A terra vai dando froito por si mesma XXXIII Romaxe de...

16
ANO XXX • Nº 815 - Do 30 de agosto ao 12 de setembro de 2010 R E V I S T A Q U I N C E N A L D E C R E N T E S G A L E G O S A terra vai dando froito por si mesma XXXIII Romaxe de Crentes Galegos 11 de setembro – Monterroso Se ti viras o que eu vin

Transcript of A terra vai dando froito por si mesma XXXIII Romaxe de...

ANO XXX • Nº 815 - Do 30 de agosto ao 12 de setembro de 2010

R E V I S T A Q U I N C E N A L D E C R E N T E S G A L E G O S

A terra vai dando froito por si mesma

XXXIII Romaxe de Crentes Galegos

11 de setembro – Monterroso

Se ti viras o que eu vin

2

O trasno Mundos perfectosDaniel López

Periferia da Coruña. Foto do taboleiro dun Equipo de Normalización Lingüística.

Sobran palabras…

A foto que fala

das polo noso modo de vida e as súas circunstancias. Intento tras intento, abonda con que un par de veciños ou comerciantes “damnificados” pola proximidade do futuro albergue faga o máis mínimo movemento para que a prensa local e o alcalde, ou a quen lle toque, amplifiquen o ruído e recti-fiquen a decisión. E volta a empezar. O que goberna non ten o valor po-lítico de explicar que atender os sen teito nunha instalación digna e con criterios profesionais é ganancia para todos e perda para ninguén.

Coa Bruni na caluga estamos listos. É a ditadura das minorías histéri-cas, dos guerrilleiros do “glamour” e o telelixo. É o fanatismo do mun-do exclusivo e excluínte, segregador. Ese mundo que tan ben retrata ese macroanuncio do Corte Inglés nas paredes, neste verán: eses nenos per-fectos, neses impecables uniformes escolares, con ese arrecendo selecto: os fillos que “hai” que aspirar a ter, inmaculados, incontaminados, sa-ciados, perfectamente pijos... reis do universo perfecto, pequenos tiranos nacidos para triunfar e seren servidos. Si, señores bispos, a sociedade é me-nos cristiá, pero nun sentido ben dife-rente ao que vostedes pensan e falan.

As medidas de Sarkozy de deportar cidadáns europeos de dubidosa etnia e suposto malvivir teñen, nas versións dos xornais que se fan por internet, o apoio do 80 ao 90 por cento dos que valoran as novas. Eses seareiros de don Nicolás son os grupos máis novos e disque máis ilustrados. A mocidade seica está co presidente francés.

A enerxía deportadora do goberno galo non ten en conta que no seu código penal non existe ese castigo preventivo fronte a un delito, nin ten en conta a presunción de inocencia ou aquel outro invento francés do “Estado de Dereito” que ordena que calquera suposto delito hai que per-seguilo, xulgalo e condenalo, todo de acordo coa lei, e por esa rigorosa orde.

Semella que levamos a Sarkozy e a Bruni nos nosos espíritos. Son lim-pos e perfectos, defenden o benestar occidental, o noso pulcro estándar de vida, a nosa sensibilísima sensibi-lidade de deseño e marca. Fómonos convertendo a esa nova relixión, á da xente guapa, á dos mundos exclu-sivos, á dos rostros ideais, á do “gla-mour” das aparencias.

En Vigo non se dá posto a funcionar un centro de inclusión para as persoas sen fogar, as máis rotas, as damnifica-

3

Editorial Novo curso político

Rumores de esperanza Xan Guillén

Son varios os aspectos para estarmos ben atentos neste curso que comeza. E non son temas me-nores para as nosas sensibilidades e preocupacións.

Estamos entrando na fase quente da lexislatura, cando un Partido Popular que entrou no goberno sen dar crédito, máis sorprendido ca ninguén, cun equipo de conselleiros de recoñecida mediocri-dade, consolida posicións, colle confianza e comeza a manexar os fíos da Administración.

Recentes denuncias sobre empresas amigas, tramas e favoritismos deberían acender as alarmas. Comezan-do polo propio líder do Partido Popular. Pode ser que a trama Gürtel sexa sentida polos galegos e galegas como algo distante, pero é toda unha referencia do que nunca debeu existir. Concibir os contratos e sub-vencións como instrumentos para premiar os amigos

é a filosofía de fondo que ten que ser cortada de raíz. E non importa que a oposición estea ador-mecida ou desconcertada, ou que os medios de comunicación sexan benévolos con aqueles que os financian: é difícil que as corruptelas non acaben por descubrirse e, de seu, son o peor inimigo da democracia.

Abordar unha crise económica como a actual, con tanta xente sen traballo nin protección, implica ter claras as prioridades. Os gastos propagandísticos e os excesos xacobeos comezan a contrastar coas penurias e recortes nos servizos públicos esenciais.

A cuestión lingüística seguirá a ser un cabalo de batalla, pode envelenarse no próximo curso e, se chega a ser paralizado polo Tribunal Superior de Xustiza, podería converterse no Prestige de Feijoo. Haberá un ronsel de problemas: a día de hoxe aínda non está claro, instituto por instituto, como vai ser o “reparto lingüístico” e, xa que logo, en que idioma se debe mercar o libro de texto, ou se hai que o mercar ou vale o do curso anterior. E, ademais, ábrese un tema enormemente de-licado: que pasará cos profesores que en exercicio da súa liberdade persoal e de cátedra se neguen a impartir clase nunha lingua diferente da que segundo o Estatuto é a “propia de Galicia”?

