A paisaxe e o patrimonio cultural€¦ · paisaxe de Galicia cuxo obxecto é ^o recoñecemento...

20
A paisaxe e o patrimonio cultural AXENDA ESTRATÉXICA PARA A ILLA DE TAMBO

Transcript of A paisaxe e o patrimonio cultural€¦ · paisaxe de Galicia cuxo obxecto é ^o recoñecemento...

Page 1: A paisaxe e o patrimonio cultural€¦ · paisaxe de Galicia cuxo obxecto é ^o recoñecemento xurídico, a protección, a xestión e a ordenación da paisaxe de Galicia, co fin de

A paisaxe e o patrimonio cultural

AXENDA ESTRATÉXICA PARA A ILLA DE TAMBO

Page 2: A paisaxe e o patrimonio cultural€¦ · paisaxe de Galicia cuxo obxecto é ^o recoñecemento xurídico, a protección, a xestión e a ordenación da paisaxe de Galicia, co fin de

Autores:

Gonzalo Méndez Martínez (Coordinador)

Aida Ovejero Campos

Universidade de Vigo.

Fecha: Vigo, outubro de 2014

Page 3: A paisaxe e o patrimonio cultural€¦ · paisaxe de Galicia cuxo obxecto é ^o recoñecemento xurídico, a protección, a xestión e a ordenación da paisaxe de Galicia, co fin de

3

Contido

A ILLA DE TAMBO E A PAISAXE ............................................................................................... 4

PATRIMONIO CULTURAL DE TAMBO ................................................................................... 14

Historia da illa de Tambo ................................................................................................... 14

Plano da illa de Tambo ................................................................................................... 16

O lazareto .......................................................................................................................... 17

A capela ............................................................................................................................. 18

O faro .................................................................................................................................. 19

O patrimonio cultural no catalogo do planeamento urbanístico .............................. 20

Page 4: A paisaxe e o patrimonio cultural€¦ · paisaxe de Galicia cuxo obxecto é ^o recoñecemento xurídico, a protección, a xestión e a ordenación da paisaxe de Galicia, co fin de

4

A ILLA DE TAMBO E A PAISAXE

A illa de Tambo, principalmente pola súa posición, pero tamén pola súa morfoloxía, domina a

metade interior da ría de Pontevedra. O carácter concentrador da atención do espectador que

exercen as augas da ría, leva a focalizar as miradas sobre ela. Ese carácter de fito paisaxístico

exerce de referente no posicionamento dos viaxeiros a unha e outra marxe da ría. Á vez, o

cumio da illa é un observatorio desde o que se domina a práctica totalidade da ría e das súas

vertentes principais.

Outros elementos que potencian o seus valores son a ausencia de alteracións construtivas

visibles, en contraste co litoral da ría, e o xeral descoñecemento da mima, ao que se engade

así mesmo a prohibición de achegarse a ela vixente durante moitas décadas ata unha data

recente.

Débese ser consciente de que a visión actual da illa cunha importante cuberta vexetal arbórea

–principalmente de eucaliptos, pero tamén de mimosas e algunhas árbores da flora propia-

difire substancialmente da de épocas anteriores a mediados do século XX. En tal sentido,

contamos con diversos rexistros gráficos que nos presentan unha illa sen cuberta arbórea ou

ben con esta reducida a pequena áreas.

Así, o “Plano de la isla de Tambo” realizado polo corpo de enxeñeiros militares en 1889 con

motivo da toma de posesión da illa, está acompañado de catro vistas ou perfís da illa desde a

posición dos ventos secundarios (NE, SE, SO, e NO). Estas catro vistas representan unha illa sen

vexetación arbórea. Podería supor que o debuxante evita a representación das árbores en

beneficio da limpeza do debuxo, pero esta posibilidade parece ser refutada polo detalle

amosado non so na representación das distintas edificacións da illa, senón tamén da duna e

placa eólica rampante no NE e mesmo dunha árbore illada mais arriba da capela no NE.

Page 5: A paisaxe e o patrimonio cultural€¦ · paisaxe de Galicia cuxo obxecto é ^o recoñecemento xurídico, a protección, a xestión e a ordenación da paisaxe de Galicia, co fin de

5

Vistas que acompañan ao “Plano de la isla de Tambo” realizado polo corpo de enxeñeiros

militares en 1889.

