Á sombra da muralla 16

42

description

Número 16 da revista do IES Xoán Montes de Lugo, correspondente ao curso 2007-2008

Transcript of Á sombra da muralla 16

Page 1: Á sombra da muralla 16
Page 2: Á sombra da muralla 16

Número 16 Á sombra da muralla

Editorial

Por fin chegou a revista!

Toda unha ironía que, sendo o esta unha das

primeiras páxinas da revista, fose a última en chegar e,

polo tanto, unha das causas do retraso na publicación do

número correspondente ao curso 2007/2008.

Desde a redacción queremos desculparnos pola

monumental tardanza da saída deste número. Como é

obvio, non é algo que fixésemos intencionadamente, pero

recoñecemos que todos nós, aínda que algúns máis que

outros, pecamos de pouca memoria, falta de

puntualidade e, sendo sinceros, algo de preguiza.

Sen máis, esperamos que disfrutedes deste tardío

número de Á sombra da muralla, non sen antes engadir

que o equipo de redacción, que na súa maioría pasou a

segundo de bacharelato, presenta a súa dimisión ou

comeza a súa xubilación, calquera das dúas vale.

Sorte aos próximos redactores... e sorte a quen teña que

traballar para atopalos...!

Páxina 1

Page 3: Á sombra da muralla 16

Á sombra da muralla número 16

A importancia da auga Noemí García Rodríguez

O tres de abril de 2008, os  alumnos de 1º  de ESO B fomos   ver   unha   exposición sobre   a   auga.   Iamos   todos moi   ilusionados   porque   a auga   é   un   elemento   moi importante nas nosas vidas.

A   exposición   trataba sobre   os   diversos   usos   da auga:   a   súa   utilización, distribución,   as   formas   de aforro,   o   plan   de abastecemento   da   auga,   a utilización   na   industria, formas de regadío….

Nela   había   diversos 

paneis   informatizados,   nos que   podías   consultar   os distintos usos que se lle daba á   auga  e   tamén  explicaba  a porcentaxe de auga utilizada e os beneficios que se obtiñan a   cambio,   tendo   en   conta   a 

zona na cal estaba situada.   Estes paneis   explicában­che   a   utilización xeral da auga. 

Ademais   había talleres   que   che explicaban   o despilfarro   que   se lle   facía   a   auga, por un lado, e por outro   explicaban as distintas formas de aforro da auga.

A   exposición   tamén trataba   da   confederación hidrográfica   dos   ríos   do norte,   explicando   en   que consistía o plan hidrográfico e os ríos que abarcaba.

Páxina 2

Page 4: Á sombra da muralla 16

Número 16 Á sombra da muralla

Unha Opinión:

A música xa non é o que era Andrea Fraga Cao

Non teño recordo persoal das circunstancias   que   rodearon   a publicación   de  moitos  dos  meus discos   preferidos,   e   polo   tanto, manteño  unha  distancia   quizá favorable   a  unha  valoración  máis fresca da obra en cuestión,  sen os prexuízos   e   xuízos   que   se   lle adheriron  como  mexillóns  á  rocha de   mar...  Notei  que,   demasiado   a miúdo,   se   repite  a   idea   sobre   un grupo   e  un  disco   sen   que   esta   se cuestione dende outra perspectiva.

Pretendo discutir dende unha mentalidade  aberta,  aberta  á percepción e non condicionada pola historia, que a fin de contas o tempo borrará...  A  música  pode perdurar, as   anécdotas   sobre   a   música,   é desexable que se perdan, co tempo.

Moitas veces, para romper o xeo  (cousa  que  agradezo), pregúntanme que música me gusta. E nunca  sei  qué  responder.  Porque non me pecho nun só estilo musical (aínda que teño preferencias  fixas). Gústame dende o punk, o rock, algo de pop, o jazz, o  soul, ata un poco de  heavy, metal, screamo... Non lle fago ascos a case ningunha música, aínda que en realidade sí, reggeaton e  rap  en  castelán,   que   ao  meu parecer soan ridículos.

Tampouco   me   enfada   estar un   rato   escoitando,   por   exemplo, salsa   ou   dance   (se   a   ocasión   o require),   aínda   que   máis   dunha hora   rállame   de   sobremaneira.

Do que si estou convencida, é de   que   calquer   tempo   pasado   foi mellor,   musicalmente   falando. Moitos   dicen   que   teño   alma   de vella,   ou   que   estou   chapada   á antiga, pero é que a música que está a   sair   agora   (sobre   todo   no panorama   español)   é   extre­madamente   diferente   á   dos   anos oitenta.

No panorama español:

Por   exemplo,   un   destes grupos que din que son os herdeiros dos  Hombres   G  (aos   que   non defendo, ollo): El canto del loco.

Música   ratoeira,   mestura entre rock e pop cun vocalista que xa   podería   ser   colgado  do   aro  da súa cella. E non, non é porque me caia mal,  nin por que non teña os meus gustos, nin pola súa voz. Oír os “cuarenta principales” seis horas ao día dende a habitación do meu irmán   fixo   que  puidese   analizar   a 

Páxina 3

Page 5: Á sombra da muralla 16

Á sombra da muralla número 16

letra dunha das súas cancións máis exitosas  e   reivindicaticas,  ao  estilo do ídolo da miña avoa, Serrat, o da canción protesta dos anos sesenta e setenta. 

A canción, que a moitos lles soará   e   outros   miles   a   cantarán polas   mañás,   ou   de   noite   cos colegas, chámase Zapatillas.

Ao   principio,   cando   oín   o estribillo (quiero entrar, en tu garito  con zapatillas) pensaba que estaban a   falar   das   típicas   zapatillas   de vello,  de cadros,  parecidas ás Vans de   agora,   cadros   escoceses   e vistosos,   ou   grises,   tanto   me   ten, pero zapatillas de andar pola casa. Parecíame   lóxico   que   non   lles deixasen   entrar   con   ese   tipo   de zapatillas,   pois   ao   día   seguinte   se cadra ía con bata.

Cando me enterei de que se trataban   de   deportivas,   quixen 

averiguar   que   tipo   de aberración   levaban   nos   pes para que non puidesen pasar, e ao   ver   que   eran   Converse comecei a rir.

Agora   todos   los  pijos  levan Converse,  noviñas  e   en  cores combinadas,   a   moitos deixanos  entrar,   así   que   todo son escusas.

Logo, se seguimos analizando a letra, di o de :  Intoxicado de que   me   pongan   esa   puta música indiferente...

Polo   amor  de   Deus!   Se   cada sitio   ao   que   vamos   soan 

cancións   vosas!   Parece   que   se desprezan a si  mesmos, ou queren analizarse como estou a facer eu.

E   agora   isto:  Ya   has   aparcado   el  coche, y ahora busca lo del ticket de  la hora, y cuando vuelvas a ponerlo,  te   habrán   puesto   una   receta   de  recuerdo...

Páxina 4

Page 6: Á sombra da muralla 16

Número 16 Á sombra da muralla

A que hora saen?

Non sei o horario da zona azul en Lugo,   pode   que   en   sitios   de vacacións   sexa   ata   as   21:00   ou 22:00.   Xa   os   imaxino   chegando   á casa ás sete da tarde, como cando eu tiña once anos.

En fin, enérvome.

No panorama internacional: 

No   Nadal,   fixeime   que   pegaran (imaxino   que   un   fan)   un   cartel branco   e   cutre   sobre  unha  parede na   cal   se   lía   o   seguinte:   ''Tokio Hotel.   En   tus   manos   está   que   la fiebre   se   convierta   en   epidemia''.   E debaixo  do   lema,   a   dirección   dun sitio web que non teño interese en recordar.

Non puiden esperar a chegar a casa e busquei o lema en Google na casa 

dunha   amiga.   Asombreime   da cantidade   de   fans   que   teñen   por firma   a   ditosa   frase.   Mentres   que algúns   fan   spam,   outros   seguen pegando carteis a muros que piden a gritos que non o fagan.

O   lema   é   moi   absurdo,   tendo   en conta   o   máis   ben   frouxo   da proposta dos ídolos alemáns.

