638 988 710 · O BOLETÍN DA TERRA 2 DE 8 Ao remate do verán fomos reunirnos coa Alcaldesa Dna....

8
Centro Cultural “OS CASTROS” Bº Casal, 75 - PEREIRAS 36.419 –MOS (PONTEVEDRA) Tfos. 986 33 81 38 – 638 988 710 e-mail: [email protected] + ANUARIO INFORMATIVO 2007 AVV “NOSA TERRA” DE PEREIRAS (MOS) En pereiras (Mos), sendo as 23:00 horas do día 06 de outubro de 1979, reúnense no atrio da igrexa parroquial, 74 veciños de dita parroquia, maiores de idade na sua totalidade, para tratar do seguinte asunto: “FUNDACIÓN DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE PEREIRAS”...* * Extracto da Acta da 1ª Asemblea da Avv. ....28 anos despois seguimos traballando; OS TEUS NOVOS REPRESENTANTES : Presidente: Javi. Vicepresidente: Santiago. Secretario: Rubén. Tesoureira: Kely. Vogais: Cultura; Jose A. Genia e Kely. Deportes; Eladio, Jorge e Paco. Camiños e obras; Fernando, Cándido, Perfecto e Lino. Resp. Local; José e Paula.

Transcript of 638 988 710 · O BOLETÍN DA TERRA 2 DE 8 Ao remate do verán fomos reunirnos coa Alcaldesa Dna....

Page 1: 638 988 710 · O BOLETÍN DA TERRA 2 DE 8 Ao remate do verán fomos reunirnos coa Alcaldesa Dna. María Jesús Escudero para comunicarlle das necesidades máis urxentes na Parroquia,

Centro Cultural “OS CASTROS”

Bº Casal, 75 - PEREIRAS 36.419 –MOS (PONTEVEDRA) Tfos. 986 33 81 38 – 638 988 710

e-mail: [email protected]

+

          ANUARIO INFORMATIVO 2007 

                     AVV “NOSA TERRA”  DE PEREIRAS (MOS) 

 En pereiras (Mos), sendo as 23:00 horas do día 06 de outubro de 1979, reúnense no atrio da igrexa 

parroquial,  74  veciños  de  dita  parroquia, maiores  de  idade  na  sua  totalidade,  para  tratar  do  seguinte asunto: “FUNDACIÓN DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE PEREIRAS”...* 

 

* Extracto da Acta da 1ª Asemblea da Avv. 

 ....28 anos despois seguimos traballando;  

      

 

 

OS TEUS NOVOS REPRESENTANTES:

Presidente: Javi. Vicepresidente: Santiago. Secretario: Rubén. Tesoureira: Kely. Vogais:

Cultura; Jose A. Genia e Kely. Deportes; Eladio, Jorge e Paco. Camiños e obras; Fernando, Cándido,

Perfecto e Lino. Resp. Local; José e Paula.

Page 2: 638 988 710 · O BOLETÍN DA TERRA 2 DE 8 Ao remate do verán fomos reunirnos coa Alcaldesa Dna. María Jesús Escudero para comunicarlle das necesidades máis urxentes na Parroquia,

O BOLETÍN DA TERRA 2 DE 8

Ao remate do verán fomos reunirnos coa Alcaldesa Dna. María Jesús Escudero para comunicarlle das necesidades máis urxentes na Parroquia, xurdidas de propostas nas reunións da Xunta Directiva e de peticións dos nosos socios; ESTAS FORON: Alumeado.  Estrada  da  Santa  Mariña  e  estrada  de Sequeiros.  Camiños. Retirada de muro na estrada Campo de Eiró ‐  As  Vides.  Asfaltado  e  acondicionado  da  estrada Pereiras  –  Tameiga.  Acondicionado  dos  camiños  A Crus  ‐  Casaldieira,  A  Furna  –  Albán,  Foxes  –  A Gándara.  Sinalización e espellos. Sinal de Stop no cruce de As Vides.  Instalación de espellos no cruce da estrada do Casal  coa  estrada  ao  Agro,  e  na  subida  a  Roublín (entrada Lago). 

