A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia...

74
Educación secundaria para persoas adultas Páxina 1 de 74 Ámbito social Unidade didáctica 10 A Europa do Antigo Réxime

Transcript of A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia...

Page 1: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Educación secundaria

para persoas adultas

Páxina 1 de 74

Ámbito social

Unidade didáctica 10

A Europa do Antigo Réxime

Page 2: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 2 de 74

Índice

1. Programación da unidade ............................ ............................................................3

1.1 Encadramento da unidade no ámbito social ................................................................. 3 1.2 Descrición da unidade didáctica ................................................................................... 3 1.3 Obxectivos didácticos ................................................................................................... 3 1.4 Contidos de aprendizaxe .............................................................................................. 4 1.5 Temporalización ........................................................................................................... 5 1.6 Recursos materiais ....................................................................................................... 5 1.7 Avaliación ..................................................................................................................... 7

2. Secuencia de actividades........................... ..............................................................8

3. Cuestionario de avaliación ......................... ............................................................72

Page 3: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 3 de 74

1. Programación da unidade

1.1 Encadramento da unidade no ámbito social

– Unidade 1 ���� Bloque 1

– Unidade 2

– Unidade 3 Módulo 1

���� Bloque 2 – Unidade 4

– Unidade 5 ���� Bloque 1

– Unidade 6

– Unidade 7 Módulo 2

���� Bloque 2 – Unidade 8

– Unidade 9 ���� Bloque 1

– Unidade 10: A Europa do Antigo Réxime

– Unidade 11 Módulo 3

���� Bloque 2

– Unidade 12

– Unidade 13 ���� Bloque 1

– Unidade 14

– Unidade 15 Módulo 4

���� Bloque 2 – Unidade 16

1.2 Descrición da unidade didáctica

Esta unidade, denominada aborda a transición desde o feudalismo ao capitalismo, nun percorrido pola historia dos séculos XVI, XVII e XVIII. Estes cambios non se producen dun xeito uniforme en Europa e menos no contexto mundial, onde a presenza de pobos que viven na prehistoria marca un forte contrapunto ao devir histórico da historia moder-na. Son coñecementos previos básicos para podermos comprender as transformacións económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do módulo 3 (“Un século de revolucións: da Marsellesa á Internacional”). Dedicaránselle a esta unidade didáctica 16 períodos lectivos distribuídos en catro semanas.

1.3 Obxectivos didácticos � Definir axeitadamente os termos relacionados coa unidade.

� Identificar os períodos cronolóxicos na Idade Moderna coas súas variables políticas, económicas e sociais básicas.

� Recoñecer e situar nun eixe cronolóxico os feitos históricos que definen o Antigo Ré-xime, e identificar as relacións causais dos cambios históricos.

� Explicar a importancia ideolóxica da Ilustración como factor desencadeante da crise e da descomposición do Antigo Réxime.

Page 4: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 4 de 74

� Obter información de documentos audiovisuais sobre a temática da unidade, e formula-la verbalmente e por escrito.

� Interpretar correctamente a información incluída en gráficos e táboas de poboación, produción, etc., e expresala verbalmente e por escrito.

� Analizar a información incluída en textos escritos sobre a temática da unidade, e expre-sar verbalmente e por escrito o seu contido fundamental.

� Diferenciar información de opinión neses textos, e identificar cando sexa posible os in-tereses que están detrás desas formulacións.

� Identificar e valorar as pegadas do pasado histórico galego na linguaxe, nos costumes, nos restos materiais, nas manifestacións artísticas e na vida cotiá, como elementos constitutivos da nosa identidade individual e colectiva.

� Procurar e localizar en internet e na biblioteca información icónica e escrita salientable sobre a unidade.

� Participar activamente en traballos en pequenos grupos sobre aspectos relacionados coa unidade.

� Debater en grupo, respectando as normas correspondentes, sobre os documentos audio-visuais vistos e sobre temas relacionados coa unidade, como as condicións laborais da época, etc.

� Investigar algunhas situacións da Idade Moderna en que as actitudes discriminatorias sexan unha manifestación nidia da orixes dun conflito.

1.4 Contidos de aprendizaxe � Características do Estado moderno: sociedade, economía e sistemas políticos

� A nova imaxe do mundo. Descuberta e colonización de América: causas e consecuen-cias.

� A Península Ibérica na época moderna: Humanismo e Renacemento. Cambios na men-talidade.

� Antigo Réxime: a Europa do absolutismo. Inglaterra: una excepción do século XVII.

� Transformacións económicas e sociais do Antigo Réxime.

� A Galicia do Antigo Réxime: fidalgos e foreiros, millo e protoindustria.

� A pedra feita arte: do Renacemento ao Barroco galego.

� O pensamento ilustrado: importancia ideolóxica como desencadeante da crise e da des-composición do Antigo Réxime.

� O reformismo e o centralismo borbónico en España e Galicia. Carlos III como exemplo de monarca ilustrado.

� Os elementos básicos que caracterizan os estilos plásticos e musicais máis salientables.

� Obtención de información de fontes diversas: iconográficas, escritas, proporcionadas polas TIC, etc. Elaboración escrita da información obtida.

� Localización no tempo e no espazo dos períodos e dos acontecementos históricos. No-cións de simultaneidade e evolución. Representación gráfica de secuencias temporais.

� Recoñecemento e situación nun eixo cronolóxico de feitos históricos, e representación dalgunhas relacións causais dos cambios históricos.

Page 5: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 5 de 74

� Recoñecemento e valoración das pegadas do pasado histórico galego na linguaxe, nos costumes, nos restos materiais, nas manifestacións artísticas e na vida cotiá como ele-mentos constitutivos da nosa identidade individual e colectiva.

1.5 Temporalización � Primeira semana: actividades 1 á 10.

� Segunda semana: actividades 11 á 24.

� Terceira semana: actividades 25 á 33.

� Cuarta semana: actividades 34 á 44.

1.6 Recursos materiais

Fontes impresas

� Balanzá, M. e Seminario de Historia do ICE. Universidade Literaria de Valencia. Mate-

riales para la clase HISTORIA-II. El Feudalismo. La Transición del feudalismo al ca-

pitalismo. La revolución industrial. Anaya. Madrid, 1980. ISBN: 84-207-1351-1

� Ballarini, A.M.; Baño A. del; Fernánzez, A.; Rossell, M.: Trabajos prácticos de Histo-

ria (segunda parte). 1º BUP. Akal.

� Cortes Salinas, C. España y América. La era de los descubrimientos. ESO Ciencias So-

ciales. Gª e Hª. Segundo ciclo B. Akal. Toledo, 1995. ISBN: 84-460-0511-5

� Fernández Abel, S. O sistema foral en Galicia. Documentos e textos. tresCtres, XIZ, Didáctica. Santa Comba, 2006. ISBN: 84-934890-4-2

� Pardo Bazán, E. Los pazos de Ulloa. Alianza Editorial. Madrid, 1981. ISBN: 84-206-1042-9. Pódese ler en internet neste enderezo:

http://www.cervantesvirtual.com/servlet/SirveObras/01471734211314873154480/index.htm

� Sierra, A. ...E cheguai a Baiona. Concellería do V Centenario. Excmo. Concello de Ba-iona. Depósito legal: V.G. 43/93.

� Velázquez. Guía didáctica. Monografía. Museo del Prado. Dpto. de Educación. Fun-dación de Amigos del Museo del Prado. (M. 4.861-1991)

� Villares Paz, R. A Historia. Galaxia. Biblioteca da Cultura Galega nº 3. Vigo, 1995. ISBN: 84-7154-950-6.

� Libros para a educación secundaria a distancia. Ámbito da sociedade. Módulo 2. Con-sellería de Educación.

– Páxinas 82 a 89 (“Fundamentos do Mundo Moderno”).

– Páxinas 93 a 106 (“O Antigo Rexime: séculos XVI ao XVIII”).

Filmografía

� 1492. La conquista del paraíso. Temas: a vida de Colón e as súas viaxes ás Indias Oc-cidentais. Bo complemento para o traballo de lectura do pequeno conto “...E cheguei a Baiona”.

Ficha traballo en Educared:

http://www.educared.net/primerasnoticias/hemero/2006/mayo/cult/colon/espe.htm

Page 6: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 6 de 74

� Un hombre para la eternidad. Permite analizar a Corte de Henrique VIII, a figura de Tomé Moro e a ruptura entre a Igrexa de Roma e a Igrexa de Inglaterra en 1534.

� Cromwell. Temas: parlamentarismo británico e corte de Carlos I e de Oliver Cronwell arredor de 1642.

http://www.arvo.net/pdf/CROMWELL%20EN%20EL%20CINE%20Y%20EN%20

LA%20HISTORIA.htm]

� Alatriste. Ambientada na España imperial do século XVII, durante o reinado de Filipe IV, no século de ouro das artes e as letras (Barroco español: Quevedo, Góngora, Veláz-quez, Lope de Vega e conde-duque Olivares).

http://www.gh.profes.net/apieaula2.asp?id_contenido=48156.]

� Los pazos de Ulloa. Miniserie de TVE, hoxe publicada en DVD, dirixida por Gonzalo Suárez.

http://www.cervantesvirtual.com/bib_autor/pardo_bazan/index.shtml

� Rande 1702 “Arde o mar”. Recreación de 12 minutos en animación 3D da Batalla de Rande, na ría de Vigo. Editado polo Museo do Mar de Galicia. Atópase información nestes qnderezos:

http://www.liceus.com/cgi-bin/gui/03/1134.asp

http://www.arrakis.es/~rojea/rande/ranindex.htm

� La Misión. Para traballar sobre a colonización América. A acción sitúase no ano 1756 na fronteira entre Paraguai e Brasil, xunto ás fervenzas do Iguazú, no feito real da ma-tanza de 1400 indíxenas. Temas: as misións, os xesuítas e a colonización. Martínez, J. Películas para usar en el aula. UNED. ISBN: 84-362-4641-1. Pp 123-147. http://www.educahistoria.com/reportajes/mision/]

� O Perfume. Ambientado en 1766, na cidade de Grasse, no sur de Francia. Temas: a so-ciedade do Antigo Réxime, o mundo dos curtidoiros, as cidades e a súa rede urbana, a arte do “enfleurage” e a vida nos barrios baixos. http://www.parfum.film.de/ (alemán) http://www.elperfumelapelicula.com/ (castelán).

Novela histórica recomendada

� Cansino, E. El misterio Velázquez. Bruño, Paralelo Cero nº 20. Madrid, 1998. ISBN: 84-216-3192-6. A través da vida de Nicolás Pertusato coñecemos as Meninas, a famosa obra de Velázquez.

