encontraba o idioma naquela época. Aínda así, Curros publicou a súa obra naquel galego que reflectía a fala da sociedade a que pertencía. A nosa intención é analisala pormenorizadamente nas páxinas que seguen, de tal maneira que, na medida do posíbel, poidamos comprobar o seu estado neses momentos e o grau de coñecimento que o autor posuía da mesma. Grafías e fonética o primeiro que chama a atención a un leitor de Manuel Curros Enríquez nas súas edicións orixinais 1 é o formato gráfico, multiforme e relativamente anárquico, en que se presenta a súa poesía. Mais ao analisarmos calquer obra literaria do século XIX ou de principios do XX descubrimos esta mesma situación, pois a ausencia dunha norma común e a intención de reflectir o máis exactamente posíbel a fala popular leva a que case todos os autores recorran ao emprego de moi diversos signos gráficos. Curros non foi alleo a esta situación, embora mantivese sempre unha certa fidelidade --con mínimas modificacións- a un mesmo sistema gráfico desde o seu primeiro poema, "Cántiga" (1869), até o derradeiro, "A Alborada de Veiga" (1907). 1 Ao longo deste traballo, os números que seguen a continuación das siglas (A, B, C=Aires da miña terra, la, 2 a e3 a ed.; DS = O divino sainete; PS = Poemas soltos) fan referencia á número de poema (ou Canto en O divino sainete) seguido do(s) número(s) de verso(s), tomando sempre como referencia a edición da poesía de Curros de López Varela (1998). A sigla HG reférese á edición de El Heraldo Gallego (n° 10, 11 e 12 de 5, 10 e 20 de Marzo de 1877 respectivamente) en que apareceron publicados por primeira vez os tres poemas premiados no Certame poético de Ourense ("A Virxe do Cristal", "Unha voda en Einibó" e "O gueiteiro"). 105

Transcript of Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez · '-GaLEGa de filoloxía Achegamento ao galego...

Page 1: Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez · '-GaLEGa de filoloxía Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez Elisardo López Varela Universidade da Coruña Preliminares

'-GaLEGade filoloxía

Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez

Elisardo López VarelaUniversidade da Coruña

Preliminares

Deixábamos claro nun anterior traballo (López Varela 2000: 199-208) a respeitodas ideas de Curros perante a lingua que este autor sempre se proclamou firmedefensor da mesma, reivindicándoa alí onde tiña ocasión. Mais é de xustizasalientar que esta postura batía con grandes dificuldades sociais e lingüísticas polasituación en que se encontraba o idioma naquela época. Aínda así, Curros publicoua súa obra naquel galego que reflectía a fala da sociedade a que pertencía. A nosaintención é analisala pormenorizadamente nas páxinas que seguen, de tal maneiraque, na medida do posíbel, poidamos comprobar o seu estado neses momentos e ograu de coñecimento que o autor posuía da mesma.

Grafías e fonética

o primeiro que chama a atención a un leitor de Manuel Curros Enríquez nas súasedicións orixinais1 é o formato gráfico, multiforme e relativamente anárquico, enque se presenta a súa poesía. Mais ao analisarmos calquer obra literaria do séculoXIX ou de principios do XX descubrimos esta mesma situación, pois a ausenciadunha norma común e a intención de reflectir o máis exactamente posíbel a falapopular leva a que case todos os autores recorran ao emprego de moi diversossignos gráficos. Curros non foi alleo a esta situación, embora mantivese sempreunha certa fidelidade --con mínimas modificacións- a un mesmo sistema gráficodesde o seu primeiro poema, "Cántiga" (1869), até o derradeiro, "A Alborada deVeiga" (1907).

1 Ao longo deste traballo, os números que seguen a continuación das siglas (A, B, C=Aires da miñaterra, la, 2a e 3a ed.; DS = O divino sainete; PS = Poemas soltos) fan referencia á número de poema(ou Canto en O divino sainete) seguido do(s) número(s) de verso(s), tomando sempre como referenciaa edición da poesía de Curros de López Varela (1998). A sigla HG reférese á edición de El HeraldoGallego (n° 10, 11 e 12 de 5, 10 e 20 de Marzo de 1877 respectivamente) en que apareceron publicadospor primeira vez os tres poemas premiados no Certame poético de Ourense ("A Virxe do Cristal","Unha voda en Einibó" e "O gueiteiro").

105

Page 2: Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez · '-GaLEGa de filoloxía Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez Elisardo López Varela Universidade da Coruña Preliminares

Elisardo López Varela IIBIII GaLEGade jiloloxía

Así, por exemplo, a utilización dos signos de admiración e interrogación non erauniforme, pois, sen nengún criterio aparente estabelecido, unhas veces aparecían aoprincipio e ao final da frase: ¿Quen se ri?, e 2.1071; ¡Valente choromiqueira!, DS111.82; e outras, só ao final: Ouh Nazareno!, e 1.72; cántas bestas levóu?, e 16.9.Do mesmo xeito, a diérese, á parte de ser utilizada polo autor sobre os grupos<güe> e <güi>, aparece tamén sobre calquer outra vogal, xeralmente por razónsmétricas para marcar o hiato, co fin de indicar a contaxe de dúas sílabas: e roidod'a cubiza, e 33.58; non quixen oi'r máis nada, DS 111.106.

Agora ben, se os exemplos anteriores mostran a existencia de anarquía gráfica, estaacrecéntase ao nos debruzarmos sobre a acentuación, que escapa, en liñas xerais, atoda norma fixa. Aínda que funcionaba un criterio xeral, tirado do español,achamos que as excepcións aparecen espalladas por toda a súa obra. Son frecuentesos casos de presenza ou ausencia do til nunha mesma palabra ou en palabrassemellantes desde o ponto de vista acentual en contextos diferentes, feito que xera,ás veces, unha certa confusión e algunhas contradicións. E se o estudo o fixermospartindo das publicacións de poemas en revistas e xomais, a anarquía resultarámáis ostensíbel.

Os tiles que Curros emprega son na súa grande maioría agudos, mais, ao seu lado,encontramos tamén dunha maneira esporádica os circunfiexos (sofre pena fonda... ,e 2.46; dono DS 1.139; hante de por, PS 2.54) e, nalgún caso, nos poemas soltos-debido posibelmente ao editor- os graves: lévenno () inferno, PS 2.46; cántigasquer de galans, PS 5.4.

A respeito das palabras monosilábicas, non conseguimos achar unha norma fixa nonoso autor para a acentuación de a, segundo se tratar dun artigo, unha preposiciónou unha contracción -a!á-, e sobre todo a de o(s), segundo for artigo oucontracción -o/ó-. Do mesmo xeito, outros monosílabos .levan til sen motivoaparente:fírem' a sén, C 2.39; gráus efariñas, C 2.144; y-a Roma vás, e 31.151.

Outras veces, encontramos acentos estraños por mor da aparición de crasesfonéticas inus!1ais ou para distinguirmos formas verbais doutras voces homógrafai:que trás contigo e 2.356; tu rósnos como os vermes afror do laranxeiro, e 2.357;que olladas lle botan él, e 3.152; que cousas me hoxe sán, e 16.40.

As oxítonas polisílabas acabadas en -ón, -án non levan en moitos casos til, feitofrecuente na época (o mesmo fixo Rosalía e da mesma maneira aparecen exemplosna Gramática de Saco Arce): que de soliman che sirvan, e 2.152; outon, C 21.16.Non obstante: o vento que d'o roncón, C 4.92; d'a gallega emigración, C 4.95. Aconfusión é tan grande que a mesma palabra pode aparecer con ou sen til nunpoema a escasa distancia unha da outra: unha procesion, DS 1.54 vs. d'a procesión,DS 1.58. O mesmo sucede cos acabados en -en, -in, -un: outro non hay segun

106

Page 3: Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez · '-GaLEGa de filoloxía Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez Elisardo López Varela Universidade da Coruña Preliminares

Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez llmIlI Ga~EG,a. de jlloloxla

contas, e 2.84; y-os cunvidados tamen, e 3.144; ninguén, e 28.13; repltln, e29.32; latín, e 31.92. Por outra parte, é frecuente no autor -como noutros escritorescontemporáneos seus-, a acentuación das palabras oxítonas rematadas en ditongodecrecente: espallóu, e 5.12; cinguíu, e 17.2; morréu, e 32.1.

Nas paroxítonas a confusión tamén é a nota dominante. Existen palabras condistribución anárquica de tiles que non seguen nengunha norma: nóivos, e 2.182;o meu cólo, e 7.52; ántes de ter, e 21.138; saludáina, e 26.4; o mesmo acontececos demostrativos (dése libro, e 33.44; ése lobo que t'arrasa, e 33.76 vs. esesnomes, e 33.115) ecos pronomes persoais (éles y-élas, e 3.179 vs. un chau quen'é d'eles, e 15.118). Ademais, rexístranse acentos que marcan a contracción dapreposición a coa vogal inicial dos demostrativos este e ese e mais co pronome ele o indefinido outro: volvendo áutro lado, e 15.67; preso ónha argola, e 15.87;¿qu'é sinon responder ésas perguntas... ?, e 1.19; e salva ésta probe nai, e 21.147;¿qué lle ofrecedes na nativa terra / ése que a cruzar vai mares de fel?, e 25.42.

