A Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividades

15
Unidade Didáctica 3 o ciclo de Primaria A Ría de Pontevedra A sociación Pola Defensa da Ría Caderno de observacións e actividades José Ramón Hermida

description

Unidade Didáctica 3º ciclo de primaria. A Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividades

Transcript of A Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividades

Page 1: A Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividades

Unidade Didáctica

3o ciclo de Primaria

A Ría de Pontevedra

A sociación Pola D efensa da R ía

Caderno deobservacións e actividades

José Ramón Hermida

Page 2: A Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividades

SAÍDAS DE ALTURA

Este mapa comprende a ría de Pontevedra:

1. Sinala cunha cruz vermella onde está aproximadamente o teu colexio.

2. Pinta de cor azul escuro a superficie da ría de Pontevedra.

3. Rodea as illas da Ría de Pontevedra que están protexidas dentro do Parque Nacional das Illas Atlánticas?

As Illas Cíes As Illas Ons Sálvora

4. Sinala no mapa: Cuspedriños, o miradoiro do Castrove e o miradoiro de Cotorredondo

5. Une con rectas os tres puntos de observación

Page 3: A Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividades

• Rodea no mapa, cun rotulador vermello, a illa de Tambo.

• Que son os puntos negros que están aliñados sobre a auga do mar?

• Para que se usan?

• Conta cantos hai nun polígono?

• Cantos polígonos ves?

• Onde están situados?

Máis afora de Tambo ? Máis o interior de Tambo?

Por que están aí. Razoa a túa resposta (salinidade, movemento de augas, alimento):

• Cantos litros de auga filtra un mexillón ó día: ___________

Page 4: A Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividades

SAÍDAS DE NIVEL BASE

Observamos animais e plantas

Que animais salvaxes, árbores e matogueiras viches, na ría ou na súa contorna, no tempo que durou a saída:

M a míferos Te r r e s t r e s A c u á t ic o s Lugar

Aves

Réptiles

Anfibios

P eixes

Page 5: A Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividades

Outras observacións:

Árbores

Invertebra dos

Árboresde ribeira

Arbus tose ma tog ueira s

Page 6: A Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividades

A RECOLLER!• Facede equipos de catro e recollede lixo durante 20 minutos na area da praia. • Non recollades na beira as cousas que trae a marea. • Metede todos os refugallos no saco.

Clasificade o lixo recollido segundo esta táboa

Plásticos Metais Vidro Papel Restos de Hixiene

Cabichas de pitillos

Outros

Cerrade os sacos e levádeos para o colexio.

Non esquezades poñer as luvas protectoras.

Na praia

Page 7: A Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividades

Auga doce Auga Salgada, Area e Temperatura

Por que se chama praia fluvial de Monteporreiro?

O profesor/a recolleu unha botella de auga da praia fluvial de Monteporreiro e púxolle unha etiqueta. Que letra ten a etiqueta?

Que aspecto ten a auga da botella?

Fixo o mesmo cunha botella en:

Que letra ten a etiqueta?

Que aspecto ten esta auga?

Marca neste mapa os puntos A e B de recollida de mostras de auga

RECOLLEMOS MOSTRAS DE AREA DA MESMA ZONA DA PRAIA

Na praia Fluvial de Monteporreiro tamén recollemos en botella unha mostra de area. Etiquetamos a botella co número .

Que aspecto ten a area?

Na praia de ____________ tamén recollemos area da praia. Etiquetámola co número

Que aspecto ten a area?

TOMAR A TEMPERATURA SUPERFICIAL DA AUGA NA MESMA ZONA

Praia fluvial _____ º Praia de Lourido _-__º Praia de Areas____º

A

1

1

2

Page 8: A Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividades

DE AULA

Plántate

Dende ben pequeno, a miña nai dicíame: “Agárrate ben á terra, non andes coas raíces no aire” Que razón tiña. Agora cun pouco máis de sentido entendo a frase. Desculpade, que maleducado, non me presentei; o meu alcume é Landras, teño quince anos e para esta idade son baixiño con respecto aos meus compañeiros. Pois eu vivo na carballeira do San Xusto. Era un sitio fermoso.... cun río de augas transparentes e cristalinas, con ras croando e peixes chimpando fóra da auga. Máis hai pouco, a transparencia da auga mudou a un marrón castaña, que non deixa ver os pelouros do fondo nin os cágados medrar. Infectouse de barro. A nosa vida cambiou dende aquela. Cóntovos: A mediados do verán do ano, xa pasado, os incendios ameazaron os nosos fogares e máis o das criaturas que nos habitan. Moitos familiares meus faleceron, como leña, con aquelas laparadas vermellas. Os meus pais e algúns dos meus irmáns sobrevivimos grazas a estarmos situados no alto dun monte. Pero o peor de todo, foi

estar colocados alí, sentíndonos impotentes ante a dor dos outros...mentres viamos caer os seus corpos; inertes, chamuscados, indefensos tras aquelas ondas quentes. Choramos todos; moita sabia escorregaba pola nosa codia. Con tanta bágoa, entristecemos ás nubes e elas acompañáronnos na nosa tristura, e choveron e choveron. Tanto que fixeron escorregar polo val as cinzas, os troncos, as pólas, a terra e os

cadáveres dos nosos. Por moi agarradas que tiñamos as raíces, non eramos suficientes os superviventes como para chuchar tanta auga e suxeitar os refugallos do incendio. Daquela, todo chegou ó río, ensuciándoo, e quitándolle a vida. Canta razón tiña miña nai. Pero xa somos poucos e cada vez menos... Que vai ser

da natureza sen carballos coma min, que procuramos o ben do val e da ría? Non o sei, mais non estou disposto a quedar para comprobalo.