Reflexionade:

Son bos Tokio Hotel? Calquera cun mínimo   de   cultura   musical   pode responder a pregunta.

E son necesarios?

Claro   que   sí.   De   feito,   son   o exemplo   vivo  de   algo   que   sempre está ben: hai moita xente á que hai que   darllo   todo   mascadiño   e   en bandexa.

Páxina 5

Page 7: Á sombra da muralla 16

Á sombra da muralla número 16

Ocorre   en   todos   os   estilos, gústennos máis  ou menos.  Sempre hai   que   ter   a   un   grupo   comercial dentro   da   manga,   con   pintas andróxinas,   canción   asequible   e ganas   de   deixarse   vender   aquí   e acolá.

No   indie   tamén   pasa,   de   feito, algúns dos meus grupos favoritos e míticos   do   estilo   poden   estar   a punto de convertirse niso.

Son necesarios para ti e para min? Seguramente non. Aínda que si che gustan, non pasa nada: alégrome. E non   me   extraña.Con   estos   medios musicais cos que temos que convivir, o raro é que haxa sitio para outros fans e outra música.

A   maquinaria   promocional   xa   se puxo   en   marcha.   Creo   que   hai anuncio de por medio e todo. Claro, así é lóxico que estean no máis alto das  listas de todo tipo. En  Los 40, esa   emisora   de   peculiar   criterio musical,   están   “que   o   tiran”   coa canción  Monsoon.   O   seu   próximo éxito?  Aposto  por  un  baladón con silbido.  Ah,  non,  espera,  que  xa  o fixeran   outros   (véxase  The Scorpions con Wind of Change.)

Está   claro:   Tokio   Hotel   son   os Scorpions   da   xeración   emokids. Gústelles ou non aos seus fans. Aos de   Tokio   Hotel,   porque:   queda aínda algún dos Scorpions ou so eu?

Fin da crítica: 

Repartindo enquisas puiden facerme á   idea   dos   estilos   e   grupos   que arrasan nesta temporada.

● 7   de   10   persoas   prefiren   a música internacional, alegando que   hai   máis   variedade   de estilos   e   de   grupos,   e   que   a música soa mellor en inglés.

As 3  persoas restantes  contradín a opinión   dos   outros   restantes afirmando que a música nacional é mellor pois entenden ás súas letras e son máis fáciles de cantar.

● En canto a  estilos: A variedade está   no   gusto,   como   dí   o anuncio.   Dende  Aventura  ata Steppenwolf,   pasando   por  El Sueño   de   Morfeo,  Wisin   y Yandel,  Coldplay,  Buckcherry, Dire   Straits,  The   Hives,  The Distillers,  Rihanna  ,  Lucie Silvas ou Abba.

Predominou o  pop­rock  da  quinta dos   xa   mencionados   arriba,   pero nada me impide promocionar outros grupos,   para   que   a   xente   poida alcanzar   outros   rexistros   máis facilmente:

Nacionais:

Aerolíneas federales: ''Soy una punk.''

Páxina 6

Page 8: Á sombra da muralla 16

Número 16 Á sombra da muralla

No me pises que llevo chanclas:

''¿Y tú de quien eres?''

Glutamato Ye­Yé: ''¡Hey tío!''

Las Vulpes: ''Me gusta ser una zorra''

Eyaculación Post­Mortem:

''Anochecer.''

The Killer Barbies: ''Downtown.''

Navajita Plateá: ''Frío sin ti.''

Los Chunguitos: “Dame veneno.''

Siniestro Total:

''Hoy voy a asesinarte''

El último de la fila:

''Querida Milagros.''

We are Balboa: ''Wink''

Internacionais:

The prodigy: ''Firestarter''

Queens of the Stone Age:

''Little Sister.''

Hollywood Undead:  ''Nº 5''

The Exies:  ''Ugly''

Bush: ''Swallowed.''

Jane's Addiction: ''Just Because''

Jack's Mannequin: ''Mixed Tape''

The Horrors: ''She is the new thing''

Anna Nalick: ''Breathe 2 a.m.''

Pagoda: ''Happy song''

Jamie – T: ''If you got the money''

Just Jack: ''Starzs in their eyes''

Agora   é   cousa   vosa   escoitalas   ou non.

Despídome ata o próximo artigo de opinión.

Páxina 7

Page 9: Á sombra da muralla 16

Á sombra da muralla número 16

A nosa viaxe a París Alberto Castiñeira LageVioleta Núñez Martínez

O día 7 de marzo deste ano nós, os alumnos de francés, emprendemos unha viaxe que levabamos esperando impacientes desde principios de curso. A noite anterior todos estabamos nerviosos por empezar a nosa

viaxe e cremos que pouca xente foi capaz de pechar dúas horas seguidas os ollos pensando...

Como será de especial esta viaxe? Que me poño para ir ao Louvre? E para ir á torre Eiffel? Como serán os hoteis? Haberá cascudas?¿Pasareino ben? ...e moitas outras preguntas que rondaban polas nosas mentes.

E por fin chegou o noso esperado día, e emocionados

Páxina 8

Page 10: Á sombra da muralla 16

Número 16 Á sombra da muralla

emprendemos a nosa viaxe cara París. Ao subir ao autobús había de todo: caras novas, caras que nos soaban de vista, caras que non nos agradaban, miradas de sorpresa… pero todos sentiamos o mesmo: alegría e nerviosismo.

Despois dunhas cantas horas en autobús e cos cus encadrados de estar tantas horas sentados, pasamos a fronteira, algo que todos estabamos desexando, e a partir de aí as nosas emocións aumentaron. Ao cabo dunhas horas chegamos a Burdeos, sitio no cal fixemos escala para “descansar” e repoñer enerxías para seguir a nosa viaxe ata París.

Ao día seguinte collemos as nosas mochilas para montarnos de novo no bus e seguir adiante. Esa mesma tarde chegamos a París e despois de visitar o Pazo de Versalles baixamos as nosas maletas para aloxarnos no hotel Etape, instalámonos no hotel, e por fin marchamos dar a tan esperada primeira volta polas rúas de París. Visitamos o Barrio Latino e quedamos abraiados, foi un momento máxico.

En París, ao longo dos días, as nosas forzas íanse esgotando por mor das visitas a moitos monumentos: rúas, barrios, a catedral de Notre Dame, a Saint Chapelle, o museo do Louvre, o museo d’Orsay, o Arco do Triunfo, Os xardíns e o Pazo de Versalles, os campos Elíseos, a Torre Eiffel, o paseo polo río Sena… pero aparentemente nós aínda tiñamos ganas de máis e non queriamos que se acabase o día.

Día a día as caras e miradas que en principio viramos no bus, convertéronse en miradas de complicidade, de amizade, de alegría, ata chegar a formar todos (alumnos do masculino, feminino e mixto) unha piña, da cal ninguén se quería separar e da cal formabamos parte todos, na que cada un de nós respectabámonos tal e como eramos.

Pasada a semana e chegado o día 13 de marzo, despois de ter gastado todo o noso diñeiro nas tendas que había na rúa, nos centros comerciais, e en todo o demais, fixemos as nosas últimas

Páxina 9

Page 11: Á sombra da muralla 16

Á sombra da muralla número 16

compras no barrio latino e despedímonos del, xa que o noso autobús de volta chegaba ás 4.30, e a pesares de que ninguén desexaba que viñese o autobús, ese día chegou antes que ningún outro, ou esa foi a nosa sensación.

Todos, esgotados, sentámonos e pechamos de ollos,

para intentar descansar e poder lembrar todo o vivido neses sete días que para nós pasaron coma se fosen horas.

A verdade é que con esta viaxe a París aprendemos moitas cousas tanto na forma de

relacionarnos coa xente como na forma de aprender de maneira entretida novas cousas... realmente esta viaxe mereceu a pena.

Pero en definitiva de todo esta experiencia aprendemos algo que supuxo un cambio tanto na nosa forma de actuar, como na

nosa educación. Foi unha experiencia inesquecible que lembraremos sempre, pois vivimos cousas irrepetibles, rodeados de amigos e amigas, nun ambiente de alegría e compañeirismo.

