A astronomía na tradición popular

42
A ASTRONOMÍA NA TRADICIÓN POPULAR Refráns, lendas, cantigas, usos e costumes

Transcript of A astronomía na tradición popular

Page 1: A astronomía na tradición popular

A ASTRONOMÍA NA TRADICIÓN POPULAR

Refráns, lendas, cantigas, usos e costumes

Page 2: A astronomía na tradición popular
Page 3: A astronomía na tradición popular

Traballo de recollida de tradición oral. Departamento de Lingua Galega e Biblioteca (1º e 2º de ESO, curso 2012-13).

Page 4: A astronomía na tradición popular

Refráns da lúa• “Lúa nova con treboada,vinte días de mollada,e se aos vinte non parou, ata os sesenta chegou”.• “Lúa entre carreiros, aí están os sieiros (vento frío

e moi seco)”.• “O circo do sol molla o pastor, o da lúa ou molla ou

enxuga”.• “A lúa cercada, de choivas cargada”.• “Lúa posta, baixamar na costa”.• “No minguante da lúa non sementes cousa

algunha”.• “Con lúa nova e cuarto crecente a troita está na

corrente”.

Page 5: A astronomía na tradición popular

Refráns da lúa

• “Lúa crecente cornos cara Oriente, lúa minguante cornos adiante”.

• “Lúa cercada choiva cargada”.• “Buscar a lúa ao mediodía é bobería”.• “Cerco na lúa auga na laguna”.• “Lúa nova con treboada, trinta días de mollada”.• “Cerco na lúa, seca a lagoa”.• “Lúa crecente, cornos a oriente”.

Page 6: A astronomía na tradición popular

Refráns do sol

• “Encarnado o monte colle os bois e méteos na corte, encarnado o mar colle os bois e vai labrar”.

• “Sol con bravas, ventos e augas”.• “Sol madrugador, pouco durador”.• “O sol do inverno sempre anda por detrás do outeiro”.• “Cando chove e vai sol, alegre está o pastor”.• “Cerco no sol, molla o pastor”.• “No día de San Xoán, baila o sol pola mañán”.• “Sol madrugadeiro, mete o can no palleiro”.• “Sol madrugadeiro, chuvia no quinteiro”.

Page 7: A astronomía na tradición popular

Refráns do sol

• “Sol tempraneiro, auga no palleiro”.• “Cando o sol se pon cuberto, choiva ou vento”.• “O sol no inverno sae tarde e ponse cedo”.• “Cando chove e dá o sol, cantan os galos en

Penamaior”.• “Cando chove e vai sol, anda o demo metido no fol”.• “Cando o sol sae polo monte , colle os bois e méteos na

corte”.• “Cando chove e dá o sol, colle o caracol”.• “O sol de marzo,de rego lle serve ao campo”.• “Se queres boa fama que non che dea o sol na cama”.

Page 8: A astronomía na tradición popular

Refráns do tempo

• “Vento solán, auga na man”.• “Gaivotas á terra, mariñeiros á merda”.• “Gaivotas no porto, tempo revolto”.• “Arco da vella pola mañá, auga pola tarde traerá”.• “Arco no ceo auga no suelo”.• “Rubiallos por oriente, auga de repente”.• “Norte escuro, vendaval seguro”.• “Cando o tempo anda ao revés, ata chove do nordés”.• “Nordés polo serán, vento do sur pola mañán”.• “Ceo escamado, vendaval ao rabo”.

Page 9: A astronomía na tradición popular

Refráns do tempo

• “Ceo aborregado, auga de contado”.• “Ceo empedrado, chan mollado”.• “Ceo empedrado, aos tres días mollado”.• “Auga de tronada, nalgúns sitios pouca e noutros nada”.• “Cando o Pico Sacro cobre o capelo, nenas da Ulla

poñede o mantelo”.• “Cando o Pico pon capelo, meniñas de Vilanova, poñede

o mantelo”.• “Chuvia pola Ascensión , nin boa faba nin bo melón”.• “Arco da vella ao poniente, ceiba os bois e vente”.