Page 6: A paisaxe e o patrimonio cultural€¦ · paisaxe de Galicia cuxo obxecto é ^o recoñecemento xurídico, a protección, a xestión e a ordenación da paisaxe de Galicia, co fin de

6

Esta visión da illa carente de arborado sería compatible coa descrición de Luis de Góngora nas

Soledades, nas que no poema, pola forma topográfica, pero posiblemente tamén pola textura

e cromatismo xerado pola multitude de bolos que deberían agromar na superficie da illa,

compáraa cunha tartaruga1.

Tamén outras descricións do século XVIII e XIX abondan tanto en comparacións con formas

coñecidas (por exemplo, un sombreiro) como na ausencia de vexetación arbórea. Así, a

narración do Padre Sarmiento que a visita en 1745 enumera especies vexetais entre as que

escasean as arbóreas. Igualmente, o anuncio de subhasta da illa pola facenda real en 1831,

afirma que esta se atopa maiormente cuberta por aulaga (debendo entender que se refire ao

toxo).

Xa no século XX, contamos con dous documentos fotográficos que manterían esta imaxe de illa

maiormente deforestada, inda que con pequenos cambios que poderían derivar da actividade

promovida polo seu antigo propietario don Eugenio Montero Ríos. Unha das fotos consiste na

fotografía aérea do chamado vo americano, de 1956. Esta foto amosa unha illa con escasa

vexetación arbórea, que se limita a unha franxa estreita no norte da illa, á área de pedimento

que se estende na metade norte entre a zona de relevo máis vigoroso e ás areas chas

ocupadas con construcións, e á valgada situada no sur.

1 Luis de Góngora y Argote. Soledad segunda.

Yace en el mar, si no continuada isla mal de la tierra dividida, cuya forma tortuga es perezosa; díganlo cuantos siglos ha que nada sin besar de la playa espacïosa la arena de las ondas repetida. A pesar pues del agua que la oculta, concha, si mucha no, capaz ostenta de albergues, donde la humildad contenta mora, y Pomona se venera culta.

Page 7: A paisaxe e o patrimonio cultural€¦ · paisaxe de Galicia cuxo obxecto é ^o recoñecemento xurídico, a protección, a xestión e a ordenación da paisaxe de Galicia, co fin de

7

Fotografía aérea de 1956.

Page 8: A paisaxe e o patrimonio cultural€¦ · paisaxe de Galicia cuxo obxecto é ^o recoñecemento xurídico, a protección, a xestión e a ordenación da paisaxe de Galicia, co fin de

8

A outra fotografía, trátase dunha perspectiva realizada desde a marxe sur da ría, desde unha

posición superior á Escola Naval Militar de Marín, e que podería datarse nos anos cincuenta ou

inmediatamente posteriores. Nela, a illa amósase coma unha elevación con alternancia de

vexetación baixa e de espazos rochosos ou pedregosos. Sobre eles alternan algunhas árbores,

posiblemente piñeiros, visibles no perfil da illa contra o mar ou a outra beira da ría.

Vista da illa de Tambo desde unha posición superior á “Escuela Naval Militar de Marín”.

Page 9: A paisaxe e o patrimonio cultural€¦ · paisaxe de Galicia cuxo obxecto é ^o recoñecemento xurídico, a protección, a xestión e a ordenación da paisaxe de Galicia, co fin de

9

N-S

NE-SO NO-SE

E-O

Page 10: A paisaxe e o patrimonio cultural€¦ · paisaxe de Galicia cuxo obxecto é ^o recoñecemento xurídico, a protección, a xestión e a ordenación da paisaxe de Galicia, co fin de

10

N-S

800750700650600550500450400350300250200150100500

80

60

40

20

0

E-W

800750700650600550500450400350300250200150100500

80

60

40

20

0

NE-NW

800750700650600550500450400350300250200150100500

80

60

40

20

0

NW-NE

800750700650600550500450400350300250200150100500

80

60

40

20

0

S-N

E-O

SE-NO

NE-SO

Page 11: A paisaxe e o patrimonio cultural€¦ · paisaxe de Galicia cuxo obxecto é ^o recoñecemento xurídico, a protección, a xestión e a ordenación da paisaxe de Galicia, co fin de

11

A análise da topografía e os perfís levantados mediante o modelo dixital do terreo elaborado

coa cartografía actual, confirma as descricións e as vistas que acompañan o “Plano de la isla de

Tambo” realizado polo corpo de enxeñeiros militares en 1889, antes referido.