Páxina 10

Page 12: Á sombra da muralla 16

Número 16 Á sombra da muralla

Adicto á fantasía Andrea Fraga Cao

Non sei como dicirche que todo isto é culpa túa.

Ulir o teu pelo enlouquecíame, pese a que ti non te dabas conta do que realmente supoñía.

Ela era o único que facía que te preocuparas por min, e non te dabas conta de que non era ela precisamente a que controlaba a miña vida, se non ti.

Non puiden evitar sentirme culpable o furtar os teus aloumiños.Ao posuír o teu tempo...As túas ansias de vivir...De rematar....

Nunca entendiches como, temendo o que puidera pasar despois, seguira tomando aquela porcaría de maneira continua.

E é que o que realmente descoñecías é que iso era o único que me achegaba ao teu peito.

Imaxinábate a todas horas ollándome, mentres fusionábamos as nosas peles proclamando amor.

Grazas a ela biqueite por primeira vez. A miña primeira vez en moito tempo. Ti detestabas verme nese estado, eu, que desapareceras unha vez se pasara o efecto.

Por iso non podía parar de destrozarme, para reterte, aínda que iso supuxera destrozar o que tiñamos.

Foi cando, unha vez toquei fondo, te sinceraches, tentando afogarme coas túas propias bágoas.

Eu non respondía aos teus bicos, estaba demasiado colocado como para moverme e o máis mínimo tremor faríame vomitar, pero non os teus bicos, tan sinxelos coma un puñal.

Repetías incesantemente que estaba mal, pero que non te arrepentías de sentir iso respecto a min, iso que, sospeitosamente, ocultaba no meu peito disposto a enviarcho algún día.

Páxina 11

Page 13: Á sombra da muralla 16

Á sombra da muralla número 16

Cando puiden reaccionar ti suplicabas que salvaran a miña vida, que fixeran algo por axudarme a respirar o teu aire unha vez máis, aínda que despois de escoitar iso dos teus beizos xa non temía á morte, se non ao feito de non volverte a ver.

Unha semana en coma e moitos antidepresivos as semanas restantes do mes.

Fixéchesme xurar que non recaería e unha vez o fixen alonxácheste tanto que non conseguín verte entre a néboa dos meus ollos.

A cantidade de píldoras que tomei, contraería o efecto do licor. Estou bebendo e rompendo esta vaidade intento non esquecerte.

Fáiseme difícil quedarme coas palabras que dixeches, lentamente afúndome máis. Non podo deixarche saber aínda o moito que estou sentindo. E agora as pastillas vermellas fanme voar cara ti e as azuis fanme estrelarme contra o chan unha vez máis.

O desprezo que mostras cara min é máis frío que unha cela.

O meu vómito afógame e ao verte só penso en voarme os miolos contra o teito.

Os teus ollos crávanse na miña caluga, actúan como butano na miña pel.

Só agardo que me digas "Non estás só nisto". Déixame romper este silencio incómodo, déixame demostrarche que podo ir e ser o primeiro en pedir perdón. Escóitame, se o mundo necesita algo mellor, démoslle outra razón agora.

Ningún dos dous ten tanta valentía, como para abrir a porta que nos separa, vivimos nunha mesma parede e neste momento non podemos pechar as pálpebras sobre os nosos ollos ardentes, os nosos recordos nos perturben, nos cobren de amizades comúns que non coñecemos. A nosa vista vai directa a un Sol cegador, rematado e negro.

E cada vez que me ignoras as túas mans xeadas desgarran o meu corazón.

Esta vez son eu o que me afasto de ti, caendo dous pisos máis abaixo. As túas pegadas enturban a miña mente, rasgándoa con notas de amor, amor que aínda vive por ti.

Afógome mirando pola fiestra, intentando que te deas conta da miña presencia, pero non podes agora, non te critico.

Non é culpa túa que ninguén faga nada para evitar que siga caendo dous pisos máis abaixo.

Páxina 12

Page 14: Á sombra da muralla 16

Número 16 Á sombra da muralla

Agora pérdome na inmensidade dos bares, bebendo brutalmente mentres intento buscar un substituto temporal para a túa cara.

Paso tempo con descoñecidos, impoñen condicións e termino. Sigo recordándote en cada bico, aínda que non procedan dos teus beizos.

Isto ocorre constantemente, e non fago outra cousa que pensar que morrerei só.

Agora só sentes pena por min, e iso, se é que aínda tes un corazón dentro desa cova á que chamas peito. Aínda somos inocentes?

Novamente intento facerche saber o que significas para min, prométoche cambiar, aínda que no fondo saibas que a miña enfermidade non ten cura.

Os teus ollos inúndanme de novo, e volves a quererme como antano o fixeches.

Se non estiveras aquí, non lle tería medo a nada, pero aínda téndote ao meu lado, agarrando a miña man, estráñote máis que onte.

Algúns dirán que estamos feitos o un para o outro, pero somos novos e non nos importa, a miña adicción ao teu alento e a túa esperanza por cambiarme dánnos forzas. Nunca quixen facerche sufrir desta maneira.

Volvo a caer, dous pisos máis abaixo.

Sempre dixeches que non coñezo o significado das palabras, pero nunca quixen facerche dano.

Nunca esperei mentirche, nin enganarte desta maneira, podería esquecerme dela, pero foi a única que estivo cando ti me abandonaches.

Todo o dano que che fixen, sempre vai martirizarme como unha cicatriz, por iso sigo caendo, dous pisos máis abaixo.

Mentres ollaba como te ías permanecía en coma por horas, ela enchía o baleiro e podía respirar.

Son o peor tipo para razoar, pero aínda agardo ansioso que me salves.

Podería ser perfecto para ti unha última noite, continuando este romance.

Se te animas a sufrir colle a miña man, ámame ou déixame, non poderei reprocharche nada.

Son adicto aos teus bicos, á túa ollada, asiduo á túa pel. Son tan adicto a ti

Páxina 13

Page 15: Á sombra da muralla 16

Á sombra da muralla número 16

como a ela, e iso dóeme, cariño, porque terei que decidir.

¿Quen vai salvarme se ti te vas?

Lamento que me vexas neste estado, pero xa nada te asombra.

Prefires verme morrer que deixarme novamente, e iso anímame a destruírme máis, para que non poidas alonxarte do meu peito.

Polo que che fixen, polo que ti me farás, polo que conseguimos, volvo a tomar. Esta vez é diferente, sabes que temo as agullas, por iso non me criches capaz de facelo, pero descoñeces unha cousa, o teu silencio é máis doloroso.

Hoxe é o noso derradeiro día, o meu sangue está tan infectado como o noso amor.

¿Lembras cando nos coñecemos?

Díxenche que cho poría difícil, e así foi. Quero pensar que sempre estivemos xuntos. Prometíchesme que cando te foras inxectarías todo o dano que che puidera ter feito.

Nunca chegara tan lonxe, ti chorabas, chorabas por dentro, non entendías o meu afán por estragalo todo.

Non son perfecto, semellas esquecerte por momentos, pero estráñote, estráñote tanto que non me importa morrer por un bico.

Segues á miña beira, morrendo comigo, eu de vicio e ti de pena.

Non poderei parar de morrer, nin poderei parar de mentir.

Se ti o desexas seguirei chorando, nunca quixen facerche dano, pero conseguín o que merecía.

Lembras o día que nos coñecemos? Díxenche que era adicto a ti, díxenche que era adicto á fantasía.

Páxina 14

Page 16: Á sombra da muralla 16

Número 16 Á sombra da muralla

Visita a INDITEX Francisco Xabier Souto Ares

O pasado día 27 de febreiro, os alumnos de Economía e Organización de

Empresas (2º de Bacharelato) e de Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras

(3º de ESO) visitamos a sede principal da empresa Inditex (fundada por

Amancio Ortega en 1975), en Arteixo.

Desde a nosa chegada ás instalacións, a nosa monitora foinos explicando todo o proceso de compra de materias primas, fabricación e venda das pezas, as técnicas publicitarias empregadas pola empresa e o seu funcionamento, así coma o tamaño, utilidade e distribución das instalacións .

