A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)

36
A EVOLUCIÓN DUN ESPAZO URBANO: A PRAZA DE GALICIA (SANTIAGO DE COMPOSTELA) 1730-2012 O patrimonio desaparecido Leopoldo Fernández Gasalla

Transcript of A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)

Page 1: A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)

A E V O L U C I Ó N D U N E S PA Z O U R B A N O :

A P R A Z A D E G A L I C I A

( S A N T I A G O D E C O M P O S T E L A )

1 7 3 0 - 2 0 1 2

O patrimonio desaparecido

Leopoldo Fernández Gasalla

Page 2: A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)

A PRAZA DE GALICIA

O espazo coñecido hoxe como Praza de Galicia é un ámbito inmediato á zona histórica de

Santiago de Compostela, o que fai del un lugar particularmente sensible dende o punto de

vista urbanístico, pois debería marcar unha transición harmoniosa entre a zona histórica e o

ensanche da cidade.

Dende o século XVIII experimentou unha serie de cambios, que viñeron a acentuarse en

1913 co inicio do derrubo e construcción de varios edificios senlleiros que marcaron e marcan

a imaxe representativa da cidade.

Actualmente este espazo está pendente de remodelación. Existe un proxecto aprobado xa

polo Concello, aínda que a a crise económica semella que paralizou esta iniciativa

urbanística.

Page 3: A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)

O EDIFICIO DA INQUISICIÓN (1)

O primeiro dos edificios relevantes construidos neste lugar foi a Casa do Tribunal do Santo Oficio da Inquisición.

Anteriormente estaba xunto ao mosteiro de San Martiño Pinario. Os benedictinos comprometéronse a financiar a construcción deste novo edificio lonxe do seu.

Según se cre, foi deseñado polo arquitecto Fernando de Casas Nóvoa, mestre de obras da catedral de Santiago, cara o ano 1730.

Page 4: A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)

Edificio da Inquisición (h.1730). Foto ca. 1910

Page 5: A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)

O EDIFICIO DA INQUISICIÓN (2)

A Inquisición foi abolida en 1813, restaurada por Fernando VII nese mesmo ano, abolida novamente en 1820, restaurada unha vez máis en 1822, e abolida definitivamente en 1834.

Dende entón o edificio se empregou como escola, administración de Rendas do Estado e, últimamente, acolleu as oficinas da “Unión Obrera”, os talleres da tipográfica Galaica e as dependencias da empresa de transportes “La Carrilana”.

Page 6: A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)

Edificio da Inquisición (h.1730). Foto ca. 1910

Page 7: A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)

PENSIÓNS, HOTEIS E CAFÉS: SÉCULO XIX

A finais do século XIX a praza vaise convertindo en lugar de chegada dos viaxeiros que viñan a Santiago dende os catro puntos cardinais.

Un dos primeiros en ubicarse aquí será o “Petit Christian”. Este hotel ocupou unha casa situada na esquina da praza coa Senra. A comezos do século XX dispoñía de cocheira propia para automóviles.

Na súa planta baixa estaba a oficina da empresa de “El Comercio”, que comunicaba Santiago con Vimianzo e Santa Comba.

Page 8: A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)
Page 9: A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)

En 1874 se encargou ao mestre de obras Manuel Pereiro a reforma do edificio, para engadir unha galería de madeira continua na segunda planta.

Page 10: A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)

Deixou de funcionar a comezos do século XX.

Page 11: A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)

A praza de Galicia vista dende a Virxe da Cerca cara a 1910.

Page 12: A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)

Hotel “La Estrella”

PENSIÓNS, HOTEIS E CAFÉS: SÉCULO XX

A comezos do século XX a zona da Senra vai tomando pulo.

En 1901 instálase o Hotel América no nº 1 da Senra, nun edificio construido por Manuel Pereiro Caeiro .

En 1907 este arquitecto constrúe un novo edificio no que se instala o “Gran Hotel Argentina”, que será dirixido por Francisco Rey.

Por estos mesmos anos establécese nas inmediacións da praza, na Rúa do Hórreo nº 4 º, o Hotel “La Estrella”.

Page 13: A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)

Tras ó seu regreso de Cuba en 1905, Francisco Rey fundara o “Café Oriental”, que pasará a chamarse “Derby” dende 1929.

En 1910 fundara o “Café Argentino” na esquina da Senra con Fonterrabía, no que se ofrecían espectáculos de variedades.

O café Derby foi e sigue sendo lugar de tertulias e

encontros.

Page 14: A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)

Teatro-cine Royalty (1921)

O TEATRO CINE ROYALTY

O edificio da Inquisición foi derrubado en 1913.

No solar do edificio da Inquisición construiuse en 1918 o garaxe “La Unión”, segundo o proxecto do arquitecto López de Rego.

En 1920 este edificio foi reformado para acoller o Teatro Royalty, segundo o proxecto do arquitecto municipal Fernández Rangel.

Page 15: A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)

O HOTEL COMPOSTELA

En 1927 o Teatro Royalty é derrubado para construir no seu lugar o Hotel Compostela.

O hotel foi construido seguindo o proxecto do arquitecto vigués Antonio Cominges.

Cominges deseñou un edificio que estivese acorde coa proximidade á zona histórica. Empregou un estilo ecléctico de inspiración rexionalista. Válese de elementos de procedencia románica, como o pilar composto do arco da esquina. A galería da derradeira planta inspírase nos corredores dalgúns pazos galegos. O remate almeado evoca o pasado medieval da cidade, así como o feito de que xustamente en frente do Hotel se encontrara a Porta da Mámoa.

