A ENERXIA

30
A ENERXÍA CIENCIAS DA NATUREZA 2º ESO

description

Presentación sobre os distintos tipos de enrxía para Ciencias da Natureza de 2º de ESO.

Transcript of A ENERXIA

Page 1: A ENERXIA

A ENERXÍACIENCIAS DA NATUREZA 2º ESO

Page 2: A ENERXIA

ESQUEMA

11

ENERXÍA FUTURODEFINICIÓN

ORIXE CARACTERÍSTICAS

FORMAS DE ENERXÍA

FONTES DE ENERXÍA

MECÁNICA

ELÉCTRICA

INTERNA

ELECTROMAGNÉTICA

QUÍMICA

NUCLEAR

TÉRMICA

NON RENOVABLES

RENOVABLES

CARBÓN

PETRÓLEO

GAS NATURAL

URANIO

HIDRÁULICA

SOLAR

EÓLICA

BIOMASA

XEOTÉRMICA

MAREMOTRIZ

Page 3: A ENERXIA

1. ¿QUE É A ENERXÍA?

A enerxía pódese definir como a capacidade para producir cambios nos corpos.

Por exemplo: o aire ten enerxía porque é capaz de mover as aspas dun muíño. O sol ten enerxía xa que é capaz de facer funcionar unha calculadora solar o unha lámpada solar.

A enerxía pódese medir e a súa unidade no Sistema Internacional é o Julio ( J).

Tamén se usan outras unidades como a caloría ( 1 caloría = 4,19 J); ou o Kwh ( 1 Kwh = 3600000 J).

Page 4: A ENERXIA

2. CARACTERÍSTICAS DA ENERXÍA

Transfírese: pode pasar dun corpo a outro. Por exemplo, cando facemos ferver un recipiente con auga, transfírese a enerxía do lume á auga.

Consérvase: a enerxía nin se crea nin se destrúe, tan só se transforma. Por exemplo cando encendemos unha bombilla estamos transformando a enerxía eléctrica, unha parte en enerxía luminosa e outra parte en calor.

Degrádase: cando se transforma un tipo de enerxía noutra, parte transfórmase en calor, perdéndose.

Page 5: A ENERXIA

3. FORMAS DE PRESENTARSE A ENERXÍA

3.1. ENERXÍA CINÉTICA: un corpo posúe enerxía cinética cando está en movemento, é dicir, cando ten velocidade.

3.2. ENERXÍA POTENCIAL: é a enerxía que posúe un corpo que se encontra a unha determinada altura sobre a superficie da Terra.

Page 6: A ENERXIA

3. FORMAS DE PRESENTARSE A ENERXÍA

Page 7: A ENERXIA

3. FORMAS DE PRESENTARSE A ENERXÍA

3.3. ENERXÍA MECÁNICA

É a enerxía que posúe un corpo debido á súa velocidade e a súa altura. Polo tanto, a enerxía mecánica é a suma da enerxía cinética e a enerxía potencial.

Page 8: A ENERXIA

3. FORMAS DE PRESENTARSE A ENERXÍA

3.4. ENERXÍA ELÉCTRICA

É a enerxía que aparece cando os electróns, que son partículas cargadas, se moven nunha dirección.

A enerxía eléctrica obtense a partir doutras formas de enerxía, como a enerxía química ou a nuclear.

Page 9: A ENERXIA

3. FORMAS DE PRESENTARSEA ENERXÍA

3.5. ENERXÍA INTERNA

É a enerxía que posúen os corpos debido ao movemento dos átomos ou moléculas que os forman.

3.6. ENERXÍA RADIANTE

É a enerxía que posúen as ondas, como por exemplo, as ondas sonoras, a luz, os microondas, etc.

Page 10: A ENERXIA

3. FORMAS DE PRESENTARSE A ENERXÍA

3.7. ENERXÍA QUÍMICA

É a enerxía que se pon de manifesto nas reaccións químicas, como por exemplo ao queimar madeira, ao tomar alimentos, etc.

3.8. ENERXÍA TÉRMICA

É a enerxía que se transfire dun corpo a outro que está a diferente temperatura. Por exemplo: se poñemos a quentar auga, o calor transfírese do lume á auga.

