A representación da realidade galega na Televisión de Galicia ......en 1 h.24’11” de contidos...

6
A representación da realidade galega na Televisión de Galicia Xosé Soengas e Ana Isabel Rodríguez 1 Este estudio é resultado dun proxecto de investigación do Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, no que se analizan os contidos dos informativos. Para esta comunicación en concreto tomouse como obxecto de estudio a Televisión de Galicia, e analizáronse os informativos do mes de novembro de 2003, utilizando o método da semana composta. O resultado da investigación é ben ilustrativo. A visión que da a Televisión de Galicia da nosa comunidade a través dos seus informativos non reflicte a auténtica realidade política, económica e social do país e, polo tanto, a emisora non cumple o papel de servicio ós cidadáns que lle corresponde a un medio de comunicación público. O tratamento informativo dos contidos dos Telexornais está orientado para fabricar unha imaxe irreal do país, silenciando ou deformando aqueles acontecementos que perxudican á Xunta de Galicia e, ó mesmo tempo, potenciando todos aqueles feitos que engrandecen ó Goberno do PP ou que desgastan á oposición. A falta de pluralidade informativa reflíctese no tratamento desigual que se lles da ós diferentes suxeitos informativos, en función da súa afinidade coa liña política gobernante, tanto desde o punto de vista cualititativo como cuantitativo. O organigrama establecido e as rutinas implantadas nos procesos de producción da información da TVG fomentan o control absoluto dos contidos desde os postos directivos, impedindo ós redactores a posibilidade de traballar con liberdade, especialmente naquelas noticias que se consideran delicadas, maiormente as de índole política. O necesario control de calidade que lles corresponde facer ós directivos case sempre deriva nun control político, cumplindo indicacións precisas do Goberno sobre o tratamento que se lles debe dar a determinados feitos, extralimitando así as funcións propias dun xornalista. O tratamento estético dos contidos da TVG segue os mesmos criterios, sempre encamiñado a favorece-la imaxe das personas próximas ó poder e a deteriora-la daqueles sectores que exercen como oposición. A desigualdade de trato que reciben os diferentes líderes políticos e mailos diversos sectores socioeconómicos é evidente. Moitas veces a imaxe convírtese nun aliado do texto para reforza-la censura ou ese enfoque artificial encamiñado a construir un discurso predeterminado. O fomento dos tópicos costumbristas e a implantación dunha liña conservadora ensombrecen os aspectos comprometidos, contestatarios, novidosos e progresistas que case nunca son recollidos nos informativos porque chocan coa política conservadora do Goberno. Como resultado desta liña informativa, a sociedade galega recibe, a través da Televisión de Galicia, unha imaxe sesgada e uniforme que corresponde ás liñas xerais de actuación da Xunta de Galicia e que non reflicten a auténtica realidade da sociedade galega. Así, a TVG deixa de cumplir as funcións propias dun medio de comunicación público e perde a súa esencia ó poñerse ó servicio do Goberno da Xunta de Galicia. En termos absolutos e porcentuais, e según os datos obtidos das unidades informativas (100 pezas) e tempos analizados (2 h. 34’28”), pódese deducir que, como era de esperar, o peso informativo de Galicia nos noticieros da TVG é predominante (54% das pezas e 52% do tempo) fronte ó resto de contidos de carácter nacional (35% das noticias e 30% do tempo) e mesmo internacional (11% de pezas e 18% do tempo). Desde este punto de vista, pódese dicir que a TVG sí que cumple unha das súas funcións que é a de dar prioridade á información da

Transcript of A representación da realidade galega na Televisión de Galicia ......en 1 h.24’11” de contidos...

Page 1: A representación da realidade galega na Televisión de Galicia ......en 1 h.24’11” de contidos sobre Galicia, 49’26” nacionais e 29’54” internacionais. Analizando a estructura

173ECONOMIA E POLÍTICAS DA COMUNICAÇÃO

A representación da realidade galega na Televisión de GaliciaXosé Soengas e Ana Isabel Rodríguez1

Este estudio é resultado dun proxecto deinvestigación do Departamento de Cienciasda Comunicación da Universidade deSantiago de Compostela, no que se analizanos contidos dos informativos. Para estacomunicación en concreto tomouse comoobxecto de estudio a Televisión de Galicia,e analizáronse os informativos do mes denovembro de 2003, utilizando o método dasemana composta. O resultado dainvestigación é ben ilustrativo.

