a escaleira desigual 34 -...

14
34 bloque 2: a escaleira desigual SECUENCIA 8 (FRAGMENTO) CORUÑA LIBRARÍA. INT/DÍA En primeiro termo, están Emilia e Mariana, a filla do Libreiro. O Libreiro aparece e diríxese ao seu fillo Pabliño. LIBREIRO Que...? ¿Aprendiches moito hoxe?(O neno asente) Moi ben, estou orgulloso de ti... EMILIA (Provocadora e, asemade, doce) E de Mariana, que ten tanta gana de estudar Letras, non? Mariana olla para outra parte, facéndose a despistada. O Libreiro reacciona con contundencia: LIBREIRO Iso non o diga nin de broma. Emilia apaña as súas cousas e inicia o movemento de saída cara a porta mentres di: EMILIA Manolo, non hai nada malo en ser unha muller ilustrada. LIBREIRO Xa. Coma vostede... Compadezo ao seu marido. a cOndesa rtebelde

Transcript of a escaleira desigual 34 -...

34

bloque 2: a escaleira desigual

SECUENCIA 8 (FRAGMENTO)

CORUÑA LIBRARÍA. INT/DÍA

En primeiro termo, están Emilia e Mariana, a filla do Libreiro. O Libreiro aparece e diríxese ao seu fillo Pabliño.

LIBREIRO Que...? ¿Aprendiches moito hoxe?(O neno asente) Moi ben, estou orgulloso de ti...

EMILIA (Provocadora e, asemade, doce) E de Mariana, que ten tanta gana de estudar Letras, non?

Mariana olla para outra parte, facéndose a despistada.O Libreiro reacciona con contundencia:

LIBREIRO Iso non o diga nin de broma.

Emilia apaña as súas cousas e inicia o movemento desaída cara a porta mentres di:

EMILIA

Manolo, non hai nada malo en ser unha muller ilustrada.

LIBREIRO Xa. Coma vostede... Compadezo ao seu marido.

8ªacOnd

esa

rtebelde

35

bloque 2: a escaleira desigual

SECUENCIA 15 (FRAGMENTO)

TABERNAS. SALA 2. INT/DÍA

Dona Amalia le unha carta, en presenza da tía Vicenta edo seu marido, don Xosé:

DONA AMALIA “Queridos pais e tía Vicenta: volver a París devolveume a enerxía que tanto me faltaba ultimamente. Estou gozando moito desta cidade onde as mulleres son libres de exercer a profesión que escollan, profesoras ou avogadas, matemáticas ou médicos”.

A tía Vicenta persígnase

VICENTAMédicos!... Antes morro que deixar queme atenda unha médico!

15ªacOnd

esa

rtebelde

36

bloque 2: a escaleira desigual

SECUENCIA 40 (FRAGMENTO)

MADRID. PISO RÚA DA PALMA. INT/DÍA

Emilia e Benito están sentados na cama do seu niño de amor, xogando ás cartas, á brisca.

EMILIASei de sobra que moitos pensan que estou tola por querer vivir da miña profesión, gañar cartos e ser independente...

Galdós escoita, atento e comprensivo.

EMILIA (CONT) Porque neste país as mulleres, ou raíñas ou estanqueiras, e no medio, nada.

40ªacOnd

esa

rtebelde

37

bloque 2: a escaleira desigual

[1. a educación das mulleres no s. xix]

SuBLIñA CuN LAPIS, PARA PODERES CORRIXIR, AS IDEAS PRINCIPAIS DOS SEGuINTES TEXTOS:

textos de traballo

e/ou apoio.

“As mulleres de clase alta e media eran educadas nunha «cultura do adorno»para saberen entreter as súas ricas familias. Recibían clases de pintura, música efrancés.As mulleres de clase baixa nin sequera tiñan acceso a este tipo de educación: o seu campo de acción estaba limitado aos labores domésticos ou de servizo e moi poucas delas recibían instrución.Lamentabelmente, en ningún caso as mulleres podían sosterse a si mesmas mediante o seu propio traballo, porque non estaban socialmente preparadas para iso.A lexislación española de finais do século XIX facía que a muller casada non puidese dispor de autonomía persoal ou laboral e menos aínda de independencia económica; os seus bens debían ser administrados polo esposo. Toda transgresión a esta lei era penada co cárcere.Aos homes estábanlles permitidos os relacionamentos extramatrimoniais e un asasinato en «defensa da súa honra» era sancionado co desterro por un breve período de tempo. Non era así para as mulleres: se cometían un crime pasional, a cadea perpetua era o máximo castigo.”