Nas proparoxítonas a acentuación resulta moito máis regular, pois a utilización dotil é xeral: árcades, e, 1.2; últemo amor d'o páledo Macías, e 1.63. Porén,nalgunhas ocasións, aparecen palabras que non o levan (comaros e corgas, e 26.2;lengoa, e 27.21), chegando inclusive á alternancia no mesmo poema: patrea, e31.6 vs. pátrea, e 31.137.

o apóstrofo, indicador da supresión da vogal final dunha palabra anterior a outraque comeza tamén por vogal, úsao Curros, como practicamente todos os seusescritores contemporáneos, dunha maneira constante e frecuente. Saco Arce (1868:143-144) recollía xa os seus principais usos. Segundo o gramático ourensán, ospronomes enclíticos, os adverbios, as preposicións e as conxuncións eran as partesda oración que máis comunmente sofrían a perda da vogal, en canto que o verbonon soía experimentar esta elisión, salvo nos casos en que ía seguido dun pronomepersoal. E acrecenta:

Con el nombre es todavía menos comun el apóstrofo, no verificándoseapenas, sino con la e, ó cuando las dos vocales encontradas son una mismarepetida [...]. El apóstrofo aunque frecuentísimo, no es sin embargo forzoso,excepto con la preposición de y con los afijos me, che, lle, seguidos delpronombre-artículo o, a.

Todos estes usos aparecen en Curros. O poeta celanovés utiliza este signo gráficosistemática e regularmente cando quer marcar a contracción das preposicións de een co artigo, co demostrativo, cos indefinidos un, algún, outro ecos pronomespersoais el, ela: n'unha lengua conecida, e 1.17; d'a cor d'a sangue, e 1.51; unbico tras d'unha cea, DS 0.57; n'as boqueadas d'a morte, DS 0.60; d'os patrioseidos, PS 17.40. Porén, existen casos en que non aparece (cal coiro no lume, e 27.9;nesafontiña, HO 1.1; no longo das tuas pestanas, HO 1.8) ou aparece desprazado:

107

Page 4: Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez · '-GaLEGa de filoloxía Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez Elisardo López Varela Universidade da Coruña Preliminares

Elisardo López Varela I1111III GaLEGade jiloloxía

de cada nota de' la, e 28.9. Ás veces vémolo en posicións inxustificábeis: qued'eica q'os namorados, e 2.187; cibdá que por'sobr'os mares, e 13.5.

Mais o o poeta modificou os seus usos ao longo da súa vida. Por exemplo, naedición de "A Virxe do Cristal" aparecida en El Heraldo Gallego, as contracciónsrealizadas coa preposición en aparecen con hifen, e non con apóstrofo, paracambiar de criterio nas edicións seguintes: vermes envoltos n-o monton aceso, HG2.7; pódia ser, ben n-a vila, ben n-aldea, HG 2.55. O mesmo sucedeu con todal'as,HG 2.187 e todal-as, e 2.187. Como exemplo de redución de apóstrofos nasedicións de Aires a respeito da edición de El Heraldo Gallego podemos citar osversos 192 e 300 da citada composición: déndesd'a vil'hastr'aldea, HG 2.192 edéndesd'a vi/a hastr'a aldea, e 2.192; d'end'huxe n'hay nada, HG 2.300;dend'hoxe n 'hay nada, e 2.300.

Na realidade, a utilización do hifen tamén se converte nunha constante. O seu usochega á separación do verbo do pronome persoal átono enclítico: Rosiña tomába-o árisa, e 2.172; moito q'agora vale máis calál-o, C, 2.458;pasándo-o, e 29.12; sínto­o, e 32.6;fixo-o jalar OS 111.62. Por outra banda, é sistemática a súa utilización coaconxunción copulativa y seguida de palabra que comeza por vogal e cando apareceformando ditongo coa vogal seguinte: y-escribir, C 0.17; y-o voso morto jede, C32.40; y-é que n 'este tempo, OS 0.61. Mais: y en tanto n 'aldea, e 15.131.

Aparece tamén o trazo para marcar certos casos de alveolaridade de n, basicamenteco adverbio de negación non seguido do pronome persoal átono: non-o nego, C21.140; non-a crebés, C 23.41; non-o axo, C 25.9. Así mesmo, utilízao para indicaro alomorfo -lo do artigo: todal-as noites, C 3.9; por vel-o mar, e 21.42; entrambol­os remos, e 29.65; pol-o camiño, OS 1.78. Inclusive en casos non habituais: outrol­o seu negocio, e 2.447; doentel-os deixo, e 29.35; érmol-os seus saídos, e 35.1.Mais ¿seralo demo?, C 2.574.

Por outra parte, en liña co galego decimonónico, cómpre salientar a utilización de<y> en concorrencia con <i> en certas posicións. Mais a vacilación é constante aolongo da obra currosiana. Nunha carta ao seu editor Martínez Salazar, con motivo dapublicación de O divino sainete, recoméndalle que substitúa <y> por <i> ao finaldalgúns vocábulos2

• Así sucedell, por exemplo, no verso 21 do canto VI: no

2 Hai cartas do poeta onde se espraia sobre ortografía do galego: acerta na súa clasificación (hoxematizada) en dous grandes dialectos; sostén a falsa idea dunha colonización grega da Galiza e defendea convivencia entre <i> e <y>, aínda que para O divino sainete (1888), que tamén publicou (fóra da"Biblioteca Gallega") Martínez Salazar, advirte ao editor: "Si ve Vd. las primeras pruebas, cuide desustituir la y griega en el final de algunos vocablos (yo taché algunas pero no todas) poniendo en sulugar la i latina", o que contrasta con aquela anterior defensa: "Yo difiero de Saco únicamente en queno acepto como él en absoluto el empleo de la i latina, sino que la circunscribo á aquellos casos en quesuena como vocal. Al final de vocablo, su empleo me parece herético" (véxase Martínez-Morás Soria1987: 22-24).

108

Page 5: Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez · '-GaLEGa de filoloxía Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez Elisardo López Varela Universidade da Coruña Preliminares

Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez mIIII!I GaLEG,ade jiloloxla

manuscrito autógrafo figura escramey saudando os osos e na la edición (1888)aparece escraméi saudando os osos. Porén, en Aires da miña terra e nos poemassoltos aparece <y> case sistematicamente en posición final absoluta (palabrasacabadas en ditongo decrecente): dispoñey, dispoñeivos pr'a seitura, e 20.25; ceibaynovas ideas, e 20.29 vs. vai boa, e 3.246; como conxunción copulativa seguidadunha vogal: y-o voso mortoJede, 32.40; y-a través d'unha vidreira; DS, 111.4; comovogal epentética ou antihiática: lev'á un lado d'o chapeyo, e 3.95; cayéu n'a praya,DS 111.154; en posición intervocálica: e trayo, e 9.7; co'as sayas, HG 1.6.

Canto a outras grafías, débese, en primeiro lugar, asinalar as contradicións do poetaverbo da presenza e/ou ausencia de <h>, seguindo, en xeral, un criterioetimolóxico, por ser un bon coñecedor da lingua latina. Mais, de todos os xeitos,rexistramos casos antietimolóxicos, tanto por ausencia (ortas, e 2.160 vs. hortas,e 33.33; oxe, e 6.11; órreos sin grau, DS VIII.38; óspedes, PS 10.67; armunía, e3.207, armonías, e 30.23), como por presenza, neste caso por máis que probábelinfluencia do español: hóljos, e 2.173; henchen, 15.182; hombros, e 20.24,hermida, DS VIII.50; os hósos son d'ela, PS 7.13; hirmanciños, PS 3.184.

Para alén de certas vacilacións na representación da fricativa interdental xorda(perguizeiro, e 2.443; berze, e 8.14, frente a berce, e 8.10), moziños, e 10.19, emociños, e 26.3; cazique, e 31.82; de bruzes, DS VII.119), a distribución de <b>e <v> segue, en xeral, un criterio etimolóxico, aínda que aparecen algúns casosestraños: travallache, e 33.62; crabado, e 2.1064; unha cobiña, DS VIII.207.Ademais, pobo figura maioritariamente como povo.

Finalmente, outras grafías ocasionais parecen suxerir a idea de que Curros, comoalgúns autores contemporáneos, incorporou esporadicamente grafías medievais-ou portuguesas na altura- para a fricativa palatal xorda: viajeiros, PS 10.71; d'asalmas virges, PS 3.162.

Se no apartado gráfico as solucións son -como xa vimos- moi variadas e diversas,a análise de certos aspectos que fan referencia ao ámbito fonético confirma esamesma tónica de variabilidade e diversidade acordes co momento histórico derecuperación da lingua nun contexto diglósico e conflitivo.

Deste xeito, o vocalismo tónico mostra unha maior estabilidade do que o átono,resultando menos vulnerábel ás alteracións de timbre, xa que só esporadicamenteagroman algúns casos de mudanza vocálica especialmente chamativos, sobre todoas formas imperativas respunde, que aparece nas catro edicións en vida do autor (e2.232) e irgue (PS 2.17) e mais o adverbio uxe (moito madrugas uxe, e 2.439)3,

3 Neste caso huxe aparece en rima con forruxe. Por outro lado, este cambio do timbre afectou as tresedicións do libro de Aires (A, B, C), pois a edición de El Heraldo Gallego tiña primitivamente a formahoxe. Curros fixo despois a modificación, sen dúbida, por observar este defecto na rima.

109

Page 6: Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez · '-GaLEGa de filoloxía Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez Elisardo López Varela Universidade da Coruña Preliminares

Elisardo López Varela llIIIII!I G a ~ E G,ade jIloloxI8

ambas de base dialectal (Ferreiro 1999: 36 e 43). Noutras ocasións a vacilación estápresente na conxugación de formas verbais con falsa alternancia vocálica: nadaMartiño destengue, C 2.1144; n'o teu cólo dorma, C 9.59.

