A lectura, unha chave de futuro - cultura.gal · Deámoslles aos libros a impor-tancia que teñen,...

37
A lectura, unha chave de futuro

Transcript of A lectura, unha chave de futuro - cultura.gal · Deámoslles aos libros a impor-tancia que teñen,...

Page 1: A lectura, unha chave de futuro - cultura.gal · Deámoslles aos libros a impor-tancia que teñen, transmitá - moslles o valor da lectura ás xeracións máis novas e, coma en todo,

A lectura,unha chave de futuro

Page 2: A lectura, unha chave de futuro - cultura.gal · Deámoslles aos libros a impor-tancia que teñen, transmitá - moslles o valor da lectura ás xeracións máis novas e, coma en todo,

EditanXunta de Galicia

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaSecretaría Xeral de Cultura

e Ronsel de Ideas

Coordinación e contidosRonsel de Ideas (R. Noguerol / R. Vilar)

Deseño e maquetaciónDistrito Xermar

ColaboranLetra en Obras

Botóns

Ano2016

Page 3: A lectura, unha chave de futuro - cultura.gal · Deámoslles aos libros a impor-tancia que teñen, transmitá - moslles o valor da lectura ás xeracións máis novas e, coma en todo,

3

ÍNDICE

A lectura, unha chave para a vida 4

Antes da chegada das letras, a ler tamén se aprende 6

Os libros e as idades 8

A lectura en familia. Algunhas regras básicas 10

A lectura nun mundo dixital. Novos retos 12

As librarías e as bibliotecas, espazos comúns 14

A biblioteca da nosa casa 16

Proposta de actividades 17

Compartindo experiencias 20

Bibliografía 36

Page 4: A lectura, unha chave de futuro - cultura.gal · Deámoslles aos libros a impor-tancia que teñen, transmitá - moslles o valor da lectura ás xeracións máis novas e, coma en todo,

4

A lectura é unha das fun-cións máis complexas quepode desenvolver o nosocerebro. Ao ler, á vez quedescodificamos un sistemade códigos, informámonos,analizamos e interpretamos. Esteexercicio intelectual, que nos podeparecer tan simple unha vez adquirido,potencia de xeito extraordinario capacidades bási-cas para a vida diaria: a atención, a imaxinación, amemoria, a reflexión ou orazoamento. Un lector teráante si moitas chaves quelle axudarán a ver a reali-dade dende numerosasperspectivas. A capaci-dade lectora, como activi-dade intelectual, necesitade tempo e práctica.

Como pais e/ou responsa-bles da educación de nenas e nenos, aspiramos aofrecerlles todas as ferramentas que lles axuden a

ter un mellor futuro per-soal e profesional. Nesaformación primeira xogaun papel determinante o

hábito lector. Ninguén du-bida de que os nenos que len

de xeito habitual desenvolvenhabilidades que lles permiten coñe-

cer mellor o mundo que os rodea etamén os sentimentos propios e os das demais per-soas.

Cada vez máis, o mer-cado demanda profesio-nais moi especializados,expertos en materias con-cretas. Mais antes denada, as mulleres e oshomes somos persoas atempo completo, as 24horas do día e os 365 díasdo ano. Unha base cultural

sólida faranos mellores especialistas pero, o que émáis importante, medraremos humanamente.

os nenos que len de xeito habitual de-senvolven habilidades que lles permi-ten coñecer mellor o mundo que osrodea e tamén os sentimentos propios

e os das demais persoas

1. A lectura, unha chave para a vida

Page 5: A lectura, unha chave de futuro - cultura.gal · Deámoslles aos libros a impor-tancia que teñen, transmitá - moslles o valor da lectura ás xeracións máis novas e, coma en todo,

5

Hai unha dimensión socialda lectura que non pode-mos esquecer. As socieda-des precisan de individuosformados que participen dexeito construtivo na resolución detoda clase de desafíos. Un colec-tivo humano no que o hábito lectorestea estendido será, sen dúbida, máis demo-crático, máis plural e máis re-solutivo.

Temos claro que necesitamoslectoras e lectores, cidadáns li-bres que sexan quen de inter-pretar o seu tempo. E na nosaman tamén está conseguilo.Deámoslles aos libros a impor-tancia que teñen, transmitá-moslles o valor da lectura ás xeracións máis novas e,coma en todo, empecemos por cambiar nós mes-mos, o noso contorno máis inmediato. Esta guía nonpretende outra cousa que lembrar a importancia quetemos todos na tarefa de lograr unha sociedade máisculta e, especialmente, os que teñen a responsabili-dade directa de educar os máis pequenos.

Antes incluso de que a rapazada aprenda a ler, épreciso que comprenda a importancia da lectura. Acuriosidade e a motivación dende as primeiras eta-pas da vida poden ser decisivas á hora de achanzar-lles o camiño. Non perdamos tempo, xa se sabe quea miúdo o urxente non é o máis importante. E a lec-tura é, sen dúbida, unha ferramenta de crucial im-portancia para o futuro dos nosos nenos.

Sostemos que ler tamén é divertido, pero non nos en-ganemos, ler require esforzo e unha constancia queten moito que ver cunha carreira de fondo. Comopais e nais, como adultos responsables de cativos,debemos ser conscientes desta premisa.

ler require esforzo, constancia, eten moito que ver cunha carreirade fondo. Como pais e nais, comoadultos responsables de nenos,debemos ser conscientes desta

premisa

Page 6: A lectura, unha chave de futuro - cultura.gal · Deámoslles aos libros a impor-tancia que teñen, transmitá - moslles o valor da lectura ás xeracións máis novas e, coma en todo,

6

A formación de futuroslectores, como todos osprocesos de educación in-fantil, é tarefa, en primeirolugar da familia, posterior-mente da escola e tamén,noutros graos diferentes, da socie-dade no seu conxunto (a administra-ción, medios de comunicación etc). Mais,sen dúbida ningunha, é ás familias a quen lle corres-ponde un papel primordialno achegamento dos máispequenos á lectura.

En demasiadas casasaínda se considera queestimular o gusto pola lec-tura non é unha responsa-bilidade familiar. Coidanque esta misión lle vai co-rresponder en exclusiva aoprofesorado cando os ra-paces principien a súa andaina escolar. Nada máislonxe da realidade. O gusto pola lectura tamén é

unha herdanza familiar.Canta máis importanciae estima se lle outorgue aesta actividade na casa,

máis posibilidades de quese adquira o gusto polos li-

bros.

Dende os primeiros meses, moito antes deque cheguen as competencias na lectoescrita, é bá-

sico que lles falemos, quelles contemos historias, quexoguemos coa entoacióne que lles leamos libros.Este primeiro contacto coaoralidade é un preámbuloimprescindible que axu-dará pouco máis adiante aque non sexan obxectosestraños. A emoción, a fas-cinación primeira, iráabrindo o camiño para

conseguir a desexada autonomía lectora futura.Cómpre telo en conta.

2. Antes da chegada das letras, a ler tamen SE aprende

o gusto pola lectura tamén é unhaherdanza familiar. Canta máis

importancia e estima se lle outorguea esta actividade na casa, máis posibilidades de que se adquira o

gusto polos libros

Page 7: A lectura, unha chave de futuro - cultura.gal · Deámoslles aos libros a impor-tancia que teñen, transmitá - moslles o valor da lectura ás xeracións máis novas e, coma en todo,

7

Canto antes comecemosa axudarlles, máis grandevai ser a posibilidade deéxito. Canto máis tardemosen estimular os nosos fillos,máis complicado será inculcaro hábito lector. O que lles conta-mos antes de durmir ou nos momen-tos de lecer é o alicerce no que se asentao primeiro achegamento á lectura. Os máis peque-nos da casa están desexosos de oír historias, de des-cubrir un universo descoñecido. Na nosa man estáincentivar este interese, espertar a sede polo coñe-cemento e facerlles ver que os libros son a mellor ma-neira de acceder a el.

Antes de ler, diante de nós hai un mundo que desci-frar. As letras non só están, nin moito menos, nos libros.Nas rúas, na nosa vida cotiá, hai milleiros de códigose de estímulos de lectura: si-nais de tráfico, letreiros de ne-gocios, logotipos de coches,carteis... Podemos xogar coneles a descifralos, explicarllesque significan determinadossímbolos, sorprenderanos verque dende moi cativos sonquen de interpretalos. Osnenos e as nenas están dese-xosos de adquirir coñecementos do espazo que nosrodea. Non o esquezamos nunca, dende as primei-ras semanas de vida.