� Lorman, J. O galeón das illas Cíes. Galaxia. Colección Costa Oeste nº 20. Vigo, 1999. ISBN: 84-8288-255-4. Aínda que ambientada nos tempos actuais, permite traballar so-bre a Batalla de Rande, de 1702, a historia do Santo Cristo de Maracaibo e a Guerra de Sucesión Española.

� Martin, A. Os donos do paraíso. Rodeira, Periscopio nº 5. A Coruña, 2005. ISBN: 84-96352-11-0. Sobre a conquista de América e obra de Frai Bartolomé de las Casas.

� Moure, G. Eu, que matei de melancolía ao pirata Francis Drake. Edicións Xerais de Galicia. Colección “Fóra de xogo”. Vigo, 2004. ISBN: 84-9782-161-0. Ambientada a finais do século XVI, permite traballar sobre o comercio co Novo Mundo e as relacións angloespañolas.

� Sierra i Fabra, J. E chamáronlle Colón. Rodeira, Periscopio nº 22. A Coruña, 2006. ISBN: 84-8349-020-X. Novela para traballar sobre a vida e as viaxes do famoso nave-gante.

Page 7: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 7 de 74

1.7 Avaliación

A avaliación dos aspectos procedementais realizarase a través da observación e da valora-ción das tarefas propostas na secuencia de actividades.

Igualmente, a valoración da participación nas actividades de grupo e nos debates reali-zarase a través da súa observación.

A avaliación dos aspectos conceptuais realizarase mediante cuestionarios ou probas, como os incluídos no material da unidade.

Page 8: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 8 de 74

2. Secuencia de actividades Introdución

S1. Presentación da unidade polo profesor ou a profesora: marco xeral cronolóxico, importancia dos feitos e dos procesos que se van abordar nela, metodoloxía que se vai seguir, etc.

S2. O século XV constitúe un momento clave no devir histórico. O home loitaba por saír da longa Idade Media para chegar á luz da Idade Moderna. Existen distintas visións sobre a existencia dunha ruptura brusca ou unha continuidade entre me-dievo e modernidade.

A idea de cambio preside o estudo deste período que, como todos os sistemas so-ciais, evoluciona permanentemente ata que entra en crise e se substitúe por outro. Este proceso non está exento de polémica e de diversas interpretacións. Analice-mos algunhas das existentes sobre o paso do “feudalismo ao capitalismo”:

A

“O Renacemento foi un cambio de marea. A imaxe que reflicte a transición da Idade Media aos tempos modernos é (como podería ser doutro xeito?) non a dunha revolución dunha gran roda, senón a dunha prolongada sucesión de ondas que rodan sobre a praia, cada unha das cales rom-pe en lugar e en momento diferentes. Por todas as partes as fronteiras, entre o vello e o novo, son diferentes; cada forma cultural, cada concepto transfórmase ao seu propio tempo, e nunca a transformación abrangue a todo o complexo da civilización”.

Huizinga, J. El otoño de la Edad Media.

Estudios sobre la forma de vida y el espíritu

durante los siglos XIV y XV en Francia y los Países Bajos. Alianza Editorial. Madrid, 1979. Páxina 249)

B

“Hai (...) dous problemas fundamentais relacionadas coa transición do feudalismo ao capita-lismo, dun sistema de produción baseado no traballo de servos ou dun “campesiño suxeito”, a un sistema baseado no traballo contratado. Estes dous problemas corresponden a dúas fases da transición, unha primeira e outra posterior. En primeiro lugar temos a cuestión de cales foron as causas-forza que levaron á desintegración do sistema feudal de explotación, xerando unha crise da sociedade feudal ao final do período medieval na Europa Occidental; crise certa na In-glaterra do século XV, e tamén en Francia e Alemaña. (...) En segundo lugar, está a cuestión do proceso polo que naceu esta desintegración do feudalismo a modo de produción burgués ou capitalista, baseado no traballo asalariado. Estas novas relacións sociais de produción, ¿brota-ron directamente do chan da sociedade feudal, acelerando coa súa aparición a caída do Antigo Réxime e suplantándoo directamente? Ou foi máis longo e máis esvaecido no tempo o proceso de formación do capitalismo?

Dobb, Maurice. Transición del Feudalismo al Capitalismo. 1999. Páxinas 466-467

C

“Non hai dúbida de que as cidades en rápido crecemento -que ofrecían liberdade, emprego e máis categoría social- serviron de potente imán para a poboación rural oprimida. E os propios burgueses, que precisaban máis man de obra e más soldados para reforzaren o seu potencial militar, fixeron o posible para lles facilitar aos servos a fuxida da xurisdición dos seus amos. (...) A maior eficacia dunha produción moito máis especializada, as maiores ganancias que se podían conquistar mediante a produción para o mercado en lugar de para o uso inmediato, a maior atracción da vida urbana para o traballador, todos estes factores facían que non fose máis que unha cuestión de tempo que o novo sistema, unha vez o bastante forte para vivir pola súa conta, gañara a batalla.”

Sweezy, Paul M. La transición del feudalismo al capitalismo. Barcelona, 1982

Page 9: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 9 de 74

� En debate, entre o profesor ou a profesora e o alumnado, analizar as teorías e explicar as diferenzas entre elas.

� Analizar outros procesos de transición na historia que tamén se consideraron definidores doutras fases históricas.

� Completar a seguinte táboa (por parellas na aula).

Feudalismo Capitalismo

���� Cronoloxía

���� Crenzas

���� Concepción da Terra

���� Produción

���� Xeito de propiedade

���� Relacións laborais

���� Base do dominio

���� Fin da produción

���� Rivalidades sociais

Page 10: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 10 de 74

Historia moderna

A monarquía autoritaria. Economía e sociedade.

S3. Explicación do profesor sobre os principais feitos que definen o inicio da Idade Moderna.

� O alumnado debe situalos nunha liña do tempo: Toma de Granada a Boabdil, expulsión dos xudeus da Península Ibérica, chegada de Colón a América (como datos para occidente); Toma de Constantinopla polos turcos (para oriente). Tamén se traballará cos feitos que se consideran como final deste período his-tórico, é dicir, o estoupido da Revolución Francesa e a Revolución Industrial.

S4. Localizar na sopa de letras oito institucións adoptadas polos Reis Católicos para o goberno autoritario e centralista, e que definiron o réxime autoritario. Logo, coa axuda do dicionario, defina os termos.

Termo 1: _______________

Termo 2: _______________

Termo 3: _______________

Termo 4: _______________

Termo 5: _______________

Termo 6: _______________

Page 11: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 11 de 74

Termo 7: _______________

Termo 8: _______________

S5. O mapa representa a expansión do reino aragonés nos século XV e XVI. A que territorios actuais chegaban os dominios peninsulares? Axúdese dun atlas e con-teste no cadro de abaixo.

S6. Explicación do profesor ou da profesora das rutas comercias do Mediterráneo durante o medievo e dos motivos que provocaron o seu bloqueo e a procura de novas rutas. Sinalalas no mapa da actividade S5.

S7. Unha proba de que a fenda entre feudalismo e capitalismo non é tan clara como aparenta na literatura, é o mantemento de estruturas de produción agraria pro-pias da Idade Media. Propomos a lectura do seguinte texto:

A AGRICULTURA NO ANTIGO RÉXIME: MANTEMENTO DE MODOS TRADICIONAIS

Artigo primeiro: É debido ao señor, en ocasión das vendas, laudemios do prezo de cada adquisi-ción, xeralmente sobre todos os bens sen excepción (...).

Artigo segundo: Os habitantes de Essigey que teñan lume e eira deben cada un unha galiña no primeiro día da coresma entrante, e unha corvea de brazo por cada traballador na época da sega do feo.

Artigo terceiro: Cada labrego ou quen teñan cabalos ou bois e arneses deben tamén anualmente unha corvea de arado ou caza (vendima) na época da semente.

Artigo cuarto: Pertence ao dito señor o coidado de percibir o décimo en todas as terras do señorío a razón de 14 gavelas cada un, suposto que o prior Tart perciba unha, das quince da cada pila.

Artigo quinto: Pertence ao devandito señor a xustiza alta, media e baixa en toda a súa extensión.

Artigo sexto: Todos os habitantes deben facer garda no castelo do devandito lugar.

Artigo sétimo: Os habitantes deben sacar os refugallos que leva a auga do río aos fosos do devan-dito castelo. Están ademais obrigados a pechar con sebes mortas o prado chamado Le Closeau (...).

Page 12: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 12 de 74

Artigo oitavo: Todos os que vendan viño en Essigey débenlle unha pinta de viño ao señor (...), que os vendedores están obrigados a levar ao seu castelo unha hora logo de ter aberto o barril (...)

Artigo noveno: Ningún dos habitantes ten o dereito de pesca nin de caza, baixo pena de confisca-ción de apeiros (...).

Artigo décimo: (...) o señor pode ter os seus bosques sen explotar e acoutados, sen que se lle per-mita a ninguén tomar de alí madeira nin enviar animais baixo pena...

Manual de dereitos de Essigey, Côte-d'Or, Cantón de Genlis, 1780) http://www.naullibres.com/html/aaa/descargas/geaclio/examenes/4eso2007_03.pdf

� Defina os termos subliñados no texto, coa axuda dun dicionario.

���� Laudemios

���� Coresma

���� Corvea

���� Feo

���� Arneses

���� Arado

���� Décimo

���� Gavelas

���� Pinta

���� Apeiros

� Cales eran as principais obrigas dos labregos, segundo o texto?

Page 13: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 13 de 74

� Quen exercía o control do lugar? Variaba respecto do feudalismo? Cantos sé-culos separan ese período histórico deste texto?

� Empregando internet tenta localizar Essigey. En que país o situaría? En que re-xión? Estamos a nove anos dun grande acontecemento nese país? Cal? Cre que a situación que se suscita neste texto é propia dos cambios de final de século? Como puido influír esta situación nos sucesos posteriores?

S8. A sociedade dos primeiros séculos da idade moderna quedou maxistralmente plasmada en dúas obras cume da literatura española: El Lazarillo de Tormes e Historia Vida del Buscón llamado Pablos.

� Traballe con diversos fragmentos e realice un esquema cos grupos sociais re-flectidos neles. Pomos aquí un esquema; intente explicar deseguido na táboa os termos subliñados.

“O meu nacemento foi dentro do río Tormes, causa pola que tomei o alcume, e foi deste xeito. Meu pais, a quen Deus perdoe, tiña cargo de prover unha moenda dunha acea que está á beira da-quel río, na cal fora muiñeiro máis de quince anos; e estando a miña nai unha noite na acea... pa-riume alí. (...)