Ademais, tamén en liña co galego literario do século XIX, a poesía de Currosmostra numerosas vacilacións no vocalismo átono, tanto en posición pretónicacomo postónica, afectando fundamentalmente as vogais palatais e/i e as velareso/u. Como dado significativo, debemos destacar a existencia dun grande número depalabras que apresentan fechazón vocálica nos poemas publicados por El HeraldoGallego premiados en 1877 ("A Virxe do Cristal", "Dnha voda en Einibó" e "Ogueiteiro"), e que despois foron modificados polo proprio autor repondo o timbrexeral. A modo de exemplo citamos os seguintes: anamorado, C 2.1116; sacreta, C4.87; Portogal, C 16.54; páteos, C 35.8; cólara, DS IV.3.

Tanto no vocalismo como no consonantismo son frecuentes os casos de asimilacióne disimilación de fonemas segundo podemos comprobar en casos como San Benito.quirido, C 29.22; condenara o condanado, C 33.83.

Variación preséntaa tamén a preposición entre, cuxa tonicidade secundaria leva aque a primeira vogal vacile no timbre, facendo que topemos casos de antre:entr'edras, C 2.78 vs. por antr'aquel xentío, PS 3.83.

Ademais, neste mesmo ámbito do vocalismo átono, podemos asinalar a presenzade síncopes (podroso, C. 36.42), de próteses (asuspiróu, C 2.1168), de epénteses(chapeyo, C 3.95) e de parágoxes (nunca outra tal se ha de vere, DS 0.43),fenómenos proprios da lingua popular, que, máis unha vez, eran recollidoshabitualmente no galego literario decimonónico.

Nesta mesma liña aparecen outros fenómenos que afectan o consonantismo, comoa metátese de <r>, que aparece en múltiplas ocasións na obra do poeta de Celanova,tanto con mudanza de posición, quer na mesma sílaba (oférceno, C 29.6; pirmores,C 31.41; persentóuse, DS 11.75), quer en diferente sílaba (os probes, C 2.145;esquirbir, DS VI1.53; pedricando, DS VIII.170), como tamén con intercambio nogrupo <rl> (bulrona, e 2.1066).

Dentro do consonantismo adquire especial relevancia o estudo do seseo. O feito deCurros ser natural de Celanova, na provincia de Ourense, onde as isoglosas doseseo, tanto implosivo como explosivo, non alcanzan esta vila (Fernández Rei1991: 54-56), fan supor un Curros non seseante, mais con dous factores que podenincidir nesta adscrición dialectal do poeta: seu pai procedía de Santiso (Melide),localidade en que o seseo implosivo estaba arraigado, e, por outra banda, Curroscoñecía perfeitamente a obra doutros escritores seseantes como Rosalía. Comoacontece noutros casos, máis unha vez o poeta móstrase vacilante na

110

Page 7: Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez · '-GaLEGa de filoloxía Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez Elisardo López Varela Universidade da Coruña Preliminares

Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez I1111III GaLEGade filoloxía

representación gráfica deste fenómeno. Aparece con frecuencia en monosílabos (anosa vos C 1.5; arredor d'unha lus C 2.0.4; s'algunha ves o faguía, C 2.136;fixeron á crus n'os pratos, C 3.145; tal ves, C 25.30), mais tamén o achamos enpalabras polisílabas: Xan de Ventraces y-o infelís Martiño, C 2.523; oUo sinpárpado, atrós, C 2.656; infelís amador, e 11.17; iste cális esmaltado, DS VIII.46.Ao lado de todas estas formas, existen outras en que non se manifesta: omonosílabo paz mantén a grafía <z> en todas as ocasións: é de xente de paz, C2.18; querías paz, OS 11.24; mais non é o único: y-a luz, C 26.16; de dez Perlados,C 35.22; y-a voz tornóu; OS 1.43; pois diz que foi levantado, C 2.85. Os casos deseseo que no noso autor se rexistran son todos implosivos, excepción feita de dous,lisencia, C 3.56, PS 3.89, e cubisa, OS 11.79, o primeiro producido por unhadisimilación consonántica e o segundo por cuestións rimáticas, pois cubisa rimacon misa.

Morfosintaxe

Desde unha perspectiva morfosintáctica, son numerosas as cuestións lingüísticasdignas de comentario. En primeiro lugar, débese salientar o comportamento dopoeta con relación ao tratamento dado ao artigo canto á distribución dos seusalomorfos. A forma asimilada -lo aparece sistematicamente coa preposición por,case sempre con hifen; pol-a tarde, e 13.15. Con tras e con máis tamén aparece omesmo alomorfo: que tral 'último queixido, C 2.29; a touza e máil-a silveira, OSV.9. E o mesmo acontece con todos: todol-os rios, C 1.25; de todal-as razas, OSVIII. 1084

Mais, por outra parte, a constante alternancia no uso das dúas posibilidades gráficasdo artigo con formas verbais acabadas en -s ou -r impede estabelecer unha normade uso válida: veu ver a labranza, C 2.270; curas as feridas, C 9.10; fomos ver asgalarías, OS VIII.5; que baixes os ollos, HG 1.5; deixar as patrias ribeiras, PS14.135; non queren collel-a chaira, C 2.860; érguel-a cabeza, C 13.6;comenzámol-a xornada, OS 1.163. A forma asimilada do artigo está presente, asímesmo, en contextos que, sendo frecuentes na lingua oral, son rexeitadoshabitualmente na representación escrita; isto é, a asimilación do artigo cando vaiprecedido de participios, substantivos ou algúns pronomes: que batan millol-asola, C 2.116; outrol-o seu negocio, C 2.447; Dio-lo queira, C 3.79; murchol-osdous, OS V.1; tres vecel-a afiéy, PS 6.1; tendidal-as velas, PS 10.37; arregañádol­os dentes, PS 11.81.

4 O que si tamén aparecen, por causas métricas, son as reducións silábicas en tod'os trebexos, e 2.773,ou envexa de tod'as mozas, e 3.31, formas tamén documentadas noutros autores decimonónicos,como Ponda!. Tamén é digno de mención un caso inhabitual de asimilación de todo, en singular, coaI)igo, seguramente por analoxía co plural: todiñol-o perden, e 15.126.

111

Page 8: Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez · '-GaLEGa de filoloxía Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez Elisardo López Varela Universidade da Coruña Preliminares

Elisardo López Varela I1111III GaLEGade filoloxía

Canto ao xénero, Curros Enríquez non foi alleo á situación de conflito lingüísticoxeneralizado, e na súa obra mostra numerosas vacilacións no tratamento xenéricode diversos substantivos. Así, o substantivo cárcere, documentado unha única vezna súa forma galega sen marca de xénero (en cárcere de súa Nai, e 2.684), conviveco castelanismo cárcel, feminino: n'a cárcel d'o Vaticano, OS VIII. 135. A vozcostume aparece en tres casos co xénero marcado; en dous deles mantén opatrimonial (d'os nosos costumes, PS 10.81; os sans e bos costumes, PS 18.13),frente a e por gallega costume, C 2.401. No substantivo cume predomina o seu usoen masculinos (ten n'o cume un penedo, C 29.2; d'os altos cumes, DS V.10; N'ocume d'o Medulio, PS 19.21), mais ao seu lado descubrimos dous casos en queutiliza o feminino (n'as lívidas cumes, e 14.38; os ríos y-as cumes, PS 10.83), omesmo que con dote, mel e sinal: Fay falla / tér dote: o señor Abade /d'aprontarma deu palabra, C 2.1039-1040; ¿Dote? Ti non a precisas, e 2.1041; depurrela com'a mel, e 3.142; sin xiquera unha sinal, e 2.652. E coa voz sa11;gue asvacilacións son claras, pois encontramos os mesmos casos de masculino que defeminino: coa sangue lixado, e 12.27; d'a satúrnea sangue, C 28.11. No entanto,outras veces mantén o xénero patrimonial: o sangue d'as venas, e 15.115; o teusangue vertido, OS IV.125.

Oun modo semellante se comporta Curros con certos nomes con xénero femininopatrimonial. Así, a voz propria árbore non a topamos na obra do autor, maisálbores, sempre en masculino e, nunha ocasión, árbol: os álbores espidos, C 5.25;n'os álbores brúa, C 14.39; árbol será de paz, e 7.45. Tamén aparece ocastelanismo morfolóxico en arte (ó arte, C 31.154; a cencia e o arte, OS IV.141;si o arte perseguirdes, PS 3.195), mentres que calor ofrece vacilación no xénero;en dous casos aparece en masculino: ó calor d'amortecida lume, e 16.17; o calormeciñal do teu bafo, C 29.58; e só nunha ocasión mantén o feminino: que a calorderretería, C 2.666. A mesma alternancia vémola co vocábulo lume (o lume sincardes, C 25.18; cal coiro n'o lume C 27.9 vs. ó calord'amortecida lume, e 16.17;a lume morta, C 16.47), así como nos substantivos cor, dor e orixe: de cor máislouro, e 2.674.; a cor, OS IV.89; cánto delor, C 2.748; pr'os meus doores, e 9.16;eses doores, e 33.86; eterna dor, DS V.24; do seu dolor, PS 11.28; de orixe divino,e 2.925.

Finalmente, os nomes rematados no sufixo -axe apresentan tal vacilación xenéricaque resulta difícil emitir unha regra xeral. Hainos que manteñen o xéneropatrimonial (a romaxe, a camaradaxe), mais outros, por influencia do español,aparecen como masculinos (o lenguaxe, un viaxe, o paisaxe): como me amostra o

5 A palabra cima mantén o xénero femínino, mais resulta estraño en Curros a presenza dun caso enmasculino (n'o cima d'a torre, C 35.15), que pode deberse a unha gralla.

112

Page 9: Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez · '-GaLEGa de filoloxía Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez Elisardo López Varela Universidade da Coruña Preliminares

Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez ll1IIIII G aL E G,ade jiloloxla

traxe, C 2.804; do prácido follaxe, C 5.30; n'aquil paisaxe invernizo, DS V.18;tanto por todo o viaxe, OS VI1.44; seguindo á pós d'a romaxe, OS VI1.85; y-en boacamaradaxe, OS VI1.87; e un ultraxe en cada boca, OS VIII. 126.