Pero ademais do anterior, tamén é sumamente im-portante que vexan que a lectura forma parte dasnosas vidas, que non é algo alleo a nós. Os pais, asnais, os avós... somos un modelo para os cativos entodos os aspectos da vida. Que nos vexan gozandoda lectura é a mellor das estimulacións posibles.

os máis pequenos da casa estándesexosos de oír historias, dedescubrir un universo descoñe-cido. Na nosa man está incenti-

var este interese

Page 8: A lectura, unha chave de futuro - cultura.gal · Deámoslles aos libros a impor-tancia que teñen, transmitá - moslles o valor da lectura ás xeracións máis novas e, coma en todo,

8

Temos que ter en contaque hai libros adecuadospara cada etapa da infan-cia, incluso para os bebés.Como xa dixemos, nos pri-meiros anos de vida as nosaspalabras son o mellor achega-mento aos libros, mais iso non signi-fica que os pequechos non deban irfamiliarizándose con eles como obxecto. Velaquí al-gunhas orientacións de libros que facilitarlles segundoidades.

Antes de saber ler

• Nos seis primeiros meses son útiles os librosfeitos de materiais especiais que non repre-sentan perigo. Achegarase a eles, tocaraosou incluso xogará a esmagalos. Está no pro-ceso de familiarizarse co obxecto

• Dende os 6 aos 12 meses hai libros feitoscon materiais pensados para eles. É habitualque conteñan imaxes reais que lle son facil-mente recoñecibles.

• De un a dous anos,buscaremos libros ondepredominen as ilustraciónse os textos que nós lle ire-

mos lendo. Eles serán os en-cargados de asociar letras e

imaxes.

• Entre os dous e os tres anos aos rapacesxa lles interesan lecturas secuenciais (inicio,nó e desenlace).

• De tres a seis anos: nesta etapa os librosson un magnífico xeito de reforzar as rela-cións familiares. A ilustración de calidadexoga un papel fundamental.

Etapa lectora

• A partir dos seis anos, e nalgúns casos xaantes, comezan a desenvolver a capaci-dade de ler. É este un momento idóneo paraasentar o hábito lector porque os rapacesestán marabillados de poder descifrar unstextos que ata hai pouco eran simplemente

3. Os libros e as idades

Page 9: A lectura, unha chave de futuro - cultura.gal · Deámoslles aos libros a impor-tancia que teñen, transmitá - moslles o valor da lectura ás xeracións máis novas e, coma en todo,

9

inintelixibles. Po-demos buscarnarracións sinxe-las, contos tradicio-nais ou poemas ecancións infantís.

• Entre os nove e os doceanos os rapaces desenvolvenunha forte autonomía lectora. Buscan li-bros que respondan aos seus intereses e de-bemos potenciar a súa independencia senabandonalos. É importante que observemosos seus gustos e como estes van variando.Non debemos criticar as súas eleccións, haique valoralas e, ao mesmo tempo, suxerir-lles alternativas de calidade contrastada.Nesta etapa acostuman buscar narraciónsfantásticas, mitolóxicas pero tamén historiasda vida real e obras divulgativas (mundo ani-mal, ciencia, formas de vida diferentes dou-tras culturas etc.)

• A partir dos doce anos. Chegada a ado-lescencia, é importante seguilos acompa-ñando e ser conscientes de que aautonomía como lectores está un poucomáis preto. Debemos coñecer as súas in-quedanzas e manter un diálogo no que asuxestión sexa a guía. Se diciamos que a im-posición sempre é mala estratexia, nestaetapa o seu resultado aínda será máis con-traproducente.

Page 10: A lectura, unha chave de futuro - cultura.gal · Deámoslles aos libros a impor-tancia que teñen, transmitá - moslles o valor da lectura ás xeracións máis novas e, coma en todo,

10

Xa dixemos que a familiamáis achegada ten unhaimportancia notable naadquisición do hábito lec-tor. Sen dúbida, todos os queparticipamos na educacióndos nenos e nenas temos unharesponsabilidade. Deixámosvos DEZPRINCIPIOS REITORES que contribuirán acrear os bos lectores e lectoras do futuro:

1) O noso exemplo

Tal e como dixemos no apartado anterior, os adultossomos un espello para os nenos cos que nos relacio-namos. Que vexan que temos unha relación cons-tante e pracenteira cos libros é algo que os animaráa se achegaren a eles.

2) Escoitar e dialogar

Dende que comezan a falar con certa fluidez, os pe-quechos teñen curiosidade, queren coñecer e trans-mitir á súa vez os seus pensamentos e emocións.Necesitan tempo e, sobre todo, calidade desta (diá-

logo, atención...). É impor-tante escoitalos e ensinar-lles que moitas respostas ássúas preguntas están gar-

dadas en libros.

3) Compartir

Compartamos libros e lecturas con eles:lermos contos xuntos e lembrar a importancia dos

volumes como obxecto (lembra que incluso hai for-matos apropiados para os bebés)

4) Propoñer, nunca impoñer

A lectura nunca se pode converter nunha obriga.Queremos formar futuros lectores, que o sexan todaa vida, para iso é transcendental espertarlles o inte-rese e buscar a súa complicidade.

5) Acompañar nos primeiros tramos do camiño

Habitualmente, nas casas preocupámonos máis domomento no que os nenos comezan a ler que dasetapas posteriores. Hai que estar atentos á súa evo-

4. A lectura en familia. Algunhas regras basicas

Page 11: A lectura, unha chave de futuro - cultura.gal · Deámoslles aos libros a impor-tancia que teñen, transmitá - moslles o valor da lectura ás xeracións máis novas e, coma en todo,

11

lución como lectores,convidalos a que nos con-ten a súa experiencia eaxudarlles cando o preci-sen.

6) A constancia

Fomentar o gusto pola lectura non écuestión de días, nin de semanas, nin de meses. Aeducación é un acompañamento do neno dendeos primeiros anos ata que, superada a adolescencia,é xa un adulto pleno. Reservemos a diario un pe-queno espazo para ler.

7) O respecto

Cada un de nós ten gustos literarios moi diversos egústanos ler en diferentes momentos e situacións. Te-ñamos en conta que isto tamén é aplicable aos pe-quenos. Por iso é fundamental coñecer os seus gustose, aínda que poidamos propoñerlle outras lecturas,tamén saber respectalos.

8) As bibliotecas e as librarías son aliadas

É importante visitar con regularidade lugares onde oslibros son protagonistas, como é o caso das bibliote-cas ou das librarías. Facerse usuario da bibliotecamáis próxima ou acudir unha vez ao mes a unha li-braría para saber das novidades editoriais (sobre todoas destinadas á súa idade) supón un gran reforzo.Lembra que nestes espazos a miúdo se programanactividades de animación.

9) Estimular, recompensar

Ao igual ca nós, en cada momento os pequenosteñen as súas inquedanzas. Hai veces que estarán in-teresados en coñecer o universo, en saber máis decomo se vivía antigamente ou sobre un deporte en

concreto. Podemos sor-prendelos cun libro rela-cionado coa súacuriosidade. Non ten por

que ser soamente com-prando o exemplar, tamén po-

demos pedilo emprestado nabiblioteca.

10) Organización

A planificación axuda na tarefa de fomentar o pracerpola lectura. É moi pedagóxico que dende moi ca-tivos teñan a súa propia biblioteca persoal. Un nenoou nena de tres anos pode e debe ter un espazopara os seus primeiros libros e tamén é importanteque aprenda a telos recollidos. Segundo vaian me-drando, e a súa biblioteca vaia aumentando, pode-mos ensinarlles a organizalos por determinadoscriterios (autores, temáticas etc.).

Page 12: A lectura, unha chave de futuro - cultura.gal · Deámoslles aos libros a impor-tancia que teñen, transmitá - moslles o valor da lectura ás xeracións máis novas e, coma en todo,

12

A maior parte das propos-tas que se fixeron nosapartados anteriores pro-veñen de metodoloxías quelevan décadas aplicándosee que teñen demostrado resul-tados satisfactorios. Agora ben, énecesario ter en conta que vivimosnunha época onde os cambios tecnolóxi-cos son máis vertixinosas que nunca. Nos últimos 20anos produciuse un acceso universal e masivo a in-ternet e espallouse canda a rede unha nova cultura:a dixital.

Cada vez hai máis autoresque chaman a atenciónsobre os cambios no pro-ceso lector que van apare-llados ás novas tecnoloxías.Un exemplo é o de Pa-ciano Merino e José Luis Po-lanco, no seu libro Formar lectores en la era digital,defenden que “se non podemos nin debemos pres-cindir de internet; se, por outro lado, é certo que estemedio está fomentando novos hábitos intelectuais e

que estes están debili-tando determinadas ca-pacidades intelectuais; ese, por último, estas circuns-

tancias repercuten negativa-mente na calidade lectora,

entón é necesario desenvolverunha aprendizaxe da lectura en pa-

ralelo, dentro e fóra da rede. Dentro por-que, como xa dixemos, internet é irrenunciable; e fóraporque sabemos que algunhas das habilidades inte-lectuais que unha boa lectura require se poden con-

seguir dende soportes máissimples (...).

