A xeografía e o traballo do xeógrafo

16
3º ESO

Transcript of A xeografía e o traballo do xeógrafo

Page 1: A xeografía e o traballo do xeógrafo

3º ESO

Page 2: A xeografía e o traballo do xeógrafo

EDUCACIÓN E SOSTENIBILIDADEDEFINICIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE:

“Aquel que satisface as necesidades da xeración presente sen comprometer a capacidade das xeracións futuras de satisface as súas propias necesidade”Está estreitamente relacionado cunha calidade de vida que respecta os límites ambientais, responde ás necesidades económicas e sociais e promove a equidade.A EDS debe ser entendida como a base dunha educación e dun aprendizaxe de calidade, desde a que se aborden temas como a reducción da pobreza, os modos de vida sostible, o cambio climático, a equidade de xénero, a responsabilidade social corporativa ou a protección das culturas indíxenas.

A EDS apoia cinco clases de aprendizaxe para facilitar unha educación da calidade e fomentar o desenvolvemento humano sostible: aprender a coñecer, aprender a ser, aprender a convivir, aprender a facer e aprender a transformarse un/unha mesma e á sociedade

Page 3: A xeografía e o traballo do xeógrafo

QUE É A XEOGRAFÍA?

É a ciencia que intenta comprender o espazo na súa totalidade, os procesos que determinan a existencia de lugares con características diferentes e as relacións entre eles.

PARA QUE NOS SERVE A XEOGRAFÍA?

Para pensar e actuar con mellor criterio. Para ter unha actitude máis aberta ante culturas diferentes á nosa. Para comprender determinados comportamentos. Para valorar o patrimonio natural e cultural do mundo.

Page 4: A xeografía e o traballo do xeógrafo

XEOGRAFÍA XERAL

Xeografía Física: Climatoloxía: climas. Xeomorfoloxía: relevo. Bioxeografía: seres vivos e a súa distribución espacial. Hidrografía: a auga.

Xeografía Humana: Demografía: poboación. Rural: o campo e as súas actividades. Urbana: as cidades. Economía: as actividades económicas. Xeopolítica: a organización dos Estados. Cultural: as áreas culturais

Page 5: A xeografía e o traballo do xeógrafo

O MAPA: A FERRAMENTA FUNDAMENTAL

O mapa é unha representación plana dunha parte ou do total da superficie terrestre e é a ferramenta básica da xeógrafa ou xeógrafo.Pódense distinguir dous tipos principais de mapas:

O Topográfico proporciona información variada (relevo, cursos fluviais, vexetación, actividades humanas). O Mapa Temático representa a distribución espacial dun aspecto xeográfico concreto (densidade de poboación, producción económica, tempo atmosférico,etc.)

Page 6: A xeografía e o traballo do xeógrafo

ELEMENTOS DUN MAPA

Page 7: A xeografía e o traballo do xeógrafo

A TERRA: ESCENARIO ONDE SE DESENVOLVE A NOSA VIDA

Movimento de rotación

Movimento de traslación

Sistema solar

Page 8: A xeografía e o traballo do xeógrafo

AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS

Latitude: Norte e Sur (desde o Paralelo 0º ou Ecuador)

Lonxitude: Leste e Oeste (desde o Meridiano de Greenwich)

Page 9: A xeografía e o traballo do xeógrafo

O ESPAZO FÍSICO: O MEDIO NATURAL

A Terra está formada por:

A súa codia está formada por placas, as placas tectónicas que se desprazan moi lentamente, chocando ou superpoñéndose, provocando a aparición de novas formas de relevo ou a destrución dunha parte do relevo xa existente.Nas zonas de contacto entre as placas poden producirse volcáns e terremotos.

Page 10: A xeografía e o traballo do xeógrafo

A INFLUENCIA DAS FORMAS DE RELEVO 1O relevo fai referencia ás desigualdades que presenta a superficie terrestre. Tanto a

superficie dos continentes como a que se estende baixo as augas dos océanos mostran un relevo accidentado. As principais formas de relevo continental son:

As Montañas As Chairas As Mesetas As Depresións ou Concas

Page 11: A xeografía e o traballo do xeógrafo

A INFLUENCIA DAS FORMAS DE RELEVO 2A maioría da poboación mundial vive en áreas chás e situadas por debaixo dos

500 m de altitude xa que favorecen as comunicacións e o desenvolvemento dunha das actividades económicas básicas: agricultura . Aínda que hai excepcións:

En situacións conflitivas as montañas sempre foron lugares de refuxio para as persoas. As paisaxes montañosas impulsaron a economía de certos lugares (escalada, esquí, turismo rural) e, con ela, o crecemento da súa poboación.

Page 12: A xeografía e o traballo do xeógrafo

A INFLUENCIA DAS FORMAS DO RELEVO 3

O ser humano intenta aproveitar as vantaxes que lle ofrece o relevo e corrixe as condicións desfavorables con esforzo, enxeño e dominio tecnolóxico.Por exemplo: para facilitar as comunicacións levántanse pontes e escávanse túneles. Para cultivar nas ladeiras montañosas constrúense socalcos.

TODAS ESTAS ACCIÓNS MODIFICAN INTENSAMENTE O RELEVO E PODEN PROVOCAR IMPORTANTES PROBLEMAS AMBIENTAIS

Page 13: A xeografía e o traballo do xeógrafo

AS AUGAS

A auga cobre máis do 70 % da superficie terrestre. Pero unicamente un 2,5 % é auga doce, e menos do 1 % do total está disponible para o consumo en ríos, lagos e depósitos subterráneos.

O CICLO DA AUGA

Page 14: A xeografía e o traballo do xeógrafo

OS OCÉANOS

Son grandes masas de auga salgada, en constante movemento impulsada polas correntes mariñas (grandes fluxos que se desprazan como se fosen ríos polos océanos). Poden ser : cálida e fría.As correntes inflúen:

Sobre o clima

Sobre a productividade

Page 15: A xeografía e o traballo do xeógrafo

OS RÍOS, OS LAGOS, AS AUGAS SUBTERRÁNEAS

Os ríos: son correntes de auga doce, os principais desembocan nun lago ou no mar.

Os lagos: Son masas permamnentes e pechadas de auga. Tipos: lagos e lagoas

As augas subterráneas: Constitúen a principal reserva de auga potable e alimentan ríos e lagos.

Page 16: A xeografía e o traballo do xeógrafo

A AUGA E A OCUPACIÓN HUMANA

A auga é indispensable para a vida: proporciónanos alimento, a rega de cultivos, o transporte, a produción de enerxía, a realización de procesos industriais, etc.

Pero a distribución da auga na Terra é moi desigual. Para resolver estes inconvenientes, realízanse obras hidraúl icas, como encoros, canles e transvasamentos, con diversos fins: ter reservas de auga para as épocas secas, regular o caudal dos ríos, conducir a auga. Tamén se constrúen plantas desal inizadoras e perfóranse pozos, dos que se extraen as augas dós acuíferos.

Pero a construcción de grandes obras de enxeñaría causa un importante impacto ambiental . E o crecemento da poboación e o desenvolvemento implican un alarmante aumento do consumo e da contaminación da auga.