Page 10: A astronomía na tradición popular

Refráns do tempo

• “Noite estrelada, noite xeada”.• “Xear e anubrar, sinal de nevar”.• “Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que

chore que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar”.

• “Pola Candeloria metade do inverno vai fóra. Se ri, o inverno quere vir; mais cal chorar, cal rir, medio inverno está por vir”.

• “Se ves un anel luminoso arredor do sol ou da lúa, non sexas teimoso, non saias á rúa”.

Page 11: A astronomía na tradición popular

Refráns dos meses do ano:Xaneiro

• “Polo xaneiro verán, nin palla nin gran”.• “Trebón de xaneiro, nin bo pan nin bo palleiro”.• “Xaneiro chuvioso, febreiro ventoso, para un marzo

florido e fermoso”.• “Xaneiro quente, trae o demo no ventre”. “Polo San

Vicente, perde o inverno un dente”.• “Como a lúa de xaneiro,non hai lúa tan clara o ano

enteiro”.• “Non hai lúa coma a de xaneiro, nin amor coma o

primeiro”.• “Coa lúa de xaneiro, vese unha formiga no carreiro”.• “O sol de xaneiro non ten compañeiro”.

Page 12: A astronomía na tradición popular

Febreiro

• “Febreiriño curto, cos teus vinte e oito, se duraras outros catro, non deixabas can nin gato, nin ratiño no burato, nin ovella rabela, nin pastor para ir con ela, nin cornos no carneiro, nin orella ao pregoeiro”.

• “Vaite de aí febreiro cos teus vinte e oito que se levaras máis catro non deixabas can nin gato”.

• “Polo San Brais, dúas horas máis. Polo San Matías, igualan as noites e os días”.

• “Pola Candeloria, metade do inverno fóra; se chove ou vai vento, metade fóra, metade dentro”.

Page 13: A astronomía na tradición popular

Marzo

• “Marzo, marzán, pola mañán cara de rosa, pola tarde cara de can”.

• “Marzo chuvioso, verán caluroso”.• “Cando marzo maiea, maio marcea”.• “Marzo ventoso e abril caluroso, traen a maio

florido e ventoso”.• “Marzo, marzolo, trebón e raiolo”.• “Marzo é enganador, un día malo e outro peor”.

Page 14: A astronomía na tradición popular

Abril e maio

• “Abril frío, moito pan e pouco viño”.• “Abril, se malo quere vir, aínda as portas non deixa

abrir”.• “En abril augas mil”.• “Pascuas molladas, anadas dobradas”.• “As choivas de abril , tumban o boi no carril”.• “A auga en abril, enche o carro e mailo barril”.• “Se marzo maiea e maio marcea, pobres dos que

viven na aldea”.• “O que en maio se molla, en maio se enxuga”.

Page 15: A astronomía na tradición popular

Xuño e xullo

• “Auga de San Xoán, nin palla nin gran”.• “Polo San Xoán, as once con día dan”.• “Auga de San Xoán, tolle o viño e non dá pan”.• “No mes de San Xoán, o sol coce o pan”.• “En xullo arder e patacas coller”.• “Cando canta a ran, vén vindo o verán”.• “Santa Mariña coa súa cabaciña, a Magdalena

coa súa xerra”.

Page 16: A astronomía na tradición popular

Agosto e setembro

• “En agosto o orballo, queima o rostro”.• “Trebón de agosto, mellora o mosto”.• “En agosto, sol posto, noite connosco”.• “En agosto, vaise o día como un lóstrego”.• “Chuvia de agosto, mel e mosto”. • “Setembro, ou levas as pontes ou secas as

fontes”.

Page 17: A astronomía na tradición popular

Outubro e novembro

• “A lúa de outubro sete lúas cobre, e se chove, cobre nove”.

• “O veranciño de San Martiño, ou grande ou pequeniño”.

• “Dende Santos ao Nadal é inverno natural”.• “No mes de Santos, xa chega a neve aos

campos”.