Trátase dunha empresa multinacional, que ten a súa base en Arteixo e filiais distribuídas por 68 países do mundo, pertencente aos sectores secundario e terciario. A sede está ben centralizada (preto da Coruña e de Culleredo), ben comunicada (xunto á estrada N-VI, á autovía A6 e á autoestrada A55). O edificio rodéase de 11 fábricas, que obteñen a enerxía para producir dun parque eólico.

Durante a visita puidemos ver case todo o proceso de fabricación das pezas.Primeiro cómprase a tela, logo deséñanse as prendas e próbase o deseño en persoas e maniquís e, se queda ben, mediante programas informáticos xúntanse as distintas partes das prendas de maneira que se

aproveite a maior cantidade posible de tela.Logo, córtase a tela mediante plantillas e confecciónase.Desgraciadamente, non puidemos ver esa parte do proceso, pero si o modelado das prendas. Mediante unhas máquinas aplícaselles vapor e presión ás pezas, para que tomen a forma axeitada (os ombros,etc.). Cando xa están preparadas, colócanse en perchas ou empaquétase.Por último, pasan por unhas instalacións nas que son transportadas mediante guías situadas no teito. A amplitude deste recinto fai que os técnicos teñan que circular en moto ou en bicicleta polo seu interior. Ao final deste inmenso circuíto de guías mecánicas, empaquétanse para ser distribuídas por tódalas tendas de Inditex no mundo.

A empresa non emprega publicidade nos medios de comunicación, senón que chama a atención da xente mediante escaparates. Tanto a planificación dos escaparates coma a colocación das prendas no interior das tendas son establecidas pola base e

Páxina 15

Page 17: Á sombra da muralla 16

Á sombra da muralla número 16

son iguais en tódalas tendas.

Ao final, pasamos fronte ao comedor, onde nos explicaron as condicións e horarios dos traballadores.

Xa no camiño de regreso efectuamos unha breve parada nunca área de

servizo, para picar algo e descansar un pouco.

En definitiva, creo que puidemos aprender moito desa gran empresa con tendas en medio Mundo e instalacións do tamaño de 78 campos de fútbol.

Páxina 16

Page 18: Á sombra da muralla 16

Número 16 Á sombra da muralla

Lúas Javier Carrazana Blanco

Antes de ler: Poida ser que ao lector lle pareza que o relato anda escaso en canto a contido prosopográfico. É verdade, pero trata dun ser totalmente egoísta, no corazón do cal só cabe o amor a dúas cousas neste mundo. O relato descríbese dende a súa mente, unha mente que non repara en detalles de cousas comúns, e menos aínda das persoas ás que odia. Disfruten.

Luns:

Psicodelia. Sinestesia. Os sentidos agolpábanse na cunca cerebral de Saúl coma quen pretende encher unha maleta cando esta está a rebosar. No caso do noso protagonista a súa maleta rebosaba de caprichos innecesarios, futís na vida real. Suaba coma un porco, atrapado na súa habitación ás escuras, onde as sombras ulían a cinzas e a son dos seus xemidos sabían a merda. Soamente a súa nai sabia o remedio, e entre golpes cegos e ira desatada, logroulle introducir a cápsula debaixo da lingua.Os seus efectos foron inmediatos, e Saúl retornou ao mundo dos vivos... desafortunadamente para el.A noite durara o mesmo que a viaxe de Ulises, pero a mañá espertouno disipando a refrega nocturna contra a súa nai.Despois de prepararse, cólle as cousas do instituto e ponse en movemento. A néboa matutina mareábao máis do que estaba; o sono non se lle pasara aínda e a súa primeira clase era economía. Ao abrir a porta formouse o murmurio que de cotío tiña que aguantar...Atravesou a aula. Esta estaba situada na fachada do edificio e era a mais quente do instituto, tamén era longa e estreita, permitindo demasiada comunicación entre os estudantes.Na primeira fila unha alumna contoulle ao seu compañeiro o estraño que era ver a Saúl despois dunha semana sen asistir a clase, cun ton irónico, seguido dunha risiña. Mais atrás, outro alumno dirixiulle unha simple mirada de odio; o alumno vestía de negro cun piercing na orella. Finalmente chega ao fondo da clase e senta ao lado dalguén.O tempo pasaba entre as clases, o único atemporal que non escapaba da súa percepción foron os balazos de saliva que os docentes utilizaban nas chamadas de atención ao alumnado, e especialmente en Saúl.Por fin acabaran as interminabeis leccións de cultura xeral, quedaba xantar.Unha fugaz estancia para comer foi a única sinal que tivo a familia de

Páxina 17

Page 19: Á sombra da muralla 16

Á sombra da muralla número 16

Saúl para saber que se encontraba ben. O único que necesitaba eran os seus medicamentos, en caso de que tivese que utilizalos, así que despois de acabar o postre, lavou os dentes, agarrou o bote coas pastillas e marchou da casa.Unha vez no centro encontrouse coa súa parella, que o apoiaba incondicionalmente pese aos notables problemas nocturnos, e ás veces diúrnos do mozo. O daltonismo impedíalle averiguar a cor dos ollos de Saúl, pois si lle preguntaban diría que podían ser de calquera cor.Bicáronse. O bico foi corto, xa que por alí revoloteaban coma voitres algúns dos sempre crueis estudantes cos que compartía clase, e enemistade...Os dous buscaron refuxio nun local próximo, non moi popular, que lles ofrecía unha especial intimidade, escondidos detrás da nube de fume de tabaco.

Martes:

Saúl espertaba só na casa, cunha nota de obvio contido, dándolle instruccións de que facer durante a mañá. Era mediodía, e Saúl volvía a non asistir á clase, así que le un par de veces uns fragmentos duns libros de texto, e dá por finalizada a xornada estudantil. Diríxese ao ordenador e introdúcese no "fotolog" dalgunhas persoas, deixando a pegada de costume, un rito superficial que mantiña lazos de cordialidade entre el e algúns compañeiros, manténdoo a salvo das críticas dalgúns da clase. Non lle importaban nada as persoas do seu arredor, tíñalle especial cariño á súa nai, e amaba á súa parella, os demais podían ir ao demo, pero tampouco é que fose masoquista.Librado xa de máis tarefas sociais volve a ler a nota pola outra cara, e dáse de conta que hoxe é dia de visita médica, que lle espera encontrarse con frías ferramentas, palabras tranquilizadoras, o ambiente moribundo do hospital, as miradas perdidas dos náufragos que esperaban o seu turno, os choros, os suspiros... o sufrimento alleo.Toma o camiño de costume cara o hospital, pero non evita entreterse para alongar a súa chegada, fixándose en todo o que o poida retrasar. As rúas estaban molladas, os vehículos salpicaban aos inocentes, e os que quedaban eran os timadores, detrás dos mostradores e do seu falso sorriso; e os que crían que tiñan a astucia de non deixarse mollar mentres se desangraban dentro das tendas.Unha vez dentro do impoluto hospital, Saúl toma asento e espera polo seu turno. Aínda que o edificio estaba perfectamente limpo deixaba un olor, que non era senón a propia imaxinación que o enganaba, pero que non podía ignorar; o olor da enfermidade, da tristeza.

Páxina 18

Page 20: Á sombra da muralla 16

Número 16 Á sombra da muralla

Mércores:

Saúl dera un salto no tempo, non lle importou a resposta do médico, soamente que os resultados estarían listos nun par de días...Ás veces preguntábase se esta era a vida real e non unha fantasía.Tiña que lavarse e prepararse para ir a clase, pero accidentalmente esquece o medicamento no momento de saír da casa.Unha vez na aula, séntase e comeza a longa espera do término do tempo de estudo, aínda que parece ser que hoxe non é un mércores calquera na súa vida, xa que no recreo as persoas que tanto odia comezan a facerlle preguntas acosadoras, cheas de enfado e irritación. Saúl responde cuspíndolle na cara ao que parece que encabeza o grupo. Non lentamente recibe uns golpes no peito, que afogan todas as posibilidades de resposta. Dende este punto a adrenalina enche as súas veas, e na súa cabeza desencadease a súa crise nocturna -ás veces diurna- que fai que perda a razón, que florezan sentidos inusitados, pero que neste caso tamén o enchen de odio homicida.Cun acto agresivo, en parte inesperado polos seus agresores, logra soltarse das súas cadeas e dirixe a mirada unha fracción de segundo ao que vai vestido de negro. Nese momento nota levemente coma recibe patadas e puñetazos dos demais; pero non impide que continúe avanzando. Da varias zancadas adiante e dálle un único golpe na cabeza á sombra que ve diante súa, que non é senón realmente o chaval de negro. Despois cae inconsciente pola dureza das caricias recibidas dos seus compañeiros.