Noela Hermida Area 8-11-08

Faslle caso ó que che di túa nai?

Que lle dicía a nai a Landras?

Que fan os carballos e demais árbores do bosque coa terra dos montes?

Enumera algunhas consecuencias dos incendios?

Page 9: A Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividades

... E TI, QUE APELIDOS TES ?

Abadexo, Abalo, Áncora, Area, Areal, Buceta, Conchado, Concheiro, Cons, Coruxo, Costas, Dacosta, Decabo, Docabo, Dorna, Fragata, Garza, Mariño, Mariñas, Mariños, Pato, Porto, Raño, Raxó, Ribademar, Ribeira, Rumbo, Salgado, Salinas, Sardiña, Seca, Solla.

Que teñen en común estes apelidos?

Nesta páxina da Universidade de Santiago:

http://servergis.cesga.es/website/apelidos/viewer.asp procurade a distribución por concellos

dalgúns destes apelidos relacionados co mar. Por exemplo o apelido Area lévano 996

persoas e ten esta distribución en Galicia.

A maioría, son concellos mariñeiros ou do interior?

Mira nesta páxina Web: ( http://www.concellos.info/mapa.php?id=4 ) e anota aquí o

nome dos 6 concellos que teñen apelidos Area e rodean a ría de Pontevedra.

Como é que algúns Area tamén aparecen en concellos do interior? Razoa.

Page 10: A Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividades

... E TI, DE QUEN VÉS SENDO ?

Busca nas páxinas, máis arriba indicadas, e imprime un mapa de calquer apelido. Logo pégalo

aquíA P E L I D O : _ _ __ ___________

Abadexo, Abalo, Áncora, Area, Areal, Buceta, Conchado, Concheiro, Cons, Coruxo, Costas, Dacosta, Decabo, Docabo, Dorna, Fragata, Garza, Mariño, Mariñas, Mariños, Pato, Porto, Raño, Raxó, Ribademar, Ribeira, Rumbo, Salgado, Salinas, Sardiña, Seca, Solla.

Clasifica estes apelidos na seguinte táboa:

Animais Embarcacións Accidentes

xeográficos

Oficios Outros

Page 11: A Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividades

Como cheira aquí !

Localiza Marín no mapa e rodéao cun rotulador verde.

Rodea Pontevedra co mesmo rotulador.

Rodea, no mapa, cun rotulador vermello as instalacións do porto de Marín.

Rodea co mesmo rotulador os terreos que ocupa a fábrica de pasta Ence-Elnosa

Que pensas que é a liña amarela que está pintada no mapa? Observa de onde sae.

A frecha de dobre punta indica os ventos dominantes nese tramo da ría.Se o vento ven do SurOeste, que cres que ocurre cos fumes da fábrica de pasta?

Se o vento ven do NordÉs, quen cres que cheiran os fumes da fábrica de Lourizán?

Cres que está ben situada a fábrica pasteira tan cerca de dúas cidades?

SO

NE

Page 12: A Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividades

Desde a praia ata a clase

Facede un mural, na hora de plástica, usando o refugallo traído da praia, Usade só o que se poida pegar. Logo expoñédeo nun lugar visible no colexio. Poñédelle un slogan.

Slogan:

Un tempo despois sustituide os materiais de refugallo por unhas fermosas toallas e parasoles deseñados por vós con moito colorido e pegádeo no mural. Inventade outro slogan.

Slogan:

Observa a través dunha lupa binocular as mostras de area das praias.

Describe as areas da Praia fluvial de Pontevedra. (cor, grosor dos grans, tipo de materiais)

Describe as areas da Praia de Areas.

Que diferencias hai entre as da Praia Fluvial de Pontevedra e as da praia de Areas?

Page 13: A Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividades

O teu profesor/a botou, despois de filtrala, parte da auga de cada botella nunha bandexa escura coa mesma etiqueta e deixouna evaporar durante varios días preto do radiador.

Despois de evaporarse a auga nas dúas bandexas, que observas en cada unha?

Raña cun obxecto o fondo da bandexa onde atopaches algo, toca cun dedo esa substancia e proba a que sabe.Que substancia é?

B :

A :

A B

Recolle algúns cristais e obsérvaos a través dunha lupa binocular.

Intenta debuxalos.

Page 14: A Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividades

Mirando de novo o mapa, e onde están as letras, de recollida, escribe unha explicación do tipo de augas que hai ó longo da ría. (Podes preguntarlle ó profesor/a)

Viven os mesmos animais nas augas doces (xunqueiras e ríos) que nas augas salgadas da ría?

Animais de augas doces:

Animais de augas salgadas:

Con este procedemento de evaporar a auga do mar, funcionaban as salinas de A Lanzada, de Vilaboa ou as de Aveiro en Portugal

( foto1) a de San Pedro en Murcia (foto 2).

As salinas non son outra cousa que bandexas de grande superficie onde se

deixa entrar a auga do mar nunha especie de estanques de pouca profundidade para que o sol evapore a auga e quede depositado o sal. Logo é recollido (foto 1), almacenado e por último véndese.

Este é un método moi económico e antiquísimo de obtención de sal para cociñar e salgar os alimentos para conservalos.

Page 15: A Ría de Pontevedra. Caderno de observacións e actividades

Decálogo medioambiental da Ría de Pontevedra

Razoa o 1ºe 2º e 3º puntos do decálogo.

Pon en positivo os puntos do decálogo que están en negativo (que teñan a palabra non)