A luz e o son 2017

38
A luz e o son A luz e o son son fenómenos naturais moi diferentes pero con algunhas propiedades en común: -Propáganse mediante ondas -Son formas de propagación da enerxía sen transportar materia -Empregámolos para captar información do noso entorno

Transcript of A luz e o son 2017

Page 1: A luz e o son 2017

A luz e o sonA luz e o son son fenómenos naturais moi diferentes pero con algunhas propiedades en común:-Propáganse mediante ondas

-Son formas de propagación da enerxía sen transportar materia

-Empregámolos para captar información do noso entorno

Page 2: A luz e o son 2017

A luz e o son son ondasComo tódalas ondas, propagan enerxía sen que exista desprazamento de materia:

-A luz ao reflectirse nos obxectos e chegar ata os nosos ollos permítenos ver. Ata os ollos chegan nervios que lle transmiten ao cerebro a información sobre o que vemos.

-O son fai vibrar unha membrana situada no noso oído: o tímpano.As vibracións do tímpano son recollidas por nervios que lle transmiten a información ao cerebro.

Page 3: A luz e o son 2017

Ondas desprazamento de enerxía sen desprazar a materia

Page 4: A luz e o son 2017

Tipos de ondas:

- Electromagnéticas: non necesitan materia para desprazarse

- Mecánicas: necesitan materia para desprazarse

Page 5: A luz e o son 2017

O son

O son prodúcese pola vibración dos corpos , que orixina variacións de presión nas partículas do medio. No aire, as súas partículas forman sucesivas zonas de comprensións

e enrarecementos chamadas ondas sonoras que se propagan no aire como as ondas na superficie da auga

O son prodúcese pola vibración dos corpos

O son consiste na propagación da vibración dos corpos a través dun medio material, como os gases, líquidos e sólidos

Page 6: A luz e o son 2017

Transmisión do son?• O son é producido pola transmisión

de vibracións nos medios materiais (gases, líquidos e sólidos).

• Non só pode transmitirse polo aire, tamén na auga a maior velocidade e nos metais aínda a maior velocidade xa que as súas partículas están máis xuntas

Page 7: A luz e o son 2017

O son

O son prodúcese pola vibración dos corpos , que orixina variacións de presión nas partículas do medio. No aire, as súas partículas forman sucesivas zonas de comprensións

e enrarecementos chamadas ondas sonoras que se propagan no aire como as ondas na superficie da auga

O son prodúcese pola vibración dos corpos

O son consiste na propagación da vibración dos corpos a través dun medio material, como os gases, líquidos e sólidos

Page 8: A luz e o son 2017

Reflexión do son

• Mais de 0´1 s prodúcese o eco dobre percepcion dun son, o orixinal e o reflectido, despois de bater cun obstaculo

• Menos de 0´1 s reverberación. O oido mestura ambos os sons, o que produce unha audicion inintelixible e molesta.

.

O son reflíctese ao rebotar contra unha superficie. Segundo a diferenza de tempo entre o son emitido e reflectido podemos falar de:

É o que ocorre en salas de cine e habitacion grandes.Dise neste caso que a habitacion ten

mala acustica. As paredes deben recubrirse con materiais que eviten a reflexiondo son, como

madeira, cortiza ou fibra de vidro

Page 9: A luz e o son 2017

Calidades do son

• Existen unha gran abundancia de sons dependendo da súa:– Intensidade

– Ton

– Timbre

Page 10: A luz e o son 2017

Calidades do son• Intensidade: a intensidade do son depende

da enerxía con que vibra a fonte que o xera. A intensidade mídese en decibelios (dB), 1 dB sería o mínimo perceptible e 120 dB corresponde o límite doloroso.

Page 11: A luz e o son 2017

Calidades do son• Ton: depende da rapidez coas que vibran as ondas

sonoras (frecuencia). • Os tons altos ou agudos vibran con máis rapidez

• Os tons baixos ou graves vibran máis lentamente

• A frecuencia de un son mídese en oscilacións que se producen cada segundo, a súa unidade é o hercio (HZ)

Page 12: A luz e o son 2017

Calidades do son• Timbre: calquera fonte de son non produce sons

puros, se non que produce simultaneamente unha mesturas de moitos sons. Así podemos diferenciar a mesma nota musical producida por un violín ou unha guitarra.