A distinción entre os doustipos de lectura faise nece-saria e o lector debe serconsciente de que está re-alizando actividades inte-lectuais diferentes, aínda

que nos dous casos estea lendo. A ameaza para alectura non está en internet, senón en crer que narede se pode ler igual que se le fóra dela; en crer queambas as lecturas son a mesma, ou en deixar que a

5. A lectura nun mundo dixital. Novos retos

a ameaza para a lectura non está eninternet, senón en crer que na rede sepode ler igual que se le fóra dela

Page 13: A lectura, unha chave de futuro - cultura.gal · Deámoslles aos libros a impor-tancia que teñen, transmitá - moslles o valor da lectura ás xeracións máis novas e, coma en todo,

13

práctica dunha conta-mine a outra (...)”

Coma moitos outros auto-res, defenden que, diantedos profundos cambios que seproduciron no eido social e tec-nolóxico, é preciso engadir novas es-tratexias para lograr un “hábito lectormaduro”. Esgrimen a teoría de que é preciso uncambio “da animación á formación do carácter dolector”.

Algunhas estratexias necesarias:

• Fomentar a concentración. A miúdo a in-formación dixital baséase na rapidez de ac-tualización e de consumo, mais a lectura enprofundidade precisa de concentración, si-lencio e incluso meditación. É importante,pois, que inculquemos estes valores asocia-dos á lectura. Os rapaces teñen que poderler en áreas libres de interrupcións (televisión,computadoras, teléfonos...). Falamos deaprender a diferenciar distintos planos delectura.

• A actitude receptiva. Ler é, en certo xeito,un diálogo entre autor e lector, por iso é tanimportante a actitude receptiva deste úl-timo.

• O silencio. Hoxe, máis que nunca, é fun-damental poñer en valor o silencio, comoaliado necesario para unha lectura atenta ereflexiva.

Page 14: A lectura, unha chave de futuro - cultura.gal · Deámoslles aos libros a impor-tancia que teñen, transmitá - moslles o valor da lectura ás xeracións máis novas e, coma en todo,

14

Dende ben pequenos, in-cluso antes de que adqui-ran as primeiras destrezascomo lectores, é moi útilachegarnos a espazos físicosonde o libro é protagonista.Tanto nas librarías coma nas bi-bliotecas os nenos aprenden novosconceptos sobre o uso e gozo dos librose, paralelamente, comproban que a lectura é unhapráctica social que non se circunscribe só ao fogar.

a) As bibliotecas

Busca a biblioteca máis próxima ao teu do-micilio (barrio, parroquia ou concello). Estesrecintos públicos teñen as súas regras básicasde funcionamento coas que os pequenos sedeben ir familiarizando. Comezaremos polascuestións máis básicas: o espazo dos librospara adultos e o infantil.

O seguinte paso é ir vendo a distribución te-mática dos libros. Para comprendelo, nadamellor que o uso habitual das instalacións.

Nestas, os pícaros entende-rán as múltiples caras dalectura: o entretemento e ocoñecemento, a informa-

ción e a formación... Cando oseu propio desenvolvemento o

vaia permitindo, debemos fomen-tar a súa autonomía como usuarios:

onde pode ler, como se fai o préstamo oua relación cos bibliotecarios.

Mais hai un factor que é quizais o máis im-portante: a relación co mundo do libro e dacultura en xeral. Nas bibliotecas máis diná-micas hai unha programación que axuda aasentar o hábito lector: presentación de li-bros, visitas de autoras, talleres de anima-ción á lectura, concursos, contacontos etc.Busca esta oferta no teu concello (se non ates no teu municipio, de seguro que hai al-gunha biblioteca de referencia na co-marca). Acudir ás actividades infantís queprograman moitas bibliotecas é, sen dú-bida, un xeito extraordinario de que os futu-ros lectores se acheguen a ela dun xeito

6. As librarias e as bibliotecas, espazos comuns

Page 15: A lectura, unha chave de futuro - cultura.gal · Deámoslles aos libros a impor-tancia que teñen, transmitá - moslles o valor da lectura ás xeracións máis novas e, coma en todo,

15

ameno e diver-tido.

b) As bibliotecasescolares

As bibliotecas escolaresmerecen un apartado deseu xa que son unha garantíaesencial para que todas as nenas e nenospoidan acceder a fondos bibliográficos pú-blicos de calidade. O alumnado, dendeque principia a súa andaina escolar, acos-túmase a un uso frecuente do servizo depréstamo. Con isto foméntase un hábitoque, sen dúbida, pode ser decisivo unha vezque remata a escolaridade.

Non debemos esquecer que a misión últimadas bibliotecas é a de unificar e centralizaros recursos bibliográficos do centro para unbo aproveitamento da comunidade esco-lar. Mais a biblioteca é tamén un espazo di-namizador que fomenta o pracer da lecturae favorece o acceso á cultura.

É moi importante ter en conta que comopais e nais tamén podemos, e debemos,implicarnos no traballo das bibliotecas esco-lares. O primeiro paso é interesarnos pololabor que fan cos nosos fillos e fillas. O se-guinte é saber que as familias forman parteda comunidade lectora do centro e que asúa implicación é unha extraordinaria axuda

á hora de asentar o hábitolector dos máis cativos.

c) As librarías

Como familia temos espazospara o ocio: dar un paseo, tomar

un refresco, un día de praia... É im-portante que as visitas ás librarías formen

parte destes lugares comúns. Cada certotempo, podemos acudir á libraría e formaraos pequechos como usuarios e consumi-dores responsables.

Ao igual que no caso das bibliotecas,dende moi cedo poden aprender que as li-brarías teñen unha orde temática que faci-lita a busca de exemplares. É bo que vexanas novidades que poidan ser do seu inte-rese, que as analicen antes da posible com-pra, que escollan, descarten... En fin, quevaian formando o criterio propio de lector.

Nin que dicir ten que non é necesario mer-car un libro cada vez que entramos nun es-tablecemento. Os pequechos poden deixarelixidos exemplares que despois buscaránna biblioteca ou que mercarán máisadiante. Tamén é importante que observenque agasallamos con libros a xente queapreciamos. Non temos porque agardar porningunha data especial: o libro é un produtode consumo habitual, non excepcional.

Ao igual ca no caso das bibliotecas, é bo ter enconta que as librarías máis especializadas acostu-man programar con regularidade actividades de ani-mación á lectura.

A ameaza para a lectura non está en in-ternet, senón en crer que na rede se pode

ler igual que se le fóra dela

Page 16: A lectura, unha chave de futuro - cultura.gal · Deámoslles aos libros a impor-tancia que teñen, transmitá - moslles o valor da lectura ás xeracións máis novas e, coma en todo,

16

Comentabamos no apar-tado anterior que a biblio-teca é unha boacimentación á hora de for-mar futuros lectores. Peroademais das bibliotecas públi-cas (de barrio, municipais, esco-lares...), hai unha que é a máispróxima de todas: a da casa. Que os ca-tivos teñan unha de seu fará que aprecien máis osseus libros e á vez estimulará o hábito da lectura.

Pero, como crear esa biblioteca? O primeiro labor éo de buscar o espazo da casa onde o neno ou nenase sinta máis cómoda e teña un fácil acceso aosexemplares. Un dos lugares que habitualmente mellorresponden a estes parámetros é o propio dormitorio.É moi recomendable buscar un lugar facilmente ac-cesible e que estea á súa altura (minimizaremos asío risco de accidentes por estaren os libros en lugareselevados).

A primeira biblioteca pode, e debe, conformarsebastante antes de que o rapaz teña unha compe-tencia lectora. É importante que os libros que lle

lemos e os de ilustraciónsque el utiliza teñan un es-pazo propio. O neno ou anena será a encargada de

ir recollendo e ordenando,na medida das súas posibilida-

des. Segundo pase o tempo, onúmero de exemplares irá me-

drando. Aí é cando podemos traballar acolocación de libros por formato, xénero, autor... Haique ter en conta que o propietario da biblioteca in-fantil tamén ten que ter voz e voto no xeito de ordenaro seu pequeno universo de libros.

7. A biblioteca da nosa casa

Page 17: A lectura, unha chave de futuro - cultura.gal · Deámoslles aos libros a impor-tancia que teñen, transmitá - moslles o valor da lectura ás xeracións máis novas e, coma en todo,

17

Arredor do libro como ob-xecto ou como pretexto,podemos facer nas nosascasas actividades queacheguen os máis pequenosá lectura. Dámosvos aquí al-gunhas ideas.

DENDE OS PRIMEIROS DÍAS DE VIDA

Non nos cansamos de dicir que a animación á lec-tura principia dende que os nosos e fillos e fillas sonbebés. É bo estimulalos léndolles, contándolles, te-cendo un vínculo de comunicación entre pais e fillos.Temos na nosa man estimular o pracer de escoitar,de imaxinar e de aprender.