A visión que da a Televisión de Galiciada nosa comunidade a través dos seusinformativos non reflicte a auténtica realidadepolítica, económica e social do país e, polotanto, a emisora non cumple o papel deservicio ós cidadáns que lle corresponde aun medio de comunicación público. Otratamento informativo dos contidos dosTelexornais está orientado para fabricar unhaimaxe irreal do país, silenciando oudeformando aqueles acontecementos queperxudican á Xunta de Galicia e, ó mesmotempo, potenciando todos aqueles feitos queengrandecen ó Goberno do PP ou quedesgastan á oposición.

A falta de pluralidade informativareflíctese no tratamento desigual que se llesda ós diferentes suxeitos informativos, enfunción da súa afinidade coa liña políticagobernante, tanto desde o punto de vistacualititativo como cuantitativo.

O organigrama establecido e as rutinasimplantadas nos procesos de producción dainformación da TVG fomentan o controlabsoluto dos contidos desde os postosdirectivos, impedindo ós redactores aposibilidade de traballar con liberdade,especialmente naquelas noticias que seconsideran delicadas, maiormente as de índolepolítica. O necesario control de calidade quelles corresponde facer ós directivos casesempre deriva nun control político, cumplindoindicacións precisas do Goberno sobre otratamento que se lles debe dar a

determinados feitos, extralimitando así asfuncións propias dun xornalista.

O tratamento estético dos contidos daTVG segue os mesmos criterios, sempreencamiñado a favorece-la imaxe das personaspróximas ó poder e a deteriora-la daquelessectores que exercen como oposición. Adesigualdade de trato que reciben osdiferentes líderes políticos e mailos diversossectores socioeconómicos é evidente. Moitasveces a imaxe convírtese nun aliado do textopara reforza-la censura ou ese enfoqueartificial encamiñado a construir un discursopredeterminado.

O fomento dos tópicos costumbristas ea implantación dunha liña conservadoraensombrecen os aspectos comprometidos,contestatarios, novidosos e progresistas quecase nunca son recollidos nos informativosporque chocan coa política conservadora doGoberno.

Como resultado desta liña informativa, asociedade galega recibe, a través da Televisiónde Galicia, unha imaxe sesgada e uniformeque corresponde ás liñas xerais de actuaciónda Xunta de Galicia e que non reflicten aauténtica realidade da sociedade galega. Así,a TVG deixa de cumplir as funcións propiasdun medio de comunicación público e perdea súa esencia ó poñerse ó servicio do Gobernoda Xunta de Galicia.

En termos absolutos e porcentuais, esegún os datos obtidos das unidadesinformativas (100 pezas) e tempos analizados(2 h. 34’28”), pódese deducir que, como erade esperar, o peso informativo de Galicia nosnoticieros da TVG é predominante (54% daspezas e 52% do tempo) fronte ó resto decontidos de carácter nacional (35% dasnoticias e 30% do tempo) e mesmointernacional (11% de pezas e 18% do tempo).Desde este punto de vista, pódese dicir quea TVG sí que cumple unha das súas funciónsque é a de dar prioridade á información da

Page 2: A representación da realidade galega na Televisión de Galicia ......en 1 h.24’11” de contidos sobre Galicia, 49’26” nacionais e 29’54” internacionais. Analizando a estructura

174 ACTAS DO III SOPCOM, VI LUSOCOM e II IBÉRICO – Volume III

comunidade autónoma. Precisamente asprincipais razóns que se argumentaron no seumomento cando se crearon as televisiónsautonómicas foron a contribución ánormalización linguística e preservar asidentidades culturais fronte ós contidosxeneralistas de TVE, onde quedaban moimermadas todas aquelas informacións que tiñanun interés específico para unha comunidade,pero que non acadaban a suficiente entidadeinformativa como para interesar a unhatelevisión estatal. Pero este cumplimento é sóaparente, porque aínda que a informaciónreferente a Galicia é a que ten maior presencia,esta porcentaxe, como se verá logo, ten unscontados ben definidos, a veces monocolor, quenon reflexan a pluralidade política nin adiversidade cultural que hai en Galicia.

Un simple análise cuantitativo non permiteapreciar tódalas particularidades que logo seatopan cando se fai un despecepormenorizado, atendendo xa ós contados, ósenfoques informativos e ó tratamentoespecífico de cada noticia. Por exemplo, aíndaque nalgúns casos a presencia dos partidosnos telexornais é equitativa, logo prodúceseo desequilibrio no tratamento informativo, xaque o tratamento de tódalas informacións

referentes ó PP e máis ó Goberno da Xuntareflexan claramente a afinidade política daTVG. E esta política informativa compróbasedoblemente ó analizar todos aqueles temasrelacionados cos partidos da oposición,especialmente co PSOE.

Nos temas que non son de índole políticatamén se aplican criterios semellantes. Existeunha tendencia a potenciar aquelasinformacións que, indirectamente, favorecena imaxe do Goberno da Xunta ou ben queperxudican á oposición.

