A cea de Trimalcion

6
1 A CEA DE TRIMALCIÓN hegara xa o terceiro día, ou sexa a nosa espe- ranza dunha cea regalada, pero mallados coma estábamos por tantas calamidades compríanos mellor unha fuxida ca un des-canso. Nesas, mentres matina-bamos abatidos de qué xeito evitaríamo-la tormenta pre- sente, veu interrompe-las nosas cábalas un escravo de Agamenón: -¿Qué? -dixo- ¿Non sabedes onde vai ser hoxe? Na de Trimalción o sibarita. Ten no triclinio un reloxo e máis un trompeteiro de uniforme para saber en todo momento cánto tempo de vida leva perdido. Así pois, aquelámonos con esmero esquecendo tódalas nosas mágoas e ordeamos a Xitón, quen de moi boa gana faíno-las veces de escravo, que nos siga deica os baños. Nós mentres aínda estábamos vestidos puxémonos a pasear, ou máis ben a entreternos chegándonos ós círculos de xogadores cando de súpeto vemos a un vello calvo vestido cunha túnica bermella que xogaba á pelota entre rapaces de longas melenas. Pero aínda que pagaban a pena non nos chamaran tanto a atención os rapaces coma o seu propio amo, quen en sandalias entrenaba cunha pelota verde. Non recollía xa a que tocara no chan, senón que un escravo traía un fol cheo delas e proporcináballas ós xogadores. Notamos aínda outras novidades: dous eunucos estaban situados cada un nunha parte do círculo; un traía un orinal de prata, o outro ía contando as pelotas, pero non as que pasaban de man en man no curso do xogo, senón as que caían ó chan. Mentres admirabamos estas finuras, chegou correndo Menelao e díxonos: - Ese é con quen vos poredes á mesa; e por certo que xa estades vendo o principio da céa. Mal rematara de falar Menelao cando Trimalción chascou os dedos; a este sinal o eunuco tendeu o orinal ó xogador. Descargada a vexiga, pediu auga para as máns, mollou un pouquiño os dedos e enxoitounos na cabeza dun escravo. Sería longo contar tódolos pormenores. Entramos, pois, nos baños, suamos na sauna e saímos de contado ó baño de auga fría. Xa Trimalción pingando perfumes estaba sendo enxoitado, non con panos de lenzo senón con toallas da máis donda lá. Mentres tanto tres masaxistas bebían viño de Falerno na súa presencia, e cando por rifar entre eles vertéuselle-la maior parte, Trimalción dicía que aquelo era un brinde a súa saúde. Despois envolvérono en veludo púrpura e colocárono nunha liteira. Abríanlle paso catro carreiristas engalanados e máis un carriño no que levaban ó seu favorito, un rapaz avellentado, lepioso, ben máis noxento có seu amo Trimalción. Mentres o levaban na liteira chegouselle ó cabezal un músico cunhas frautas minúsculas, e coma se lle dixese algún segredo ó oído foi tocando todo o camiño. C

description

PETRONIO, SATIRICON. Traducción de Xosé Antón Dobarro e Dolores Gómez. ( páxinas 63-91. Edit. Clásicos en Galego. Santiago 1.991)

Transcript of A cea de Trimalcion

Page 1: A cea de Trimalcion

1

A CEA DE TRIMALCIÓN

hegara xa o terceiro día, ou sexa a nosa espe-ranza dunha cea

regalada, pero mallados coma estábamos por tantas calamidades compríanos mellor unha fuxida ca un des-canso. Nesas, mentres matina-bamos abatidos de qué xeito evitaríamo-la tormenta pre-sente, veu interrompe-las nosas cábalas un escravo de Agamenón:

-¿Qué? -dixo- ¿Non sabedes onde vai ser hoxe?

Na de Trimalción o sibarita. Ten no triclinio un reloxo e máis un trompeteiro de uniforme para saber en todo momento cánto tempo de vida leva perdido.

