A saúde é un dereito

1
OS RECORTES MATAN! Dixémolo e repetímolo as veces que sexa necesario: a saúde é un dereito, non un negocio. Cando o Partido Popular pon en marcha políticas que deterioran, desmantelan e privatizan a sanidade pública galega faino de xeito planificado, e é consciente das consecuencias que teñen esas decisións. Os recortes matan. Literalmente. E estámolo a ver. Porque estamos a padecer a aplicación dunha opción ideolóxica: a de quen considera que todo é campo desexábel para o lucro privado, mesmo aqueles dereitos que -como a atención sanitaria- son os que garanten a vida digna das persoas. O Goberno de Núñez Feijoo actúa claramente en consonancia con esta opción: reduce os orzamentos públicos, elimina máis de 2000 profesionais do sistema público galego, obriga ao repagamento de medicamentos, pon en mans privadas cada vez máis servizos do Sergas, reduce o número de camas dos nosos hospitais... As consecuencias son coñecidas: colapsos en urxencias, atención deficiente ás persoas enfermas, peche de camas, sobrecarga laboral das e dos traballadores, aumento das listas de espera ou, de forma especialmente cruel e evidente, denegación de tratamentos a persoas con doenzas graves como os de hepatite C ou oncolóxicas. Estase a pór en risco a nosa vida e a nosa saúde para que uns poucos fagan negocio da enfermidade. Os recursos da sanidade pública, a de todas e todos, están a ser postos ao servizo do enriquecemento de intereses privados. E estase a castigar con recortes e repagamentos aos segmentos da poboación máis vulnerábeis. No BNG cremos que hai que lle facer fronte. Alí onde temos opcións, facémosllo directamente. Concellos como o de Riotorto lideraron e impulsaron a batalla pola defensa da sanidade pública, e estamos como BNG nas plataformas e movementos cos que compartimos esta loita. Non hai outro camiño. Temos que defender os nosos dereitos, e os das xeracións que veñen detrás. Temos que defender o dereito a unha vida digna. Porque a saúde é un dereito, non un negocio. A SAÚDE É UN DEREITO bng.gal

Transcript of A saúde é un dereito

OS RECORTESMATAN!

Dixémolo e repetímolo as veces que sexa necesario: a saúde é un dereito, non unnegocio. Cando o Partido Popular pon en marcha políticas que deterioran,desmantelan e privatizan a sanidade pública galega faino de xeito planificado, eé consciente das consecuencias que teñen esas decisións. Os recortes matan. Literalmente. E estámolo a ver. Porque estamos a padecer aaplicación dunha opción ideolóxica: a de quen considera que todo é campodesexábel para o lucro privado, mesmo aqueles dereitos que -como a atenciónsanitaria- son os que garanten a vida digna das persoas. O Goberno de Núñez Feijoo actúa claramente en consonancia con esta opción:reduce os orzamentos públicos, elimina máis de 2000 profesionais do sistemapúblico galego, obriga ao repagamento de medicamentos, pon en mans privadascada vez máis servizos do Sergas, reduce o número de camas dos nosos hospitais...As consecuencias son coñecidas: colapsos en urxencias, atención deficiente áspersoas enfermas, peche de camas, sobrecarga laboral das e dos traballadores,aumento das listas de espera ou, de forma especialmente cruel e evidente,denegación de tratamentos a persoas con doenzas graves como os de hepatite Cou oncolóxicas. Estase a pór en risco a nosa vida e a nosa saúde para que uns poucos fagannegocio da enfermidade. Os recursos da sanidade pública, a de todas e todos,están a ser postos ao servizo do enriquecemento de intereses privados. E estase acastigar con recortes e repagamentos aos segmentos da poboación máisvulnerábeis. No BNG cremos que hai que lle facer fronte. Alí onde temos opcións, facémosllodirectamente. Concellos como o de Riotorto lideraron e impulsaron a batalla poladefensa da sanidade pública, e estamos como BNG nas plataformas emovementos cos que compartimos esta loita. Non hai outro camiño. Temos quedefender os nosos dereitos, e os das xeracións que veñen detrás. Temos quedefender o dereito a unha vida digna. Porque a saúde é un dereito, non unnegocio.

A SAÚDEÉ UN DEREITO

bng.gal