 Canalización  de  augas.  Estrada  Campo  de  Eiró  ‐ Cristo  de  Belén;  estrada  entre  a  igrexa  e  o  Centro Cultural; e no Largo da Furna.  Fontes.  Reparación  da  Fonte  de  Couso,  traslado  da Fonte de A Furna, e análise de potabilidade en todas as fontes. 

 Medio  ambiente.  Solicitamos  a  realización  dunha inspección  en  relación  á  denuncia  de  existencia  de verteduras  contaminantes  procedentes  de  lavadoras, fregadeiros, piscinas con auga clorada, etc.  Outros. Recuperación do terreo da Carballeira de Casalmorto, antigo campo da feira; habilitalo como espazo de paseo e convivencia para os veciños.  

  

Así  mesmo,  solicitamos  información periódica e actualizada acerca do estado dos seguintes temas; 

  • Alcantarillado‐saneamento. • Parque infantil no Local Social. • Vestiarios Pista Polideportiva. • Restauración dos muíños. • Eliminación do marco lindeiro entre os Concellos 

de Mos e O Porriño.  • Plan  de  nomeamento  e  instalación  de  letreiros 

para camiños e lugares rurais.  

Por  último,  transmitímoslle  á  alcaldesa,  o desexo,  por  parte  dos  veciños,  de  participar  máis activamente nos proxectos a desenrolar na parroquia de Pereiras.  

 Pensamos  que,  en  moitos  casos,  os  nosos 

veciños  poderían  aportar  un  moi  útil  coñecemento para  o mellor  discorrer  e  resolución  dos  traballos  e obras. 

 

Polo  tanto,  propuxemos  iniciativas  tales como; 

Convocatoria  e  recepción de  ideas  previas  a calquera  obra;  reunións  periódicas  cos  veciños; exposición  pública  no  Local  Social  de  planos  e proxectos para comentarios e propostas;  recollida de documentación e fotos no caso de tratarse de reformas de elementos históricos; etc. 

E durante  todo o ano estamos  informando no Concello das  incidencias ou necesidades das que temos coñecemento.  MANTENNOS TI TAMÉN INFORMADOS. 

Page 3: 638 988 710 · O BOLETÍN DA TERRA 2 DE 8 Ao remate do verán fomos reunirnos coa Alcaldesa Dna. María Jesús Escudero para comunicarlle das necesidades máis urxentes na Parroquia,

O NOSO BOLETÍN 3 DE 8

Acondicionamento dos arredores do Local Social na súa parte  traseira. Delimitación das marxes cun murete de pedra. Construcción de piso pulido e pintado.  

Construcción  dun  pozo  de  barrena,  financiado  por algunhas comisións de festas do Libramento. 

 Comprouse  unha  nova  mesa  de  son,  para  ensaios  e actuacións no salón de arriba.  Realizouse unha fumigación en todo o Local. 

 Estase  traballando  coa  Enxeñería  subcontratada  por Fenosa para a instalación dun transformador de media tensión  no  barrio  de  Casalmorto,  en  terreos  do Concello, e solucionar os problemas co suministro.  Seguimos co histórico proxecto dunha biblioteca‐ciber. Recóllemos libros, equipos informáticos de 2ª man, etc.  SOLICITUDES‐SUBVENCIÓNS:  Foinos concedido un equipo informático pola Universidade de Vigo.  Presentouse documentación a convocatoria da  Consellería do Medio Rural, para a realización de  obras no piso de arriba (adecuación de oficinas),  pensando nunha restructuración da 2ª planta, con novos usos. APORTA AS TÚAS IDEAS.  

TEMOS FOLLAS PARA A SOLICITUDE DE

CALQUERA EQUIPAMENTO OU

INSTALACIÓN DA AVV.

VEN E PÍDEA! E XA SABES, PARA O QUE SEXA. TEMOS MÓBIL!

638 988 710 E CORREO ELECTRÓNICO!

[email protected] ADEMÁIS... Estamos  traballando na  realización dunha páxina WEB.  

...  Se  es  un  experto  na  materia, agradeceriamos  moito  a  túa colaboración.  

