A cidadanía rexeita os recortes do Goberno...contrarreforma ideolóxica que representa a LOMCE e á...

8
www.galicia.ccoo.es Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 32 - decembro de 2012 N a xuntanza do pasado 21 de decembro, o Consello Nacional de CCOO de Galicia aprobou o regulamento que rexerá o 10.º Congreso, que terá lugar en Santiago de Compostela os días 24 e 25 de xaneiro de 2013. O má- ximo órgano do sindicato entre Congresos aprobou tamén o relatorio de xestión presentado polo secretario xeral, Xosé Manuel Sánchez Aguión. / PÁX. 3 A cidadanía rexeita os recortes do Goberno n Houbo concentracións en toda Galicia o pasado 20 de decembro, na que foi a primeira acción reivindicativa convocada pola Alianza Social Galega CCOO, UGT e CIG critican que a Dirección do ISSGA xa non teña rango de Dirección Xeral Comisións Obreiras cre que os recortes están por tras da morte da percebeira de Oia O ensino público mobilízase contra o anteproxecto da Lei de mellora da calidade educativa CCOO denuncia a actitude irresponsable da patronal do sector das ambulancias SUMARIO O pasado 20 de decembro, miles de persoas mobilizá- ronse en diferentes localida- des de Galicia atendendo á convocatoria da Alianza Social Galega, da que forman parte CCOO, UGT e CIG, xunto con sesenta organizacións máis. Nas distintas concentracións expresouse, de forma uná- nime, a oposición ás políticas do Goberno do PP, nomeada- mente á decisión do Executivo de non revalorizar as pen- sións; aos recortes na sani- dade e no ensino públicos; á contrarreforma ideolóxica que representa a LOMCE e á Lei de taxas xudiciais, entre outras. Alén diso, esixiron reformar a normativa hipotecaria para pór fin ao drama dos desafiuza- mentos e lograr a dación en pagamento. / PÁX. 4 3 4 6 7 Ao redor de 300 traballadores e traballadoras da función pública galega participaron o pasado 21 de decembro nunha concentra- ción diante da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) A Xunta volve recortar os salarios para protestar contra a intención da Xunta de Galicia de rebaixar- lles novamente as retribucións. CCOO anunciou que traballará con outros sindicatos para novas mobilizacións unitarias. / PÁX. 5

Transcript of A cidadanía rexeita os recortes do Goberno...contrarreforma ideolóxica que representa a LOMCE e á...

Page 1: A cidadanía rexeita os recortes do Goberno...contrarreforma ideolóxica que representa a LOMCE e á Lei de taxas xudiciais, entre outras. Alén diso, esixiron reformar a normativa

www.galicia.ccoo.es

Órgano de comunicación do S. N. de CCOONúmero 32 - decembro de 2012

Na xuntanza do pasado 21de decembro, o Consello

Nacional de CCOO de Galiciaaprobou o regulamento querexerá o 10.º Congreso, queterá lugar en Santiago deCompostela os días 24 e 25

de xaneiro de 2013. O má-ximo órgano do sindicatoentre Congresos aproboutamén o relatorio de xestiónpresentado polo secretarioxeral, Xosé Manuel SánchezAguión. / PÁX. 3

A cidadanía rexeita osrecortes do Goberno

n Houbo concentracións en toda Galicia o pasado 20 de decembro, na que foi a primeira acciónreivindicativa convocada pola Alianza Social Galega

CCOO, UGT e CIG critican que a Dirección do ISSGA xa nonteña rango de Dirección Xeral

Comisións Obreiras cre que os recortes están por tras damorte da percebeira de Oia

O ensino público mobilízase contra o anteproxecto da Lei demellora da calidade educativa

CCOO denuncia a actitude irresponsable da patronal do sectordas ambulancias

SUMARIO

O pasado 20 de decembro,miles de persoas mobilizá-ronse en diferentes localida-des de Galicia atendendo áconvocatoria da Alianza SocialGalega, da que forman parte