É importante que teñamos en conta que nestas eta-pas iniciais é fundamental crear climas de tranquili-dade e sosego que favorezan a transmisión dapalabra e a atención dos máis pequechos.

As actividades para animar a lectura nesta etapa,como non podía ser doutro xeito, céntranse na ora-lidade. Leámoslle contos e poemas moi sinxelos,

onde prime a sonori-dade, cantémoslle e nonnos esquezamos de xogarcos libros (xa dixemos que

hai formatos axeitados atodas as idades, tamén para

bebés).

ETAPA INFANTIL/PRIMARIA

A hora do conto

Subliñamos xa a importancia de que, mesmo antesde adquiriren as competencias na lecto-escrita, oscativos se afagan á presenza habitual dos libros nassúas vidas. Un excelente xeito de construír ese camiñoé a 'institucionalización' dunha "hora do conto". Untempo fixo, a poder ser diario, no que o adulto lecanda o neno ou nena un libro.

Debuxar o conto

Recordar durante outro momento do día co cativo oconto que se leu ou se está lendo e suxerirlle debuxarun momento ou personaxe que lle chamase a aten-

8. Actividades

Page 18: A lectura, unha chave de futuro - cultura.gal · Deámoslles aos libros a impor-tancia que teñen, transmitá - moslles o valor da lectura ás xeracións máis novas e, coma en todo,

18

ción ou lle gustase espe-cialmente. Poñendo sobrepapel e coas súas pinturasa idea que ten sobre o re-lato, o neno interioriza á vezque interpreta ese mundo ima-xinario.

Xogar o conto

De xeito espontáneo, os cativos xa levan en moitasocasións os personaxes e historias dos que escoitanaos seus xogos cotiás. Bonecos e xoguetes diversospoden converterse así en ferramenta de dramatiza-ción do conto para eles, onde a través dos seus en-redos habituais xoga a imaxinar tamén os relatos quese lle van contando.

Que acontecería se...?

Un dos clásicos de entre as magníficas ideas quepoden atoparse na Gramática da Fantasía, deGianni Rodari, é o que xera a simple frase “Que pa-saría se...?” estimulando a imaxinación en múltiplesposibilidades. Rodari fala, por exemplo, de escollerun suxeito e un predicado ao azar. Pero tamén aofío dun conto dado xera moitas posibilidades: quepasaría se tal personaxe fixese tal cousa e non taloutra?

Máis aló do final

Ese "fin" que todo libro posúe pode significar tantosatisfacción como frustración, na medida en quesexa un final aceptado ou non pola cativada.Pero antes de dar paso ao novo libro, ás vecespode dar moito xogo previo. O propio pícaro moi-tas veces ten algunha pregunta ao respecto. De-sapareceu o monstro de verdade? E ti quepensas?

Visita á libraría

Ademais de traerlle libros aocativo de cando en vez da li-

braría, pode dar moito xogoque o menor acompañe o

adulto na visita á libraría. Máis alóde que as librarías viñeron avanzando

neste aspecto e cada vez máis pasan aacoller actividades de animación lectora ou reservar

espazos de xogo para a cativería, pode ser moi útil ofeito de planificar conxuntamente a visita á libraría e deremexer xuntos entre as novidades, pasar páxinas, mirare remirar ata escoller finalmente o que máis lle guste.

Aprender a compartir

Un bo xeito de estimular a lectura entre “iguais” é fo-mentar o intercambio de libros cos amigos e amigas.Dende a casa podemos animalos a que lle reco-menden e presten aos compañeiros aqueles volu-mes que máis lles gustaron e que tamén traian paraa casa outros. Esta práctica, especialmente reco-mendable cando os lectores comezan a gañar au-tonomía, axuda a que accedan a outras bibliotecasque non son a súa.

NO TREITO DE PRIMARIA E SECUNDARIA

Poesía vs. música

Poñemos unha peza musical da que nos interese es-pecialmente a súa letra. Escollemos algunha pezaque fose composta a partir dalgún poemario. Cha-mámolo a escoitar a letra e preguntámoslle quepensa. Explicámoslle por que consideramos que éespecial esa letra. Comentámoslle que a peza estáinspirada en certo poema e autor. Aproveitamospara comentarlle que na biblioteca probablementetemos o libro en cuestión.

Page 19: A lectura, unha chave de futuro - cultura.gal · Deámoslles aos libros a impor-tancia que teñen, transmitá - moslles o valor da lectura ás xeracións máis novas e, coma en todo,

19

Planificando a viaxe

Aproveitando que imos via-xar a unha zona determi-nada ou visitar outra cidade,animámolo a buscar informa-ción ao respecto. De camiño eunha vez aló, deixamos que nos in-forme e nos sorprenda sobre o que apren-den sobre ese lugar.

Libro vs. película

Convidámolo a ler un libro sobre o que sabemos quese fixo unha película para descubrir ao remate quecousas cambiaron, se responde ás expectativas, quecousas nos gustan máis ou menos.

Lemos as novas do día

A lectura non só está nos libros. Cómpre lembrar quepodemos estimulala con moitos outros formatos.Unha proposta que xeralmente funciona ben é selec-cionar algunhas novas dun xornal e comentalas enfamilia, en especial as que afectan máis directa-mente. Que opina o rapaz ou rapaza?

Dende que os nenos teñen certa soltura na escrita (apartir dos sete anos) podemos xogar a elaborar o xor-nal ou semanario da nosa casa. Neste infórmase doque aconteceu ao longo da semana e tamén dosproxectos de futuro da familia.

Page 20: A lectura, unha chave de futuro - cultura.gal · Deámoslles aos libros a impor-tancia que teñen, transmitá - moslles o valor da lectura ás xeracións máis novas e, coma en todo,

20

9. Compartindo experiencias

Leticia Barbadillo

Ledicia Costas

Emi Candal

Miguel Ángel Alonso Díz

Ester Castro García

Mercedes Queixas

Xosé Antonio Formoso Lado

Santi Veloso

Cristina Novoa

Espazo Lectura

Page 21: A lectura, unha chave de futuro - cultura.gal · Deámoslles aos libros a impor-tancia que teñen, transmitá - moslles o valor da lectura ás xeracións máis novas e, coma en todo,

21

LETICIA BARBADILLO

Esta coruñesa, licenciadaen Comunicación Audiovi-sual, mantén o blog “Se ovello Simbad tivese fillos”, unhadas referencias na rede galegasobre a vivencia da maternidade,cos seus proles e contras cotiáns. Sabeben do que fala, na casa de Leticia Barbadillo xason familia numerosa. Hai apenas un ano naceu oterceiro do seus fillos.

No día a día da súa casa os libros están moi presen-tes. Considera que é moi importante que osnenos“xoguen cos libros, sen lelos, que perdan omedo a esfolalos, que sexan un xoguete máis dendeben pequenos... relacionarse con eles de ti a ti, poloque vexo co meu pequeno, é el quen colle os contosdos irmáns e demanda que llos contemos.”

Leticia ten claro que o que funciona no fogar á horade buscar espazos para o encontro cos libros: “Haique construír a rutina da lectura familiar, procurandoque sexa un momento com-partido e agradable, dendebebés. Hai que buscar o mo-mento máis receptivo, quenon en todos os nenos ten porque ser antes de durmir, ebuscar contos atractivos tantopara eles como para nós: éimportante tamén que goce-mos contándoos. Nese sen-tido, os contos en versoresultan moi atractivos paraeles e obrigan ao narrador, pola súa forma, a uncompromiso maior na lectura, a facela máis teatrale atractiva”

que é moi importante que osnenos “xoguen cos libros, senlelos, que perdan o medoa esfolalos, que sexan unxoguete máis dende ben

pequenos

Page 22: A lectura, unha chave de futuro - cultura.gal · Deámoslles aos libros a impor-tancia que teñen, transmitá - moslles o valor da lectura ás xeracións máis novas e, coma en todo,

22

LEDICIA COSTAS

É, sen dúbida, unha dasautoras de literatura infantile xuvenil máis destacadas domomento. Nacida en Vigo en1979, Ledicia Costas acadou so-noros éxitos entre a crítica e os lecto-res por obras como Escarlatina, acociñeira defunta, unha novela dirixida a nenos enenas de once e máis anos que está triunfando aléndas nosas fronteiras.

Costas ten moita experiencia directa coa rapazada,cada ano visita ducias de centros escolares para ato-parse cos seus lectores: “O que eu fago é falarlles noseu propio idioma. Nunca me sitúo nun plano supe-rior. Cóntolles as anécdotas que deron lugar a esteou aquel episodio que se relata no libro co que estántraballando na aula, normalmente nun rexistro humo-rístico. Trato de explicarlles que ler é algo único. Algoque os fará ser guapos por dentro. Ler alimenta o ce-rebro, a intelixencia e a imaxinación.”