Page 18: A astronomía na tradición popular

Decembro

• “Nadal chuvioso, xaneiro ventoso”.

• “Pola Santa Lucía, some a noite e medra o día”.

• “Pola Santa Lucía tan longa é a noite coma o día”.

• “Pola Santa Lucía mingua a noite e medra o día”.

• “Nadal mollado, xaneiro xeado”.

Page 19: A astronomía na tradición popular

Cantigas

Page 20: A astronomía na tradición popular

Aquí teño que acougar

ata que saia a lúa.

A ver se podo alcansar

das dúas irmáns unha.

Page 21: A astronomía na tradición popular

Aparta loureiro verde

deixa clarear a lúa

se non vexo os meus amores

non vexo cousa ningunha.

Page 22: A astronomía na tradición popular

Se queres que brille a lúapecha os ollos, meu amorque mentres os tes abertosa lúa pensa que hai sol.

Nin pola prata da lúanin polo ouro do sol.Non te deixo, meu meniñonon te deixo, meu amor.

Page 23: A astronomía na tradición popular

Alta está a lúa, nai,

no medio leva un león,

pero tamén se pode chamar

prenda do meu corazón.

Page 24: A astronomía na tradición popular

Usos e costumes

Nos labores do campo

Page 25: A astronomía na tradición popular

• As árbores pequenas deben podarse entre a fase de lúa nova e a fase crecente para que teñan un maior crecemento vexetativo; se pola contra se quere frear a vigorosidade e estimular a fructificación debe podarse en fase de lúa chea.

•Non se pode podar nin enxertar con lúa de forza ( crecente e chea) e si, na minguante ou lúa nova para evitar a perda de savia.

Page 26: A astronomía na tradición popular

Débese podar en decembro e en xaneiro, cando a lúa está minguante, xa que se se poda en lúa chea a savia das árbores e vides atópase próxima á zona de corte, e queda unha ferida na rama.

•Coa lúa crecente non se pode podar, a viña “chora”.

Page 27: A astronomía na tradición popular

• Os cultivos que se desenvolven baixo terra, como as patacas, as cenorias, cebolas, allos... deben sementarse en fase de lúa minguante.

• A col debe sementarse catro ou cinco días despois da lúa chea de agosto ou setembro, senón agrela. O mesmo ocorre co repolo, pero este pode sementarse en calquera mes do ano.

• O melón, cabaza, pepino... deben sementarse en fase de lúa crecente e chea. Do mesmo xeito ca os tomates, pementos e fabas deben sementarse en fase de lúa crecente.

Page 28: A astronomía na tradición popular

• O cebolo pódese sementar catro ou cinco días despois da lúa chea de decembro, porque, segundo se di, moitas das cebolas saen deformes por non facer isto. Na recollida da cebola tamén debe mirarse a lúa; faise na lúa minguante de agosto, xa que así se evita que brote dentro da cebola.

• Os cereais deben sementarse en decembro e marzo, coa lúa minguante, porque deste xeito non colle tanta herba mala.

• Débese fertilizar a terra en fase de lúa minguante.

Page 29: A astronomía na tradición popular

• A vendima debe realizarse na fase de lúa minguante ata a lúa nova para que o viño dure máis e non se perda.

• Para trasegar o viño ten que estar a lúa minguante para que non se turbe.

• A elaboración do viño faise en setembro cando a lúa está minguante, xa que se se fai o viño en lúa chea , queda revolto, especialmente o branco.

• Non se pode embotellar o viño coa lúa de forza, senón bótase a perder.

Page 30: A astronomía na tradición popular

Usos e costumes

Na pesca

Page 31: A astronomía na tradición popular

• O polbo cando hai lúa chea ou nova péscase moito máis, debido a que ve mellor e vai comer.

• O marisco péscase máis cando hai lúa minguante debido á escuridade.

• Peixes como: besugo, lubina, xurelo… péscanse máis coa lúa minguante ou crecente, pola escuridade.