En razón de todo o exposto anteriormente, a illa configúranse coma un elemento clave da

paisaxe da ría, constituíndo un fito identitario recoñecido como tal pola poboación ribeirán da

ría e polos visitantes que acoden a ela.

Resultado dese valor, existe certo recoñecemento nalgúns instrumentos de ordenación

territorial e urbanístico. Así o Plan de Ordenación do Litoral de Galicia (POL) afirma que “a Illa

de Tambo dota á ría de Pontevedra dun espazo natural cun altísimo valor desde o punto

paisaxístico cheo de beleza e singularidade” outorgándolle a cualificación de “Espazo de

interese paisaxístico”2.

Anterior á aprobación do POL, cabe destacar a aprobación da Lei 7/2008 de protección da

paisaxe de Galicia cuxo obxecto é “o recoñecemento xurídico, a protección, a xestión e a

ordenación da paisaxe de Galicia, co fin de preservar e ordenar todos os elementos que a

configuran no marco do desenvolvemento sostible, entendendo que a paisaxe ten unha

dimensión global de interese xeral para a comunidade galega, por canto transcende os eidos

ambientais, culturais, sociais e económicos. Para tal fin, esta lei impulsa a plena integración da

paisaxe en todas as políticas sectoriais que incidan nela”. Ao abeiro desta lei, a Xunta de

Galicia, consciente da importancia da preservación das paisaxes presentes na comunidade,

elaborou a Estratexia da Paisaxe Galega que sinala as liñas mestras para o desenvolvemento

dos instrumentos propios previstos na mencionada Lei da paisaxe. O fin principal desta

estratexia é integrar a paisaxe nas políticas de ordenamento territorial e urbanístico, e nas

súas políticas ambientais, do patrimonio cultural, agrícolas, forestais, sociais, turísticas,

industriais e económicas, así como calquera outra política sectorial que poida producir un

impacto directo ou indirecto sobre a paisaxe.

Dentro desta liña de acción institucional, elaborouse un mapa de grandes áreas paisaxísticas

que debe servir como armazón para elaborar os diferentes catálogos e directrices da paisaxe,

no que a illa de Tambo estaría incluída na área de Pontevedra dentro das Rías Baixas, e

propóñense tres tipos de accións enumeradas a continuación.

2 Este aspecto abórdase no apartado correspondente á análise da viabilidade de protección da illa de Tambo mediante as

diferentes figuras de protección de espazos naturais, de ordenación do territorio e urbanísticas.

Page 12: A paisaxe e o patrimonio cultural€¦ · paisaxe de Galicia cuxo obxecto é ^o recoñecemento xurídico, a protección, a xestión e a ordenación da paisaxe de Galicia, co fin de

12

Mapa das grandes áreas paisaxísticas de Galicia. Xunta de Galicia.

Accións propostas pola Estratexia da paisaxe:

1. Redacción dos instrumentos para protección, ordenación e xestión das paisaxes.

Catálogos e directrices de paisaxe.

Plans de acción da paisaxe en áreas protexidas.

Tambo formará parte dos catálogos de paisaxe da comarca paisaxística delimitada na

Ría de Pontevedra e no caso de ser declarado algunha figura de protección, terá que

contar cun plan de acción da paisaxe.

2. Integración paisaxística. É importante ter en conta a integración paisaxística da illa

de Tambo na Ría de Pontevedra, para o cal haberá que tela en conta á hora de

elaborar calquera proxecto na zona e, tal e como establece a Lei 7/2008, para todos os

proxectos que deban someterse ao procedemento de Declaración de impacto

ambiental, as entidades promotoras deberán incorporar no Estudo de impacto

ambiental un Estudo de impacto e integración paisaxística.