Xoves:

Saúl espertara horizontalmente nunha cama allea. Encontrábase no hospital, acompañado da súa nai. "Mama, matei a un home", dixo, "Puxen unha arma na súa cabeza, apretei o gatillo e agora está morto...". Saúl volveu caer inconsciente; a súa mai non sabía se deliraba ou non...Cando lle volveu a razón tamén estaba acompañado dun axente policial. As súas sospeitas facíanse certas, fixéralle demasiado dano a aquel chaval.O axente comunicoulle con delicadeza aquilo que el xa confirmara, e deulle as felicidades por cumprir os dezaoito anos.A nai de Saúl rompeu a chorar, o destino do seu fillo estaba claro, unha adolescencia desastrosa chea de claustrofóbica felicidade e abundantes momentos de desvelos que puxeran a proba o seu aguante.Nos soños de Saúl a ética torturaba o seu ser, reprochándolle a súa actitude desmesurada; el intentaba defenderse repoñendo que sofre de

Páxina 19

Page 21: Á sombra da muralla 16

Á sombra da muralla número 16

ataques mentais e que non se puido controlar, pero o certo é que el ben sabía que a culpa fora súa, de evitar cuspirlle á cara, e peor aínda, de non esquecer os medicamentos.

Venres:

O pesar do seu crime atravesáballe o peito coma un coitelo ardente, que lle obrigaba a espertarse en calma pero cunhas terribeis ganas de vomitar. Finalmente decidiuse a actuar, e arrincou as ataduras de plástico que o mantiveran a salvo os últimos dous días.Enriba dunha mesiña agardaban por ser abertos os regalos de cumpreanos dos seus seres queridos e parentes, e Saúl non tardou en esmagalos todos, rosmando entrementres que non era senón unha carga para os demais, e que ese diñeiro ben que o podían aforrar. Acto seguido remexeu entre a súa roupa que estaba coidadosamente gardada nunha bolsa de cartón. Alí atopou o seu telefono, e puido ler unha mensaxe da súa parella que o avisaba da súa visita no próximo sábado. Saúl contestoulle a mensaxe dicíndolle que o amor que sentía aínda palpexaba fugazmente, que fora toda unha experiencia, e que sen a súa presencia, o seu corazón estouparía moito antes.Sen pausa e apresuradamente, vístese e entra no cuarto de baño da habitación. Unha vez dentro, abre o pequeno frasco plástico, que tantas veces lle salvara a vida e quítalle a tapa. Mira no interior deste e vese reflectido nel, coma quen se mira nun lago á luz da lúa; acto seguido verte case completamente o seu contido na súa boca e fai un intento de tragalo todo á vez.

Sábado:

Foi a parella de Saúl quen foi seguindo o rastro de sangue que partía do cuarto de baño. Mentres o facía, entre prantos e convulsións comeza a pedir axuda ao persoal do hospital. Todos seguen a marca de sangue, parecendo un desfile macabro, condutores da incerteza e baleiros de esperanzas.

As pingas de sangue acaban subitamente ao pé dunha ventá. A nai de Saúl leva as mans á cabeza e mira de reollo cara o abismo. Todos creen ver o corpo inerte e xeado de Saúl no asfalto, pero todos se enganan: tres pisos máis abaixo, na estrada, non hai senón a máis absoluta das normalidades, pola beirarúa circulan transeúntes, pendentes da súa vida; pero do cadáver, nada.

Páxina 20

Page 22: Á sombra da muralla 16

Número 16 Á sombra da muralla

MTV Winter Open Air Festival Isabel Alonso Vicente

O MTV Winter Open Air Festival é un novo evento musical que traerá a Valencia durante os próximos catro anos unha serie de concertos de libre acceso ao público que converterá a Cidade das Artes e as Ciencias nunha das grandes citas europeas da música. Contará en cada edición cunha importante repercusión mundial chegando a unha audiencia potencial de 207 millóns de persoas en territorios de Europa, Estados Unidos e América Latina.

Como cabeza de cartel neste primeiro ano 2008 está o grupo The Cure, completando con HIM e From First to Last, todos de acceso gratuíto ata completar o aforo.

The Cure

The Cure é unha banda inglesa de rock alternativo que comezou a

súa carreira a finais dos setenta coa edición do LP Three Imaginary Boys, nun momento musical coñecido como Post-Punk.

É moi difícil categorizar a The Cure nun só estilo musical tendo en conta o son da banda ao longo da súa dilatada carreira, xa que nalgúns traballos pódese escoitar

un son claramente gótico e escuro, mentres que noutros se poden atopar melodías new wave, pop e certos toques de electrónica.

Entre o ano da súa formación (1976) e 2004, The Cure lograra vender arredor de 27 millóns de discos en todo o mundo.

Ata 2007, The Cure editou 12 álbums de estudio, trinta singles e numerosos recopilatorios e reedicións.

Páxina 21

Page 23: Á sombra da muralla 16

Á sombra da muralla número 16

HIM

HIM é unha banda musical procedente de Finlandia, creadores do xénero musical Love Metal e do popular símbolo Heartagram. Despois de varios cambios nos seus compoñentes, actualmente está formada polo vocalista Ville Hermanni Valo, o guitarrista Lily Lazer (tamén coñecido coma Linde), o baixista Migé Amour, o batería Gas Lipstick e o teclista Emerson Burton. A súa fama comezou en Europa co single "Join Me" (usado na banda sonora orixinal da película 13th Floor e na de Resident Evil: Apocalypse), que foi número un nas listas alemás no ano 2000. From First To Last

From First To Last (abreviado comúnmente como FFTL) é unha banda estadounidense de Post Hardcore iniciada en Los Ángeles, California. Hai pouco tempo, o vocalista Sonny Moore decidiu retirarse da banda para continuar coa súa carreira como solista. Isto foi comunicado no seu Myspace polo integrante Travis Richter, quen anunciou que a banda agora grabaría o seu novo disco coa voz do guitarrista da banda, Matt Good. Agora FFTL só ten catro integrantes.

Páxina 22

Page 24: Á sombra da muralla 16

Número 16 Á sombra da muralla

Tim Burton Isabel Alonso Vicente

Tim Burton (Burbank, California, 25

de agosto de 1958), é un director de

cine e produtor de filmes

estadounidense. As súas obras -na

súa maioría caracterizadas por

abordar unha particular fantasía

gótica, contando coa inclusión de

enigmáticos personaxes como

protagonistas- convertérono nun

popular director.

Foi nominado en diversas ocasións

aos Premios Oscar e aos Globos de

Ouro, aínda que non logrou

conseguilos. O seu máis recente

premio foi, pola súa última película

Sweeney Tood, na 65ª edición dos

Globos de Ouro celebrada a

principios de 2008, ademais

de que no 2007 gañara o

León de Ouro pola súa

traxectoria como cineasta

durante a 64ª edición do

Festival Internacional de

Cine de Venecia.

Entre os seus diversos

traballos destacan:

Como director:

Vincent (1982)

Beetlejuice (1988)

Edward Scissorhands (1990)

Sleepy Hollow (1999)

Big Fish (2003)

Páxina 23

Page 25: Á sombra da muralla 16

Á sombra da muralla número 16

Sweeney Todd (2007)

Como productor:

Edward Scissorhands (1990)

The Nightmare Before Christmas

(1993)

Mars Attacks! (1996)

Corpse Bride (2005)

Como escritor:

Edward Scissorhands (1990)

The Nightmare Before Christmas

(1993)

Lost in Oz (2000)

Corpse Bride (2005)

Con videos musicais:

Bones – The Killers

Sweeney Todd (2007)

Sweeney Todd: The Demon Barber

of Fleet Street (en España Sweeney

Todd, El barbero diabólico de la calle

Fleet) é unha adaptación ao cine do

musical do mesmo nome de Stephen

Sondheim e Hugh Wheeler. A cinta

está protagonizada por Johnny

Depp, na súa sexta colaboración co

director Tim Burton. Estreouse o 21

de decembro de 2007 en Estados

Unidos.

