Abril 2011

4
Curso 2010/11 número 35 Boletín de biblioteca Artígos de interés especial Silencio, estamos a rodar! Ferrolterra e Juan Farias Ano Internacional da Química Fahrenheit 451: Que libro salvarias ti? Os de sempre: Editorial Sabías que? Novidades Premios e Premiados Editorial Neste mês de abril, temos moito que contar. Empezamos o día 2 co homenaxe a Juan Farias no dia da Literatura Infantil e Xuvenil, participamos nas xornadas de PLAMBE cunha ponencia sobre o cine, escoitamos a Xosé Neira Vilas nunha charla emocionante, participamos nas Xornadas literarias do concello en colaboración coa Universidade da Coruña, celebramos o Dia do Libro lembrando unha obra de Ray Bradbury e fixestedes a vosa selección para ser home-libro… Abril; un mes cheo de contidos Silencio, estamos a rodar! No primeiro trimestre chamaron da asesoría de bibliotecas escolares para pedirnos que nas Xornadas de Bibliotecas Escolares falaramos de dous recursos sobre cine que temos na biblioteca: Carteleira e De Cine no Esquío. Os que traballamos na biblioteca temos claro que o descubrimento do mundo ten varias vías. A Biblioteca Escolar como centro de recursos ten que adaptarse aos novos tempos de busca de coñecemento e aprendizaxe. A nosa BE contén: fondos impresos, fondos audiovisuais e recursos on-line. Todo é valido para achegarnos ao coñecemento, por iso cuidamos os nosos fondos audiovisuais. Coa Carteleira vos achegamos unha listaxe con todas as películas que están a vosa disposición. Todo isto porque non podemos deixar de achegarvos o que está a pasar no mundo da cultura en xeral e o da literatura en particular. Como nos dixo a nosa flamante Premio Cervantes Ana María Matute: quen non inventa, non vive”. Inventemos, cremos, busquemos, xoguemos coa imaxinación... leamos porque lendo vivimos outras vidas. Con De cine no Esquío analizamos todas as películas do noso fondo aportando a información relevante en cada caso: Resumo Enlace ao catálogo MEIGA Wikipedia Ficha técnica Guía didáctica Enlaces a páxinas educativas Críticas salientables Reseñas de prensa especializada Como se fixo a película Páxina web oficial Banda sonora Trailer en distintas linguas Porque estamos DE CINE NO ESQUIO!

description

Boletín de biblioteca

Transcript of Abril 2011

Page 1: Abril 2011

Curso 2010/11

número 35 Boletín de biblioteca

Artígos de interés

especial

• Silencio, estamos a

rodar!

• Ferrolterra e Juan

Farias

• Ano Internacional

da Química

• Fahrenheit 451:

Que libro salvarias

ti?

Os de sempre:

Editorial

Sabías que?

Novidades

Premios e Premiados

Editorial

Neste mês de abril, temos moito que

contar.

Empezamos o día 2 co homenaxe a

Juan Farias no dia da Literatura Infantil e

Xuvenil, participamos nas xornadas de

PLAMBE cunha ponencia sobre o cine,

escoitamos a Xosé Neira Vilas nunha

charla emocionante, participamos nas

Xornadas literarias do concello en

colaboración coa Universidade da

Coruña, celebramos o Dia do Libro

lembrando unha obra de Ray Bradbury e

fixestedes a vosa selección para ser

home-libro…

Abril; un mes cheo de contidos

Silencio, estamos a rodar!

No primeiro trimestre chamaron da

asesoría de bibliotecas escolares

para pedirnos que nas Xornadas de

Bibliotecas Escolares falaramos de

dous recursos sobre cine que temos

na biblioteca: Carteleira e De Cine

no Esquío.

Os que traballamos na biblioteca temos

claro que o descubrimento do mundo

ten varias vías. A Biblioteca Escolar

como centro de recursos ten que

adaptarse aos novos tempos de busca

de coñecemento e aprendizaxe. A nosa

BE contén: fondos impresos, fondos

audiovisuais e recursos on-line.

Todo é valido para achegarnos ao

coñecemento, por iso cuidamos os

nosos fondos audiovisuais.

Coa Carteleira vos achegamos unha

listaxe con todas as películas que

están a vosa disposición.

Todo isto porque non podemos deixar

de achegarvos o que está a pasar no

mundo da cultura en xeral e o da

literatura en particular.

Como nos dixo a nosa flamante

Premio Cervantes Ana María Matute:

“ quen non inventa, non vive”.

Inventemos, cremos, busquemos,

xoguemos coa imaxinación... leamos

porque lendo vivimos outras vidas.

Con De cine no Esquío analizamos

todas as películas do noso fondo

aportando a información relevante en

cada caso:

Resumo Enlace ao catálogo MEIGA Wikipedia Ficha técnica Guía didáctica Enlaces a páxinas educativas Críticas salientables Reseñas de prensa

especializada Como se fixo a película Páxina web oficial Banda sonora Trailer en distintas linguas

Porque estamos DE CINE NO ESQUIO!

Page 2: Abril 2011

Página 2 de la 4

A ONU declarou 2011 Ano Internacional da Química, co obxectivo principal de resaltar e dar a coñecer o papel que tivo, ten e terá a

Química no noso benestar.

Un dos lectores da comarca mais

premiados e descoñecidos é Juan Farias.

Para enmendar este “entorto” as

bibliotecas da comarca plantexámonos

traballar sobre a súa obra e figura no día

2 de abril, Día da literatura infantil e

xuvenil, esta data sabedes que escolleuse

por ser o aniversario de Hans Christian

Andersen.

Con esta achega tentamos que todos

coñezades a este autor:

Premio Tomás de Aquino. 1959. Premio Ciudad de Oviedo. 1964. Finalista Premio Nadal. 1965. Premio Nacional de Literatura Infantil. 1980.

