6º primaria - edu.xunta.gal

12
6º primaria SEMANA 20 Ó 24 DE ABRIL Ola familias. Unha vez máis os nenos e nenas de sexto demóstrannos que son moi responsables. Son moitos os que mandaron fotos cociñando, bailando, limpando ou ata bailando. Poñendo cor á vida. Podedes ver o vídeo que fixemos coas vosas fotos en https://ceipdecastrelo.wordpress.com/2020/04/14/resistindo-xuntos/ Cando todo isto pase, darémonos conta de que souberon estar á altura. Non quero que estes días os empañe a palabra “deberes”, senón que estamos aquí para apoiar a cada un dos nosos alumnos e alumnas nesta etapa que nos tocou vivir, facendo que con un pouquiño de traballo non desconecten da aula. Por iso si que os profes damos un aplauso para todos eles. A continuación envíovos unha proposta de traballo para esta semana. Recorda que estamos actualizando semanalmente o contido na plataforma dixital EVA e que tes opción de enviar mensaxes con algunha dúbida, suxestión, etc. LUNS 20 MARTES 21 MÉRCORES 22 XOVES 23 VENRES 24 - Lingua Galega: Actividade previa Día do libro. - Matemáticas. - Ciencias da Natureza. Enfermedades infecciosas. - Lengua Castellana: Cuadernito de escritura. - Ciencias Sociais. - Lengua Castellana: noticias absurdas. - Matemáticas - Día lo libro. Temos unha sorpresa para ti. - Matemáticas - Artística e Inglés: O cómic.

Transcript of 6º primaria - edu.xunta.gal

Page 1: 6º primaria - edu.xunta.gal

6º primaria

SEMANA 20 Ó 24 DE ABRIL

Ola familias. Unha vez máis os nenos e nenas de sexto demóstrannos que son

moi responsables. Son moitos os que mandaron fotos cociñando, bailando,

limpando ou ata bailando. Poñendo cor á vida. Podedes ver o vídeo que

fixemos coas vosas fotos en

https://ceipdecastrelo.wordpress.com/2020/04/14/resistindo-xuntos/

Cando todo isto pase, darémonos conta de que souberon estar á altura.

Non quero que estes días os empañe a palabra “deberes”, senón que estamos

aquí para apoiar a cada un dos nosos alumnos e alumnas nesta etapa que nos

tocou vivir, facendo que con un pouquiño de traballo non desconecten da aula.

Por iso si que os profes damos un aplauso para todos eles.

A continuación envíovos unha proposta de traballo para esta semana. Recorda

que estamos actualizando semanalmente o contido na plataforma dixital EVA e

que tes opción de enviar mensaxes con algunha dúbida, suxestión, etc.

LUNS 20 MARTES 21 MÉRCORES 22

XOVES 23 VENRES 24

- Lingua Galega:

Actividade previa Día do libro. -Matemáticas.

- Ciencias da Natureza.

Enfermedades infecciosas. - Lengua Castellana: Cuadernito de escritura.

- Ciencias Sociais. - Lengua Castellana: noticias absurdas. -Matemáticas

- Día lo libro. Temos unha sorpresa para ti. - Matemáticas

- Artística e Inglés: O cómic.

Page 2: 6º primaria - edu.xunta.gal

CIENCIAS DA NATUREZA: Enfermidades non infecciosas

Libro dixital: Tema 4 páxina 4

1º Fai unha lectura da páxina citada.

2º Realiza un esquema na túa libreta para poder estudiar este apartado. Este

esquema non terás que entregalo en ningún apartado da aula virtual.

3º Realiza as actividades interactivas 4 e 5. Moi importante: non esquezas

darlle a gardar exercicios.

CIENCIAS SOCIAIS

Libro dixital: tema 2 páxina 5.

Revisa os mapas adxuntos no libro e responde as seguintes cuestións no teu

caderno.

1. Identifica os principais mares e océanos que bañan o continente

europeo. Podes imprimir os mapas que están no libro para poder

revisalos e estudalos.