Amelia Villanueva Ramírez A muller burguesa “posúe os coñecementos xerais da muller educada nun convento de monxas. Chapurrea o francés, martiriza o piano, canta con voz bonita e regular afina-ción, sabe facer varios caprichosos labores de agulla e mesmo é capaz de agasallar o seu esposo con algún prato artisticamente culinario.Mais non a movan de aí, porque daquela desaparece o verniz de cultura e fica ao des-cuberto a burguesa ignorante, de mentalidade escasa, que forma o tipo corrente entre esa clase social.”

Fabián Vidal: “Las mujeres y el arte”, Alma española, 30 de abril de 1904 (nº 23, pp. 7-8).

Como se dixo, estes textos poden ser usados antes e/ou despois do visionado. Suxírense actividades para a imprescindíbel fase de pre-visionado, referidas aos textos 1 e 5.

38

bloque 2: a escaleira desigual

[2. A DoMA DA MULLER]

“A muller afoga, presa nas estreitas mallas dunha rede moral miúda miúda. Debe-riños: gustar, lucir nun salón. Instrucionciña: música, algo de baile, migallas de his-toria, nocións superficiais e fragmentarias. Devocionciña: prácticas rutineiras, xenu-flexións, rezos maquinais, todo anano, raquítico, como os albaricoqueiros chineses.”“Todas as mulleres conciben ideas, mais non todas conciben fillos. O ser humano non é unha árbore froiteira, que só se cultive pola colleita que dá.”“O único que, creo, se debe en xustiza á muller é a desaparición da incapacidade conxénita con que a sociedade a fere. Iguálense as condicións e a libre evolución fará o resto.”“Non pode, en rigor, a educación actual da muller chamarse tal educación, senón doma, pois o fin que se propón é a obediencia, a pasividade e a submisión.” Emilia Pardo Bazán: “La educación del hombre y de la mujer” (1892).

Enumera os contidos da educación das mulleres no S. XIX, segundo a clase social á que pretencen

39

bloque 2: a escaleira desigual

[3. homes e mulleres, seres diferentes]

“Tomemos o caso paradigmático das relacións de Concepción Arenal coa univer-sidade española. Ela, que é, con certeza, unha das nosas mellores xuristas, solicitou o ingreso na carreira de Dereito avalada polo seu excepcional talento e por unha familia de académicos e reitores que confiaba nela. Tales eran os dotes e as presións que se decidiu admitila; con todo, as características que tivo esta admisión din moito das barreiras que se opuñan á formación universitaria das mulleres.Concepción Arenal foi admitida como ouvinte en leis sempre que a súa presenza nos claustros universitarios non resultar indecente. Na práctica, isto traduciuse na obriga de acudir ás aulas vestida de varón. Imaxinemos, pois, que aquela sociedade pudi-bunda e timorata consideraba menos grave o travestismo que o feito de unha muller escoitar as ensinanzas que lle estaban, en principio, vedadas.O rito era o seguinte: acompañada por un familiar, dona Concepción presentábase na porta do claustro, onde era recollida por un bedel que a trasladaba a un cuarto en que se mantiña soa até que o profesor da materia a recollía para as clases. Sentada nun lugar diferente do dos seus aparentes compañeiros, seguía as explicacións até que a clase concluía e de novo era recollida polo profesor que a depositaba no famoso cuarto até a clase seguinte.Con soberana paciencia, Concepción Arenal terminou os seus estudos de Dereito e acomodouse a estes rituais. Porén, proseguir determinados estudos implicaba, para o caso das mulleres, que se lles recoñecía o feito de, meramente, telos cursado, isto é, que non tiñan dereito a obteren o título nin moito menos a exerceren a profesión para a que eses estudos capacitaban.Deste modo, bastantes mulleres que seguiron estudos no curso da segunda metade do XIX e até a década dos vinte do século seguinte, que apareceron citadas nas actas de fin de carreira, nunca obtiveron os títulos. En ocasións, foron obrigadas a renun-ciaren explicitamente a eles.”

Amelia Valcárcel: “La memoria colectiva y los retos del feminismo”, 2001.

[4. Refráns e frases feitas...]

Refrán galego “Muller que sabe latín non serve para min.” Refrán castelán “Mujer que sabe latín, ni encuentra marido ni tiene buen fin.” Frase feita “As señoritas non teñen máis carreira que o matrimonio.”