E non esquezas que podes acceder a internet wireless  no  Local  Social  a través da nosa conexión.  

Page 4: 638 988 710 · O BOLETÍN DA TERRA 2 DE 8 Ao remate do verán fomos reunirnos coa Alcaldesa Dna. María Jesús Escudero para comunicarlle das necesidades máis urxentes na Parroquia,

O NOSO BOLETÍN 4 DE 8

O noso grupo de Play‐Back dispón de nova profesora; Maite  Acebes,  que  está  tentando  darlle  un  novo  aire, preparando  novas  actuacións  con  novos  estilos.  Esperamos ansiosos a estrea das novas representacións. 

  

         

Actuacións realizadas polo grupo neste            ano 2007:                              

• Agueiro (Sanguiñeda)    17 de xuño. • A Xuntanza (Pereiras)  23 de xuño. • A Veigadaña        08 de xullo. 

• Ribadelouro     21 de xullo. 

A Coral Polifónica conta actualmente con 33 Membros (10 sopranos, 11 contraltos, 7 

tenores e 5 baixos) cunha idade media de 55 anos.  

Este ano foi inscrita na Asociación Galega de Corais  ‐ FECOGA.  Podedes consultar as próximas actuacións da nosa e outras Corais en www.fecoga.org.              Mediante un acordo maioritario entre a Xunta Directiva e os membros da Coral, os desprazamentos vanse realizar en autobús para comodidade de todos. Os custes costearanse conxuntamente.   

GRAZAS POLO ESFORZO.

CC “Os Castros” 06 de maio. Cela (Voda) 07 de xullo. Carracido 21 de xullo. Freixeiro 01 de decembro. Sta. Eulalia de Mos 02 de decembro. CC Caixanova (Vigo) 08 de decembro. CC “Os Castros” 09 de decembro. AVV. Val do Fragoso 15 de decembro.

VEN E FORMA PARTE DESTES GRUPOS, OU SE O PREFIRES...

Page 5: 638 988 710 · O BOLETÍN DA TERRA 2 DE 8 Ao remate do verán fomos reunirnos coa Alcaldesa Dna. María Jesús Escudero para comunicarlle das necesidades máis urxentes na Parroquia,

O NOSO BOLETÍN 5 DE 8

Este ano celebrouse a  25ª  edición,  os días  23  e  24  de xuño. 

Nestas “VODAS DE PRATA”,  tentouse recuperar o carácter festivo e enxebre desta celebración. Reducíronse as actuacións e fomentouse a participación activa dos veciños, que  poideron  cantar  e  bailar  ao  son  das  charangas  Os Beiramiño  e  NBA.  Durante  a  comida  e  a  posterior sobremesa tivo lugar un serán improvisado, con numerosos veciños cantando e bailando aos  ritmos da charanga NBA, acadando a festa ese carácter festivo‐social que se pretendía.  

O  sábado  celebramos a Noite Máxica de San Xoán cunha  fogueira de grandes dimensións. Durante a queima, coa animación dos Beiramiño, os socios gozaron de sardiñas e viño.  

Este ano estrenamos a reforma feita na parte traseira do  local;    instalouse  o  bar  e  empregáronse  os  asadeiros existentes  e unhas  cociñas de  campaña para  a  elaboración das  comidas  servidas,  elaboradas  polos  membros  da directiva, familiares e algúns outros veciños voluntarios.  

Na  finca  lindeira  instalouse  o  palco  con  son  e iluminación, para a actuación do Play‐Back, os dous Grupos Folclóricos  (Nosa Terra e Tangaraño) e as dúas Charangas. Ademais,  foron  utilizados  estes  terreos  como  comedor improvisado  para  o  Xantar  Campestre,  cunha  grande participación,  reuníndose  os  asistentes  en  grupos  de veciños, amigos, familias, etc.  

No  domingo  convidouse  asímesmo  a  todos  os socios  a  tomar unha  tapa dalgún dos produtos  cociñados; 

comenzando os actos coa actuación da Coral “O Son dos Cantares” de Tameiga.  

