A célula humanaA célula humana · 2020-03-10 · A célula procariota As células procariotas...

13
A célula humana A célula humana Glóbulos vermellos

Transcript of A célula humanaA célula humana · 2020-03-10 · A célula procariota As células procariotas...

Page 1: A célula humanaA célula humana · 2020-03-10 · A célula procariota As células procariotas teñen unha organización moi simple, o seu tamaño é moito máis pequeño ca das

A célula humanaA célula humana

Glóbulos vermellos

Page 2: A célula humanaA célula humana · 2020-03-10 · A célula procariota As células procariotas teñen unha organización moi simple, o seu tamaño é moito máis pequeño ca das

A célula é a unidade máis elemental dun ser vivo capaz de realizar as tres funcións vitais: nutrición, relación e reprodución.

É a unidade morfolóxica É a unidade fisiolóxica É a unidade xenética É a unidade de orixe

A célula, unidade básica do ser vivo

Page 3: A célula humanaA célula humana · 2020-03-10 · A célula procariota As células procariotas teñen unha organización moi simple, o seu tamaño é moito máis pequeño ca das

A célula, unidade básica do ser vivo

Os organismos unicelulares están formados por unha soa célula. Encontrámolos no reino Moneras, Protoctistas e Fungos. Os organismos pluricelulares son, na súa maioría macroscópicos, formados por moitas células con organización eucariota. Encontrámolos nos reinos: Protoctistas, Fungos, Metafitas e Metazoos.

Alga colonial. Protoctista. Volvox sp.

Page 4: A célula humanaA célula humana · 2020-03-10 · A célula procariota As células procariotas teñen unha organización moi simple, o seu tamaño é moito máis pequeño ca das

A célula, unidade básica do ser vivo

O noso corpo está formado por billóns de células. Nunha persoa adulta existen máis de 200 tipos diferentes de células especializadas en funcións concretas. Ademais, no noso corpo hai moitas bacterias, que nos proporcionan beneficios e que interveñen en procesos como a dixestión, a inmunidade e o crecemento, por iso cada individuo pode considerarse un complexo ecosistema

Page 5: A célula humanaA célula humana · 2020-03-10 · A célula procariota As células procariotas teñen unha organización moi simple, o seu tamaño é moito máis pequeño ca das

A célula, unidade básica do ser vivo

As funcións vitais nas células

A nutrición celular é o conxunto de procesos mediante os cales as células obteñen a materia e a enerxía necesarias para realizar as funcións vitais. Os nutrientes son os compostos que utilizan as células para obter enerxía así como para conseguir os materiais necesarios para medrar, construir e reparar as estruturas celulares. O conxunto de reaccións levadas a cabo na célula recibe o nome de Metabolismo

O Catabolismo consiste na transformación das substancias orgánicas complexas, ricas en enerxía, en compostos simples. Nos

procesos catabólicos se libera enerxía que é utilizada pola célula para os traballos celulares

O Anabolismo consiste nun conxunto de reaccións de tipo construtivo, as substancias simples se transforman en complexas

Nestes procesos se require enerxía. As substancias orgánicas complexas vai a utilizalas a célula para sintetizar moléculas propias

ou reparar danos ou perdas

Page 6: A célula humanaA célula humana · 2020-03-10 · A célula procariota As células procariotas teñen unha organización moi simple, o seu tamaño é moito máis pequeño ca das

A célula, unidade básica do ser vivo

As funcións vitais nas células

A relación celular é o conxunto de procesos nos cales á célua é sensible ós distintos tipos de estímulos (cambios) internos ou externos,e da unha resposta para adaptarse a eses cambios

Neurona. As neuronas son as células nerviosas implicadas na función de relación

do ser humano

Page 7: A célula humanaA célula humana · 2020-03-10 · A célula procariota As células procariotas teñen unha organización moi simple, o seu tamaño é moito máis pequeño ca das

A célula procariota

As células procariotas teñen unha organización moi simple, o seu tamaño é moito máis pequeño ca das células eucariotas e son os organismos máis antiguos da Terra.