A cuestión lingüística pode envelenarse no próximo curso

Hai días nos que un pensa en pedir que te borren da Igrexa e días nos cales un está feliz de pertencer a ela. Onte a televisión agasalloume con dúas boas noticias de Igrexa que re-validan a miña condición de perten-cente a ela.

Primeira noticia. En En Portada pre-sentáronme a un bispo sudafricano, Kevin Dowling, impulsor da rede “Topologo”, que traballa con mulleres afectadas pola SIDA nos poboados de casetos que rodean as minas de platino de Rustemburg. Con liber-dade e valentía sepárase da “corren-te oficial”, di que hai que poñerse no lugar destas mulleres, comprendelas, non xulgalas e, desde aí, cambiar toda a teoloxía moral católica, empezando

pola disparatada prohibición do con-dón.

Segunda noticia. Sabedes que Nicolas Sarkozy e o seu goberno están levan-do adiante un plan de deportación masiva de xitanos? Quen credes que representa a principal oposición a estes plans? Pois nin máis nin menos que a Conferencia Episcopal France-sa. As declaracións de bispos, arcebis-pos e mesmo cardeais están facendo tremer o dereitista goberno francés.

Anda este rumoroso moi soñador e esperta despois de ver os bispos ga-legos aloumiñando as nosas avoas e preocupándose polos nenos e nenas de Touro, que este ano non terán escola no seu concello. Vémonos en Monterroso.

4

1 2 3 4A peneira

4

3

2

1

Monterroso celebra o próximo 19 de setembro os 500 anos da feira e un século da construción da súa igrexa. Agora é coñeci-do no mundo por ALIBÓS, unha esperanza, antes empresa líder europea na comercializa-ción de cogomelos, na actuali-dade líder mundial da distribu-ción de castañas. Só a Xapón exporta 150 t conxeladas. Das 4500 t que procesa, o 80% van ao estranxeiro. A pesar da variedade deste produto, con 81 especies catalogadas, o sector está abandonado pola Admi-nistración e non traballa coa calidade necesaria, polo que se ven obrigados a importalo.

A Quenlla volve á Romaxe, pero César, “MORAIS”, que participou na anterior, está con nós como unha estrela que aluma este Camiño a Santiago, coa sinceridade do xograr. Nal-gún recanto imos ter o CD Os Irmandiños, poemas musicados de Manuel María, que conce-lebrou na Romaxe de Santa Sabela de Outeiro. Este disco foi o derradeiro que gravou César, o que nos axuda a facer memoria. Nel tamén cantaron ao poeta de Monterroso, Loren-zo Varela.

A marea vermella prexudicou o MEXILÓN. Somos, despois da China, os máximos produ-tores mundiais, con 250.000 t cada ano, a metade da produ-ción da UE. Cultívanse en 3300 bateas, para as que traballan 860 buques. Por exemplo, en Moaña, dos 225 barcos da súa frota, 60 atenden a acuicultura.

Outro 11 de setembro, este do ano 36, foi paseado polos feixistas: Manuel DIAZ GONZÁLEZ do Incio, o leito da XI Romaxe, celebrada co lema “Tempo de sementar”. Era chamado “O médico dos pobres” porque non cobraba. O seu sobriño, emigrado a México, escapando desta ignominia, publicou ‘Se-menteira e memoria. Represa-lia e desagravio dun médico lucense republicano’. Loitador a prol da saúde, o seu estudo do bocio endémico nestas paraxes foi decisivo. Lembramos a Castelao cando dicía: “Non enterraron cadáveres, enterra-ron semente”.

5

5 6 7 8Alfonso Blanco Torrado

7

86

5

O VACÚN terma da Ulloa. En Galicia pecharon dúas explotacións ao día dende a última Romaxe. O 75% do leite galego é xestionado por empre-sas foráneas, despois da venda de Leite Celta a portugueses e Puleva a franceses. A produción baixou un 28%, e o prezo da carne máis baixo ca hai 10 anos. A plusvalía de Leite Rio é 5 millóns. Consumimos máis cá cota da que dispoñemos (84,5 l/ano persoa), seis litros máis cá media española. Deste xeito importamos unhas 145.000 t (123.296 a Portugal e 13.375 a Francia). O sector lácteo supón o 7% da economía e o 18% do emprego de Lugo, producindo un 49% do total estatal.

Están a visitarnos un 1 millón de AVES MARIÑAS. Destacan a zona da Candela-ria, ría de Ortigueira e Estaca de Bares, cunha extensión de 900 km2. Igual cantidade chega á Costa da Morte, dende a Siberia, o norte de Europa ou do mediterráneo, atraídas pola forte produción da zona. Entre as aves destaca o arao común. Nas Rías Baixas, o corvo mari-ño e a gaivota patiamarela; xa en Ferrolterra, o corvo mariño moñudo.

Non saímos, pero os BUSES TURISTICOS da ourensá Unvi (empresa que conta con 360 obreiros) cruzan o mundo. No ano 2008 fabricou 150 autocares, mentres que o ano seguinte exportou un 70% máis. En Roma xa atopa-mos 38. O Parlamento urxe a promoción do transporte pú-blico, aparcados os Consorcios Metropolitanos de Transportes. E 1.574.091 habitantes viven en 7 urbes e 58 concellos limítro-fes: Ames, Ponteareas, Cam-bre… (os de máis nenos). Urxe loitar con tranvías e bicis contra a contaminación do aire, que mata 16.000 persoas ao ano. 5000 destas mortes son debidas á contaminación dos coches (un 17%), o que provoca unha mortalidade 8 veces superior á dos accidentes de tráfico.