 

Queremos  por  último  agradecer  a colaboración  de  todos  os  socios  e  veciños,  así como  das  institucións  do  Concello  de  Mos, Deput.  de  Pontevedra,  Grupo  de  Baile  Nosa Terra, Xunta Comunal de Montes e as 52 casas colaboradoras.                  No mes  de maio  celebramos  o  día  da Nai  e  o  día  das  letras  galegas. O  domingo  06 actuou  a  Coral  “Nosa  Terra”  con  entrega  de frores ás socias nais e un ramo á de máis idade. O  xoves  17,  tivemos  a  actuación  do  grupo  de teatro  “Pedra Rosada” do CC de   Atios. O día estivo adicado a escritora noiense María Mariño (1907‐1967) .     O domingo 11 de novembro (San Martiño) tivo lugar un gran magosto, polo método tradicional de asado no chan coa queima de candeas. Unhas saíron máis queimadas, outras máis crúas pero... estaban boas nonsí?

... E ESPERAMOS QUE

ESTEADES GOZANDO DA NOSA PROGRAMACIÓN

DE NADAL.

Page 6: 638 988 710 · O BOLETÍN DA TERRA 2 DE 8 Ao remate do verán fomos reunirnos coa Alcaldesa Dna. María Jesús Escudero para comunicarlle das necesidades máis urxentes na Parroquia,

O NOSO BOLETÍN 6 DE 8

Actualmente estanse impartindo...   

Herbas medicinais –>  15 asistentes. Taichi    ‐>         15 asistentes. Bolillos  ‐>   15 asistentes. Aeróbic   –>   18 asistentes. Baile tradicional ‐>    10 asistentes.  E PRÓXIMAMENTE...  

Fotografía dixital.  Conservas vexetais.  Elaboración de licores.  Xornadas de risoterapia. 

ANÓTATE XA!!

E  visita  a  NOVA  CAFETERÍA;  pintada, renovada  e  con  novo  adxudicatario  dende  o pasado mes de outubro; D. Antonio González. 

NON FUMES NO INTERIOR DO LOCAL SOCIAL … TAMPOUCO NA CAFETERÍA.

NON ENTRES CON ANIMAIS.

MANTEN A ORDE E A LIMPEZA

A  Xunta  Directiva  comunicoulle  aos Grupos, Comisións,  etc, que utilizan o Local que, ante a imposibilidade de contratar a unha empresa para  o  servizo  de  limpeza,  será  tarefa  de  todos manter as instalacións en bo estado de mantemento e limpeza, debéndoas deixar en óptimas condicións ao  remate  de  cada  acto,  reunión,  ensaio,  etc;  coa axuda dos utensilios e productos que ofrece a Avv.  

Agradecemos  ademais  se  nos  comunique de  inmediato  calquera  estrago  ou  irregularidade que sexa observada.  HORARIOS DE USO DE “OS CASTROS”:

M ER XOV SAB DOM

18:00-18:3018:30-19:0019:00-19:3019:30-20:0020:00-20:3020:30-21:0021:00-21:3021:30-22:0022:00-22:3022:30-23:0023:00-23:3023:30-24:00

CORAL CORAL GAITAS

ENSAIO GAITAS

AEROBIC AEROBIC

REUNIÓN AUGA

REUNIÓN AVV

CURSO BOLILLOS

PLAY-BACK

TAICHICURSO

HERBASBAILE

GALEGO BAILE GALEGO

VENDÍA -

HORA

LUN M AR

Page 7: 638 988 710 · O BOLETÍN DA TERRA 2 DE 8 Ao remate do verán fomos reunirnos coa Alcaldesa Dna. María Jesús Escudero para comunicarlle das necesidades máis urxentes na Parroquia,

O NOSO BOLETÍN 7 DE 8

Contamos con novas persoas que se uniron á nosa Asociación nos últimos meses.... BENVIDOS!! 