Algo semellante ao que acontece ca xénero podemos velo na formación do plural,en que, de novo como outros autores coetáneos, aparecen solucións diverxentes.En primeiro lugar, nas palabras que acaban en vogal, o acrecentamento de /s/ énorma xeral: mapolas y-alelís, C 2.344; y-as eixadas, C 30.22. Isto sucedeinclusive en vocábulos como rei e lei, con formas plurais hipercaracterizadas nafala popular: de reis é tiranos, C 29.44; as leis municipales, C 32.37. Mais:qu'envidian os reises, C 15.46. Á parte destes casos, a presenza da soluciónespañola maniféstase algunhas veces: os calados ayes, C 7.31; d'albos tisúes, OSVII.128.

En segundo lugar, nos vocábulos acabados en consoante -n Curros foi, en xeral,bastante fiel á norma do seu territorio lingüístico, correspondente á solución dobloque central, ao desaparecer a nasalidade medieval produto da caída de -N­

intervocálico latino e tomar o alomorfo /s/: os bailarís, C 3.232; os desdés, C 11.4;fillos ningús, e 21.87; en montós xigantes, DS VIII.13; dous lacós, PS 19.32. Maisoutras veces, aínda que en menor medida, o autor recorre á solución propria dobloque occidental: cáns, C 14.20; rans, OS 111.54; bens, OS VIII.61; querubins, PS3.161; galans, PS 5.4. Estas vacilacións poden ser debidas á proximidade daisoglosa da área lingüística occidental, ou, máis probábel, á influencia doutrosescritores.

En terceiro lugar, a solución máis estendida das palabras acabadas en -l é aadxunción do alomorfo -es, mais tamén con presenza doutras solucións. Así, osmonosílabos forman o plural acrecentando este alomorfo -es: peles, C 15.48;tales contos, C 21.46; vales, C 26.2; soles, OS 1.71; mais ocasionalmentevemos casos como os sete vis escudos, C 23.15. Algo semellante acontece coasvoces paroxítonas: furar tuneles, C 15.90; por xustos os débles, C 15.156;ánxeles, C 36.20; mais achamos o caso seguinte: y-os ollos baixos e inmovis,OS IV.79.

Por outra parte, as polisílabas oxítonas acabadas en -al acrecentan tamén oalomorfo -es: piñeirales, C 2.65; catedrales, C 31.33; as leis municipales, C 32.37;libres areales, C 36.1; imortales, C 36.3; os seus ideales, OS 111.59. Mais tamén ohiato resultante da perda de -l- intervocálico latino se resolve cunha asimilación dasdúas vogais a favor da primeira, que posteriormente acabaría contraendo nunhaúnica (solución típica do bloque central): os maternás doores, C 7.28; os arsenás,OS VII1.119; inmortás, PS 3.196, solución que non era allea, por exemplo, ápropria Rosalía, que apresentaba este tipo de resultados (mortás). Nunha ocasión ohiato resultante da perda do -l- converteuse nun ditongo, solución propria do

113

Page 10: Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez · '-GaLEGa de filoloxía Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez Elisardo López Varela Universidade da Coruña Preliminares

Elisardo López Varela l1iliiii GaLEGade jiloloxía

galego oriental: ladrais, PSI0.586• As palabras acabadas en -el engaden o alomorfo

-es: caraveles, e 2.73; os verxeles, e 15.12; lebreles, e 15.124; y-os cinceles, PS11.45. Outras veces a solución é a do bloque central: con catro mantés? cuberta, e3.129; rosas é cravés, e 25.54; en papés de duas coores, PS 14.558

• Finalmente, ossubstantivos acabados en -ol e en -il apresentan a solución -es (rousinoles, DS11!.104), en canto que nos terminados en -il conviven a solución castelanizada e aautóctona: seis perniles, e 29.30; volvoretas xentís, e 2.3; os cadrís, e 3.220;fusís,DS IV.71; ninfas xentis, PS 10.62.

Para finalizarmos este apartado dedicado ao nome9, coidamos de interese a análise

da solución currosiana para os sufixos latinos -ANU/-A, en que a soluciónmaioritaria do poeta é a propria da zona en que naceu, a do galego do bloque

6 Carballo Calero (1972: 26) detense a observar este tipo de plurais afirmando: "En Curros los pluralesde tipo genuino cuartés, arsenás, cardenás, son proporcionalmente más frecuentes, al menos a partirde O divino sainete (1888). Pero, por otra parte, Curros desconoce los plurales más arcaicos mortáis,matináis. Es decir, que la lengua de Rosalía refleja en este aspecto las huellas de una situación másarcaica que la lengua de Curros; pero presenta al mismo tiempo una más rápida y completacastellanización. El gallego suroccidental resulta más arcaico que el central en sus formas autóctonas;pero ha sufrido más, por otra parte, la erosión de la lengua oficial: el proceso de castellanización haavanzado más en este punto".

7 Respeito ao caso de mantés, debemos manifestar que se encontra a forma singular manté (con catromantés cuberta / por que non chega un manté, C 3.129-130). Noutros autores achamos esa formaplural como singular, que, como indica Freixeiro Mato (1993: 90), só se pode explicar a partir doplural centro-occidental mantés, que xerou posteriormente a forma manteses, derivando dela unsingular analóxico mantés.

8 Hai un caso dubidoso: trátase da solución que Curros dá ao plural do substantivo nivel que aparece noverso 34 do poema "Na apertura do Centro Gallego". A leitura podémola facer de dúas maneiras:nivéis ou nivéls. Nas edicións de El Regional (Lugo, 1.4.1893) e El Eco de Galicia (Habana,22.4.1893), rexístrase nivéls, en canto que na edición de El Globo (Madrid, 28.3.1893) a distinción émáis complexa. A solución nivéis, propria do bloque oriental, repítea Curros nunha soa ocasión queapontamos arriba (ladrais); a solución nivéls (pola que nós optamos), dáse noutros autores da época,como Rosalía, que en Cantares Gallegos utiliza en varias ocasións este tipo de plurais: frols, mals,mortals, nabals, sutils.

9 Centrándomonos estritamente no adxectivo, son merecentes de comentario a alternancia bon/bo, enque o poeta opta por alternar ambas as solucións, cunha maior utilización da primeira, de quecontabilizamos 16 casos por 4 da segunda. Este feito contrasta en boa maneira coa distribuciónxeográfica de ambas as formas, pois o autor pertence a unha área en que prevalece a solución bo: bonsamaritano, C 26.29; meu bon amigo, C 31.169; bon labrego, C 33.1; iBon peixe!, DS 111.153; un bongaiteiro, PS 3.30; etc. Polo contrario, aparece bo en: bó castigo me deches, C 2.1005; a noite á bóandar caía, DS V.4; bo consello, PS 14.177.

Neste mesmo ámbito adxectival cómpre salientar a utilización da forma comparativa millor (qu'é omeu médeco millor, C 21.63; non agarde millor sorte, PS 11.115; y-o millor Dios o diñeiro, PS 14.32),a preferencia pola forma peor frente a pior (piores q'a rabia, HG 2.298 / peores q'a rabia, A, B, C2.298; do peorciño DS 11.143), así como a alternancia maor/mor, sendo inexistente a forma maior:cando n'asfestas maores, C 4.41; os ósos d'os teus maores, DS IV. 116; collían roxo inda mór, C 3.74;que no mundo a mor riqueza, C 33.106.

114

Page 11: Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez · '-GaLEGa de filoloxía Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez Elisardo López Varela Universidade da Coruña Preliminares

Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez llJIIII!I G a L E G ade jiloloxía

central, -au/-á: n'a mzna mau, C 2.787; como de vrau regalada, C 2.834;hirmauciños, C 2.875; nin gráu pr'a semente, C 15.130; y-as n:taus, C 23.21; ochau, OS VIII.124; meus hirmaus, PS 10.1. Mais non sempre sucede así, poisapresenta casos, non habituais do galego central, en -an, aínda que todos os

recollidos pertencen aos poemas soltos que son -como dixemos- menos fiábeis:d'o céltico chan, PS 10.45; hirmans, PS 14.232; man, PS 17.58. No ferninino, oresultado xeral de -ANA latino é -á, mais a isoglosa de separación con -án pasa tanpróxima a Celanova que a solución do noso autor apresenta alternancia. A istodebemos sumar a solución culta -ana e algún castelanismo: unha muradana, C2.405; xentes cortesanas, C 2.918; baix'a ventana, C 2.968; d'a mañan, C 5.20; aalta campana, C 12.17; certa clás de mazá, C 21.28; vai por lan á Roma, OS 1.149;á esas rans d'a democracia, OS 111.54.

No apartado referente aos pronomes deterémonos naqueles aspectos máissalientábeis, especialmente no pronome persoal, en que debemos facer constar aalternancia de ti/tu como forma de suxeito, con preferencia para a primeira dasformas: ti quéresme moito, C 2.261; tí apareciche enton, C 34.9; tí, meu coitadoSan Bode; OS 1.112. Mais como corresponde a unha zona xeográfica en que o usocomún na fala é o de tu, tamén vemos casos en que aparece a forma etimolóxica:'tú rósnos C 2.357; rabearas tú, C 2.772. Na edición de "A Virxe do Cristal" en ElHeraldo Gallego, ao lado de ti achamos tu con moita frecuencia: tu quéresmemoito, HG 2.261; tu seique tes gana, HG 2.288. Esta alternancia solucionaríaa na1a edición de Aires a favor da forma ti, o que demostra unha escolla lingüísticaconsciente na dirección do estándar moderno da lingua.

