A función de coordinación permite que todo o organizada e ...€¦ · A función de coordinación...
Transcript of A función de coordinación permite que todo o organizada e ...€¦ · A función de coordinación...
A función de coordinación permite que todo o
noso organismo actúe de maneira conxunta,
organizada e no tempo preciso. Existen dous
sistemas de coordinación que presentan
algunhas diferenzas:
S. NERVIOSO S. ENDÓCRINO
RESPOSTAS Rápidas e curtas Lentas e duradeiras
ZONA DE ACTUACIÓN Localizada Grande alcance
UNIDADE FUNCIONAL Neurona Hormonas
ORGANISMOS Animais Plantas e animais
SISTEMA NERVIOSO Controla e coordina as
funcións de todo o corpo e detecta, interpreta e responde aos estímulos internos e externos.
As mensaxes que transmite son sinais eléctricas chamadas impulsos nerviosos
A unidade fundamental deste sistema é a Neurona.
NEURONA
A neuronas son células especializadase recibir e transmitir informaciónmediante impulsos nerviosos.
Os impulsos nerviosos sempre se transmiten dende o soma ao axón.
ESTRUTURA DUNHA NEURONA
SOMA
DENDRITAS
VAÍÑA DE MIELINA
AXÓN
CORPO CELULAR OU SOMA: Contén o núcleo e case todo o citoplasma. DENDRITAS: Son prolongacióne curtas, múltiples, polas que se reciben
impulsos doutra neurona ou do medio ambiente. AXÓN: Prolongación longa, única, pola que viaxa o estímulo cara aos órganos
ou outras neuronas. VAIÑA DE MIELINA: Material lipídico que illa ao axón e aumenta a rapidez
de desprazamento do impulso nervioso. Axóns e dendritas agrúpanse en feixes de fibras: NERVIOS
SINAPSE
NEURONA PRESINÁPTICA
NEURONA POSTSINÁPTICA
A sinapse é a comunicación funcional entre dúas neuronas.
A mensaxe transmítese a través do espazo entre as dúas
neuronas (espazo sináptico) mediante neurotransmisores.
ORGANIZACIÓN DO S. NERVIOSO
S.N.
S. N. CENTRAL
ENCÉFALO
CEREBRO
CEREBELO
TRONCO ENCEFÁLICO
MESENCÉFALO
PROTUBERANCIA
BULBO RAQUÍDEO
MEDULA ESPIÑAL
S. N. PERIFÉRICO
S. N. SOMÁTICO
S. N. AUTÓNOMO
S.N.SIMPÁTICO
S.N.PARASIMPÁTICO
SISTEMA NERVIOSO CENTRAL
Formado polo Encéfalo e a Medula espiñal
Protexido polo cranio e as vértebras respectivamente.
A súa función é recibir, transmitir mensaxes, procesar e analizar información.
http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/ency/esp_imagepages/19588.htm
SISTEMA NERVIOSO CENTRAL (S.N.C.)
O encéfalo e a medula espiñal están envoltos por tres capas membranosas chamadas meninxes:
duramáter, aracnoide e piamáter.
Entre éstas e o SNC, atópase o LCR (líquido cefalorraquídeo) que amortece os golpes e o protexe. Tamén intercambia nutrientes e refugos có sangue.
ENCÉFALO É o lugar ao que
chegan e onde se orixinan os impulsos nerviosos.
Contén aprox. 100 mil millóns de neuronas e pesa aprox. 1.400 Kg.
Divídese en: cerebro, cerebelo e tronco cerebral.
O CEREBRO Consta de dous hemisferios
cerebrais (dereito e esquerdo) conectados polo corpo caloso. Cada hemisferio recibe sensacións e controla movementos do lado oposto do corpo.
O hemisferio dereito seasocia coa creatividade e acapacidade artística e oesquerdo coa capacidadeanalítica e matemática.
http://www.mhhe.com/socscience/intro/ibank/ibank/0013lll.jpg
É a sede da percepción, da conciencia, da aprendizaxee das actividades voluntarias e conscientes do corpo.
Aí radican a personalidade e a intelixencia, así como a linguaxe
A CODIA CEREBRALConstitúe a capa de neuronas máis externa do cerebro. Está
pregada formando circunvolucións e as súas fendas
coñécense como sucos e se son moi profundos, cisuras.
LÓBULO FRONTAL
Planificación de accións
futuras
LÓBULO TEMPORAL
Procesa a audición. Participa no
recoñecemento de obxectos e rostros
PARIETAL.
Recibe sensacións
somáticas, presta atención
a estímulos importantes
LÓBULO OCCIPITAL
Procesa a visión
O CEREBELO
Localízase na parte posterior do cranio.
Encárgase de manter o equilibrio, a postura, o tono muscular e axuda á coordinación de movementos finos. Participa na aprendizaxe das actividades motoras.
http://www.brainexplorer.org/glossary/hindbrain.shtml
O TRONCO ENCEFÁLICO Conecta o
encéfalo e a medula espiñal.
O mesencéfalo controla moitas funcións sensitivas como os movementos oculares
A protuberanciacomunica o cerebelo, o bulbo e o cerebro
O bulbo controla funcións vitais como o latexo cardíaco, a respiración, a dixestión …
O TÁLAMO E O HIPOTÁLAMO
Atópanse entre o tronco cerebral e o cerebro.