40

bloque 2: a escaleira desigual

Clasifica os traballos que facían as mulleres do S XIX, segundo os seguintes criterios:

Os que facían no ámbito doméstico/os que se facían fóra da casa

Os que eran remunerados/os que non eran remunerados

Os que eran traballo manual, físico/os que eran de tipo intelectual

[5. o traballo das mulleres]

Deixando á parte o traballo na industria (onde mulleres e nenos tiñan salarios moi inferiores aos dos homes), Alejandro San Martín (1883) divide o traballo da muller de fins do XIX en dúas áreas: o realizado na casa e o que se fai fóra da casa. Desde a casa, a muller pode traballar como costureira a máquina, facer encaixes, fiar, calce-tar, bordar, tecer, pasar o ferro, ser modista, xastra, costureira para tendas, facer ou reparar luvas, ser gornecedora e reparadora de zapatos, ama de crianza, recolledora e preparadora de leite, manteiga e queixos, e dedicarse á cría de animais. San Martín sinala os seguintes oficio fóra da casa: lavandeira, forneira, costureira a xornal, co-rista e comparsa de teatro ou ama de cría. Para as solteiras, sinala: criada de servizo, cociñeira, asistenta e doncela de labor. San Martín escribe desde o ámbito urbano e non contempla moitos traballos que facía a muller do rural galego. Alejandro San Martín: “El trabajo de la mujer”, 1883. A propia Emilia Pardo Bazán ten escrito sobre o traballo das mulleres galegas nun artigo de 1901, da sección “La vida contemporánea” de La Ilustración Artística, Barce-lona, nº 1015, 10 de xuño de 1901, p. 378: “Eu vin as mulleres, na miña terra, a segaren, a cavaren, a cargaren o carro, a pisaren o toxo, a xuntaren o esterco, a traballaren en obras públicas chapuzadas de auga até as coxas, a partiren pedra, sen que ninguén lles preguntase se estaban grávidas ou aleitando (...) Eu vinas a faceren oficios de mozos de carga nas estacións, portando baúis; eu vinas (...) axudando a tirar dunha carreta. Todo isto pódeno facer con li-berdade absoluta (...) O que faría rachar o veo do templo (...) sería que unha muller sentase nunha oficina a despachar expedientes, ou na sala de sesións do Concello a deliberar”.

[7. o traballo invisíbel]

No inicio do século XXI, “o traballo das mulleres nas súas casas continúa a ser, alén de gratuíto, «invisíbel e inconmensurábel», afirmou o secretario xeral da Organiza-ción das Nacións unidas, Ban Ki-moon. «A maioría das tarefas domésticas, entre elas cociñar, limpar e coidar dos membros da familia, son desempeñadas por mulle-res que nada reciben por iso», recordou a ONu nun informe. «En moitas rexións, o traballo na casa inclúe ir por auga e leña, cultivo de alimentos e coidados de peque-nos rabaños», acrecenta o estudo, presentado na sesión anual da Comisión das Na-cións unidas sobre o Estatuto da Muller. Nese estudo, Ban Ki-moon considera que non se recoñece nin avalía a contribución deste traballo invisíbel ao desenvolvemento social e económico, a pesar de ser esencial para a reprodución da forza de traballo e para o benestar das sociedades. Tamén alerta de que a iniquidade e a discriminación por razón de xénero contribúen co persistente desequilibrio na división do traballo entre homes e mulleres, e que perpetúan os estereotipos do «macho provedor» e da «encargada de coidar da familia». Así, «o potencial de mulleres e rapazas para participaren da educación, capacitación, mercado de traballo e esfera pública é res-trinxido», acrecenta.” Noticia dun xornal (2009) “Hai toda unha serie de actividades fundamentais para a satisfacción directa e diaria das necesidades humanas (saúde, hixiene, alimentación, afecto...) que non reciben recoñecemento social e se fan na invisibilidade. Para as definir, hai quen fala de tra-ballo reprodutivo (fronte a traballo produtivo en termos económicos); quen o deno-mina traballo non remunerado (fronte ao remunerado); e quen prefire definilo como traballo de coidados (temo que abrangue non só a dimensión material destas tarefas, senón tamén a compoñente relacional e afectiva). Este traballo gratuíto é realizado nun 80% por mulleres, o que dificulta o seu acceso ao traballo remunerado e a unha participación plena na vida social.” Eramis Bueno e Gloria M. Valle: “La vulnerabilidad por género. Aspectos económi-cos”, 2007.