CCOO, UGT e CIG, xunto consesenta organizacións máis.Nas distintas concentraciónsexpresouse, de forma uná-nime, a oposición ás políticasdo Goberno do PP, nomeada-

mente á decisión do Executivode non revalorizar as pen-sións; aos recortes na sani-dade e no ensino públicos; ácontrarreforma ideolóxica querepresenta a LOMCE e á Lei de

taxas xudiciais, entre outras.Alén diso, esixiron reformar anormativa hipotecaria para pórfin ao drama dos desafiuza-mentos e lograr a dación enpagamento. / PÁX. 4

3

4

6

7

Ao redor de 300 traballadorese traballadoras da función públicagalega participaron o pasado 21de decembro nunha concentra-ción diante da Escola Galega deAdministración Pública (EGAP)

A Xunta volve recortar os salariospara protestar contra a intenciónda Xunta de Galicia de rebaixar-lles novamente as retribucións.CCOO anunciou que traballarácon outros sindicatos para novasmobilizacións unitarias. / PÁX. 5

Page 2: A cidadanía rexeita os recortes do Goberno...contrarreforma ideolóxica que representa a LOMCE e á Lei de taxas xudiciais, entre outras. Alén diso, esixiron reformar a normativa

GALIcIA SINdIcAL N.º 32 - Decembro 2012

2

www.galicia.ccoo.es

Acaba 2012 peor quecomezou, que xa édicir. Por desgraza, po-

demos afirmar que o Go-berno que tomou posesiónhai agora un ano, presididopor Mariano Rajoy, é o peorda etapa democrática, e isoque só leva un ano.

É o peor Goberno para ainmensa maioría da cidada-nía, a que está a padecer ospeores efectos da crise, amaior taxa de desempregocoñecida, os recortes eneducación, sanidade e de-pendencia, os desafiuza-mentos, os recortes salariaise laborais, e agora tamén anon revalorización das pen-sións. O PP, após explotar ataa saciedade o argumento daherdanza recibida, non dei-xou de mentir desde quetomou posesión. Ningunhadas medidas que está a apli-car en prexuízo da maioríada cidadanía estaba expostanas súas propostas electo-rais, e mesmo foron rexeita-das, á súa maneira, candoaínda eran oposición e o an-

terior Executivo do PSOE co-menzou coas políticas de re-cortes. Pero é aínda peor,porque esperaron a que pa-sasen as eleccións en Anda-lucía, primeiro, e despois enEuskadi, Galicia e Catalunya,para aplicar medidas, comoa non revalorización daspensións, que ata hai unsmeses, xa gobernando, ne-gaban que fosen facer.

Pola contra, é o mellor Go-berno para os especulado-res, para os que sacantallada dunha crise pola queteñen moita responsabili-dade... O PP só ten para elesatencións como a amnistía fis-cal e a reforma laboral e da ne-gociación colectiva Todo paraproveito da peor clase empre-sarial e bancaria coñecida, naque casos como o de Díaz Fe-rrán ou Rato son só a punta doiceberg.

Imos entrar no 2013 comoestivemos en todo 2012:mobilizándonos por unhasaída social á crise. Como sepuido comprobar, imos termoito traballo neste sentido.

EDITORIAL

O peor Goberno da democraciaO RETROVISOR · por Benxamín Rocha

EDITA: S. N. de CCOO de Galicia / Secretaría de Comunicación / COORDINACIÓN: Gabinete de Comunicación / REVISIÓN: Gabinete de Normaliza-ción Lingüística / COLABORARON NESTE NÚMERO: Benxamín Rocha (O Retrovisor), X. Rodríguez (opinión), Lola González (foto), Benxamín Rocha(foto) e Domingo Glez. Prieto (foto) / CONTACTO: [email protected] / PECHE DE EDICIÓN: 26/12/2012

SINDICATO NACIONAL DE CCOORúa Miguel Ferro Caaveiro n.º 8(Santiago de Compostela)981.551.800

A Coruña (sede comarcal)Avda. Alfonso Molina, km 2, 3.ª981.145.197

Local sindical de CeeRúa Campo do Sacramento, 69981.746.930

Ferrol (sede comarcal)Rúa María, 42-44981.369.300

Local sindical das Pontes de G.ª R.Rúa da Capela, 2981.440.321

Santiago de Compostela (sede comarcal)Vía Edison 1-C, Polígono do Tambre981.958.200

