92 - ALTAMIRA Nº 92

24
OUTONO CULTURAL ‘14 Ampla programación que traerá a Brión teatro, música, exposicións, etc.... Entrevista Ana Regueiro Montero, veciña comprometida cos problemas no Sahara. PÁXS. 12 - 13 PÁX. 19 Cheo total na Santa Minia 2014 Resumo das principais obras dos últimos meses no concello BRIÓN SOLIDARIO: Nova campaña de recollida de alimentos no Nadal Altamira decembro2014 Nº 92 - DECEMBRTO 2014 - ANO XXIX REVISTA MUNICIPAL DO CONCELLO DE BRIÓN PAXs. 6-7 PAX. 15

description

Revista Altamira Nº 92

Transcript of 92 - ALTAMIRA Nº 92

Page 1: 92 - ALTAMIRA Nº 92

OUTONOCULTURAL ‘14Ampla programación que traerá a Brión teatro, música,exposicións, etc....

EntrevistaAna Regueiro Montero,veciña comprometida cos problemas no Sahara.

PÁXS. 12 - 13PÁX. 19

Cheo total na

Santa Minia 2014

Resumo dasprincipais obras dos últimos mesesno concello

BRIÓN SOLIDARIO:Nova campaña de recollida dealimentos no Nadal

Altamira decembro2014

Nº 92 - DECEMBRTO 2014 - ANO XXIX REVISTA MUNICIPAL DO CONCELLO DE BRIÓN

PAXs. 6-7 PAX. 15

Page 2: 92 - ALTAMIRA Nº 92

2 | Concello de Brión

AltamiraRevista Municipal do Concello de Brión

enderezosos nosos

ACTUALIDADE

REPORTAXE

ACTUALIDADE

CULTURA E DEPORTES

BRIONESES

SERVIZOS SOCIAIS

CULTURA E DEPORTES

HISTORIAS DE BRIÓN

TAMÉN FOI NOTICIA

PASATEMPOS / HUMOR

PAX. 3

PAXs. 4 - 5

PAXs. 6 - 10

PAX. 11

PAXs. 12 - 13

PAXs. 14 - 17

PAXs. 18 - 20

PAX. 21

PAX. 22

PAX. 23

con

tidos

José Luís García García

Alcalde doConcello de Brión

AVANCE

Edita: Concello de BriónRedacción, deseño e maquetación:Concello de Brión e Nós ComunicaciónFotos: Arquivo Municipal e Nós ComunicaciónImprime: Artes Gráficas AlonsoMail:[email protected]

Desta Altamira que presentamos aqui quero salientar de entre todos os contidos a entrevista a Ana Regeiro, muller solidaria e tremendamente comprometida cos problemas no Sahara; esta veciña ten acollida permanentemente den-de hai uns meses unha rapaza saharaui, que ven a realizar os seus estudos ao noso pais. Xestos como estes, fan que sexa de loubanza e recoñecemento, por eso quixemos adi-carlle un apartado especial nesta Revista.

Por outra parte, repasamos amplamente as obras munici-pais dos últimos meses, as actividades culturais e deporti-vas do pasado mes de setembro e recollemos, entre outras novas, os programas de cooperación entre Ames e Brión.

Cabe salientar tamén a extensa programación cultural que teremos ata final de ano e tamén quero facer un chama-mento a participación, nunha nova edición de BRIÓN SOLI-DARIO, A CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS, que pon en marcha un ano mais o departamento de servizos sociais para as vindeiras datas de Nadal.

DEPÓSITO LEGAL: C-827-85

BIBLIOTECA MUNICIPALCarbal leira de Santa Minia, nº 215865 - BriónTel ./Fax. : 981 50 99 69

CASA DA CULTURACarbal leira de Santa Minia, nº 515865 - BriónTel . : 981 50 99 08

CASA DO CONCELLOPraza do Concel lo, nº 115865 - BriónTel . : 981 88 70 06Fax. : 981 88 74 31

CEIP PEDROUZOSRúa Paseo de Pedrouzos, nº 515865 - BriónTel ./Fax. : 981 88 70 80

CENTRO DE SAUDERúa das Pedriñas, nº 315865 - BriónTel . Liña 1 : 981 88 77 01Tel . Liña 2: 981 88 77 02

CENTRO SOCIAL POLIVALENTEAvda. de Santa Minia, nº 4615865 - BriónTel . : 981 50 99 10Fax. : 981 50 99 78

ESCOLA INFANTIL MUNICIPALAgro Novo, nº 12515280 - Os ÁnxelesTel . : 981 88 77 42

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICAAvda. de Santa Minia, nº 7015865 - BriónTel . : 981 50 99 03

FARMACIA ALVAREZ ALVAREZ, E.Avda. dos Ánxeles, nº 3615280 - Os ÁnxelesTel . : 981 88 72 01

FARMACIA BASTAVALES BRIÓNLg. Sabaxáns, Nº 5715280 - BastavalesTel . : 981 88 88 36

FARMACIA NUÑEZ PEREZ, B.Avda. Santa Minia, Nº 5315865 - BriónTel . : 981 88 70 30

GARDA CIVILRúa das Pedriñas, nº 515865 - BriónTel . : 981 88 70 11

IES BRIÓNRúa Paseo de Pedrouzos, nº 315856 - BriónTel . : 981 88 18 17Tel . : 981 88 58 99

OFICINA DE URBANISMOPraza do Concel lo, nº 115865 - BriónTel . : 981 88 70 06Fax. : 981 88 74 31

PISCINA CUBERTA MUNICIPALLamiño, s/n15865 - BriónTel . : 981 88 73 46

POLICÍA LOCALCarbal leira de Santa Minia, nº 215865 - BriónTel . : 981 89 34 74Fax. : 981 88 74 31

POLIDEPORTIVO MUNICIPALLamiño, s/n15865 - BriónTel . : 981 88 76 53

SERVIZO DE AUGASUrb. Agro Novo, nº 126 Baixo15280 - Os ÁnxelesTel . : 981 88 78 51

SERVIZO DE EMERXENCIASLamiño, s/n15865 - BriónTel . : 629 87 15 42Fax. : 981 88 75 23

XULGADO DE PAZRúa das Pedriñas, nº 515865 - BriónTel . : 981 88 72 71

Page 3: 92 - ALTAMIRA Nº 92

Revista Altamira | 3

ACTUALIDADE

O Concello de Brión reduce a menos de 18 días o período medio de pago a provedores

PAGO A PROVEEDORES

O Concello de Brión reduce a menos de 18 días, concreta-mente 17,16 días, o período medio de pago a provedores no terceiro trimestre de 2014. Así consta no Informe realiza-do pola Intervención Munici-pal en cumprimento do Real Decreto 365/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a pro-vedores das Administracións Públicas. Uns datos que xa fo-ron enviados ao Ministerio de Facenda e que poderedes con-sultar periodicamente na páxi-na web do Concello de Brión.

O alcalde José Luís García, amosa a súa satisfacción por uns datos que “demostran que estamos moi por debaixo dos trinta días naturais que con-templa a lexislación actual, o que é un bo síntoma da boa saúde económica do Concello de Brión e tamén unha boa no-ticia para todos os nosos pro-vedores, que reciben un pron-to pago dos seus produtos ou servizos”. Durante o terceiro trimestre do 2014 o Concello aboou un total de 308.350 eu-ros a provedores.

Este informe é o primeiro que ten que presentar o Con-cello de acordo ao mencio-nado Real Decreto 365/2014, que obriga á elaboración de xeito trimestral a municipios do tamaño de Brión. Aqueles municipios que non cumpran cos obxectivos marcados neste Real Decreto enfróntanse á po-sibilidade de que o Ministerio de Facenda asuma o pago de-sas facturas con cargo ás ache-gas da Administración Central ao Concello, que se verían re-ducidas de xeito automático. A partir de agora, o informe da-rase a coñecer puntualmente cada trimestre a través da pá-xina web municipal.

Aboou facturas por un importe de 308.350 euros no terceiro trimestre de 2014

Segundo o Real Decreto 365/2014, o Concello de Brión está obrigado a colgar trimes-tralmente na páxina web: www.concellodebrion.org, os informes de periodo médio depago a proveedores. De non cumplir estre requisito, as achegas que a Administra-ción Central fai ao Concello poden verse mermadas.

q

1º RATIO OPERACIÓNS PAGADAS (ROP) -11,11

2º RATIO OPERACIÓNS PENDENTES DE PAGO (ROPEP) -16,27

3º IMPORTE PAGOS REALIZADOS 308.350,24

4º IMPORTE PAGOS PENDENTES 155.185,40

5º PERÍODO MEDIO DE PAGO ENTIDADE -12,84

6º PERÍODO MEDIO PAGO GLOBAL -12,84

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES 3º TRIMESTRE 2014

O primeiro dos informes que se poden ver na páxina web, é o referente ao terceiro trimestre do ano 2014, do cal se deduce que o pago a proveedores se reduce a menos de 18 días.

q

PUBLICACIÓN NA WEB www.concellodebrion.org

Page 4: 92 - ALTAMIRA Nº 92

4 | Concello de Brión

REPORTAXE

Santa Minia reúne a máis de 40.000 romeirosSETEMBRO, UN MES DE CELEBRACIÓNS

Setembro é de sempre un mes especial para os brione-ses. Máis cando o Día de Santa Minia cadra en fin de semana, ese carácter especial sobre-pasa Brión e se espalla non só pola contorna senón por toda Galicia. Só así se poden entender os máis de 40.000 romeiros e devotos chegados a Brión este ano.