Por outra parte, no que di respeito á forma do pronome de terceira persoa el/U, asituación é semellante á anterior, xa que predomina a forma común, aínda quetamén existe a solución U por ser a típica desta zona ourensá: il corre, C 1.191;pensaba n'íl, C 2.736. En HG tamén aparece o dialectal U (U era un mozoarrogante, HG 1.167), correxido en Aires d'a miña terra. Ademais, achamos aforma invariábel el, substituto do antigo pronome elo (¿Él é certo?, OS 11.1), que,situado no inicio da curva de entoación, está tomado como reforzo interrogativo ámaneira de acaso, entón, logolO.

Canto á distinción das formas de dativo de 3a persoa (lle/lles), tamén en Curros sepercebe a neutralización, dentro dunha tónica de diferenciación entre singular eplural: jálaUe ós emigrados, PS 8.17; os homes non lle jan caso, PS 11.29; a todoslles gusta, C 2.963; tando d'esto se 'lles dá, C 3.40.

Outras cuestións de interese fan referencia á alta percentaxe de utilizacións dasformas do pronome de solidariedade (¡pois estouche servido!, C 2.474; que che se

10 Sobre o particular, véxase Álvarez / Regueira / Monteaguado (1986: 169).

115

Page 12: Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez · '-GaLEGa de filoloxía Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez Elisardo López Varela Universidade da Coruña Preliminares

Elisardo López Varela m.IIGaLEGade filoloxía

rin de ti, C 2.564; eu ch'o topey, eu ch'o tiven, C 2.1021; nadia ch'é rico, C 16.13;pois non ch'hay can que ch'a roa, C 21.11; sonche os verdadeiros santos, DS11.123; que mala loba che me non xante, PS 2.11; y-eu non vos toco nada, PS 3.19;evos a lengoa gallega,PS 5.1), así como todo aquilo que fai referencia á colocacióndas formas átonas do pronome persoal. As veces que modificou a posicióncanónica dun clítico foi, na maioría dos casos, por razóns enfáticas ou métricas:x'estóuvos' ascoitar, C 2.808; "¡Qué tempos!" me dice, C 12.56; Vostedes me seantestigos, C 21.114; se ás boas non veste, PS 2.60; a cencia o pregoa y-a cencia nonmente, PS 10.21; Penélope o diga, PS 10.51;pr'a cando él trunfe eu lla gardo, PS17.110. Do mesmo xeito, manexa extraordinariamente ben a interpolación, recursotradicional e enriquecedor do idioma, especialmente frecuente co adverbio denegación non: pra que se lle non coneza, C 2.316; dende que te non vexo, C 2.999;non hay quen lle non deba consolos e favor, C 2.1187; pátria que os non mantén,C 25.48; ¿quén te non maltratóu?, C 31.126; que mala loba che me non xante, PS2.11. Outras veces, a interpolación dáse cando o suxeito se sitúa inmediatamenteantes do verbo, desprazando deste xeito o pronome átono para unha posiciónanterior: Si probas m'él pidira e darllas eu pudese, C 2.371; antes de se o soldeitar, PS 14.168.

As formas dos demostrativos corresponden en xeral ao sistema maioritario con ['e]tónico, a pesar de que a zona xeográfica de procedencia de Curros responde máisa un paradigma con hipercaracterización nas formas masculinas con vogal tónica['i], que é característico da maior parte da provincia de Ourense (Femández Rei1991: 69-73). Eis algúns casos: este libro, C 1.29; ese idioma, C 1.41; por aquelbosque, DS V.152; n 'esta noite, DS 1.11; estas páxinas, C 1.32; esa fa la pulida, C1.37; aquela virtú, C 2.374; d'axente aquela, DS 111.133; y-esto dito, DS 1.127;pravivir bástache eso, C 31.142 vs. d'iste ano, PS 2.9; ises compatriotas nosos, DS11.118; irgue isas pontes, cega ises baches, PS 2.17; n'aquil celaxe promizo, DSV.16; mirando aquiles horrores, DIVI 111.163.

Por outra parte, e como acontece, por exemplo, na obra pondaliana, en Curros podeaparecer o pronome posesivo sen o artigo, normalmente por razóns métricas:morreu voso realismo, C 32.32; teu millor libro, C 33.94; seus rezos, DS IV.73;onde vosas obrigas, PS 3.3; miña alma toda, PS 3.91; seus sacretos, PS 3.132; nosochau paterno, PS 3.140; tray meus versos, PS 14.80.

Canto ao indefinido, convén asinalar un fenómeno de carácter fonético que afectao encontro dunha vogal final -Q (ou da realización [j] da conxunción copulativa) encontacto coas formas de un: a vogal velar aberta de on, onha provén da contracciónde fal e fuf, fenómeno típico da fala popular. Significativamente, Curros vaimudando o seu modelo lingüístico, sendo máis frecuente en Aires da miña terra, éapenas perceptíbel en O divino sainete (só dous casos, un deles no manuscritoautógrafo, despois correxido na la edición). Os casos documentados aparecen

116

Page 13: Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez · '-GaLEGa de filoloxía Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez Elisardo López Varela Universidade da Coruña Preliminares

Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez '-GaLEG,ade jiloloxla

sempre despois das preposicións a, contra e pra, e das conxuncións coma e i (nestecaso por disimilación entre fechadas): escribir nada mais pr'onha provincia, C1.42; y-on carro...¿y-a de vosté?, C 3.172; roxa com'on caravel... , C 3.173. Oúnico caso dubidoso (decía onha vella, C 3.173) é explicábel por fonéticasintáctica, pola presenza do -a final de decía. Por outra parte, aínda se debe indicara presenza, en diferente proporción, de formas vulgarizadas procedentes docastelán nadie acarón da forma correcta ninguén: nadia, naide e nadie. Nadia estápresente en trece ocasións, ninguén en doce, e nadie en catro: que naide s'entendealí, C 3.234; naide as endrómenas ten, C 21.9; naide baila, C 21.24; como naidese vexa, C 27.4. A forma nadie só se rexistra unha única vez: de nadie recordosmalos, PS 17.142.

No necesariamente complexo capítulo referido ao verbo destacaremos só aquelesaspectos que consideramos máis significativos pola súa importancia. As segundaspersoas do plural das tres conxugacións apresentan tanto a conservación do -d- daterminación como a desaparición da consoante e mais a posterior asimilación ecrase vocálica, sendo este un trazo típico da área fisterrá usado frecuentemente porRosalía de Castro; talvez Curros se vise influído pola poeta padronesa, pois estadesinencia é allea á zona lingüística de Celanova: que chamás progreso, C 2.8; deque lei / querés, C 25.40; cando chegués á cima, C 28.35; cantos amés, C 36.3; assoidades sentís d'os patrios eidos, PS 3.2; cando cruzás, PS 18.91; mais ao seulado aparece: os que, cal eu, subides, C 28.33; q'inda pensades, C 32.33;cumprides, PS 3.125. Polo contrario, nas formas de imperativo Curros vacila entrea solución galega xeral (paráde, C 2.9; correde o velo, C 25.45; rachade, OS 0.95;Ladrade, mordede, ride, OS 0.97; remendade, PS 12.3) e a forma dialectal deprocedencia, neste caso sen a crase fisterrá, excepto, loxicamente, na terceiraconxugación: facéy montería, C 10.23; Romeiros, acudí/... , C 17.9; templáina, C23.42; preguntáylle, C 25.17; dáille traballo, C 25.46; deixáino, C 25.57; mirayno,C 35.44; penduray, PS 14.190.

Por outra banda, a respeito das P4 e P5 do copretérito, antepretérito e pospretérito,debemos ter en conta o desprazamento acentual da vogal do sufixo modo-temporalá vogal temática nas P4 e P5: dábamos comenzo, OS 111.2; tíñamos, OS 111.5;marchábamos, OS VI.142; non debérades tornar, PS 15.20. Ao seu carón topamoscasos de mantimento do acento etimolóxico, inclusive, algúns deles, marcados contil polo proprio autor: rezabámos, C 9.46; viviámos, PS 10.88. Esta alternanciapode explicarse pola existencia dun territorio sen desprazamento acentual, próximoa Celanova, onde tamén existe unha pequena iHa con formas analóxicas.

No apartado referido ao pretérito, centrarémonos, en primeiro lugar, nas soluciónsde P2, en que se produce vacilación entre os resultados etimolóxico (-che) eanalóxico (-ches). Ternos rexistrada 38 veces a primeira forma (chegache, OS1.103; xurache, OS 1.105; recolliche, OS IV. 124; levantache, OS IV. 129; etc.),

117

Page 14: Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez · '-GaLEGa de filoloxía Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez Elisardo López Varela Universidade da Coruña Preliminares

Elisardo López Varela llBIIIII GaLEGade filoloxía

frente a 30 casos da segunda: se pagaches, DS VI.63; mandaches, PS 17.57.Ademais, en consonancia coa área xeográfica do autor, a vogal temáticaetimolóxica da P2 dos pretéritos fracos da 2a conxugación é sempre Ji!: naciches ti,C 24.8; mereciches, C 31.104; ti apareciche entón, C 34.9; metiche, DS V.163.

Polo que respeita ao sufixo número-persoal de P5 do pretérito, continúa a mesmavacilación, neste caso entre a forma hipercaracterizada -stedes (dixéstedes, C32.21; nombrástedes, PS 3.7; puxéstedeslle, PS 3.11; soñástedes, PS 3.159) e aetimolóxica -stes: que á morte condenastes, C 25.39; recordastes, DS V.14;pensastes, PS 3.164.