Page 11: A ENERXIA

3. FORMAS DE PRESENTARSE A ENERXÍA

3.9. ENERXÍA NUCLEAR

É a enerxía que se obtén das reaccións nucleares. Hai dous tipos:

ENERXÍA DE FISIÓN: na que se produce a ruptura dun núcleo atómico en dúas ou máis fraccións, liberándose unha gran cantidade da enerxía. Este tipo de reacción é a que ten lugar nas centrais nucleares.

ENERXÍA DE FUSIÓN: na que se produce a unión de dous ou máis núcleos atómicos, liberándose unha gran cantidade de enerxía.

Page 12: A ENERXIA

3. FORMAS DE PRESENTARSE A ENERXÍA

Page 13: A ENERXIA

4. FONTES DE ENERXÍA

Unha fonte de enerxía é todo aquel medio do que podemos extraer enerxía e utilizala.

As fontes de enerxía clasifícanse en:

NON RENOVABLES: son aquelas que, co seu uso no tempo, se poden esgotar. Por exemplo: o carbón, o petróleo, o gas natural e o uranio. Ademais son fontes de enerxía que contaminan o medio ambiente.

RENOVABLES: son aquelas que, co seu uso ao longo do tempo, non se esgotan e son respetuosas co medio ambiente. Por exemplo: o sol, o vento, a agua, as ondas, a biomasa e a calor interna da Terra.

Page 14: A ENERXIA

4. FONTES DE ENERXÍA

Page 15: A ENERXIA

5. FONTES DE ENERXÍA NON RENOVABLES

A maior porcentaxe de enerxía que se utiliza actualmente no mundo provén de fontes non renovables e isto está producindo graves problemas de contaminación.

5.1. CARBÓN: obtense en minas a ceo aberto e en minas subterráneas.

Úsase principalmente: en centrais térmicas. calefacción, para a obtención de plásticos, fibras sintéticas e produtos farmacéuticos.

O uso do carbón produce graves problemas de contaminación atmosférica debido á emisión de gases na súa combustión.

Turba Lignito Hulla Antracita

Page 16: A ENERXIA

5. FONTES DE ENERXÍA NON RENOVABLES

Mina a ceo aberto

Mina subterránea

Page 17: A ENERXIA

CENTRAL TÉRMICA

Page 18: A ENERXIA

5. FONTES DE ENERXÍA NON RENOVABLES

5.2. PETRÓLEO: é a fonte de enerxía máis utilizada. Do petróleo obteñense diferentes produtos como butano, gasolina, alquitrán, betún, etc.

O petróleo tamén se utiliza para a fabricación de fertilizantes, plásticos, pinturas, etc.

O principal problema do uso do petróleo é a contaminación atmosférica polos gases que se producen no seu uso, así como a contaminación do mar polos accidentes que se producen no seu transporte en barcos petroleiros.

Page 19: A ENERXIA

5. FONTES DE ENERXÍA NON RENOVABLES

5.3. GAS NATURAL: é unha mestura de gas metano e outros gases, e é utilizado tal e como se encontra na natureza.

Para transportalo, úsanse:

- Gaseoductos: tuberías que transportan o gas ata o lugar de consumo.

- Buques cisterna: o gas é licuado e transportado en buques. Unha vez no lugar de consumo convértese novamente en gas.

Úsase en calefacción, centrais térmicas e nalgúns vehículos.

Ten como vantaxe que se producen menos gases na súa combustión e polo tanto produce menos contaminación atmosférica.

Tanto o carbón como o petróleo e o gas natural son combustibles fósiles que se forman a partir de restos orgánicos enterrados profundamente durante millóns de anos.

Page 20: A ENERXIA

5. FONTES DE ENERXÍA NON RENOVABLES

5.4. Uranio: é un elemento que se usa como combustible nas centrais nucleares.

Os núcleos de uranio ao fisionarse no reactor nuclear producen unha gran cantidade de enerxía que se utiliza para quentar auga ata producir vapor. Este vapor é capaz de mover unha turbina, transformándose a enerxía térmica en enerxía mecánica. Esta enerxía mecánica é transformada en enerxía eléctrica nun xerador.

O principal inconveniente das centrais nucleares é a gran cantidade de residuos radiactivos que se producen e que supoñen un grave problema para a saúde e para o medio ambiente.

Page 21: A ENERXIA

CENTRAL NUCLEAR

Page 22: A ENERXIA

6. FONTES DE ENERXÍA RENOVABLES

Son fontes respetuosas co medio ambiente e non se esgotan.