Sweeney Todd: el barbero

demoniaco de la calle Fleet conta a

historia de Benjamin Barker, que foi

encarcerado durante 15 anos en

Australia por unha falsa acusación

do xuíz Turpin, que trata de

quedarse coa súa esposa e a súa filla

pequena. Regresa do seu inxusto

castigo, e Barker busca a súa familia,

pero descobre que a súa esposa fora

asasinada e que o xuíz Turpin

mantén cativa á súa filla.

Entón, Benjamin Barker cambia o seu

nome polo de Sweeney Todd, volve

á súa antiga barbería e comeza a

tramar unha vinganza (na que

asasina varias persoas coa súa

navalla de barbeiro). Para iso,

complotarase coa señorita Lovett, a

solitaria dona do local baixo a

barbería. Na sanguiñenta vinganza,

ela atopará o modo de reavivar o seu

negocio de empanadas de carne coa

carne humana das vítimas do seu

compañeiro do piso de arriba.

Páxina 24

Page 26: Á sombra da muralla 16

Número 16 Á sombra da muralla

Reparto

● Johnny Depp encarna ao

barbeiro Benjamin Barker que

cambiara a súa identidade pola

de Sweeney Todd.

● Helena Bonham Carter é a

solitaria Mrs. Lovett, dona do

local de empanadas de carne

baixo a barbería de Todd.

● Alan Rickman interpreta ao Xuíz

Turpin.

● Timothy Spall é Beadle Bamford,

secuaz do xuíz Turpin, e que o

axuda nos seus malvados plans.

● Sacha Baron Cohen encarna ao

italiano Signor Pirelli, o barbeiro

rival.

● Ed Sanders é Toby, o rapaz que

axuda a Pirelli na súa barbería.

● Jayne Wisener interpreta a

Johanna, a filla de Benjamin

Barker.

● Laura Michelle Kelly personifica

á difunta esposa de Benjamin

Barker.

● Jamie Campbell Bower é o rapaz

que tenta liberar a Johanna.

Páxina 25

Page 27: Á sombra da muralla 16

Á sombra da muralla número 16

I Liga de Debate Manuel M. Veiga Lombardía

Durante a fin de semana do 17, 18 e

19 de Abril, realizouse en Santiago de

Compostela a I Liga de Debate, que

reuniu estudantes de Bacharelato de 24

institutos de toda Galiza nunha

competición dialéctica sen precedentes. O

tema a debater era: Debe primar a

seguridade pública sobre as liberdades

individuais? E a posición a defender por

cada equipo elixíase por sorteo antes de

cada debate.

O noso instituto participou cun equipo

de catro estudantes de 1º de BAC :

Violeta Núñez Martínez, que foi a que

realmente tivo a idea e nos reuniu a todos,

Alejandra Abuín Sisto, Iago Meilán

Sánchez e Manuel Mª Veiga Lombardía,

un servidor. A nosa intensa preparación

correu a cargo do noso capitán, Xosé

Manuel González Pérez que nos deu o

seu apoio e o seu tempo para que

puidésemos facer realidade o proxecto.

A procura de documentación e a

posterior elaboración dos argumentos

custou un grande traballo a todo o equipo,

e mesmo concertamos dous debates

previos cos institutos de Melide e de

Viveiro co fin de entrenar para os

verdadeiros debates e recibir consellos

dos propios organizadores do torneo.

Gustaríame agradecer ás persoas que nos

axudaron nesta etapa, que doaron o seu

Páxina 26

Page 28: Á sombra da muralla 16

Número 16 Á sombra da muralla

tempo para que a nosa preparación

fose mellor, e aportaron, en maior

ou menor medida, as súas ideas.

Despois desta preparación,

chegou o momento de irmos a

Santiago. Foi unha fin de semana

moi intensa que intentarei describir

como poida: Chegamos o Xoves á

tarde, e instalámonos no hotel, coa

vista posta nos dous debates que

iamos ter ao día seguinte. O Venres

foinos todo moi ben, pois gañamos os

debates, o que, a verdade, nos fixo ver o

torneo con optimismo. Ademais, a

relación cos outros equipos era

magnífica, e coñecemos moita xente que

agora botamos en falta.

O debate do Sábado era fundamental

para pasarmos a cuartos de final, mais

non conseguimos gañalo, e perdemos as

posibilidades de seguir na competición.

Houbo certa discrepancia coa decisión do

xurado neste debate, pero supoño que non

sempre se obtén o que se quere. Aínda

así, quedamos na capital para ver a final

do domingo, e pasámolo moi ben. A final

enfrontou ao equipo do Menéndez Pidal

da Coruña co de Becerreá. Nós

apoiabamos aos nosos amigos da

provincia lucense, mais foron os

coruñeses os que levaron o premio.

E así rematou esta gran experiencia,

que creo que ningún de nós poderá

esquecer. Temos xa a mente no debate do

ano que vén, e imos maquinando as

correccións aos erros deste, esperando

poder repetir esta aventura na que nos

embarcamos e da que saímos, dalgún

xeito, vitoriosos.

Porén, non podo rematar esta artigo

sen facer unha pequena referencia ao

"chiste das patacas", que o noso grupo

exportou a este torneo, en boa medida

grazas á acción de Iago, o gran promotor

deste e outros chistes. Foi sen dúbida

unha experiencia inesquecíbel, da cal

todos gardamos o mellor dos recordos.

Páxina 27

Page 29: Á sombra da muralla 16

Á sombra da muralla número 16

Contos Francisco Xabier Souto Ares

Esta é unha pequena recopilación de contos procedente da zona de Aranga (provincia da Coruña). Procede da tradición oral rural e, polo tanto, non utiliza o galego normativo, ademais de usar falas locais e castelanismos.

Todos os contos son inéditos nas súas versións, aínda que dalgúns poidan existir outras versións escritas.

Os contos están igualmente recollidos nunha cinta de vídeo agás o último, do que non se realizou ningunha filmación por ser contado por unha persoa de idade avanzada con problemas na articulación da linguaxe.

Os títulos dos contos foron establecidos para facilitar a diferenciación dos mesmos, escolléndose o máis representativo de cada un deles.

Espero que disfruten con eles e boten unhas risas; xa que ao fin e ao cabo, para iso son os contos.

O RAPOSO E O GALO

En certa ocasión habíache un galo e mais un raposo e o galo estaba subido nunha póla, e pasou o raposo e díxolle:

- Oíche, ho! baixa pa’ baixo ho! que agora sómosche amigos e …

- Ai non, que me podes comer.

- Non ho! Ditou o Gobierno unha lei que non nos podemos facer dano uns aos outros e temos que ser todos amigos.

- Ai boeno, ho! –díxolle o galo -Pois mira, ben ves que parexa de cans veñen acolá. Espera aí ata que veñan e cando vos abracedes baixo pa’ baixo.

E o raposo, mirou pra acolá e esí que os veu dixo:

- Oíche, ho! Pois sabes que estou pensando? que as leis van e veñen, e voume a todo meter.

E botou a carreiras, e brincan os cans tras del, e empeza o raposo:

- Avanzade miñas chancas que neste mundo non hai máis que trampas!

Páxina 28

Page 30: Á sombra da muralla 16

Número 16 Á sombra da muralla

E despois, os cans, ao que o deixaron, deitouse de cansado a quita-las espiñas dos pes e a lambelos do que lle doían, e empezaba:

- Meus peíños, meus peás, se non forades vós comíanme os cás.