Así pois, aquelámonos con esmero esquecendo tódalas nosas mágoas e ordeamos a Xitón, quen de moi boa gana faíno-las veces de escravo, que nos siga deica os baños.

Nós mentres aínda estábamos vestidos puxémonos a pasear, ou máis ben a entreternos chegándonos ós círculos de xogadores cando de súpeto vemos a un vello calvo vestido cunha túnica bermella que xogaba á pelota entre rapaces de longas melenas. Pero aínda que pagaban a pena non nos chamaran tanto a atención os rapaces coma o seu propio amo, quen en sandalias entrenaba cunha pelota verde. Non recollía xa a que tocara no chan, senón que un escravo traía un fol cheo delas e proporcináballas ós xogadores. Notamos aínda outras novidades: dous eunucos estaban situados cada un nunha parte do círculo; un traía un orinal de prata, o outro ía contando as pelotas, pero non as que pasaban de man en man no curso do xogo, senón as que caían ó chan. Mentres admirabamos estas finuras, chegou correndo Menelao e díxonos:

- Ese é con quen vos poredes á mesa; e por certo que xa estades vendo o principio da céa. Mal rematara de falar Menelao cando Trimalción chascou os dedos; a este sinal o eunuco tendeu o orinal ó xogador. Descargada a vexiga, pediu auga para as máns, mollou un pouquiño os dedos e enxoitounos na cabeza dun escravo.

Sería longo contar tódolos pormenores. Entramos, pois, nos baños, suamos na sauna e saímos de contado ó baño de auga fría. Xa Trimalción pingando perfumes estaba sendo enxoitado, non con panos de lenzo senón con toallas da máis donda lá. Mentres tanto tres masaxistas bebían viño de Falerno na súa presencia, e cando por rifar entre eles vertéuselle-la maior parte, Trimalción dicía que aquelo era un brinde a súa saúde. Despois envolvérono en veludo púrpura e colocárono nunha liteira. Abríanlle paso catro carreiristas engalanados e máis un carriño no que levaban ó seu favorito, un rapaz avellentado, lepioso, ben máis noxento có seu amo Trimalción. Mentres o levaban na liteira chegouselle ó cabezal un músico cunhas frautas minúsculas, e coma se lle dixese algún segredo ó oído foi tocando todo o camiño.

C

Page 2: A cea de Trimalcion

2

Nós fixémoslle séquito cheos xa de admiración, e con Agamenón chegamos á porta da casa que tiña cravado na xamba un letreiro con esta inscripción: “TODO ESCRAVO QUE SEN ORDE DO AMO SAIA FÓRA, RECIBIRÁ CEN AZOUTAS”. Na mesma entrada o porteiro con traxe verde cinguido cun cinto cereixa estaba a debullar ervellas nunha bandexa de prata. Sobre o limiar penduraba unha gaiola de ouro na que unha pega pinta saudaba ós que entraban.

Por certo, eu mentres ando abraiado por todo a pouco non caio de costas e parto unha perna. Entrando á esquerda, non lonxe de caseta do porteiro, un can xigante atado coa súa cadea estaba pintado na parede, e enriba escrito con letras maiúsculas: “COIDADO CO CAN”. Os meus compañeiros abofé que se riron; eu en canto recobrei o alento non deixei de examina-la parede enteira. Había pintado un mercado de escravos con cadansúa etiqueta, e o mesmo Trimalción con melena levaba un caduceo e baixo a guía de Minerva ía entrando na cidade. A continuación víase como aprendera a face-las contas e cómo se fixera administrador; o coidadoso pintor reproducira detalladamente cada escena co seu letreiro. Ó final do pórtico Mercurio levaba a Trimalción ata un elevado trono. Á súa beira estaba Fortuna provista do corno da abundancia, e mailas tres Parcas fiando as mazarocas de ouro. Observei tamén no pórtico un fato de carreiristas entrenando cun adestrador. Ademais nun rincón un gran armario que tiña no fornelo uns Lares de prata, unha imaxe de Venus en mármore e unha urna de ouro nada pequena na que dicían se conservaba a primeira barba do señor da casa. Daquela pregunteille ó atriense qué pinturas tiñan no interior.