6.1.ENERXÍA HIDRÁULICA: obtense a partir da auga almacenada en presas. A auga déixase saír pasando a través dunha turbina que xira, producíndose enerxía mecánica, que é transformada en enerxía eléctrica mediante un xerador.

Page 23: A ENERXIA

6. FONTES DE ENERXÍA RENOVABLES

6.2. ENERXÍA SOLAR: é a enerxía que chega do Sol. Aprovéitase de dúas formas:

- Solar térmica: úsase para quentar auga e para calefacción doméstica mediante unhas placas solares.

- Solar fotovoltaica: na que se transforma a enerxía do Sol en enerxía eléctrica mediante paneis fotovoltaicos.

Page 24: A ENERXIA

6. FONTES DE ENERXÍA RENOVABLES

6.3. ENERXÍA EÓLICA: a enerxía do vento fai mover as aspas dun aeroxerador, transformándose en enerxía cinética, que posteriormente se transforma en enerxía eléctrica mediante un xerador.

Page 25: A ENERXIA

6. FONTES DE ENERXÍA RENOVABLES

6.4. BIOMASA: a biomasa é a materia orgánica de orixe animal ou vexetal, como por exemplo restos de alimentos, palla, malas herbas, excrementos de animais, ramas, follas, etc.

Pódese obter enerxía da biomasa de distintas formas:

- Obtención de biogás: obtense gas que se usa para xerar enerxía eléctrica en centrais térmicas.

- Obtención de biocombustible como o biodiésel e o bioetanol. Por exemplo utilízase aceite usado para a obtención de biodiésel.

- Obtención de enerxía calorífica doméstica: úsase a biomasa en caldeiras para calefacción doméstica, sustituindo ao gasoil.

Page 26: A ENERXIA

6. FONTES DE ENERXÍAS RENOVABLES

Page 27: A ENERXIA

6. FONTES DE ENERXÍA RENOVABLES

6.5. ENERXÍA XEOTÉRMICA: é a enerxía que se obtén do vapor de auga almacenado no interior da Terra. Úsase para calefacción e obtención de enerxía eléctrica.

6.6. ENERXÍA MAREMOTRIZ: é a enerxía que se obtén da auga do mar, aproveitando as mareas.

Page 28: A ENERXIA

ENERXÍA VANTAXES INCONVENIENTES

HIDRÁULICA -Non produce residuos nin contaminación.- Os embalses axudan a suministrar auga nas estaciones secas.

-A cantidade de auga dispoñible depende das chuvias.- Prodúcense graves alteracións do entorno pola construcción de embalses.- Riscos de rotura da presa.

SOLAR -É limpa. Non produce ruidos nin contaminación.- É unha fonte inesgotable e barata.

-Non se pode almacenar, hai que transformala inmediatamente.- Depende das horas de Sol.- Necesítanse grandes extensións de terreo para as placas.

EÓLICA -O vento é gratuito.- Os aeroxeradores teñen baixos costes de mantemento.

-É de difícil almacenamento.- Perigoso para as aves.- Necesítasen grandes extensións de terreo, alterándose a paisaxe.

BIOMASA -Os biocombustibles son pouco contaminantes.- Aprovéitanse os residuos vexetais e animais.- Prodúcense poucos residuos.

- Baixo rendemento enerxético, é dicir, necesítase moita cantidade de biomasa.

XEOTÉRMICA -Non produce residuos e é inesgotable.

-O seu uso está limitado ás zonas donde están os xacementos.- Explotación e mantemento custosos.

MAREMOTRIZ -É limpa.- Non produce residuos.- É inesgotable.

-Uso limitado ás zonas costeiras.- Prodúcense alteracións nos ecosistemas.- Tecnoloxía moi custosa.

Page 29: A ENERXIA

7. O FUTURO DA ENERXÍA

Actualmente o uso da enerxía é moi grande, polo que hai que tomar medidas para poder garantizar o seu suministro, xa que actualmente úsanse fontes non renovables que se esgotarán. Entre as medidas están:

- Desenvolvemento de tecnoloxías que permitan usar fontes renovables xa que non se esgotan e son respectuosas co medio ambiente.

- Concienciación ciudadán para que todos adquiramos hábitos de aforro como por exemplo: usar electrodomésticos tipo A, usar transporte público, poñer a lavadora e o lavalouzas cuando estén cheos, usar bombillas de baixo consumo, etc.

Page 30: A ENERXIA

AFORREMOS ENERXÍA