A Escola na · PDF fileAllegro alla Mendelssohn, Giovanni Bottesini Romanza en Fa m, op. 11,...

2
A Escola na Cidade 2017 I CONCERTOS Alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral 2017 REAL FILHARMONÍA DE GALICIA MAXIMINO ZUMALAVE director | Escola de Altos Estudos Musicais | I Concerto para dous violoncellos en Sol m, RV 531, Antonio Vivaldi Concerto en Sol M, Carl Phillipp Emanuel Bach Concerto nº 4, Wolfgang Amadeus Mozart Concerto en Do M, Wolfgang Amadeus Mozart Concerto en Mi b M, Franz Joseph Haydn II Concerto en Fa M, Carl Maria von Weber Allegro alla Mendelssohn, Giovanni Bottesini Romanza en Fa m, op. 11, Antonin Dvǒrák Concerto para clarinete e viola, Max Bruch mércores 7 xuño I 20.30 h Teatro Principal I Santiago de Compostela Real Filharmonía de Galicia Iniciou a súa actividade en 1996 no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, onde presenta a súa temporada estable de concertos. O seu primeiro director titular foi Helmuth Rilling (1996-2000), a quen sucedeu Antoni Ros Marbà (2000-2012). Dende 2013 Paul Daniel é o seu director titular e artístico. O compostelán Maximino Zumalave, vinculado á orquestra dende o seu nacemento, é director asociado, e Jonathan Webb o principal director convidado. Ademais da temporada de concertos en Santiago, a RFG mantén unha activa presenza no resto de cidades galegas e realizou varias xiras internacionais por Austria, Alemaña, Francia, Brasil, Arxentina e, especialmente, por Portugal. De maneira paralela, potencia a súa actividade en Santiago cos concertos didácticos que dende 1996 organiza co Auditorio de Galicia e polos que cada ano pasan máis de 7.000 escolares galegos. En 2009 presentou dous traballos discográficos inéditos dedicados a Manuel de Falla e Frederic Mompou e en 2012 un novo disco dedicado a Ravel. En 2013 editou “Variaciones”, no que a orquestra e a soprano María Bayo renden homenaxe ao compositor Antón García Abril. O seu último CD (2016) recolle tres obras para guitarra, baixo a dirección de Óliver Díaz e Miguel Trápaga á guitarra. Estreitamente vencellada á RFG está a Escola de Altos Estudos Musicais, que imparte o Curso Avanzado de Especialización Orquestral cos músicos da orquestra como profesores. A Real Filharmonía de Galicia forma parte da Asociación Española de Orquestas Sinfónicas. Maximino Zumalave director Director e pianista compostelán, foi discípulo de Brage, Gardiner e Rilling. Foi fundador e director do Coro Universitario de Santiago e do Collegium Compostellanum e principal director convidado da Orquestra Sinfónica de Galicia (1992-1995). Na actualidade é director asociado da RFG, á que está vencellado dende os seus inicios. Con el actuaron solistas do talle de Achúcarro, Barto, Bayo, Bitetti, Castromil ou Zimmermann. Frecuente e moi especial é a súa colaboración con Teresa Berganza en diferentes países de Europa. Dirixiu ás máis destacadas orquestras españolas e estranxeiras. Tamén levou a batuta en estreas absolutas de obras de Bernaola, Castelo, García Abril e Mestres Quadreny; coidando en especial as primeiras audicións de novos compositores galegos como Alonso, Balboa, Buide ou Viaño. O seu compromiso coa cultura galega vai máis alá da música: en 2008 o Consello da Xunta de Galicia concedeulle a Medalla Castelao e en 2016 recibiu o Premio da Cultura Galega. CONCERTO EXTRAORDINARIO

Transcript of A Escola na · PDF fileAllegro alla Mendelssohn, Giovanni Bottesini Romanza en Fa m, op. 11,...

Page 1: A Escola na · PDF fileAllegro alla Mendelssohn, Giovanni Bottesini Romanza en Fa m, op. 11, Antonin Dvǒrák Concerto para clarinete e viola, Max Bruch mércores 7 xuño I 20.30 h