Local sindical de RibeiraRúa de Correos, n.º 5,baixo dereito981.872.413

Viveiro (sede comarcal)Rúa García Doriga, s/n982.561.001

Local sindical de BurelaRúa de Emilia Pardo Bazán, 5(Entrechán; Edificio Porches 2)982.585.732Local sindical de RibadeoAvda. de Galicia, s/n, 3.º982.130.506

Lugo (sede comarcal)Rolda da Muralla, 58982.231.975

Local sindical de Monforte de LemosRúa de Roberto Baamonde, s/n982.401.518

Ourense (sede comarcal)Rúa do Parque de San Lázaro, 12-3.º988.391.727

Local sindical do Barco de ValdeorrasPraza de España, 2 - Baixo esquerdo988.322.034Local sindical de VerínAvda. de Portugal, 3-5988.410.641Local sindical de Xinzo de LimiaRúa Toural s/n988.462.510Local sindical do CarballiñoRúa de Martínez Avellanosa, 14 - 1.º988.275.360

Pontevedra (sede comarcal)Rúa Pasantería, 1-2.º986.866.276

Local sindical de LalínR/ de Xaquín Loriga, 29 - Entrechán986.782.437

Vilagarcía de Arousa (sede comarcal)Rúa de Alexandre Bóveda, 2-2.º986.502.000

Local sindical do GroveRúa do Dr. Luís Casais, s/n - 2.º esq.986.732.618

Vigo (sede comarcal)As Teixugueiras, 11 entreplanta (Navia)986.246.800

Local sindical da GuardaRúa Concepción Arenal, 44986.611.186Local sindical de PonteareasRúa Esperanza 13 entreplanta 36860 986.661.043Local sindical do PorriñoRúa Atarela, 2. Casa Sindical986.331.962

Artigo 48.- O servizoda cultura é atribu-ción esencial do

Estado, prestarao me-diante institucións educa-tivas ligadas polo sistemada escola unificada. O en-sino primario será gratu-íto e obrigatorio. Os mes-tres, profesores e cate-dráticos do ensino oficialson funcionarios públicos(...) A República lexislaráno sentido de facilitarllesaos españois economi-camente necesitados oacceso a todos os graosde ensinanza, coa fin deque non estean condicionadosmáis que pola aptitude e a vo-cación.

O ensino será laico, fará do tra-ballo o eixe da súa actividade me-todolóxica e inspirarase en ideaisde solidariedade humana.

Recoñéceselles ás Igrexas odereito, suxeito á inspección doEstado, de ensinaren as súasrespectivas doutrinas nos seuspropios establecementos.

O ensino naConstitución de 1931

Será laico, farádo traballo o eixeda actividademetodolóxica einspirarase nasolidariedade

Page 3: A cidadanía rexeita os recortes do Goberno...contrarreforma ideolóxica que representa a LOMCE e á Lei de taxas xudiciais, entre outras. Alén diso, esixiron reformar a normativa

3

www.galicia.ccoo.es

GALIcIA SINdIcALN.º 32 - Decembro 2012

CCOO, UGT e CIG, ante oanuncio do presidente da Xuntade suprimir o rango de Direc-ción Xeral que tiña ata o deagora a dirección do InstitutoGalego de Seguridade e SaúdeLaboral (ISSGA), no que Feijóocualificou como «medida desti-nada ao adelgazamento da Ad-ministración», consideran quese trata dunha «mazada» tantoá participación sindical nas po-líticas de prevención como ápropia importancia que se lleconcedía a esta materia no or-ganigrama da Xunta.