O Tálamo recibe mensaxes dos receptoressensoriais e transmite a información á rexiónaxeitada do cerebro, para que a procese máis afondo.
O Hipotálamo é o centro de control da fame,sede, cansancio, sono, ira e a temperatura corporal.Controla a coordinación dos sistemas nervioso eendócrino. Ao igual que o tálamo produce emociónscomo medo, rabia, tranquilidade, sede ou pracer.
MEDULA ESPIÑAL
Está situada no canalvertebral.
Ten 31 pares de nerviospolos cales viaxan osestímulos nerviosos docerebro ao SistemaNervioso Periférico.
É un Centro del ControlNervioso.
http://www.becomehealthynow.com/popups/spine_nerve.htm
ARCO REFLEXO
1. OS ESTÍMULOS
SON CAPTADOS
POLOS RECEPTORES
2.
NEURONA
SENSITIVA
3.
NEURONA DE
ASOCIACIÓN4.
NEURONA
MOTORA
5. OS EFECTORES
(MÚSCULOS) LEVAN A
CABO UNHA RESPOSTA
ACTO INVOLUTARIO
SISTEMA NERVIOSO PERIFÉRICO
Conecta os centros de
control cós órganos
receptores de estímulos e
cós órganos motores.
Está formado por:
GANGLIOS (corpos neuronais)
NERVIOS (axóns)
CRANIAIS (saen do encéfalo)
RAQUÍDEOS
(saen da medula espiñal)
S. N. AUTÓNOMO OU VEXETATIVO
Controla o funcionamento dos órganos,
xunto có bulbo raquídeo de forma
involuntaria e inconsciente.
Consta de:
Sistema Nervioso Simpático (SNS)
Sistema Nervioso Parasimpático (SNP)
SISTEMA NERVIOSO AUTÓNOMO
O Sistema Nervioso Simpático encárgase de
activar ao organismo, polo que incrementa o
gasto de enerxía e adoita funcionar polo
día.Tamén actúa ante situacións de estrés.
O Sistema Nervioso Parasimpático relaxa o
organismo, diminúe o consumo de enerxía e
adoita funcionar pola noite.
O Sistema Endócrino está formado por
un conxunto de Gándulas Endócrinas
distribuídas por todo o corpo.
Producen substancias químicas, chamadas
Hormonas, que son vertidas ao sangue e
distribuídas por todo o corpo
As hormonas actúan sobre determinados
órganos (órganos diana) regulando
diversas funcións como o crecemento, a
reproducíon, o metabolismo..
O sistema endócrino está
íntimamente ligado ao sistema
nervioso, de forma que a hipófise
recibe estímulos do hipotálamo
(eixe hipotálamo-hipofise) e libera
hormonas trópicas que actúan
sobre as outras glándulas
endócrinas estimulando ou inhibindo
a produción das súas propias
hormonas
Hormonas da hipófiseNa adenohipófise prodúcese :
•STH (hormona do crecemento ou
somatotropa) . Estimula o crecemento.
•Prolactina. Secreción de leite
•Tamén se producen a TSH,( estimulante da
tiroide), ACTH ( estimulante da codia
suprarrenal), LH (secreción de testosterona
e ovulación), FSH (maduración do folículo
ovárico e formación de espermatozoides)
Na neurohipófise:
•Antidiurética, reduce produción de urina
•Oxitocina, provoca a contración do útero
no parto e a produción de leite
adenohipófise
neurohipófise
Glándula pineal
Está no centro do cerebro. Secreta melatonina,
hormona que regula os ritmos circadianos
(relacionados coa luz). Probablemente inflúe en que
teñas sono polas noites e espertes polas mañás.
Tiroide Localizada na parte
anterior e inferior do
pescozo
Produce tiroxina que
regula o metabolismo
das células e calcitonina
que regula os niveis de
calcio no sangue
A súa produción está
controlada pola
tirotropina, secretada
por la hipófise
ParatiroideProduce a
parathormona que
regula os niveis de
calcio no sangue e
na urina
Timo
O timo forma parte do sistema inmunolóxico.
Produce unha hormona, chamada timosina,
que estimula o crecemento dos linfocitos T,
que nos axundan a defendermos dos ataques
de virus infecciosos ou de células
canceríxenas.
Glándulas suprarrenales
Na codia prodúcense :
.Cortisol que regula o
metabolismo das graxas e
.Aldosterona que contribúen
a regular o nivel de sales
minerais
Na medula prodúcense
neurotransmisores:
.Adrenalina e Noradrenalina,
de función antagónica
Páncreas
As células dos Illotes
de Langerhams producen 2
tipos de hormonas:
Insulina, favorece a utilización de glicosa polas
células e promove a formación de glicóxeno a
partir de glicosa no fígado. Prodúcese cando o
nivel de glicosa no sangue (glicemia) é elevado
Glicagón, favorece a degradación de glicóxeno
a glicosa no fígado. Prodúcese cando o nivel de
glicosa no sangue é baixo
Testículos
Os testículos producen
Testosterona que contribúe ao
desenvolvemento dos caracteres
sexuais secundarios e a formación
de espermatozoides.
Ovarios
Os ovarios segregan:
Estróxeno , determina o desenvolvemento dos caracteres sexuais secundarios e colabora no control do ciclo menstrual feminino
Proxesterona, favorece o crecemento do endometrio no útero e inhibe a produción de leite polas mamas.