Os temas que non interesan ó Gobernoda Xunta, ben por razóns políticas,económicas, ideolóxicas ou inclusoestratéxicas son directamente silenciados.

Esta é outra das razóns polo que se apreciaunha reiteración temática, facendo un énfasisextraordinario en determinados feitos, mentrasque non aparecen recollidos outros aspectosque configuran a realidades política,económica e social galega. Por exemplo, nonse fai referencia a problemas ecolóxicos, áprecariedade dalgunhas infraestructuras,especialmente as autoestradas e as vías férrease tampouco se analiza a difícil situacióndalgunhas zonas rurais ou as consecuenciasda desindustrialización.

Ámbito xeográfico da información (nº pezas)

Ámbito xeográfico da información (tempo)

Page 3: A representación da realidade galega na Televisión de Galicia ......en 1 h.24’11” de contidos sobre Galicia, 49’26” nacionais e 29’54” internacionais. Analizando a estructura

175ECONOMIA E POLÍTICAS DA COMUNICAÇÃO

Das 100 informacións estudiadas, 54pezas tratan temas galegos, 35 nacionais e11 internacionais, o que en tempos se traduceen 1 h.24’11” de contidos sobre Galicia,49’26” nacionais e 29’54” internacionais.

Analizando a estructura dos informativosda TVG no mes de novembro de 2003,obsérvase que a maior concentración temáticase produce en torno á sección de Sociedadecun 52% das noticias e un 53% do tempoobservado. Cómpre destacar que se consideranincluidos os sucesos que equivalen a 35% daspezas da sección. O segundo bloque temáticode maior importancia nos telexornais da TVGcorresponde ós asuntos políticos co 35% daspezas e do tempo analizados. Por últimoinclúense as seccións de Economía (10% dasinformacións e 9% do tempo) e de Culturacon apenas presencia nestes noticieiros (3%).

O desequilibrio entre as seccións éevidente. Resulta significativo, por exemplo,a pouca importancia que se lle da á cultura,

ó que se traduce nunca presencia nostelexornais casi testemuñal, cando enrealidade, como xa se mencionou antes, unhadas razóns da creación das televisiónsautonómicas foi precisamente o fomento dacultura e a conservación das identidades.

Este desquilibrio temático, en certamedida, ven derivado dunha inerciaestablecida que consiste en priorizar dun xeitosistemático as noticias de contido políticoainda que moitas veces carezan de interésinformativo. O actual sistema defuncionamento dos medios púiblicos, ondeos partidos políticos, extrapolandoinxustificadamente unha normativa creadapara espacios de propaganda electoral esixencase diarimente unha presencia proporcionala súa representación parlamentaria,desnaturaliza os contidos dos telexornais, poiseste criterio obriga a descartar temasinteresantes para poder incluir informaciónscompletamente rutinarias.

Estructura informativa: seccións (noticias)

Estructura informativa: seccións (tempo)

Page 4: A representación da realidade galega na Televisión de Galicia ......en 1 h.24’11” de contidos sobre Galicia, 49’26” nacionais e 29’54” internacionais. Analizando a estructura

176 ACTAS DO III SOPCOM, VI LUSOCOM e II IBÉRICO – Volume III

Analizando as seccións, destacan:Sociedade con 52 pezas e 1h.22’29” (delas,18 pezas son de sucesos, con 14’28”); Política(35 pezas e 53’22”), Economía (10 pezas e13’04”) e Cultura (3 pezas e 4’06”).

Facendo unha prospección específica doscontidos de carácter político, como principalmotivo de análise desta comunicación,obsesérvase unha presencia desigual dosdiferentes partidos políticos e institucións nosnoticieiros da TVG, moitas veces sen atopar unelemento obxectivo que xustifique esa diferencia.

De novo empregando unha técnicadescriptiva en temos absolutos en canto ósdatos obtidos da observación dos informativostelevisivos, pódese deducir que a presencia

da política galega con respecto á políticanacional ou internacional queda mermada encanto a número de pezas e minutos deinformación ofrecidos (46% das pezas e 36%do tempo do bloque político). Datos que nestecaso concreto contradín o inicialmenteafirmado sobre a presencia global da realidadegalega claramente superior a contidos de cortenacional ou internacional. Motivo de análisepormenorizado é, polo tanto, o por qué damenor presencia da política galega nestesnoticieiros, fronte á política nacional einternacional, dun lado; e doutro, oprotagonismo das diferentes forzas políticas,do goberno da Xunta e das instituciónsgalegas.

