A FRATERNIDADE DE EIHWAZ · Quixera agradecer a colaboración dos bos amigos que me axudaron...

19

Transcript of A FRATERNIDADE DE EIHWAZ · Quixera agradecer a colaboración dos bos amigos que me axudaron...

  • A FRATERNIDADE DE EIHWAZ

    tripa LA FRATERNIDAD RODEIRA.indd 1tripa LA FRATERNIDAD RODEIRA.indd 1 15/12/11 12:50:0315/12/11 12:50:03

  • CÉSAR MALLORQUÍ

    A FRATERNIDADE DE EIHWAZ

    rodeira

    tripa LA FRATERNIDAD RODEIRA.indd 3tripa LA FRATERNIDAD RODEIRA.indd 3 15/12/11 12:50:0415/12/11 12:50:04

  • Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra só pode ser realizada coa autorización dos seus titulares, agás excepción prevista pola lei. Diríxase a CE-DRO (Centro Español de Dereitos Reprográfi cos) se necesita fotocopiar ou escanear algún fragmento desta obra (www.conlicencia.com; 91 702 19 70 / 93 272 04 45).

    Título orixinal: La Fraternidad de Eihwaz© César Mallorquí, 2012

    © Ed. Gal.: Rodeira, 2012Rúa Rafael Alberti, nº 11, baixo15008 A Coruñawww.edebe.com

    Directora da colección: Reina DuarteDeseño gráfi co da cuberta: César FarrésFotografía da cuberta: Image Bank© Tradución: Ricardo Fernández Sabín

    Primeira edición, marzo 2012

    ISBN 978-84-8349-279-6Depósito Legal: B. 32148-2011Impreso en EspañaPrinted in SpainEGS Rosario, 2 Barcelona

    tripa LA FRATERNIDAD RODEIRA.indd 4tripa LA FRATERNIDAD RODEIRA.indd 4 15/12/11 12:50:0415/12/11 12:50:04

  • Quixera agradecer a colaboración dos bos amigos que me axudaron mentres escribía A Fraternidade de Eihwaz. Grazas, pois, a José López Aguiar, Pepiño de Currelos, que me botou unha man co galego. E a Helmut Brokelmann, que me axudou co alemán. E a Tomás Arriaga: a súa asesoría técnica foi —e segue sendo— vital para a boa marcha do meu procesador de textos. E, coma sempre, estou en débeda con María José Álvarez, que me botou unha man co inglés e me axudou a corrixir o primeiro borrador desta novela. Moitas grazas a todos.

    Este libro é para Óscar, o meu xigante grande.

    tripa LA FRATERNIDAD RODEIRA.indd 5tripa LA FRATERNIDAD RODEIRA.indd 5 15/12/11 12:50:0415/12/11 12:50:04

  • Índice

    Prólogo: A illa .....................................................9 1. O fi llo do mago ............................................. 21 2. A patrulla perdida .......................................... 39 3. Abril .............................................................. 44 4. Os homes de pedra ........................................ 56 5. Incidente na noite de San Boaventura ............65 6. Marcas ocultas ...............................................83 7. No círculo de pedra ........................................96 8. A advertencia de Dante ................................107 9. Os megálitos de Xas .....................................117 10. O círculo en chamas .....................................133 11. A derradeira viaxe do Haifi sch .....................138 12. Conversación na sancristía ...........................154 13. Os adoradores do crucifi cado .......................169 14. As Fontes da Vida .........................................179 15. A torre luminosa ...........................................195 16. O Leviatán ....................................................197 17. No acantilado ...............................................212 18. As bodegas do Haifi sch ...............................235 19. A batalla de Xas ...........................................252 20. O incendio ....................................................269 21. O segredo de Hans Günter Müller ..............276 22. O regreso ......................................................304

    tripa LA FRATERNIDAD RODEIRA.indd 7tripa LA FRATERNIDAD RODEIRA.indd 7 15/12/11 12:50:0415/12/11 12:50:04

  • 23. O último misterio ........................................314 Epílogo: A Deusa Branca ................................323 Nota do autor ......................................................327

    tripa LA FRATERNIDAD RODEIRA.indd 8tripa LA FRATERNIDAD RODEIRA.indd 8 15/12/11 12:50:0415/12/11 12:50:04

  • 9

    PRÓLOGO: A illa

    Chamábase Moisés Abravanel e, se non conseguía chegar ao embarcadoiro antes de que os seus per-seguidores o alcanzasen, morrería. Por iso avanzaba, co corazón latexando aloucadamente no seu peito, o máis rápido que podía polo carreiro que cruzaba a fraga. Pero aquel era, sen dúbida, un exercicio exce-sivo para unha persoa gorda e sedentaria de máis de setenta anos de idade, polo que Moisés se viu obrigado a deterse para coller folgos.