Monterroso agroma en novas iniciativas, coma os DOCES xerados con música na granxa de Marta e Mercedes, feitos con vacas alimentadas dun xeito ecolóxico . As “Maruxas con nata” son unha mostra da diversificación agrogandeira. Producen 120 caixas ao día, nun entorno onde inza o agari-mo á terra, como vemos na súa construción e no aprecio pola paisaxe.

6

POLITICA O mecánico percusionistaPedro Pedrouzo Devesa

O xerente de Galicia calidade matricúlase en seis oposicións da Deputación de Ourense: mecánico, peón de estradas, peón agrícola, operario sen cualifi-car, auxiliar en administración xeral e mestre de percusión. Non sei cal será o seu salario pero posiblemente sexa próximo aos 50.000 euros brutos/ano. Ademais, non sería raro que pertencese a varios consellos de administracións de empresas, de parecida forma a outros altos cargos da Xunta.

O xerente de Galicia calidade ten un brillante currículum profesional, e po-rén, busca uns traballos que contrastan claramente con este. Que pasa?

Lémbrame un caso que me contaron recentemente no que o pai preocupado polo futuro do seu fillo, pensaba teimudamente que a única vía profesional segura para el era ser funcionario. Este insistiulle en que se matriculase en todas as oposicións que encontrase nunha administración que lle ofrecese a suficiente seguridade xurídica para afrontalas coa confianza que todo opo-sitor necesita ante un proceso selectivo. Tendo en conta unha cousa. Debía centrarse nas de auxiliar administrativo, que era a que lle permitía unha ca-rreira administrativa lenta pero segura ata o desexado corpo superior. Basta de andrómenas! A empresa está moi ben, pero nunca se sabe que pode pasar. Saca unha oposición.

Non creo que acertase o xerente matriculándose nas oposicións, pero men-tres lía a noticia, pensaba nun asunto galego de seu, onde a función pública parece ser o único chaleco salvavidas seguro nunha terra que transmite sub-misión e require listura para saber navegar nos despachos dos que deciden en que se gastan os cartos de todos.

Buscamos o poder amigo. Sabemos que todo funciona mellor se coñecemos a alguén na Xunta, no Concello ou na Deputación. 30 anos de democracia non abondaron para construír unha sociedade san na que se valore máis a valía profesional que as relacións persoais. E aínda que aos funcionarios se queixen pola baixada salarial, son plenamente conscientes que fóra arrecia e que viven nun paraíso que se negan a recoñecer, pero que a maioría debece en acadar, dunha forma ou doutra. Fóra da Administración vai moito frío.

7

O Peto do Santo AntónRubén Aramburu

Após varios intentos cheguei a Caaveiro, nas Fragas do Eume. Quería ver como quedara a restauración do mosteiro. Lembrei a última visita na que o lixo e o vandalismo amolaran un dos lugares máxicos do país. Tiven que embarcar nun autobús cheo de turistas barulleiros, con bermudas e máquinas de atrapar re-tratos. Pagou a pena pero é mellor volver no outono, cando se pode pasar sen problema, non hai guiris e a fraga vístese de dourado. A restauración quedou ben, pero só se pode visitar en grupo e escoitando explicacións un pouco raras como a do camisón que gardan dun bispo que disque se chamaba San Rosen-do… Trátase dunha reprodución dunha alba do Santo de Celanova, pero quen sabe, quizais nas noites frías da fraga durmira con ela.

Botei de menos o silencio, que é resultado de ir de turista. O silencio e a contem-plación, o poder sentar nunha pedra do cenobio e perder a mirada na espesura, a escoita nos centos de trinos dos paxaros e o arrolar do río. Gustaríame rezar naquela igrexiña románica de Santa Sabela, espida de imaxes e liturxias, ou cantar un tedeum en gregoriano.

Acordei aquela lenda do bispo santo, Gonzalo, narrada por Cunqueiro, can-do unha especie de tsunami asolagou Caaveiro e o abade acudiu ao bispo para que lle axudara a sacar a imaxe de pedra da Nosa Señora, xa que co peso afundía e afogaba. Cruzou Gonzalo as augas coma Moisés e convocou os criados que tiña no mar: entraron seis golfiños que asistiron moi quedos a última misa en Caaveiro e tralo ite, misa est levaron a virxe ata a veciña Andil, pousándoa na praia. O Bispo Gonzalo encargoulles aos delfíns que coidaran do convento e mesmo podían tocar a campá, agás o día de venres santo.

Imaxino o Bispo Gonzalo na Romaxe de Monterroso falando co raposo do can-tar e dándolle instrucións ben claras para que todo saia ben. Falando de bispos, relín a outra tarde o Ilustrísima de Casares e decidín que si algún día teño un amigo bispo, regalareille o libro. É todo un manual.

8

XXXIII ROMAXE Fica aquí connosco!

“....–Queda aquí connosco, pois está atardecendo e o día xa devala.

E entrou para quedar con eles. Aconteceu que, recostado á mesa con eles, collendo o pan, pronunciou a bendición, par-tiuno e ofrecéullelo. Entón abríronselles os ollos e recoñecérono; mais el desapareceu. E dixéronse un ao outro:

–Non nos ardía por dentro o corazón mentres nos falaba no camiño e nos ensinaba o sentido das Escrituras?” (Lucas 24, 13-32)

Peregrina.- Linda palabra, a do Señor!

Romaxe.- Linda e moi consoladora!

Peregrino.- A vitoria de Cristo sobre a morte reivindica a razón dos pobos e as persoas que son vítimas da historia: os pobres, os vencidos, mesmo os mortos… A razón das vítimas venceu no fondo e vencerá tamén un día na aparencia.

