A Consellería nega diñeiro para a percepción íntegra das pagas extras polo prof. universitario

2
Confederación Intersindical Galega iNFORMA www.cig-ensino.com xaneiro 2009 A Consellería de Educación nega o diñeiro preciso para a percepción íntegra das pagas extras polo profesorado universitario A Dirección Xeral de Universidades négase a negociar coas centrais sindicais os efectos laborais da implantación do espazo europeo de educación superior O pasado venres 19 de decembro celebrouse en Santiago unha reunión da Mesa Galega de Universidades, a petición de todas as centrais sindicais do noso ámbito. A pesar do agarda- do da reunión – era a segunda en toda a lexis- latura – o resultado da mesma non puido ser máis decepcionante para a CIG-Ensino. Por unha banda o Director Xeral de Universidades negouse a entrar a debater un dos asuntos principais que para nós debe ser tratado nes- tes intres nun marco multilateral como o da Mesa de Universidades – onde están repre- sentados tanto a Administración Educativa (a Consellería de Educación da Xunta de Gali- za), as tres Universidades do SUG e os traba- lladores das mesmas -, como é o dos custes e desafíos laborais que implica a implantación do chamado Espazo Europeo de Ensino Su- perior e, en relación con isto, o problema do nanciamento nas Universidades Públicas Galegas. Pois ben, para o Sr. director xeral de Universidades, tales asuntos non son suscep- tíbeis de negociación senón só de información pola súa banda. A esta primeira negativa á negocia- ción – na que tamén se obviou a problemática dos profesores colaboradores, cuxa inclusión na orde do día da reunión foi reclamada pola CIG-Ensino – xuntouse o total desprezo da Dirección Xeral a outro dos temas a negocia- ción proposto por todas as centrais sindicais, a progresiva percepción do complemento es- pecíco nas pagas extraordinarias do PDI das universidades galegas. A pesar de incluír na orde do día da reunión un punto denominado “acordo sobre pagas extras”, o que se eviden- ciou na reunión foi a total falla de intención do director xeral a achegar os medios eco- nómicos precisos para que os e as docentes universitarios/as poidamos percibir nas nosas nóminas o que xa está recoñecido a todos e todas os funcionarios/as de Galiza, preten- dendo que as Universidades se xesen cargo deste aumento no gasto salarial, algo comple- tamente inasumíbel a día de hoxe polas mes- mas, tendo en conta a situación de restrición orzamentaria pola que estas atravesan. Esta situación valórase dende CIG- Ensino como moi grave, non só pola inxustiza que se está a cometer cos e coas docentes da Universidade, na medida en que se nos nega o que expresamente se recoñece a todos os empregados e empregadas públicos/as de Galiza, e mesmo aos/ás dependentes da propia Consellaría de Educación, no que aos docentes de ensino non universitario se rere,

description

O pasado venres 19 de decembro celebrouse en Santiago unha reunión da Mesa Galega de Universidades, a petición de todas as centrais sindicais do noso ámbito. A pesar do agardado da reunión – era a segunda en toda a lexislatura – o resultado da mesma non puido ser máis decepcionante para a CIG-Ensino.

Transcript of A Consellería nega diñeiro para a percepción íntegra das pagas extras polo prof. universitario

Page 1: A Consellería  nega diñeiro para a percepción íntegra das pagas extras polo prof. universitario

Confederación Intersindical Galega iNFORMAwww.cig-ensino.comxaneiro 2009

A Consellería de Educación nega o diñeiro preciso para a percepción íntegra das pagas extras polo profesorado universitarioA Dirección Xeral de Universidades négase a negociar coas centrais sindicais os efectos laborais da implantación do espazo europeo de educación superiorO pasado venres 19 de decembro celebrouse en Santiago unha reunión da Mesa Galega de Universidades, a petición de todas as centrais sindicais do noso ámbito. A pesar do agarda-do da reunión – era a segunda en toda a lexis-latura – o resultado da mesma non puido ser máis decepcionante para a CIG-Ensino. Por unha banda o Director Xeral de Universidades negouse a entrar a debater un dos asuntos principais que para nós debe ser tratado nes-tes intres nun marco multilateral como o da Mesa de Universidades – onde están repre-sentados tanto a Administración Educativa (a Consellería de Educación da Xunta de Gali-za), as tres Universidades do SUG e os traba-lladores das mesmas -, como é o dos custes e desafíos laborais que implica a implantación do chamado Espazo Europeo de Ensino Su-perior e, en relación con isto, o problema do fi nanciamento nas Universidades Públicas Galegas. Pois ben, para o Sr. director xeral de Universidades, tales asuntos non son suscep-tíbeis de negociación senón só de información pola súa banda. A esta primeira negativa á negocia-ción – na que tamén se obviou a problemática dos profesores colaboradores, cuxa inclusión na orde do día da reunión foi reclamada pola