E iso que o inicio de mes non foi precisamente bo, con ese triste pasamento que mar-cou esta edición da Festa do Vellos. E o tempo semellaba que ía volver dar ao traste coa Festa do Cabalo. Se en 2013 a choiva obrigara a suspender os actos, este ano iamos polo mesmo camiño: cunha sema-na na que non só choveu se-nón que diluviou. E dous anos sen Festa do Cabalo son moito tempo...

Cando parecía que iamos necesitar máis dunha “arca” para levar os cabalos ata Raña-longa en vez dos tradicionais remolques, horas antes de que comezase a festa deixou de chover, cumpríndose así as previsións da Asociación Festa do Cabalo de Brión. Porque dende a asociación traballaron dende o primeiro momento co convencemento de que o tem-po melloraría e de que este ano si que habería festa.

E así foi. O tempo acom-pañou, o sol relocía no ceo e a sensación térmica animaba a disfrutar dunha fin de se-mana nuns montes de Raña-longa que se atopaban nas mellores condicións. Mais só era un espellismo. O chan non fora quen de filtrar tanta auga e, aínda que nunha primeira impresión semellaba estar en óptimas condicións, cando os cabalos comezaron a trotar por Rañalonga de seguido se comprobou que non era así.

Foi entón cando dende a Asociación do Cabalo de Brión tiraron de inxenio e souberon reinventar a festa case sobre a marcha: atrasando unhas pro-bas, cambiando de lugar ou-tras... Un traballo de loxística improvisada que é de xustiza aplaudir, pois permitiu que os centos de persoas que se achegaron polo noso muni-cipio disfrutaran dunha gran festa equina.

Con estes dous preceden-tes, as miradas estaban postas na Santa Minia, sobre todo pola súa coincidencia en sá-bado. Mais desta vez todo veu rodado. O tempo acompañou e máis de 40.000 persoas se achegaron a disfrutar con-nosco de tres días de festa. A noite do venres, a queima da fachada e os fogos de artificio

Os atletas da XXXII Carreira Pedestre da Amaía destacaron o axeitado do novo percorrido e a Asociación Festa do Cabalo de Brión soubo superar as adversidades climatolóxicas

Page 5: 92 - ALTAMIRA Nº 92

Revista Altamira | 5

REPORTAXE

Santa Minia reúne a máis de 40.000 romeirosSETEMBRO, UN MES DE CELEBRACIÓNS

Os atletas da XXXII Carreira Pedestre da Amaía destacaron o axeitado do novo percorrido e a Asociación Festa do Cabalo de Brión soubo superar as adversidades climatolóxicas

encheron ata os topes a car-balleira. E é que os romeiros levaban xa varios anos sen dis-frutar en condicións deste es-pectáculo pirotécnico, xa que sempre coincidira con algo de choiva. Incluso sorprenderon pola súa calidade as orques-tras Abanico e Ismael, que quizais non teñan tanto nome coma outras e non retivesen público foráneo pero que fi-xeron bailar aos brioneses ata altas horas da madrugada.

E o acontecido o día de Santa Minia xa o define o coor-dinador da festa, Alberte Álva-rez: “tanto na xornada de onte á noite como durante toda a mañá de hoxe isto foi un non parar de xente. A carballeira estivo ata arriba onte coinci-dindo coa queima da fachada e as polberías non pararon nin un minuto nin onte nin hoxe”. Milleiros de devotos chegados en autobuses de toda Galicia acudiron a cumprir coa tra-dicional visita á santa, bicar o sepulcro onde repousan os seus restos e pasar sobre el as típicas estampiñas para que lles dean sorte durante todo o ano. A espera media foi de 10 minutos e en ningún momen-to se pasou dos 25 minutos.

Na parte máis festeira, as pulperías non deixaban de sa-car racións de polbo e de chu-

rrasco, a un prezo medio de oito euros. E é que nun día así, poden vender ata cincocentos quilos de polbo cada un. E para baixalo xa estaban as me-llores orquestras e charangas.

E, como marca a tradición destes últimos 32 anos, as fes-tas remataron coa Carreira Pe-destre da Amaía, que este ano reuníu a máis de trescentos atletas. Unha proba que este ano estreaba percorrido e que foi moi ben valorada polos participantes, como podedes comprobar se vos metedes nos foros de atletismo na In-ternet. Unha proba que, pese ao paso do tempo, segue sen-do fiel aos seus inicios. Unha carreira onde o que importa é disfrutar da proba, non levar un chip ou facer unha marca determinada. Para iso xa están as Olimpiadas.

Finalmente, e non por iso menos importante, dende Al-tamira queremos facer cons-tar o noso recoñecemento a todas as asociacións, empre-sas, traballadores municipais, veciños e veciñas que colabo-ran cada ano para que todas estas iniciativas se desenvol-van sen ningún tipo de inci-dente. Especialmente, o noso agradecemento para os mem-bros do GES, de Protección Ci-vil e da Policía Local.

Page 6: 92 - ALTAMIRA Nº 92

6 | Concello de Brión

ACTUALIDADE

Rematados os traballos de bacheo e asfaltado en doce das pistas máis empregadas pola veciñanza

MANTEMENTO DE ESTRADAS

A brigada municipal de obras comezou en outubro a mellora dun total de 29 camiños de terra en Cornanda, Luaña, Viceso, Ons, Boullón, Os Ánxeles, Brión e Bastavales

O Concello rematou a fi-nais de verán os traballos de bacheo e asfaltado de 12 das pistas asfaltadas máis empre-gadas polos veciños e veciñas do municipio. “Uns traballos que se intensificaron a finais de setembro e que permitiron que dende outubro esteamos traballando na mellora de 29 camiños de terra das distintas parroquias de Brión”, explica o alcalde José Luís García.

Os traballos consistiron no bacheo e asfaltado superficial mediante rego asfáltico des-tas pistas, ademais da limpeza das cunetas e das propias pis-tas. As melloras na parroquia de Bastavales tiveron lugar na pista que une a aldea de Vilas con Soutullos, nas estradas que unen Osebe con Bemil, Osebe con Casaldoeiro, Ro-marís con Coruxido e na pista que une Pérros e Gándara. En Viceso arranxáronse a pista in-terior da aldea de Vilar, a pista entre o adro da igrexa de San-ta María de Viceso e a estrada Urdilde-Negreira, así como a pista que comunica as aldeas de Forxán e Salaño. Nos Ánxe-les actuouse sobre a pista en-tre as aldeas de O Tremo e O Cabo, así como en Piñeiro e en Sanín. Ademais, tamén se fixeron actuacións nos acce-sos a aldeas, como en A Graña (Cornanda).

En total, estes traballos

melloraron o estado dun to-tal de 6,6 quilómetros lonxi-tudinais e unha superficie de 25.381 metros cadrados nas parroquias de Viceso, Os Ánxeles e Bastavales. Unhas obras financiadas ao abeiro dos 156.000 euros do Plan DTC 93 da Deputación da Co-ruña e que inclúen tamén a mellora do estado dos 29 ca-miños de terra máis utilizados.

Neste caso, as obras come-zaron o pasado mes de outu-bro sobre un total de 23,6 kms de pistas. Nestes casos, os tra-ballos consisten na reparación das fochancas, con achega de material filtrante, cunha pos-

terior compactación en zaho-rra, con limpeza de cunetas. As actuacións terán lugar nas parroquias de Cornanda (6), Luaña (2), Viceso (13), Ons (3), Boullón (1), Os Ánxeles (1), Brión (2) e Bastavales (1).

A brigada municipal de obras, un exemplo de aforro

O alcalde José Luís Gar-cía visitou as obras de me-llora dos accesos á igrexa de Santa María de Viceso co voceiro municipal dos Socialistas de Ames, Xosé Miñones, quen quixo coñecer sobre o terreo como actúa o Concello de Brión á hora de contratar e executar estes traballos. García explicou que Brión dispón dun amplo parque de maquinaria, acumula-do ao longo dos últimos 30 anos, así como cunha brigada de obras compos-ta por traballadores de Brión e con gran experien-cia. “Así, todos os cartos se invisten na compra de material e podemos facer moitas máis actuacións que se tiveramos que con-tratar os traballos a unha empresa externa”, apunta.

García indicoulle a Mi-ñones que “os proxectos das obras fainos o arqui-tecto municipal. Así non temos que pagar ningún sobrecoste e podemos facer máis actuacións, o que redunda en beneficio dos veciños e veciñas de Brión”. Pola súa banda, Xosé Miñones amosouse sorprendido pola eficacia e profesionalidade das bri-gadas municipais de obras de Brión, así como pola calidade da súa maqui-naria. O voceiro socialista explica que “de chegar á Alcaldía, esta opción sería moito máis beneficiosa para Ames”.

Page 7: 92 - ALTAMIRA Nº 92

Revista Altamira | 7

ACTUALIDADE

Redutores de velocidade para a “recta de Bastavales”MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA

Melloran a seguridade dunha estrada que atravesa as localidades de Bastavaliños,Soigrexa, Bemil, Coruxido, Osebe e Casaldoeiro

O Concello vén de instalar seis redutores de velocidade na parroquia de Bastavales para mellorar a seguridade viaria da estrada que comu-nica o noso municipio con Rois, coñecida como a “recta de Bastavales”. Trátase dun proxecto incluído no plan de cooperación coa Deputación

da Coruña e que supuxo un in-vestimento duns 6.800 euros.