Cómpre lembrar que o ISSGAse creou ao abeiro do diálogosocial en febreiro de 2007; de-rrogábase así o antigo IGASEL,organismo en que as organiza-cións sindicais máis represen-tativas non participaron porquetiñan atribuído o papel de «sim-ples comparsas», pois na comi-

n CCOO, CIG e UGT consideran «unha mazada» ás políticas preventivas a supresión do rango deDirección Xeral que tiña a Dirección do Instituto Galego de Seguiridade e Saúde Laboral

A Xunta de Galicia rebaixa orango da Dirección do ISSGA

sión consultiva non se recollíanas súas funcións. O ISSGA cre-ouse como organismo autó-nomo e configurouse comoórgano técnico en materia deprevención de riscos laborais,con personalidade xurídica pro-pia, autonomía funcional eplena capacidade de obrar. ParaCCOO, CIG e UGT todo isto per-deuse coa decisión que adop-tou o Consello da Xunta opasado día 5.

Tamén resulta destacable quese establecía que a dirección doInstituto se elixiría logo da pro-posta da titular da Consellaríade Traballo, pero após consul-talo coas organizacións repre-sentadas no Consello. Ademais,o artigo 6 da Lei 14/2007 do 30de outubro, polo se crea e re-gula o ISSGA, recolle que á Di-rección do Instituto lle corres-ponde rango de director ou di-

rectora xeral. Isto evidencia quecoa decisión do día 5 obvian undos artigos básicos da propialei.

Ademais, as tres organiza-cións sindicais cren que detrásdesta decisión existe un intentode controlar todas as políticaspreventivas por parte da Conse-llaría de Traballo e, xa que logo,a máxima politización da pre-vención no eido laboral.

Unha das vertentes máis im-portantes desta medida é quesupón unha baixada da gardaen materia de prevención e,probablemente, en vindeirasdatas un incremento e repuntada sinistralidade laboral. Máisferidos, máis falecementos emaiores custos para a socie-dade, tanto en termos económi-cos, como en custos de carác-ter social para as familias e per-soas afectadas.

Os tres sindicatos xa viñanadvertindo nestas últimas datasque a crise non se podía utilizarcomo escusa para reducir osinvestimentos en materia deprevención, pois isto implicaría«unha volta atrás inadmisible».Porén, «parece que o Gobernoda Xunta carece da sensibili-dade necesaria para decatarseda crúa realidade», denuncian.

Na xuntanza do pasado 21 dedecembro, o Consello Nacionalde CCOO de Galicia, máximo ór-gano do sindicato entre congre-sos, aprobou por maioría oregulamento que rexerá o 10.ºCongreso, que terá lugar en San-tiago de Compostela os días 24 e25 de xaneiro de 2013. Taménaprobou o relatorio de xestiónpresentado polo secretario xeral,Xosé Manuel Sánchez Aguión.

O ConselloNacionalaprobou oregulamento do10.º Congreso eo informe xeral

Intervención de Xosé Manuel Sánchez Aguión para presentar o informe xeral ao Consello Nacional

Cren que por trasda decisión haiun intento daConsellaría decontrolar todasas políticas pre-ventivas

Page 4: A cidadanía rexeita os recortes do Goberno...contrarreforma ideolóxica que representa a LOMCE e á Lei de taxas xudiciais, entre outras. Alén diso, esixiron reformar a normativa

GALIcIA SINdIcAL N.º 32 - Decembro 2012

4

www.galicia.ccoo.es

Miles de persoas mobilizá-ronse o pasado 20 de decem-bro en diferentes localidades dopaís atendendo á convocatoriada Alianza Social Galega, daque forman parte UGT, CCOO eCIG, xunto con sesenta organi-zacións máis. Nas distintasconcentracións expresouse, deforma unánime, a oposición áspolíticas do Goberno do PP, no-meadamente á decisión do Exe-cutivo de non revalorizar aspensións; aos recortes na sani-dade e no ensino públicos; ácontrarreforma ideolóxica querepresenta a LOMCE e á Lei detaxas xudiciais, entre outras.Alén diso, esixiron reformar anormativa hipotecaria para pórfin ao drama dos desafiuza-mentos e lograr a dación en pa-gamento.

