A evolución do ser humano

3
No séc. XIII, o aventureiro Marco Polo viaxou a través de China e outras zonas de Asia, dando cos seus escritos unha información ampla sobre os pobos e costumes do Afastado Oriente. A historia HOMO A antropoloxía Estuda aos seres humanos dende unha perspectiva biolóxica, social e humanista. A antropoloxía divídese en dous campos: a física,que trata da evolución biolóxica e a adaptación fisiolóxica dos humanos, e a social ou cultural, ocúpase das formas en que as persoas viven en sociedade, é dicir, as formas de evolución da súa lingua, cultura e costumes. A antropoloxía é multicultural. Os primeiros estudos analizaban pobos e culturas non occidentais, pero a súa labor actual é, en grande medida, nas modernas culturas occidentais (as aglomeracións urbanas e a sociedade industrial). Os antropólogos consideran bo realizar traballos de campo e dan importancia ás experiencias de primeira man, participando nas actividades, costumes e tradicións da sociedade a estudar. A evolución do ser humano

description

Archivo no que se trata a evolución do ser humano ao longo da súa historia.

Transcript of A evolución do ser humano

Page 1: A evolución do ser humano

No séc. XIII, o aventureiro Marco Polo viaxou a través de China e outras zonas de Asia, dando cos seus escritos unha información ampla sobre os pobos e costumes do Afastado Oriente.

A historia

HO

MO

A antropoloxíaEstuda aos seres humanos dende unha

perspectiva biolóxica, social e humanista. A antropoloxía divídese en dous campos: a física,que trata da evolución biolóxica e a adaptación fisiolóxica dos humanos, e a social ou cultural, ocúpase das formas en que as persoas viven en sociedade, é dicir, as formas de evolución da súa lingua, cultura e costumes. A antropoloxía é multicultural. Os primeiros estudos analizaban pobos e culturas non occidentais, pero a súa labor actual é, en grande medida, nas modernas culturas occidentais (as aglomeracións urbanas e a sociedade industrial).

Os antropólogos consideran bo realizar traballos de campo e dan importancia ás experiencias de primeira man, participando nas actividades, costumes e tradicións da sociedade a estudar.

A evolución do ser humano

Page 2: A evolución do ser humano

Durante o século XV exploráronse novos campos de coñecemento debido ao descubrimento polos exploradores europeos dos distintos pobos e culturas do Novo Mundo, África, o sur de Asia e os Mares do Sur. Deu como resultado a introdución de ideas revolucionarias acerca da historia cultural e biolóxica da humanidade. Ao longo do séc. XVIII, os aplicados da Ilustración francesa, como Anne, Robert Jacques, Turgot e Jean Antoine Condorcet, elaboraron teorías sobre a evolución e o desenvolvemento da civilización humana dende a súa alba. Esta fórmula antropolóxica e filosófica vatían co relato bíblico da creación e coas dogmas teolóxicas afirmaban que determinadas culturas e pobos non occidentais caeran en desgraza divina e por iso estaban dexenerados cara unha situación denominada "primitiva".

Dende hai moito tempo, viaxeiros, historiadores e eruditos estudaron e escribiron sobre culturas de pobos afastados. O historiador Herodoto describiu as culturas de varios pobos do espazo xeográfico coñecido no seu tempo; interrogou á informantes, observou e analizou as súas formas de vida, do mesmo xeito que os antropólogos modernos, e informou as diferenzas entre elas, en aspectos como a organización familiar e as prácticas relixiosas. Máis tarde, o historiador Tácito, no seu libro Germania (98 d.C.), apuntou o carácter, os costumes e a distribución xeográfica dos pobos xermánicos.

Page 3: A evolución do ser humano

A antropoloxía xurdiu como campo diferenciado de estudo a medios do século pasado. En Estados Unidos, o fundador da devandita disciplina foi Lewis Henry Morgan. Investigou a organización social da confederación iroquesa. Morgan elaborou no estudo “A sociedade primitiva” (1877) unha teoría da evolución cultural como progresión dende o estado salvaxe até a barbarie e a

civilización . En Europa, o fundador foi Edward Burnett Tylor. Construíu unha teoría sobre a evolución do home que prestaba atención ás orixes da relixión. Morgan e os seus contemporáneos resaltaron a racionalidade das culturas humanas e argumentaron que en todas as civilizacións a cultura humana evoluciona cara a formas máis complexas e desenvolvidas.

Co achado dun fósil en Neandertal (Alemaña) en 1856 e os restos do (Homo erectus) na década de 1890, daban probas irrefutables do larguísimo proceso de evolución do home. Na abadía Boucher de Perthes, cerca de París, atopáronse tamén diversos utensilios de pedra que corroboraron que o proceso evolutivo da prehistoria humana remontásese por miles de anos atrás. Dende un principio, a arqueoloxía converteuse nunha compañeira da disciplina antropolóxica.