Pois sendo eu neno de oito anos, achacáronlle ao meu pai certas sangrías mal feitas nos costais dos que alí a moer viñan, polo cal foi preso, e confesou, e non negou, e padeceu persecución por xusti-za. Espero en Deus que estea na Gloria, xa que o Evanxeo os chama benaventurados. Neste tempo fíxose certa armada contra mouros, entre os cales foi o meu pai, que naquel momento estaba deste-

Page 14: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 14 de 74

rrado polo desastre xa devandito, con cargo de muleiro dun cabaleiro que alá foi; e co seu señor, como leal criado, feneceu a súa vida.

A miña viúva nai, como sen marido e sen abrigo se vise, determinou arrimarse aos bos por ser un deles, e viuse vivir á cidade, e alugou unha casa, e meteuse a guisar para comer a certos estudan-tes, e lavaba a roupa a certos mozos de cabalos do Comendador da Madalena, de maneira que foi frecuentando as cortes. Ela e un home moreno, daqueles que as bestas curaban, viñeron en coñe-cemento. Este algunhas veces viña á nosa casa, e íase á mañá; outras veces de día chegaba á porta, en achaque de comprar ovos, e entrábase na casa. Eu, ao principio da súa entrada... tíñalle medo, vendo a cor e o mal xesto que tiña; mais desde que vin que coa súa vinda melloraba o comer, fun-lle querendo ben, porque sempre traía pan, anacos de carne, e no inverno paus con que nos quenta-bamos.”

Lazarillo de Tormes. Cátedra, Madrid, 1985

http://www.cervantesvirtual.com/servlet/SirveObras/09253956411381984232268/thm0000.htm

http://aaswebsv.aas.duke.edu/celestina/ANONIMO/LAZARILLO/

http://www2.ups.edu/faculty/velez/Span_402/Lazaro.htm

http://www.edu365.cat/eso/muds/castella/lectures/lazarillo/index.htm

���� Muiñeiro

���� Mouros

���� Muleiro

���� Cabaleiro

���� Criado

���� Arrimarse aos bos

���� Estudantes

���� Mozos de cabalos

���� Home moreno

Page 15: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 15 de 74

Descuberta de América: termo procedente ou improced ente?

S9. Iniciar este apartado cun debate sobre a denominación “Descuberta de Améri-ca”. Certamente Colón descubriu un “novo mundo” ou abriu este á colonización dos estados europeos modernos?

No canto de analizar as posturas ao respecto, o alumnado debe ler o artigo de “La Voz de la Escuela” do mércores 30 de setembro de 1987 titulado “Después del

Descubrimiento. La doble imagen de los conquistadores” e debater sobre o seu contido.

Page 16: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 16 de 74

Seguimos a traballar en grupo e respondemos a estas cuestións:

� Reúna uns datos biográficos básicos sobre J. María Pemán, Pablo Neruda e Lu-cio Marineo Siculo (pode informarse na Wikipedia, noutros enderezos de in-ternet ou en calquera biblioteca). Sería interesante cotexar diversas fontes.

���� Pemán

���� Neruda

���� LMS

� Indique as semellanzas, de existiren, e as diferenzas entre os dous poemas de-dicados a Hernán Cortés da páxina do xornal.

���� Semellanzas

���� Diferenzas

� Cal é a súa posición ante a lectura dos textos?

Page 17: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 17 de 74

Logo, compare estes textos coa visión do “descubridor”, Colón, e a imaxe de Théodore de Bry, cuxa obra Americae sobre o novo continente –con interesantes láminas– se pode consultar na páxina do Museo da Comunicación Infoamérica:

http://www.infoamerica.org/museo/expo_bry/bry000.htm

Diario de Cristovo Colón. Théodore de Bry. Masacre de indíxenas en América

“Sábado, 13 de outubro. Logo de amencer, viñeron á praia moitos destes homes, todos mancebos, ..., e todos de boa estatura, xente moi fermosa; os cabelos moi crechos... e todos coa fronte e a cabeza moi ancha... os ollos moi fer-mosos e non pequenos; ... Eles viñeron á nave con almadías, feitas do pé dunha árbore... traían nobelos de algodón fiado e papagaios e azagaias (...). É esta xente moi mansa, e pola gana de ter as nosas cou-sas... dano por calquera cousa que lles dean.”

S10. Unha tormenta cambiou o rumbo da Pinta na viaxe de volta dos primeiros barcos e fixo de Galicia o primeiro territorio que coñeceu os achados de Colón.

� Lea o texto seguinte e logo conteste ás cuestións nun pequeno grupo.

Page 18: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 18 de 74

� Defina as seguintes palabras e expresións tiradas do texto:

���� Cipango

���� Baluarte

���� Marabedís

���� Alisios

���� A máis veleira

Page 19: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 19 de 74

���� Enxarcias

���� Códices

���� Codaste

���� Espingardas

� Conteste as seguintes cuestións:

���� De quen era a Pinta?

���� Por que razón arri-bou a Baiona?

���� Había galegos entre a súa tripulación?

���� Por que debeu regresar ao porto de Palos?

���� Quen foi a primeira vítima en terras ba-ionesas?

���� Quen foi o primeiro en divisar aquelas novas terras?

���� Como chamaban os indíxenas a esas novas terras

���� Como se chamaba o contramestre da Pinta

���� Que día se afundiu a Santa María?

Page 20: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 20 de 74

� Resuma en dez liñas o contido da historia.

� Calcule os días que tardou a Pinta en chegar a América. Cantos lle levou che-gar a Baiona? A que se deberá esa diferenza de días? Razoe a súa resposta.

� Para que serven estes útiles de navegación?

���� Agulla de marear

���� Astrolabio

���� Cuadrante

Page 21: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 21 de 74

���� Reloxo de area

���� Sondaleza

���� Escandallo

� Describa oralmente como era a vida na Pinta. Compárea coa vida nas embarca-cións actuais.

� Cal foi o erro de Cristovo Colón segundo o libro?

Page 22: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 22 de 74

� Relacione ambas as ringleiras colocando o número no cadro indicado:

1 Alisios Juan Rodríguez Bermejo

2 Zaragüelles Juan Quintero Argenta

3 Rodrigo de Triana Calzóns Longos

4 Contramestre Cemiterio

5 Monte Boi Ventos do Atlántico

6 Sondaleza Profundidade da auga

S11. O profesor ou a profesora debe facer fincapé en que estudos modernos parecen demostrar que outros europeos estiveron por terras americanas antes que Co-lón. Analícense as seguintes ideas cos alumnos e as alumnas:

"Os indios antillanos "descubriron" Europa moitos séculos antes que os europeos América. Segun-do contan as historias romanas, no ano 62 a.C., é dicir, nos tempos en que Xulio César andaba ocupado na conquista da Galia, unha embarcación tripulada por homes dunha raza descoñecida foi parar ás costas de Xermania. O rei dos suevos fíxoos prisioneiros e enviounos como curioso agasa-llo a Metelo Cela, procónsul da Galia.

Os chineses chegaron a América en épocas remotas. Os chineses chamárona Fu Sang e, polo visto, non se limitaron a explorala, senón que fundaron colonias.

Os viquingos, os primeiros europeos que puxeron pé no continente americano, inventaron un sis-tema idéntico ao de Noé para saber se estaban preto de terra firme. Soltaban un corvo e esperaban o seu regreso. Se volvía cunha presa ou algún vexetal no pico, iso indicaba a existencia de terra.

A Santa María, a nave capitá de Colón, non era unha carabela, senón unha nave. E ademais, nin-guén a chamaba así? Uns coñecíana por Mariagalante, outros por A Galega, e o propio Colón bau-tizouna co nome de A Capitá.

O auténtico nome da carabela La Niña era Santa Clara. Chamábana así porque os seus donos se apelidaban Neno.

A bandeira de Colón era unha áncora dourada sobre fondo azul.

O primeiro europeo que adquiriu o hábito de fumar chamábase Antonio de Torres.

Juan Rodrigo Bermejo, máis coñecido como Rodrigo de Triana, resentido por aquela estafa, foise ao norte de África e fíxose mahometano.

Había tres estranxeiros na primeira viaxe de Colón, e estes mariñeiros -un inglés, un irlandés e un portugués- eran ex-presidiarios.

Colón nunca escribiu en italiano, aínda que fose a súa lingua materna.

Americo Vespucio foi quen lle deu o seu nome ao mundo descuberto por Colón. Vespucio, que ti-ña máis de pícaro que de navegante, escribiu un libro onde contaba as súas aventuras. Nel afirma-ba descubrir un mundo diferente de Asia. A súa obra caeu en poder dun xeógrafo alemán chamado Martín Waldseemüller, quen escribiu en 1507 o que segue: "Hoxe día, estas partes do mundo (Eu-ropa, Asia e África) foron máis cabalmente exploradas, e outra cuarta parte veu a ser descuberta por Américo Vespucio; polo cal, non vexo que xusta razón hai para que non lla chame Amérige (ou sexa, "Terra de Américo")".

VÁZQUEZ CHAMORRO, G. O descubrimento de América. Bruño. Colección Pobos e Xentes nº 6. ISBN: 84-216-1149-6

Page 23: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 23 de 74

S12. Cando os europeos iniciaron a conquista acharon grandes civilizacións en Amé-rica. O profesor falará da importancia das culturas do norte (practicamente desa-parecidas), e dalgunhas do centro e do sur (maias, aztecas e incas).

Para analizar o primeiro bloque poderán escoitar a gravación recomendada ou ler o texto da carta do indio Seatle ao presidente dos EEUU.

http://s2.video.blip.tv/0920000690139/Leerescuchando-guerras_indias418.mp3

� Localice en internet información sobre as imaxes e relacióneas co país actual onde situaría a súa cultura. Logo, póñanlles o nome que lle correspondería a cada unha: azteca, maia, inca, tiahuanacota, sioux, inuits, pobo, iroqueses, pa-tagóns, ianomamas, urus, xíbaros, toltecas e olmecas.

Page 24: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 24 de 74

S13. Vexa o documental de Artehistoria: “El poblamiento de América”; “Las culturas precolombinas”; “Las grandes culturas americanas”; “Los incas”; “Tenochtitlan”.

http://es.youtube.com/watch?v=Es0RAo5kyng&NR=1

http://es.youtube.com/watch?v=EIOi80yUl_E

http://es.youtube.com/watch?v=6J-yl9Ba7zw&feature=related

http://es.youtube.com/watch?v=5JJsDMs5SLo

http://es.youtube.com/watch?v=OKl2NSQagRc&feature=related

� Deseguido, intente definir o que son as culturas do millo e as culturas da pata-ca, e analice a transcendencia que teñen ambos os alimentos na cultura galega desde o Antigo Réxime ata os nosos días.

� Logo faga unha pequena redacción dunha das principais culturas amerindias, tendo en conta os seguintes termos:

AZTECA: Tenochtitlán, Texcoco, millo, serpe emplumada, tlatoani, cacao.