[6. un entre mil]

“Xan vai coller leña ô monte, Xan vai a compoñer cestos, Xan vai a poda-las viñas, Xan vai a apaña-lo esterco, e leva o fol ó muíño, e trai o estrume ó cortello, e vai á fonte por auga, e vai á misa cos nenos, e fai o leito i o caldo. Xan, en fin, é un Xan compreto, desos qu’a cada muller lle conviña un, polo menos, pero cand’un busca un Xan, casi sempre atopa un Pedro.” Rosalía de Castro: “Xan” (fragmento), de Follas novas (1880). Recoméndase a lectura do poema na íntegra.

41

bloque 2: a escaleira desigual

42

bloque 2: a escaleira desigual

O título escollido para designarmos este bloque, “A escaleira desigual”, foinos suxe-rido polo propio filme. Nel, a Condesa non cesa de subir escaleiras materiais e sim-bólicas en todo o seu percurso, proceso non perceptíbel na análise de secuencias individuais. Debemos remitir á análise do filme que figura na sección de documentos do DVD.

A secuencia 25ª ofrece materiais de interese. Ponse en evidencia a necesidade do “recoñecemento”, da admiración por parte dos outros (xa evidente nunha secuencia previa, non transcrita, a 24ª) para a plena vivencia e exercicio da propia identidade; nesa perspectiva, a “ambición” considérase meritoria no home, mais non na muller.

Por outras palabras: no filme, a Condesa quere conseguir a igualdade guiada non só polo afán de xustiza e equidade universais, senón tamén por unha motivación tan persoal como a súa ambición individual: alcanzar para si tanto prestixio e poder como os homes. Isto podería parecer criticábel e non o é se comprendermos que a defensa do interese individual non é negativo cando porta o interese xeral. Antes ao contrario, porque existe esa forte motivación íntima será posíbel alimentar de forma permanente o difícil proxecto da Condesa. A articulación desa coincidencia entre o subxectivo e o obxectivo, o individual e o xeral, ten alimentado moitos proxectos emancipadores.

É moito interesante a resposta de Estrada: “A min non ten que convencerme. Pero, por desgraza, a maioría das mulleres de mérito renuncian a amosalo.” Ponse en foco o proceso de asunción, por parte das mulleres, da invisibilidade a que os homes as condenan. Ou, peor aínda, se repararmos na situación actual de moitas adoles-centes: a alienación na ollada dos outros chegou ao extremo de lles roubar a propia imaxe dunha forma tan perturbadora para a súa autopercepción que a tentativa de se adecuaren a unha imaxe mórbida de si abre a porta da autodestrución física e psicolóxica.

Nese fío, o diálogo aínda ofrece máis: precisamente porque as batallas pola emancipa-ción son dadas en primeira persoa, existe sempre o risco da frustración e a amargura persoal. usualmente, a xente renuncia á batalla porque, como di Estrada, “as derro-tas esnaquizan o espírito.” Os conflitos sociais e ideolóxicos tórnanse, no mundo real, conflitos persoais, que nos tocan no íntimo, pois producen sufrimento subxectivo, agresións e feridas. Mais a Condesa corrixe con lucidez: “O que esnaquiza o espírito é a rendición, non a derrota.” Ela vai entrar no Ateneo aínda que teña que deitar a porta ás patadas. Porén, en calculada estratexia, para o facer posíbel, decide abrir o seu salón aos ateneístas. Ousada e realista.

Na realidade histórica, os estatutos do Ateneo, segundo o seu Arquivo, nunca prohibiron explicitamente a entrada ás mulleres. Acontecía que, na práctica, eran

orientacións para o

profesorado

25ª

Análisedo filme

A escaleiradesigual

43

bloque 2: a escaleira desigual

interpretados de forma que non fose admitida ningunha. Existía, iso si, unha catego-ría supernumeraria de “socio honorario” que foi concedida a dúas mulleres, con an-terioridade ao ingreso de dona Emilia como socia de pleno dereito. O filme modifica a realidade histórica, en natural licenza, para construír a progresión do relato.

Os textos de traballo/apoio achegados aluman dimensións conectadas directamente co que nos ocupa: en primeiro lugar, a educación da muller como instrumento emancipador e, en segundo lugar, o repartimento desigual do mercado de traballo (con segregación horizontal e vertical). Se isto era obscenamente visíbel no S. XIX, aínda continúa a manifestarse, tanto na realidade do mercado de traballo como nos horizontes profesionais que as mulleres contemplan no seus proxectos de vida indi-viduais.

