A casa das insuas na Cerna

2
46 cerna A ASOCIACIÓN GALEGA DE CUSTODIA DO TERRITORIO A Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) foi constituída en Rábade (Lugo) no mes de abril do 2008 cos obxectivos fundamentais de con- servación e recuperación do patrimo- nio natural utilizando como ferramen- ta principal a custodia do territorio e a difusión e fomento desta nova ferra- menta entre os axentes implicados e a sociedade civil en xeral, facéndoos par- tícipes da xestión sostíbel do territorio. Desde un primeiro momento viuse necesaria a creación e mantemento dun espazo físico adecuado para a rea- lización dun programa de actividades de difusión da custodia do territorio. Do mesmo modo, desexábase ofrecer ao público con intereses no coñece- mento e conservación da natureza unha oferta de actividades adecuada, promovida por un conxunto de entida- des naturalistas galegas. Froito desta necesidade naceu o Centro de Conser- vación e Estudo da Natureza Casa das Insuas. A CASA DAS INSUAS No ano 2011, a AGCT móstralle ao Concello de Rábade o seu interese por emprender un proxecto de grande calado na antiga Casa Consistorial do citado municipio para levar a cabo un programa de educación ambiental e de difusión dos valores naturais do terri- torio galego e, en especial, da comarca da Terra Chá e as súas zonas limítrofes. Así, grazas ao acordo entre este con- cello e a nosa asociación créase a Casa das Insuas, un Centro de Estudo e Con- servación da Natureza administrado pola Asociación Galega de Custodia do Territorio e na que tamén participan as asociacións Drosera, Numenius e Sara- maganta. Viveiro de Entidades A Casa das Insuas nace coa voca- ción de crear un tecido asociativo e acadar a colaboración estreita entre un grupo de entidades naturalistas gale- gas. Deste modo, aínda que a xestión é levada a cabo pola Asociación Galega grupo de entidades naturalistas para poder difundir e realizar as súas activi- dades chegando ao maior número de persoas posíbeis de forma común e coordinada. Neste senso, disponse dunha sala que serve de viveiro de entidades naturalistas e que ofrece todos os requirimentos básicos de ofi- cina: con lugares de traballo, ligazón a internet, teléfono, etc. O uso comparti- do deste espazo con outras entidades favorece o troco de ideas, as sinerxías e o traballo en rede. Os espazos da Casa das Insuas A Casa das Insuas é un edificio his- tórico, de grande tamaño e cun eleva- do potencial para a realización de acti- vidades de educación ambiental. Está dotada dun magnífico auditorio con capacidade para 80 persoas, que se dedica á celebración de asembleas, palestras e todo tipo de eventos. Neste auditorio, á disposición de todas as entidades colaboradores, celébranse xornadas de proxección de documen- tais da natureza, conferencias de de Custodia do Territorio, outras aso- ciacións tamén colaboran nesta tarefa mediante a organización dun elevado número de eventos. As asociacións Drosera, Numenius e Saramaganta desenvolveron nos últimos anos unha grande cantidade de eventos, e tamén colaborou a Sociedade Galega de Orni- toloxía e, máis recentemente, a Socie- dade Micolóxica Lucus. Este tecido interasociativo pretende reunir nun espazo físico común un bo A CASA DAS INSUAS Martiño Cabana e Óscar Rivas* Traballos voluntarios realizados polos socios para a mellora da dotación da Casa das Insuas. R.J. Hermida

Transcript of A casa das insuas na Cerna

Page 1: A casa das insuas na Cerna

46 cerna

A ASOCIACIÓN GALEGA DECUSTODIA DO TERRITORIO

A Asociación Galega de Custodia do

Territorio (AGCT) foi constituída en

Rábade (Lugo) no mes de abril do 2008

cos obxectivos fundamentais de con-

servación e recuperación do patrimo-

nio natural utilizando como ferramen-

ta principal a custodia do territorio e a

difusión e fomento desta nova ferra-

menta entre os axentes implicados e a

sociedade civil en xeral, facéndoos par-

tícipes da xestión sostíbel do territorio.

Desde un primeiro momento viuse

necesaria a creación e mantemento

dun espazo físico adecuado para a rea-

lización dun programa de actividades

de difusión da custodia do territorio.

Do mesmo modo, desexábase ofrecer

ao público con intereses no coñece-

mento e conservación da natureza

unha oferta de actividades adecuada,

promovida por un conxunto de entida-

des naturalistas galegas. Froito desta

necesidade naceu o Centro de Conser-

vación e Estudo da Natureza Casa das

Insuas.

A CASA DAS INSUAS

No ano 2011, a AGCT móstralle ao

Concello de Rábade o seu interese por

emprender un proxecto de grande

calado na antiga Casa Consistorial do

citado municipio para levar a cabo un

programa de educación ambiental e de

difusión dos valores naturais do terri-

torio galego e, en especial, da comarca

da Terra Chá e as súas zonas limítrofes.

Así, grazas ao acordo entre este con-

cello e a nosa asociación créase a Casa

das Insuas, un Centro de Estudo e Con-

servación da Natureza administrado

pola Asociación Galega de Custodia do

Territorio e na que tamén participan as

asociacións Drosera, Numenius e Sara-

maganta.