A Escola na Cidade

2017 I CONCERTOS

Alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral 2017

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAMAXIMINO ZUMALAVE director

| Escola de Altos Estudos Musicais |

I

Concerto para dous violoncellos en Sol m, RV 531, Antonio Vivaldi

Concerto en Sol M, Carl Phillipp Emanuel Bach

Concerto nº 4, Wolfgang Amadeus Mozart

Concerto en Do M, Wolfgang Amadeus Mozart

Concerto en Mi b M, Franz Joseph Haydn

II

Concerto en Fa M, Carl Maria von Weber

Allegro alla Mendelssohn, Giovanni Bottesini

Romanza en Fa m, op. 11, Antonin Dvǒrák

Concerto para clarinete e viola, Max Bruch

mércores 7 xuño I 20.30 hTeatro Principal I Santiago de Compostela

Real Filharmonía de GaliciaIniciou a súa actividade en 1996 no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, onde presenta a súa temporada estable de concertos. O seu primeiro director titular foi Helmuth Rilling (1996-2000), a quen sucedeu Antoni Ros Marbà (2000-2012). Dende 2013 Paul Daniel é o seu director titular e artístico. O compostelán Maximino Zumalave, vinculado á orquestra dende o seu nacemento, é director asociado, e Jonathan Webb o principal director convidado. Ademais da temporada de concertos en Santiago, a RFG mantén unha activa presenza no resto de cidades galegas e realizou varias xiras internacionais por Austria, Alemaña, Francia, Brasil, Arxentina e, especialmente, por Portugal. De maneira paralela, potencia a súa actividade en Santiago cos concertos didácticos que dende 1996 organiza co Auditorio de Galicia e polos que cada ano pasan máis de 7.000 escolares galegos. En 2009 presentou dous traballos discográficos inéditos dedicados a Manuel de Falla e Frederic Mompou e en 2012 un novo disco dedicado a Ravel. En 2013 editou “Variaciones”, no que a orquestra e a soprano María Bayo renden homenaxe ao compositor Antón García Abril. O seu último CD (2016) recolle tres obras para guitarra, baixo a dirección de Óliver Díaz e Miguel Trápaga á guitarra. Estreitamente vencellada á RFG está a Escola de Altos Estudos Musicais, que imparte o Curso Avanzado de Especialización Orquestral cos músicos da orquestra como profesores. A Real Filharmonía de Galicia forma parte da Asociación Española de Orquestas Sinfónicas.

Maximino Zumalave directorDirector e pianista compostelán, foi discípulo de Brage, Gardiner e Rilling. Foi fundador e director do Coro Universitario de Santiago e do Collegium Compostellanum e principal director convidado da Orquestra Sinfónica de Galicia (1992-1995). Na actualidade é director asociado da RFG, á que está vencellado dende os seus inicios. Con el actuaron solistas do talle de Achúcarro, Barto, Bayo, Bitetti, Castromil ou Zimmermann. Frecuente e moi especial é a súa colaboración con Teresa Berganza en diferentes países de Europa. Dirixiu ás máis destacadas orquestras españolas e estranxeiras. Tamén levou a batuta en estreas absolutas de obras de Bernaola, Castelo, García Abril e Mestres Quadreny; coidando en especial as primeiras audicións de novos compositores galegos como Alonso, Balboa, Buide ou Viaño. O seu compromiso coa cultura galega vai máis alá da música: en 2008 o Consello da Xunta de Galicia concedeulle a Medalla Castelao e en 2016 recibiu o Premio da Cultura Galega.

CONCERTO EXTRAORDINARIO

Page 2: A Escola na · PDF fileAllegro alla Mendelssohn, Giovanni Bottesini Romanza en Fa m, op. 11, Antonin Dvǒrák Concerto para clarinete e viola, Max Bruch mércores 7 xuño I 20.30 h

AGATE AMILIBIA e ENRIQUE GARCÍA_ violoncellosAgate Amilibia nace en Amorebieta (Biscaia) en 1994. Comeza os seus estudos nunha academia, e aos 9 anos trasládase a dar clases con Elena Escalza en Bilbao. Neste período consegue varios premios no concurso de ‘Jóvenes Músicos de Euskadi’. Á idade de 17 anos trasládase ao Conservatorio Superior do País Vasco (Musikene), onde finaliza os estudos superiores con Damián Martínez Marco. Estivo no EGO (Joven Orquesta de Euskadi) e formou parte da bolsa de instrumentistas da JONDE. Tamén colaborou coa OSE (Orquesta Sinfónica de Euskadi).Enrique García nace en Ceuta en 1994. Con tan só sete anos comeza o seu entusiasmo polo violoncello e a guitarra clásica. Estuda no Conservatorio Profesional de Ceuta, onde obtén as máis altas cualificacións. Actualmente finalizou os seus estudos de Grao Superior no Conservatorio de Música “Manuel Castillo” de Sevilla co profesor Israel Fausto Martínez Melero.Recibiu clases maxistrais de profesores como Álvaro Serrano, Iñaki Ietxepare, María de Macedo, Suzana Stefanovic ou Asier Polo, entre outros. Ademais, asistiu a cursos por toda España, destacando o Curso Internacional de Málaga, onde recibiu clases de Ángel Luis Quintana. Na súa formación orquestral destacan os seus dous anos consecutivos na Joven Orquesta de Andalucía como solista, baixo a direccion de diversos mestres como Manuel Hernández Silva ou Josep Vicent; a súa participación na Orquesta Conjunta de la Universidad de Sevilla da man do director Juan García; a Orquesta Bética de Cámara dirigida por Michael Thomas; a Orquesta Ciudad de Ceuta dirigida por Ángel Hortas; a Orquesta Filarmónica de Málaga e a Orquesta Ciudad de Almería.