Romaxe.- Venceremos; a esperanza non engana. Érguete e come, pobre abatido; érguete e anda.

Peregrina.- As primeiras xeracións de cristiáns, malia o rotundo aparente fracaso de Cristo, creron nel e esperaron contra toda esperanza. Contra vento e marea proclamaban: “Kyrios Christós!” (Cristo é o Señor), fronte aos poderes que impuñan como absolutos, divinos, o imperio e os seus valores, bradando: “Kyrios Káisar” (O César é o Señor). Eles souberon resistir!

Romaxe.- Resistiremos; a esperanza non engana. Érguete e come, pobo cristián; érguete e anda.

Poeta.- Nestes tempos en que moitos xa non cren en case nada, desde certas instancias queren impornos como absolu-tos certos elementos que asoballan a persoa e o pobo galego. Queren impornos a súa ideoloxía, a súa nacionalidade, a lingua, as leis do mercado, a supremacía do lucro, a canonización do interese e a ganancia… Galicia defenderase, loitará!

Romaxe.- Loitaremos; a esperanza non engana. Érguete e come, pobo galego; érguete e anda.

Frade.- As nosas angueiras e labores de crentes galegos, que se realizaron ao longo de máis de tres décadas, non serán estériles, malia as aparencias. Serán coma a semente que a terra esconde un tempo no seu seo, e aínda a planta a esconde

mentres crece, florece, grana… Un día dará froito e este madurará!

Romaxe.- Madurará; a esperanza non engana. Érguete e come, crente galego; érguete e anda.

Estudante.- Semella ás veces que unha causa se perde para sempre e xa non se gañará endexamais. Porén esta angueira nosa ha de ter continuadores. Aínda séndomos poucos, velaquí a mocidade, disposta a arrequecerse e proseguir. A nobre causa crente e galega, por nós herdada, finalmente triunfará!

Romaxe.- Triunfará; a esperanza non engana. Érguete e come, moci-dade nosa; érguete e anda.

(Fragmento da liturxia da Romaxe de Monterroso)

9

XXXIII ROMAXE Fica aquí connosco!

TODOS OS CAMIÑOS LEVAN A MONTERROSO

RUTA Nº 1. LUgo–MoNTeRRoso. Saída de Lugo, dirección Ourense, Santiago de Compostela e Pontevedra. Á saída de Guntín, dirección Ourense, Pontevedra. En Ventas de Narón, seguimos á dereita, dirección Lalín, Ponte-vedra. Lévanos a Monterroso.

RUTA Nº 2. PoNTevedRA–LALíN–MoNTeRRoso. En Lalín, dirección Lugo (N-640), pasamos por Agolada, Antas de Ulla e Monterroso.

RUTA Nº 3. oUReNse–MoNTeRRoso. Podemos coller a ruta nº 2, por Lalín, ou dirección Lugo (N-540), pasando por Chantada e Taboada, e aquí desviámonos a Monterroso.

RUTA Nº 4. MoNfoRTe de LeMos–MoNTeRRoso. Dirección Chantada, e logo seguimos a ruta anterior.

RUTA Nº 5. sARRiA–MoNTeRRoso. Sarria, Portomarín, Ventas de Narón e aquí tomamos a dirección Lalín-Pon-tevedra, pasando por Monterroso.

RUTA Nº 6. sANTiAgo de CoMPosTeLA–MoNTeRRoso. Ben por Lalín (ruta nº 2) ou dirección Lugo (N-547), pa-sando por Arzúa, Melide, Palas de Rei, e aquí desvío cara a Monterroso.

RUTA Nº 7. CoRUñA–MoNTeRRoso. Ben por Lugo (ruta nº 1) ou por Betanzos, Curtis, Melide, Palas de Rei, e aquí desvío a Monterroso.

A Área Recreativa A Peneda, onde se celebra a Romaxe, está no río Ulla, a 700 metros do centro de Monterroso. Se o tempo non acompañase, celebrariámola na Cúpula, espazo circular cuberto no miolo de Monterroso.

10

Ás furtadelas Romaxes, diamante da Igrexa galegaJosé Manuel Vidal

Cando os pequenos inquisidores da Rede as teñen no seu punto de mira, é porque pagan a pena e representan unha xenuína realidade evanxélica. As Romaxes galegas son un dos pulmóns espirituais da nosa terra. Unha romaría de fe. De fe encarnada na realidade da nosa terra. Da fe que leva a loitar pola xustiza e que non se contenta co simple cumprimento.

No amplo abano da Igrexa galega que somos todos, as Romaxes son unha parte fundamental. Por iso, tratan de desacreditalas. Pero non o conseguirán. Porque as Ro-maxes son unha realidade pastoral ancorada na xente, que responden ás súas necesidades. Un auténtico diamante evanxelizador. Tanto en cantidade (son máis de 5.000 as persoas que se dan cita nelas cada ano), como en calidade.

Os inquisidores e "inquisidorciños" piden a urxente in-tervención da xerarquía galega contra as Romaxes. Pero nin Don Xulián Barrio nin ningún outro bispo galego (nin sequera monseñor Carrasco Rouco, sobriño do cardeal de Madrid) van prohibilas nin desacreditalas. E non porque non ousen, senón porque son Igrexa. Tan Igrexa (ou máis, todo depende da perspectiva) que a romaría do Corpiño, a dos Milagres ou a da Virxe de agosto.