    Apoiado contra o tronco dunha árbore, co alento asu-biando na súa gorxa coma o pito dunha vella locomotora, mirou ao seu redor. Aquela noite a lúa chea lucía radiante nun ceo despexado, de modo que había boa visibilidade. Encontrábase nun clareiro da fraga, un pequeno descam-pado case circular no que medraba a herba e se alzaba un menhir profusamente cuberto de signos xeométricos. Aquel lugar estaba moi preto do embarcadoiro. Moisés enxugou a suor da súa fronte coa manga da chaqueta. Se cadra mesmo o conseguía. Aínda tiña a posibilidade de chegar á lancha e abandonar a illa, alcanzar a costa e avisar a policía do que estaba ocorrendo.

    tripa LA FRATERNIDAD RODEIRA.indd 9tripa LA FRATERNIDAD RODEIRA.indd 9 15/12/11 12:50:0415/12/11 12:50:04

  • 10

    Pero... e se o alcanzaban? Mataríano. Diso non lle cabía a menor dúbida. Aínda que iso carecía de impor-tancia. O esencial era que, se morría, ninguén sabería o que estaba ocorrendo, e eles poderían levar a cabo os seus plans cunha total impunidade. Moisés lamen-tou non lle ter contado a alguén todo o que sabía, ou non deixar, nalgún lugar, constancia escrita daquela sinistra historia.

    Contivo a respiración. Un momento, aínda estaba a tempo: si, tiña algo escrito que... Sacou do peto inte-rior da chaqueta un caderno de notas con tapas de pel. Alí estaban os seus apuntamentos de campo, incluídos os que facían referencia aos misteriosos sucesos que aconteceran na illa. Se el morría, ese caderno consti-tuiría o único testemuño do terrible plan de Eihwaz, aquela abominación que todos consideraban extin-guida desde había medio século. Era necesario ago-char o caderno, pero onde? Debía ocultalo nun lugar que pasase desapercibido para os seus perseguidores, pero que, ao mesmo tempo, puidese ser localizado por aqueles que se encargasen de investigar a súa morte... se é que fi nalmente morría. Buscou coa mirada un si-tio onde agochar o caderno. Entre a maleza?... Non, entre a maleza, non. As primeiras choivas que caesen deixaríano ilexible. Tiña que ser un lugar cerrado, algo así como o oco dunha árbore, ou...

    Moisés observou o menhir, que se alzaba no medio do clareiro, unha rocha sen desbastar cravada vertical-mente no chan. Si, ese era o lugar adecuado. Moisés púxose de xeonllos e apartou as herbas que medraban arredor da base da pedra. Lembraba perfectamente que

    tripa LA FRATERNIDAD RODEIRA.indd 10tripa LA FRATERNIDAD RODEIRA.indd 10 15/12/11 12:50:0515/12/11 12:50:05

  • 11

    alí, ao pé do menhir, existía un pequeno buraco, a en-trada do que noutro tempo fora o tobo dun coello. Sen vacilar, introduciu o caderno dentro daquela cavidade e tapou a abertura cunha pedra.

    Estaba incorporándose cando, polo rabo do ollo, creu advertir un movemento á súa dereita. Permaneceu uns segundos alerta, pero aos seus oídos só chegou o rumor da brisa acariñando as copas das árbores, o canto dos grilos e o afastado murmurio das ondas. Moisés suspirou. Alí non había ninguén; aínda así, xuraría que un momento antes vira un par de ollos axexando por entre os ramallos. Sacudiu a cabeza. Estaba moi ner-vioso e imaxinaba cousas. Entón escoitou voces e un ruído de pasos que avanzaban polo carreiro. Eran eles, os froitos das Fontes da Vida, os fi llos da escuridade. Eihwaz.