Pero, máis aló das aulas, que podemos facer dentrodas familias? Aí van algunhas claves: “Algo tan sinxelocomo lerlles contos antes dedurmir crea un vínculo espe-cial, ao tempo que se em-peza a traballar o campo daimaxinación. Premialos cunhavisita a unha libraría e darlles aposibilidade de que escollanun libro, regalarlles un carnéda biblioteca... as opcións soninfinitas. Trátase de facerlles entender que a lectura éalgo distinto a todo. Unha viaxe marabillosa que estáao seu alcance.”

E comparte con nós unha última reflexión dirixida aospais e ás nais: “É importante que entendan que os li-

bros poden marcar as fu-turas inclinacións culturaise intelectuais dunha cativaou dun cativo. É esencial

que os libros sexan un ob-xecto familiar. Os pequenos len

por imitación. Se na casa hai li-bros, van ter curiosidade por saber

que cousas contan eses obxectos cheosde letras.”

lerlles contos antes de durmircrea un vínculo especial, ao

tempo que se empeza a traba-llar o campo da imaxinación

Page 23: A lectura, unha chave de futuro - cultura.gal · Deámoslles aos libros a impor-tancia que teñen, transmitá - moslles o valor da lectura ás xeracións máis novas e, coma en todo,

23

EMI CANDAL

Emi Candal é socia de Ur-dime, unha cooperativaque coordina numerosos es-pectáculos escénicos e obra-doiros culturais por toda Galicia.O seu público obxectivo é o infantil.Preguntámoslle como funcionan as acti-vidades externas de apoio á lectura: “teño com-probado que xeran un fabuloso tecido, a miña fillatiña moitas ganas de poder ler as cancións do librode Magín Blanco, A nena e o grilo nun barquiño,porque levaba xa anos mirando as ilustracións e de-sexaba poder lelas, así mo ten expresado. En moitasocasións teño visto a nais e pais en actividades re-lacionadas coa animación á lectura en bibliotecas,sendo esta a primeira vez que esas persoas adultasentran nese lugar, comentar como as nenas e osnenos que na súa casa non teñen interese polos li-bros alí cóllenos, falan coa narradora ou co narradorsobre as ilustracións, séntanse e len...”

Emi Candal tamén é nai dunha nena e para ela oproblema principal á hora de inculcar o hábito lec-tor na infancia parte dos adultos: “a maior dificul-tade está, como en casetodo o que ten que ver cosnenos, nas “cabezas” adultasque as rodean. Penso quedurante a infancia todas asaprendizaxes e experienciasnon deben ser presentadascomo necesarias ou funda-mentais para “o futuro”, polosimple feito de que en moitas ocasións “futuro” seentende como éxito, traballo, diñeiro... e non creoque este sexa o enfoque acertado, creo que o há-bito da lectura como outros hábitos deben vincu-larse mais ao pracer, ao gozo”.

a maior dificultade está, comoen case todo o que ten que vercoa rapazada, nas “cabezas”

adultas que as rodean

Page 24: A lectura, unha chave de futuro - cultura.gal · Deámoslles aos libros a impor-tancia que teñen, transmitá - moslles o valor da lectura ás xeracións máis novas e, coma en todo,

24

MIGUEL ÁNGEL ALONSODÍZ

Miguel Ángel Alonso é un li-cenciado en Economía queun día decidiu facer da súa vo-cación (a literatura) un xeito devida. Como escritor, ademais decontar con títulos poéticos dedicados aopúblico máis adulto, destaca especialmente poloéxito dos seus libros infantís: O cullarapo Croque ouA nena á que non deixaban ser feliz, entre outros.

Para Alonso Diz os pais (el tamén o é) deben ser moiconscientes da importancia que ten o hábito lectorno futuro dos nenos e nenas:“incide directamente na ca-pacidade de comunicación,na súa creatividade ademaisde fomentar a capacidadede desenvolver o pensamentocrítico e de crear un hábitoque favorece o estudio. Todasas capacidades inflúen dunxeito directo nas posibilidadesde éxito futuro dos seus fillos efillas. O mercado laboral demanda con maior inten-sidade perfís que cumpran estes requisitos”

Á hora de fomentar o gusto pola lectura, Alonsoaposta por achegarlles aos nenos historias coas queeles se poidan identificar dun xeito claro, cunha lin-guaxe adaptada e situacións facilmente traslada-bles á realidade. O escritor vigués considera que otradicional cómic, “ademais de fomentar a culturavisual, é unha fábrica de lectores. Ás veces un per-cibe que os pais e nais non valoran abondo estetipo de lectura”.

achegarlle ás crianzas historiascoas que eles se poidan

identificar dun xeito claro, cunhalinguaxe adaptada e situacións

facilmente trasladablesá realidade

Page 25: A lectura, unha chave de futuro - cultura.gal · Deámoslles aos libros a impor-tancia que teñen, transmitá - moslles o valor da lectura ás xeracións máis novas e, coma en todo,

25

ESTER CASTRO GARCÍA

Ester Castro é unha libreiraatípica, case unha excentri-cidade. O seu establece-mento está na Pontepedra, unpequeno núcleo que é, pola súavez, a capital dun municipio eminen-temente Tordoia (comarca de Ordes). Porpuras razóns de mercado, o libro é unha parte se-cundaria do seu negocio (estanco, papelaría...),porén, nunca faltan as novidades editoriais no seupequeno escaparate.

Como esperta unha libreira do rural o gusto pola lec-tura nunha pequecha? “O primeiro que fago é pre-guntar se lle gusta ler (case sempre é non). Despoispregúntolle polos seus gustos e, segundo a resposta,trato de convencelos paraque lean un libro o máis se-mellante posible a eses gus-tos. Iso si, coa promesa deque cando volvan por aquíme conten un pouco o argu-mento do libro e digan se llesgustou”.

Dende a súa experiencia,Ester Castro considera que nas casas “é fundamen-tal crear ambiente de lectura (predicar co exem-plo). Un libro ten que ser un agasallo obrigatoriodende a infancia. Opino tamén que non estaría desobra que nos involucrásemos nesa lectura e parti-cipásemos dela”.

Ela lembra perfectamente os primeiros libros quecaeron nas súas mans. Un deles foi O conde de Mon-tecristo, “grazas a unha pequena biblioteca que tiñaun veciño xa maior, do que tamén aprendín aquiloque nos dicía sempre: nenos, para saber, hai queandar ou ler”

é fundamental crear ambientede lectura (predicar co

exemplo). Un libro ten que ser unagasallo obrigatorio dende

a infancia

Page 26: A lectura, unha chave de futuro - cultura.gal · Deámoslles aos libros a impor-tancia que teñen, transmitá - moslles o valor da lectura ás xeracións máis novas e, coma en todo,

26

MERCEDES QUEIXAS

A coruñesa (e bergantiñá)Mercedes Queixas-Zas é es-critora e profesora de secun-daria. Mais Mercedes tamén é,entre moitas outras cousas, nai dedúas rapazas e secretaria xeral daAsociación de Escritores e Escritoras en Lin-gua Galega. Para ela “a educación, a formación,en xeral, é un proceso nunca pechado que debecompletarse ao longo da vida das persoas e a lec-tura é un complemento básico que acompañanesta viaxe de lecer e aprendizaxe”.

Dende a súa experiencia, o que mellor funciona coslectores e lectoras máis pequechos é “a naturalidadee a espontaneidade coa convivencia material cos li-bros dende o primeiro momento, dende ese intremáxico en que un bebé descobre que é quen de su-xeitar coas mans un obxecto e que lle pode achegaralgo novo: un olor, unha cor, unha imaxe, un tactodiferente…”.

Mercedes Queixas subliñaque un bo porto de partidacara á lectura é “a pequenabiblioteca persoal, individual,nese recuncho íntimo e aga-rimado que cada pequenoou pequena ten na súa casa.E, por suposto, nada mellorque aproveitar a lecturacomo elemento integradordun tempo familiar compar-tido e vivenciado conxuntamente, no que o diálogointerxeracional acada o seu maior protagonismo.”

Educar dende as casas ás futuras lectoras non éunha tarefa doada: “ O camiño ten que ser retro-alimentador e multidireccional, pois as familias non

educan soas os nenos,senón que se trata dunproceso de socializacióncolectiva en que a lectura

require visibilidade suxestivae oferta pública rica e plural.