Viveiro de Entidades

A Casa das Insuas nace coa voca-

ción de crear un tecido asociativo e

acadar a colaboración estreita entre un

grupo de entidades naturalistas gale-

gas. Deste modo, aínda que a xestión é

levada a cabo pola Asociación Galega

grupo de entidades naturalistas para

poder difundir e realizar as súas activi-

dades chegando ao maior número de

persoas posíbeis de forma común e

coordinada. Neste senso, disponse

dunha sala que serve de viveiro de

entidades naturalistas e que ofrece

todos os requirimentos básicos de ofi-

cina: con lugares de traballo, ligazón a

internet, teléfono, etc. O uso comparti-

do deste espazo con outras entidades

favorece o troco de ideas, as sinerxías e

o traballo en rede.

Os espazos da Casa das Insuas

A Casa das Insuas é un edificio his-

tórico, de grande tamaño e cun eleva-

do potencial para a realización de acti-

vidades de educación ambiental. Está

dotada dun magnífico auditorio con

capacidade para 80 persoas, que se

dedica á celebración de asembleas,

palestras e todo tipo de eventos. Neste

auditorio, á disposición de todas as

entidades colaboradores, celébranse

xornadas de proxección de documen-

tais da natureza, conferencias de

de Custodia do Territorio, outras aso-ciacións tamén colaboran nesta tarefamediante a organización dun elevadonúmero de eventos. As asociaciónsDrosera, Numenius e Saramagantadesenvolveron nos últimos anos unhagrande cantidade de eventos, e taméncolaborou a Sociedade Galega de Orni-toloxía e, máis recentemente, a Socie-dade Micolóxica Lucus.

Este tecido interasociativo pretendereunir nun espazo físico común un bo

A CASA DAS INSUAS

Martiño Cabana e Óscar Rivas*

Traballos voluntarios realizados polos socios para a mellora da dotación da Casa das Insuas.

R.J

. Her

mid

a

Page 2: A casa das insuas na Cerna

cerna 47

* Martiño Cabana e Óscar Rivas son membrosda Asociación Galega de Custodia do Territo-rio.+ info: Casa das Insuas, Rúa José Pardo yPardo Montenegro, 27, Rábade (Lugo).Webs: www.casadasinsuas.org,www.facebook.com/casadasinsuas,www.custodiadoterritorio.org.Email: [email protected]

investigadores, charlas, cursos e outrasactividades de temática similar.

Así mesmo, creouse un Centro deDocumentación que reúne fondosbibliográficos relacionados co estudo econservación da natureza, depositadospor diversas entidades e persoas a títu-lo individual. No futuro, disporase duncatálogo completo e virtual dos fondosdispoñíbeis ao que se lle engadirá unhabiblioteca electrónica de documentosde interese para o estudo, xestión econservación da natureza e de infor-mación específica sobre a custodia doterritorio e da súa aplicación. O Centrode Documentación pode ser utilizado,asemade, como sala de xuntas poraquelas entidades que o desexen.

A Casa das Insuas dispón taméndun Centro de Interpretación formadopor catro salas que xuntan unha super-ficie de máis de 200 m2 dedicada aexposicións, tanto permanentes comoitinerantes, cuxa temática estea inti-mamente relacionada cos fins da aso-ciación e coa difusión dos valoresambientais da bacía alta do Miño, ondese sitúa o centro. Na actualidade cón-tase cunha exposición permanentesobre os valores naturais da Reserva daBiosfera de Terras do Miño, e dun con-xunto de exposición itinerantes sobre

este Centro de Estudo e Conservaciónda Natureza, e, máis recentemente,tamén se habilitou un espazo en Face-book con información puntual das súasactividades. A vantaxe desta forma dedifusión, ademais da propia inmediatezcoa que se pode ofrecer a información,é o elevado índice de difusión que sealcanza, podendo chegar ao públicomenos coñecedor das actividades danatureza que se realizan en Galiza e,máis concretamente, das realizadas naCasa das Insuas.

O FUTURO

Como ocorre tamén con outroscentros galegos de educación ambien-tal e de divulgación da natureza, ofuturo e funcionamento a longo prazoda Casa das Insuas depende do apoiodos socios, colaboradores e entidadesasociadas para a realización e asisten-cia ás actividades que nel se desenvol-ven. É por iso que a creación do tecidointerasociativo é de vital importanciapara o mantemento dun programaambiental que fomente o debate e areflexión participativa, que tente crearunha masa crítica a prol da conserva-ción da natureza coa custodia do terri-torio como ferramenta práctica.

os valores naturais de diversas zonas deGaliza e programas de conservación anivel ibérico.

DIFUSIÓN DAS ACTIVIDADES

No caso do estudo e divulgación danatureza e as súas disciplinas asocia-das, a miúdo faise difícil alcanzar unhamasa crítica tal que permita mostrarsocialmente un proxecto determinadoe o seu mantemento ao longo dotempo. Actualmente, as novas tecnolo-xías ofrecen todo un elenco de oportu-nidades de difusión que, correctamenteutilizadas, poden converterse en ferra-mentas indispensábeis no programa decomunicación dunha entidade. Nesteproxecto contamos cunha páxina web eunha páxina de Facebook que nos per-miten unha mellor difusión das nosasactividades. Na web da AGCT(www.custodiadoterritorio.org) atópaseinformación detallada sobre a custodiado territorio en Galiza e os proxectosda entidade, entre os que destaca apropia Casa das Insuas.

Á marxe da asociación, a Casa dasInsuas ten unha ampla presenza narede. Conta cun blog propio(www.casadasinsuas.org) onde seinforma do seu programa de activida-des e as novidades relacionadas con

Río Miño ó seu paso pola casa das Insuas.Panorámica da Casa das Insuas.

M. C

aban

a

M. C

aban

a