As romaxes de crentes galegos simbolizan o esforzo

feito tras o Concilio Vaticano II por moitos grupos

de crentes –neste caso en Galicia- por procurar

novas formas de expresar a fe cristiá, de maneira

que sexa significativa, comprensible e liberadora

para o home e muller de hoxe. Ademais, neste caso,

houbo unha angueira especial por conectar coa

sensibilidade relixiosa latente na forma de ser dos

galegos e galegas: o sentimento da terra, unha fala

única, unha maneira de ser e de estar no mundo.

Os tempos na institución eclesial foron cambiando,

e o fundamentalismo integrista foise facendo coa

maioría dos postos xerárquicos. Ao mesmo tempo,

fenómenos como internet deron cabida e fixeron de

altofalante a personalidades obsesivas dese sector

integrista, empeñados en converterse en gardas

dunha ortodoxia de espírito preconciliar, facendo

moito ruído, para presionar a uns bispos galegos

–máis ou menos galegos- cunha valentía pastoral

en franca fraxilidade, enormemente vulnerables a

calquera denuncia sobre a “ortodoxia” da liturxia.

Pero tamén hai outras voces... Hoxe traemos a de

José Manuel Vidal, responsable da web Religión

digital que ve as Romaxes desde outra óptica e

valora a agradece o esforzo.

As Romaxes son unha realidade pastoral ancorada na xente

O máximo que van facer os bispos (niso parece estar pensando o bispo de Lugo, dado que este ano ten lugar a Romaxe en Monterroso, dentro da súa diocese) é pedir respecto ás rúbricas. Para non escandalizar en exceso a quen pon a fe nas formas externas e esquece o corazón.

Porque as Romaxes son Igrexa, auténtica Igrexa, aínda que sexa crítica con algunha práctica da Igrexa oficial ou das outras sensibilidades eclesiais. Porque, como adoi-taba preguntar o Papa Ratzinger cando era profesor en Alemaña, "Quen ama máis á Igrexa: o que a critica ou o que se aproveita dela adulándoa?" A resposta é obvia. Ata para os máis papistas que o Papa.

Ou como di San Xoán Crisóstomo na súa homilía 50: Non pensemos que abonda para a nosa salvación presen-tar ao altar un cáliz de ouro e pedrería (...) Non era de

11

Ás furtadelas Romaxes, diamante da Igrexa galega

prata na cea última a mesa aquela ou o cáliz en que o Señor deu aos seus discípulos o seu propio sangue. Queredes honrar o corpo de Cristo? Non consintades que estea espido. Non o honredes aquí con vestidos de seda e fóra deixédelo perecer de frío. O Sacramento non necesita preciosos manteis, senón unha alma pura. Os pobres, porén, requiren moito coidado. Aprendamos, pois, a pensar discretamente e a honrar a Cristo como El quere ser honrado.

As Romaxes celébranse o segundo sábado do mes de setembro. A primeira delas, e orixe do fenómeno, tivo lugar en Irimia en 1978, da man de Chao Rego. E consolidouse na asociación do mesmo nome, que mantén vivo o facho.

Hai tempo que non podo ir ás Romaxes. A primeira á que asistín foi a dos Peares, en 1980, cando acababa de ordenado sacerdote. E quedei impresionado pola profundidade evanxelizadora do evento. Desde entón e, mentres estiven en Ga-licia, non me perdín nin unha soa das Romaxes. E sempre volvía con novo alento para transmitir a fe á xente das miñas cinco parroquias da alta montaña ourensá.

Arredor das Romaxes xurdiu unha mística. Unha forma encarnada de ser crente en Gali-cia. Agora, uns cantos inquisidores queren acabar coas Romaxes. Pero non o consegui-rán. Porque os bispos saben ben que, xunto á sacramentalización e á pastoral do mantemen-to, fan falta movemen-tos serios, vivos, profun-dos e evanxélicos como o das Romaxes. Para os crentes con inquedan-zas e con desexos de plasmar nas súas vidas o evanxeo de Xesús.

Sería suicida, antipasto-ral e antievanxélico que os bispos quixesen po-dar ou arrincar de raíz unha realidade pastoral viva e puxante desde hai tantos anos, signo da súa consistencia evanxélica. Non o fará Don Xulián, que é sabio e prudente. Nin Quinteiro (que coñece ben o fenómeno por ser da terra), nin Sánchez Monje, que xa leva en Galicia o tempo suficiente para calibrar a súa fondura. Nin sequera Carrasco Rouco, que por moi conservador que sexa, sabe ben que o pastor ten que acoller a todas as sensibilidades eclesiais. Aínda que unhas lle gusten máis que outras.

Que vivan as Romaxes, honra e gloria da Igrexa galega!

Collido de http://blogs.periodistadigital.com/religion.php/2010/08/21/romaxes-diamante-de-la-iglesia-gallega

12

Internacional Haití : Catro meses despois do terremotoCamille Chambers

A solidariedade internacional emociónanos.

MOITA SOLIDARIEDADE EN-TRE NÓS

Inmediatamente despois do terremo-to xurdiron mecanismos comunita-rios e autónomos de solidariedade, en especial a distribución de comida nos barrios. Isto permitiu a supervivencia de moita xente, á marxe da presenza estranxeira. Esa solidariedade da xen-te haitiana coa xente haitiana debe ser a base da reconstrución do noso país. E dicímolo porque a maioría dos 9 mil soldados estranxeiros chegados a Hai-tí por causa do terremoto non fixeron nada, non moveron un dedo durante os primeiros días para atender a xen-te. Só patrullaban as rúas. A realidade é que 690 mil persoas fuxiron de Por-

O 12 de xaneiro deste ano vivimos un terrible terremoto. Un sismo das características do que experimentamos produce como máximo 20 mil ou 30 mil vítimas. Pero a situación de Haití, o colonialismo e a destrución do tecido social haitia-no, provocado polas numerosas invasións de Estados Unidos que o noso país padeceu desde 1915, provocaron que no terremoto morresen 250 mil persoas, que 300 mil quedasen feridas, que 30 mil sufrisen amputacións e que hoxe teñamos en Haití un millón de orfos. Miles deses nenos e nenas están sendo sacados ilegalmente de Haití, aproveitando a desgraza.