INCA: Andes, quechua, Cusco, llama, guano, chasqui, tambo, tacllac, Viracocha, quipus.

MAIA: Iucatán, Popol Vuh, escritura, xogo da pelota, Copán, Palenque.

Page 25: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 25 de 74

S14. Analizar as achegas de Europa a América, e as de América a Europa. Investigue cales destes recursos chegaron desde as Indias Occidentais:

Roda, metalurxia do ferro, tomate, cacahuete, café, cacao, tabaco, caucho-chicle, ouro, prata, caba-lo, pataca, millo e trigo.

S15. Moitos personaxes viaxaron ás novas terras para ocupalas e explotalas. Rela-cione cada un coas terras ou cos imperios conquistados (datos tomados de In-termón, unidade didáctica América, 1991-1992), colocando a letra corresponden-te no seu recadro.

A Pedro Álvarez Cabral Ocupou Porto Rico e descubriu a Florida

B Giovanni Caboto Destruíu o imperio Inca (Cusco)

C Pedro de Valdivia Destruíu o Estado Azteca (Tenochtitlán)

D Hernán Cortés Loitou contra os araucanos e fundou Santiago de Chile

E Vasco Núñez de Balboa Explorou as costas atlánticas dos actuais EEUU e do Brasil

F Francisco Pizarro Descubriu Brasil para Portugal

G Ponce de León Seguiu o Amazonas dos Andes ao Pacífico pola selva

H Frei Bartolomé de las Casas Explorou California

I Francisco de Orellana Defendeu os dereitos dos indíxenas ante os conquistadores

J Gaspar de Portola Mandou a expedición castelá que descubriu o Pacífico

Page 26: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 26 de 74

S16. Unha das conquistas máis épicas de América foi a de Tenochtitlán, na coñecida como “noite triste”. As seguintes imaxes reflicten o alí acontecido. Intente pórlles un pé narrando os principais feitos da devandita noite, en estilo teatral. Aí van algunhas pistas!

“A noite triste”

1 Moctezuma ten un soño

2 O chasqui anuncia ao conquistador

3 Naufragan as naves?

4 Chegando a Tenochtitlán

5 Moctezuma ante Hernán Cortés

6 Aproveitan a noite para o asalto

7 A loita é desigual

8 Todo é fume!

Fonte: Casal Fernández, P.; Pérez Jaén, D.; Rodríguez Fernández, H.; Rodríguez Fernández, J. L.; Táboas Lorenzo, F.; Canosa, R. Traballo inédito, 1992.

Page 27: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 27 de 74

S17. Realizar unha dramatización en grande grupo dos textos creados para o cómic.

S18. A primeira consecuencia que tivo a entrada de América na historia de Europa foi o inicio dunha auténtica economía mundial. Os antagonismos do Vello Continen-te mudaron o marco europeo polo control e a explotación do Novo Continente. Boa mostra foi o establecemento do comercio triangular:

� Identifique os tres continentes que interveñen no comercio triangular.

� Póñalles nome ás láminas que aparecen no mapa e logo trace as frechas que si-nalen os movementos dos produtos aquí reflectidos, indicando de onde viñan ou cara a onde ían.

� O número 1 fai referencia ás potencias colonizadores. Cite o nome de cinco pa-íses actuais que poida distinguir coa cor verde no mapa.

� Deseguido pode ver territorios europeos e outros americanos. Teñen en común, por parellas, o feito de falaren a mesma lingua. Relacióneos con frechas.

���� Inglaterra ���� Brasil

���� Francia ���� Quebec

���� España ���� Bolivia

���� Portugal ���� EEUU

���� Países Baixos ���� Surinam

Page 28: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 28 de 74

� Faga dúas pequenas redaccións en primeira persoa: nunha vostede é nun escra-vo africano en viaxe a América; na segunda, é nun amerindio dunha plantación.

Page 29: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 29 de 74

� Que beneficios obtivo Europa da colonización do Novo Continente? E España en concreto?

� Cite algunha cidade clave neste comercio.

S19. C comercio transoceánico organizouse desde o porto de Sevilla, que tiña o mo-nopolio comercial. A Flota de Indias viaxaba unha vez ao ano para intercambiar recursos entre o vello e o novo continente. Isto xerou enfrontamentos entre as potencias europeas. Vexa a recreación “Arde o mar” e analice o seu contido (vé-xase o guión no CD).

Page 30: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 30 de 74

Cultura e arte. Humanismo e Renacemento

S20. Se hai unha lámina que identifiquemos cos principios do Humanismo é o debuxo de Leonardo da Vinci coñecido como O home de Vitruvio.

http://es.wikipedia.org/wiki/Canon_de_las_proporciones_humanas

http://www.celtiberia.net/articulo.asp?id=2346

http://www.arqweb.com/vitrum/index.asp

O HOME DE VITRUVIO : “CANON DE PROPORCIÓNS HUMANAS”

���� Data:

���� Autor:

���� Datos biográficos

���� Idea central

���� Logros do Renacemento plasmados na lámina

���� Que é o canon?

���� Quen foi Vitruvio

Page 31: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 31 de 74

Vitruvio, o grande arquitecto clásico, foi tamén un grande enxeñeiro. Aquí ten unha mostra: a roda hidráulica. Vitruvio viviu no século I a.C. A segunda lámina é dun enxeño hidráulico actual.

Roda hidráulica de Vitruvio Mecanismo en Beade/Vigo (Foto Montse R. Paz)

� Sabe que é? Cal era e é a súa finalidade? Coñece algún? Quen son os seus pro-pietarios habitualmente en Galicia?

� Podería explicar as similitudes coa obra de Vitruvio?

Page 32: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 32 de 74

� Que tipo de enerxía empregan? Coñece outros mecanismos semellantes?

� Este humanismo plasmouse en profundos cambios de carácter relixioso, coñe-cidos como Reforma e Contrarreforma. O profesor ou a profesora han explicar previamente á actividade o que é un cisma, para logo analizar os principais cambios relixiosos na Europa occidental. A que países enfrontou o Cisma?

� Complete a táboa cos termos pertinentes, de entre os da listaxe: Trento, Biblia, índice, universal, anglicanismo, sacerdotes, Santa Tareixa, Henrique VIII, misa e culto, espirituais, Calvino, fe, universal, clero, xesuítas, XVI, fe e obras, Lu-tero e Puritanismo.

Page 33: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 33 de 74

S21. A arte do Renacemento plasmou, dun xeito claro, as ideas do Humanismo. Comparación entre un soneto de Petrarca e un retrato renacentista para intentar buscar paralelismos entre a arte, a literatura e a sociedade do Renacemento.

Retrato de Giovanna Tornabuoni Domenico Ghirlandaio

Soneto 61 “Bendito sexa o día, o mes, o ano,

la estación, e o tempo, e a hora, e o intre e o fermoso país, e o lugar onde eu estaba xunta a dous belos ollos, que me prenderon.

E bendito o primeiro doce tormento que habería ser con Amor unido, o arco e a frecha con que fun ferido

e as chagas que, en fin, me veñen ao corazón.

Benditas todas as voces que eu chamando o nome da miña amada espallei, e os suspiros, e as bágoas, e o desexo.

E benditas sexan todas as follas en que merecín o seu renome, e o meu pensamento, que é só para ela, que para outra parte non vai.”

� Elabore unha pequena biografía sobre o autor do poema, Petrarca, e o pintor do cadro, Ghirlandaio.

���� Petrarca

���� Ghirlandaio

Page 34: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 34 de 74

� Nas paredes de que museo español está pendurado.

� Compare o soneto de Petrarca co retrato (farase na clase en grupo e baixo a di-rección do profesor ou da profesora). Consulte a entrada “soneto” en www.es.wikipedia.org e relacione a estrutura pechada do soneto coa do cadro.

� Compare os elementos simbólicos que aparecen no poema cos do cadro.

– Explique o significado dos elementos que acompañan a moza: a fileira de contas de coral, as xoias e o libro.

– Que elementos simbólicos do amor aparecen no poema. Procure en www.artehistoria.com a información necesaria para interpretar os elementos simbólicos do cadro. Sobre os do poema consulte en www.es.wikipedia.org a entrada “eros”.

Page 35: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 35 de 74

� Intente descubrir, coa axuda do profesor ou da profesora, que di a frase que es-tá detrás da muller: “Ars utinam mores animum que effingere posses, Pulchrior

in terris nulla tabella foret”. Pertencen ao poeta Marcial. Por que se citará un poeta latino? Que relación terá co tema da obra?

http://www.epdlp.com/

http://www.artehistoria.jcyl.es/

http://www.auladeletras.net/

http://literaturauniversal.spaces.live.com/blog/cns!C87B7C173E127D4D!114.entry

S22. As artes supuxeron unha volta ao mundo clásico, un renacer a un mundo en que primaron os principios antropocéntrico e heliocéntrico. Débese incidir nesta dua-lidade en contraposición coa sociedade teocéntrica e xeocéntrica propia do feu-dalismo.

� Relacione as seguintes obras coa lista inferior de artistas

���� Cúpula de Santa María das Flores

���� Bramante

���� Capela Sixtina

���� Pazo do Escorial ���� Michelangelo

���� Moisés

���� A derradeira cea ���� Leonardo da Vinci

���� San Pietro in Montorio

���� Gioconda ���� Juan de Herrera

���� Escola de Atenas

���� Rafaello Sanzio

Page 36: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 36 de 74

S23. A arte, igual que a historia, é cíclica. Se o renacemento supuxo unha volta ao mundo clásico, noutros momentos da historia deuse esa mirada de esguello a ese pasado de esplendor.

� O alumnado debe intentar localizar en internet ou na biblioteca os autores des-tas obras e as diferenzas e semellanzas que se atopan entre elas. Logo de loca-lizalas, pódese abrir un pequeno debate sobre se pode considerarse arte tanto as obras renacentistas como as obras contemporáneas.

http://es.wikipedia.org/wiki/La_Gioconda

http://w3.cnice.mec.es/eos/MaterialesEducativos/bachillerato/arte/arte/iconogra/arnolfi1.htm

http://dibujantelapridaa.spaces.live.com/blog/cns!DB59F78450ADBEA7!976.entry

http://es.wikipedia.org/wiki/Federico_da_Montefeltro

http://www.museodeantioquia.org/paginas/botero.html

S24. O mundo do renacemento supuxo unha volta ao mundo clásico, aos seus mode-los arquitectónicos, escultóricos e pictóricos. Logo de varios séculos en que a re-lixión cristiá impuxera os seus modelos, renacen os mitos clásicos. Analicemos un modelo: “O nacemento de Venus”.

