A necesidade de por normas

17
Escola de Pais A Necesidade de Poñer Normas

description

Reflexión sobre a necesidade de poñer normas aos nenos.

Transcript of A necesidade de por normas

Page 1: A necesidade de por normas

Escola de PaisA Necesidade de

Poñer Normas

Page 2: A necesidade de por normas
Page 3: A necesidade de por normas

• Durante os últimos anos foise incorporando unha necesaria

e adecuada tolerancia fronte ás restricións excesivas e

asfixiantes nas que se educaba antes, pero unha excesiva

indulxencia pode provocar que os nenos non aprenda a

enfrontarse coa realidade, coas inevitables frustracións da

vida.

• Ideas equivocadas e mala comprensión do

desenvolvemento psicolóxico dos nenos paralízannos á hora

de exercer a función de pais.

Page 4: A necesidade de por normas

“A forza de” non negarlles nada, non chegan a desenvolver “a forza para” conseguir as cousas por si mesmos.

Os pais, actualmente, sentímonos confusos e desorientados ao ter que decidir entre seguir a propia intuición, os modelos nos que fomos educados e os exemplos nos medios de comunicación. O resultado é un comportamento contraditorio.

Page 5: A necesidade de por normas

“Eu dou, ti das”

É difícil esixir aos fillos que cumpran a parte do trato implícito que supón a convivencia ”eu dou, ti das”. Hai moitos motivos, vexamos algúns:

Nos asusta defraudalos.Non sabemos ou non queremos dicir “non”.Non queremos frustralos,…”xa sufriran

cando sexan maiores”.Non queremos que sufran o que nos

sufrimos.Compensamos a falta de tempo e

dedicación con unha actitude indulxente (e culpable).

Temos medo ao conflito e as súas malas caras.

Parécenos que actuamos con egoísmo se impomos normas que nos faciliten a vida.

Page 6: A necesidade de por normas

Un ambiente familiar suficientemente bo é aquel que reacciona con agarimo á vez que permite que o neno experimente, de modo gradual e acorde coa súa maduración, unha cantidade crecente de frustración.

É necesario protexer ao neno pero tamén deixar que se expoña gradualmente a experiencias nas que non logre todo o que desexa. A capacidade para enfrontarse á realidade depende desto.

Page 7: A necesidade de por normas

A educación perfecta non existe, sobre todo si a consideramos como un conxunto de normas empregadas coma unha receta; non hai un neno igual a outro nin siquiera na mesma familia, así que máis que fórmulas estándar, podemos dispoñer de guías para orientarnos en situacións diversas.

Page 8: A necesidade de por normas

Algunhas ideas que poden servir de guía:É importante ser

espontáneos, a intuición é necesaria porque son os propios pais quen mellor coñéce aos seus fillos e o modo de axudarlles.

A nosa empatía, capacidade para poñernos no seu lugar, permitenenos entender os motivos que eles teñen para actuar e reaccionar ante unha determinada situación.

Page 9: A necesidade de por normas

A coherencia é tamén moi importante xa que un ten que crer naquelo que quere ensinar. A contradición entre o que se di e o que se fai invalida a norma que ou ben non se cumpre ou leva á mentira. É importante que os pais actúen con seguridade e sen contradicións.

Page 10: A necesidade de por normas

Non se trata de adestralo, convertelo en algo que desexamos, teremos máis éxito se lle axudamos a descubrir as súas capacidade, personalidade…e el tamén.

Page 11: A necesidade de por normas

Os castigos, en xeral, teñen poucos resultados, sobre todo as humillacións. Os castigos en forma de malos tratos físicos ou verbais, converten ao neno nunha persoa agresiva ou, no outro extremo, en alguén temeroso con serias dificultades para convivir.

Page 12: A necesidade de por normas

ConclusiónsOs pais debemos poñer as

normas que consideramos xustas, esixir que as cumpran, actuar con seguridade e firmeza, dese o coñecemento dos nosos fillos e o cariño que lles temos, sabendo que nos somos o modelo a imitar e que a nosa valoración e respecto, son unha meta e guía para eles.

Deixémonos de medos e complexos: nun ambiente favorable de afecto e comunicación, exerzamos de pais e esixamos que os nosos fillos cumpran tamén a súa parte.

Page 13: A necesidade de por normas

Como facer pactos.Un dos mellores xeitos de conseguir unha

relación saudable entre fillos e pais é chegar a pactos. O pacto hai que entendelo como un acordo entre as dúas partes.

En definitiva, preténdese que o neno aprenda a responsabilizarse dunha obrigación e asumir unha tarefa por algo que acorda previamente co seu pai ou nai.

Page 14: A necesidade de por normas

Deben aprender dende moi pequenos que existe unha finalidade en todo o que facemos. Hai veces que lles deixamos plena liberdade para que fagan o que queiran sen ningún obxectivo definido e outras deben ser conscientes de que fan algunhas actividades porque chegaron a acordos previos e responsables cos adultos.

Page 15: A necesidade de por normas

Algúns consellos sinxelos.Espere recibir do neno

algo que vostede necesite realmente, ou que lle sería de grande axuda, e non aquilo que ao seu fillo lle guste facer ou cumprir de todos modos.

Evite facer pactos a posteriori: “Onte leveite á casa da túa amiga, agora deberías facer algo por min”.Isto fai que o neno síntase culpable, non é un bo trato.

Page 16: A necesidade de por normas

Obrigue ao neno a cumprir a súa parte do trato pronto e rapidamente. Os acordos contractuais a largo prazo esquécense ou se modifican.

Cando o neno fai algo polo pai sen intentar chegar a un trato (as veces ocorre), hai que devolver o favor canto antes.

Hai que recordar aos nenos os pactos aos que se comprometeron sen castigalos por non cumprir a súa parte. A consecuencia será a negativa do pai a facer outro pacto en breve espazo de tempo.

Page 17: A necesidade de por normas

As imaxes que aparecen nesta presentación foron obtidas de Internet. Se algunha persoa

considera que os seus dereitos foron vulnerados pido que o faga saber para poder ser retirada a

imaxe.

Esta presentación ten un uso exclusivamente educativo.