Camille Chambers, profesor haitiano, director da Plataforma Haitiana pola Defensa dun Desenvol-vemento Alternativo (PAPDA), estivo en maio en Asturias, falando do tipo de solidariedade que o pobo haitiano necesita para superar a devastación provocada polo terremoto do 12 de xaneiro. Este é un extracto das súas palabras e das ideas que compartiu cun público conmovido e preocupado.

PAPDA foi fundada en 1995, sen fins de lucro e sen afiliación política. Agrupa movementos sociais e organizacións da sociedade civil haitiana que traballan en políticas públicas proporcionan-do información, capacitación, análise crítica e ela-boración de propostas alternativas. O seu lema é “Yon iot Ayiti posib” (“Hai outro Haití posible”).

Tres días despois do terremoto, o 15 de xaneiro, tomáronse decisións de carácter militar: centralizouse todo en Porto Príncipe -descoñecendo a descentralización establecida na Constitución de 1987- e o Estado púxose ás ordes do Pentágono. Im-púxose rapidamente un modelo eco-nómico baseado na filosofía de “todo para a exportación”, o que supuxo a perda de 800 mil empregos. O “Es-tado mínimo” ao que obrigaron as políticas neoliberais a Haití desde hai anos atopounos á hora do terremoto cun Estado sen cabeza e sen políticas sociais. Tras o terremoto, o número de ONG presentes en Haití pasou de 4 mil a 10 mil, mil delas son estadouni-denses.

to Príncipe despois do terremoto e foron atendidas e alimentadas polos seus propios compatriotas, os campe-siños e campesiñas das zonas rurais. Os pobos e gobernos do Caribe lan-záronse enseguida a brindarnos unha axuda eficiente. Chegounos desde Cuba, Xamaica, República Domini-cana, Barbados. Vimos chegar unha impresionante onda de solidariedade mundial. Tamén nos chegou de parte da poboación dos Estados Unidos. Estímase que máis da metade da po-boación estadounidense achegou algo para paliar a dor do noso pobo. Pero canalizouse toda esa axuda para me-llorar a vida da poboación haitiana?

13

Internacional Haití : Catro meses despois do terremoto

A misión militar da ONU representa un auténtico malgasto de millóns de dólares.

externa, unha débeda que é ilexí-tima e criminal. Propoñemos unha moratoria de tres a cinco anos so-bre os acordos adoptados antes do terremoto. Propoñemos cambios so-bre acordos que o país adoptara. Por exemplo, temos no país 400 mil vacas, que poderían proporcionar alimento ás escolas e aos centros públicos, pero temos un acordo previo coa Unión Europea que nos impón que o 50% do leite que consumimos debe provir de Europa.

POR QUE ESTA INVASIÓN MILI-TAR?

Despois do terremoto chegaron de inmediato 20 mil marines estadouni-denses en 126 barcos que despregou Estados Unidos fronte ás nosas cos-tas. Por que esa desmesura? Por que un único barco-hospital, totalmente insuficiente para o que necesitaba-mos? Por que armamento nuclear neses barcos? Por que enviaron a 82 División Aerotransportada, a mesma que en 1983 invadiu a illa caribeña de Grenada? Esa presenza militar obs-taculizou a chegada doutras axudas, de Francia, de Venezuela, de Cuba, dos países do CARICOM... Sabemos que por cada dólar achegado pola po-boación estadounidense para apoiar a Haití, 43 centavos financiaron esta invasión militar.

UNHA AXUDA QUE ARRUÍNA

Aínda que o terremoto non afec-tou a produción agrícola, houbo unha axuda mal intencionada que, no canto de utilizar os recursos lo-cais e comprar a produción local, envorcou sobre o país produtos ali-menticios básicos, o que derivou na ruína de moitos agricultores. Peor aínda: agora chégannos case 500 toneladas de sementes tran-sxénicas da poderosa corporación Monsanto, rexeitadas por unha poboación indefensa que se sen-te impotente ante esta avalancha.

QUEREMOS A AXUDA DE BRI-GADAS

A solidariedade internacional emo-ciónanos. Haití é un país moi illado desde hai moito tempo. O que agora regrese ao interese da opinión pú-blica internacional é unha oportu-nidade que se nos dá para construír verdadeiros lazos de solidariedade de carácter permanente, máis aló dos chamados á caridade inmediata.

ante a crise e practicou a solidarieda-de de xeito verdadeiramente conmo-vedor, deste pobo que rexeita a mili-tarización, ao que lle choca que haxa tanto fusil e tan poucos alimentos, medicamentos e auga limpa, deste pobo auto-organizado é de onde po-den nacer as bases para ese proxecto alternativo que tanto necesitamos. Non queremos máis do mesmo, que-remos algo realmente alternativo e popular.

Quixeramos conformar unha rede so-lidaria internacional segundo o mo-delo das brigadas internacionalistas que axudaron a Nicaragua nos anos 80. Quixeramos que esas brigadas internacionais nos axuden nas tare-fas de reconstrución. E non só. Que nos axuden tamén a saír da nosa crise social. Estamos falando de solidarie-dade de pobo a pobo, non da solida-riedade que instrumentalizan os go-bernos para dominar os pobos.

