A civilización romana

6
A CIVILIZACIÓN ROMANA (753 a.C. – 476 d.C.) 1.- AS ORIXES DE ROMA ● Unha lenda conta que Rómulo e Remo, descendentes do troiano Eneas, fundaron a cidade de Roma no ano 753 a.C. ● No primeiro milenio a.C., a Península Itálica estaba ocupada por diferentes pobos: no centro habitaban os latinos, no norte residían os etruscos e no sur había colonias gregas (Magna Grecia). ● No século VIII a. C. os latinos ocuparon os sete outeiros próximos ao Tíber, onde levantaron os primeiros poboados que anos máis tarde deron lugar a unha cidade que se chamaría Roma. 2.- A ÉPOCA DA MONARQUÍA (753-509 a.C.) ● Durante este período a forma de goberno que tivo a a cidade foi a monarquía, onde o rei tiña todos os poderes e gobernaba coa axuda dun Senado, composto por patricios, isto é, os membros das grandes familias aristocráticas. ● Roma tivo sete reis, catro de orixe latina e tres etruscos, un pobo que ocupou o Lacio (centro da península itálica). ● Formáronse dous grupos sociais ben diferenciados: patricios (eran propietarios e gobernaban a cidade) e plebeos (non tiñan propiedades e carecían de dereitos políticos). 3.- A ROMA REPUBLICANA (509 a.C.-27 a.C.) .● No ano 509 a.C., os patricios alíanse cos plebeos e rematan co derradeiro monarca (rei) etrusco: Tarquinio o Soberbio. Roma converteuse nunha República. ● Os poderes que antes tiña o monarca repartiuse en tres institucións: 1

description

Breve resumo da civilización romana

Transcript of A civilización romana

Page 1: A civilización romana

A CIVILIZACIÓN ROMANA(753 a.C. – 476 d.C.)

1.- AS ORIXES DE ROMA

● Unha lenda conta que Rómulo e Remo, descendentes do troiano Eneas, fundaron a cidade de Roma no ano 753 a.C.

● No primeiro milenio a.C., a Península Itálica estaba ocupada por diferentes pobos: no centro habitaban os latinos, no norte residían os etruscos e no sur había colonias gregas (Magna Grecia).

● No século VIII a. C. os latinos ocuparon os sete outeiros próximos ao Tíber, onde levantaron os primeiros poboados que anos máis tarde deron lugar a unha cidade que se chamaría Roma.

2.- A ÉPOCA DA MONARQUÍA (753-509 a.C.)

● Durante este período a forma de goberno que tivo a a cidade foi a monarquía, onde o rei tiña todos os poderes e gobernaba coa axuda dun Senado, composto por patricios, isto é, os membros das grandes familias aristocráticas.

● Roma tivo sete reis, catro de orixe latina e tres etruscos, un pobo que ocupou o Lacio (centro da península itálica).

● Formáronse dous grupos sociais ben diferenciados: patricios (eran propietarios e gobernaban a cidade) e plebeos (non tiñan propiedades e carecían de dereitos políticos).

3.- A ROMA REPUBLICANA (509 a.C.-27 a.C.)

.● No ano 509 a.C., os patricios alíanse cos plebeos e rematan co derradeiro monarca (rei) etrusco: Tarquinio o Soberbio. Roma converteuse nunha República.

● Os poderes que antes tiña o monarca repartiuse en tres institucións:

– Os comicios: xuntanza en asemblea para votaren as leis e elixiren os maxistrados.

– Os maxistrados: eran elixidos anualmente e gobernaban a cidade. Os máis importantes eran os cónsules.

– O Senado: formado por 300 antigos maxistrados, case todos patricios. Ratificaba as leis aprobadas nos comicios e resolvía os asuntos de política exterior e finanzas.

● Os plebeos loitaron por obter os mesmos dereitos que os patricios. No século V a.C. conseguiron un representante que defendía os seus intereses, o Tribuno da plebe e a Lei das Doce Táboas, a lei da igualdade romana, que os convertía en cidadáns.

● No entanto, as mulleres quedaban excluídas da cidadanía ao igual que os estranxeiros.

1

Page 2: A civilización romana

● Os escravos non gozaban de ningún dereito e pertencían ao seu amo. Se este lles concedía a liberdade, convertíanse en libertos. A sociedade da Roma antiga foi escravista.

● Entre os anos 133 e 44 a.C. a república romana entrou en crise debido a conflitos sociais, como a a revolta dirixida polos irmáns Graco (no século II a.C.) ou a revolta de escravos (séc. I a.C.) liderada por Espartaco, e ás Guerras civís onde xefes militares ao fronte das lexións se fixeron co poder, como sucedeu, por exemplo, con Xulio César que logo sería asasinado.

● Roma conquistou enormes territorios entorno ao mar Mediterráneo (mare nostrum) grazas a un numeroso e eficaz exército, as lexións romanas: someteu toda a península Itálica, enfrontouse e derrotou, nas denominadas Guerras Púnicas, a Cartago, apoderouse de Grecia, Hispania, a Galia, Britania e de zonas de Europa central. Todas estas conquistas proporcionáronlle enormes riquezas.

4.- O IMPERIO ROMANO

● Tras a morte de Xulio César, o seu fillo adoptivo Octavio venceu os seus rivais nunha guerra civil e converteuse no home máis poderoso de Roma. No ano 27 a.C., o Senado concedeulle o título de Augusto (Octavio Augusto), que significa "elixido polos deuses".

● Augusto concentrou na súa persoa todos os poderes civís e militares e inaugurou un novo sistema de goberno: o Imperio. Foi nomeado xefe do exército co título de emperador.

● As antigas institucións republicanas (Senado, comicios,…) continuaron existindo, pero carecían de todo poder real.