2. Nomea tres penínsulas europeas, tres montañas novas, dúas montañas

vellas e unha chaira.

3. Cal é o punto máis alto de Europa? En que cordilleira se sitúa? É unha

montaña nova ou vella? Por que?

4. Qué clima predomina en Europa? Que tipo de paisaxe orixina?

5. Coa axuda dun atlas ou de Internet explica que paisaxes e climas

predominan na Península Ibérica, nas Illas Británicas, Rusia e Ucraína.

Page 3: 6º primaria - edu.xunta.gal

ARTÍSTICA E INGLÉS: O CÓMIC.

Libro dixital: EVA tema 1 páxina 4.

A imaxe convértese nunha ferramenta narrativa. Lembra o aprendido o curso

pasado coa realización dun cómic.

O narrador fala no cartucho que adoita estar situado na parte superior da

viñeta. O primeiro paso para elaborar un cómic é pensar na historia. Contámola

visualmente por medio de viñetas, nas que se reflicten os momentos máis

importantes da acción e para iso utilizamos tamén diferentes planos:

Os diálogos entre os personaxes ou os pensamentos ou recordos colócanse no

que chamamos globos ou bocadillos. A forma destes dependerá da súa

utilización.

Os recursos máis utilizados no cómic son a metáfora visual, imaxe que nos

permite, de xeito sinxelo, comprender unha idea, e as onomatopeas,

representación dun son mediante un gráfico.

No cómic tamén é moi importante a expresión facial, que é a que caracteriza o

personaxe: dependendo do trazo facial expresará distintas emocións. Só cunha

liña lle podemos aplicar diferentes estados de ánimo.

Para debuxar o movemento dun personaxe ou os desprazamentos de obxectos

utilízanse as liñas cinéticas, ou liñas de movemento. Estas liñas poden ser

curvas, onduladas, etc

Prepara agora un cómic atendendo as pautas establecidas na área de

inglés. Podes facelo nun folio, ou tamén crear unha fotomontaxe por medio do

programa de retoque fotográfico Gimp https://www.gimp.org/

Cando o teñas listo, sácalle unha foto para compartilo na tarefa de EVA en

Plástica Tema 1.

LENGUA CASTELLANA

ACTIVIDADE 1: Noticias absurdas. Esta semana tes que recortar títulos de

periodicos ou revistas e mezclalos para conseguir noticias absurdas e

divertidas.

A partir do titular creado, desenvolve a noticia. Podes compartila no tema 4 de

Lengua Castellana en EVA.

ACTIVIDADE 2: Cuadernito de escritura divertida. Exercicios 37 y 39.

Page 4: 6º primaria - edu.xunta.gal

LINGUA GALEGA: 23 de ABRIL. DÍA DO LIBRO.

Co gallo da celebración do Día Internacional do Libro, esta semana faremos

dúas actividades.

Actividade 1 – “Os fantásticos libros voadores de Mr. Morris Lessmore”

Ver a curta “Os fantásticos libros voadores de Mr. Morris Lessmore” en familia

co obxectivo de fomentar a reflexión e o intercambio de opinións.

A curtametraxe foi gañadora dun Oscar á mellor curtametraxe de animación na

edición dos premios da Academia do 2012.

Link: https://www.youtube.com/watch?v=2qFYAdgDsVE

Actividade 2 – “Os libros voadores de Castrelix”

Envíame as túas recomendacións literarias a partir da realización dunha

manualidade.

Desde o centro ofrecemos a silueta da bolboreta (Adxunta ó final deste

documento) para a súa decoración con diferentes materiais e tes que pegar a

portada do libro que lles recomendas aos seus compañeiros e compañeiras.

Tanto os materiais a utilizar, como o tamaño da bolboreta son elección de cada

un dependendo dos teus gustos, intereses e tamén dos materiais dos que

dispoñas na casa.

Unha vez finalizado non esquezas enviar unha foto a algunha destas opcións:

Email do centro: [email protected]

WhatsApp do centro: entre as 10 e as 14 h, poderedes enviar as vosas

fotos e vídeos ó móbil do centro. O seu número é 639 588 062

Ademais da foto, podedes facer unha breve exposición oral coa túa

recomendación literaria como fixemos na aula no primeiro trimestre.