- A llíada e a Odisea - respondeume - e mailo espectáculo de gladiadores que patrocinou Lenate.

Non era posible contemplar con detenimento tanta maravilla...

Nós xa chegáramos ó triclinio; na antesala un secretario estaba recibindo contas. E o que máis me abraiou: nas xambas da entrada estaba cravado o emblema dos fasces coas segures que remataba pola parte baixa nun xeito de esporón de nave en bronce onde se lía: “A GAIO POMPEIO TRIMALCIÓN, SEVIR AUGUSTAL. CINAMO O SEU ADMINISTRADOR”. Coa mesma dedicatoria penduraba da bóveda unha lámpada de dúas bocas. Tamén había cravados dous carteis en ámbalas dúas xambas; un deles, se non recordo mal, tiña este letreiro: “O TRINTA E MAILO TRINTA E UN DE DECEMBRO O NOSO AMO CEA FÓRA“; no outro estaba pintado o ciclo da lúa e mailas imaxes dos sete planetas, e nel estaba marcado con boliñas de distinta cor que días eran favorables ou nefastos.

Satisfeitos xa con estas delicias, cando tentabamos entrar no triclinio berrou un dos escravos, que tiña encomendada esta misión:

- ¡Co pé dereito!

A verdade, vacilamos un momento non fose que algún de nós traspasase o limiar contra a norma. Cando por fin adiantamos todos a unha á dereita outro escravo, xa desposado da súa roupa, arróxase ós nosos pés e ponse a suplicar que o liberemos do castigo; que non era tan grave a falta pola que estaba en perigo, pois lle roubaran nos baños a roupa do administrador, roupa que non habería costar nin dez sestercios. Démóslle entón para atrás ó pé dereito e suplicamos ó administrádor que perdoase o castigo o escravo. Fachendoso ergueu a cabeza e respondeunos:

- Non me preocupa tanto o estrago en si como a neglixencia dun escravo tan zoupeiro; perdeume o traxe de mesa que me regalara un cliente polo meu cumpreanos, púrpura de Tiro, por suposto, pero xa lavada unha vez. Pero ¿que importa? Regálovolo.

Page 3: A cea de Trimalcion

3

Recoñecidos por favor tan grande, cando entramos no triclinio correu ó noso encontro o tal escravo por quen intercedéramos e para a nosa sorpresa propinounos unha boa farta de beixos dándonoslas gracias pola nosa bondade.

-Total, - dixo -, axiña ides saber a quén lle fixestes un favor. O viño do amo será o pago do escanceador.

Puxémonos por fin á mesa; uns escravos alexandrinos rociárono-las mans con agua xeada, e outros colocándose ós nosos pés quitárono-los espigos coa maior habelencia. E nin con esta encomenda tan desagradable permanecían calados, senón que cantaban seguido. Eu quixen averiguar se toda a servidume cantaba, así que pedín bebida. Un escravo moi disposto atendeume cunha cantarela non menos desafinada, e deste xeito calquera a quen se lle pedía algún servicio. Parecíache un coro de pantomima máis que un triclinio dunha casa decente.

Sen embargo trouxéronos uns entrantes exquisitos, pois xa se acomodaran todos agás o propio Trimalción a quen, segundo unha nova moda, lle estaba reservada a cabeceira. Pois ben, na bandexa dos entremeses había un burriño de bronce de Corinto que traía nas alforxas olivas verdes dun lado e negras do outro. Cubrían ó burriño dous pratos que tiñan gravado no canto o nome de Trimalción e máis a lei da súa prata. Unhas pontellas soldadas sostiñan uns leiróns adubiados con mel e adormideira. Había tamén salchichas fervendo sobre unha grella de prata, e debaixo da grella ameixas de Siria e grans de granada.

