A REDE DE ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO

19
A REDE DE ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO Traballando en prol dunha educación de calidade.

description

A REDE DE ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO. Traballando en prol dunha educación de calidade. QUE É A UNESCO?. - PowerPoint PPT Presentation

Transcript of A REDE DE ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO

Page 1: A REDE DE ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO

A REDE DE ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO

Traballando en prol dunha educación de calidade.

Page 2: A REDE DE ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO

QUE É A UNESCO?

A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura é un organismo intergubernamental que conta con 189 Estados membros e é unha das axencias especializadas do sistema das Nacións Unidas.

Dende a súa creación a UNESCO ten como obxectivo “contribuir á paz e á seguridade, estreitando, por mor da educación, a ciencia e a cultura, a colaboración entre as nacións co fin de asegurar o respecto universal pola xustiza, a lei, os dereitos humanos e as liberdades fundamentais”.

Constitución da UNESCO

Page 3: A REDE DE ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO

QUE SON AS ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO?

As Escolas Asociadas, forman unha rede de escolas determinadas a promover e impartir unha educación de calidade en prol da paz, a liberdade, a xustiza e o desenvolvemento humán, co fin de dar respostas ás necesidades educativas dos escolares de todo o mundo.

O seu logo simboliza: un libro aberto (educación) que evoca as alas dunha pomba (paz) e o globo terrestre (diálogo intercultural).

Page 4: A REDE DE ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO

AS ESCOLAS DA REDE-PEA SON “NAVEGANTES PARA A PAZ” E AXENTES

DE CAMBIO POSITIVO.

Son un medio para conseguir unha Educación para Todos (EPT), tal e como se concebiu nos seis obxectivos do Foro Mundial sobre Educación (Dakar, 2000).

Contribúen á consecución dos obxectivos de desenvolvemento do Milenio das Nacións Unidas e á execución das estratexias e programas da UNESCO en materia de educación, ciencia, cultura e comunicación.

Serven de laboratorios na procura de plantexamentos innovadores para unha educación de calidade para todas e todos.

Page 5: A REDE DE ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO

CALES SON AS SÚAS METAS? 1

Mellorar o contido da educación, os materiais educativos e os seus enfoques nos catro temas principais de estudo:

A Paz, os Dereitos Humanos e a democracia.

Patrimonio e creatividade

A aprendizaxe intercultural.

As cuestións relativas ao medio ambiente e ao desenvolvemento sostible.

Page 6: A REDE DE ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO

CALES SON AS SÚAS METAS? 2

Promover a participación das escolas en proxectos faro e piloto reforzando os catro pilares da educación para o século XXI:

Aprender a coñecer.

Aprender a facer.

Aprender a ser.

Aprender a vivir xuntos.

Page 7: A REDE DE ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO

CALES SON AS SÚAS METAS? 3

Involucrar ás escolas en acordos especiais coa UNESCO e o sistema das Nacións Unidas para beneficiarse dos seus recursos.

“VIVIMOS NUN SOLO MUNDO, APRENDEMOS PARA UN SOLO MUNDO”

Page 8: A REDE DE ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO

PRIORIDADES DAS ESCOLAS ASOCIADAS

Marco de Acción de Dakar 2000 “Educación para Todos” (EPT) Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM)

O Decenio das Nacións Unidas da educación con miras ao desenvolvemento sostible (2005-2014)

O Decenio Internacional da Cultura de Paz e Non-Violencia a favor dos nenos e nenas do mundo (2001-2010)

A Campaña “Todos iguais na diversidade”: mobilizar as escolas contra o racismo, a discriminación e a exclusión. (2005-2010)

Page 9: A REDE DE ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO

PERFIL DUNHA ESCOLA ASOCIADA

Misión ética

Enfoque interdisciplinario e transversal

Centros piloto

Metodoloxía baseada na participación activa e na dimensión socioafectiva.

Desenvolver novos roles do educador/a

Page 10: A REDE DE ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO

QUE OFRECE A REDE-PEA AOS ESTUDANTES, MESTRES E ESCOLAS

Novas oportunidades de mellorar os contidos da educación, o desenvolvemento de métodos de ensinanza participativos e materiais pedagóxicos innovadores.

Desenvolvemento profesional e alta motivación nos e nas docentes.

Adquisición de destrezas na dirección e resolución de problemas e a posibilidade de traballar en proxectos faro.

Contribuir ás reformas nacionais e á renovación dos sistemas educativos.

Posibilidade de compartir experiencias con escolas de todo o mundo e establecer irmanamentos e acordos de cooperación con outras escolas asociadas.