Concerto para dous violoncellos en Sol m, RV 531, Antonio Vivaldi

LOLA SALAS_ frautaNace en Jerez de la Frontera en 1993, cidade na que cursa os seus estudos de grao Elemental e Profesional con Sara Martín. Posteriormente realiza os seus estudos superiores en ESMuC baixo a tutela de Vicens Prats, acabando en 2016. Recibiu clases de profesores como Javier Castiblanque, Miguel Ángel Angulo, Álvaro Octavio, William Bennett, Davide Formisano, Julien Beaudiment, Júlia Gállego, Christian Farroni, Paco Varoch, Magdalena Martínez... Na actualidade é membro da Jove Orquestra Nacional de Catalunya e forma parte da bolsa da Joven Orquesta Nacional de España. Tamén formou parte de orquestras como a Joven Orquesta del Bicentenario de Cádiz ou The World Orchestra. Desde 2015 integra o Quartet Atiko, grupo de cámara que foi premiado en dous concursos dende a súa creación.

Concerto en Sol M, Carl Phillipp Emanuel Bach

Romea, Jaime Martín, Lionel Bringuier, Kazuki Yamada e Nikolaj Znaiderl, entre outros.

Concerto en Mi b M, Franz Joseph Haydn

AZUCENA MIRÁS_ fagotComezou os seus estudos no Conservatorio Profesional “Narciso Yepes” de Lorca da man de profesores como Marco Antonio Clemente e José Miguel Barona. En 2011 accede ao Conservatorio Superior “Manuel Massotti Littel” de Murcia, onde acaba os seus estudos con Jaime Sánchez. Amplía a súa formación en Austria co fagotista Christian Karacsonyi e con outros fagotistas en España como Alberto Velasco, José Lozano ou Javier Aragó, entre outros. Colaborou con orquestras como a Orquesta Sinfónica de la Región de Murcia, Orquesta Sinfónica de la Ciudad de Elche, Orquesta Ciudad de Almería, Orquesta Sinfónica de la Universidad Católica de Murcia, Orquesta de la Universidad de Murcia, Orquesta Joven de la Región de Murcia… Ademais, é compoñente dos quintetos de vento “Adara Ensemble” e “Mediterranean Wind Ensemble”, gañador do segundo premio do VIII Concurso de Música de Cámara Villa de Cox.

Concerto en Fa M, Carl Maria von Weber

AMADOR DEL POZO_ contrabaixoNace en Fuengirola (Málaga) en 1993. Comeza os seus estudos musicais ao dez anos no Conservatorio Profesional de Música de Fuengirola, onde finaliza en 2012 e posteriormente continúa no Conservatorio Superior de Música de Málaga baixo a tutela de Jorge Muñoz, graduándose en 2016. Recibiu clases maxistrais de Toni García-Araque, Frano Kakarigi, Matt Coman, Edicson Ruíz e Slawomir Grenda. Participou na Joven Academia Instrumental da Orquesta Ciudad de Granada e Academia de Estudos Orquestrais da Fundación Barenboim-Said, recibindo clases dos profesores Joachim Klier, Axel Scherka e Klaus Stoll. Formou parte de diferentes orquestras novas como a Orquesta Joven de Andalucía y la Joven Orquesta Barroca de Andalucía. Ademais, colaborou con orquestras como a Sinfónica Provincial de Málaga e a Filarmónica de la Mancha.

Allegro alla Mendelssohn, Giovanni Bottesini

GARAZI ECHEANDÍA_ violínNace en 1989. Graduada polo Centro Superior de Música do País Vasco - Musikene (2007), obtivo o Máster en Interpretación (2009) e o Máster en Pedagoxía do Violín (2012) no Conservatoire Royal de Bruxelles e posteriormente o Máster en Música Española e Hispanoamericana (2013) na Universidad Complutense, onde realiza na actualidade o Doutoramento en

PALOMA DIAGO_ violínIniciouse na arte do violín á idade de cinco anos coa profesora Olga Alexandrovkaya. Realizou os estudos oficiais nos Conservatorios da Coruña e no Superior de Vigo, obtendo as máximas cualificacións nesta disciplina e Matrícula de Honra no Concerto Fin de Carreira. Completou os seus estudos en Utrecht (cunha bolsa Erasmus) e na Universidad Alfonso X El Sabio, onde cursou un Máster en Interpretación Musical. Obtivo o Primeiro Premio do Concurso Caixanova (2008) e Premio Honorífico no Concurso David Russell (2010). Dende 2007 é alumna de Anca Smeu. E estudou regularmente con outros grandes mestres como Javier Cedrón, Mariana Todorova, Liviu Prunaru, Chris Duindam, Mario Peris, Manuel Guillén, Joaquín Torre, Shirly Laub e Frederieke Saeijs.

