A Costa

4
CARACTERÍSTICAS DA COSTA Dende o Eo ata o Miño, esténdense os 1.195 Km de costa de Galicia, dos que 820 corresponden a acantilados e outros 278 a praias. O seu punto máis setentrional é Estaca de Bares (situado aos 43o 27o 25" N) e o máis occidental é o cabo Touriñán (situado aos 5o 37" 0). A costa galega presenta unha morfoloxía variada, na que se alternan as enseadas cos promontorios, os areais cos acantilados e as marismas, e as zonas abertas ao temporal coas abrigadas, nunha sucesión de formas que fan dela un conxunto único. A ría, como sistema de formas litorais, é o máis característico do litoral galego; e a súa presenza compensa a escasez da plataforma continental, que chega ao seu maior desenvolvemento fronte á Coruña, con 15 millas. Baseándose nas características da costa, tipo de rías, climatoloxía e orientación, Otero Pedrayo divide o litoral de Galicia en cinco seccións naturais, determinadas por saíntes característicos: Arco Cantábrico, arco Ártabro, arco Fisterrán, Rías Baixas, Arco Miniano- Duriense. A zona litoral constitúe unha área de transición entre os sistemas mariños e os terrestres.

description

Características da costa no litoral de Galicia

Transcript of A Costa

CARACTERÍSTICAS DA COSTA

Dende o Eo ata o Miño, esténdense os 1.195 Km de costa de Galicia, dos que 820

corresponden a acantilados e outros 278 a praias. O seu punto máis setentrional é Estaca

de Bares (situado aos 43o 27o 25" N) e o máis occidental é o cabo Touriñán (situado aos

5o 37" 0).

A costa galega presenta unha morfoloxía variada, na que se alternan as enseadas cos

promontorios, os areais cos acantilados e as marismas, e as zonas abertas ao temporal

coas abrigadas, nunha sucesión de formas que fan dela un conxunto único.

A ría, como sistema de formas litorais, é o máis característico do litoral galego; e a súa

presenza compensa a escasez da plataforma continental, que chega ao seu maior

desenvolvemento fronte á Coruña, con 15 millas.

Baseándose nas características da costa, tipo de rías, climatoloxía e orientación, Otero

Pedrayo divide o litoral de Galicia en cinco seccións naturais, determinadas por saíntes

característicos: Arco Cantábrico, arco Ártabro, arco Fisterrán, Rías Baixas, Arco Miniano-

Duriense.

A zona litoral constitúe unha área de transición entre os sistemas mariños e os terrestres.

Nela encóntranse ecosistemas moi dinámicos, en constante evolución e cambio. Trátase

de ambientes moi expostos, influenciados por multitude de factores como o vento, as

ondas, as correntes, as mareas, a salinidade e a chuvia. Estes axentes son os

responsables dos procesos de erosión, transporte e sedimentación que moldearon as

belas paisaxes das costas galegas de dúas formas moi distintas.

Nas Rías Baixas predominan as formas suaves, mentres que as Rías Altas e Centrais son

moito máis accidentadas e presentan perfís acantilados.

Outros axentes terrestres, como a composición xeolóxica, teñen tamén unha influencia

decisiva. Por unha parte, as rochas máis resistentes deron lugar aos característicos cabos

da costa galega como consecuencia do ascenso do nivel do mar tras as glaciacións; por

outra parte, a tectónica é a principal responsable da formación das rías e das illas

atlánticas (Cíes, Ons, Sálvora).

No ambiente litoral existe unha gran variedade de ecosistemas cunha flora e fauna

característica. Cabe destacar a zona intermareal, praias, acantilados, sistemas dunares,

barras e lagoas litorais, salgais e estepas salinas, marismas, esteiros, etc. Dos 64 hábitats

costeiros definidos no estado español, a gran maioría podemos encontralos na nosa

comunidade.

Nos acantilados, as plantas están adaptadas ás salpicaduras do mar cargadas de sal, ao

azoute dos fortes ventos e ás fortes pendentes. Unha das especies máis adaptadas a

este medio é o fento mariño (Asplenium marinum), que forma por se mesmo unha

asociación vexetal.

Un dos grupos faunísticos máis rechamantes na costa son as aves acuáticas. No noso

territorio é doado observar, sobre todo durante os pasos migratorios, a numerosas

especies de limícolas, aves de pequeno a mediano tamaño que corrican pola area e o

limo en busca de comida, e que utilizan as nosas costas para facer un alto no seu camiño

e coller forzas para o resto da súa longa viaxe. Entre estas son moi comúns os correlimos

(Calidris spp.), os chorlitejos e píldoras (Charadrius spp. e Pluvialis spp.) e os archibebes

(Tringa spp.).

Os parrulos son tamén unhas aves moi ben representadas no sector costeiro da nosa

comunidade, sendo a especie máis abundante o azulón ou pato real (Anas

plathyrhynchos). Gaivotas e carráns, corvos mariños e garzas son outras dos grupos de

aves máis representativos neste tipo de ambientes.

A fauna invertebrada e as algas da zona intermareal son organismos moi representativos

da costa e reúnen adaptacións moi particulares para sobrevivir neste ambiente tan

extremo e cambiante. Entre a baixamar e a preamar a auga permanece só nas pozas que

se forman no sector intermareal. Tanto os animais coma as algas que nelas habitan deben

resistir o cambio das condicións físico-químicas do ambiente no que viven, estando os

períodos de alimentación e ondada determinadas polo ciclo das mareas. Así, para estes

organismos que se ven expostos ao aire coa baixada da marea, o factor limitante é o

alimento e a deshidratación. Non obstante, para os que se pasan a maior parte do tempo

mergullados, o factor limitante é a salinidade da auga, xa que é moi variable en función do

grao de insolación, achega de augas continentais e os fortes movementos do mar, entre

outros factores.

Entre a fauna son abundantes os cirrípedos, especialmente adaptados ás duras

condicións intermareais; un bo exemplo destes son os percebes (Pollicipes cornucopia) e

os balanos (Balanus perforatus, Chthamalus stellatus). Os moluscos como o mexillón de

rocha (Mytilus galloprovincialis), as lapas (Patella spp.), e outros pequenos gasterópodos

ligados á franxa intermareal completan unha lista que enriquece enormemente a

biodiversidade da nosa costa.

As macroalgas que predominan son as verdes (Ulva rigida, Enteromorpha spp.)

e as pardas (Fucus vesiculosus, F. serratus, Pelvetia canaliculata), que contan con

sistemas de fixación que as ancoran ao substrato, permitíndolles resistir as mareas e as

fortes ondadas.