Non descartamos que se xere no mundo unha vaga de solidariedade para a cancelación da nosa débeda

A nosa proposta é cambiar total-mente o paradigma da cooperación internacional. A misión militar da ONU, MINUSTAH, representa un auténtico malgasto de millóns de dó-lares. Instalaron, por exemplo, en au-gas haitianas un barco de luxo para atender os seus funcionarios, mentres a nosa policía local non ten para bo-tarlles gasolina aos seus vehículos. NON QUEREMOS MÁIS DO MESMO

A pesar de todas as dificultades do pobo haitiano, que se auto-organizou

EDITA: Asociación A. IRIMIA FEITO EN PAPEL RECICLADO

MESA DE REDACCIÓN: Daniel López Munoz, Luís Gómez Aldegunde, Pedro Pedrouzo Devesa, Rubén Rivas Vidal, Lidia Campos Chan, Manolo G. Turnes, Lines Salgado Iglesias, José Antonio Martínez. Tlf. 986 10 49 45.

COLABORADORES: Xosé Chao Rego, Victorino Pérez Prieto, Xosé Antón Miguélez, Manolo Regal, Alfonso Blanco Torrado, Xosé Lois Vilar, Marta Sopeña, Gumersindo Campaña, Tareixa Ledo, Moisés Lozano, Clodio González Pérez, Antón Martínez Aneiros, Sara Paz Quiñones, Manuel Pérez Blanco, Xabier Blanco, Bernardo García Cendán, Valentina Formoso Gosende, Celia Castro Ojea, Xerardo Castedo Valbuena, Engracia Vidal, Francisco Xabier Martínez Prieto, Fernando Veiga, Antonio Pinto Antón, Bea Cedrón Vilar, Mariano Guizán Sánchez, Carmen Soto, Rubén Aramburu, Carme Soto, Marisa Vidal e Xan Guillén.

CORRECCIÓN LINgüíSTICA: Lidia Campos Chan, Luís Aldegunde.

SUBSCRICIÓNS: Apdo. 296 - 15705 Santiago de Compostela. Telf.: 655 028 253 / [email protected]

SUBSCRICIÓNS: ordinaria: 24 Euros. de Apoio: 36 Euros. Correo electrónico - asociacion-irimia@asociacion-irimia .org

CONTA: Caixa Galicia, CC/2091-0349-45-3040005822 - Urbana, nº 8 - Santiago

DEPÓSITO LEgAL: C-1417-81 TIRADA: 1.000 exemplares DESEÑO E MAQUETACIÓN: Ninfa, Riveiro, Martínez

IMPRIME: Artes Gráficas LITONOR S.A.L. DISTRIBÚE: IMPACTA

EDICIÓN ELECTRÓNICA: http://www.vieiros.com/canais/26/canal-irimia / http://asociacion-irimia .org/revista.xhtml

ANO XXX • Nº 815 - Do 30 de agosto ao 12 de setembro de 2010

R E V I S T A Q U I N C E N A L D E C R E N T E S G A L E G O S

A terra vai dando froito por si mesma

XXXIII Romaxe de Crentes Galegos

11 de setembro – Monterroso

Se ti viras o que eu vin

14

Utopía

A solución para a crise non pode vir do propio sistema que a provocou. Como dicía Einstein: “O pensamento que creou o problema non pode ser o mesmo que o solucionará”. Estamos obrigados a pensar diferente se queremos ter futuro para nós e para a biosfera. Por máis que se agraven as crises, como na Eurozona, a voracidade especulativa non a arrefría nin a arranxará.

(Leonardo Boff)

15

Boa NovaO

EC

O

A C

LAV

E

Como é propio no tempo ordinario durante o ciclo C, este domingo a liturxia achéganos de novo ao evanxeo de Lucas, en concreto ao capítulo 15, que se reproduce integramente. Estamos ante tres parábolas, que comunmente se coñecen como as parábolas da misericordia. Nelas, Xesús, con esa linguaxe que nos resulta tan característica, conta a historia dunha ovella, dunha moeda e dun fillo que se van perder, aínda que finalmente serán atopados, como unha mostra da misericordia e do amor gratuíto de Deus.

Por máis que asociemos as parábolas a Xesús, sabemos que non foi nin un recurso inventado nin exclusivo da súa persoa, xa que contamos con numerosos exemplos na propia literatura rabínica do seu tempo. As parábolas, que etimoloxicamente proveñen do termo grego comparación, son un tipo de relato onde se unen dous planos: por unha banda preséntase unha historia imaxinaria, unha acción concreta e sinxela, moi próxima á realidade das/os súas oíntes, mentres que por outra sitúase un plano transcendente. É o uso das parábolas como un medio para achegar o “Reino de Deus” a quen a escoita, é o que diferencia a Xesús de toda a tradición xudía. Como indica Pagola, a través dunha linguaxe desconcertante, chocante e mesmo provocativa, Xesús non intenta transmitir unha idea, explicar un significado, senón facer presente o Reino de Deus: quen se deixa transformar pola forza da parábola xa está a entrar no reino de Deus.

E entre as tres parábolas da misericordia atopamos unha das máis fermosas, conservada unicamente en Lucas, coñecida como a do “fillo pródigo”, aínda que máis ben podería denominarse como a do “pai bondadoso”, posto que este é presentado como é unha mostra do amor compasivo de Deus. Enténdese que Xesús emprega esta parábola coma resposta aos “escribas e fariseos” que o criticaban por comer con pecadores.