Ferrolterra e Juan Farias

Busca as solucións e deixaas no buzón-casiña da biblioteca, ten premio.

1. so un elemento químico foi descuberto e nomeado por un español?

2. hai unha poboación que deu orixe a catro nomes de elementos químicos?

3. hai un elemento que o seu nome fai referencia ó difícil que foi a súa

obtención.

4. Francia foi homenaxeada dúas veces con nomes de elementos.

5. os elementos recén descubertos reciben nomes sistemáticos e o seu símbolo

ten tres letras?

6. hai un elemento que da nome a unha época histórica?

7. o elemento máis abundante na Terra é ...

8. o elemento máis abundante no corpo humano é ...

9. o elemento máis abundante no universo é ...

10. o primeiro elemento sintético foi o ...

2011 Ano Internacional da Química

Se miramos a noso arredor, que vemos? A

resposta é: Química. A Química está en

todas as partes: a roupa que levamos, o

que comemos, o aire que respiramos, os

nosos corpos... Todo está feito de materia,

e toda a materia está formada por

moléculas; polo tanto, todo é Química.

7:30 da mañá. Soa o espertador. É un

modelo dixital cun corazón de cuarzo e con

pantalla de cristal líquido. Érgome e

emprego un xel na ducha e un

desodorante en aerosol. A roupa que me

poño é de fibra natural coloreada (a

maioría das fibras son brancas) tratada

para que se engurre pouco. No almorzo

tomo un leite desnatado (hai que manter a

liña o colesterol e o peso) uperisado e

homoxeneizado cunha torrada de pan

(feito con masa fermentada de fariña e

auga) e unha pílula de paracetamol (teño

unha lixeira dor de cabeza).

Sabías que…?

Mención XI Premio Europeo de Literatura Infantil “Pier Paolo Vergiero”. Universidad de Padua, Italia. 1989. White Raven de Munich. 1982, 1984, 1986, 1992. Finalista Premio Nacional de Literatura Infantil. 1983, 1987. Lista de Honor del IBBY. 1984. Premio Internacional de álbum ilustrado. 1994. Nominado por España al Premio Internacional H.C. Andersen de Literatura Infantil y Juvenil, 2002 y 2004. I Premio Iberoamericano de Literatura Infantil y Juvenil S.M. 2005

“Carga coas túas dúbidas e entra na biblioteca.

Aí están todas as respostas das que dispón

o home”

O meu calzado é de goretex, un tecido artificial sorprendente, e a sola é de coiro tratado para facelo máis resistente. Lavo a louza sucia do almorzo cun deterxente líquido e emprego un estropallo de fibra verde sintética. Subo no meu coche, feito de aliaxe metálica (resistente e lixeira) que no interior ten variados materiais plásticos, que vai soportado por pneumáticos (mestura dunha rede metálica e un caucho , que pode ser a partir de látex natural vulcanizado ou sintético) e que consume un destilado de petróleo ó que se lle engadiron algúns produtos para darlle cor (para distinguilo dos outros derivados) e facer que no motor renda a enerxía con máis eficacia. Non hai unha hora que espertei e xa empreguei unha morea de cousas que non serían posibles sen a química.

Page 3: Abril 2011

Unha de mitos

Albumes para a Hora de Ler

Películas

Para pensar

Novidades

Page 4: Abril 2011

Nome Grupo

Ano internacional da Química Solucións

1. 3. 5. 7. 9.

2. 4. 6. 8. 10.

Premio Cervantes: Norabóa a unha nena grande

No club de lectura de adultos estamos a ler

esta novela de Ray Bradbury na que se

mostra unha sociedade na que os libros

están prohibidos, xa que “só fan sentir mal ás

persoas” e curiosamente son as brigadas de

bombeiros os encargados de queimalos.

Pero un grupo de resistentes impiden a

desaparición da cultura convertíndose en

homes-libro, memorizando os textos para que

o saber prevaleza sobre a ignorancia.

Aproveitando esta idea propuxemos unha

escolla daqueles que salvaríamos da queima.

A selección foi moi interesante, desde Moby

Dick, Jane Eyre, La conjura de los necios, El

Quijote, Romeo y Julieta, La Biblia, El

médico, El señor de los anillos, El universo

en una cáscara de nuez, A nosa cinza, Os

libros arden mal… ata os Megatoxos ou A

tres metros sobre el cielo.

Decatámonos de que o compromiso da

escolla dependeu de varios condicionantes.

Por un lado están os lectores, que tiñan moita

dificultade na escolla dun só libro.

Por outra banda aqueles que

escolleron unha obra clásica pola

súa importancia e/ou polo

compromiso de facer pública a

súa obra, e por último aqueles,

principalmente rapaces, que

escollen o que están a ler

ultimamente.

De todos os xeitos grazas aos

case 200 participantes pola

vosa participación!

Fahrenheit 451: Que libro salvarías ti?

Visítanos no noso blog:

www.blogfesquio.blogspot.com

IES Fernando Esquío

Empedrón 16

TELÉFONO:

981391080

FAX:

981391280

E-MAIL

[email protected]

Norabóa a Ana María Matute polo seu

Premio Cervantes. Máis que merecido recibiu

o máis alto galardón das letras españolas. O

rey Juan Carlos acerta ao alabar na autora a

súa "maestría para convertir a realidade, por

dura que sexa, en fermosas palabras".

Desexámoslle moitos anos para seguir

creando páxinas e páxinas, cumprindo coa

súa idea de que "o que non inventa, non

vive".

Na biblioteca atoparedes “Pequeño teatro”,

“Aranmanoth”, “Paulina” e “El árbol de

oro y otros relatos”.