CIG-Ensino – xuntouse o total desprezo da Dirección Xeral a outro dos temas a negocia-ción proposto por todas as centrais sindicais, a progresiva percepción do complemento es-pecífi co nas pagas extraordinarias do PDI das universidades galegas. A pesar de incluír na orde do día da reunión un punto denominado “acordo sobre pagas extras”, o que se eviden-ciou na reunión foi a total falla de intención do director xeral a achegar os medios eco-nómicos precisos para que os e as docentes universitarios/as poidamos percibir nas nosas nóminas o que xa está recoñecido a todos e todas os funcionarios/as de Galiza, preten-dendo que as Universidades se fi xesen cargo deste aumento no gasto salarial, algo comple-tamente inasumíbel a día de hoxe polas mes-mas, tendo en conta a situación de restrición orzamentaria pola que estas atravesan. Esta situación valórase dende CIG-Ensino como moi grave, non só pola inxustiza que se está a cometer cos e coas docentes da Universidade, na medida en que se nos nega o que expresamente se recoñece a todos os empregados e empregadas públicos/as de Galiza, e mesmo aos/ás dependentes da propia Consellaría de Educación, no que aos docentes de ensino non universitario se refi re,

Page 2: A Consellería  nega diñeiro para a percepción íntegra das pagas extras polo prof. universitario

confederación intersindical galega2

Santiago (Nacional)

Rua Miguel Ferro Caaveiro nº 10. 15706. Santiago de CompostelaTlf. 981576800 Fax. 981575839 [email protected]@cig-ensino.com

A CoruñaRúa Alfonso Molina s/n Tlf. 981169810 Fax. 98129173515007. A Coruñ[email protected]

Baixo MiñoPraza da Guía 3, baixo36780. A GuardaTlf. 986610465 Fax. 986610465

[email protected]

MorrazoRúa Atranco 19A, ench. 136947. CangasTlf. 986302987 Fax. 986302987

[email protected]

FerrolRúa Eduardo Pondal 41-43,15403. FerrolTlf. 981358750 Fax. [email protected]

LugoRda da Muralla 58, bxo.27003. LugoTlf. 982245023 Fax. 982253891

e-mail: [email protected]

OurenseP. de San Lázaro 12, 4ºD32003. OurenseTlf. 988238350 Fax. 988222855

[email protected]

PontevedraR. Pasanteria 1, 2ºesq.36002. PontevedraTlf. 986861513 Fax. 986855050

[email protected]

A Mariña27700. Ribadeo Avda de Galicia 20, 1ºTlf. 982129593 Fax. 982129593

[email protected]

Val de MonterreiR. Pedro González 5, 1º32600. VerínTlf. 988412345 Fax. 988411013

[email protected]

VigoR. Gregório Espino 47, bxo.36205. VigoTlf. 986827935 Fax. 986262844

[email protected]

SalnésR. Alexandre Bóveda 2, 2º36600. VilagarciaTlf. 986505323 Fax. 986505323

[email protected]

Os nosos locais

para cuxa implementación, a Xunta de Galiza dotou á Consellaría dos fundos precisos, se-nón tamén porque supón un avance máis no proceso de precarización do emprego do PDI universitario ao que se nos vén sometendo nos últimos tempos e nos que as diversas ad-ministracións educativas rexidas polo PSOE están sendo especialmente activos, seguindo ao ditado os mecanismos para tal obxectivo comezados a deseñar na época de goberno do Partido Popular. Non debemos esquecer que este des-prezo recibido polos e polas docentes univer-sitarios/as nas nosas nóminas non signifi ca máis que outra pinga que vén a rebordar o xa cheo vaso da desvalorización e precarización do noso traballo. Debemos ter en conta que nestes momentos estase a impulsar dende o Ministerio de Ciencia un proxecto de Estatu-to do PDI universitario que non fai máis que afondar na segmentación da carreira univer-sitaria e incidir na privatización e mercantili-zación da universidade pública. O primeiro en canto se deseña unha carreira que vai supor a acumulación aínda máis abafante de ava-liacións periódicas do noso traballo en termos puramente cuantitativos e de productividade económica, entrecruzados polo segundo as-pecto, en canto parte importante dos criterios

de ascenso na carreira virá dada pola capaci-dade que os profesores e profesoras univer-sitarios teñamos para “vender” e privatizar os nosos saberes e o noso traballo. Naturalmente, todo este proceso de transformación en termos precarizantes do noso traballo non é alleo a un marco de refor-mas máis amplo que vimos coñecendo como “Proceso de Boloña” e cuxos obxectivos últi-mos están sendo contestados dende diversos sectores da vida universitaria. En consecuencia, dende a CIG-Ensino, entendemos que o profesorado universitario non pode seguir permanecendo alleo a esta fonda transformación nas súas condicións de traballo e á continua perda no seu poder ad-quisitivo e debe comezar a prepararse para contestar de xeito fi rme e decidido os reitera-dos menosprezos aos que está sendo someti-do polas institucións educativas autonómica e central.

NON Á PRECARIZACIÓN DO TRABALLO NA UNIVERSIADENON Á DESVALORAZACIÓN DA FUNCIÓN DOCENTE E INVESTIGADORAPOR UNHA UNIVERSIDADE PÚBLICA E GALEGA