Page 37: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 37 de 74

“... non é, en efecto, unha exaltación pagá da beleza feminina. Entre os seus significados implícitos atópase tamén o da correspondencia entre o mito do nacemento de Venus desde a auga mariña á idea cristiá do nacemento da alma desde a auga do bautismo. A beleza que o pintor quere exaltar é, en todo caso, unha beleza espiritual e non física; o espido de Venus significa simplicidade, pureza, ausencia de ornamentos; a natureza exprésase nos seus elementos (aire, auga e terra); o mar, en-crespado polo vento que sopra, Eolo e Boreas, é unha superficie verde-azulada sobre a que as on-das aparecen esquematizadas mediante trazos absolutamente iguais; e igualmente simbólica é a cuncha.”

Argan. Renacemento e Barroco I. Páxina 271.

� Quen era Venus? Como naceu? Que relación ten a cuncha da obra con Galicia? Explíqueo.

� Complete o seguinte cadro:

Características Obra

Título

Autor

Materia pictórica

Estilo

Temática

Iconografía e personaxes

Luz e cor

Perspectiva

Composición

Liña

Técnica

Page 38: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 38 de 74

O Antigo Réxime. Sistemas políticos

S25. Pero os cambios fóronse producindo paseniño, ao longo da Idade Moderna, ma-nifestándose en todos os aspectos da vida. A nivel político a evolución foi clara e patente. Compare os seguintes documentos e conteste ás cuestións:

Século XVI Século XVII Século XVIII

Monarquía autoritaria unitaria

Monarquía absoluta Despotismo Ilustrado

1789 Revolución Francesa

A

Xacobe I (1609): "É por xusto título que se lles chama deuses aos reis, porque exercen sobre a te-rra un poder semellante ao poder divino. Considerade os atributos de Deus e haberédelos recoñecer na persoa do rei. Deus ten o poder de crear ou destruír, de facer ou desfacer ao seu antollo, de dar a vida ou a morte, de xulgar todo sen render contas. Os reis posúen un poder semellante. A sorte dos seus súbditos depende da súa vontade."

Luís XV (1766): "Só na miña persoa reside o poder soberano. Só a min perténceme o poder lexis-lativo, sen dependencia nin división. Só pola miña autoridade os oficiais da miña corte proceden a rexistrar, publicar e executar a lei. A orde pública emana de min e os demais dereitos e os intereses da nación están unidos aos meus e non han descansar senón nas miñas mans".

B

Sir Thomas Smith (1528): "O poder supremo e absoluto, no Reino de Inglaterra, reside no Parla-mento. (...) O Parlamento derroga as antigas leis e promulga as novas; ordena o que debe quedar do pasado (...) e modifica os dereitos e a propiedade individual, lexítima, dos bastardos (...); con-dena ou absolve a quen o Príncipe acusa (...) porque representa e ten o poder de todo o reino".

Petición de dereitos (1628): "Os Lores e os Comúns, reunidos no Parlamento, lémbranlle ao noso soberano señor o Rei (...) que o estatuto feito non lle permite establecer impostos no seu reino sen o consentimento dos arcebispos, bispos, condes, baróns, cabaleiros, burgueses e outros homes li-bres dos comúns deste reino; que pola autoridade do Parlamento (...) queda establecido que nin-guén poida ser obrigado contra a súa vontade a lle prestar cartos ao Rei, porque a obriga é contra-ria á razón e ás liberdades do país.

(...) Ningún home libre pode ser encarcerado nin desposuído dos seus bens, das súas liberdades (...) se non é por unha sentenza legal dos seus pares ou leis do País".

G. Durand. Etats et institutions XVI-XVIII, Armand Colin, Paris, 1968.

� Compare os dous tipos de monarquía aludidos en ambos os textos e indique:

– En quen reside o poder en cada caso? De onde mana ese poder?

– Que tipos de institucións políticas se citan? Cales son individuais e cales co-lectivas?

Page 39: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 39 de 74

– Quen redacta e onde se fan as leis? Quen establece a política fiscal?

– Existía relación entre a monarquía e os grandes comerciantes?

� Explique en que cambiou a estrutura política medieval na Idade Moderna? Que motivou este cambio?

Page 40: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 40 de 74

� Quen podía formar parte do Parlamento? En que país? Os documentos falan de dúas cámaras. Indique cales son e se continúan existindo no Reino Unido. Si-nale os cambios producidos.

� Defina o concepto de "soberanía" e sinala en quen reside no Antigo Réxime e como se xustifica ideoloxicamente. Onde reside hoxe no noso país?

� Os seguintes monarcas foron ilustrados. Relacióneos cos seus países:

���� Carlos III ���� Prusia

���� Federico II ���� Suecia

���� Catarina II ���� España

���� Gustavo III ���� Rusia

���� Mª Tareixa ���� Austria

Page 41: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 41 de 74

Sociedade e economía

A positiva evolución demográfica que caracterizou a Europa do século XVI quedou pa-ralizada no XVII por motivos económicos ou relixiosos, fames, epidemias, guerras e emigración. Estes factores provocaron o descenso da natalidade e o aumento da mor-talidade.

Aparecen por primeira vez en Europa os censos de poboación con fins recadadores e políticos, aínda que as súas marxes de erro son moi altas, xa que poden superar o 20 %, quedando así en dúbida a súa fiabilidade. Malia iso, imos traballar cos datos exis-tentes.

S26. Faga unha gráfica da poboación dos países europeos recollidos na táboa, em-pregando cores para diferenciar as súas evolucións.

Países Hab. ano 1300 Hab. ano 1500 Hab. ano 1600 Hab. ano 1700

Alemaña 12 13 16 15

Escandinavia - - 2 3

España e Portugal - 9 11 10

Francia 15 16 18 19

Illas Británicas 5 5 7 9

Italia 10 11 13 13

Países Balcánicos - 7 8 8

Países Baixos - 2 3 3

Países Danubianos - 6 7 9

Polonia - 4 5 6

Rusia - 10 15 18

Suíza 0,8 0,8 1,1 1,2

Page 42: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 42 de 74

� En que século semellan máis fiables os datos?

� Que países sufriron o maior crecemento? Que país ou países sufriron a maior crise?

� Sitúe no mapa cada un e diferencie con cores o réxime político existente en ca-da un, tal como se indica na lenda. Existe algunha relación entre o crecemento, a existencia de datos e o réxime político de cada un?

S27. En 1749 iniciouse a compilación de datos do Catastro de Ensenada na Penínsu-la Ibérica, que permite coñecer a sociedade, a economía, a práctica do réxime señorial e mesmo do medio natural. Sería interesante traballar en cada centro a descrición do concello en que se atope. O Ministerio de Cultura creou o portal Pares, onde podemos descargar as páxinas correspondentes a cada un.

http://pares.mcu.es/Catastro/servlets/ServletController?ini=0&accion=0&mapas=0&tipo=0

Page 43: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 43 de 74

S28. Ata o século XVIII mantívose en Europa a sociedade estamental, que ten a súa orixe no medievo. Nun mundo eminentemente rural o traballo agrícola constituía un feito social colectivo. Pero que diferenzas existen entre “estamento” e “clase social”? Procure os termos no dicionario e logo intente explicar as semellanzas e as diferenzas entrambos os conceptos. Complete o seguinte cadro e distinga os personaxes das láminas:

���� Sociedade: ���� Sociedade:

���� Organízase mediante relacións de vasalaxe.

���� Os señores non eran iguais entre si (baróns, condes, duques, marqueses, cabaleiros, etc.) e por riba deles o ____________, o único lexitimado para ditar leis.

���� No máis alto da pirámide estaban o papa e o empe-rador.

���� O pobo estaba formado polos servos da gleba, os habitantes da vila, escravos, etc.

���� Os servos estaban atados de por vida á __________ e debían pagar moitos ___________.

���� Privilexios en función do seu _______________.

���� Nobreza e ___________ eran os grupos privilexia-dos: non pagaban impostos e exercían o poder políti-co.

���� Burguesía comerciante, rica, culta e que vai mercar títulos nobiliarios.

���� Artesáns urbanos que traballan en obradoiros.

���� 90 % da sociedade eran ______________ pobres, analfabetos e suxeitos a servidume.

���� Minorías marxinais: xudeus, mouriscos, conversos, xitanos, pícaros, esmoleiros, mercenarios e clérigos.

S29. Analicemos os citados cambios sociais a través dos seguintes textos:

A

"Hai un refrán en España, segundo o meu punto de vista verdadeiro, como o son todos, por seren sentenzas breves tiradas da longa e discreta experiencia; e o que eu digo di: Igrexa, ou mar, ou ca-sa real, coma se dixese máis claramente. Digo isto porque querería, e é o meu desexo, que un de vós seguise as letras, o outro a mercadoría, e o outro servise ao Rei na guerra, pois é difícil entrar a servilo na súa casa "

B

Relación dos embaixadores venecianos sobre a situación en Francia (1569). “Pensemos que os car-tos do reino se atopan hoxe nas mans dunha soa das clases do reino, as cales son, como sabedes, o clero, os nobres, os burgueses e o pobo.

O clero está arruinado e nin agora, nin entanto que duren estas crises, poderá levantar cabeza. Sen contar cos bens hipotecados e vendidos con autorización do Papa, o clero pagou, desde 1561, doce millóns de escudos; o que sería pouco, pois posúe sete millóns de rendementos anuais, se os exér-citos non lle causaron grandes prexuízos.

Os nobres están en situación desesperada, non teñen diñeiro por mor das guerras.

O pobo campesiño foi de tal forma espoliado polos exércitos, que exercen o seu abuso sen límites, que mal teñen con que vestir a súa nudez.

Nada queda, a non ser os burgueses e os homes de toga, tales como os presidentes, conselleiros, procuradores e outros semellantes, que teñen ouro en abundancia e non saben que facer con el".

Page 44: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 44 de 74

C

Sobre o ennobrecemento da burguesía (Versalles, 1696). “Vimos de tomar a resolución de outor-gar cincocentas cartas da nobreza no noso reino, para servir de recompensa a aqueles dos nosos súbditos que, ao adquirilas mediante un módico pagamento, contribuían a fornecernos os auxilios que precisamos para rexeitar os nosos inimigos.

(...) Ennobrécenos o noso reino, rexións, terras e señoríos con cincocentas persoas á nosa obedien-cia, que serán elixidas (...) entre os negociantes, comerciantes que fagan comercio por xunto, co-mercio que poderán continuar sen perder a citada condición nobre (...) e sen que os devanditos en-nobrecementos poidan ser suprimidos nin revogados".

Gouber, P. El Antiguo Régimen. 2. Los poderes. S. XXI. Madrid, 1979

� Enumere e compare as clases sociais citadas no texto B coas da Idade Media. Que diferenzas existen?

� Que nova clase social se consolidou neste período? Cal era a súa profesión?

� Que son os "homes de toga" do texto B? A que se dedican?