Outra cuestión importante, con consecuencias sintácticas, é a presenza de usos deantepretérito no canto de pretérito de subxuntivo, en consonancia con usospopulares: e pódia que certo fora, C 2.90; s'en sorte me tocara, C 2.608; cal sitiveran rebor, e 3.66; por mal que chefose, e 31.114.

Débese salientar, así mesmo, o magnífico dominio da lingua por parte de Curros noreferente ao uso xeral e constante do futuro de subxuntivo. Os exemplos sonabundantes: que quen quixere, e 2.99; conta non deres, C 2.516; vos fordes depaseo, C 2.1178; si pudér, e 25.40; si chegar á morrer, C 25.28; mais se non chebastar, e 31.143; cóntame o que vires, e 36.24; canto for meu, DS Vlll.205; quenquixer, PS 3.176; a quen non nacer gallego, PS 14.244.

Finalmente, para alén do alto grau de uso do infinitivo flexionado (pra n'outonocasárense, C 2.193; ó saberes tal notiza, e 33.55; seres dono, C 33.57; pra c'olibro te fagueres, C 33.61)11, na obra de Manuel Curros Enríquez aparecefrecuentemente o xerundio reforzado coa preposición en ou ende para indicar quea acción expresada por aquel é anterior á do verbo principal: a festa en chegando,e 29.8; que un ben topache en morrendo, DS 11.23; persenfóuse n'o recinto / unhome, en berrando: "Nego o meu sufraxo á ese herexe... , DS 11.76; ende lle dandoós pés. Aliás, en liña coa enxebreza manifestada na súa produción literaria, o poetaapresenta un alto uso das formas reducidas de certos participios acarón das formasregulares: nacidas, e 2.1; esta lámpara acendida, e 19.15; de pernas tortas, e2.485; c'os ollos acesos, e 10.17; nádo n'os montes, e 14.29; están enxoitos, e32.30; comesta d'os lobos / comesta morreu, PS 7.11-12.

Para rematar co capítulo referido ao verbo, ímonos deter en certas particularidadesreferentes á conxugación de verbos concretos, nomeadamente dalgúnssemirregulares e irregulares. En primeiro lugar, débese indicar a presenza deformas analóxicas na conxugación do presente de indicativo de verbos con

11 Como corresponde á unha zona da provincia de Ourense en que se usan todas as formas do paradigma(García Gondar 1978: 22). É claro que, ás veces, a métrica impede a súa aparición: nóivos ó sair d'amisa, C 2.182; pr'estar com'o moucho /viñeche da sacha?, C 2.217.

118

Page 15: Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez · '-GaLEGa de filoloxía Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez Elisardo López Varela Universidade da Coruña Preliminares

Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez l1JIIIII!I G a L E G ade jiloloxÍa

alternancia vocálica (que a Xusticia encubre, C 25.45; cando se cuspe, PS 14.145),mais sempre minoritarias en relación ás formas históricas: o peito sente, C 2.36;que acod'a cita?, C 2.809; s'o conto non mente, C 15.34; eferen, C 15.38; sempreloce ben, C 31.164; soben ó pau as virtudes, PS 14.127; que cobre os osos, PS14.266.

Así mesmo, no presente de indicativo dos verbos acabados en -aer, -oer, aparecefrecuentemente a vogal temática fechada /i/ para a 3a persoa singular: cay oPapado, C 17.11; dóise aquel d'un Sylock, C 29.68; trai, OS V.101; alí onde cai,OS VII.36; roi, PS 13.5; doy, PS 14.7; tray meus versos, PS 14.80.

Canto á conxugación de verbos irregulares, faremos unha esquemática revisióndalgúns especialmente significativos:

1. Dar. Este verbo mantén a solución deu na 3a persoa do pretérito en todos oscasos que rexistramos (deull'á noiva, C 3.108; ¡nay que me deu!, C 27.4; quenunca deu craridade, OS 1.21; deulla, OS VII.61; deume un fillo, PS 3.27),cunha única excepción inducida pola rima, que provoca a aparición da formaanalóxica dou no poema "A espiña", ao lado mesmo da forma histórica: deulleél sete á quen m'o dou, PS 14.84.

2. Dicir/decir. Curros, sendo fiel ao seu estilo, alterna constantemente tanto asformas decir e dicir (decirche esperaba, C 2.302; com'antes che decía, C 2.465;decindo, C 2.707; dicíndolle, C 15.91; decindo entre dentes, C 15.202; decíamiña nay, C 25.3; volveu dicirme Gabriel, C 36.49), como as diversas soluciónspara a P2, P3 e P6 do Presente de Indicativo: tí dícelo, C 2.264; din a nay y-amadriña, C 29.11.

3. Facer/Faguer. O poeta, natural da parte occidental de Ourense, segue en moitoscasos o uso dialectal típico desta zona. No tema de presente a distribución doradical facer é maioritario nas falas galegas, rexistrándose a presenza de faguerna metade occidental da provincia ourensá. No tema de pretérito fix- é o radicalmaioritario, mais nesta zona ourensá aparece figu-. Como podemos observar nosexemplos que seguen, o noso autor utilizou máis frecuentemente as formasproprias do seu territorio lingüístico do que as outras: él prafaguer as vendimas,C 2.58; s'algunha ves o faguía, C 2.136; eu nada che figuen, C 2.253; d'o qz,¡,efigo, C 2.428; pra talfaguer, C 2.763; prafacer n'éla morada, C 2.880; Martiñofigos'o zorro, C 2.1113; mandey faguer testamento, C 21.55; prafaguer niño, C22.16; fígome a figa, C 27.7; faguedes, C 31.21; en que figo ó machado milpirmores, C 31.41; pra c'o libro te fagueres, C 33.61.

4. Ouvir/Oír. En principio, as solucións no radical que o verbo ouvir podeapresentar nas formas arrizotónicas do tema de presente (excepto o subxuntivo)e de pretérito son ouv[-ir}, ou[-ir}, ougu[-ir}, ademais de o[-ir]. Nas obras do

119

Page 16: Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez · '-GaLEGa de filoloxía Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez Elisardo López Varela Universidade da Coruña Preliminares

Elisardo López Varela llIIIIII GaLEGade filoloxía

noso poeta todas e cada unha destas posibilidades son documentadas12: candoteñades esta vos ouido, C 2.25; non sey cómo t'oyo, C 2.229 e 231; ouía gromase cántigas, C 2.986; ouíunos o confesor, C 3.108; qu'era o qu'había qu'ouir, C3.208; o son d'a gaita ouindo, C 4.53; vay oir, C 7.4; sin ouir seus amargoslamentos, C 11.23; y-on sapo q'o oía, C 14.11; s'ouíras os sermós, C 21.141;ninguén ouíu, C 28.13; o dia que m 'as oyan, C 28.16; oyo á chamarme, C 31.76;y-ouvide a miña vos, C 36.4. Tamén podemos ver o substantivo deverbal: Nonteño ouido xordo, C 2.822; chegóull'ó ouido, C 2.1066.

5. pór/poñer. O verbo pór (e os seus compostos) é característico da provincia deOurense, como testemuña Fernández Rei (1991: 98-99 e 134) ao estudar a súadistribución xeográfica: "No tema de presente teñen diferente distribución asformas pór, pomos, pondes (podes), puña, porei, poría. .. características deZamora, case todo Ourense, a metade sur de Pontevedra e puntos esporádicosda Coruña e Lugo; poer, poemos, poeis, poía, poerei, poería...de falasasturianas; e poñer, poñemos, poñedes, poñía, poñerei, poñería... do resto dogalego". En Curros as dúas formas alternan o seu uso: repoñéndose, C 2.625;quíxose por, C 2.701; en compoñerse, C 3.81; compuñan unha armun(a, C3.207; vay póndos'o sol, C 14.2; poñeino ante esta lámpara acendida, C 19.15;non mefagas porche preito, C 21.150;poñendo os meusfillos, C 29.51; aquí vosven: disponde, PS 3.121.

6. Querer. A conxugación deste verbo segue no noso autor a norma xeral, aexcepción dalgunhas formas moi concretas da 2a e 3a persoas do presente deindicativo, en que alternan, respectivamente, queres/ques e quer/quere, á partede queredes/querés (véxase supra), con aparición de formas típicas do occidentecoruñés; afirma Fernández Rei (1991: 99): "No presente de indicativo desteverbo é relevante a distribución de queres, forma maioritaria [...] e ques, formacontracta característica do occidente da Coruña, ás veces en concorrencia conqueres.Igualmente o é a distribución de quere, que é o xeral, frente á formaapocopada quer, cunha área compacta no occidente da Coruña e outra no galegode Asturias e do Bierzo". Vexamos algunha exemplificación: falarme quere, e2.806; que quer que lle levanten, C 2.815; que quer, e 2.816; si Dios quere, C2.947; o mesmo quer o concello, C 2.949; e cand'a que tanto quere, C 2.1114;com'o qu'a cousa non quer, C 3.168; tanto te quer, e 21.59; que quere creer,DS 1.114; cántigas quer de galans, PS 5.4; d'aquelo que quer gozar, PS 5.16;quer que vos diga, PS 14.69; non quere o río, PS 15.21.

7. Saír/Salir. O estudo da lingua currosiana mostra a convivencia da forma saír,maioritaria, con algún caso de salir: saleu de apaseo, C 15.13; non sallo, PS14.70 e 122. Outros exemplos son: dispois de saír, C 2.68; e d'aquí sán pr'os

12 Ademais dunha forma analóxica ouce: xa s'ouce o pío alegre, e 5.17.

120

Page 17: Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez · '-GaLEGa de filoloxía Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez Elisardo López Varela Universidade da Coruña Preliminares

Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez ll1IIII!I G a L E G,ade filoloXI8

teares, e 2.119; saían, e 2.142; unha d'a boca lle say, e 2.323; saíu tranquiloxá, e 2.636; e Bras ó turreiro say, e 3.18; pol-a troneira say, e 16.20; ¡Quécousas m'oxe sán, e 16.40; e pol-a posta que say, e 21.3; pra c'oa teima mesair, e 21.116; hastra que d'ela sayan, e 23.43; say d'ese altar, e 31.130 e 132;sayámos xa, e 31.170; d'a Grecia say Roma, PS 10.96; saín, PS 14.186.