O alcalde José Luís García explica que “así melloramos a seguridade viaria dos veciños, xa que estamos falando dunha estrada practicamente recta que atravesa varios núcleos de poboación e que, a pesar

de que a velocidade está limi-tada 50 quilómetros por hora, algúns vehículos a atravesa-ban a altas velocidades”.

Para garantir que os vehí-culos manteñan unha veloci-dade de circulación reducida ao longo de todo o tramo e protexer os peóns, os seis re-

dutores de velocidade insta-láronse preto das marquesi-ñas de autobuses e dos pasos de cebra de Bastavaliños, Soi-grexa, Bemil, Coruxido, Osebe e Casaldoeiro. Son dous pasos peonís sobreelevados e ca-tro redutores tipo “Lombo de asno”, de menor tamaño cos primeiros.

O Concello inviste 40.000 € nun novo pavimento para os parques infantís do municipal de Brión

PARQUES INFANTÍS

O Concello de Brión inves-tiu case 40.000 euros na me-llora da seguridade dos dous parques infantís emprazados no parque municipal de Brión, que está situado en Pedrouzos a carón do campo municipal de fútbol. Unhas obras que acometeu a empresa Lappset España VR SL e que estiveron rematadas para as festas de Santa Minia.

Os traballos consistiron na substitución do pavimento, feito a base de area, por un chan continuo de caucho de cores. Trátase dun pavimento máis duradeiro, limpo, hixiéni-co e seguro para os numero-sos nenos e nenas que utilizan a diario estas instalacións.

Estas obras son froito dun convenio de colaboración en-tre o Concello de Brión e a De-putación Provincial da Coruña asinado o pasado mes de xullo polo alcalde José Luís García e o presidente da institución provincial, Diego Calvo.

Así mesmo, o Concello está tamén a acometer obras na praza da Casa do Concello para ampliar así o espazo para use e disfrute dos veciños e veciñas. Unha praza que se ten amosado nos últimos meses como un bo lugar para acoller actividades, como aconteceu coa celebración do Festival Folclórico de Brión, que reuniu a máis de duascentas veciños e veciñas.

Page 8: 92 - ALTAMIRA Nº 92

8 | Concello de Brión

ACTUALIDADE

A Escola dos Ánxeles contará en breve coa desexada marquesina para ter patio cuberto

TRABALLO EN COMÚN

Disque a unión fai a for-za. E o certo é que exemplos como o da Escola dos Ánxeles son boa proba disto. E é que despois dun longo traballo, os pais e nais da Escola dos Ánxeles están a piques de ver satisfeitas as súas demandas de construír unha marquesina coa que poder ter un patio cu-berto para que os preto de se-senta nenos e nenas do centro poidan xogar incluso nos peo-res días do inverno.

E dicimos que é o resulta-do dunha longa negociación porque dáse a circunstancia de que o veciño que iniciou todo o procedemento, xa non ten aos pequenos no centro. Mais seguiu loitando canda a ANPA para conseguir este obxectivo.

No seu traballo, a asocia-ción de pais e nais da Escola

dos Ánxeles foi conseguindo numerosos apoios. O Conce-llo de Brión cedeu os terreos e ofreceu todo o seu apoio. A delegación en Compostela do Colexio de Arquitectos de Galicia recolleu hai un ano a proposta dos pais e realizou un anteproxecto para sacar un concurso de ideas para a construción da marquesina.

Un concurso cuxo prazo de presentación de propostas rematou o 20 de novembro, polo que en breve coñecere-mos o proxecto gañador, que será presentado en Brión.

Ese proxecto será presen-tado á Fundación Paideia e ao AGADER, na busca do finan-ciamento preciso para levalo a

cabo. De feito, Paideia xa co-laborou na iniciativa realizan-do labores de asesoramento para que o proxecto brionés poida ser financiado con car-go a Fondos Europeos. Cando menos, de momento xa con-tan co total apoio da empresa madereira compostelana FIN-SA, que mesmo estivo presen-te na presentación oficial do concurso, celebrada na sede de Compostela do Colexio de Arquitectos de Galicia o pasa-do mes de outubro.

O concelleiro de Ensino, Jesús Quintela, explica que “dende o primeiro momento estivemos apoiando aos pais e nais da escola dos Ánxeles na posta en marcha deste proxecto, que agardamos que en pouco tempo poida ter un final feliz, pois cónstame que fixeron un intenso e bo traba-llo para conseguilo”.

Grazas á iniciativa da ANPA dos Ánxeles e á colaboración do Colexio de Arquitectos de Galicia, FINSA, Paideia e o Concello de Brión

8 | Concello de Brión

Page 9: 92 - ALTAMIRA Nº 92

Revista Altamira | 9

ACTUALIDADE

A caída de dous raios na contorna da Igrexa da Lua-ña a principios de novembro causou cuantiosos danos materiais tanto nas vivendas da contorna como na escola unitaria, no alumeado público e no campo de fútbol desta parroquia. A primeira en dar o aviso foi a mestra da escola da Luaña, quen explicou que caeran dous raios en menos de hora e media. O primeiro deles queimou o router e un dos ordenadores da escola. O segundo dos raios fixo saltar todas as chaves de teléfono non só da escola brionesa, senón tamén das vivendas da contorna.

Iso nun primeiro momen-to, pois cando os técnicos municipais se desprazaron ata a zona para arranxar os des-perfectos na escola unitaria descubriron que o raio tamén afectara ao alumeado públi-co da Luaña e ao do campo de fútbol. O alcalde José Luís García, que se desprazou ata o lugar dos feitos para ava-liar os danos, xa ordenou ese mesmo día que se fixeran os arranxos precisos na escola unitaria. Cando máis adiante se descubriron os danos no alumeado público, encargou-se un proxecto ao arquitecto municipal para poder reparar os danos canto antes.

En ningún dos casos hou-bo que lamentar ningún tipo de dano persoal, como deron fe os axentes da Policía Local desprazados ata a zona. Unha vez na escola, comprobaron que os pequenos se atopaban perfectamente e que viviran a situación con total calma. “Púxose todo branco”, comen-taba un deles sobre a graniza-

da caída á primeira hora. “Fixo moito ruído e tirou todo polo chan”, explicaba outra das pe-quenas sobre o segundo raio, que fixo saltar todas as chaves de teléfono.

Tras comprobar os danos causados na unitaria, José Luís García tamén escoitou as queixas dos veciños e veciñas

da zona, que lle explicaron os desperfectos que sufriran tamén nas súas vivendas. O alcalde brionés pediulle á Po-licía Local un informe sobre o acontecido e que llo envíen á compañía telefónica, para deste xeito facilitarlles as xes-tións aos veciños que teñan que reclamar polos danos su-fridos.

O Concello fará melloras na escola, no campo de fútbol e no alumeado público da Luaña, danadas por un raio

MELLORAS NA LUAÑA

Previamente xa se melloraran as duchas dos vestiarios do campo de fútbol e se ampliara a lareira do teleclube para facilitar a celebración de actividades de ocio

Melloras no teleclube e no campo de fútbol da Luaña

A brigada municipal de obras de Brión vén de acometer unha serie de melloras no equipamen-to social e deportivo da parroquia da Luaña. En primeiro lugar, o Conce-llo reparou as duchas dos vestiarios do campo de fútbol da Luaña. Ademais, fixo actuacións de mello-ra no seu alumeado, que ao ser danado polos raios caídos a primeiros de nov-embro, terá que ser repa-rado.

Así mesmo, o Concello incrementou a capacida-de da lareira do teleclube da Luaña para que poida ser utilizada polos veciños para actividades de ocio .

Page 10: 92 - ALTAMIRA Nº 92

10 | Concello de Brión10 | Concello de Brión

Os 22 alumnos e alumnas do Obradoiro de Emprego Entre Ríos, que xestionan os Concellos de Brión e de Ames, están a traballar duramente na posta en valor das rutas de sendeirismo en Bastavales, Vi-ceso e Luaña. Unhas rutas que nos últimos anos sufriron a desaparición de gran parte da sinalización.

Tras recibir a correspon-dente formación teórica e de realizar prácticas nunhas fincas de Saíme e Salaño, os integrantes do obradoiro de traballos forestais comezaron o seu importante labor recu-perando ambientalmente as beiras do río Sar. Unha contor-na que nos últimos anos está moi degradada, tanto polos efectos dos temporais do pa-sado inverno como pola canti-dade de lixo que levan as súas augas. Isto fai que se acumu-len desperdicios no centro do río e que a auga baixe a maior velocidade da habitual, prexu-dicando a unhas beiras que en moitos puntos eran unhas au-ténticas lameiras.

A actuación dos alumnos e alumnas do obradoiro En-tre Ríos permitiu recuperar

esta zona e, ao mesmo tem-po, poñer en valor a “Ruta do río Sar”, ao seu paso por Bastavales. Na actualidade xa se desbrozou o camiño tanto no tramo que circula canda o río coma no monte, onde se fixeron actuacións para ten-tar encauzar a auga que poi-da caer este inverno para que non prexudique tanto aos ca-miños.