Estabamos entre tanta regalía cando ó compás da música trouxéronos a Trimalción e colocárono no medio dunha morea de coxíns. Este imprevisto fixonos esbozar un sorriso. Dun manto escarlata xurdía a súa cabeza rapada e arredor do pescozo, abalado xa polo traxe, puxera unha servilleta cunha ampla franxa púrpura e volantes pendurando por toda ela. Tiña ademais no maimiño da man esquerda un anel enorme semidourado, e na última falanxe do dedo seguinte outro máis pequeno, que me pareceu de ouro macizo, con incrustacións de ferro en forma de estrelas. E por non lucir só estas xoias, espiu o brazo dereito adobiado cunha brazalete de ouro e un aro de marfín co broche esmaltado.

Despois de escarva-los dentes cun alfinete de prata dixonos:

- Amigos, aínda non me compría vir para a triclinio, pero por non vos impacientar máis tempo coa miña demora renunciei ós meus desexos. Ídesme permitir, sen embargo, que remate esta partida. Viña atrás del un escravo cun taboleiro de terebinto e dados de cristal. E fixeime nun detalle delicadísimo: no canto de fichas brancas e negras tiña denarios de ouro e prata.

Mentres el xogando esgotaba as palabrotas dos teceláns todos e nós iamos aínda polos entrantes, servíusenos unha bandexa cunha canastra na que había unha galiña de madeira coas ás abertas en círculo como se poñen cando chocan os ovos. Chegaron de contado dous escravos e ó compás dunha música entrondosa puxéronse a remexer na palla. Tiraron de alí ovos de pavo e repartíronos entre os comensais. Trimalción voltou a cabeza para esta escena e díxonos:

- Amigos, mandei poñer debaixo da galiña ovos de pavo, e, por Hércules, temo que xa estean incubados. Probemos, sen embargo, se aínda se poden chuchar.

Recibimos cadaquén unha culler que non habería pesar menos dunha media libra, e furámo-los ovos, que estaban feitos con pasta de fariña. Eu abofé que estiven a piques de tirar co meu pois pareceume que xa tiña o pito formado. Pero cando lle oín a un comensal veterano: “aquí ten que haber algo bo”, seguín abrindo a casca coa man e atopei un papafigo gordísimo rebuzado en xema con pimenta.

Xa Trimalción, despois de remata-la súa partida, pedira de todo isto e nos dera permiso en voz alta para recuncar viño con mel se alguén o desexaba, cando de

Page 4: A cea de Trimalcion

4

súpeto a música dá un toque e os entremeses sonos arrepañados a unha por un coro de cantantes. Pois ben, no medio da confusión unha bandexa acabou por caer o chan e un escravo apañouna. Decatouse Trimalción e mandou escarmentar ó escravo a labazadas e guindar coa bandexa de novo no chan. Veu axiña un criado e púxose a barrer cunha vasoira a prata xunto cos demais desperdicios. Entraron de contado dous etíopes de longas melenas cuns odres pequeniños coma os que se usan para rega-la area no anfiteatro e botáronos viño nas mans, auga ninguén nola ofreceu.

Gabado por estas elegancias, o señor da casa dixo: - Marte ama a igualdade, por iso mandei que a cada un se lle asignase a súa mesa. De paso estes escravos fedorentos non nos han abafar tanto ó ser menos numerosos.

Axiña servíronsenos dúas ánforas de vidro coidadosamente seladas que traían na gorxa unha etiqueta con esta nota: “FALERNO DE OPIMIO DE CEN ANOS”. Mentres lémo-la etiqueta Trimalción bateu as palmas e dixo:

- ¡Ai!, seica vive máis un viño cós coitados dos homes. Daquela, ¡a molla-la palleta! O viño é vida. Estouvos ofrecendo Opimio auténtico; onte non o puxen tan bo, e veume cear xente de máis categoría.