A familia, a escola, a Administra-ción, o contorno socializador precí-

sanse como pontes que canalicen osafluentes da lectura, que nunca será un procesoríxido, estático, senón dinámico e evolutivo acordecon cada individuo. A lectura precisa e estimulatoda unha rede sensorial de afectos, de comuni-cación. Ningún espazo máis acaído que o familiarpara a inaugurar.”

un bo porto de partida cara álectura é “a pequena biblioteca

persoal, individual, nese recuncho íntimo e agarimadoque cada pequeno ou pequena

ten na súa casa

Page 27: A lectura, unha chave de futuro - cultura.gal · Deámoslles aos libros a impor-tancia que teñen, transmitá - moslles o valor da lectura ás xeracións máis novas e, coma en todo,

27

XOSÉ ANTONIOFORMOSO LADO

Aínda que naceu en Muros,leva anos residindo en Caión,unha pequena vila mariñeiraque marca a fronteira entre acosta bergantiñá e a coruñesa. Li-cenciado en Filoloxía Galega, é socio deFabaloba, unha cooperativa coñecida especiali-zada na área cultural e que ten xa unha considerableexperiencia en animación á lectura. Pero ademaisdo anterior, Xosé Antonio Formoso é pai dunha nenae dun neno. Cóntanos por escrito a experiencia dele da súa parella. Polo seu interese, decidimos repro-ducila textualmente.

“Non se nos ocorre nada especial, así que máis oumenos imos contar a nosa experiencia cotiá, quenon encerra grandes segredos.

Ter libros á man é básico, claro, pero tamén outrossoportes nos que ler. Hai uns anos aínda era comúnidentificar lectura e libro, perohoxe xa non ten escusa (senque isto implique ningunha in-clinación especial polas novastecnoloxías). Estas ofrécennosoutras posibilidades para ler etamén múltiples ferramentaspara vincular literatura e xogo,estou pensando en aplicación como Creappcuen-tos, Adobe Voice ou a gran cantidade de libros elec-trónicos ilustrados que permiten combinar a lecturacoa escoita e co xogo.

Ter libros á man, diciamos, no noso caso están ade-mais esparexidos por calquera parte da casa, unpouco coma os xoguetes. Hai que ensinar a recollere manter unha orde, si, pero non converter a biblio-teca e a lectura nun lugar e un hábito serio e gris.

Outro comentario habitualé que a rapazada vai lerse os pais len. Iso axuda,evidentemente, mais, que

pasa se os pais non len?Están condenados eses nenos

a non ler? O hábito da lecturaesixe un esforzo e pensamos que non

é doado collelo de adulto, non podendaquela eses pais non lectores criar fillos aos que llesguste ler? Coñecemos casos que testemuñan queparellas escasamente lectoras si son quen de facerque os cativos lean. Asesóranse en bibliotecas, libra-rías ou coas amizades e comparten cos fillos mo-mentos de lectura que van afacendo os nenos aesta.

Sobre isto de lerlles aos nenos recordo unha adver-tencia que lin hai anos en Espantapájaros Taller, unhaweb creo que colombiana sobre animación á lec-tura, onde se falaba dun erro común que consistíaen abandonar o hábito de lerlles aos nenos unha vezque estes xa eran lectores autónomos.

Nós seguimos lendo con eles(por agora só Tian é lector au-tónomo) e non só na “hora doconto” antes de ir durmir. Cal-quera momento é bo para serelaxar un momento cunhapequena historia. Ás veces

non “lles lemos”, senón que “lemos canda eles” (oucanda Tián xa que Sabela aínda non le ela soa).Quero dicir que nos poñemos xuntos cada quen a lersúa cousa.

Outra cousa que pode ser positiva é vincular aquiloque sae nos libros co momento e co espazo doxogo, por exemplo: facendo pequenas representa-cións dos contos nos que cada membro da familiainterpreta un dos personaxes da historia; identificando

sempre lle oín aos vellos que eraimportante falarlle moito aos

cativos

Page 28: A lectura, unha chave de futuro - cultura.gal · Deámoslles aos libros a impor-tancia que teñen, transmitá - moslles o valor da lectura ás xeracións máis novas e, coma en todo,

28

tal paxaro que ves no bosque co que sae nun contoou se estás sachando na leira contarlle a historia dasfabas máxicas. Este día, por exemplo, estabamos aler o volume da Historia da biblioteca básica dos Bo-lechas e a Sabela chamoulle a atención o do muíñode man, así que fomos á praia buscar uns seixosacaídos e despois estivemos estragando millo a es-galla. En fin, iso, vincular o xogo co que aparece noslibros.

Ademais do xogo, a propia conversa. Sempre lles oínaos vellos que era importante falarlles moito aos ca-tivos, e velaí que nos libros tes moitos temas quepoden dar para conversas moi interesantes. Iso léva-nos tamén á importancia da literatura oral e a desen-volver o gusto pola palabra. Se lles gusta escoitar, émáis doado que lles guste ler, que vén sendo omesmo. Non podemos quedar só nos contos, taménhai que ter en conta os libros de poesía infantil, os quepoñen máis a importancia na música da palabra,(para iso son tamén boa ferramenta os libro-discos,dos que hoxe afortunadamente temos algo deoferta). Tamén a palabra como xogo (as adiviñas, asrimas...)”

Page 29: A lectura, unha chave de futuro - cultura.gal · Deámoslles aos libros a impor-tancia que teñen, transmitá - moslles o valor da lectura ás xeracións máis novas e, coma en todo,

29

SANTI VELOSO

Santi Veloso é a almamáter de Ponte nas Ondas,unha experiencia educativade comunicación que ten reci-bido numerosos premios polo seutraballo na difusión do patrimonio in-material galego-portugués. Veloso, ade-mais de pai, é un experimentado profesor de linguae literatura do ensino medio. Para el, a lectura “igualasocialmente os nenos. Un neno de poucos recursospode compartir a través dos libros o mesmo universode coñecementos que os de familias máis acomo-dadas. Os centros educativos temos ese papel de in-termediación, de facilitar lecturas que son moipositivas para a formación do alumnado”.

Veloso subliña que “os hábitos de lectura veñen xa unpouco construídos dende primaria. Cando chegan áadolescencia xa veñen con certas tendencias á horade ler. Tes o alumnado que émoi lector e ao lado outro queten estigmatizada a lecturaporque pensa que é unha ac-tividade que non lle interesa”.E como podemos motivarprecisamente a eses rapacese rapazas que xa encaran aadolescencia e están afasta-dos da lectura? Para Veloso aclave é buscar a motivación interior de cada lector:“a tecla que hai que tocar para que un alumno abraun libro. Nese sentido teño unha experiencia intere-sante. No meu centro (zona rural da comarca deVigo) temos un perfil de alumnado que en moitasocasións non ve hábito lector na casa. No noso casofixemos un experimento que era buscar a motivacióndos rapaces a través dos cabalos, que nesta zona éo seu foco de interese. Procurámoslles lecturas conesa temática e aí si que se engancharon. Vimos a

alumnas e alumnos devo-rando libros. Por iso digoque a clave está en buscaros intereses e inquedanzas

do pequeno lector, que des-cubra que todo o que lle inte-

resa está nos libros. Na lectura,como en todo, hai que buscar o

foco de interese”.

un neno de poucos recursospode compartir a través dos li-bros o mesmo universo de coñe-cementos que os de familias

máis acomodadas

Page 30: A lectura, unha chave de futuro - cultura.gal · Deámoslles aos libros a impor-tancia que teñen, transmitá - moslles o valor da lectura ás xeracións máis novas e, coma en todo,

30

CRISTINA NOVOA

Agarda por nós na cafete-ría do Centro Galego de ArteContemporánea (CGAC). Amesa na que senta está a es-casos metros da libraría domuseo. É unha feliz coincidencia por-que dicir Cristina Novoa (León, 1957) é diciro nome e apelido dunha das voces máis autorizadasá hora de falar de fomento da lectura. Son moitos oshomes e mulleres relacionados co mundo do libro quecomentan con admiración o inxente traballo que sedesenvolve dende o departamento que ela dirixe: AAsesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia.

O tempo de conversa ao seu lado pasa veloz. Di queé algo tímida para as entrevistas, pero axiña comezana abrollar vizosas e claras as súas reflexións. Explicá-moslle que estamos a elaborar unha guía para orientaros pais na tarefa de fomentar a lectura dentro dascasas: “Aos pais hai que tratarde convencelos de que o seupapel é primordial: como me-diadores e como exemplo lec-tor. Ningún pai che vai dicirque non quere a lectura paraos seus fillos. O que pasa é quepara moitos non está no seucontexto ou nunca a viviron.Non son lectores, pero iso non significa que non saibanque é bo para os fillos. Outra cousa é que percibanpara que, ademais de para o desenvolvemento es-colar, outras cousas pode servir a lectura”.

É evidente que un bo hábito lector axuda moito aolongo de toda a etapa educativa pero as dimensiónsda lectura van moito máis aló: “É importante que as fa-milias saiban o que a lectura lles proporciona aos seusfillos e que, ademais de servir para adquirir outras habi-lidades, lles vai servir para conformarse como persoas”.