Nos próximos días, o obxectivo será realizar traba-llos de recuperación e pos-ta en valor das rutas de “Os Cruceiros” (Luaña) e “Camiño

Francés” (Viceso), xa que a “Ruta do Tambre” se mantén en bo estado grazas ao im-pagable labor de vixiancia e coidado por parte de moitos veciños e veciñas desta parro-quia.

Este obradoiro de empre-go, que comezou a súa acti-vidade o pasado mes de set-embro, terá unha duración de seis meses. Está cofinanciado polos concellos de Ames e de Brión, que contan cunha ache-ga de case 200.000 euros da Consellería de Traballo e Be-nestar.

Entre Ríos pon en valor as rutas de sendeirismo de Brión

Segunda edición do programa formativo InserAmes-Brión

Un total de oiten-ta veciños e veciñas de Ames e de Brión, todos eles desempregados me-nores de 30 anos e sen cualificación, participan no programa InserAmes-Brión. Unha iniciativa que conta cun orzamento de 180.000 euros e que está confinanciado polos Con-cellos de Brión e Ames, así como pola Consellería de Traballo e Benestar.

As clases terán lugar ata o vindeiro mes de maio de 2015, dando paso a un periodo de prácticas non laborais en empresas. Durante outubro fixeron cursos de técnicas de bus-ca de emprego e novas tecnoloxías. Agora están con cursos de formación específica como: operario de caixa-repoñedor, ope-racións auxiliares de al-macén ou monitor de ac-tividades de tempo libre, que inclúen prácticas non laborais en empresas.

ACTUALIDADE

Page 11: 92 - ALTAMIRA Nº 92

Revista Altamira | 11Revista Altamira | 11

CULTURA E DEPORTES

A aula CeMit de Brión incorpora o CODIX, a nova certificación decompetencias a nivel autonómico

NOVAS TECNOLOXÍAS

A Aula CeMit de Brión co-meza este novo curso amplian-do a súa oferta de servizos e actividades formativas. A máis destacada é a incorporación da nova certificación a nivel au-tonómico CODIX (Certificación galega de competencias dixi-tais en ofimática). “Trátase dun mecanismo normalizado de certificación regulado dende a Administración xeral da Comu-nidade Autónoma de Galicia, baseado tanto na formación como no proceso de certifica-ción destas competencias, que está amparado pola lexislación vixente europea, estatal e au-tonómica e que é recoñecido e valorado tanto no ámbito pú-blico como no privado”, explica

Antonio Casal, responsable da aula CeMit de Brión.

Por medio desta certifi-cación, a persoa titular pode acreditar as súas competencias en tecnoloxías da información e as comunicacións en mate-ria de ofimática. Agora que o responsable da aula CeMit de Brión superou as probas para a obtención do CODIX, nos próximos meses todos os inte-resados poderán optar a esta credencial na aula do concello. Este novo servizo complemen-ta ao xa existente ECDL, unha certificación a nivel europeo da que Brión é dos poucos lu-gares onde un pode examinar-se en Galicia.

Permite acreditar as competencias en materia de ofimática diante de instancias públicas e privadas

CURSOS FORMACIÓNAsí mesmo, lembrámos

que durante todo o curso está aberta a inscrición nos cursos de ofimática e, se non podes pasar pola aula, os cursos de informática a dis-tancia. En ambos casos, os cursos comezarán cando se reúna un número mínimo de alumnos. A oferta é moi va-riada.

No caso dos cursos de ofi-mática tes á túa disposición cursos de iniciación ao en-torno windows (20 h.), word 2007 (40 h.), Internet (20 h.), Access 2007 (40 h.), Excel 2007 (40 h.) e Power Point 2007 (20 h.). Os horarios: Po-

A biblioteca municipal ofrece un novo servizo de contidos dixitais de acceso libre para os veciños

BIBLIOTECA MUNICIPAL

A biblioteca municipal de Brión conta cun novo servi-zo de contidos dixitais on-line, especialmente destinado a profesores, alumnos e familias, que dispón de múltiples recursos e ferramentas deseñados para segundo ciclo de Primaria e para Educación Secundaria. Trátase de AulaPla-neta, unha solución 100% dixital dirixida especialmente á comunidade educativa.

AulaPlaneta combina a calidade do maior banco de contidos dixitais, o do Grupo Planeta, coas metodoloxías de ensino e aprendizaxe máis innovadoras para facilitar o labor do profesor, motivar ao alumno e implicar e apoiar aos pais. AulaPlaneta incorpora unha nova fórmula que aproveita o potencial das novas tecnoloxías da información e a comunicación, ademais dos últimos avances en materia pedagóxica, asegurando deste xeito un ensino de maior ca-lidade, moito máis motivadora tanto para o profesor como o alumno.

Dende o seu lanzamento, AulaPlaneta xa cobre todas as necesidades académicas dos plans de estudo de 5º e 6º de Primaria e toda a etapa de Educación Secundaria Obriga-toria, e xa se utiliza en máis de 2.000 centros educativos españois. Unha ferramenta que xa está á disposición da ve-ciñanza de Brión na biblioteca pública municipal.

des escoller de mañá (mérco-res e venres de 10:30 a 12:30 h.) e de tarde (de 20:00 a 22:00 h.). E os prezos serán de 30 € (cursos de 20 h.) ou 50 € (cursos de 40 h.).

No caso dos cursos a dis-tancia, a oferta do Concello inclúe tamén os xa mencio-nados de ofimática: Internet e Power Point 2007 (20 h.) e Word, Access e Excel (40 h.). Pero ademais hai que en-gadir outros tres de deseño: photoshop e deseño de páxi-nas web (40 h.) e deseño de blogs (20 h.). Neste caso, os prezos serán de 20 € (20 h.) ou 30 € (40 h.).

Page 12: 92 - ALTAMIRA Nº 92

12 | Concello de Brión

BRIONESES

Aínda que o ano 2003 foi a primeira vez que Ana Reguei-ro participou no programa Vacacións en Paz, no caso de Ouehba non era a única oca-sión en que estivera na comu-nidade autónoma. “Estuve en 2002 con otra familia, pero me gustó mucho más cuando vine para aquí”, comenta esta rapaza de 20 anos en alusión ao que agora é o seu fogar.

Ese primeiro verán no que Ana Regueiro participou no programa “eramos dúas fami-lias, pero co paso do tempo fóronse sumando máis”. Pou-co a pouco foise conseguindo unha maior implicación por parte dos veciños da zona, de xeito que incluso dende “as farmacias conseguíronnos varios lotes de menciñas, e tamén se lles enviou material

escolar, que eu mesma puiden xestionar ao traballar en Follas Novas”, explica. De feito, nun dos últimos envíos de axuda humanitaria ao Sáhara, Brión foi unha das localidades que máis recursos mandou para os campamentos, aínda que Ana recoñece que tamén resulta “difícil levalo todo alá”.

Tras varios veráns con Ouehba, presentáronse as pri-meiras dificultades: “A partires dos 12 anos non poden vol-tar” a participar nesta iniciati-va. Sen embargo, o seu víncu-lo non se rompeu. Ouehba foi estudar a Libia, onde pasaron intres moi duros debido aos conflitos nesta zona. Neste senso, lembra Ana Regueiro, os malos intres que pasaron cando “tardaron tres semanas en sacalos dalí. Foi unha situa-

ción crítica, porque non sabia-mos nada dela”. A súa relación con Ouehba, “que é unha máis da nosa familia”, reforzouse coa súa visita ao campamento saharaui no que se atopan os seus pais e irmáns. “A relación coa súa familia foi estupen-da. Tratáronme de marabilla”, lembra Ana, ao tempo que recoñece a grande diferencia existente entre a vida alá e aquí.

Amosando unha fotografía dun dos seus irmáns, Oueh-ba indica que “esa rueda con la que juega es su entreteni-miento. Se imagina que está yendo en su propio coche”. Do mesmo xeito, amosa as gran-des diferenzas entre as viven-das nas que eles residen ou a falta de estradas, algo que non lles permite desprazarse

con facilidade a outros puntos do país.

Ademais do excelente trato recibido, Ana lembra perfectamente “o sorriso dos nenos e a súa acollida e o impresionante ceo estrelado sobre o deserto polas noites”. Unhas imaxes que aínda ten gravadas na súa memoria e que siguen presentes no trato fluído que teñen coa familia de Ouehba Sidimohamed.

Deixando as enormes di-ferenzas entre ambos os dous mundos, a maior loita pola que aínda están a batallar busca conseguir os permisos necesarios para que Ouehba poida quedar en Brión a vivir. “Empezamos hai catro anos a pelexar polo visado e o pa-saporte”, indica Ana. En pri-

A súa casa está chea de libros entre os que se mestu-ran os de grandes autores galegos con publicacións que falan sobre o Sáhara. Son o símbolo de dúas vidas unidas case que por casualidade. Ana Regueiro e Ouehba Sidimohamed sorrín coa satisfacción de ter gañado varias batallas, mais aínda queda algo de percorrido por completar. A súa historia comezou no

ano 2003, cando esta veciña residente nas Torres de Altamira decidíu participar no programa de Vacacións en Paz, de acollida estival para rapaces saharauis. Quixo o destino que as súas vidas se uniran aquel verán e, dende entón, non se puideron separar. Che-gando a conseguir que Ouehba Sidimohamed poida realizar os seus estudos en Compostela.