    Moisés proferiu unha maldición en voz baixa, «scheisse», que en yiddish signifi ca merda. Tardara moito en ocultar o caderno de notas, e os seus per-seguidores aproximábanse perigosamente. Botou a correr de novo. Sentía que lle fallaban as forzas, pero o medo obrigábao a seguir avanzando, sen lle pres-tar atención ás pólas que lle golpeaban o rostro ou ás silvas que lle rabuñaban a pel. Alasaba polo esforzo, doíanlle as pernas, e notaba un ardor no peito. Todos e cada un dos seus vellos músculos parecían protestar por aquel inusitado exceso de exercicio físico; pero na súa mente só había un obxectivo: chegar ao embarca-doiro. Salvar a vida.

    Se cadra foi por iso polo que non se decatou de que alguén o seguía a escasa distancia, un extravagante

    tripa LA FRATERNIDAD RODEIRA.indd 11tripa LA FRATERNIDAD RODEIRA.indd 11 15/12/11 12:50:0515/12/11 12:50:05

  • 12

    personaxe que corría paralelo a el, pero non polo ca-rreiro, senón a través da densa ramallada, alí onde non podía ser visto. O descoñecido movíase entre a vexe-tación con prodixiosa axilidade, sen facer nin chisca de ruído, sen rozar unha póla, coma un lobo silandeiro axexando a súa presa na escuridade.

    Chamábase Hack e pertencía ao clan dos Homes Verdes. A súa presenza supoñía un reto á lóxica e ao sentido común. Pero aí estaba, oculto na frondosidade dunha fraga que non era a súa, nun país estraño e enig-mático, testemuña involuntaria dun drama cuxo signi-fi cado non era capaz de comprender.

    Hack tiña un aspecto realmente peculiar. Era de baixa estatura pero de forte e fi brosa complexión. Os seus longos cabelos negros estaban recollidos nunha trenza, e o queixelo aparecía cuberto por unha espesa barba. Vestía unha camisa de coiro tinguido de verde e unhas polainas do mesmo material. Un cinto trenzado suxeitaba un taparrabos de pel que pendía por diante e por detrás da súa cintura como unha pequena faldra. Calzaba uns mocasíns de coiro e cubría a cabeza cun gorro triangular de pel. Tamén levaba un zurrón col-gando do seu ombreiro dereito e, do esquerdo, unha alxaba chea de frechas. Na man portaba un longo arco de madeira de teixo.

    Pero o que resultaba máis estraño eran as marcas da súa pel. Porque Hack tiña o rostro cuberto de tatuaxes verdosas, así como os brazos, o peito e as costas. Eran as marcas sagradas do clan dos Homes Verdes e os sig-nos representativos da súa liña xenealóxica: a estirpe dos Ckuchlainn.

    tripa LA FRATERNIDAD RODEIRA.indd 12tripa LA FRATERNIDAD RODEIRA.indd 12 15/12/11 12:50:0515/12/11 12:50:05

  • 13

    Se o profesor Moisés Abravanel, doutor en Historia da Arte e Arqueoloxía, lle puidese botar unha mirada a Hack Ckuchlainn, pensaría que aquel ser era un im-posible, un paradoxo, un enigma. Pero nese momento o único importante para el era conseguir que a cada paso que daba lle seguise outro. Tiña que continuar correndo sen lle prestar atención á intensa dor que lle aguilloaba o abdome e ao lume que abrasaba os seus pulmóns. Seguir o carreiro sen deterse, esa era a súa única preocupación.

    Fuxir. Correr. Escapar. Ao saír dunha volta do camiño, Moisés tropezou

    coa raíz dunha árbore e caeu violentamente no chan. Permaneceu uns instantes boca abaixo, atordado. Des-pois intentou incorporarse, pero unha punzada aguda na súa perna esquerda fíxolle caer outra vez. Torcera o nocello e agora sentía unha dor insoportable. Apoiou a cabeza no chan. Era tan tentadora a idea de quedar aí, deitado, sen moverse, descansando... Pero iso sig-nifi caba a morte. Que podía facer? Cun pé inutilizado resultaríalle imposible escapar.