As secuencias convocadas fragmentariamente aluman esa dupla problemática. A 8ª, alén do elocuente feito de o libreiro considerar a Condesa unha “desgraza” para o seu home, expón ao vivo a radical diferenza na actitude de Manolo Abral –así se chama o libreiro– a respecto da educación do fillo ou da filla (vid., tamén, textos de apoio). Que el aprenda é un motivo de orgullo. Que ela queira ser “unha muller ilustrada”, unha grave contrariedade.

Pola súa vez, o fragmento da secuencia 15ª lévanos á posición da muller á hora de se situar no mercado de traballo. Infelizmente, nin sequera en París todas as mulle-res da época eran capaces de escoller libremente a súa profesión porque, alén das limitacións que impuña o xénero, tamén actuaban as derivadas da súa condición de clase, xa expostas ao vivo no filme a través das proletarias da fábrica de Tabacos (secs. 6ª e 7ª). Significativamente, a tía Vicenta, representante da muller da tradición, escandalízase: “Antes morro que deixar que me atenda unha médico!” Nin sequera, como acontecía na época, é capaz de pór en feminino o termo “médico”.

Canto ao fragmento da sec. 40ª, non é preciso acrecentar cousa á descrición que a Condesa fai do lugar da muller na sociedade coetánea. Duplamente marxinadas: pola vía real ou pola vía simbólica, isto é, condenadas ás profesións máis “humildes” (á explotación) ou a seren meros obxectos de representación, como as raíñas, presas no cárcere da realeza (na mistificación vestida de mitificación).

Sen querermos insultar a intelixencia do profesorado, ousamos esclarecer que a in-terpretación segunda dos refráns do texto 4 a que alude a actividade nº 10, para alá da literal que deducirá o alumnado (un “saber latín” alusivo á existencia dunha formación na muller), é, na verdade, a máis común na realidade social onde adquiría sentido a máxima, i.e., apunta a unha muller esperta non sometida ao superior crite-rio do varón e, daquela, dotada de capacidades propias que o puidesen cuestionar.

Con certeza, a asimetría esencial ás relacións de xénero xa se manifestou nas pala-bras da Condesa “Por que a ambición que nun home é meritoria nunha muller é defecto, cando non vicio?”, mais retomaremos a cuestión no terceiro bloque desta unidade didáctica.

Acrecentemos que a porcentaxe de analfabetismo en España, contra 1877, superaba o 75% da poboación. No entanto, neses anos, o analfabetismo decreceu en maior medida entre as mulleres do que entre os homes, signo visíbel do cambio histórico que comezaba a se producir.

15ª

40ª

Refráns e frases feitas...páxina 39

44

bloque 2: a escaleira desigual

Emilia Pardo Bazán: La educación del hombre y la de la mujer. La dama joven. Memorias de un solterón, Santiago, Xunta de Galicia-Sotelo Blanco, 2006. O ensaio “La educación...” está dispoñíbel na Internet en: http://www.cervantesvirtual.com/obra-visor/nuevo-teatro-critico--18/html/0295a7f0-82b2-11df-acc7-002185ce6064_15.htm

Contén fragmentos memorábeis mais, paradoxalmente, dá menos xogo, pola forma en que se achega á cuestión, o ensaio “La mujer española”, publicado en catro partes en La España moderna, de Lázaro Galdiano, en maio, xuño, xullo e agosto de 1890, dispoñíbeis na Internet en http://hemerotecadigital.bne.es/issue.vm?id=0002234566&search=&lang=enhttp://hemerotecadigital.bne.es/issue.vm?id=0002235678&search=&lang=enhttp://hemerotecadigital.bne.es/issue.vm?id=0002236804&search=&lang=enhttp://hemerotecadigital.bne.es/issue.vm?id=0002237587&search=&lang=en

Emilia Pardo Bazán: “La vida contemporánea”, en La Ilustración Artística, Barcelona, nº 1015, 10 de xuño de 1901, p. 378. Dispoñíbel en http://hemerotecadigital.bne.es/

issue.vm?id=0001557165&search=&lang=en

Mary Nash: Mujer, familia y trabajo en España. 1875-1936, Barcelona, Anthropos, 1983, pp. 315-342 (compílase aí o traballo de Alejandro San Martín).

Mabel Burín: “El techo de cristal”. Dispoñíbel en: http://www.stecyl.es/Mujer/el_techo_

de_cristal.htm

Adna Rosa Rodríguez: La cuestión feminista en los ensayos de Emilia Pardo Bazán, A Coruña, Edicións do Castro, 1991.