Ana Regueiro e Ouehba Sidimohamed no salón da súa casa no lugar da Torre

“Levamos catro anos de loita,

pero paga a pena”

Page 13: 92 - ALTAMIRA Nº 92

Revista Altamira | 13

BRIONESES

A importante axuda dos veciños e empresas para cos rapaces saharauis

Dende que comezou o programa Vacacións en paz, a comunidade brione-sa volcouse por completo cos pequenos saharauis que todos os veráns acu-dían ao municipio. Sabendo nas condicións en que che-gaban e co fin de garantizar a súa saúde, dende as far-macias do municipio ofre-céronse a realizar chequeos gratuítos a todos os cativos e, en caso de que tivesen algún tipo de problema, ofrecíanse os medios nece-sarios para solventalo.

Neste senso, explica Ana Regueiro que os prin-cipais problemas cos que se enfrontan están relaciona-

dos “coa vista. Veñen moi-tos con problemas nos ollos e axudámoslle facilitándo-lles gafas, por exemplo”, indica. Por outra banda, tamén derivan aos cativos que chegan polos veráns aos dentistas para mellorar a súa saúde bucodental.

Paralelamente a estes chequeos, dende o con-cello de Brión tamén co-laboran activamente na recolleita de alimentos e diversos enseres que se lles envían á comunidade sa-haraui, conformando unha dos conxuntos poboacio-nais máis solidarios de toda a comunidade autónoma. Todo un orgullo para eles.

A última visita dos nenos do programa Vacacións en Paz

Catro familias de Brión participaron este verán na campaña “Vacacións en Paz”, o programa de acollemento de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. O alcalde José Luís García agasallou aos peque-

nos cuns libros, “xa que teño entendido que estades a mon-tar unha biblioteca en Tinduf”. As familias destacaron o cari-ño que dan estes pequenos e como os animan a facer cou-sas constantemente.

meiro lugar, cómpre salientar que unha das meirandes difi-cultades atópase xa no propio comezo do proceso. “Para po-der iniciar os trámites hai que agardar porque hai unha longa lista de saharauis que queren saír do país”, explica.

Unha vez que iniciou a súa particular ‘odisea’ burocrática, Ouehba tivo que facer ata 8 viaxes este ano á embaixada, dende Tiduf a Arxel. Este tra-xecto supónlle un percorrido de “dous días de ida e outros dous de volta”. Durante todo o proceso burocrático, cheo de trabas e restricións que non alcanzan a comprender, a moza saharaui tivo que deixar os seus estudos porque non os podía completar ao estar loitando por acadar os papeis que agora lle permiten estu-dar en Santiago.

Xurdiron situacións do máis incongruente: “Sabendo a falta de recursos que teñen nos campamentos saharauis pedíanme que ela mandase un e-mail”, explica Ana. “Piden 50.000 papeis que incluso non deberan facer falta, porque ela é maior de idade”, concreta. O meirande problema é que “aínda que eles -a comunida-de saharaui- están ben organi-zados, fóra dos campamentos non existen, porque política-mente non dependen de nin-guén”. Incluso, “na embaixada española falábanlle en francés a Ouehba, en troques de fa-celo en árabe”, lamenta esta veciña.

Non por iso desfaleceron. Ademais, nesta loita non esti-veron soas, senón que conta-ron coa colaboración doutras

familias e especialmente coa “dunha prima de Ourense”, que fixeran xa algo parecido, e tamén con Pilar Martínez, téc-nica de Intervención Familiar do Concello, que seguíu moi de preto o seu caso. “Pilar es-tivo detrás de nós en todo mo-mento. Ela coordinaba todo dende aquí”, afirma Ana.

Tras innumerables proble-mas, finalmente conseguiron os permisos necesarios para que a moza puidese comezar os seus estudos en Educación Secundaria no centro educa-tivo San Clemente (Santiago). Incluso para formalizar a ma-trícula víronse obrigadas a conseguir uns permisos espe-cíficos porque “tiña que matri-cularse nun centro homologa-do pola Xunta de Galicia e polo Instituto Cervantes”.

Por outra banda, no que á súa propia formación se refi-re, aínda que Ouehba estaba a estudar Bacharelato na súa terra, “no me convalidan los estudios en mi país, por lo que tengo que completar los cur-sos de Secundaria”, indica esta moza. No seus plans a medio prazo están concluír esta for-mación básica para despois continuar co Bacharelato. “No sé qué voy a estudiar... Prime-ro quiero acabar esto y des-pués ya lo pensaré”, explica, aínda que Ana Regueiro acla-ra que cando era máis nova e viña nos veráns “quería ser avogada para poder defender ao pobo saharaui”. Unha loita que aínda segue a resultar moi dura pero que paseniñamente axuda a que mozas coma Oue-hba teñan a oportunidade de buscar un futuro mellor. Por ela, polos seus, polo seu pobo.

Page 14: 92 - ALTAMIRA Nº 92

14 | Concello de Brión

SERVIZOS SOCIAIS

A fumata branca sucou o ceo de Pedrouzos o pasado 7 de novembro: “habemus flashmob”. A equipa de Pa-blo Garaloces, Pablo Fon-tenla e Gaspar Broullón pre-sentou a todos os nenos e nenas do CEIP de Pedrouzos o resultado dun flashmob

gravado coa canción e coa coreografía de “Móvete”, que promove a Xunta den-tro dun proxecto de saúde. Se queres ver o resultado final e mesmo o “making ofF”, entra na web do CEIP (http://www.edu.xunta.es/centros/ceipdepedrouzos/).

Xa está dispoñible “Móvete”, o flashmob dos nenos/as do colexio

O Concello de Brión abre o prazo de inscrición nun curso para a obtención do carné de manipulador de alimentos, que terá lugar o próximo ven-res 5 de decembro. Este curso formativo terá lugar no centro social polivalente de Pedrou-zos, en horario de 16:00 a 19:00 horas, e terá un custe de 25 euros. Será preciso reunir un grupo mínimo de 10 per-soas para a súa celebración.

O carné de manipulador de alimentos faculta ao seu posuidor para obter traballo en empresas relacionadas coa manipulación de alimentos no sector hostaleiro (camareiros,

panadeiros, dependentes de ultramarinos...), no sector ali-mentario, en comedores esco-lares... Durante as tres horas do curso, os alumnos e alum-nas aprenderán tamén distin-tos conceptos sobre nutrición, a hixiene e manipulación dos alimentos, así como os distin-tos métodos de conservación dos alimentos.

As inscricións poden rea-lizarse na Casa da Cultura de Brión, chamando ao teléfono 981 50 99 08 ou a través do e-mail [email protected]. O prazo de inscrición remata o próximo 28 de no-vembro.

Convocado un curso para obter o carné de manipulador de alimentos

“Os resultados son unha diminución moi alta dos niveis de conflictividade no centro e dos expedientes e amones-tacións”. Así valora o profe-sor Andrés González Bellido, coordinador do Programa TEI (Titoría Entre Iguais), os resul-tados desta iniciativa para a prevención do acoso escolar que se puxo en marcha este curso 2014-2015 no IES Brión.

Un programa no que par-ticipan alumnos e alumnas de 1º e de 3º da ESO. “Os alumnos de 3º son titores emocionais dos alumnos de primeiro”, ex-plica Andrés González Bellido, “encárganse de axudalos, de resolver os problemas que te-ñen... son un pouco ese con-cepto de irmán maior”. Unha iniciativa que se están a levar a cabo en 150 centros escola-res de toda España.

En Brión, este programa está organizada polo Centro Autonómico de Formación e

Innovación, en coordinación coa Vicedireción e o Departa-mento de Orientación do IES Brión. Haberá que agardar ata finais de curso para coñecer os resultados, aínda que os precedentes non poden ser

mellores. “Entre un 90 e un 95% dos casos os resolven os alumnos”, indica González Be-llido, “no caso de que non se solucione, interveñen o coor-dinador do programa ou a Di-rección do centro”.

Ademais da actividade cos rapaces, o Programa TEI ta-mén incluíu accións formati-vas para o profesorado, tanto do IES Brión como de centros da nosa contorna, sobre pre-vención do acoso escolar.

“Titoría entre iguais”, o irmán maior chega a BriónIES BRIÓN

O programa permite reducir os niveis de conflictividade xa que máis do 90% dos casos son resoltos polos propios alumnos e alumnas

FORMACIÓNCEIP DE PEDROUZOS

“Programa de Mediación entre iguais”, o precedente

Non é a primeira vez que o IES Brión acolle este tipo de iniciativas. En 2011, o instituto e os Servizos Sociais de Brión puxeron en marcha o “Programa de Mediación entre Iguais”. A través des-ta iniciativa, 21 rapaces e rapazas formáronse como mediadores nos conflitos que puideran xurdir entre os seus compañeiros: re-solver malos entendidos, discusións, amizades que se deterioraron, rumores sobre compañeiros, etc.

Page 15: 92 - ALTAMIRA Nº 92

Revista Altamira | 15

SERVIZOS SOCIAIS

“Brión Solidario” pon en marcha a terceira campaña de recollida de alimentos polo Nadal

BRION SOLIDARIO

Por terceiro ano consecuti-vo o Concello de Brión pon en marcha a campaña especial de Nadal de “Brión Solidario”, co obxectivo de recoller alimen-tos para as familias máis vul-nerables do municipio. Unha iniciativa que vén contando co inestimable apoio dos veciños e veciñas de Brión nestes últi-mos anos, unha veciñanza que intensifica a súa colaboración nestas datas especiais do Na-dal pero que fan gala da súa solidariedade doando alimen-tos ao longo de todo o ano.