Ao remate dos actos deuselectura a un manifesto con-xunto no que se denuncian asúltimas medidas que vén deadoptar o Goberno de MarianoRajoy. Respecto da decisión denon revalorizar as pensións, AAlianza Social Galega aseguraque alén de incumprir a LeiXeral da Seguridade Social, éunha medida “inxusta” cun doscolectivos máis vulnerables, odos pensionistas, que se en-marca “na continuada políticade axustes que está a intensifi-car os negativos efectos dacrise, deprimindo a demandainterna e repercutindo intensa-mente na actividade económicae o emprego”. Segundo os cál-culos da Alianza, esta decisiónimplica que unha pensiónmedia en Galicia, de 700 euros,se reduciu en 260 euros o anopasado, aos que hai que sumaros 260 que perderá este ano.

n Primeira mobilización convocada pola plataforma impulsada por CCOO, UGT, CIG e outras sesentaorganizacións sindicais e sociais

Miles de persoas coa AlianzaSocial Galega e contra os recortes

Xunto a isto, denunciáronseos retrocesos nos servizos pú-blicos de ensino e sanidade,que se materalizan nunha polí-tica de destrución do sistemaeducativo público, na que seavanza aínda máis coa nova re-forma educativa (LOMCE). Re-forma que a Alianza cualifica de“ideolóxica” porque supón “unretroceso na xestión democrá-tica dos centros, impón reváli-das para conseguir o título de

ESO e Bacharelato, desbota aeducación en valores e amosaun desprezo total polo galego epola conformación plurinacio-nal, plurilingüística e pluricultu-ral do Estado”, alén deconsiderar que “combate osprincipios de comprensión,equidade e calidade, mentrespotencia á privada concertada”.

Respecto á sanidade pública,o manifesto recolle a oposicióndas organizacións e colectivos

integrados na Alianza á políticade privatización de hospitais, oabandono dos novos centrosde saúde e o desmantelamentodas áreas sanitarias, en funcióndun modelo “privatizador enfo-cado ao beneficio económicoempresarial, que deteriora a ca-lidade da atención, dá cabo dodereito á asistencia universal eequitativa e conduce a unha sa-nidade de ricos e pobres”.

Canto ás reformas no sis-tema xudicial, saliéntase o re-corte do acceso ao servizopúblico da xustiza que supón aLei de Taxas Xudiciais. “Unclaro retroceso do Estado dedereito ao limitar gravementepara amplos colectivos sociais,e en moitos casos deixalosfóra, as posibilidades reais deaccederen á xustiza”.

Do mesmo xeito, denun-ciouse que son máis de novemil as familias desafiuzadas enGalicia desde que comezou acrise. “Familias e persoas con-denadas á exclusión socialpolos abusos das entidades fi-nanceiras e por un Gobernocómplice”. Unha situación quea Alianza Social Galega consi-dera que só pode mudar cunhamodificación da Lei hipotecaria.

Cren que por trasda decisión haiun intento daConsellaría decontrolar todasas políticas pre-ventivas

Pancarta principal da concentración de Vigo

A convocatoria da Alianza Social Galega en Santiago de Compostela

Page 5: A cidadanía rexeita os recortes do Goberno...contrarreforma ideolóxica que representa a LOMCE e á Lei de taxas xudiciais, entre outras. Alén diso, esixiron reformar a normativa

5

www.galicia.ccoo.es

GALIcIA SINdIcALN.º 32 - Decembro 2012

Os sindicatos con represen-tación na mesa xeral de nego-ciación no ámbito da funciónpública, Comisións Obreiras,CIG, CSI-F e UGT, rexeitan onovo recorte salarial do 4%para 2013 anunciado polaXunta de Galicia.

O pasado 21 de decembro,as organizacións sindicais es-taban citadas a unha xuntanzado director xeral da FunciónPública, José María Barreiro,na sede da EGAP, en Santiagode Compostela.

Á saída da xuntanza, os re-presentantes dos sindicatosanunciaron mobilizacións eactuacións "continuadas" paramostrar o "rexeitamento pú-blico e desenmascarar asmentiras do PP".