Ata a conversión do Hospital Real en Hostal dos Reis Católicos, será o mellor hotel da cidade.

En 1974 os antigos salóns do hotel foron convertidos nunha oficina bancaria perdéndose uns espazos característicos e fundamentais dentro do establecemento.

Page 16: A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)

Antonio Cominges: Hotel Compostela (1927). Actualidade

Page 17: A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)

EDIFICIO “CASTROMIL” (1)

En 1922 Manuel Ramallo e Ángel Gontán deciden construir un edificio para café-restaurante no espazo valeiro que existía entre o comezo da Rúa Virxe da Cerca e A Senra.

O proxecto da obra foi encomendado ao arquitecto coruñés Rafael González Villar (1887-1941).

O tipo de arquitectura empregada e de inspiración ecléctica.

Posuía tres fachadas con accesos polas esquinas en rotonda. Na zona central unha gran marquesina acobillaba un tercer acceso principal dende a praza.

Durante un tempo acolleu o chamado “Café Kiki-bar”. Na pranta alta existía un salón dedicado a celebración de banquetes.

Page 18: A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)

Rafael González Villar: Proxecto para o “Edificio Castromil” (1922)

Page 19: A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)

Rafael González Villar: Edificio Castromil (1926). Ca. 1935

Page 20: A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)

EDIFICIO “CASTROMIL” (2)

En 1929 o edificio foi adquirido pola empresa de transporte de viaxeiros Castromil para as súas oficinas.

A empresa Castromil nacera en 1917 e dispoñía de 6 autocares de fabricación alemana marca Saurer.

A empresa Castromil comunicaba Santiago de Compostela por estrada coa cidade da Coruña e as de Pontevedra e Ourense, así como con todas as localidades que se encontraban entre elas.

Page 21: A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)

Rafael González Villar: Edificio Castromil (1926). Ca. 1960

Page 22: A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)

A CONSTRUCCIÓN DO ENSANCHE. (Anos 60-70 do século XX)

Dende finais dos anos 60 a cidade de Santiago foi medrando dun xeito acelerado.

Na parte sur da praza de Galicia derrubáronse todos os edificios preexistentes construidos a finais do século XIX e comezos do XX, para ser substituidos por outros de moita maior altura e volume destinados a vivendas e locais comerciais.

Estilísticamente, rachan co resto da arquitectura da zona e non conservan nin as proporcións ni o tipo de materais empregados ata entón.

Page 23: A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)

Rafael González Villar: Edificio Castromil (1926). Ca. 1970

Page 24: A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)
Page 25: A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)

A construcción dunha estación de autobuses na entrada da cidade, determinou que o edificio deixara de ser necesario como parada e oficinas de Castromil.

En 1974 concello decidiu que na praza de Galicia se construira un aparcamento subterráneo.

Pese aos esforzos do Colexio de Arquitectos de Galicia, que presentou unha proposta de rehabilitación e uso cultural do edificio Castromil e do espazo existente xunto a el, o concello logrou que a Comisión Provincial de Monumentos non declarara este inmoble como protexido.

En 1975 o edificio foi derrubado e o aparcamento construido.

Page 26: A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)

C. Almuiña, R. Baltar, X. A. Bartolomé, X. M. Casabella e X. L. Martínez Suárez : Proxecto para a remodelación do Edificio Castromil (1974)

Page 27: A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)

Praza de Galicia co aparcamento subterráneo xa construido (1975)

Page 28: A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)

A chegada á alcaldía do arquitecto Xerardo Estévez (1983-1986/ 1987-1998) trouxo como consecuencia unha nova forma de entender o urbanismo.

Consciente da aridez da praza e do seu nulo acerto estético, reformouse o espazo central coa dotación de zonas verdes e a construcción dunha oficina de información turística.

Page 29: A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)
Page 30: A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)

Praza de Galicia na actualidade

Page 31: A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)

Recentemente decidiuse a reforma da praza unha vez máis e convocouse un concurso de ideas.

Page 32: A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)

3º clasificado

O proxecto propón a creación dun aparcamento diáfano e aéreo, que permita a disponibilidade completa do espazo en planta para disfrute cidadán.

Page 33: A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)

2º clasificado

Este proxecto pretende suprimir o tránsito de vehículos pola parte sur da praza.

Page 34: A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)

1º clasificado

Neste proxecto todo o tráfico pasaría pola parte sur da praza.

Page 35: A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)
Page 36: A evolucion da praza de galicia (Santiago de Compostela)

BIBLIOGRAFÍA E RECURSOS

-CABO VILLAVERDE, José Luis e COSTA BUJÁN, Pablo: Imaxe de Compostela. Unha cidade de pedra nas vellas fotografías, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 1991.

-PEREIRO ALONSO, José Luis: Rincones de Compostela, Santiago de Compostela, Ronsel-Consorcio de Santiago, 1996.

- - V.V.A.A: Galicia. A destrucción e a integración do patrimonio arquitectónico. III Xornadas de arquitectura galega, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 1981.

-http://es.wikipedia.org/wiki/Rafael_Gonz%C3%A1lez_Villar

-http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/10/11/5185908.shtml

-http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/10/11/5185811.shtml

-http://www.urbanity.es/foro/urbanismo-gal/8253-santiago-de-compostela-coruna-propuestas-plaza-de-galicia.html