Ser un bo lector ou lectoranon é traballo doado. Re-quire un esforzo, unhaaprendizaxe previa, por iso

opina que cos menores “haique buscar estratexias e tácti-

cas para vinculalos á lectura. Oprimeiro de todo é facilitar espazos e

tempos para a lectura. Na sociedade naque vivimos hai moito ruído, por todos os sitios hai unaparello electrónico funcionando. O silencio dánosmedo e polo tanto, hai pouco silencio nas casas. Osnenos para ler precisan silencio e iso hai que buscalona casa e na escola”.

A terceira premisa, que vai parella canda os espazose os tempos, é a escolla de contidos de calidade: “Ébásico elixir bos textos. A selección de títulos é funda-mental. Non podemos pretender que se vinculen álectura con textos banais, irrelevantes. Para que secree un vínculo, teñen que ser lecturas que lles che-

guen dentro”.

Cristina Novoa defende queos lectores máis pequechosteñen dereito a lecturas decalidade e a non ser tratadoscoma parvos. Pon o exemplode éxitos de libros recentescomo o de Escarlatina, de Le-

dicia Costas, que se achegan sen complexos atemas como a morte e que están a ter un éxito nota-ble entre a rapazada. É a demostración de que aboa literatura fai lectores: soamente se aprende a re-coñecer o bo cando tes contacto con el. A seleccióné fundamental, na casa e especialmente na escola”.

Pero que podemos facer os pais e as nais, as persoasque temos máis contacto cos pequenos? “O primeiroé que nos vexan ler. Tamén está demostrado que ler-lles en voz alta ás nenas e aos nenos dende peque-

non podemos pretender que sevinculen á lectura con temas ba-nais. A selección de bos textos é

fundamental

Page 31: A lectura, unha chave de futuro - cultura.gal · Deámoslles aos libros a impor-tancia que teñen, transmitá - moslles o valor da lectura ás xeracións máis novas e, coma en todo,

31

rrechiños e poñerlles libros nas mans é o que fun-ciona”.

As rutinas son outro eixe fundamental, especialmentena época prelectora: “Hai que incorporar un tempodiario para a lectura en familia. Non é preciso sergrandes lectores, hai que facer unha lectura normal,enfatizando as palabras que lle poidan chamar máisa atención. Sen pensar queteñen que entendelo todo, xao irán comprendendo máisadiante. Ir lendo con eles,contando, vinculando os con-tidos coa vida das nenas edos nenos, coa experienciadeles. Con iso estamos dedi-cando un tempo de afecto eiso é o que os vincula á lec-tura”.

Dedicándolle ese tempo diario en familia estamos fa-cilitando o desenvolvemento lingüístico, o neurolóxicoe tamén melloramos a capacidade cognitiva dosnenos. Cristina Novoa lembra nesta tarefa a impor-tancia da literatura oral, os xogos, as adviñas ou ostrabalinguas e ”por suposto, moita poesía”.

“Outra ferramenta é aproveitar o que temos na vidadiaria para chamar a atención das máis pequenas.Por exemplo, cos nenos que se van fixando nos logosdos coches, das marcas... cando os van identifi-cando xa están facendo unha decodificación. Os si-nais de tráfico... Todo o que temos na vida cotiá. Haique ensinarlles a mirar e non a andar cegos polomundo que os rodea: a ler a publicidade, as imaxes,os carteis... e preguntar cousas sobre o que se estávendo. Iso esperta o apetito por querer saber máis”.

Sabemos da necesidade de contarlles aos máis pe-quenos, pero, que pasa cando os nenos aprendena ler? Cal é a estratexia? “A receita segue a ser amesma. É moi positivo irlles creando a biblioteca per-soal, que o libro sexa un agasallo pero tamén quevexan que é algo que adquirimos con regularidade.Tamén é importante ensinarlles que non hai que mer-car todo e que temos bibliotecas”.

Que o neno ou a nena comece a ler non significaque non haxa que acompañalos nesta nova etapa.

Todo o contrario. E sobre todo hai que darlles valoraos libros, tamén aos que traen dos centros escola-res. “Unha boa estratexia é falar de libros, comentalosen familia, coñecer a súa opinión”.

E que pasa coa tan temida etapa da adolescencia?“Hai unha idea preconcibida que di que os adoles-centes deixan de ler. É certo que teñen moitos estí-

mulos externos. A lecturapode quedar a un lado por-que precisa de tempo. Aí sique é importante a tarefa dosmediadores (a familia e os do-centes). É preciso que suxirane seduzan. Contra o que sepensa, na adolescencia sé-guese a ler e incluso é posibleincorporar novos lectores”.

Sobre gustos sabemos que non hai nada escrito,tampouco na rapazada: “Os nenos que len non sem-pre lles gustan os libros de literatura (narrativa, poe-sía...), tamén os hai que prefiren libros decoñecemento. Pode que non lles tire a poesía pero,non destante, toleen polos libros de animais. Non obs-tante, temos que ser quen de aproveitar estas inque-danzas”.

A biblioteca persoal, da que falamos hai uns pará-grafos, ten moita importancia: “O simple feito de terpróximos os materiais de lectura é un xeito de demos-trar que forman parte da nosa vida. Para os nenos éfundamental que vaian construíndo a súa propia bi-blioteca que é diferente á da familia”.

A socialización da lectura

Mais Cristina Novoa é unha firme defensora do papelxeral das bibliotecas na sociedade. Nos últimos tem-pos o mundo das bibliotecas está en transición. Xanon son espazos onde simplemente se acumulan li-bros. “Cada vez máis, as bibliotecas tamén propor-cionan espazos e tempos para facer actividadesxuntos: escoitar un conto, falar de lecturas... Son eseterceiro lugar, fóra do traballo e da escola, que so-cializa. Esas son as bibliotecas que van ser útiles”.

Os tempos nos que viven as novas xeracións son moidiferentes aos dos seus pais e nais. A universalización

os nenos para ler precisansi lencio e iso hai quebuscalo na casa e na

escola

Page 32: A lectura, unha chave de futuro - cultura.gal · Deámoslles aos libros a impor-tancia que teñen, transmitá - moslles o valor da lectura ás xeracións máis novas e, coma en todo,

32

da tecnoloxía dixital está a provocar cambios profun-dos. Como afecta isto? En que cambia a animacióná lectura? “O que eu vexo é que eses tempos e es-pazos para a lectura hai que propicialos sexa no libroen papel ou nun lector electrónico. O problema éque nunha tableta hai demasiados estímulos para unlector inmaduro, incluso para un adulto, que empezaa procastinar e xa sabemos o que pasa.” Sexa comofor, Cristina Novoa ten claro que o importante é equi-librar: “Hai un tempo para o di-xital e outro para o papel”.

unha boa estratexia é falarde libros, comentalos en fa-

mil ia, coñecer a súa opi-nión

Page 33: A lectura, unha chave de futuro - cultura.gal · Deámoslles aos libros a impor-tancia que teñen, transmitá - moslles o valor da lectura ás xeracións máis novas e, coma en todo,

33

ESPAZO LECTURA

Ler tamén é unha aven-tura en sociedade

A lectura tamén ten unha di-mensión social. Os libros contribúena que coñezamos mellor a sociedadena que vivimos e incluso propician a rela-ción e integración dentro dela. Un dosmellores exemplos é a experienciade Espazo Lectura no municipiode Gondomar. O proxecto,que botou a andar formal-mente a principios de 2008,demostra que a implica-ción das familias e da veci-ñanza poden facerauténticos milagres na ani-mación á lectura.

Pero comezamos polo princi-pio. Todo nace algo antes de2008 froito dunha necesidade ede moita ilusión. Un grupo de pais enais que vivían en Gondomar, un conce-llo “rururbano” (14.000 habitantes) da comarcade Vigo pensou que xuntos podían solucionar un pro-blema co que se atopaban no día a día. Explícaomoi graficamente BeatrizNúñez, actual presidenta doEspazo Lectura: “A primeirachispa do proxecto foi unhaANPA de Gondomar. Un grupode nais e pais estabamoscansos de ir ata Vigo (hai 30quilómetros) para asistir a se-sións de contacontos. Pensa-mos en solucionalo nós mesmas. Aí naceuContomar, que é unha actividade para contar con-tos os luns pola tarde na biblioteca municipal”.

Cunha necesidade e cunsvimbios tan básicos comaos propios pais e nais lén-dolle a un grupo de nenos,

botou a andar Espazo Lec-tura. Hoxe aquel proxecto pio-

neiro é unha referencia daanimación á lectura en Galicia.

Dende Letra en Obras decidimos ache-garnos ata Gondomar para coñecer

de primeira man a iniciativa. Dousmembros da asocación (BeatrizNuñez e Luís Domínguez) recí-bennos na parroquia deDonas, na antiga escolaunitaria restaurada e re-convertida hoxe en biblio-teca e centro neurálxicodo proxecto.