• Cando hai lúa nova ou chea os barcos de cerca pescan menos porque algúns peixes (xurelo, sardiña, boga) ao ver tanta claridade agóchanse cerca do fondo.

Page 32: A astronomía na tradición popular

• Antes de que os barcos tivesen aparellos para detectar os peixes no fondo, non se ía traballar ao mar co cerco se había lúa chea porque con tanta luz non se vían os peixes co reflexo desta.

• Os carpinteiros de barcos só cortaban a madeira con lúa chea porque dicían que esa madeira ía aguantar máis.

Page 33: A astronomía na tradición popular

Usos e costumes

Na matanza

do porco

Page 34: A astronomía na tradición popular

• A matanza do porco adóitase facer sempre que sexa tempo de frío e a lúa estea en cuarto minguante porque coa lúa chea os xamóns collen o que se acostuma chamar “bicho”.

Page 35: A astronomía na tradición popular

Lendas

“O sol e a lúa”

Page 36: A astronomía na tradición popular

O sol e a lúa

• Cando o sol e a lúa se atoparon por primeira vez namoráronse perdidamente e a partir de aí comezaron a vivir un gran amor.

O día que Deus decide crear o mundo, que aínda non existía, deulles un toque final: brillo!

Decidiu tamén que o sol iluminaría o día e a lúa a noite e deste xeito quedaban obrigados a vivir separados.

Page 37: A astronomía na tradición popular

Quedaron tristes e abatidos ao darse conta de que nunca máis se encontrarían. A lúa foi quedando cada vez máis amargada, mesmo aínda co brillo que Deus lle deu, e foi facéndose solitaria. O sol ,pola súa banda, gañou un título nobiliario, “Astro Rei”; pero iso tampouco o fixo feliz.

Entón, Deus, chamounos e explicoulles:”Vós non debedes estar tristes, ambos tedes un brillo propio.Ti, Lúa, iluminarás as noites frías e quentes, e encantarás os namorados. E ti, Sol, serás o máis importante dos astros, iluminarás a terra durante o día, dando calor aos seres vivos.

Page 38: A astronomía na tradición popular

A lúa entristeceuse moito co seu terrible destino e chorou días a fío. O sol ao vela sufrir tanto decidiu que el non se podía deixar abater pois tería que darlle forzas e axudala a aceptar o que fora decidido por Deus. Porén, a súa preocupación era tan grande, que lle fixo unha petición a Deus: “Señor, axuda a Lúa. Ela é máis fráxil ca min, non soportará a soidade”. Deus, na súa inmensa bondade, creou as estrelas para facerlle compañía á lúa e así cando ela está moi triste recorre ás estrelas que fan de todo para consolala; aínda que moitas veces non o conseguen.

Page 39: A astronomía na tradición popular

Aínda hoxe viven así, separados. O sol finxe que é feliz, a lúa non pode ocultar a súa tristeza e vive na escuridade da saudade.

A lúa e o sol seguen o seu destino: el ,solitario, pero forte e ela, acompañada das estrelas, pero débil.

Os humanos tentan conquistala, como se iso fose posible.

Deus decidiu que ningún amor neste mundo debía ser de todo imposible, nin sequera o de Lúa e Sol. E así foi polo que creou a eclipse.

Page 40: A astronomía na tradición popular

Hoxe Lúa e Sol viven á espera dese

momento, deses raros momentos que lles foron concedidos. Cando se produce a eclipse e vemos que o sol encubriu a lúa é porque se deitou sobre ela e comezaron a amarse. Ao acto dese amor déuselle o nome de eclipse e o brillo desta paixón é tan grande que se aconsella non mirar para o ceo nese momento porque os ollos pódense cegar de ver tanto amor.

Page 41: A astronomía na tradición popular

Equipo de biblioteca do IES de Porto do Son e Departamento de Lingua Galega (abril 2013)

Todas as imaxes desta presentación foron utilizadas con fins educativos

Lúa no crecente cornos polo oriente;lúa no minguante cornos pra diante.

Page 42: A astronomía na tradición popular

As fontes das imaxesUtilizadas con fins educativos