Rocío Charques Gámez: Los artículos feministas en el “Nuevo Teatro Crítico” de Emilia Pardo Bazán, Alicante, Centro de Estudios sobre la Mujer, 2001. Dispoñíbel en: http://webs.uvigo.es/pmayobre/pdf/emilia_pardo_bazan/nuevoteatrocritico.pdf

O Nuevo Teatro Crítico da Pardo Bazán está dispoñíbel, na íntegra, en: http://www.cervantesvirtual.com/portales/pardo_bazan/obra_periodismo

Amelia Valcárcel: “La memoria colectiva y los retos del feminismo”, 2001. Dispoñíbel en: http://www.mujeresenred.net/spip.php?article241 [sucinta exposición da traxectoria histórica do pensamento feminista e dos seus retos actuais]

*

*

*

*

*

*

*

*

*

bibliografíapara o

profesorado

45

bloque 2: a escaleira desigual

Observando e analizando

actividades para o alumnadoResponde as seguintes preguntas con textos completos e coherentes, i.e., que teñan sentido por si e non sexa preciso ler o enunciado da pregunta para os entendermos.

secuencia 5

1. Por que cres que a personaxe di: “o único que importa é que son unha muller... e, polo tanto, cal-quera mérito que teña carece de importancia” e “Como se unha muller non puidese ser a mellor en algo”? Na túa resposta, podes servirte da imaxe da escaleira desigual que dá título a este bloque.

2. Facendo pé no que a Condesa di na secuencia 25ª, ¿coñeces, no teu círculo de relación, “mulleres de mérito” que renuncien a amosalo? E, se non as coñeces, ¿non será porque, efectivamente, saben escondelo? Razoa a resposta.

3. Por que a tía Vicenta non quere que a atenda unha médica?

4. Describe as diferentes posicións, a respecto da educación do seu fillo e da súa filla, que ten o li-breiro na secuencia 8ª.

5. A que grao de educación accederon o teu pai e a túa nai? ¿Hai algunha diferenza, nese punto, entre el e ela? ¿E as túas avoas e avós tiveron es-tudos? ¿Había algunha diferenza de grao entre os que recibiron as túas avoas e os teus avós?

6. Na túa casa, quen asume os traballos de man-temento cotiá do fogar? Que participación tes ti neles? E o teu pai?

secuencia 8

secuencia 25

46

bloque 2: a escaleira desigual

Desenvolvendo e construíndo

7. Fai unha listaxe das profesións que podía exer-cer unha muller no século XIX, considerando a clase social á que pertencía.

8. Por que no S. XIX non se consideraba necesa-rio que a muller recibise unha educación formal, regulada, como a que ti recibes nun centro de en-sino? Relaciónaa co que aprendiches no bloque anterior sobre a “inferioridade natural” das mu-lleres.

9. Á luz dos textos de traballo, cal era a consecuen-cia máis directa da falta dunha educación formal, socialmente recoñecida, para as mulleres poderen ter unha vida autónoma?

10. Procura dúas interpretacións, ao mínimo, dos refráns citados no texto 4.

11. Explica, á luz dos textos de apoio, por que o traballo das mulleres no século XIX era “invisí-bel”, no sentido de o seu valor non ser socialmente recoñecido. ¿Continúa a selo?

12. Fai un texto describindo o que sería a túa vida se non tiveses acceso á educación e, a seguir, explica a vinculación entre a consecución dunha completa educación formal e as condicións en que unha muller (ou un home) pode(n) acceder ao mercado de traballo.

secuencia 82

secuencia 63

secuencia 82

47

bloque 2: a escaleira desigual

13. Hoxe, os obstáculos que debe superar unha muller subsisten. Completa a imaxe da “escaleira desigual” coa do “teito invisíbel”, isto é, a existen-cia dunha barreira superior na carreira laboral das mulleres, difícil de traspasar, que lles impide seguir avanzando. Procura información sobre ese límite (ou “teito de cristal”) e explica por que se chama así.

14. En que profesións imaxinas as túas amigas no futuro? Pensa nas que van ter na realidade, non na que elas soñarían con ter. Fai o mesmo coas dos teus amigos.

secuencia 78

Cal é a consecuencia máis directa da imposibilidade de adquirir unha educación formal na vida das mulleres do século XIX?

Que papel tivo e ten a educación no proceso da emancipación feminina?

Explica en que se diferencia a situación actual das mulleres, no campo da educación e do traballo, a respecto da que tiñan no S. XIX. Que circunstancias se modificaron e cales non?

Avaliación