Presencia da política galega na información da TVG (pezas)

Presencia da política galega na información da TVG (tempo)

Gráficos que trasladan a termosporcentuais datos absolutos sobre a presenciada Política galega (16 pezas e 19’33”), e daPolítica nacional e internacional (19informacións e 34’) nos informativos da TVG.

Cómpre precisar que, aínda quemaioritaria (31% do tempo do bloquepolítico), a información institucional adquireespecial relevancia na mostra analizadadebido á conmemoración dunha efemérideconcreta como o 25 aniversario daConstitución española. Destaca, pola contra,a superior presencia do BNG (26%) sobreo Goberno galego (16%), o PSdeG-PSOE

(11%) e o PPdeG (16%). Pero estesporcentaxes, que poderían aparentar unhacerta pluralidade, contradinse logo coenfoque informativo aplicado a cada partidopolítico, que, en realidade, é donde seadvirten as verdadeiras tendencias e ondequeda reflexada a política informativa daTVG.

A análise tamén variaría lixeiramente óadoptarse unha medición relativa,considerando nun bloque unitario o tempoconcedido ó PP, ó Goberno da Xunta e ásinstitucións por canto se atopa un trasfondopolítico monocolor fronte á oposición.

Page 5: A representación da realidade galega na Televisión de Galicia ......en 1 h.24’11” de contidos sobre Galicia, 49’26” nacionais e 29’54” internacionais. Analizando a estructura

177ECONOMIA E POLÍTICAS DA COMUNICAÇÃO

Presencia dos partidos, Goberno e institucións na información política galega(tempo)

o PPdeG pasa a se-la forza claramentedominante na información política diaria dacanle autonómica que, ademáis, ofrece untratamento desigual ós líderes políticos, porcanto os representantes da oposición apenasaparecen de xeito directo (non hai apenasdeclaracións dos líderes do PSdeG-PSOE nindo BNG), fronte á presencia directa de líderesdo PPdeG relacionados con tarefas degoberno; do que se deduce que a imaxepública que se traslada desde a TVG ásociedade galega sobre PPdeG se fai entermos claramente positivos (eficacia dexestión, propostas, poder, etc.), fronte á imaxeque se ofrece dos partidos na oposición(propostas e líderes silenciados, problemasinternos desde o punto de vista partidista,etc.).

Á marxe da manipulación xa referida,pódese concluir que os informativos da TVGconstrúen sistemáticamente unha imaxe enpositivo do PP e do Goberno da Xunta cunhacarencia casi absoluta de posturas críticas caraas institucións públicas. Ó mesmo tempo, ahomoxeneización temática e as preferenciascontinuas merman a diversidade.

O gráfico reflexa o peso da informacióninstitucional (5’55”); así como a presenciado BNG (5’10”), o Goberno (2’51”), oPSdeG-PSOE (1’56”) e o PP (3’41”). Deconsiderarse información “monocolor” oscontidos referentes ó Goberno, as Instituciónse ó PP, obsérvase un claro predominio destepartido sobre a oposición (PP: 11’57”, fronteós 5’10” do BNG e o 1’56” do PSdeG-PSOE).

Algúns dos valores cuantitativos expostoscon respecto á información política ofrecidapola TVG veñen a confirmar en gran medidaas reflexións de partida desta investigación,por canto se reflicten no enfoque tantoestético como de tratamento que a canleautonómica lle aplica a cada formaciónpolítica. O “silencio” informativo ó que sesomete ó PSdeG-PSOE contrasta, senembargo, co protagonismo do BNG comopartido con maior presencia na crónicapolítica da TVG, mesmo por diante doPPdeG. Sen embargo, adoptando unhaperspectiva conxunta en canto a medición deforzas políticas desde tódolos puntos de vistaanalizados (institucións, gobernos e partidos),

Page 6: A representación da realidade galega na Televisión de Galicia ......en 1 h.24’11” de contidos sobre Galicia, 49’26” nacionais e 29’54” internacionais. Analizando a estructura

178 ACTAS DO III SOPCOM, VI LUSOCOM e II IBÉRICO – Volume III

Bibliografía

Bordieu, P. Sobre la televisión.Anagrama. Barcelona. 1997.

Chomski, N.; Ramonet, I. Cómo nosvenden la moto. Icaria. Más moderna.Barcelona. 1995.

Velázquez, T. Los políticos y la televisión.Aportaciones de la teoría del discurso aldiálogo televisivo. Ariel Comunicación.

Barcelona. 1992.Vilches, L. Manipulación de la

información televisiva. Paidós Comunicación.Barcelona. 1989.

Watzlawick, P. La realidad inventada.Gedisa. Barcelona. 1998.

_______________________________1 Universidade de Santiago de Compostela.