Mentres bebiamos abraiados por tanta distinción, un escravo trouxo un esqueleto de prata preparado de xeito que as articulacións, ó non estar soldadas, podíanse dobrar en tódalas direccións. Trimalción deixouno caer unha e outra vez sobre a mesa co que as xuntas movedizas facíanlle adoptar diferentes posturas, daquela engadiu:

¡Ai! coitados de nós que os homiños todos son nada! Así quedaremos todos despois que vos leve o Orco.

Logo, vivamos entón mentres teñamos saúde.

Ao responso seguiulle o primeiro prato que abofé non era da grandeza que esperábamos; a súa orixinalidade, sen embargo, atraiu as miradas de todos. Unha bandexa redonda tiña os signos do Zodíaco dispostos en círculo; en cada un deles o artista puxera a vianda propia e axeitada: en Aries garabanzos cornechos, en Tauro un anaco de vitela, en Xéminis testículos e riles, en Cáncer unha coroa, en Leo un figo chumbo, en Virgo unha matriz de porca nova, en Libra unha balanza que tiña nun prato un pastel de queixo e noutro unha torta de queixo, en Escorpio un cangrexo de mar, en Saxitario... en Capricornio unha langosta, en Acuario un pato, en Piscis dous salmonetes. No centro un recorte de céspede coa súa herba sostiña un favo. Un escravo exipcio ía servíndonos pan quente nun fornelo de prata...

… e o propio Trimalción coa súa voz horrible esgallou unha canción do mimo “O vendedor de Láser”. Cando xa nós de mala gana botábamos man a viandas tan ruíns dixo Trimalción:

- Confiade en min, ceemos, isto é a salsa da cea.

Tras estas palabras acudiron catro criados danzando ó compás da música e retiraron a parte superior da bandexa. E entón vemos debaixo aves de capoeiro e tetiñas de porca, e no medio unha lebre adubiada cunhas ás que semellaba Pegaso. Observamos tamén nas esquinas da bandexa catro Marsias cuns odriños dos que manaba garum á pimenta sobre peixes que nadaban como nunha canle. Damos todos un aplauso por iniciativa da servidume e sorridentes atacamos aqueles selectos manxares. Non menos ledo Trimalción pola tal argallada dixo:

- Parte.

Presentouse de contado un trinchador e movéndose ó son da música foi cortando as viandas cun xeito que parecía un gladiador de carro loitando ó compás do órgano.

Page 5: A cea de Trimalcion

5

Teimaba sen embargo Trimalción en dicir con voz repousada:

- Parte, parte.

Eu ventando que repetir seguido a tal verba había de ter algunha retranca, non tiven reparo en preguntalo ó comensal que estaba á miña dereita. El, que xa tiña vistos moitos xogos coma este, respondeume:

- Ves o que está a parti-las talladas: chámase Parte, así que cada vez que di “Parte”, cunha soa verba o chama e lle dá a orde.

Xa non puiden probar bocado, e volcándome cara el para enteirarme do máis posible, intentei trabar conversación preguntándolle quen era unha muller que andaba a correr dun lado para outro.

- A muller de Trimalción -respondeu-. Chámase Fortunata e mide os seus cartos por ferrados…

PETRONIO, SATIRICON. Traducción de Xosé Antón Dobarro e Dolores Gómez.

( páxinas 63-91. Edit. Clásicos en Galego. Santiago 1.991)

Page 6: A cea de Trimalcion

6

CUESTIÓNS SOBRE O TEXTO:

1. ¿Qué significa a palabra sibarita? ¿Con que cidade está relacionada e por qué?

2. Investiga sobre o viño de Falerno. ¿de onde procedía? ¿era dos máis apreciados ou dos peleóns?

3. ¿Cal é a primeira parada dos protagonistas antes de chegar á casa de Trimalción?

4. Describe ás divindades que aparecen nas pinturas do Pórtico, explicando os seus atributos e campo de actuación. Dime tamén o equivalente grego de dúas delas.

5. Enumera os alimentos ofrecidos por Trimalción aos seus comensais.

6. Averigua que era o garum.

7. Busca información sobre o Satiricón e Petronio.