Page 11: A REDE DE ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO

ALGÚNS MATERIAIS DESENVOLVIDOS POLA REDE-PEA

De carácter interdisciplinar e orientado a secundaria, recolle moitos aspectos da educación da xuventude na

conservación do Patrimonio Mundial dende o plano legal (convencións) ás perspectivas sociais, culturais e

históricas.

www.unesco.org/whc

O “Maletín da Paz”para mestres de primaria, recolle actividades, carteis, tarxetas, publicacións, un libro de Gandhi para colorear, un video de debuxos sobre a paz e a non-violencia feito por nenos e nenas do

mundo.

www.unesco.org/education/peace_pack_sp.shtml

www.unesco.org/asp/cartoons/clack.shtml

Page 12: A REDE DE ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO

PROXECTOS FARO

“O PATRIMONIO NAS MANS DAS E DOS XÓVENES”, proxecto internacional para a promoción e

preservación do Patrimonio cultural, intanxible e natural.

www.unesco.org/education/asp/flagship/whe.shtml

“ TIME PROJECT” proxecto anual de 24 horas no que participan en Rede escolas de todo o mundo e que se

celebra o 16 de novembro “Día Internacional para a tolerancia”. É un foro de debate dos principais problemas

mundiais para alumnado de secundaria.

www.unesco.org/education/flagship/time_project.shtml

Page 13: A REDE DE ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO

PROXECTOS FARO

“TRATA TRANSATLÁNTICA DE ESCRAVOS”(TST), é un traballo en rede triangular das escolas de África, Europa, América e o Caribe coa finalidade de coñecer o tráfico de escravos, as súas causas e consecuencias asemade as

novas formas de escravitude.

www.unesco.org/education/asp/flagship/tst.shtml

“CAMPAÑA: TODOS IGUAIS NA DIVERSIDADE”, pretende mobilizar ás escolas contra o racismo, a

xenofobia e a exclusión.

www.unesco.org/education/asp/flahship/tst.shtml

Page 14: A REDE DE ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO

PROXECTOS FARO

“XÓVENES POLO CAMBIO” co obxectivo de cambiar os nosos ineficientes patróns por outros máis dacordo co

desenvolvemento sostible.

www.youthxchange.net

“PROXECTO MEDITERRÁNEO OCCIDENTAL”, estudia o patrimonio natural e cultural das xentes do Mediterráneo facendo fincapé no diálogo Euro-

Árabe.

www.unesco.org/education

Page 15: A REDE DE ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO

PROXECTOS GALEGOS

“PROXECTO ATLÁNTICO” coa finalidade de estudar o patrimonio natural e cultural,

sensibilizar sobre os problemas medioambientais e crear unha ponte de unión entre os pobos

atlánticos.

O “PATRIMONIO INMATERIAL COMÚN A GALIZA E PORTUGAL”, coa finalidade de recoller, preservar e

transmitir ás novas xeracións o patrimonio inmaterial que conforma a identidade común aos dos pobos.

www.opatrimonio.org

Page 16: A REDE DE ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO

PROXECTOS GALEGOS

“CAMIÑOS DE IDA E VOLTA” pretende recuperar a memoria da emigración galega a

Cuba e Arxentina ao través da historia familiar e axudar aos estudantes a superar o sentimento

de desarraigo .

SIGNOS INTERNACIONAIS- YOGOTE, o multilingüismo nas túas mans, busca favorecer o intercambio entre os estudantes de

todos os países e axudar a aprendizaxe de linguas estranxeiras.

www.yogote.org

Page 17: A REDE DE ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO

ESCOLAS GALEGAS DA REDE-PEA

CEIP “Illa Verde” – Lugo

CEIP “Praia Xardín” – Boriro – A Coruña

EEI “Os Campos” – Monteporreiro – Pontevedra

CEP “Marcos da Portela” – Monteporreiro – Pontevedra

IES “Luis Seoane” – Monteporreiro – Pontevedra

CEIP “Cabanas” – Salcedo – Pontevedra

Conservatorio “Manuel Quiroga” – Pontevedra

CEIP “Campolongo” – Pontevedra

CEIP “Froebel” – Pontevedra

Ceip “Manuel Vidal Portela” - Pontevedra

Page 18: A REDE DE ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO

ESCOLAS GALEGAS DA REDE PEA

IES “Pontecaldelas” – Pontecaldelas – Pontevedra

IES “Illa de Ons” – Bueu – Pontevedra

CEIP “Conmeniño” – O Grove – Pontevedra

IES “Pedra da Auga” – Ponteareas – Pontevedra

IES “Pazo da Mercé” – As Neves – Pontevedra

CEIP “Luis Manuel Acuña” - Ourense

Page 19: A REDE DE ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO

COMO UNIRSE Á REDE-PEA

CORDINADORA GALEGA: Luisa Márquez Rodríguez e.mail: [email protected] Tel: 986 85 78 60 Fax: 986 86 43 22

COORDINADORA ESTATAL: Rufina Moreno CañizaresCentro UNESCO de AndalucíaFacultad de Ciencias de la EducaciónEdificio Aulario 122Campus Universitario de la Cartuja18071 Granadae.mail: [email protected]

UNESCO- REDE DE ESCOLAS ASOCIADAS-SECTOR EDUCACIÓN 7, Place de Fontenoy, 75352 París 07 SP-France Tel: + 33 1 45 68 10 80 Fax: + 33 1 45 68 56 39 e.mail: [email protected]