Por iso, este ano o Conce-llo de Brión fai un chamamen-to especial ás agrupacións, asociacións e empresas do municipio. Neste sentido, bos exemplos de colaboración na recollida de alimentos son a piscina municipal de Brión e a asociación cultural e deporti-va “O Esquio no Piñeiro”, que fixeron unha recollida solida-ria co gallo da celebración do Día da Bicicleta; ou a Unión Deportiva Bastavales, que or-ganizou un partido de fútbol no campo municipal de Brión para recoller achegas de todos os afeccionados.

Tamén é reseñable a co-laboración dos centros esco-lares do municipio á hora de recoller os alimentos doados polos pais e nais; así como da asociación de Mulleres “Xuntanza”, que se encarga de distribuir os alimentos de acordo coas indicacións dos Servizos Sociais de Brión e dun xeito totalmente discreto. E tamén hai que destacar a co-laboración de empresas como o Froiz de Monte Balado, o Claudio de Brión, o Balneario do Tremo...

Estas doazóns, xunto coas achegas que periódicamente realiza o Banco de Alimentos,

permiten atender as necesida-des alimentarias básicas dun-has trinta familias de Brión, é decir, dunhas 100 persoas. Por iso, dende Altamira anima-mos a todos os veciños e ve-ciñas, empresas e asociacións do municipio a seguir partici-pando un ano máis na campa-ña “Brión Solidario”.

Teñen dúas opcións: po-den achegar alimentos non perecedoiros ou realizar ache-gas en metálico. Neste senti-do, dende o Concello de Brión anímase ás empresas a cola-borar con pequeñas achegas na Tesourería municipal, que lles facilitará o corresponden-te xustificante de ingreso.

O Concello fai un chamamento especial de cara á participación de agrupacións, asociacións e empresas do municipio

QUEN PODE DOAR?Todos os veciños e ve-

ciñas de Brión podemos doar alimentos, aínda que o Concello de Brión fai este ano un especial chama-mento á participación de agrupacións, asociacións e empresas residentes no municipio.

QUE PODO DOAR?Alimentos non pere-

cedoiros e correctamente empaquetados: pasta, le-gumes, cereais, leite, con-servas, aceite, galletas... E, debido ás datas nas que estamos, tamén productos de Nadal (turróns, polvo-róns, mazapáns...).

Tamén podes facer doazóns en efectivo, ben no Concello ben no super-mercado Froiz de Monte Balado.

ONDE PODO DOAR?Os alimentos podes

deixalos no CEIP de Pe-drouzos, no IES Brión, na gardería dos Ánxeles, nas oficinas municipais (Casa do Concello, Casa da Cul-tura, Centro Social Poliva-lente e Biblioteca Munici-pal) ou nos supermercados Froiz e Claudio de Brión. A doazón de cartos, no Froiz ou no Concello (con xustifi-cante de ingreso).

ATA CANDO DOAR?Canto antes mellor, xa

que o obxectivo é poder facer a entrega dos alimen-tos antes do Nadal.

Page 16: 92 - ALTAMIRA Nº 92

16 | Concello de Brión

SERVIZOS SOCIAIS

Un problema non desapa-rece por deixar de falar del. Que a violencia de xénero quedara eclipsada ultimamen-te nos medios de comunica-ción e nas tertulias dos bares por mor da corrupción e as consecuencias da crise econó-mica, non quere dicir que esta lacra social estea superada. Por iso conmemoracións, que non celebracións, como as do 25 de Novembro serven para lembrarnos que a violencia de xénero segue aí e que ano tras ano se cobra a vida de moitas mulleres, no caso máis extre-mo, e converten nun inferno a vida de milleiros de persoas. Ese tipo de persoas que non saen nos informativos.

Por iso, o Concello de Brión, ao abeiro do II Plan de Igualdade de Oportunida-des entre Homes e Mulleres 2012-2015, programa cada ano algún tipo de actividade

para conmemorar esta data. Este ano botou man do teatro, programando unha represen-tación para os máis pequenos e outra para os adultos, a car-go do grupo brionés de tea-tro afeccionado Trangalleiro Teatro. O obxectivo: facernos reflexionar, aínda que só sexa por unhas horas, sobre o que podemos facer para acabar coa lacra social da violencia de xénero. Pois non esquen-zamos que rematar con esta

situación é unha tarefa de to-dos, de homes e mulleres.

Precisamente, “Entre ho-mes e mulleres” é o título da obra de Trangalleiro Teatro. “Son varios sketchs que face-mos todos os do grupo relacio-nados co maltrato, co machis-mo”, explica Pilar, integrante do grupo quen engade que “pretendemos ofrecer unha mensaxe con cada sketch que faga pensar ao público”.

Brión di NON á violencia de xéneroCONMEMORACIÓN DO 25-N

Trangalleiro Teatro representa “Entre mulleres e homes”, unha selección de esceas para concienciar á veciñanza sobre a importancia de erradicar a violencia de xénero

Sen educación non se eli-minará a violencia de xénero. Así o entenden a gran maioría dos expertos, que fan fincapé na importancia dunha educa-ción en igualdade, realizando periodicamente actividades formativas ou preventivas de calquera tipo de comporta-mento violento ou sexista. Por ese motivo, douscentos nenos e nenas, de entre 4 e 7 anos, do CEIP Pedrouzos e das es-colas unitarias de Sabaxáns e da Luaña asistiron a un pase especial da obra “O país dos mandóns”, a cargo da com-pañía de teatro Ghazafelhos e organizado polo Concello de Brión dentro dos actos conme-morativos do 25N.

“O país dos mandóns”, es-crita por Paloma Rodríguez e Cristina Justo, foi representada pola compañía de teatro Gha-zafelhos como parte da colec-ción “Contos pola igualdade”. Conta como unha sociedade patriarcal coarta a liberdade das mulleres e das nenas.

Cunha linguaxe moi sinxe-la e con imaxes con moita carga simbólica, os actores e actrices de Ghazafelhos expli-cáronlles aos nosos pequenos e pequenas como as mulleres e os homes teñen os mesmos dereitos, ao tempo que os convidaron a sentirse iguais dende as súas propias diferen-zas.

Uns 200 nenos e nenas do CEIP de Pedrouzos e das unitarias de Luaña e Sabaxáns asisten a “O País dos mandóns”

Trangalleiro Teatro traballa nunha versión de “O traxe novo do emperador”

Os actores e actrices de Trangalleiro Teatro tra-ballan actualmente nunha nova obra, cuxa prepa-ración viuse tristemente atrasada polo pasamen-to dun dos membros do grupo. Agora retomaron con brío os ensaios dunha peza baseada no clásico “O traxe novo do empera-dor”, cunha temática de máis actualidade ca nun-ca. Dende Trangalleiro Teatro agardan poder es-trear en Brión esta nova peza canto antes, aínda que recoñecen que aínda teñen que preparala e en-saiala un chisco máis.

Page 17: 92 - ALTAMIRA Nº 92

Revista Altamira | 17

SERVIZOS SOCIAIS

A solidariedade, a só un click de ratoREDE BRIÓN SOLIDARIO

Máis de 75 veciños e veciñas de Brión están adheridas á “Rede Brión solidario” e reciben nos seus mails a información dos artigos que solicitan as familias máis vulnerables

Máis de 75 veciños e ve-ciñas de Brión están xa adhe-ridos á Rede Brión Solidario, unha rede de solidariedade veciñal posta en marcha este ano polo Concello de Brión para cubrir as necesidades bá-sicas das familias máis desfa-vorecidas do municipio, máis aló das alimenticias. Se no anterior número de Altamira tiñamos que darvos as grazas pola vosa extraordinaria par-ticipación nas campañas de recollida de alimentos, hoxe toca aplaudir a altruísta cola-boración destes veciños e ve-ciñas adheridos pois, grazas á súa solidariedade, os Servizos Sociais de Brión puideron so-lucionar moitas carencias.

“Temos que estar moi agradecidos aos doadores, pois sempre achegaron pro-dutos en moi bo estado de conservación e mesmo tive-mos casos nos que incluso chegaron a mercar eles un produto para poder cubrir a necesidade dunha familia des-favorecida”, explican dende os Servizos Sociais de Brión. De feito, o comezo do curso escolar disparou o número de peticións de roupa, material escolar, zapatos... para nenos e nenas. “A pesar de que sem-pre falamos de que a xente achegase cousas que tivera na súa casa, houbo incluso quen veu aquí co ticket de compra, para estar seguro de que a fa-

milia dese pequeno podería cambiar a prenda no caso de que non lle servira”, apuntan dende os Servizos Sociais.

Un feito que demostra que a solidariedade pode comezar cun feito tan sinxelo como fa-cer click nun correo electróni-co, pero ninguén sabe como pode acabar. O certo é que nestes primeiros meses de funcionamento, xa son máis de 75 persoas as que reciben nos seus correos a relación de necesidades reais detectadas

polos Servizos Sociais. Neste punto é preciso incidir en que a Rede Brión Solidario serve de ponte entre doantes e fa-milias con necesidades, ga-rantindo en todo momento o anonimato de ambos.