O APARATO DO SEÑOR CURA

En certa ocasión, viñan do estranxeiro un cura e mais un rapaz e o rapaz traía un aparato de radio pra lle regalar á irmá e cando chegaron a aduana, que daquela cobraban na aduana por pasar cousas, díxolle o rapaz ao crego:

- Señor crego, e vostede poderame pasar este aparato de radio, que o levo pra unha irmá miña e a usté non lle cobran nada e non o rexistran?

E díxolle o crego:

- Podo, ho! Pero eu teño que contar a verdade, que o levo.

E dixo o rapaz:

- Boeno! ...

- Trae pra aquí -dixo o crego.

E doulle o aparato e colgouno debaixo da sotana, no cinto.

E entonces pasou primeiro o rapaz pola aduana e non levaba nada e non lle pasou nada.

E pasou o crego e díxolle o guardia:

Señor cura, e usté que leva, oh?

E díxolle o cura:

- Pois mire, da cintura pa’ riba non levo nada e da cintura pa’ baixo levo o aparato.

E díxolle o guardia:

- “Pa’ su madre”!

E díxolle o crego.

- Non, non é pra miña mai, é prá irmá deste.

Páxina 29

Page 31: Á sombra da muralla 16

Á sombra da muralla número 16

A DESPEDIDA DO CREGO

Había unha vez, nun pueblo, un cura que levaba alí moitos anos, xa non era moi novo, e destinárono pra outro lado, e entón, cando se ía pra coller o tren, foron os pequenos todos do pueblo pa’ despedirse del alí. E ao que subeu ao tren, pola ventanilla, berrábanlle os nenos:

- Adiós padre, adiós padre!

e entón dicía el así caladiñamente, pa’ el:

– Boeno, de todos, de todos non, pero da maior parte …!

AS TRES MOZAS

Unha vez, era un mozo e tiña tres mozas e gustábanlle as tres; e entón díxolle á mai:

- Como hei facer, que me gustan as tres?

E díxolle:

- Oíche, pois invítaas a comer á casa. Traes un día unha a comer e póñolle un queixo.

Á primeira púxolle un queixo e a moza parouno1 moi gordo.

Outro día invitou outra e púxolle outra vez o queixo e cortouno e comeuno sen o limpar.

E despois, outro día invitou á terceira, e rascouno moi rascadiño e comeuno.

E díxolle a mai ao rapaz:

- A que che convén é esta, nin estraga a vida e máis é limpa. E casouse coa que lle dixo a mai e foron felices e comeron perdices.

1 Pelouno.

Páxina 30

Page 32: Á sombra da muralla 16

Número 16 Á sombra da muralla

O RAPOSO E O LOBO

Era unha vez un señor, e fixo un pota de papas, e entón pasou por alí o raposo e mailo lobo. O raposo chamábase Pedro e o lobo chamábase Xan e quixeron comer as papas pero estaban moi quentes, e dixeron:

- Vámolas deixar enfriar un pouco. E fóronse un pouco e deixáronas a enfriar, pero o raposo, como era tan pillo, colleu e foinas comer. E entón dixo o señor:

- Quen me comeu as papas?

e dicíalle Pedro:

- foille Xan.

e dicíalle Xan:

- foi Pedro, eu non as comín.

E foi Xan, e foi Pedro … E díxolle o raposo:

- Oíche, pois vámonos deitar coa barriga ao sol e ao que primeiro lle sude a barriga é o que as comeu.

E tumbáronse ao sol, e claro, como Pedro é máis listo ca Xan, Xan quedouse durmido e vaise o raposo, levantou a perna e mexoulle pola barriga a Xan; e entón ao que lle acabou de mexar chamouno e díxolle:

- Oíches Xan, érguete, ho! Mira como che suda a barriga, mira quen comeu as papas!

E o señor colle un pau, brinca tras de Xan e Xan a carreiras todo canto daba e … escapou!. E o que comera as papas fora Pedro.

O RATO DO MONTE E O RATO DA CASA

Eran unha vez dous ratos que eran moi amigos, e un vivía no monte e o outro vivía na casa e o da casa estaba gordo e fino, que tiña moito que comer; e o do monte estaba máis flacucho. E entón, un día, díxolle o da casa ao do monte:

- Home! Vente pa’ xunto de min se queres, que alí temos moito de comer e pásalo mellor que aquí.

Páxina 31

Page 33: Á sombra da muralla 16

Á sombra da muralla número 16

E díxolle o outro:

- Si, pero ti tes alí un señor de bigotes, que eu aquel señor non me gusta nada.

- Nada, ho!, aquel señor non fai máis ca durmir, paseo por diante del e non…nada!, non fai máis ca durmir, non lle teñas medo ningún.

E díxolle o outro:

- Boeno, pois… vamos a ver, paséate por diante del haber como fai, e se non che fai nada, quédome.

E foi… e entón o da casa empezou a pasear por diante do gato, e o gato, dunha vez botoulle a pouta e papouno.

E dixo o do monte:

- Ai, compañeiro! Vóucheme pró monte, que val máis fraco no monte que gordo na casa.

E marchou pró monte e aló se quedou.

O TONTO E O LISTO

Éranse dous irmaus que vivían coa mai nunha aldea, e un era tonto e o outro era listo.

Chegou o día da feira e como o listo estaba moi ocupado, mandaron ao tonto a mercar un ranchiño á feira.

O tonto mercou o ranchiño e meteuno no peto da chaqueta. Como o ranchiño tentaba de sair do peto o tonto íballe empuxando coa mau pra baixo. Cando chegou á casa ensinoullo á mai.

- Pero que fixeches animal! Matáche-lo porco! –berroulle a mai-. Non ves que se o levas no peto afoga? Se o habías traer amarrado dunha pata a un cordello e irlle dicindo “Quino vete quino”!

Cando chegou o día da seguinte feira, a mai volveu mandar ao tonto a mercar un xarro de barro.

O tonto mercou o xarro e atoulle un cordello a unha asa, e polo camiño íalle dicindo “Quino vete quino”. Como o camiño estaba cheo de pedras ao chegar á casa, o tonto só levaba a asa.

- Pero parvo, se o habías traer agarradiño na mau! –díxolle a mai.

Páxina 32

Page 34: Á sombra da muralla 16

Número 16 Á sombra da muralla

Á seguinte feira había que ir mercar unhas agullas pra coser, e como estaban moi ocupados, volveron mandar ao tonto.

Él mercou as agullas e traíaas na mau con moito coidado. No camiño atopou uns homes aos que lles emborcara o carro co pan2, e pedíronlle ao tonto se lles axudaba a erguelo.

O tonto pousou as agullas no medio dun mollo e axudoulles aos homes. Cando remataron buscou as agullas pero non puido atopalas, e foise prá casa sen nada.

- Pero serás burro! Se as habías cravar na solapa da chaqueta! –berroulle a mai.

Chegou outra feira e mandaron ao tonto mercar un ferro pra o arado.

O tonto mercou o ferro e cravouno na solapa da chaqueta, pero como pesaba tanto rompeulle a chaqueta toda.

- Ai, desgraciado, mira que rompe-la chaqueta nova! Non voltas máis á feira –díxolle a mai.

Así que á seguinte feira foi o irmau listo, e díxolle ao tonto:

- Oiches, ho! Coida que non veña o gado come-lo centeo, e coida da mamá que non pase frío.

O tonto encendeu o forno e meteu dentro á mai mentres lle dicía:

- Aí si que has estar ben quentiña.

Despois foi sacar viño do pipote, pero caeulle a billa e o viño empezouse a derramar polo chan. Entón, pra que non se vertera tapou o furado co rabo do can. Ao pouco tempo veu o gado a comer no centeo e empezou a berrar:

- Torna, Pastor! Torna, Pastor!

O can ao sentilo berrar votou a correr polo prado abaixo, cara o gado, derramando todo o viño do pipote.

Como o chan estaba inundado o tonto puxo os bolos de pan coma se fosen chantos3 pra pasa-lo río, e pasou por riba deles.

D’alí a un pouco chegou o listo da feira, e atopouse con todo o desastre.

- Pero que fixéches, langrán? E onde está a mamá?

- Tranquilo, ho! Metina no forno pra que estivera ben quentiña. Mira que contenta está e como regaña os dentes.

