A orixe do violin

14
CONTO “A ORIXE DO VIOLÍN” ILUSTRADO POLOS ALUMN@S DE 6ºC

description

Cuento sobre el origen del violin

Transcript of A orixe do violin

Page 1: A orixe do violin

CONTO “A ORIXE DO VIOLÍN”

ILUSTRADO POLOS ALUMN@S DE 6ºC

Page 2: A orixe do violin

Érase unha vez un matrimonio que non tiña fillos. Estaban moi apenados e cada noite suspiraban por ter un. Unha noite que acamparan no bosque, a muller foi a buscar auga a un regato, e alí atopou a unha anciá que lle dixo:

- Choras por un fillo, verdade?

Parte unha cabaza, bota leite dentro e bébea. Terás un fillo que será rico e feliz!

E dito isto, a anciá desapareceu, deixando tras ela un intenso perfume de nardos.

DAVID

Page 3: A orixe do violin

A muller regresou ao seu carro explicoulle ao seu marido o estraño consello .

MARIO E ADRIAN

Page 4: A orixe do violin

Os dous correron a buscar unha cabaza para facer o que dixera a anciá.

ELENA E VALERIA

Page 5: A orixe do violin

Pasados nove meses tiveron un fillo ao que chamaron Yoda. Durante moito tempo foron unha familia feliz, ata que os pais morreron. Entón o raparigo díxose:

- Que vou facer aquí só? Ireime a ver mundo!

OLGA E MARIA

Page 6: A orixe do violin

Foi de pobo en pobo, de cidade en cidade, ata que chegou á cidade máis grande do país, cuio rei tiña unha filla bellísima e un tesouro que ofrecía, xunto á man da princesa, a aquel que soubese facer algo insólito, e que fose, ademais, bo para todo o mundo.

KELLY

Page 7: A orixe do violin

Yosa foi a ver ao rei pero o rei ao ver que non era máis que un vagabundo pobre ordenou que o encerrasen no cárcere.

ANA E ISMAEL

Page 8: A orixe do violin

E encerrárono nunha mazmorra escura como a boca dun lobo.

Non lle durou moito tempo a súa tristeza porque unha dama bellísima apareceu envolta nun intenso perfume de nardos. Era Matuia, a fada dos paxaros.

ROCIO E YESSICA

Page 9: A orixe do violin

A fada díxolle:

Aínda podes casar coa princesa. Aquí tes unha cabaza e unha varita. Arrinca algúns cabelos da miña melena e ténsaos dun extremo ao outro desta cabaza e da varita.

Con moito coidado, o raparigo arrincoulle un mechón de cabelo e tensou os catro cabelos máis louros ao longo da cabaza, e o resto, ao longo da varita.

Con esta cabaza faremos un violín. Con el poderás conseguir que as persoas se póñan tristes ou contentas. Se están tristes, alegraranse e se están contentas, chorarán.

BRAIS E CARLOS

Page 10: A orixe do violin

A fada fixo un buraco en forma de efe a ambos dous lados da cabaza.Colocou un dos buracos diante da boca e empezou a rir e a rir para meter moitas risas no seu interior. Despois, púxose o outro buraco ante os ollos e empezou a chorar e a chorar para introducir moitas bágoas no seu interior.

Page 11: A orixe do violin

Yosa pasou a varita por encima da cabaza, fregando os cabelos da fada, tal como ela lle indicou. Naceron unhas notas que xamais se escoitaron. Unhas cancións tan fermosas que emocionaban aos corazóns alegres ou alegraban aos corazóns tristes.

Os carceleros pidíronlle que tocase máis e máis, pero Yosa esixiu que o levasen ante o rei.

JOSE JOEL E ALVARO

Page 12: A orixe do violin

Xa en presenza do rei, Yosa exclamou:

- Agora rei escoitádeme. Sei facer algo novo e bo, distinto de todo- e empezou a tocar o violín.

Todos quedaron embelesados con aquel son, choraban, rían e tiñan ganas de cantar ou bailar seguindo a súa música.

JOSE JOEL E ALVARO

Page 13: A orixe do violin

O rei quixo que casase coa princesa e que cada día en palacio se escoitásen as notas daquel instrumento que tanto pracer e tanta paz levaba aos corazóns da xente.

E así foi como o violín veu ao mundo

Page 14: A orixe do violin