Así, os doadores saben que a súa achega axudará a paliar a pobreza e evitar a ex-clusión social no seu entorno inmediato, tendo a total ga-rantía de que as cousas que doan serven para cubrir ne-cesidades reais, valoradas po-

los profesionais dos Servizos Sociais de Brión. Unhas doa-zóns que chegan realmente ás persoas que o necesitan e de xeito gratuíto, sen ningún tipo de interese comercial ou eco-nómico.

Para ser un eslabón máis desta cadea solidaria só tes que informarte no centro so-cial polivalente. Non adquires ningunha obriga nin compro-miso. Porque todo dependerá do que ti queiras facer. E só te-rás que facer click co teu rato.

QUEN PODE PARTICIPAR?

A Rede Brión Solidario está aberta á participación de todos os veciños e veci-ñas de Brión que o dese-xen. O único requisito para adherirse a esta rede é ser maior de 18 anos (ou de 16 anos con autorización pa-terna/materna).

COMO FUNCIONA A REDE?

Periodicamente, os Servizos Sociais de Brión enviarán mensaxes coas necesidades detectadas, describindo con exactitude o artigo que se precisa. Se alguén pode e quere ache-galo, só ten que comunica-lo a Servizos Sociais

QUE PODO DOAR?

Ninguén da rede adqui-re compromiso ou obriga algunha. Participará só cando dispoña do artigo solicitado e desexe donalo. E en todos os casos a doa-zón será sempre anónima. É dicir, non hai contacto entre doador e solicitante.

ONDE ME PODO APUNTAR?

Para colaborar só tes que acudir ao departa-mento de Servizos Sociais, no centro social polivalen-te de Pedrouzos, e cubrir un impreso cos teus datos persoais e un correo elec-trónico no que desexas re-cibir as alertas.

Page 18: 92 - ALTAMIRA Nº 92

18 | Concello de Brión

CULTURA E DEPORTES

“Brión en fotos. unha memoria visual do século XX”LIBRO E EXPOSICIÓN

“Brión en fotos. Unha me-moria visual do S. XX”. Este é o título do libro promovido pola asociación cultural, deportiva e medioambiental O Esquío no Piñeiro. Despois de cinco anos recollendo fotografías, o ven-res 19 de decembro teremos a ocasión de ver o resultado, día no que se presentará o libro de fotografías e se inaugurara unha exposición fotográfica cunha recopilación das mello-res imaxes.

A presentación terá lugar na sala municipal de expo-sicións de Brión a partir das 20:30 horas. A exposición de fotografías poderá visitarse li-bremente ata o 21 de xaneiro de 2015. E co libro, o Conce-llo de Brión está a ultimar es-tes días unha tirada especial para que todas as familias do municipio poidan contar cun exemplar. Unha iniciativa que se sumará á inicial tirada fi-nanciada pola Dirección Xeral de Xuventude a través do seu programa Iniciativa Xove.

Tanto o libro como a ex-posición son produto da des-interesada colaboración dos veciños e veciñas de todas as parroquias de Brión, o que permite que a escolma de imaxes foi moi variada. As fo-tografías máis antigas datan da primeira década do século XX e a gran maioría corres-póndense con celebracións relixiosas (vodas, comunións, procesións...), festas e xuntan-zas tradicionais, retratos de familiares e amigos, partidos de fútbol... Así mesmo, reco-lléronse tamén imaxes das dis-tintas parroquias de Brión.

Dende o Esquío no Piñeiro queren agradecer a colabora-ción prestada por toda a veci-ñanza e dende Altamira que-remos aplaudir esta iniciativa, que permitiu conservar e dar a coñecer o patrimonio foto-gráfico brionés, e felicitar aos seus promotores polo gran traballo realizado, tanto na se-lección de fotografías como na elaboración do libro.

O Esquío no Piñeiro presentará o 19 de decembro un libro e unha exposición elaborados coas fotografías antigas cedidas pola veciñanza de Brión

Antes de achegarte a buscar por ti e polos teus no libro e exposición “Brión en fotos. Unha memoria visual do S. XX”, a Escola Munici-pal de Música Magariños ten programado o seu III Concer-to de Nadal. A cita é no sa-lón de actos do centro social polivalente o venres 19 de decembro, a partir das 18:00 horas. A entrada é libre e de balde ata completar aforo algo que. tendo en conta que

nas edicións anteriores se superaron os 200 asistentes, seguro que se volverá produ-cir este ano.

O recital correrá a car-go dos alumnos e alumnas da escola de música, dende os tres anos ata os maiores, que amosarán as súas habi-lidades nas distintas especia-lidades que se imparten no centro. En canto á musica, combinará as tradicionais

panxoliñas coa música clási-ca, que serán interpretadas tanto por solistas como por formacións corais e instru-mentais.

Con esta actuación, a

ESMU Magariños culmina un ano cheo de actividades abertas á sociedade, entre as que destacan as Noites en Branco, o Festival de Música de Cámara ou as recentes Xornadas de Santa Cecía.

O III Concerto de Nadal dos alumnos e alumnas da escola de música Magariños terá lugar o 19 de decembro

ESCOLA DE MÚSICA

Page 19: 92 - ALTAMIRA Nº 92

Revista Altamira | 19

CULTURA E DEPORTES

Música, teatro e pintura configuran o programa de actividades de Nadal en Brión

OUTONO CULTURAL

Festival de Monicreques e Festa de Reis darán a benvida ao 2015

Xa está aquí de novo o Nadal e, como todos os anos, o Concello de Brión ten pre-parado un intenso programa de actividades para todos os gustos e idades. E todas elas de balde. O “Outono Cultural” trouxo a Brión exposicións como a do Colexio de Arqui-tectos de Galicia, “Metagé-nesix”; da Asociación Galega de Arte e Cultura, “Soños”; e de Anselmo Lamela, aínda en cartel. Tamén foi quen de traer grandes espectáculos de tea-tro como “Shakespeare para ignorantes”, de Mofa e Befa; “Animaliños”, de Teatro de Cá-mara DITEA; ou “Misterio có-mico”, de Teatro do Morcego.

Eva Veiga e o Grupo Ouriol abrirán o mes de Nadal cun

recital de poesía, “Vagalumes no vento”, unha perfecta com-binación de versos e música coa participación de Bernar-do Martínez e Fito Ares. Será o sábado 13 de decembro, ás 18:30 horas, no Polivalente.

O sábado 20 de decem-bro, Boneca Lareta presentará “Sede de mal”, unha comedia salvaxe e divertida; e o sábado 27 de decembro, celebrarase o concerto de Odaiko Perkus-sion Group. Ambas actuacións serán ás 20:30 no centro social polivalente.

E para o mes de xaneiro o menú cultural incluirá unha nova edición do Festival de Monicreques e a tradicional Festa de Reis do 5 de xaneiro.

Page 20: 92 - ALTAMIRA Nº 92

20 | Concello de Brión

CULTURA E DEPORTES

Música, arte e sendeirismo, protagonistas en BriónACTIVIDADES DE VERÁN

Os IX Encontros coa Arte permitiron irmandar as culturas galega e catalá en torno á figura de Rosalía de Castro

Os que dixeron iso de que os meses de verán son de to-tal tranquilidade e sosiego, de seguro que non vos eran de Brión. Pois cando non estamos subindo o monte Santa Tegra ou serpentando polos cantís da Costa da Morte, andamos investigando por Andalucía adiante. Por non falar doutras iniciativas deportivas como a Carreira Pedestre ou a ruta BTT, que xa son obxecto de

tratamento neste mesmo nú-mero.

Mais se algo caracterizou este verán foi o irmandamen-to entre as culturas galega e catalá en torno á figura de Rosalía de Castro propiciada ao abeiro dos IX Encontros coa Arte. Unha experiencia moi enriquecedora e pola que agardamos con impaciencia polo seu décimo aniversario.

Os maiores dos Obradoi-ros da Memoria do Conce-llo de Brión veñen de editar un DVD, chamado “Palabras maiores (parte I)”, no que recollen parte das súas lem-branzas sobre como era a súa infancia hai máis de 50 anos. Unha infancia moi complica-da pois, como explica a coor-dinadora dos Obradoiros da Memoria, Elena Remesar, “todos viviron a posguerra e as súas vidas non foron doa-das”. Pero, como eles mes-mos din no DVD, “aínda así fomos felices” porque, entre

outras cousas, “conformabá-monos con pouco”.

“Palabras maiores (parte I)” recompila as vídeo grava-cións das charlas e coloquios onde os participantes fala-ron de como era a escola, os xogos cos que se divertían e as cantigas que cantaban na súa infancia. Tamén compar-ten lembranzas da súa vida cotiá: a familia, os traballos domésticos e no campo, etc. O disco complétase cunha galería fotográfica de imaxes achegadas polos participan-

tes.

Este traballo dá continui-dade a outros realizados en formato libro (“Un anaco de sabedoría” e “Outro anaco de sabedoría”) dos que xa temos informado dende es-tas páxinas. Sen embargo, Remesar destaca que nesta ocasión “o traballo fixémolo

en forma de DVD, o que nos permite mirar aos ollos da persoa que fala. Ademais, queda reflectida a rique-za lingüística e os distintos acentos dos participantes”. Para este curso que vén de comezar, o desafío será o de facer a segunda parte: “A mocidade”.

