A historia de Erika

18

description

Libros para soñar. Fora de colección

Transcript of A historia de Erika

Page 1: A historia de Erika
Page 2: A historia de Erika
Page 3: A historia de Erika
Page 4: A historia de Erika
Page 5: A historia de Erika

A Historia de Erika

Page 6: A historia de Erika
Page 7: A historia de Erika

A Historia de Erika

Escrita por Ruth Vander Zee

Ilustrada por Roberto Innocenti

Traducida por Xosé M. González

Page 8: A historia de Erika

Para os meus nenos. As vosas estrelas iluminan a miña vidaR.V.Z.✡

Título orixinal: Erika’s Story© da edición orixinal: Creative Editions, 2003© das ilustracións: Roberto Innocenti, 2003© do texto: Ruth Vander Zee, 2003© da tradución: Xosé M.González, 2004© desta edición: Kalandraka Editora, 2004 Italia 37, 1º 36162 PontevedraTlf: (34) 986 [email protected]

Primera edición: abril, 2005D.L.: PO-479-04ISBN: 84-8464-520-7

Page 9: A historia de Erika

Nota da autora

En 1995, ao se cumpriren os cincuenta anos da II Guerra Mundial, coñecín a protagonista desta historia.

Estabamos eu e mais o meu marido sentados nun banco en Rothenburgo, Alemaña, ollando como un equipo de

limpeza recollía anacos de tellas da Casa do Concello. Un pequeno furacán devastara esta fermosa

vila medieval a noite anterior e esparexera cascallos por todas as partes.

Un comerciante xa maior estaba á nosa beira contándonos que aquela tormenta fixera máis estragos

que o último bombardeo aliado da guerra.

Cando o comerciante volveu á súa tenda, a muller que estaba onda nós presentóusenos como Erika.

Preguntounos se estabamos de viaxe. Cando lle contei que viñamos de pasar dúas semanas en Xerusalén

Page 10: A historia de Erika
Page 11: A historia de Erika

por cousa dunha investigación, dixo cun suspiro que sempre desexara ir a esa cidade,

pero nunca puidera facelo.

Ollei que levaba no pescozo unha cadea de ouro cunha estrela de David, de xeito

que lle comentei que, despois da nosa estadía en Israel, volveramos por Austria e visitaramos

o campo de concentración de Mauthausen. Erika díxome que en certa ocasión chegara até

as portas de Dachau, pero non fora quen de entrar.

Despois contoume a súa historia…

Nota da autora

Page 12: A historia de Erika

Entre 1933 e 1945, mataron seis millóns dos meus. Moitos dun tiro. Moitos queimados

nos fornos crematorios, asfixiados nas cámaras de gas ou mortos de fame. A min non me mataron.

Nacín en 1944.

Non sei o día.

Non sei que nome me puxeron.

Nin sei en que cidade nin en que país vin ao mundo.

Tampouco sei se tiven irmáns.

O que sei é que cando apenas contaba cuns meses salváronme do Holocausto.

Page 13: A historia de Erika

A miúdo tento imaxinar como era a vida da miña familia e como foron as últimas semanas

que pasei con eles. Penso en meus pais privados de todo o que tiñan, expulsados da súa casa

e trasladados a un gueto.

Máis tarde, quizais nos sacasen do gueto. Meus pais debían estar impacientes por

abandonaren aquel barrio da cidade rodeado de arames de espiñas no que os encerraran,

por fuxiren do tifo, do amoreamento, a sucidade e a fame. Mais imaxinaban onde ían acabar?

Dixéronlles que os ían trasladar a un lugar mellor? Prometéronlles traballo e comida?

Oíran falar dos campos da morte?

Page 14: A historia de Erika
Page 15: A historia de Erika
Page 16: A historia de Erika
Page 17: A historia de Erika
Page 18: A historia de Erika