Page 13: A paisaxe e o patrimonio cultural€¦ · paisaxe de Galicia cuxo obxecto é ^o recoñecemento xurídico, a protección, a xestión e a ordenación da paisaxe de Galicia, co fin de

13

3. Sensibilización, formación e divulgación da paisaxe. Recoñecendo a importancia da

integración paisaxística, faise fincapé no seu coñecemento para o cal xa se teñen

elaboradas distintas guías metodolóxicas que pretenden facilitar a integración

paisaxística, así como actividades de formación especializada e materiais educativos

para educación primaria e secundaria.

Parece incuestionable, pois, o valor paisaxístico da illa e a obriga de conservalo, pero

formúlase a dúbida de se a protección paisaxística da illa debe tratar de manter un alto grao de

vexetación arbórea como na actualidade, pese a estar constituída por especies arbóreas

exóticas invasoras, ou debe recuperar a vexetación autóctona inda que evolucione cara a un

cromatismo e textura do que xa non temos memoria. Na nosa opinión, debese optar pola

segunda opción, se ben é posible que unha substitución progresiva da vexetación exótica pola

natural, da que hai persistencia no sotobosque (carballos, loureiros...) pode permitir unha

transición lenta, sen importantes alteracións visuais.

Page 14: A paisaxe e o patrimonio cultural€¦ · paisaxe de Galicia cuxo obxecto é ^o recoñecemento xurídico, a protección, a xestión e a ordenación da paisaxe de Galicia, co fin de

14

PATRIMONIO CULTURAL DE TAMBO

Historia da illa de Tambo

Os comezos

A illa de Tambo sitúase no sector interior da ría de Pontevedra e pertence ao concello de Poio.

A súa historia remóntase ao século VI cando se levou a cabo a primeira fundación monacal por

San Martiño Dumiense: unha ermida que sería transformada en mosteiro por San Froitoso, e

que posteriormente permanecería vinculado á comunidade beneditina de San Salvador de

Poio. Este mosteiro no ano 1589 sufriría os ataques da piratería, encabezados polo corsario

Francis Drake.

Quen vivía en Tambo?

Hai referencias históricas de diversa credibilidade referente á ocupación e habitación da illa en

distintas épocas. Remontándonos á época medieval, segundo o Padre Yepes e outras citas

recollidas no libro “Recordando a Thalavo”, a illa estaría ocupada por eremitas. O Pai

sarmiento refire que en 1745, cando a súa visita, a illa está deshabitada.

O lazareto

No ano 1865 eríxese o lazareto de Tambo, destinado a persoas que puidesen padecer

enfermidades contaxiosas, o cal funcionou ata 1879, cando foi clausurado e trasladado á illa de

San Simón, na ría de Vigo.

A illa de Tambo e a Marina

A finais do século XIX, Eugenio Montero Ríos, quen chegou a ser Presidente do Consello de

Ministros, cede a illa (adquirida trala desamortización) ao Ministerio da guerra para a

construción dunha penitenciaría, proxecto que quedou relegado ao esquecemento. A illa volve

a mans de Montero Ríos, quen morre no ano 1914. O Estado entrega a illa á Marina,

dedicándoa a pequena polvoreira e lugar de exercicios militares. O acceso á illa quedou

entonces totalmente prohibido.

Page 15: A paisaxe e o patrimonio cultural€¦ · paisaxe de Galicia cuxo obxecto é ^o recoñecemento xurídico, a protección, a xestión e a ordenación da paisaxe de Galicia, co fin de

15

Desta época datan diversas construcións das que se conservan os seus muros en mellor ou

peor condición. De feito, cando en 1889 o ministerio da Guerra toma posesión da illa con vistas

á constitución nela dun penal militar, recoñecen o estado de ruína das edificacións que poucos

anos antes albergaran os distintos servizos do lazareto. Desa toma de posesión queda rexistro,

igualmente, do plano e alzada dalgunhas das edificacións, polo seu potencial uso na nova

actividade prevista para a illa. Inclúese a continuación o plano topográfico elaborado polo

Comandante de Ingenieros Don Policarpo Castro y o Médico 1º Don Emilio Hermida,

terminado no ano 1889. O mapa forma parte dun informe moi preciso onde se describe ao

detalle a illa de Tambo e onde queda xa reflectida a fonte de auga potable e as dimensións do

lazareto.