Os maiores de Brión recollen nun DVD as súas lembranzas da posguerra

OBRADOIROS DA MEMORIA

Page 21: 92 - ALTAMIRA Nº 92

HISTORIAS DE BRIÓN

A Asociación O Esquío no Piñeiro acaba de publicar Brión en imaxes, unha memoria visual do século XX, magnífica edición de 150 fotos antigas que comprenden os distintos aspectos da vida comunitaria do noso concello nos últimos cen anos: escola, festas, acontecementos so-ciais, paisaxe, traballo, etc. A escolma das imaxes foi rea-lizada por Julio Mallo Nieto, Armando Patiño Nimo, José Manuel Trigo Romero, Dora Vieiro, Xosé Vizoso e Manuel Xesús Xiráldez. Este último tamén se encargou dos textos e Xosé Vizoso fixo os debuxos que introducen os distintos capítulos. Armando Patiño realizou o deseño e maqueta-ción; el tamén deseñou a cuberta xunto con Julio Mallo.

O libro vaino repartir o Concello gratuitamente a todos os veciños e veciñas, xunto co número 93 da Revista Al-tamira, en Febreiro de 2015 aproximadamente. Así irase incrementando a nómina de títulos que os brioneses po-den dispor de balde nas súas casas e que empezara no ano 1998 con Brión, historia, economía e arte, unha exhaus-tiva historia do noso Concello en 375 páxinas, da autoría de Clodio González Pérez. Veu logo en 2003 a magnífica edición de Aldeas, escritos e imaxes da Galicia tradicio-nal, Santa María de Ons (Brión), do antropólogo brasileiro Carlos Rodrigues Brandäo, con deseño editorial de Faus-to Isorna. No ano 2005 publicouse Terras de Compostela, unha completa guía de viaxes que comprende os concellos de Ames, Brión, Santiago de Teo. En 2007 repartiuse o libro-xoia Brétemas luzadas, no que o malogrado artista Luís Ocaña recolle en 94 fotos a súa visión da paisaxe brio-nesa. Despois, en 2009, publícase Nas raíces de Brión: as mámoas de Rañalonga, un estudo detallado dos nosos máis antigos monumentos megalíticos coordinado con es-mero por Federico Silva Cobas. Así que este título de Brión en imaxes fai o número seis da pequena biblioteca que o Concello de Brión publica para os seus veciños.

Canto é de agradecer o esforzo dos mozos e mozas da Asociación O Esquío no Piñeiro polo traballo de recompila-ción das imaxes e a creación deste arquivo fotográfico mu-nicipal! Durante cinco anos deron reunido máis de 1.400 fotos que andaban esquecidas nos vellos álbumes fami-liares e dos que o presente libro é unha pequena mostra; … e a recolleita segue aberta porque aínda quedan moitos “retratos” polas casas, se cadra tirados nos faiados no fon-do dunha vella maleta, condenados a perderse. E eses son historia que non se debe perder. Non din que unha imaxe vale máis que mil palabras?.

A parte das fotos familiares que se gardan nas casas, en Brión non coñecíamos que existise ningún arquivo de fotos de certa entidade, a pesar de que pola década de 1960 e 70 houbo un veciño de Pedrouzos -Celestino Quin-tela- que exerceu de fotógrafo con certa asiduidade e ope-rou por toda a comarca en festas, romarías e actos sociais. Non se gardaron as películas negativas dos seus traballos.

Mesmo no arquivo municipal practicamente non se

Revista Altamira | 21

O libro das fotos antigas de Brión

Duas das fotografías que poden atoparse na publicación que a Asociación o Esquio no Piñeiro de Brión ven de realizar, e que se presentará o vindeiro día 19 de Decembro.

q

conserva ningunha foto anterior á chegada da democra-cia (hai trinta e cinco anos). A partir de aí si que se fo-ron documentando os acontecementos sociais máis im-portantes: romaría de Santa Minia, cabalgadas de reis, campamentos infantís, romaría internacional, acontece-mentos culturais, festa dos vellos, etc., etc. Dende o ano 1985, a revista Altamira contén abundante material fo-tográfico dos acontecementos que se van sucedendo no Concello. Pódense consultar on-line todos os números en www.briondixital.org.

De principios dos anos 80 do século pasado consérvase un inventario fotográfico de todos os cruceiros existentes no Concello. Hai 22 anos tivo unha longa estadía en Brión o antropólogo brasileiro Carlos R.Brandäo para realizar investigacións da súa especialidade e deixou no concello os negativos das abundantes fotografías que foi tomando polas aldeas por onde andou. Son fotos dunha calidade extraordinaria e recollen imaxes da vida diaria: traballos do campo, tipos populares, monumentos artísticos, festas, etc.

Aínda que moi recente, temos a sorte de poder dicir que Brión entrou pola porta grande no mundo da fotogra-fía artística coa publicación no ano 2007 do magnífico ál-bum Brétemas luzadas de Luís Ocaña, que citabamos ao principio.

Page 22: 92 - ALTAMIRA Nº 92

22 | Concello de Brión

TAMÉN FOI NOTICIA

III RUTA BTT RIO TAMBRE - BRIÓNA asociación O Esquío no Piñeiro, organizou o pasado domingo

día 7 de setembro a III RUTA BTT RIO TAMBRE - BRIÓN que superou o record de participantes contando con un total de 300.

O amiense Jorge Pérez dominou a proba Maratón 65 km, en canto as féminas, a corredora local, Silvia Blanco foi a primeira clasificada. Na distancia máis curta, Ruta 45 km, o primeiro posto sería para o brionés Daniel Herráez e na categoría feminina iria a mans da teense Sonia Costoya. Tamén se entregou un premio especial ao clube máis numeroso que acadaron os compostelans ULTREIA BTT representados por un total de 31 corredores.

A ESCOLA DE MÚSICA MAGARIÑOSCOMEZA O CURSO 2014/2015

A Escola Municipal de Música Magariños afronta o presente curso cun incremento de matrícula, que medra un 12 % ata al-canzar os 210 alumnos, marcando un fito histórico nos rexistros do centro. Case a metade dos matriculados pertencen a franxa de idade de máis de 8 anos e que comenzan a traballar co instru-mento. Por outra banda, a área de música e movemento, de 3 a 7 anos, suman 76 alumnos, mentras que o 15 % restante corres-ponde ao Plan Educativo de Adultos (PEA).

Dentro dos cambios importantes para este curso implemen-touse un novo nivel académico, o Nivel Profesional. A Escola manterá unha programación para o disfrute dos veciños.

FRAGMENTOS DE TEMPOS DE NOLO SUAREZ EN BRIÓN

O pintor compostelán Nolo Suárez inaugurou o pasado 19 de decembro a súa exposición “Fragmentos de Tempos”, unha mostra de pintura que puido visitarse na sala municipal de exposicións ata o pasado día 8 de outubro.

Fragmentos de tempos trátase dunha selección de cadros que recollen ““esas experiencias que un vai acumulando ao longo do tempo, que quedan na túa memoria e que despois van xurdindo cando vas traballando”, explicou Nolo Suárez diante dunha trintena de persoas que asistiron ao acto de inauguración.

INAUGURASE O CICLO CULTURAL DE OUTONO CUNHA MOSTRA COLECTIVA

A programación do outrono cultural do Concello de Brión abríase o pasado venres día 31 de Outubro ás 20:30h. cunha do-bre actividade: a inauguración da exposicíon colectiva da Asocia-ción Galega de Arte e Cultura e a presentación da novela “Soña-dores sin porvenir”, de Constantino Cuesta.

Estes actos, aos que acudiron preto dun cento de veciños e que se celebrou na sala de exposicións da casa da cultura, serve de pistoletazo de saida para tres meses que nos traeran a Brión obras de teatro, exposicións, magosto, etc...

Page 23: 92 - ALTAMIRA Nº 92

Revista Altamira | 23

PASATEMPOSSUDOKU FACIL SUDOKU DIFICIL

ULTIMA PÁXINA

UN POUCO DE HUMOR...

Page 24: 92 - ALTAMIRA Nº 92

t

UN BUSTO PARA VIDAL BOLAÑO

O pasado día 31 de Xullo do presente ano inaugurouse un busto de Vidal Bolaño na Carballeira de Santa Minia para lembrar o seu legado. Esta data non foi unha data elixida ao azar senón que se fixo coincidir co día do 64 aniversario do nacemento do dramatur-go. A figura deseñada polo veciño e amigo Xosé Vizoso supón unha homenaxe á súa obra e pretende lembrar o seu legado artísti-co, nas suas diferentes facetas e poñer en valor, unha vez máis, a súa fructífera contribución ao teatro galego.

Na foto, de esquerda a dereita: AVELINO GONZÁLEZ, Presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia | ROSARIO ÁLVA-REZ, Vicepresidenta do Consello da Cultura Galega | FRANCISCO MACÍAS, en representación da Asociación Roberto Vidal Bolaño e Editor das Obras Completas de Roberto Vidal Bolaño | ANXO LORENZO, Secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia | HEN-RIQUE MONTEAGUDO, Secretario da Real Academia Galega | JOSÉ LUÍS GARCÍA GARCÍA, Alcalde do Concello de Brión | XOSÉ VIZOSO, autor da escultura | BELEN QUINTÁNS, viúva de Roberto Vidal Bolaño | VICTOR FREIXANES, membro da Real Academia Galega e do Consello da Cultura Galega.

Concello de BriónPraza do Concello, Nº 1

15865 - Pedrouzos - BriónTelf.: 981 88 70 06 Fax: 981 88 74 31 mail:[email protected]

web: www.concellodebrion.org

29anos