Page 13: A luz e o son 2017

Son e audición

Page 14: A luz e o son 2017

Aplicacións da reflexión do son:1 - O SONAR: utilízase polos barcos e submarinos para estudar os fondos mariños e detectar posibles obstáculos. Tamén é empregado polos barcos de pesca para detectar bancos de peixe. Consiste na transmisións de ultrasóns que tras reflectirse nos obstáculos son recollidos por un micrófono

Os morcegos utilizan o mesmo sistema para detectar obstáculos e presas na escuridade

Page 15: A luz e o son 2017

Aplicacións da reflexión do son:2 – AS ECOGRAFÍAS: igual co sonar, son pulsos de ultrasóns de frecuencias moi altas que tras reflectírense nalgúns tipos de tecidos son captados e analizados mediante un programa de ordenador que produce unha imaxe nunha pantalla

Page 16: A luz e o son 2017

Aplicacións da reflexión do son:3 – LITOTRICIAS: consiste en utilizar ultrasons de alta enerxia e curta duracion (ondas de choque) para fragmentar calculos renais e biliares, evitando a intervencion cirurxica

Page 17: A luz e o son 2017

As ondas electromagnéticas

As distintas ondas electromágnéticas diferencianse na cantidade de enerxía que posúen. Así distintos tipos de ondas electromagnéticas ordeadas segundo a súa enerxía serían:

Ondas radio-ondas televisión- teléfono móbil-microondas-infravermellos-luz visible-ultravioletas-raios X- raios gamma

A luz é un tipo de onda electromagnética

Page 18: A luz e o son 2017
Page 19: A luz e o son 2017

Que é a luz?Podemos explicar que é a luz mediante o modelo de fotóns:•A luz está formada por fotóns

•Os fotóns son pequenas cantidades de enerxía. Non todos os fotóns son iguais, se non que poden diferenciarse polo seu contido enerxético.

•Os fotóns desprázanse a 300.000 km/s no baleiro, que é a velocidade límite no universo

Page 20: A luz e o son 2017

Onde se produce a luz?

•A luz xenérase en procesos que desprenden enerxía

•A luz non se capta cando se propaga, senón so cando interacciona coa materia

Page 21: A luz e o son 2017

PROPAGACIÓN DA LUZA luz pode propagarse:- Sen soporte material no baleiro (a diferenza do son)- A través da materia. Os corpos segundo permitan o seu

paso se clasifican en:- Transparentes: permiten o seu paso (auga, vidro...)- Opacos: impiden o seu paso (madeira,metal....).

A luz emitida ao incidir sobre a materia pode interaccionar de 3 formas:

•Reflexión•Absorción•Refracción

Page 22: A luz e o son 2017

Interacción da luz coa materiaA luz emitida ao incidir sobre a materia pode interaccionar de 3 formas:

1 -Reflexión: algúns fotóns son devoltos , reflectíndose de maneira semellante a como o faría unha pelota lanzada contra unha parede.

Segundo a superficie do obxecto a reflexión pode ser:•Reflexión especular Superficie pulida (espello): todos os fotóns reflíctense na mesma dirección

•Reflexión difusa Superficie rugosa: reflíctense en todas as direccións

A reflexion fai que apareza unha imaxe simetrica do obxecto que se atope diante.

Page 23: A luz e o son 2017

Interacción da luz coa materia

2 – Refracción: se o material que recibe os fotóns é transparente (aire, auga, vidro...) a maioría dos fotóns atravesan o novo material, pero desviándose da súa traxectoria anterior.

Page 24: A luz e o son 2017

Interacción da luz coa materia3 - Absorción: a maioría dos materiais absorben a maior parte dos fotóns que reciben. Cando a materia absorbe fotóns aumenta a súa enerxía interna: quéntase

E un proceso moi ligado a cor. O ollo humano so é sensible as radiacións dun pequeno intervalodo espectro electromagnético: son as cores que mesturadas forman a luz branca

Cando a luz branca choca cun obxecto, unha parte das cores que a componen son absorbidas pola superficie e o resto son reflectidas. As componentes reflectidas son as que determinan a cor que percibimos. Se as reflicte todas a cor e a branca e se as absorbe todas a cor percibida e a negra.

Page 25: A luz e o son 2017

O espectro da luz branca(composición da luz branca)

Podemos descompoñer a luz branca se a facemos refractar nun prisma transparente. Os fotóns de luz desvíanse segundo a súa enerxía. Deste

xeito podemos separar os fotóns que teñen distinta enerxía.

O arco da vella ocorre cando a luz refráctase ao atravesar as gotas de auga que actúan como un

prisma

Page 26: A luz e o son 2017

AA CCOORRAA CCOORR

Os fotóns de luz poden diferenciarse uns doutros unicamente polo seu contido enerxético, polo tanto os

fotóns non teñen cor.