● A sociedade durante o Imperio dividíase en cidadáns (nobilitas, cabaleiros, plebe) e non cidadáns (libertos e escravos).

● Os territorios do Imperio organizáronse en provincias, cun gobernador á fronte.

● Ao longo dos séculos I e II d.C., o Imperio acadou a súa máxima expansión. Foi a época da pax romana e dunha gran prosperidade.

● En todo o Imperio se adoptou a lingua e mais a cultura latinas (romanización).

● No ano 212, o emperador Caracalla concedeulles a cidadanía romana a todos os habitantes do Imperio.

5.- A CRISE DO IMPERIO ROMANO

● A partir do século III, o Imperio romano entrou en crise por unha serie de causas: ataques dos pobos bárbaros, debilitación da autoridade imperial, revoltas militares e dificultades económicas que o empobreceron.

● No ano 395 d.C., o emperador Teodosio, para facilitar a defensa do Imperio, dividiuno entre os seus dous fillos: Arcadio e Honorio. O Imperio romano de Occidente e o Imperio romano de Oriente ou bizantino que perdurará ata o 1453.

● Dende finais do século III, diversos pobos xermánicos ou bárbaros (suevos, vándalos, alanos, visigodos, Hunos (dirixidos por Atila) etc.) foron invadindo o Imperio romano de Occidente.

2

Page 3: A civilización romana

● No ano 476, Odoacro destituíu a Rómulo Augústulo, último emperador romano de occidente.

● Coa caída do Imperio de Occidente iníciase en Europa unha nova época: A Idade Media.

6.- A PROSPERIDADE AGRÍCOLA E COMERCIAL

● Os romanos desenvolveron unha próspera agricultura e introduciron avances: arado romano, muíño de gran, prensa de aceite e viño, e novos sistemas de regadío e cultivos.

● A explotación agrícola realizábase en:– Colonias agrícolas, propiedade de pequenos campesiños que as traballaban para subsistir.– Vilas, latifundios en mans de ricos e poderosos romanos traballados por escravos.

● As relacións comerciais entre todos os lugares do Imperio realizábanse esencialmente por mar.

● Tamén se construíron por todo o Imperio extensas calzadas que unían Roma coas provinciase as súas cidades máis importantes.

● A existencia dunha moeda utilizable en todas as terras do Imperio facilitou o comercio: as, denario, sestercio.

7.- A RELIXIÓN ROMANA. O CRISTIANISMO

● Os romanos, igual que os gregos, eran politeístas. Adoraban os mesmos deuses, só que lles cambiaron o nome: Xúpiter (Zeus), Neptuno (Poseidón),…

● Os romanos tiñan uns deuses que coidaban da casa e do fogar, lares e penates. Tamén honraban aos seus antepasados, os deuses manes.

● A partires do I d.C, os romanos libres debían prometerlle fidelidade a Roma e ao Emperador, convertendo a este último case nun Deus, organizándose un culto imperial.

● O cristianismo xurdiu en Palestina como unha nova relixión monoteísta baseada nas ensinanzas de Xesús de Nazaret.

● As autoridades romanas considerábanos rebeldes e comezaron a perseguir aos cristiáns. Moitos morreron crucificados ou botados ás fieras.

● No ano 313 d.C., Constantino autorizou a nova relixión (Edicto de Milán), e acabou coas persecucións aos cristiáns converténdose el mesmo ao cristianismo.

● No 380 d.C. o emperador Teodosio fixo do cristianismo a relixión oficial do Imperio (Edicto de Tesalónica).

8.- A HERDANZA CULTURAL ROMANA

● Os romanos foron un pobo máis práctico que os gregos xa que foron grandes enxeñeiros e amantes do ocio.

● Unha das grandes contribucións da cultura romana á civilización occidental foi o dereito (leis e normas polas que se rixe unha sociedade).

3

Page 4: A civilización romana

● O latín era a lingua oficial do Imperio e deu orixe as linguas romances.

● Nas zonas baixo o poder de Roma produciuse un proceso de romanización, é dicir, de adopcións das súas institucións, costumes, organización social e lingua.

9.- A ARTE ROMANA: Arquitectura, Escultura e Pintura

● As cidades romanas estaban rodeadas dunha muralla e as rúas formaban unha cuadrícula.

● As vivendas podían ser unifamiliares (domus) ou de varios andares, as ínsulas.

● Había dúas rúas principais: o cardo (eixe N-S) e o decumano (eixe L-O) que se cruzaban nunha gran praza, o foro, que acollía os edificios públicos máis importantes.

● Entre as obras públicas romanas cabe salientar as seguintes:

● Os edificios relixiosos, como os templos: Panteón de Roma.

● Os edificios destinados á administración e ao goberno, como o foro e mais a basílica: foro de Trajano, Basílica de Diocleciano

● Os espazos para o lecer, entre os que salientan o teatro, o anfiteatro, o circo e máis as termas: Teatro Marcelo, Coliseo, Circo Máximo, Termas de Caracalla.

● As vías de comunicación, principalmente as calzadas e as pontes.

● Os acuedutos para abasteceren de auga as cidades: Acueduto de Segovia.

● Os monumentos conmemorativos, como as columnas, os mausoleos e os arcos de triunfo: Columna de Trajano, Mausoleo de Augusto, Arco de Constantino.

● A escultura romana era moi realista.

● Os romanos decoraban as súas vivendas con pinturas murais, moitas das cales se conservaron (Pompeia):

– Representaban escenas mitolóxicas e da vida cotiá, paisaxes, edificios e retratos.– Realizábanse coa técnica do fresco.

● Tamén utilizaron os mosaicos para decorar os chans e paredes das casas elaborados con pequenas pezas chamadas teselas.

4