Page 45: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 45 de 74

� Que grupo social pretende ennobrecerse segundo o texto C? Que motivacións ten?

� Por que o rei vendeu os títulos nobiliarios?

� Que era preciso no Antigo Réxime para acceder á condición de nobre?

� Explique a frase do texto: "(...), comercio que poderán continuar sen perder a citada condición de nobre (...)".

Page 46: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 46 de 74

S30. O gran descoñecido desta sociedade era o pobo, anónimo, traballador e o máis numeroso. Aquí temos un exemplo, “a familia de Jacques Bénard”. Analizar o seguinte documento:

"Jacques Bénard nace en Magny-en-Vexin o 19 de maio de 1664. Á idade de 23 anos, o 1 de xullo de 1687, casa con Barbe Pigeon, que ten aproximadamente a mesma idade.

Seu fillo maior, Nicolás, nace o 19 de febreiro de 1688 e morre o 29 de novembro do mesmo ano.

O 12 de xaneiro de 1691 nace Xoán, que morreu o 7 de maio de 1706, aos 15 anos.

O 19 de abril de 1693 vén ao mundo unha nena, Margarita, que morre un ano máis tarde, o 4 de maio de 1694.

Igualmente, Xosé nace o 28 de decembro de 1695 e morre con sete anos, o 15 de maio de 1703.

Soamente sobreviviron dúas fillas, Bárbara e María, nacidas, respectivamente, o 7 de decembro de 1698 e o 27 de xaneiro de 1703. A primeira casa con Jacques Cardonnet, o 6 de xullo de 1722; a segunda, con Laurent Montegagne, o 16 de abril de 1728.

A nai, Barbe Pigeon, morre o 15 de novembro de 1703, algúns meses despois do seu fillo Xosé.

Unha vez viúvo, Jacques Bénard volve casar o 20 de maio de 1704 con Catherine Picot, de 33 anos. Jacques Bénard morre o 3 de abril de 1715 e é enterrado no cemiterio de Magny.

Extraído dos rexistros de bautismos, casamentos e sepulturas de Magny-en-Vexin. Ed. Akal.)

� Cos datos do texto constrúa a árbore xenealóxica da familia de Jacques Bénard.

� Cantos fillos sobreviviron aos pais? Era frecuente no século XVIII esta situa-ción? Intente explicar as causas dos falecementos da muller e dos fillos.

Page 47: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 47 de 74

� A que idade morreu Jacques Bénard? E a súa muller? Observe o texto sobre a evolución da esperanza de vida nos últimos séculos e trate de explicar se o pro-tagonista morreu novo ou a unha idade avanzada. E a súa muller?

“Desde o final da segunda guerra mundial, a mortalidade foi diminuíndo. A esperanza de vida media nos países industrializados, que era de vinte e cinco a trinta anos no século XVIII e de 47 anos en 1900, pasou a ser de 64,6 anos en 1946-1949 e de 75 años en 1982. Pero a diferenza entre o que poden esperar vivir as mulleres e os homes aumentou, e de 5,5 anos en 1946-1949 pasou hoxe a ser de oito anos (71 para o home e 79 para a muller). España presenta unha das cifras máis baixas neste sentido, posto que a diferenza da esperanza de vida entre mulleres e homes non chega aos seis anos (75,1 anos para a muller e 69,6 para o home)”.

El País. 1 de marzo de 1983

� Cantos fillos tiveron Jacques Bénard e a súa primeira muller? Calcule os inter-valos entre os nacementos, en meses, e a media dos intervalos.

� Nunha liña do tempo marque a vida de cada un dos fillos. En que momento conviviu o maior número de irmás? Cantos? Cales?

� A que idade casaron Bárbara e María? Tendo en conta a esperanza de vida no século XVIII, pensa que casaron novas ou maiores? A que podería deberse?

Page 48: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 48 de 74

A Galicia do Antigo Réxime

Aínda que a nobreza galega saíu fortalecida das revoltas dos Irmandiños (1431-1469), auténtica guerra civil contra os señores, o centralismo político dos Reis Católicos im-púxose en terras galegas, e o país galego integrouse na monarquía hispánica, na crise demográfica, no desenvolvemento do comercio e na industria marítima.

Galicia converteuse nun reino máis da coroa de Castela, aínda que conservou a Xunta do reino como institución propia, creada en 1528 e que estaba formada por represen-tantes das sete provincias da Galicia do século XVI: Tui, Santiago, A Coruña, Betan-zos, Mondoñedo, Lugo e Ourense.

S31. Localice no mapa de Galicia a situación das devanditas sete cidades (empregue un atlas xeográfico ou internet).

� Incluímos deseguido algunhas das obras de arte máis senlleiras desas capitais. Identifique cada unha. Damos como pista a cidade onde se sitúan, mais, cal é o nome da obra de arte?

���� Tui: ���� A Coruña:

���� Betanzos: ���� Ourense:

���� Santiago: ���� Ourense:

���� Mondoñedo: ���� Lugo:

Page 49: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 49 de 74

� Cales desas cidades seguen a ser capitais? De que o son: dunha provincia ou dunha comunidade?

� Delimite no mapa con cor vermella o trazado actual das provincias galegas, e con cor azul as sete provincias do reino de Galicia.

S32. A comezos da Idade Moderna, Galicia estaba poboada por uns 630.000 habi-tantes, que vivían nomeadamente nas parroquias do rural, e mantíñanse gran-des diferenzas entre as sociais. Salientaba a fachendosa fidalguía, que vivía nos pazos galegos, e os numerosos campesiños. Apenas había cidades, só aquelas que constituían as capitais de provincias, pero de reducidas dimensións. Anali-cemos a evolución da súa poboación.

� Observe a gráfica de poboación galega. Cal foi a cidade que máis medrou? En que período? Cal pode ser a motivación de tal crecemento? É unha cidade costei-ra ou do interior? É hoxe unha gran cidade galega?

Page 50: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 50 de 74

� Cal foi a cidade que menos medrou? Cal podería ser o motivo? É unha cidade costeira ou do interior? É hoxe unha gran cidade galega?

� Subliñe, dos seguintes factores, os que pensa que máis influíron no estanca-mento da poboación galega do século XVIII:

As fames, as guerras, as epidemias, o desequilibrio social entre homes e mulleres, conflitos eu-ropeos, o comercio con América, a aparición do millo e da pataca.

� Recupere os datos da actividade S25, en concreto os da Península Ibérica. Com-pare a poboación galega coa do resto do territorio. Medraron na mesma propor-ción? A que se deberá a diferenza?

Page 51: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 51 de 74

S33. A economía e a sociedade galega dos séculos XVI e XVII eran rurais e agríco-las, sector ao que se dedicaba o 85 % da poboación. As familias vivían da venda do viño, do centeo e do gando vacún. Coa chegada de Colón a América diversi-ficouse a alimentación galega, coa entrada da pataca e do millo.

Barrio mariñeiro vigués do Berbés

���� Actividades económicas:

���� Apeiros de cada actividade económica

���� Vivenda: materiais e estilo

���� Grupos sociais:

S34. Xunto á agricultura de viño, centeo, millo e pataca, e produtos do gando vacún, os galegos dedicaron os seus esforzos ao comercio marítimo de ultramar, no-meadamente nos territorios comprendidos entre A Coruña, Pontevedra e Baiona, o que favoreceu o desenvolvemento da construción de barcos e a pesca, que derivaría na salgadura de peixe.

Neste período apenas houbo grandes cambios, aínda que aumentou a fachendosa fi-dalguía e o numeroso campesiñado. A principal fonte de riqueza dos privilexiados seguían a ser os contratos de foro, é dicir, un xeito de arrendamento da terra propia de Galicia en que o señor proporcionaba a terra a cambio dunha renda fixa. Anali-cemos a historia dos foreiros.

“Coñecida cousa sexa a todos como eu, frei Gonzalo, abade de Melón, conxuntamente co prior e mos-teiro dese lugar, damos e outorgamos a ti, Pedro Rodríguez, clérigo de Sadornín, e a toda a túa voz, aquela nosa viña que se chama do Penedo (...) coa condición que a labredes ben, que non desmereza por falta de atención e nos deades (...) cada ano a metade [da colleita]. (...) Non a podedes vender nin empeñar nin darlla a ninguén, senón a nós por xusto prezo; e se a nós non nos interesase, debédeslla vender ou dar a un labrego manso que merque o noso foro en paz. Non lla deades nin a fidalgo nin a outra orde”.

Page 52: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 52 de 74

� Defina os seguintes termos, atendendo ao texto:

���� Frei

���� Clérigo

���� Prior

���� Labrego manso

���� Fisalgo

���� Mosteiro

���� Abade

� Quen era o propietario da terra? E quen a cultivaba? Quen é o propietario neste texto?

� Trate de explicar a expresión “vivir de rendas”.

Page 53: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 53 de 74

� Existen hoxe os “contratos de arrendamento”? Que son?

� No texto fálase do abade de Melón. Onde está a vila de Melón? Hai nela algún mosteiro? De existir, descríbao.

� En Ourense existe unha comarca que é coñecida como Ribeira Sacra. Sabe a que debe o seu nome? Investígueo.

S35. No Antigo Réxime a sociedade galega foi cambiando paseniño, nomeadamente no referente á fidalguía. Os fidalgos foron logrando cada vez más control eco-nómico. Os pazos convertéronse en centros de poder e control económico. Ana-lice as seguintes imaxes e logo conteste ás cuestións:

� Que elementos arquitectónicos conforman os pazos? Que actividades económi-cas reflicten (social, política, económica, relixiosa, etc.)?

Page 54: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 54 de 74

� Existe algún pazo na súa comarca? Cal? Que elementos propios dun pazo ten? Redacte brevemente as súas características e a súa historia.

� O termo fidalgo ten connotacións negativas, aínda hoxe, por que?

� Hai unha frase popular castelá que define o pazo: “Capilla, palomar y ciprés, pazo es”. Explique o sentido da frase. Por que sempre se cita en castelán?

Page 55: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 55 de 74

Cultura e arte barroca

S36. No século XVI quebrouse o pensamento medieval, inspirado pola Igrexa e man-tido nas universidades, que anulaba calquera intento de renovación científico-cultural. Nun mundo basicamente rural e analfabeto foron aparecendo algúns pensadores que desenvolveron o método científico. Recollemos deseguido unha táboa con pensadores e ideas propias destes séculos. Intente relacionalos me-diante os números.