Con todo, as accións reivin-dicativas comezaron xa minu-tos antes da referida xun-tanza, cunha concentraciónunitaria ás portas da EscolaGalega da Administración Pú-blica desde as 13:30, e poste-riormente cun peche quedurou ata as tres da tarde."Mans arriba, isto é un atraco","Feijóo falso" ou "Feijóo, dimi-

sión" foron algunhas das con-signas dos manifestantes.

O coordinador da Área Pú-blica de CCOO, Ramiro Otero,lembrou que Feijóo "hai 60días dicía que non ía tocarmáis aos empregados públi-

A primeira acción contra o recorte foi unha concentración ás portas da EGAP

cos", e "con esa mensaxegañou as eleccións e o queten que dicir é que nos enga-nou e que os votos, por tanto,non lle dan capacidade detomar estas decisións", de-nunciou.

n Concentración e peche na sede da EGAP coincidindo coa mesa xeral da función pública

Resposta sindical ao novorecorte salarial da Xunta

Os sindicatos de-nuncian a novamingua do 4%

Ante a tráxica morte da perce-beira de Oia, Mercedes Veiga,CCOO súmase á dor e indigna-ción dos familiares e compañei-ros. En opinión de Ramiro Otero,secretario xeral da FSC-CCOO,«esta morte era evitable, e pon demanifesto as consecuencias dra-máticas dos recortes orzamenta-

CCOO cre que os recortesorzamentarios están detrás damorte da percebeira de Oia

rios, que ao final custan vidas detraballadores e traballadoras».

Para o responsable sindical, osservizos de rescate non podenser obxecto de especulación ninde precariedade. Daquela, os quefan dos recortes orzamentarios asúa maneira de gobernar son osresponsables de tales desgrazas.

Comisións considera que o«lóxico» sería que a Xunta de Ga-licia acometese unha depuraciónde responsabilidades, pero «éevidente que non o van facer, eademais continuarán cos recor-tes orzamentarios previstos».Por iso, Ramiro Otero pide que oParlamento investigue politica-mente o suceso para confirmar acausa e dirimir as responsabili-dades. Deste xeito, a FSC-CCOOapoiará as iniciativas parlamen-tarias anunciadas polos grupos

da oposición co fin de esclareceras razóns polas que o helicóp-tero de rescate se atrasou,amais de esixir que este servizonon se privatice.

CCOO apoiaráque se investi-gue o suceso

Page 6: A cidadanía rexeita os recortes do Goberno...contrarreforma ideolóxica que representa a LOMCE e á Lei de taxas xudiciais, entre outras. Alén diso, esixiron reformar a normativa

GALIcIA SINdIcAL N.º 32 - Decembro 2012

6

www.galicia.ccoo.es

A Plataforma en Defensa doEnsino Público, da que formanparte CCOO-Ensino, CSI-F, UGT,Escola Viva, CONFAPA, Sindi-cato de Estudantes e IESGA,convocou o pasado 13 de de-cembro a primeira xornada demobilizacións contra o antepro-xecto da Lei de mellora da cali-dade educativa (LOMCE).

A Federación do Ensino deComisións Obreiras rexeita oterceiro documento sobre anova reforma educativa, aLOMCE, presentada na recenteConferencia Sectorial de Educa-ción. O sindicato denuncia, ade-mais, que o Ministerio do ramocontinúe a falar de «consenso»coa comunidade educativacando non houbo ningún tipo dediálogo. Como exemplo desaausencia de vontade negocia-dora cabe destacar a actitude doconselleiro de Educación, JesúsVázquez, quen non deu a coñe-cer previamente as propostas

que ía presentar na devanditaconferencia, como tampoucoposibilitou a recepción das ache-gas sindicais.

Para CCOO-Ensino, nesta úl-tima proposta o Ministerio «ma-quilla» a exposición de motivosdo anteproxecto citando a equi-dade e a función de cohesión eintegración que debe presidir atarefa educativa, así como o ca-rácter que debe ter a educacióncomo formadora de persoas au-tónomas con pensamento pro-pio. Na anterior redacción só secaracterizaba o ensino como unben ao servizo do sistema pro-dutivo, ao tempo que conside-raba que a calidade do sistemase medía polos resultados doalumnado. Porén, o novo texto«non é coherente co articuladoposterior, que non modifica,senón que empeora notable-mente, e serve unicamentecomo pretexto para acalar as crí-ticas vertidas a unha primeira

versión dunha lei que vulnerabade maneira aberta o principio deigualdade de oportunidades»,denuncia o sindicato.