2 Trigo segado, usualmente agrupado en mollos.3 Peares (pedras utilizadas para cruzar unha corrente de auga).

Páxina 33

Page 35: Á sombra da muralla 16

Á sombra da muralla número 16

- Criminal! Matáchela mamá! Ai, probiños de nós, que somos mortos! Temos que escapar daquí, antes de que chegue a Guardia Civil –choraba o listo-. Pecha a porta!

- Que dis, ho, que a leve?

- Pecha a porta!

- Que dis, ho, que a leve?

- Pecha a porta!

- Boeno, pois xa que me dis que a leve, vouna levar.

E marchou coa porta ao lombo. Ao cabo dun pouco viron vir uns homes que parecían escapados, e o listo díxolle ao tonto:

- Vamos subir a este carballo, antes de que nos vexan. Deixa a porta e estate calado.

- Que dis, ho, que a leve?

- Deixa a porta!

- Que dis, ho, que a leve?

- Deixa a porta!

- Boeno, pois xa que me dis que a leve, vouna levar.

E subeu ao carballo coa porta ao lombo. D’alí a un pouco chegaron os homes que resultaron ser uns ladróns, e como viñan cansos, sentáronse ao pé do carballo onde estaban os irmaus, e puxéronse a falar do roubo mentras facían a comida.

- Vaia por Deus, e non temos sal! –dixo un dos ladróns.

O tonto que estivera escoitando díxolle ao listo:

- Oíches, ho! Voulles mexar.

- Pero que dís? Estás tolo? Vannos matar!

- Pois xa que me dis que mexe, voulles mexar!

E mexoulles xusto enriba do pote do caldo. Os ladróns, ao ver caer o mexo, pensaron que era o sal, e decían:

- Ai, gracias a Deus! Xa témolo sal!

E seguiron a falar e a cociñar. Ao pouco dixo un:

- Vaia por Deus, e non temos unto!

Páxina 34

Page 36: Á sombra da muralla 16

Número 16 Á sombra da muralla

Entón díxolle o tonto ao listo:

- Oíches, ho! Voulles cagar!

- Nin se che ocorra! Desta si que nos matan!

- Boeno, pois xa que me dis que lles cague, voulles cagar!

Os ladróns ao sentir caer algo na pota, puxéronse moi contentos e dixeron:

- Ai, gracias a Deus! Xa témolo unto!

E seguiron a parolar mentres contaban os cartos roubados. Ao velos díxolle o tonto ao listo:

- Oíches, ho! Voulles ceibar a porta!

- Ai, desgraciado! Que desta non saímos vivos! Deixa a porta onde está!

- Pois xa que me dis que a tire, vouna tirar!

E chimpou a porta enriba dos cartos. Co susto os ladróns votaron a correr cada un cara un lado. Cando levaban correndo un bon cacho, atopáronse de novo, e dixo o xefe:

- Ten que volver un de nós pra ver que foi o que pasou e colle-los cartos.

Pero tiñan todos moito medo e ningún quería volver, así que o botaron a sortes. Tocoulle ir ao máis burro deles. Cando chegou atopou aos irmaus contando nos cartos, e berroulles pra que se fosen. O tonto acercóuselle e díxolle:

- Agora, vote a lingua que parece que ten unha cousiña branca nela.

O ladrón votou a lingua, e o tonto sacou do peto unha navalliña pequena e cortoulle a punta da lingua. O ladrón botouse a correr cara ós seus compañeiros mentres ía dicindo:

- Bla, bla, bla, bla, bla, bla,…

Os outros, ao velo tan asustado e non entenderlle o que dicía, pensaron que toleara, e votaron a correr escapando del, sen preocuparse máis polos cartos.

E o tonto e o listo quedaron cos cartos, gracias ao tonto, que no fondo non o era tanto.

Páxina 35

Page 37: Á sombra da muralla 16

Á sombra da muralla número 16

Novas que non aportan moito, pero que estás desexando saber

Isabel Alonso Vicente

A muller que vivía no armario

Un home xaponés, despois de decatarse de que sempre lle faltaba comida da neveira, atopouse con que unha muller descoñecida vivía no seu armario dende había meses. MESES!

O home, de 57 anos, instalou unha cámara de seguridade

para resolver o misterio. Cando viu as imaxes da muller paseando pola casa coma se fora a súa, chamou á policía. A resposta que obtivo foi “Rexistramos a súa vivenda e atopamos a unha muller instalada no seu armario”.

A muller, Tatsuko Horikawa, de 58 anos, vivía escondida na parte superior do armario, apenas suficientemente grande para albergar a unha persoa deitada, onde puxera un colchón e varias botellas de auga. A muller explicou á policía que “non tiña onde vivir e que levaba vivindo alí desde había un ano, aínda que non todo o tempo”.

A muller foi detida e a policía sospeita que pode ter instalados máis escondites no resto do barrio.

A palabra máis longa do mundo

A palabra máis longa do mundo é lentokonesuihku-

Páxina 36

Page 38: Á sombra da muralla 16

Número 16 Á sombra da muralla

turbiinimoottoriapumekaanikkoal-iupseerioppilas, que é un rango das forzas aéreas finesas.

As segundas partes nunca foron boas

Ultimamente Hollywood estase a quedar sen ideas, e teñen que tirar do repertorio que xa utilizaron. Estes son algúns dos títulos que nos esperan...Desexando velas ou rezando porque non se carguen a primeira??

The Brazilian Job Yo, Robot 2 Soy Leyenda 2 Toy Story 3 Jeepers Creepers 3 Shrek 4 (tecnicamente é a

5ª se contades a de Nadal) Transporter 3 Silent Hill 2 The Desent 2 Ice Age 3 Los Intocables: Capone Rising La Momia 3 El Castigador 2 Ave Ventura 3 (pero cantos anos hai desa pelicula?)La Guerra de los Mundos 2 (Spielberg quédase sen ideas)Jurassic Park 4 Scary Movie 5 (Nunca van acabar?)Saw 5 Donnie Darko 2 High School Musical 3 (Noooooooooooooooooooooooooooon)Rambo 5 (Levaremos ao cine

Páxina 37

Page 39: Á sombra da muralla 16

Á sombra da muralla número 16

aos nosos netos a ver Rambo 24)Destino Final 4 A Todo Gas 4 Underworld 3

In God We Trust

Steve Kreuscher quere que un xuíz lle permita mudar o seu nome legalmente. Quere ser coñecido como In God We Trust (En Deus Confiamos).

Kreuscher (que se le algo así coma “croishir”) di que o seu novo nome simbolizaría a axuda que Deus lle de unas súas etapas máis difíciles.O home de 57 anos tamén dixo ao diario Herald que

está preocupado de que os ateos consigan quitar a frase “En Deus Confiamos” da moeda de EEUU.

A Igrexa pode estar contenta.

Kurt Cobain… Secuestrado!!!!!!!!!!!!

Non, non estou tola, nin penso que Kurt Cobain leva mas de 10 anos secuestrado…Roubaron as cinsas de Kurt Cobain.

Parece ser que alguén entrou na casa de súa viúva, Courtney Love, e

Páxina 38

Page 40: Á sombra da muralla 16

Número 16 Á sombra da muralla

robou a bolsa con forma de osiño de felpa rosa na que as cinsas estaban gardadas.(Que digo eu… menudo sitio para gardar as cinsas do teu difunto marido…)

Tamén roubaron algunhas xoias e roupa.

A viúva declarou: “Non podo crer que alguén levara as cinsas de Kurt do meu lado. Estou desesperada e agora mesmo suicida. Se non consigo atopalas, non sei o que podo chegar a facer.”

Parte das cinsas no líder de Nirvana foran esparexidas preto

da súa casa en Washington e tamén cerca do templo budista de Nova York.

Páxina 39

Page 41: Á sombra da muralla 16

Á sombra da muralla número 16

Consello de redacción:

Alberto Castiñeira LageAndrea Fraga CaoFrancisco Xavier Souto AresJavier Carrazana BlancoNoemí García RodríguezSandra Gutiérrez Fernández

Directora:

Isabel Alonso Vicente

Páxina 40

Page 42: Á sombra da muralla 16