Page 27: A luz e o son 2017

AA CCOORRDaquela a cor está relacionado co noso sentido da vista e non cos

fotóns de luz.

As cores son unha creación de cada cerebro

Nos distinos obxectos cando chegan fotóns de luz de distinta enerxía, parte son absorbidos e outra parte son reflectidos e captados pola retina do ollo.

A retina é capaz de diferenciar os fotóns de distinta enerxía, enviándolle diferentes sinais ao cerebro que interpretará como luces de distintas cores

Page 28: A luz e o son 2017

As cores son froito do procesamento dos fotóns de luz polo noso cerebro

Un exemplo de que é o noso cerebro o que asigna unha cor a cada tipo de fotón son as persoas daltónicas que ven as cores de distinta forma, ou outros animais que non diferencian as mesmas cores que as persoas poden ver outros radiacións como as infravermellos

Page 29: A luz e o son 2017

Como vemos a cor dos obxectos que non teñen luz propia?

Cando a luz branca composta de fotóns de distintas enerxías alcanza por exemplo unha parede vermella, a parede absorbe todos os fotóns agás os de a enerxía que o noso cerebro interpreta como vermello, que son reflectidos e chegan ao noso ollo.

Daquela o noso cerebro inventa a cor vermella, pero a

parede non ten cor

Page 30: A luz e o son 2017

Luz e visión

Fonte de luz primaria

(Corpo luminoso)

Fonte de luz secundaria

(Corpo iluminado)

Page 31: A luz e o son 2017

Tipos corpos iluminados

Os corpos iluminados clasifícanse segundo a cantidade de luz que deixan pasar ao seu través en:

Opacos: impiden o paso total da luz, como os metais.

Transparentes: deixan pasar a luz, como os cristais ou a auga.

Translúcidos: os que permiten o paso parcial da luz, como o papel de fumar ou o cristalesmerilado, que deixa pasar a luz pero distorsiona a imaxe dos obxectos.

Page 32: A luz e o son 2017

As lentes refractan a luzO fenómeno de refracción da luz aprovéitase nas lentes. Unha lente é un disco de vidro ou plástico cunha ou dúas caras curvas. Cando a luz

pasa do do aire ao vidro, refráctase,; e volve refractarse tras atravesar o vidro, ao pasar do vidro ao aire.

•As lentes converxentes son máis grosas polo centro ca polos bordos. Concentran os raios de luz. Unha lupa é un exemplo de lente converxente.

•As lentes diverxentes son máis grosas polos bordos ca polo centro. Dispersan os raios de luz. As lentes para tratar a miopía son un exemplo de lente diverxente.

Page 33: A luz e o son 2017

Aplicacións prácticas da reflexíon da luzCorrección defectos visión

O ollo ten a súa propia lente o cristalino

Page 34: A luz e o son 2017

Miopía

O cristalino é demasiado converxente, e os raios de luz crúzanse antes de chegar á retina, co resultado de que a visión é borrosa

Este defecto corríxese pondo diante do cristalino unha lente diverxente.

Page 35: A luz e o son 2017

Hipermetropía

Os raios de luz baten contra a retina sen chegar a cruzarse;corrixese con lentes converxentes

Page 36: A luz e o son 2017

Contaminación acústicaA lexislacion europea acepta como limite

maximo 65 decibeis durante o dia e 55 pola noite.

120 db sensación dolorosa

MEDIDAS CONTRA A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA

ACTIVAS PASIVAS

Page 37: A luz e o son 2017

Contaminación lumínica

MEDIDAS CONTRA A CONTAMINACIÓN LUMÍNICA

Page 38: A luz e o son 2017

Analoxías e diferenciasAnaloxías:

•Propáganse mediante ondas

•Transmiten enerxía sen realizar un transporte de materia

•Os seres vivos utilizamos ambos os dous fenómenos para recibir e transmitir información

Diferencias

•Transmisión: O son é producido pola transmisión da vibración nos medios materiais (gases, líquidos ou sólidos); a luz é enerxía electromagnética(fotóns) que se transmite no baleiro, non require de materia para se propagar

•Velocidade: a luz viaxa a moita máis velocidade que o son. Así a luz ten unha velocidade máxima de 300.000.000 m/s no baleiro (sendo menos nos medios materiais); mentres que o son ten unha velocidade de 340 m/s en el aire.