 

              644    MARÍA ASCENSIÓN GONZÁLEZ GLEZ (CASAL).       646  MARÍA ÁNGELES FORTES GONZÁLEZ (A FLORIDA). 

 649  ANDREA ALONSO CABALEIRO (ROUBLÍN). 650  JUÁN JOSÉ MIGUÉLEZ CORTEGOSO  (TORNEIROS). 

651  JUÁN JOSÉ RIBEIRO LÓPEZ (CASAL). 652  MANUEL MONTERO SOUTO  (ROUBLÍN). 653       CAROLINA VICENTE RODRÍGUEZ (CAMPO DE EIRÓ). 654     ILDEFONSO FIGUEROA VILA (CASAL).      655     JESÚS RODRÍGUEZ CRESPO (CAMPO DE EIRÓ). 

          656 MIRIAM DOMÍNGUEZ CALVAR (ROUBLÍN).

ESTÁMONOS ACERCANDO AOS 400.

CANTOS MÁIS SEXAMOS, CANTOS MÁIS COLABOREMOS, SEREMOS UNHA

ASOCIACIÓN MÁIS FORTE, CON MÁIS AXUDAS, E PODERÉMOSTE OFRECER

MOITO MÁIS.

SE SODES UNHA PARELLA,

PASARVOS Á CUOTA-PARELLA

25% DESCONTO

E OS DOUS TEREDES

VOZ E VOTO

SOMOS “NOSA TERRA”, PERO... POR QUÉ?? ... 

En Pereiras (Mos), sendo as 21 horas do día 01 de marzo de 1980, en Asemblea Xeral de veciños convocada pola Xunta Directiva provisional da Asociación de Veciños de esta Parroquia, reúnense no átrio da igrexa parroquial 51 veciños, maiores de idade na súa totalidade, para tratar asuntos de interese xeral para a parroquia.

A Xunta Provisional informa aos presentes de que días atras persoáronse varios membros da mesma no Goberno Civil de Pontevedra para interesarse polo proceso de rexistro oficial da Asociación de Veciños. Neste lugar, indicóuselles que era preciso cambiar o partronímico asignado á asociación (“San Miguel”), por canto se interpreta que o mesmo é de uso xeral para toda a parroquia, e ningunha sociedade, asociación, etc, pode arrogarse o monopolio do seu uso. En consecuencia propóñense unha serie de novas denominacións por parte dos presentes que son postas a votación, rexistrándose o seguinte resultado do escrutinio: ->

A tenor do exposto, resulta aprobado por maioría de votos o patronímico “Nosa Terra” quedando en reserva todos os demais por orde de número de votos obtidos por se o primeiro fora legalmente rechazado no Rexistro Oficial. E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás 23 horas do día 01 de marzo de 1980.

Presidente: E.A. Campo Rguez. Secretario: A. González.

   O RANKING...            

        VOTOS 

NOSA TERRA 15

OS CASTROS 9

CATRO BARRIOS 7

PENEDO DA COBA 6

SANTA MARIÑA 5

NOSO LAR 2

UNIDADE 2

XUNTANZA 2

PERARIS 1

FOLLAS NOVAS 1

OS AMIGOS 1

CASTELAO 0

AGARIMO 0

Page 8: 638 988 710 · O BOLETÍN DA TERRA 2 DE 8 Ao remate do verán fomos reunirnos coa Alcaldesa Dna. María Jesús Escudero para comunicarlle das necesidades máis urxentes na Parroquia,

O NOSO BOLETÍN 8 DE 8

O equipo da Avv. “Nosa Terra” invicto. Os  rapaces, menores  de  14 anos, proclamáronse no mes de  xullo gañadores  do Campionato  de Futbito organizado  pola Asociación  de Herville,  cunha espléndida actuación, gañando  todos os encontros. 

Sen  embargo,  este  ano non  se  puido  celebrar  o Campionato  de  futbito 

entre barrios.  

Quixemos  que  esta  fora  unha  festa deportiva  entre  todos  os  socios,  pero  os socios  non  se  anotaron  e  os  non  socios xogaron a ser o can do hortelano.  

Confiamos  en  que  para  o  próximo ano vos animedes e entre todos fagamos un gran campionato. 

‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐  

SORTE PARA TODOS

E SE NON TOCA ... O IMPORTANTE É PASALO BEN!!

TEREDES CONFETI, KARAOKE, CHOCOLATE CON CHURROS....

E MOITAS SORPRESAS MÁIS.