A pesar da ampla axendade actividades que ofrece, a

filosofía de Espazo Lecturasegue descansando sobre o

mesmo alicerce, a participación eimplicación das familias: “A única condi-

ción que se puxo dende o principio é que sempreestean acompañados os rapaces. Isto non é unhaactividade extraescolar. Todo o mundo pode partici-

par”, sinala Beatriz Núñez.

Proba de que Espazo Lecturaé unha iniciativa viva é que foimedrando canda os seus pri-meiros beneficiarios: “En princi-pio o proxecto pensarámoloexclusivamente para os máispequenos”. Aqueles nenos

medraron e hoxe son adolescentes que en moitoscasos seguen na asociación e lles contan contos aosmáis pequenos. O proxecto é agora global e hai ac-

a miúdo son os rapaces os queacaban abríndolle o mundo dos

libros aos maiores

Page 34: A lectura, unha chave de futuro - cultura.gal · Deámoslles aos libros a impor-tancia que teñen, transmitá - moslles o valor da lectura ás xeracións máis novas e, coma en todo,

34

tividades pensadas para todas as idades: dendenenos con cueiros ata maiores. O único que noncambiou é o espírito da participación das familias. “Amiúdo son os rapaces os que acaban abríndolles omundo dos libros aos maiores.Hai unha nena que vén atodas as sesións cos seus paise os seus avós. Non fallannunca. E ver cousas así é im-pagable”.

Como en todos os proxectoscolectivos, o día a día non é doado e a a miúdo amáxima é a aprendizaxe empírica (proba-erro):“aínda así, fíxose un esforzo formativo constante e in-cluso houbo cursos para pais impartidos por conta-dores profesionais. Viaxamos, fixemos excursións,vimos como funcionaban bibliotecas e intentamosaprender o máximo posibledoutras experiencias”.

Pero, como convencer ás fa-milias de que unha boa for-mación lectora é un valor moipositivo para o futuro dos seusfillos? Luís Domínguez pon unexemplo ben nidio: “Nós co-mezamos con nenas e nenos de tres anos e logo fó-ronse creando novos grupos segundo ían medrando.Creo que non hai ninguén que entrase en Contomarque tivese fracaso escolar. Son alumnos e alumnasque van moi ben a nivel educativo e isto é algo queé importante que saiban ospais”.

Para Beatriz, a implicación fa-miliar é esencial: “Temos queresponsabilizarnos como fami-lias dos nosos nenos, taméncomo sociedade. Proxectos coma o noso creanunión social e pensamento crítico. Queremos fillos efillas con capacidade de pensar criticamente comocidadáns. O seu futuro depende de todos, non só dosistema escolar”.

En Gondomar teñen claro que a animación á lecturacomeza cando os nenos e nenas andan aínda cocueiro: “Non hai dúbida ningunha, a etapa prelectoraé fundamental. Os pequechos teñen que estar en

contacto cos libros, coa narración oral, cos cantos...e, para min, outro piar fundamental é o emocional.Hai que vincular emocionalmente aos nenos coa lec-tura. Por iso son precisos os mediadores e non hai me-

llores mediadores que os paise as nais, os avós, a familia...porque son os que mellor co-ñecen o pequecho”.

Alén das casas, as bibliotecastamén son centros esenciaispara a socialización dos

nenos como lectores activos: “Este é o espazo ondedá igual que na túa casa haxa 15.000 volumes ouque haxa cinco. Aquí todos temos acceso á biblio-teca. Para nós é un orgullo ver como os adolescentesveñen contarlles contos aos máis pequenos. Paraeles iso é o máximo.”

Beatriz e Luís, ademais demembros da dirección de Es-pazo Lectura, son pais e coneles quixemos reflexionarsobre como inflúe a cultura di-xital no hábito lector. “Os nososfillos están neste mundo dixital,non hai que rexeitalo, pero hai

tempo para todo. Teño lido que xente como BillGates non lles daba aos seus pequenos dispositivoselectrónicos. Todo o contrario. Enchíalles a casa delibros. O cerebro dos pequenos non está preparadopara esa velocidade de estimulación”. Reflexiona en

voz alta Beatriz Núñez. “As lec-turas adolescentes en moitoscasos están sendo en rede.Está chegando a novas lectu-ras e iso é fantástico, perotamén hai que educalo.Canto máis pequenos sexan,

máis en contacto deben estar coa natureza e coasformas lentas que permita a percepción da reali-dade a un ritmo humano. A sobreexposición, contempo, xera hiperactividade, falta de concentra-ción... Iso vémolo nós en Contos en cueiros”.

Hai crenza de que a adolescencia é o momento crí-tico onde moitos rapaces deixan aparcada a lectura.Luís Domínguez non comparte plenamente a opi-nión: “Eu creo que a xente que vén lendo dende

o futuro das nosas crianzas de-pende de todos, non só do sis-

tema escolares

hai que vincular emocionalmente aos máis

cativos coa lectura

os nosos fillos están nun mundodixital pero hai tempo para todo

Page 35: A lectura, unha chave de futuro - cultura.gal · Deámoslles aos libros a impor-tancia que teñen, transmitá - moslles o valor da lectura ás xeracións máis novas e, coma en todo,

35

abaixo vai seguir. É certo que hai máis continuidadeen nenas ca en nenos, pero non creo que a adoles-cencia teña que ser un momento crítico”.

“O momento crítico pode aparecer en moitas eta-pas. Non hai que esquecer que algúns aparecenaxiña e poden ter que ver con dificultades no meca-nismo lector. Aí hai que pedir axuda á escola. Ese éun momento fundamental.Aprender a ler é un traballomoi duro”, apunta por outrolado Beatriz.

Dende a experiencia de Es-pazo Lectura sosteñen que aprincipal misión dos adultos é estarmos moi atentosá demanda: “Cada lector ten os seus gustos. Se ti fasunha lectura imposta, sen acompañar, estás bo-tando para atrás... E ademais (ri) os adolescentesteñen os seus momentos. Eles len, quizais non o quequeremos pero eles len”.

De todos os xeitos, cómpre lembrar que nunca étarde para adquirir o hábito lector. Pode dar fe o pro-pio Luís Núñez: “Eu veño dunha familia que non habíalibros. Nunca fun un gran lector. Empecei a selocando entrei en Espazo Lectura coas miñas fillas”.

os momentos críticos no hábitolector pódense dar en moitas

etapas

Page 36: A lectura, unha chave de futuro - cultura.gal · Deámoslles aos libros a impor-tancia que teñen, transmitá - moslles o valor da lectura ás xeracións máis novas e, coma en todo,

36

AAVV (2013): Animación a la lectura desde la familia.Madrid. CEAPA.

ACTIS, Beatriz (2003): ¿Qué, cómo y para qué leer? Unlibro sobre libros. Buenos Aires. Homo Sapiens.

BONNAFE, Marie (2009): Los libros, eso es bueno paralos bebés. Océano.

CASATI, Roberto (2015): Elogio del papel. Contra elcolonialismo digital. Barcelona. Ariel.

DURÁN, Teresa (1998): Leer antes de leer. Madrid.Anaya.

FERNÁNDEZ PAZ, Agustín; LASTRA, Xosé; VÁZQUEZ FREIRE,Miguel (1991): Animación á lectura. Vigo. Xerais

FERNÁNDEZ PAZ, Agustín (1990): Ler en galego. Estra-texias e libros para a animación á lectura dende asaulas. Vigo. Ir Indo.

GIRBÉS, Juan Carlos; VICO, José (2008): Guía prácticapara hacer hijos lectores. Barcelona. Generalitat deCataluña. Alzira: Fundación Bromera.

MARINA, José Antonio (2005): La magia de leer: Bar-celona. Plaza y Janés.

MCKEE, David (1993): Ahora no, Fernando. Madrid.Altea.

MERINO, Ponciano e POLANCO, José Luís (2015). For-mar lectores en la era digital. Madrid. Ediciones dela Torre.

MIRET, Inés e SEMPERE, Joan (2002): Leer te da más.Guía para padres. Madrid. Ministerio de Educación yCultura.

MORENO, Víctor (2004): Lectores competentes. Ma-drid. Anaya.

RODARI, Gianni (2010): Gramática da fantasía. Pon-tevedra. kalandraka.

RICO, Lolo (2003): Cómo hacer que tus hijos lean.Madrid. Alfaguara.

SARTO, Montserrat (1998). Animación a la lectura connuevas estrategias. Madrid. SM.

STEINER, George (2011): El silencio de los libros. Ma-drid. Siruela.

10. Bibliografia

Page 37: A lectura, unha chave de futuro - cultura.gal · Deámoslles aos libros a impor-tancia que teñen, transmitá - moslles o valor da lectura ás xeracións máis novas e, coma en todo,

Ronsel de IdeasComunicación e Innovación