8. Traeríl'raguer. Neste verbo é significativa a presenza de formas que mostranunha conxugación dependente da minoritaria forma traguer, convivendo conresultados de traer: que trás contigo o frío, e 2.356; tráiche consolo e favor, e2.414; trayo, e 9.7; que tray a boa nova, e 28.20; meus fUlos vos trayo, e29.34; vés traguer, e 29.46; meus nenos che trayo, e 29.54; ¿Trouguen aságoas á Cruña?, PS 17.13.

9. Ter. Canto a este verbo, merecen comentario algúns aspectos referidos á súaconxugación. En primeiro lugar convén destacar o comportamento que o poetacelanovés He dá á 38 persoa plural do presente de indicativo. Máis unha vez,Fernández Rei (1991: 101) infórmanos de que na P6 se rexistra tein na parteoriental da Galiza e ten no oeste da Coruña, sul de Pontevedra e Ourense,constatando, ademais, que a forma ten soe aparecer frecuentemente enconcorrencia coa analóxica, e maioritaria, teñen. A variedade das solucións naobra do autor pódese apreciar nos exemplos que seguen: pr'a min tenfrores, e9.32; eses nomes tén virtude, e 33.115; que ten a pasión por guía, DS VI.57;tén as mesmas rodas, PS 10.58; que os teen tan gañados, PS 17.34; nin cult'oshéroes ten, PS 19.40. Mais tamén se rexistra teñen: no teñen albergue, e15.148; teñen a pátrea, e 31.137; teñen, PS 14.192.

Por outra banda, nos tempos de pretérito documéntase a alternancia das raíces tiv-/tuv­, mostrando a interferencia do castelán na segunda forma: tiven un filio d'achego, e21.139; tivo tratos c'o demo, e 24.7; que xa tiven, e 29.24; tuvo, PS 11.53.

No ámbito da morfoloxía, fican aínda algunhas observacións sobre diversosadverbios, preposicións e conxuncións. A respeito do adverbio, salientamos apresenza das diversas series dos adverbios de lugar absolutos, aparecendomaioritariamente os da serie en -í: uns 35 casos de aquí (á parte da variante eiquí),17 de aí e 23 de alío Segue a serie en -á con un caso de acá (pr'acá d'o Pirene, PS10.23) e 24 de alá. Na serie en -ó non documentamos acó, frente a dous rexistrosde aló: aló n'o fondo, e 31.75 e aló. n'o abril primeiro, 31.109. Finalmente, acolárecoHémolo tamén dúas veces: acolá enriba, e 2.1161 e d'aquípr'acolá, PS 10.12.Nos da serie en -í, Curros alterou as grafías na edición de Aires a respeito da 18 de"A Virxe do Cristal" en El Heraldo Gallego, pois neste aparecían as formaspalatalizadas que o poeta modificou en 1880: elí, HG 2.67 e 2.73; eiqui, HG 1.123(alí e aquí nas tres edicións de Aires); alí, e 2.67 e 73 (frente a elí en HG nosmesmos versos); aquí, e 2.118, 119, 121 e 124 (frente a eiquí en HG); etc.

121

Page 18: Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez · '-GaLEGa de filoloxía Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez Elisardo López Varela Universidade da Coruña Preliminares

Elisardo López Varela I1111III G a L E G a'de filoloxía

Tamén no ámbito adverbial se debe sinalar a presenza esporádica dunhaasimilación consonántica no encontro do adverbio de negación non seguido dopronome persoal me (eu no me acordo, C 2.821), así como a crase deste mesmoadverbio con forma verbal iniciada por vogal, fenómeno popular tamén minoritariona obra de Curros, aproveitado con fins métricos, o mesmo que outros poetascontemporáneos: n 'hay zapateiros, C 2.115; noxado n 'estabas, C 2.220; un chauque n'é d'éles, C 15.118; n'hay quen non venda monte e devesa, PS 2.35; talacasión n'aproveita, OS 0.87; ¿n'é verdade?, OS 11.4.

Canto ás preposicións, existen diversas formas e usos na obra do poeta ourensánque merecen comentario. Así, é posíbel documentar en Curros certa vacilaciónverbo do uso da preposición a con C.O., aínda que a interpretacións dalgunhasgrafías resulta dubidosa: o servicio d'o rey chama ós mociños, PS 3.79 vs. y-osgallegos doma, PS 10.99.

A forma do adverbio de lugar diante é empregada con valor prepositivo equivalenteá locución diante de en varias ocasións: diante eles, PS 10.31; diante nos, PS10.93; diante o trono e diante o altar, PS 11.25.

Por outra parte, dependendo por veces de factores métricos, a preposición parapode apresentar a forma reducida pra, que resulta maioritaria: para engordar, C27.24; para n'éla vender, C 35.48; para a coba, OS 11.41; para atallar a corrente,OS V.40; para facerme calar, PS 14.16 vs. pr'a que quen s'astreva, C 2.94;quedaban pra si dicindo, C 2.151; nacido pra azoute, C 29.43;pra dirixir, PS 3.17.

Tamén existe vacilación na elección entre desde e dende, con predominio destaúltima, xa que só localizamos unha vez a primeira forma: desde enton ¡qué tristezaen vos hay, C 11.28. Mais esta preposición convive coa locución déndes de oudéndesde 13

: déndesd'a vi/a hastr'a aldea, C 2.192; déndesd'o ceo, C 2.419; miradadéndes de lonxe, C 2.653; Déndesd'o Lerez lixeiro, C 4.1; déndesd'esa aventura,OS 11..100.

No relativo á conxunción condicional se predomina -sobre todo en Aires- a formacastelanizada si, combinada coa forma reducida por crase, aínda que en O divinosainete e nos poemas soltos a vacilación é maior, aparecendo comunmente se; omesmo sucedía nos poemas "A Virxe do Cristal", "Dnha voda en Einibó" e "Ogueiteiro" publicados en El Heraldo Gallego, en que se manifestaba máisabertamente a presenza da forma se: e se canto ése morto... perdonaime, HG 2.48.Porén, si está presente no orixinal autógrafo de O divino sainete, mais na 1a edición(1888) aparece se.

13 Para un máis amplo estudo desta forma, véxase Ferreiro (1999: 214 e 361) e García de Diego (1984:

152-153).

122

Page 19: Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez · '-GaLEGa de filoloxía Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez Elisardo López Varela Universidade da Coruña Preliminares

Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez ll1IIIIIII G a L E Gade filoloxía

Con relación ás partículas comparativas ca/que e coma/como, débese sinalar que,en certas ocasións, na poesía de Curros aparece o pronome na súa forma rectaprecedido da forma como (de toparte como eu, C 31.88; todos como eu apenados,DS 1.77). Dun modo semellante, pode aparecer que perante a forma ti comosegundo termo da comparación: outros van máis emporcados / que tí, DS V 55-56.

Léxico

Por último, na análise da lingua de Curros debemos ter presente que o noso poetaé un dos autores do Rexurdimento que mostra un léxico máis rico e variado, sendúbida pola amplitude da súa cultura e formación, reflectida en artigos de prensacomo comentador literario, e mais poia grande cantidade de leituras que tiña feito.Desta forma, elabora literariamente un idioma que parte dunha linguaxe conmarcado acento popular, matizando o seu léxico con abundantes cultismos froitodo profundo coñecimento do mundo clásico. Mais, como todo escritor desta época,foi tamén escravo da situación lingüística que neses momentos se vivía, pagando otributo de numerosas interferencias e/ou deformacións fonético-Iexicais que ennengún momento restan interese e calidade á súa produción.

Neste sentido, Curros tampouco foi alleo á avasaladora influencia da lingua oficial,rexistrándose castelanismos sistemáticos na súa obra, como o substantivo Dios,introducido xa había ben tempo no idioma, e o adxectivo hermoso e os seusderivados; neste caso convén destacar que a súa presenza se dá maioritariamenteen "A Virxe do Cristal", decaíndo o seu emprego ao irmos avanzandocronoloxicamente na edición da súa poesía (hermosa vida, C 2.361; unha rapazahermosa, C 2.546; d'unha non vista hermosura, DS 0.90). Así mesmo, o xentiliciogallego é forma única, pois haberá que esperar ás Irmandades da Fala para que sefaga efectiva a recuperación da forma lexítima. Hai, aínda, outra serie de palabrasespañolas que aparecen en contadas ocasións. Así, por exemplo, reina figura unhaúnica vez (Reina d'hermosura, C 2.78); castellana (C 33.42); griego (d'os grandestráxicos griegos, DS 1.102; o vello sudario griego, DS IV. 140); pulpo (PS 3.62);etc.

Outras veces aparecen pseudogaleguismos, constituídos por formas híbridas entreo galego e o español: ánxele, C 2.637; anx'liños, C 4.75; os Evanxelios, DS 0.20;lexos, PS 3.66; almexas, PS 4.5; Miguel Anxele, DS IV. 150. Resulta, neste sentido,sorprendente a modificación da forma correcta galega gargallada que aparece nomanuscrito autógrafo polo híbrido carcaxada en DS 1.165, castelanismo facilmenteevitábel.

Finalmente, existen palabras que alternan as súas formas entre a voz galega e a.española. Por exemplo: y-a limosna, C 2.104, frente a a esmola, PS 3.176.