1 Maquiavelo Principio da división e da separación de poderes

2 Erasmo de Rotterdam Cúpula da catedral de Florencia

3 Mecenas Teoría heliocéntrica

4 Rousseau Doutrina da predestinación

5 Copérnico Doutrina da xustificación pola fe

6 Brunelleschi Corrente en que priman movemento, afectación e pensamento

7 Calvino Principio da vontade xeral ou da soberanía nacional

8 Barroco Jumanismo

9 Montesquieu “O fin xustifica os medios”

10 Lutero Favorecedores e financiadores das actividades artística e literaria

S37. O mundo da ciencia foi especialmente brillante. Aquí ten unha mostra. Relacione ambas as columnas.

1 Joseph Priestly Experimentou coa electricidade estática

2 Joseph Black Obtivo o osíxeno

3 Henry Cavendish Fundaron unha escola de anatomía

4 Lavoisier Obtivo o dióxido de carbono

5 Isaac Newton Descubriu que o raio era electricidade

6 Benjamin Franklin Composición da auga

7 Volta Descubriu a vacina contra a varíola

8 Herschell Pila eléctrica

9 Irmáns Hunter Procedemento clínico para o parto

10 Dr. Jenner Lei de conservación da materia

11 Dr. Shellie Aplicaron limón ao tratamento do escorbuto

12 Dsr. Lind e Cook Descubriu o planeta Urano

Page 56: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 56 de 74

S38. Tampouco a literatura quedou atrás (non no caso das letras galegas), pero si no das castelás: o “Século de ouro” da literatura en lingua castelá foi boa mostra do que dicimos.

� Trate de localizar quen foron os autores destas obras.

Título Autor

���� A Midsummer Night's Dream

���� Vida del Buscón llamado Pablos

���� Fuenteovejuna

���� Rinconete y Cortadillo

���� El Alcalde de Zalamea

���� Discours de la Métode

���� El sí de las niñas

���� Eloxio de las Bellas Artes

���� Tartuffe ou l'Imposteur

���� La Gatomaquia

S39. E agora trate de descubrir a que obra pertencen estes fragmentos e quen é o seu autor.

Fragmento Obra Autor

“Esta noche le mataron al caballero,

la gala de Medina, la flor de Olmedo”

“Escucho sordo y reconozco ciego descanso trabajando y hablo mudo: humilde aguardo y con soberbia pido.”

“Mientras por competir con tu cabello oro bruñido, el Sol relumbra en vano,

mientras con menosprecio en medio el llano mira tu blanca frente el lilio bello (...).”

“Y en diciendo esto, y encomendándose de todo corazón a su Señora Dulcinea, pidiéndole que en tal trance le socorriese, bien cubierto de su rodela, con la lanza en el ristre, arremetió a todo galope de "Rocinante" y embistió con el primer molino que es-taba delante, y dándole una lanzada en el aspa, la volvió al viento con tanta furia, que hizo la lanza pedazos, llevándose tras sí al caballo y al caballe-ro, que fue rodando muy maltrecho por el campo.”

Page 57: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 57 de 74

S40. Se a literatura supuxo un momento de esplendor na cultura castelá, as artes en xeral viviron o mesmo momento. Imos traballar sobre un dos xenios da pintura española a través dunha obra tamén xenial: "As Meninas" ou "A familia de Filipe IV".

� Datos biográficos máis salientables de Velázquez: 10 liñas.

� Cite cinco artistas coetáneos.

� Cite cinco obras deste pintor.

� Cronoloxía aproximada do cadro"Las Meninas".

Page 58: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 58 de 74

� Onde está na actualidade este cadro?

� En que material está feito e cal é a técnica de execución?

� Que está a pasar neste momento, cando Velázquez pinta?

� Quen están representados no espello? Xa traballamos cunha obra pictórica que empregou este efecto do espello. Lembre cal.

� Con que atributos se representa Velázquez? A que lle lembra da cultura galega (deporte, alimentos, etc.)?

Page 59: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 59 de 74

� Coñecía o contorno aquí pintado? Razoe a súa resposta.

� Observe atentamente a expresiva luz que envolve os personaxes. De onde vén esa luz? Sobre que elementos do grupo destaca en maior medida? Cantos focos de luz atopa?

� Dentro da policromía do cadro, escolla tres cores dominantes.

� Que pintor do século XX estudou maxistralmente esta composición, reprodu-cíndoa en repetidas ocasións? Compare as obras.

Page 60: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 60 de 74

� Intente completar o esquema que acompaña, observando a obra. Logo acompa-ñe os números do esquema central cunha frecha que sinale cara a onde ou cara a quen ollan os personaxes representados.

Las Meninas. Diego Velázquez

[Espazo non visible]

���� 1.

���� 2. Agustina Sarmiento

���� 3. Isabel Velasco

���� 4.

���� 5.

���� 6.

���� 7.Nicolás Pertusato

���� 8. Marcela Ulloa

���� 9. gardadamas

���� 10. Apousentador J. Nieto

���� 11.

���� 12.

���� 13.

S41. Se hai unha cidade vinculada á arte barroca esa é Santiago de Compostela. No contorno da catedral compostelá xorde o recargado barroco de placas. Sobre a planta da catedral de Santiago, trate de situar os edificios barrocos das imaxes que acompañan e sinale o seu nome.

Page 61: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 61 de 74

� Escriba no plano os nomes das portas de acceso da catedral compostelá. As prazas, ás que se abren, foron remodeladas durante o barroco. Como se chaman esas prazas?

Nomes das prazas

� A máis importante é a construída por Fernando de Casas. De cal falamos? Nela hai catro edificios moi importantes que reflicten os poderes do Antigo Réxime. De que edificios falamos? Realice un esquema da praza e sitúe cada un. Que poderes reflicten?

� Relacione as fotos coa planta do templo. Onde situaría cada unha?

Page 62: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 62 de 74

S42. O final do barroco é coñecido como Manierismo. Aquí ten un curioso xogo de percepcións. Vexamos quen é rápido e descobre a imaxe oculta...

� As naturezas mortas pódense ver con claridade, verdade? Pero pode ver algo máis nestas dúas obras de Arcimboldo? U-lo campesiño?

� Un famoso pintor español do século XX admiraba a Arcimboldo e chegou a imitar a súa técnica de imaxes dobres. Esta obra “O home invisible” considéra-se a súa primeira obra surrealista. De quen estamos a falar?

Page 63: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 63 de 74

Ilustración

S43. Durante o século XVIII, Europa vai ir mudando paseniño ata confluír nas grandes revolucións do mundo contemporáneo. Estes cambios tiveron como referente as ideas dos ilustrados. Relacione cada ilustrado co seu principio. Despois defina cada un destes.

���� Rousseau ���� Separación de poderes

���� Voltaire ���� O home debe vivir do seu traballo

���� Montesquieu ���� Sufraxio universal

���� Jovellanos ���� Soberanía nacional

S44. A ilustración galega a través dos ollos do marqués de Sargadelos. Analicemos fragmentos da obra de Alfredo Conde para coñecer este “intrigante” personaxe e, segundo imos lendo, contestemos a unhas preguntas.

“Recorda que cando llo encargou ao mestre Goya non deixou nada ao chou. Que lle pintara o tenso aceno do seu antebrazo dereito repousando enriba duns papeis, pra que dixeran del que era un ilus-trado, custoulle un diñeiral; que o retratara vestido con casaca militar de Comisario de Mariña, pa-ra que os que o contemplen advirtan que se trata de un militar aureolado de poder, tanto como in-dicaran os galóns da manga, é dicir, de moito poder, incrementou non pouco o prezo, pois casaca e galóns triplicaron outra vez o custo. A medalla que pende da lapela esquerda, pra sinalar a súa per-tenza á orde de Carlos III e mais a súa proximidade ao monarca, os brocados de ouro que indican a prosperidade que goza, a man, a man forte e regordechiña que duplicou o prezo do retrato; todo iso está encamiñado a dar noticia certa de quen é el, o señor de Sargadelos, o amo do mundo. Acordar con Goya que todo iso figurase no retrato custoulle tempo e discusión, diñeiro e tempo. Pero alí está agora el, o xesto altivo, a ollada dura, a poderosa man apreixando o tempo co que se fai a his-toria. Ese é quen el é. Recoñécese e gústase. ¿Cómo pode non lle gustar á xente?”.

� Quen foi o marqués de Sargadelos? Reúna uns datos biográficos sobre el.

� Que imaxe quería que tivesen os demais del? Compare o texto co retrato se-guinte do marqués de Sargadelos, pintado por Goya.

Page 64: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 64 de 74

� Quen era Goya? Redacte unha pequena biografía sobre a súa vida.

� Observa algún paralelismo entre as súas vidas?

“Para entón Antonio Raymundo xa coñecía abondo a costa cantábrica galega e asturiana; algo me-nos, pero tamén, a que chegaba deica o País Vasco; e aínda algo da francesa e da inglesa; mesmo por unha vez chegara deica Riga, alá por onde Letonia e Lituania, levado daquel seu afán de co-merciar cos liños de norte de Europa e de coñecer por si mesmo o mercado que sospeitara prodi-xioso para os seu intereses, pero tamén de mellorar o uso do inglés e do francés que empezara a posuir durante a súa estadía no mosteiro de Vilanova de Oscos.

As viaxes servíranlle desde ben novo para coñecer lugares e aprender técnicas descoñecidas, mesmo para encher a súa incipiente biblioteca. O seu era a acción, a transación comercial, o facer pasar por diante do seu nariz rotundo, por embaixo do seu peculiar espazo interciliar, canto maior número de mercadorías mellor; co fin de ir obtendo uns beneficios que investirían de xeito teimu-do e constante na busca dun maior volume de negocios. Agora, no recordo, ía de novo camiño de Cádiz, a bordo dunha fragata propiedade de Bernardo, en condición de administrador seu, co único obxecto de coñecer unha cidade que fora a herdeira de Sevilla no tocante ao tráfico coas Indias ata que cinco anos máis tarde, no 1778, perdera o privilexio de ser o único porto de arribada de todo canto barco viñera das Américas coas súas adegas ateigadas de mercadorías, circunstancia que el aproveitara debidamente aproando os seus propios navíos cara a Ferrol, mesmo cara Ribadeo ou calquera outro porto que lle parecera o indicado ás necesidades do momento”.

Page 65: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 65 de 74

� Nun mapa mudo europeo sitúe todos os enclaves costeiros que coñecía Antonio Raimundo.

� Parecíalle importante viaxar? Que aprendeu nas súas viaxes?

“Tan rodado lle saíra todo que mesmo lle quedara tempo para liquidar contas cos Pardo Figueras, que eran os consignatarios dos fretes cos que os Rodríguez Arango adoitaban negociar entre Anda-lucía e Galicia, entre América e Galicia e a través de Cádiz, e en investir o montante do cobrado aos Pardo Figueiras en produtos que naquel momento poderían producir bos beneficios unha vez comercializados en Ribadeo, algodón e anil, azucre, unha pequena partida de café, que adoitaba traer directamente de América, pero que naqueles días escaseaban en Galicia, mentres que estaban a tan bo prezo en Andalucía”.