Carecen de núcleo, o ADN está disperson polo citoplasma

Teñen ribosomas (únicos orgánulos) Presentan unha parede externa á

membrana plasmática

Membrana celular. Delimita o citoplasma e a través dela se realiza o

intercambio de substancias

Parede celular. Envolta ríxida e externa que lle confire forma e

proteción á célula

Cromosoma bacteriano. É o material xenético, ADN circular, está nunha

rexión chamada nucleoide

Ribosomas. Orgánulos onde se leva a cabo a síntese de

proteínas

Apéndices. Flaxelos ou fimbrias, lle serven á célula

para a locomoción ou fixarse ó substrato

Page 8: A célula humanaA célula humana · 2020-03-10 · A célula procariota As células procariotas teñen unha organización moi simple, o seu tamaño é moito máis pequeño ca das

A célula eucariota

A células eucariotas teñen unha estrutura moito máis complexa que a procariota. Son de maior tamaño, con orgánulos membranosos e moito máis recentes sobre a Terra. As células humanas son células eucariotas sen parede externa

Células da mucosa bucal

Page 9: A célula humanaA célula humana · 2020-03-10 · A célula procariota As células procariotas teñen unha organización moi simple, o seu tamaño é moito máis pequeño ca das

Membrana plasmática

É unha envoltura fina e elástica que separa a célula do medio.Ten principalmente, dúas funcións: relación (detecta as variacións que se producen no medio e permite que a célula responda de forma adecuada a elas), e a outra función é transporte de substancias

A célula eucariota

Fosfolípidos

Proteínas Colesterol

Glícidos

Proteínas

Page 10: A célula humanaA célula humana · 2020-03-10 · A célula procariota As células procariotas teñen unha organización moi simple, o seu tamaño é moito máis pequeño ca das

O citoplasma

É o contido celular entre a membrana do núcleo e a membrana plasmática. Nel encóntranse: O citosol. É o fluido interno Os orgánulos. Estruturas con

distintas funcións O citoesqueleto. Estruturas

formadas por fibras que interveñen na división celular, movemente e organización interna

A célula eucariota

Page 11: A célula humanaA célula humana · 2020-03-10 · A célula procariota As células procariotas teñen unha organización moi simple, o seu tamaño é moito máis pequeño ca das

O núcleo

No núcleo celular distínguense : envoltura nuclear, cromatina e o nucléolo A envoltura é unha

membrana dobre perforada por poros que controlan o paso de substancias

A cromatina contén o ADN e, polo tanto, a información xenética. Cando a célula se divide constitúe os cromosomas

O nucléolo é unha estrutura onde se fabrican os ribosomas

A célula eucariota

Nucléolo

Poros nucleares

Cromatina

Envoltura nuclear

Page 12: A célula humanaA célula humana · 2020-03-10 · A célula procariota As células procariotas teñen unha organización moi simple, o seu tamaño é moito máis pequeño ca das

Ribosomas. Orgánulos que poden estar libres ou adheridosao R.E. Neles se leva a caboa síntese de proteínas

Os orgánulos celulares

Aparello de Golgi. Conxunto desacos aplanados . Neles almacénanse e procésanse substancias que proveñen do Retículo. Do aparello de Golgilibéranse vesículas de secreción que poden levar a cabo a súa función no interior celular ou poden verterse ao exterior Retículo endoplasmático (R.E).

Conxunto de sacos e canles concectados entre sí.R.E rugoso: Conectado coa membrana nuclear, posúe ribosomas e intervén na síntese de proteínas e no transporte destas cara o Ap de GolgiR.E liso. Non leva ribosomas e intervén na síntese de lípidos

Mitocondria. Orgánulo ovaladocunha dobre membrana, a membrana interna presenta repregamentos cara ao interior.: cristasNela se levan a cabo as reaccións de respiración celular, nas que a célula obtén enerxía

Page 13: A célula humanaA célula humana · 2020-03-10 · A célula procariota As células procariotas teñen unha organización moi simple, o seu tamaño é moito máis pequeño ca das

Os orgánulos celulares

Citoesqueleto. Formado por un conxunto de filamentos de proteína. Mantén a forma celular, facilita o movemento celular e dos orgánulos, e participa na distribución de cromosomas durante a división celular.

Centrosoma. Está constituido por dous cilindros formados por microtúbulos de proteínas, chamados centríolos. Dispóñense os dous de forma perpendicular e están rodeados por outros microtúbulos que forman as fibras do aster. Participan na organización do citoesqueleto, na motilidade celular e na formación do fuso mitótico cando a célula se vai dividir