123

Page 20: Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez · '-GaLEGa de filoloxía Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez Elisardo López Varela Universidade da Coruña Preliminares

Elisardo López Varela 11111111!1 G a L E G ade filoloxía

Por outra banda, ao contrario do que acontece con, por exemplo, Pondal ou,despois, Noriega Varela, documéntanse na obra de Curros numerososhipergaleguismos, arrastrado, sen dúbida, polo seu desexo de afastamento docastelán, que o leva a nivelar analoxicamente elementos de procedencia culta, avocalizar grupos consonánticos en latinismos recentes, etc.: cencia, C· 2.2;primaveira, C 5.6; estranas, C 13.33; mediciña, C 13.38; brilar, C·14.38, extranos,C 27.17; mediciña, C 29.27; montana, C 30.2; hourizonte, DS 1.73; brilante, DSV.126; etc. AIgunhas destas formas son exclusivas, en canto que outras apresentantamén a forma correcta (brillou, C 2.613, frente á anterior briZar).

Finalmente, canto á formación de palabras, cabe pór en relevo na obra de ManuelCurros Enríquez dous procedimentos utilizados con alta frecuencia, cal aderivación sufixal e a composición. No ámbito da primeira salientaremosunicamente a utilización dos sufixos diminutivos, en especial o sufixo -iño. Osvalores que apresentan as palabras con el formadas son variados, indo desde oindicador de tamaño ao intensificador de afectividade, pasando por todos osdemais. Dnha boa proporción deles acumúlase nos poemas apresentados aoCertame de Ourense, cheos dun significativo contido tradicional e costumista e moipróximos á fala popular. En C rexistramos máis dunha centena de exemplos: tanpiquiniña, 2.819; oveZliñas 2.830; o coitadiño, 2.985; un ramiño, 2.994;caraveliño, 3.29; rapaciños, 6.9; meu queridiño, 7.47; branca pombiña, 9.26;filliña, 16.6; papeliños, 21.62; estreliñas, 22.24; santiño, 29.13; saniños, 29.61. EnDS contabilizamos 12 casos: o tempiño foxe, 0.34; certos poetiñas, IV.54; xentiña,IV.82; e nos poemas soltos vimos 22: fontiña, HG 1.1; q'esas pestanas Zonguiñas,HG 1.9; pouquiño á pouco, PS 3.171. AIgunhas veces, a palabra aparece reforzadapola acumulación nela de dous ou máis sufixos (Paráde un pouquichiñ 'o fatigoso/ paso, C 2.9; tan piquirriquichiño, C 2.792.

O resto dos diminutivos non chega a ter a presenza deste, e algúns deles apresentanoutras connotacións, como o valor despectivo ou, mesmo, conforman palabras xatotalmente lexicalizadas: -ello (cortello, C 2.832); -ete/-a ifoguetes C4.45, palleta,e 4.89); -ote (capote, DS 1.7); etc.

Canto á tipoloxía compositiva que se rexistra na poesía currosiana, salientamos nontanto a súa abundancia como a criatividade dalgúns compostos, con elementos devariada condición: gardas fronteiros, C 16.53; católica-romana, C 31.27; crítica­Veuillot, C 34.5; garda-fronteiro, DS VII.60; somellóume un p~so-duro, DSVII.132; a virtude-vaca, PS 3.95; boi-deseo, PS 3.96; himno-titán, PS 3.201;mestre-canto, PS 17.12014

• Non é un tipo de substantivos que abunden demasiadona súa obra, mais, dos que existen, as combinacións estruturais son variadas.

14 Resulta curiosa a presenza de carros matos en PS 2.19, en que a flexión de número afecta os dousmembros.

124

Page 21: Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez · '-GaLEGa de filoloxía Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez Elisardo López Varela Universidade da Coruña Preliminares

Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez

A modo de conclusións

m.mGaLEG,ade jiloloXl3

En Curros dáse un feito evidente que non ten parangón con nengún outro escritorda época: o seu alto dominio da lingua e a súa riqueza e variedade vocabular,unidos á intención de superar en todo o momento a fase inicial do idioma, fuxindona medida do posíbel de vulgarismos innecesarios e de dialectalismos proprios dasúa zona, tratando de He dar a este unha unidade que naquel momento non posuía.Para iso, aínda que baseado na fala popular, seguiu aspectos da Gramática de SacoArce sen deixar de sentir a influencia doutros autores coetáneos, especialmente deRosalía. Percébese unha marcada evolución desde os poemas premiados noCertame de Ourense e publicados en El Heraldo Gallego até os seguintes daprlmeira edición de Aires da miña terra. En O divino sainete a ansia de perfecciónlevouno, mesmo, a pedir algunha rectificación ao editor Martínez Salazar, comovimos.

No tocante á grafía, mantivo decote un mesmo sistema con moi poucas diferenzas.A excepción vémola nos tres poemas do Certame de Ourense, que apresentabanunha serie de marcas gráficas, que despois o autor iría eliminando, como a excesivapresenza de apóstrofos por elisión de vogais.

Do ponto de vista fonético, reproduce a fala habitual daquel momento, coscorrespondentes casos de alteracións de timbre vocálico, as metátesesconsonánticas, a redución e vocalización de grupos cultos, as asimilacións edisimilacións e outros fenómenos típicos da lingua oral, sen que se poda rexistraren nengún caso a gheada, xeral no seu territorio nativo.

No ámbito morfosintáctico, o galego literario de Curros caracterízase polopolimorfismo, xeral na súa época. Así acontece, por exemplo, na solución de -ANUl­

A, na formación do plural, con solucións características doutras áreas lingüísticas,ou na adscrición xenérica de diversos substantivos. É salientábel, ademais, a altafrecuencia de futuros de subxuntivo e de infinitivos flexionados, típicos do idioma.

No nivel léxico-semántico a riqueza e variedade do seu vocabulario é acaracterística máis salientábel. O dominio é tan absoluto que conviven con totalnaturalidade palabras de procedencia culta ao lado das expresións máis típicas epopulares. Os hiperenxebrismos, castelanismos e vulgarismos marcan tanto os seusversos que hoxe posuímos un perfeito retrato do estado do idioma naquel períodofinisecular. Neste ámbito, de novo, hai unha grande diferenza entre os tres poemaspremiados en Ourense e aqueles que representan o verdadeiro Currosreivindicativo e denunciante das inxustizas sociais. O primeiro é un léxico máispopular, máis enxebre; o segundo está adaptado aos temas que trata: é un léxicomáis culto, con presenza dun elevado número de nomes proprios que fan referenciaa personaxes históricas, literarias, políticas, relixiosas, etc.

125

Page 22: Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez · '-GaLEGa de filoloxía Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez Elisardo López Varela Universidade da Coruña Preliminares

Elisardo López Varela '-GaLEGade filoloxía

Curros, que cría na súa lingua, tratou sempre de a dignificar e elevala á categoríadas outras que a rodeaban. A súa posición canto ao idioma tiña de ser a posicióndun verdadeiro filIo da Galiza amante do país. Loitou pala dignificación e oprogreso da nosa terra e iso levou aparellada a loita pala dignificación do idioma.As súas ideas de home formado e maduro reflectíronse no seu desexo de fundarunha Academia para sistematizar e unificar a lingua, pois decatábase claramentedos perigos de desaparición e de dialectalización que esta corría. O seu desexo,irreal, era convertela na lingua universal de todos os humanos, como puxo demanifesto no primeira poema do libro Aires da miña terra. Hoxe as letras galegasaínda se laian da desaparición prematura deste home que tratou de marcar un máisalá para a Galiza, lonxe de todo populismo folclórico e perta da realidadelingüística, social, económica e política que a caracterizaban.

Referencias bibliográficas

A: Aires d"a miña terra, Ourense, Tipografía de A. Otero Editor, 1880 [Primeiraedición].

Álvarez, R. / Regueira, X.L. / Monteagudo, H. (1986): Gramática galega (Vigo:Galaxia).

B: Aires d'a miña terra, Madrid, La Ilustración Gallega y Asturiana, 1881 [Segundaedición].

C: Aires d'a miña terra, A Coruña, Latorre y Martínez Editores, 1886 [Terceiraedición].

Carballo Calero, R. (1972): Particularidades morfológicas del lenguaje de Rosalía deCastro (Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela).

DS: O divino sainete, A Coruña, Imprenta La Comercial, 1888.

Femández Rei, F. (1991): Dialectoloxía da lingua galega (Vigo: Xerais).

Ferreiro, M. (1999 [1995]): Gramática histórica galega (Santiago de Compostela:Laiovento).

Freixeiro Mato, X. R. (1993): Da montaña o corazón (Lugo: Fundación Caixa Galicia).

García de Diego, V. (1984): Elementos de Gramática Histórica Gallega. (Fonética­Morfología) 1909 [Edición facsimilar] (Verba, Anexo 23: Universidade deSantiago de Compostela).

G[arcía] Gondar, F. (1978): O infinitivo conxugado en galego. Anejo 13 de Verba(Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela).

López Varela, E. (1998): A poesía galega de M. Curros Enríquez. Tomo 1 (A Coruña:Deputación Provincial da Coruña). I

126

Page 23: Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez · '-GaLEGa de filoloxía Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez Elisardo López Varela Universidade da Coruña Preliminares

Achegamento ao galego literario de Curros Enríquez IIBII GaLEG,ade jiloloXI8

López Varela, E. (2000): "O posicionamento de Curros perante a lingua", RevistaGalega de Filoloxía, 1: 199-208.

Martínez-Morás Soria, A. (1987): "Testemuño dunha amizade. Curros Enríquez eMartínez Salazar", A Nosa Terra. Extra n° 9: 22-24.

Saco Arce, 1. A. (1868): Gramática Gallega (Lugo: Imprenta de Soto Freire).

127