    A brisa tróuxolle o eco das voces, cada vez máis próximas, dos seus perseguidores.

    Era a fi n. Un momento: ademais das voces escoitábase outro

    son. Era o rumor xordo das ondas batendo contra as ro-chas, e soaba próximo, moi próximo. Moisés apoiouse nun cóbado e intentou distinguir o que había ao fi nal do carreiro. Percibiu unha luz que pestanexaba entre as follas. Unha luz?... Era o refl exo da lúa na superfi cie do mar. O embarcadoiro estaba alí mesmo, ao seu al-

    tripa LA FRATERNIDAD RODEIRA.indd 13tripa LA FRATERNIDAD RODEIRA.indd 13 15/12/11 12:50:0515/12/11 12:50:05

  • 14

    cance! Moisés arrastrouse polo chan, colleu unha póla seca e, apoiándose nela coma se fose un bastón, logrou incorporarse. Despois, sempre aferrado a aquel pau rugoso e áspero, avanzou uns metros cambaleando. A suor corríalle a fío pola fronte e polo pescozo.

    Apertou con forza os dentes e obrigouse a si mesmo a continuar andando. Faltaba moi pouco. Sete ou oito metros, como moito. Tan só uns cantos pasos máis. Fixo un último esforzo, percorreu o tramo final do carreiro e desembocou nunha pequena praia de croios. Detívose, ampeando, enxugou a suor que nubraba a súa vista e contemplou con renovados ánimos o em-barcadoiro de madeira.

    Notou como se lle conxelaba o sangue nas veas. Ao lado da súa lancha, había agora un iate completamente negro, duns quince metros de eslora. Aquela embarca-ción, que ostentaba o ominoso nome de Leviatán, non debía estar alí, como tampouco debían estar aqueles cinco individuos armados con metralletas que, desde o madeirame do embarcadoiro, o observaban impasibles. Pero alí estaban, e a súa presenza signifi caba a sentenza de morte. Eran os gardiáns das Fontes da Vida. Os seus verdugos.

    O fuxitivo deixouse caer de xeonllos e agardou en silencio. Os minutos arrastráronse con lentitude. Moi-sés, agarrado coas dúas mans á póla que lle servía de bastón, preguntábase cal podía ser o motivo daquela demora. De súpeto, distinguiu un movemento na cu-berta do barco. Apareceu un home duns trinta anos, extremadamente alto e forte, co pelo tan louro que case parecía branco. Empuxaba unha cadeira de rodas so-

    tripa LA FRATERNIDAD RODEIRA.indd 14tripa LA FRATERNIDAD RODEIRA.indd 14 15/12/11 12:50:0515/12/11 12:50:05

  • 15

    bre a que descansaba unha persoa de avanzada idade. Mentres percorrían o breve treito do embarcadoiro, Moisés observou atentamente o inválido. Era un home moi vello, de aspecto fráxil e enfermizo. Non quedaba nin un só cabelo no seu engurrado cranio, e numerosas manchas hepáticas salpicaban a súa cincenta pel. Tiña os ollos afundidos, pero a súa mirada, en contraste con aquel corpo mirrado e caduco, irradiaba enerxía e determinación.

    Entón, o vello falou, e as súas palabras non foron un balbucido senil, senón a voz grave e autoritaria de quen está afeito a dar ordes e a ser obedecido:

    —Boas noites, doutor Abravanel. Que anda facendo fóra da casa, tan a deshora, o meu pequeno sabio?

    Aquela voz! Moisés pestanexou, asombrado, mentres a súa memoria retrocedía medio século no tempo.

    —Ti! —exclamou con incredulidade—. Pero... se ti levas cincuenta anos morto!

    —Polo que vexo, amólache que a noticia do meu falecemento non fose certa. Pero non es o único que estaba enganado. Eu cría que eras ti o que morrera e quedei moi sorprendido cando vin o teu artigo nesa aburrida revista universitaria de Historia. A Derra-deira Viaxe do Haifi sch. Un título demasiado me-lodramático para un texto tan académico, non che parece? De todos modos, resultoume moi útil para conducirnos ata aquí.