Daquela, mantéñense aspec-tos do anterior borrador res-pecto dunha ESO segregadora,deprecia a FP, introduce un mo-delo de avaliación como carreirade obstáculos, implanta a auto-nomía da competitividade, dá unsalto atrás na xestión democrá-tica dos centros educativos e re-trocede na educación en valores.

Así mesmo, no borrador da leia estrutura do sistema sofre im-portantes cambios non só encanto á duración e composicióndas etapas, senón no tocante ádivisión que fai das materias aodividilas en troncais, específicase de especialidade desde a edu-cación primaria ata os ensinospostobrigatorios. CCOO entendeque non existen categorías nasmaterias curriculares e quetodas deben ter o mesmo trata-

mento para conseguir unha edu-cación integral do alumnado quepermita formar persoas respon-sables, críticas e con capacidadede participación na sociedade.

Ademais, o Ministerio cede áspresións de determinados sec-tores e recolle as súas propostaspartidistas, como a aparicióndunha materia alternativa á reli-xión; e, no que respecta á pro-gramación da rede de centros,introduce a demanda socialcomo un elemento básico paraa súa confección.

As linguas cooficiaisCentrar o debate deste ante-

proxecto no ensino do galegoou na introdución dunha mate-ria alternativa á relixión, con-firma o profundo fondoideolóxico e o nulo consensoao que se fai mención. En cam-bio, omítense aspectos como aequidade, a igualdade de opor-tunidades, a atención á diversi-dade, a atención individualizadado alumnado, a baixada de ra-tios ou de horas lectivas doprofesorado, que influirían re-almente nas taxas de abandonoe fracaso escolar.

O ensino público mobilízasecontra a LOMCE

partes. Como parte do acordo,as táboas salariais de 2012 in-crementaranse de xeito conso-lidable e lineal nunha paga de300€, mentres que en 2013será de 250€. Canto á xornada,establécese un cómputo anualde 1.755 horas en 222 días detraballo efectivo; o exceso liqui-darase en cómputo mensualpor día efectivo de traballo. Asímesmo, establécense dousdías de descanso semanal enrotación de cinco semanas:dúas fins de semana e un do-mingo, entre outras melloras.

O pasado 12 de decembrosuspendeuse a folga en Vi-trasa, empresa que xestiona otransporte público de Vigo, traschegarse a un acordo. Cómprelembrar que o persoal estivo enfolga parcial desde finais de no-vembro ata o 3 de decembro, een folga indefinida entre esadata e a consecución doacordo.

Así as cousas, tras ducias dehoras de negociación e todotipo de presións, alcanzouse unpreacordo de resolución doconflito satisfactorio para as

Fin da folga en Vitrasa tras o acordologrado por CCOO e outros sindicatos

Unha das accións reivindicativas do persoal de Vitrasa

Page 7: A cidadanía rexeita os recortes do Goberno...contrarreforma ideolóxica que representa a LOMCE e á Lei de taxas xudiciais, entre outras. Alén diso, esixiron reformar a normativa

7

www.galicia.ccoo.es

GALIcIA SINdIcALN.º 32 - Decembro 2012

A pesar de que neste mes dedecembro houbo xa varias xor-nadas de folga, a patronal dosector do transporte sanitariocontinúa sen ofrecer unha alter-nativa que desbloquee o con-flito.

CCOO, UGT e CIG, que con-xuntamente convocaron as mo-bilizacións, informan de que oactual convenio colectivo dosector expirou hai case dousanos, o 31 de decembro de2010. Coa reforma laboral queimpuxo o Goberno do PP, nocaso de que non se asine unnovo convenio galego antes dovindeiro 8 de xullo, automatica-mente o sector pasarase a rexerpolo marco normativo estatal,que empeora notablemente ascondicións de traballo, comopor exemplo unha mingua sala-rial do 25%.