Page 66: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 66 de 74

� Defina estes termos.

���� Consignatarios

���� Anil

���� Café

� Que produtos chegaban de América?

� A que portos chegaban? Podía chegar a todos eles en tempos dos Reis Católi-cos? Por que?

“Os reis consentían que se armasen buques ao corso, que era unha forma de comercialización má-is, amparada no mesmo dereito de guerra que el consideraba como propio de calquera mercantilis-ta ou fisiócrata que se prezase, para actuar de acordo co que os tempos e os negocios lle reclama-sen. Así fixera sempre. Na guerra como na guerra, dende o principio. As súas operacións mercan-tís foran sempre planificadas cunha estratexia e precisión militares, tamén con disciplina. Ou logo non era el Comisario de Mariña?”.

Page 67: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 67 de 74

� Que era a “patente de corso”? Que entendemos hoxe por un corsario? Cite un sinónimo.

� Que principios defendía o marqués nas súas operacións mercantís?

“Naqueles anos primeiros e afastados anos que Antonio vai recordando, mentres que se dirixe bai-xo terra á casa de Lucinda, construíranse en Ribadeo sesenta novas casas e uns oitocentos novos habitantes viñeran aumentar o seu censo demográfico. Todo grazas a el. Fora un bo, un espléndido negocio. O tráfico mercantil xerara riqueza, a riqueza xerara progreso, o progreso chamara por no-va xente que viñera facer uso dos bens de consumo e así, nunca cadea interminable, el, abastecen-do a todos de todo, el, o novo deus, rendía culto a Mercurio e trocaba en ouro todo canto tocaba. Pero non era Midas, era tan só un construtor de mundos”.

� Onde se fixo patente o bo facer dos ilustrados, segundo este texto?

Page 68: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 68 de 74

� Como melloraron as poboacións galegas coa actividade mercantil?

� Onde está Ribadeo? A que debe o seu nome?

� Quen é Mercurio? Con que cultura o relaciona? Diga un sinónimo.

“Agora está sentado no mesmo lugar onde a xente conta que tivo a iluminación que faría posible Sargadelos. Acaba de chover e recende a terra mollada, ese olor típico do caolín cando o humede-ces co bafo do teu propio respirar, co teu alento. Ese arrecendo da terra é o que fai que haxa quen supoña que nos cántaros resida o ánimo, o alento dos mortos todos que envolveu a terra, agarima-dos que foron antes polas mans sabias e silentes do oleiro. Louza branca con alento a vida. Máis branca ca ningunha se se fai con caolín de Burela, o máis puro do mundo, disque.

Sería fermoso que fose así como lle aboiase a Antonio na tona da consciencia esa idea da que ten falado xa con tanta xente des que lla imbuíu a el o finado do Cester, bo coñecedor do tema. Unha fábrica de louza que complete o complexo industrial de Sargadelos. Na siderurxia, potes e reci-

Page 69: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 69 de 74

pientes varios, legóns e fouciños, fermosas sebes de ferro, leóns poderosos, enormes cálices para os xardíns galegos, cravos para os navíos, munición para o exército, canóns, armas o que faga fa-lla; e, na cerámica, vaixelas fermosas, fortes e pratos que arremeden os de Brístol; ou mesmo louza branca que leve a marca coa que el sinalou máis dunha árbore, alá ao pé mesmo da Casa da Ferrei-rela, aquel carballo no que apoiaba o lombo para ler, cando o toro aínda era feble e tremía co im-pulso do seu corpo mozo no que apoiaba á vida”.

� Que lle di o nome Sargadelos?

� Defina estes termos.

���� Caolín

���� Oleiro

���� Louza

���� Cántaro

� Durante o século XVIII desenvolvéronse na península as Reais Fábricas, indus-trias protexidas polo estado para abastecer o pais de cerámica, metais, armas, tecidos, etc. Que industrias potenciou Sargadelos? Consérvase algunha?

Page 70: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 70 de 74

� Din as malas linguas que o marqués de Sargadelos viaxou a Brístol para rou-barlles o segredo da súa cerámica. Onde está Brístol? Que cor teñen en común as dúas cerámicas?

“[...] confiouse ao fin John Adams ao acabado de chagar, como se este lle puidese servir de al-go.Antonio calara, prometéndose mediar a favor do norteamericano. Caéralle ben e respectaba a súa obra, da que tiña unha información cabal, pero por entón nin sequera supuxo que podería che-gar a se-lo segundo presidente dos Estados Unidos. Agora érao, dende había un ano e pouco, den-de o noventa e sete e seríao cando menos ata o mil oitocentos un. Nin tampouco no supuxo daque-la que o seu fillo John Quincy Adams, de once anos entón, habería ser escritor e tamén presidente dos Estados Unidos, o sexto. Pero desto xa nunca habería ter noticia Antonio Raymundo Ybáñez. Os dous, John e John Quincy, xunto con Charles, tamén fillo de John e de nove anos de idade, chegaran ao Ferrol, entrando no seu peirao de arribada forzosa, por culpa dunha vía de auga que sufrira a fragata francesa Sensible na que, por segunda vez naquel mesmo ano, a outra fora non ha-bía moito e na compañía de Franklin, se dirixía a Francia a fin de concitar vontades para a súa cau-sa. Con eles viñan tamén Francis Dana, como secretario da delegación, e John Thaxter que fora pasante de John no seu bufete de Boston e agora exercía de preceptor dos seus fillos e máis tamén do secretario particular do ilustre home público. Jeremias Allen era o servente que os atendía a to-dos, incluído Samuel Cooper Johonnot, de once anos, que era un rapaz que viña con eles, baixo a custodia de John, disposto a quedar en Europa estudando.”

� O texto fala dun presidente dos EEUU. Quen é? En que anos gobernou?

� Que poderían ter en común o estadounidense e o asturiano Antonio Ibáñez?

Page 71: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 71 de 74

“[...] Tan axiña coma reconstruíse a factoría siderúrxica empezaría cos fornos que cocesen cerámi-ca, facendo certo o vello soño acariciado. Nos seus momentos de lecer con Lucinda faláballe apai-xonadamente de todo canto aprendera de Cester, respecto da fábrica de Talavera, e de todo canto, dende entón, fora aprendendo acerca das técnicas precisas para elaborar a cerámica cos propios materiais que a natureza puxera ao seu acado sen necesidade ningunha de saír de Sargadelos.

Pensando en todo iso decidira ir enviando fóra, a Brístol, ou a Limoges, aos seus propios fillos pa-ra que fosen aprendendo técnicas e deseños, axexando os sistemas de produción e outeando xeitos de mercantilización das louzas. Pola súa parte empezara a falar cos seus máis achegados da idea de converter o proxecto en realidade e ata ao mesmo mestre Goya, a quen lle chegaran a encargar de-buxos que gardara celosamente e que desapareceran no incendio, foi de novo requirido para que volvese traballar para el, deseñando louza ou facendo as ilustracións que a ennobrecesen. Volvería pagarlle a gusto o encargo con tal de que aquel seu xesto puidese servir de referencia para uns, de acicate para outros, de motivo de envexa e odio para non poucos.”

Conde, Alfredo. Azul Cobalto. Historia posible do Marqués de Sargadelos. Edhasa. Barcelona, 2001. ISBN: 84-350-6045-4

� A que outros centros oleiros fai referencia o texto? En que países están?

� Cal era o motor da súa vida segundo os documentos?

Page 72: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 72 de 74

3. Cuestionario de avaliación 1. Con que se relaciona o aumento das taxas de natalidade entre os séculos XV e XVIII?

� Adianto na idade de casamento.

� Introdución dos métodos anticonceptivos.

� Mellora das condicións hixiénicas nos partos.

� Redución da mortalidade infantil.

2. Ante o crecemento demográfico do século XVI a maioría das agriculturas europeas:

� Suprimiron o espazo dedicado ao barbeito.

� Aumentaron a produción de cereais.

� Iniciaron o tránsito cara a unha agricultura de mercado.

� Melloraron os sistemas de rotación.

3. Hai historiadores que defenden que o primeiro europeo que chegou a América foi:

� Leif Erickson.

� Hernán Cortés.

� Americo Vespucio.

� Francisco Pizarro.

4. Unha das motivacións para a expansión colonial europea na Idade Moderna foi a procura de:

� Metais preciosos.

� Ferro e carbón.

� Trigo e orxo.

� Madeira para a construción.

5. O comercio triangular consistía en:

� O eixo comercial entre Sevilla, Medina del Campo e Burgos.

� O intercambio comercial entre Europa, Asia e América.

� O intercambio comercial entre Europa, África e América.

� A rede comercial entre Lisboa, Anveres e o mar Báltico.

6. Un destes produtos non circulaba no comercio triangular:

� A pementa.

� Os escravos.

� As armas.

� O azucre.

Page 73: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 73 de 74

7. Entre os principais elementos do comercio triangular destaca:

� O tráfico de escravos.

� O comercio de especias.

� Os intercambios de cereais.

� Todas son certas.

8. Un dos efectos do comercio colonial foi:

� Unha importante acumulación de capital.

� Unha forte emigración europea cara a África.

� A desaparición das economías de plantación.

� O cultivo con éxito do algodón en Inglaterra.

9. Que é o mercantilismo?

� Unha serie de feiras comerciais europeas.

� Un conxunto de políticas económicas intervencionistas.

� Unha teoría económica coherente.

� A actividade desenvolvida polos gremios ou universidades de mercadores.

10. Indique cal sería a continuación correcta da frase: “O mercantilismo...

� ... consideraba a agricultura como a única actividade produtiva.

� ... pretendía a eliminación da intervención do Estado na vida económica.

� ... propugnaba a cooperación económica internacional como riqueza dos países.

� ... favorecía políticas económicas intervencionistas.

11. A cidade española que tivo o monopolio do comercio con América foi:

� Barcelona.

� Valencia.

� Sevilla.

� Cádiz.

12. Cal destas obras non é do xenial pintor español Diego de Silva e Velázquez?

� O nacemento de Venus.

� A vella fritindo ovos.

� As Meninas.

� As fiandeiras.

13. Nas Meninas, Velázquez retratou a familia real de:

� Filipe II

� Filipe III

Page 74: A Europa do Antigo Réxime - edu.xunta.es · económicas e políticas que configuran a historia contemporánea, tratada no bloque 2 do ... El Feudalismo. La Transición del feudalismo

Páxina 74 de 74

� Filipe IV

� Filipe V

14. O “século de ouro” defina un período de gran esplendor na cultura castelá. Cal destes escri-tores non pertence a este período?

� Francisco de Quevedo e Villegas.

� Lope de Vega.

� Fernando de Rojas.

� Baltasar Gracián.