José A. Martínez

A P

ALA

BRA

DOMINGO 12 DE SETEMBRO. 24º DO TEMPO ORDINARIOLc 15, 1-32Naquel tempo, os publicanos e pecadores achegábanse a Xesús para o escoitaren. Por iso os fariseos e letrados murmuraban: “Este acolle os pecadores e come con eles.” Entón Xesús contoulles esta parábola: “Quen de vós, se ten cen ovellas e perde unha delas, non deixa as noventa e nove no descampado, e vai en busca da perdida, a ver se a atopa? (...)” E dixo tamén: “Un home tiña dous fillos. O máis novo díxolle ó pai: “Papá, dáme a parte da herdanza que me corresponde”. El repartiulles os seus bens. (...) O fillo exclamou: “Papá, pequei contra o ceo e contra ti, xa non son digno de que me trates coma un fillo”. Pero o pai díxolles ós seus criados: “Axiña, sacade a túnica mellor e vestídella; poñédelle un anel na man e calzado nos pés. Preparade un cuxo cebado para comelo e facer unha gran festa. Porque este fillo meu estaba morto e volve á vida, estaba perdido e atopámolo (...)”.

16

Falando da lingua SE TI VIRAS O QUE EU VIN…Lidia e Valentina

non hai confusión. En cambio en “eu cantara/cantase moi ben aquel día” non entra nin con cuña a forma con “-se”, entón é “cantara” seguro. Mellor así?

E alá nos recibirán os de Monterroso cos brazos abertos e un anaco de pan con queixo da Ulloa. Que bo ha de estar! Que mágoa que non sexa xaneiro ou febreiro para que nos tocase queixo da nabiza, si, chámanlle así porque é o queixo que fan co leite que dan as vacas no tempo das na-bizas, comen moitas e despois o leite é moito mellor, ten máis graxa e o queixo sae riquísimo, para lamber os dedos.

Vémonos na Peneda! Alegrámonos de estar con vós unha tempada máis!

Cantas veces lestes xa esta frase nesta revista? A estas al-turas de lectura xa saberedes que é o lema da Romaxe deste ano, excepto os que empezades a revista polo final, claro E nós xa estamos aquí outra vez! Parece que os de Irimia queren seguir contando coa nosa colaboración, que sorte temos, oxalá vós pensedes outro tanto. Outro novo curso, outra nova Romaxe, e volta a empezar. Pois de hoxe nun ano sexa coma este ano, e ó chegar alá, se por ben é, xa pediremos! Como vos foi o verán? Non houbo queixa? Estupendo!

Tiñamos ganas de dicirvos que os que escolleron o lema da Romaxe non se enganaron, nin tampouco os de Sar-gadelos á hora de gravar o medallón. Igual botades de conta que debería de ser “se ti vises”, si, gramaticalmente sería o correcto, pero esta frase está recollida da cantiga popular… Se ti viras o que eu vin alá arriba na feira de Monterroso, sete frades nun convento/ 30 poetas monár-quicos/ 25 estudantes/ 25 costureiras/ 25 xastres xuntos a cabalo dun raposo, e entón respectouse a forma oral. Ei!, non imos empezar con gramática xa no primeiro número, só xustificar o que ledes. Recordade que o mellor siste-ma para non errar no uso do pretérito pluscuamperfecto (viras) e do futuro de subxuntivo (vises) é traducilo ó cas-telán, non hai que saber máis!: “viras” ímolo traducir por “habías visto” e “vises” por “hubieses” ou “hubieras visto”, así acertaredes sempre. Ou máis fácil aínda, cando teña-des que utilizar unha ou outra forma, tratade de meter as dúas na frase, se vos entra “vises”, é esa seguro: “se viras/vises o que eu vin”, aquí entra a forma con “-se”, entón xa

IMPRESO PARA FACERSE SOCIO DE IR IMIA OU SUBSCR IB IRSE Á REV ISTASe queres facerte socio, subscribirte á revista IRIMIA (ou coñeces a alguén que lle poida interesar recibir de balde os tres próximos números da revista) recorta este

impreso e envíao ó Apartado 296 - 15705-Santiago de Compostela, ou escríbenos a [email protected] ou [email protected]

NOME: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . APELIDOS: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .ENDEREZO: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .CÓD. POSTAL: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . CONCELLO OU CIDADE: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . PROVINCIA: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .TELÉFONO . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . CORREO ELECTRÓNICO . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

QUERO SER SOCIA/-O: 3 € oQUERO SUBSCRIBIRME: Ordinaria: 24 € o De apoio: 36 € o Subscricción anual (22 números)QUERO SER 60x100: 60 € o

DOMICILIACIÓNBANCO OU CAIXA E AFORROS: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . DOMICILIO DO BANCO: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . CÓD. POSTAL: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .CONCELLO OU CIDADE: . . . . . . . . . . . . . . . . PROVINCIA: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . TITULAR DA CONTA: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .Nº de CONTA: _ _ _ _ / _ _ _ _ / _ _ / _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ Sírvase atender ata novo aviso, e con cargo á miña conta, os recibos que ó meu nome lles sexan presentados ó seu cobro por IRIMIA.

En ..................... ...................................... a ....................... de ................................... de 200__. Atentamente.

Se queres podes ingresar directamente en calquera das nosas contas indicando claramente o teu nome no impreso de ingreso e enviándonos unha copia xunto cos teus datos.Conta: CAIXA GALICIA: 2091-0349-45-3040005822 BBVA 0182-0267-15-0207905484