    O rostro de Moisés contraeuse nun ricto de dor cando, de forma inconsciente, apoiou no chan o seu pé magoado. A pesar da dor que sentía, incorporouse

    tripa LA FRATERNIDAD RODEIRA.indd 15tripa LA FRATERNIDAD RODEIRA.indd 15 15/12/11 12:50:0515/12/11 12:50:05

  • 16

    traballosamente, endereitou as costas e logrou adoptar unha postura medianamente digna.

    —Os voitres sodes capaces de detectar as preas a gran distancia —dixo con desprezo—. Que viñeches buscar? A Madonna do Cisne?

    —A Madonna do Cisne e todo o demais. A fi n de contas, pertencíanos.

    —Non vos pertencía. Roubástelo —replicou Moi-sés.

    —Conquistámolo —corrixiuno o vello—. Aínda que poida parecer que non, existe unha gran diferenza entre roubar e confi scar.

    —Sempre che gustou xogar coas palabras. Pero de nada che van servir esta vez. Descubrinvos e xa denun-ciei á policía a vosa presenza na illa.

    O inválido gardou silencio uns instantes, comple-tamente inexpresivo. Despois, de golpe, rompeu a rir. O seu fráxil corpo axitouse ao compás das cada vez máis intensas gargalladas, ata que a risa acabou por se converter nun acceso de tose.

    —Estás mentindo —dixo o vello cando recuperou o alento—. Hai tempo que te mantemos baixo vixilancia. Sabemos que só te puxeches en contacto co profesor Ben Shazar, e que non lle contaches nada. Nin a el, nin a ninguén. E non o fi xeches porque non sabes nada de nós, amigo meu. Nada.

    —Sei o sufi ciente —dixo Moisés, e engadiu—: Sei que sodes Eihwaz.

    Por un instante, unha sombra cubriu os ollos do vello inválido.

    —Palabras —falou con desdén—. Só palabras das

    tripa LA FRATERNIDAD RODEIRA.indd 16tripa LA FRATERNIDAD RODEIRA.indd 16 15/12/11 12:50:0515/12/11 12:50:05

  • 17

    que nin sequera coñeces o signifi cado. Resultas paté-tico, Moisés. Cando te coñecín, non eras máis ca un servo aínda novo, dócil e submiso, e agora, cincuenta anos despois, continúas sendo un miserable servo, pero xa ridiculamente vello e decrépito.

    Moisés botouse a rir. O seu futuro non podía ser máis negro, pero aquilo tiña graza. Ademais, xa estaba farto desa situación; non facía falta ser un adiviño para saber como remataría todo, así que máis valía acabar canto antes.

    —Atréveste a chámasme a min vello e decrépito? —di xo cun sorriso despectivo—. Por que non te miras nun espello? Pareces un saco de ósos balorentos. Es-tás podre por dentro e tolleito por fóra. Canto tempo hai que non funcionas como home? Seguro que o teu shmuck parece un espaguete cocido e está tan morto coma as túas pernas.

    O rostro do inválido volveuse branco. —Hai algo que a xentalla coma ti nunca aprendeu a

    facer —musitou—: gardar o debido respecto —levan-tou a man dereita, unha gadoupa retorcida pola artrose, e fíxolle un xesto ao xigante louro—. Renard, por que non lle dás unha lección de bos modais ao pequeno sabio?

    —Será un pracer, señor —dixo o xigante. Renard non era o seu verdadeiro nome, pero iso

    non resultaba estraño; ningún dos membros de Eihwaz usaba xamais o seu nome real. A el cha-mábanlle Renard, o raposo, e aquel alcume non era arbitrario. A pesar do seu inmenso tamaño, máis de dous metros de altura e cento quince quilos de peso,

    tripa LA FRATERNIDAD RODEIRA.indd 17tripa LA FRATERNIDAD RODEIRA.indd 17 15/12/11 12:50:0515/12/11 12:50:05

  • 18

    Renard desprazábase coa astucia e a axilidade dun ra-poso. Nun instante estivo fronte a Moisés e desenvai-ñou lentamente o enorme coitelo de caza que levaba suxeito ao cinto. Moisés intentou tragar cuspe, pero tiña a boca seca. Apoiándose nun só pé, esgrimiu a póla coma quen manexa un bate de béisbol. Parecía un rato desafi ando un tigre.