Concerto nº 4, Wolfgang Amadeus Mozart

SARA FERNÁNDEZ_ óboeNace en Santiago de Compostela en 1990. No ano 2011 obtén o título de grao medio de óboe, coas máximas cualificacións, no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela cos profesores Sonia Avilés e Guillermo Pérez. Recibe masterclass de profesores como Eduardo Martínez, Christina Dominik, Esther Viúdez, Manuel Angulo, David Villa, Roberto Baltar, Lucas Macías, Gerome Guichard... Colabora con diferentes agrupacións como a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, Orquesta Vigo 430, Orquesta Juvenil de Santander, Joven Orquesta Sinfónica de Cantabria, Banda de Música Municipal de Santiago... No ano 2015 gaña o concurso de solistas do CSMA, tocando coa orquestra do propio centro, e obtén o título de superior no Conservatorio Superior de Música de Aragón cos profesores Francisco Gil Ferrer e José Antonio Masmano. Na actualidade realiza o Curso Avanzado de Especialización Orquestral da Real Filharmonía de Galicia.

Concerto en Do M, Wolfgang Amadeus Mozart

BORJA SUÁREZ_ trompetaNatural de Vigo, comeza os seus estudos de trompeta con oito anos na Escola de Música e o Conservatorio Profesional de Vigo, con profesores como Luís G. Amosa e Javier González. En 2011 continúa no Conservatorio Superior de Música de Castela e León con Roberto Bodí. Foi membro de orquestras novas como a OJSG e a NJO, así como da Orquesta de Ávila, baixo a batuta de José Luís López ou Andrés Salgado. Colaborou con orquestras profesionais como a Orquesta 430, Al Bustan Festival Orchestra, a Simfònica del Vallès con Paquito de Rivera e Vicent Alberola, e a Orquesta Sinfónica de Castilla y León; con directores como Josep Pons, Eliahu Inbal, Miguel

Musicoloxía. Tocou en recitais en España e Bélxica e ten formado parte de diversas orquestras do ámbito nacional e internacional, como a Joven Orquesta Nacional de España, Jeunesses Musicales World Orchestra, Swedish National Orchestra Academy, Sturm und Klang Orchestra, Bizkaiko Orkestra Sinfonikoa, Orquesta Sinfónica Bankia, Barbieri Symphony Orchestra ou a Orquesta y Coro de la Comunidad de Madrid; participando en estreas, gravacións e en emisións radiofónicas e televisivas.

Romanza en Fa m, op. 11, Antonin Dvǒrák

DANIEL GONZÁLEZ_ clarinete e ANE AGUIRRE_ violaDaniel González nace en Pontevedra en 1989. Iníciase no clarinete aos 9 anos co profesor José Manuel Collazo Verde. Realiza os seus estudos de grao profesional no Conservatorio Profesional de Música “Manuel Quiroga” de Pontevedra, na clase do profesor Rubén Collarte. En 2015 obtén o título superior de música na Escola Superior de Música, Artes e do Espectáculo (ESMAE) en Porto (Portugal) co profesor Nuno Pinto. Realiza os seus estudos de Máster de Interpretación Solista no Centro Superior Katarina Gurska (Madrid) co profesor Vicent Alberola, ao mesmo tempo que frecuenta o Curso de Especialización Instrumental (CEI) na Escola Altos Estudos Musicais de Galicia (EAEM) co profesor Vicente López Puig. Na actualidade realiza o CAEO (Curso Avanzado de Especialización Orquestral) coa Real Filharmonía de Galicia.Ane Aguirre nace en San Sebastián en 1994. Comeza os seus estudos musicais na Escola de Música Municipal e estuda grao profesional no Conservatorio Francisco Escudero co profesor de especialidade Roberto Nuño. Accede a Musikene no curso 2012-2013, onde finaliza os estudos superiores en 2016 con Natasha Tschich e David Quiggle.Tamén recibiu clases de Karsten Dobers, Andoni Mercero, Eve Wickert, Alejandro Garrido, Jennifer Stumm, Lise Berthaud, Tatjana Masurenko e Pauline Sachse, entre outros. Formou parte de orquestras como a NJO (Xove Orquestra de Holanda) ou a EGO (Xove Orquestra do País Vasco), da cal é membro activo dende 2011. Colaborou coa Orquesta Sinfónica de Bilbao (BOS) e a Orquesta Sinfónica de Euskadi (OSE). Forma parte da bolsa de instrumentistas de OSE dende 2015, así como da JONDE (Joven Orquesra Nacional de España) e da GMJO (Gustav Mahler Jugendorchester) dende 2014.

Concerto para clarinete e viola, Max Bruch