Page 16: A paisaxe e o patrimonio cultural€¦ · paisaxe de Galicia cuxo obxecto é ^o recoñecemento xurídico, a protección, a xestión e a ordenación da paisaxe de Galicia, co fin de

16

Plano da illa de Tambo

Plano da illa de Tambo (Comandante de Ingenieros Policarpo Castro e Médico 1º Emilio Hermida; Museo de Pontevedra)

Page 17: A paisaxe e o patrimonio cultural€¦ · paisaxe de Galicia cuxo obxecto é ^o recoñecemento xurídico, a protección, a xestión e a ordenación da paisaxe de Galicia, co fin de

17

O lazareto

A continuación mostrase o detalle do plano presentado anteriormente coa planta e perfil do

lazareto, para mostrar despois o estado actual do mesmo.

Fotografías do lazareto, 2014.

Page 18: A paisaxe e o patrimonio cultural€¦ · paisaxe de Galicia cuxo obxecto é ^o recoñecemento xurídico, a protección, a xestión e a ordenación da paisaxe de Galicia, co fin de

18

A capela

A continuación mostrase o detalle do plano presentado anteriormente coa planta e a vista da

capela, para mostrar despois o estado actual da mesma.

Fotografías da capela, 2014.

Page 19: A paisaxe e o patrimonio cultural€¦ · paisaxe de Galicia cuxo obxecto é ^o recoñecemento xurídico, a protección, a xestión e a ordenación da paisaxe de Galicia, co fin de

19

O faro

Sobre a Punta Tenlo instalouse o faro en 1920, cuxa estrutura é de pedra, con forma cilíndrica

e cuxo acceso lógrase por medio dunha escaleira exterior de caracol pegada ao mesmo. Existe

un pequeno peirao que da acceso directo ao faro, e ambos encóntranse en bo estado de

conservación na actualidade.

Vista do faro dende o mar. Fotografías tomadas no 2014.

Page 20: A paisaxe e o patrimonio cultural€¦ · paisaxe de Galicia cuxo obxecto é ^o recoñecemento xurídico, a protección, a xestión e a ordenación da paisaxe de Galicia, co fin de

20

O patrimonio cultural no catalogo do planeamento urbanístico

O patrimonio cultural do concello de Poio en xeral e da illa de Tambo en particular, queda

recollido no Catálogo do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Poio . Segundo o catálogo,

“Constituyen bienes culturales sujetos a protección de acuerdo con las determinaciones del

Plan General: […] e) La Isla de Tambo (anexo I)”.

Os elementos arqueolóxicos referidos no citado documento son catro, se ben indícase que “el

catálogo se encuentra actualmente en tramitación y a todos los efectos se considerará como

documento complementario del documento de Plan General”, así como que “Se transcribe a

continuación el texto del Catalogo en tramitación”. Os citados elementos arqueolóxicos son

dous xacementos, referidos cos números 23 e 24, situados respectivamente na Area da Illa e

no cumio de San Fagundo, e dous achádegos soltos ou puntuais, correspondente á mesma

Area da Illa e ao sector de corte de sedimento de pedemonte e furna situados ao sur da illa,

fronte ao illote de Tenlo.

Existe a posibilidade de que un recoñecemento máis completo da illa puidese aportar algún

novo elemento.

Das referencias anteriores, a correspondente á protección da illa como ben cultural está

recollida pola Resolución da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que se

aproba o Documento de Referencia para a avaliación ambiental estratéxica do Plan Xeral de

Ordenación Municipal do Concello de Poio (Clave: 2010AAE0774) de 17 de xaneiro de 2011, na

que se afirma que “Dentro do ámbito do Concello de Poio cómpre destacar a illa de Tambo

situada a unha distancia en planta de 800 m dende a liña de costa, cunha superficie

aproximada de 28 ha e 80 m de altitude máxima. Dita illa é considerada como ben cultural

suxeito a protección de acordo coas determinacións do actual PXOM do Concello.”