A Coruña

13
A Coruña Gústame... Nadine Baum Galego I – Universität Leipzig WS 2012/2013

description

Presentación sobre A Coruña. Autora: Nadine Baum, alumna do CEG de Leipzig no WS 2012/2013. Esta presentación é resultado do tándem lingüístico cultural coa EOI da Coruña.

Transcript of A Coruña

A Coruña Gústame...

Nadine Baum Galego I – Universität Leipzig WS 2012/2013

A Coruña ...

... está situada no noroeste de Galicia ... é a capital da provincia da Coruña ... ten ~250.000 habitantes

A paisaxe da Coruña

!  é unha península no Océano Atlántico

!  está situada nas Rías Altas de Galicia

!  cara ao mar aberto está a praia, mentras que do outro lado, máis resgardado, está o porto

!  polo sur da cidade está o río Mero, que desemboca no Océano formando unha ría, a chamada Ría do Burgo

A Coruña dende o aire

A Coruña dende o aire

A historia da Coruña nos seus acontecementos

máis relevantes

! 1208: Fundación da cidade por Afonso IX de León

! 1589 Ataque do pirata inglés F. Drake e defensa de María Pita, que entrou na historia como heroína galega

! 1809: Batalla de Elviña (Batalla da Coruña) contra Napoleón

Os monumentos

Torre de Hércules: A torre de Hércules é o único faro de construción romana no mundo que aínda está en funcionamento. Foi proclamada Patrimonio da Humanidade en 2009.

Os monumentos

Casa do concello: O edificio de estilo modernista foi inaugurado coma casa consistorial en 1927. Encóntrase na Praza de María Pita, onde se unen a Cidade Vella co Barrio da Pescadería.

Casa das Ciencias Foi inaugurado en 1985 no Parque de Santa Margarida. É un dos museos científicos principais da Galicia. Ten exposicións para poder experimentar práctica e interactivamente os fenómenos científicos, coma por exemplo módulos para comprender o Principio de Arquímedes ou os movementos da Terra, a través do Péndulo de Foucault. Ademais conta dun planetario.

Os museos da Coruña

Domus - Casa do home Foi inaugurado en 1995 e ten unha superficie de exposicións de 1500m2 con uns 200 módulos interactivos para experimentar como funciona o corpo humano como por exemplo os sentidos, as articulacións e os músculos. !

Os museos da Coruña

San Antón O castelo de Santo Antón é un castelo do século XVI que daquela tiña a función de fortaleza para defender a cidade da Coruña. En 1949 foi declarado Monumento Histórico Artístico e dende 1968 alberga o Museo arqueolóxico e histórico da Coruña. Neste museo atópanse obxectos que testemuñan o pasado da Coruña, como por exemplo espadas, machados das culturas prehistóricas, armas das lexións romanas, sartegos e lápidas medievais e ademais cañóns da Guerra de Independencia.

Os museos da Coruña

Entre a comida típica da Coruña destacan o peixe e mariscos así como produtos lácteos.

A comida típica da Coruña

Queixo de tetilla

Polbo á feira

Caldeirada de peixe

Empanada de parrochas

Bacallau con pasas

Lacón con grelos

Orellas

...gústache?

A Coruña