CCOO critica tamén o des-leixo da Consellaría de Sani-dade perante a «posiciónirresponsable» da patronal dosector. Cómpre lembrar que, no

90% dos casos, estas ambulan-cias prestan os seus servizospara o departamento que dirixeRocío Mosquera.

IncidentesCanto aos incidentes aillados

que se produciron desde o co-mezo das mobilizacións, estes

xa foron condenados polo Sec-tor do Transporte de CCOO, quese desvincula, ademais, destetipo de accións. Para o sindi-cato, os actos vandálicos sonincompatibles coa práctica sin-dical de CCOO, e atribúellos aunha minoría que aproveita ocontexto para se facer visible.

CCOO insta a patronal do sector a negociar e denuncia manobras para que se aplique o convenio estatal

n Se non se asina un novo convenio galego nos próximos meses, automaticamente pasarase a aplicaro estatal, que empeora as condicións de traballo

CCOO reprocha a actitude dapatronal das ambulancias

Protestas contra oERE de Paradores

O persoal de Paradores de Tu-rismo en Galicia protagonizoueste mes varias xornadas defolga así como diferentes con-centracións para amosar o seurexeitamento ao expediente deregulación de emprego (ERE).

Paradores de Turismo contaen Galicia con 11 centros detraballo e un cadro de persoalde preto de 450 persoas. Se-

gundo a proposta inicial da em-presa, veranse afectados dezparadores e haberá 85 despe-dimentos, mentres que 119contratos fixos pasarán a fixos-discontinuos. Ademais, os cen-tros de Verín e Ferrol pecharánpermanentemente e catro pe-charán por tempada —Mon-forte de Lemos, Santo Estevo,Tui e Vilalba.

CCOO critica odesleixo da Con-sellaría de Sani-dade no conflito

Concentración no Parador de Ferrol

Page 8: A cidadanía rexeita os recortes do Goberno...contrarreforma ideolóxica que representa a LOMCE e á Lei de taxas xudiciais, entre outras. Alén diso, esixiron reformar a normativa

Número 32 - Decembro de 2012 Órgano de comunicación do S. N. de CCOO

www.galicia.ccoo.es

OExecutivo que dirixe Ma-riano Rajoy, correspon-dido con obediencia en

Galicia por Alberto Núñez Fei-jóo, teima en reducir o déficitpúblico unicamente pola víade recortar gastos. Porén, pa-rece ignorar que hai outrasfórmulas de atallar a cuestión,como incrementar os ingre-sos. Leron ben, miñas donas,meus señores: outra fiscali-dade é posible! Imaxinen só:unha política fiscal equitativae progresiva, na que contribúamáis quen máis ten e seacheguen recursos para faceroutras políticas.

A estas alturas do conto nonlles vou descubrir nada novose me poño a denunciar que aos recortes do PP non respec-taron nada nin ninguén. Peroo que se cadra non sabían éque entre as vítimas hai al-gunhas particularmente ilus-tres, e nesta ocasión voumereferir a unha en concreto: ainvestigación, a innovación e odesenvolvemento, que poloxeral coñecemos como I+D+i.

Cambio de modelo

Cómpre lembrar que a criseeconómica é particularmenteforte no Estado español de-bido ao modelo produtivo noque baseou o crecemento deanos anteriores, fundamen-tado na especulación inmobi-liaria, o emprego de baixacualificación e bens e servizoscon escaso valor engadido.Daquela, o investimento enI+D+i é vital para cambiar demodelo produtivo e afrontar acrise con garantías.

Porén, ao PP parécelle darigual, e cos sucesivos recortespracticamente mandou aolimbo o sistema público deI+D+i. Como reacción, CCOOe outras organizacións convo-caron mobilizacións o pasado19 de decembro, e, con todaseguridade, haberá máis.

En defensado I+D+i

O PUNTO XE

Por X. Rodríguez

Por Antonio Rubio / www.ccoo.es/huelga14n/

DÁ QUE PENSAR

Por Alfons López / www.ccoo.es/huelga14n/