    —Non te achegues... —advertiu con escasa fir-meza.

    Renard avanzou cun sorriso nos labios.—Se dás un paso máis, rómpoche a crisma —as

    mans de Moisés tremían.Renard sorriu, aínda máis amplamente, e deu outro

    paso. Moisés apertou os dentes e intentou golpear o xigante, pero este, cun só movemento e sen difi cultade, arrebatoulle o pau. Despois, golpeou co puño do seu coitelo o cranio do ancián. Moisés caeu inconsciente sobre o pedregoso chan.

    —Grazas, Renard —escoitouse a voz do vello—. Importaríache levarme ao barco? Esta brisa, para o meu gusto, está resultando demasiado fresca.

    Renard subiu correndo ao pequeno embarcadoiro e comezou a empuxar a cadeira de rodas en dirección ao iate. De súpeto, o inválido alzou unha man para lle indicar a Renard que se detivese. Virou a cabeza e dirixiuse aos servos de Eihwaz.

    —Quitade esa inmundicia da miña vista —sinalou cun dedo completamente deforme o corpo exánime de Moisés—. Guindádeo ao mar e asegurádevos de que as augas o fagan desaparecer.

    Volveu a mirada á fronte e fi xo un novo xesto. Re-

    tripa LA FRATERNIDAD RODEIRA.indd 18tripa LA FRATERNIDAD RODEIRA.indd 18 15/12/11 12:50:0515/12/11 12:50:05

  • 19

    nard empuxou a cadeira de rodas ao longo do em-barcadoiro, e os dous desapareceron, fi nalmente, no interior do barco.

    A uns dez metros da praia, oculto entre a maleza, o Home Verde contemplaba a escena co cello engurrado. Non entendía o idioma daqueles estraños, pero, en ter-mos xerais, a situación parecíalle clara. Os homes-peixe perseguiran e acurralaran un ancián indefenso; despois o xigante de neve golpeárao na cabeza, e agora os homes-peixe arrastraban o seu corpo cara á canoa pequena. Estaba claro que non fora un combate moi xusto. Unha ducia de homes novos contra un ancián... Naquela loita non se podía alcanzar honra nin gloria, só vergoña.

    Durante un instante Hack estivo a piques de in-tervir. Incluso chegou a colocar unha frecha no arco. Desde o lugar onde se encontraba resultaríalle doado atravesar a gorxa do xigante e abater, acto seguido, a catro ou cinco dos seus compañeiros. O máis probable era que os restantes homes-peixe o perseguisen. Pero a fraga era o seu reino, e alí a Hack non lle resultaría difícil acabar con eles un a un, coma unha brisa letal, coma un cazador invisible.

    Pero fi nalmente Hack decidiu manterse á marxe. Era un individuo pragmático, e na súa decisión pesaran diversas razóns. En primeiro lugar, aquela loita non era a súa loita. En segundo lugar, alí interviña, indubida-blemente, a maxia. E aínda que Hack non lle tiña medo a ningún ser vivo, sentía, pola contra, un gran respecto polas forzas sobrenaturais. A última e máis poderosa razón era ese personaxe escuro. Aquel home tan vello,

    tripa LA FRATERNIDAD RODEIRA.indd 19tripa LA FRATERNIDAD RODEIRA.indd 19 15/12/11 12:50:0615/12/11 12:50:06

  • 20

    sentado naquel pequeno carro, era a encarnación do mal. Era un ser maligno. Era B´gomo, a serpe.

    O Home Verde engurrou o nariz. O seu fi nísimo olfacto captaba o cheiro que xurdía da canoa grande. Cheiro a terras malsás, a humidade, a vexetación po-drecida. Hack retrocedeu con sixilo, internouse na fraga e desapareceu subitamente entre as sombras.

    Si, Hack Ckuchlainn, do clan dos Homes Verdes, era un gran cazador, un gran guerreiro; pero estaba lonxe da súa terra, e un forasteiro debe saber que, en certas ocasións, o máis prudente é retirarse.

    tripa LA FRATERNIDAD RODEIRA.indd 20tripa LA FRATERNIDAD RODEIRA.indd 20 15/12/11 12:50:0615/12/11 12:50:06