Podes ver a que fixemos os profes polo día 2 de abril neste enlace

https://ceipdecastrelo.wordpress.com/2020/04/02/2-de-abril-un-dia-para-

celebrar/

Unha vez recibidas todas as recomendacións de ambas opcións, elaboraremos

un vídeo que será publicado na web / blogue do centro.

IMPORTANTE: O xoves 23 terás unha sorpresa no blogue do cole.

Conéctate para vela https://ceipdecastrelo.wordpress.com/

Page 5: 6º primaria - edu.xunta.gal

MATEMÁTICAS

Tal e como comentamos a semana pasada, temos un cuaderno de repaso que

podedes ir facendo pouco a pouco durante este confinamento.

EDUCACIÓN EMOCIONAL

O concepto de resiliencia, está adquirindo cada vez máis forza no noso día a

día pero, coñeces realmente o seu significado? A resiliencia é a capacidade

dos seres humanos para adaptarse a situacións adversas e superalas. Por iso,

esta semana suxiro que vexas algunha destas películas para abordar o tema.

12 años de esclavitud

100 metros

Cadena perpetua

Campeones

El circo de la mariposa.

Forrest Gump

Wonder

Invictus

Brave

Planta cuarta.

Bajo la misma estrella

Slumdog Millionaire

Recomendádesnos algunha máis?

Page 6: 6º primaria - edu.xunta.gal

ROBÓTICA

Recordas os bloques de programación que empregamos co Mbot? Imos

facer un par de actividades de repaso ó respecto. Para iso, tes tarefa en EVA.

Aquí tamén cha explico. No apartado Mbot e os seus bloques terás toda a

información.

En resumo, terás que contestar a unha batería de preguntas sobre os

bloques, os seus significado, onde se atopan dentro da aplicación Mblock….

Para facelo só tes que ir marcando as opcións encima ou ben das imaxes ou

da/s palabra/s que creas axeitadas.

Unha vez remates, clica en terminado. A continuación, sae unha pantalla

branca e nela dalle á opción "Comprobar mis respuestas". Voltarache á páxina

anterior que fixeches. Non te preocupes, vas ben. Agora só queda ir ó comezo

das preguntas. Alí sairache unha calificación. Faille unha captura de pantalla

(tecla Imp pant do teclado). Algo así :

Este mesmo procedemento terás que facer cunha segunda pequena

batería de preguntas.

Estas dúas capturas, enviaralas a través da tarefa "Capturas de pantalla"

Se ves que tes dificultades, non te preocupes. Tamén podes mandar unha

foto dos resultados ó móbil do cole polo whats app (639 588 062).

Ánimo que seguro que recordas todos os bloques!!

Page 7: 6º primaria - edu.xunta.gal

MÚSICA

En breve comezará o mes de maio. Sabes que en música soemos facer

actividades relacionadas co folclore galego. Esta semana toca unha pequena

busca sobre un elemento que ti queiras do folclore. Déixoche unha lista para

escoller; dependendo do que escollas o teu traballo terá un contido ou outro:

- Instrumentos: gaita, bombo, tamboril, zanfona, pandeira

- Agrupacións instrumentais: cuarteto galego tradicional, grupos folclóricos

(Real banda de gaitas da deputación de Ourense, grupo Con de Xido

de Castrelo, outras agrupacións folclóricas de Cambados…), grupos

dentro do panorama galego que contribúen á divulgación da nosa

cultura: Treixadura, Milladoiro, Luar na Lubre; ou artistas en solitario:

Susana Seivane, Carlos Núñez…

- Tipos de pezas: muiñeira, alborada, alalá, xota (pero a galega)…

Ti decides.

QUE TEN QUE TER O MEU TRABALLO?

1.- Título do traballo, imaxe (mellor que a poñades se é posible dentro dos vosos medios) e o teu nome e apelidos. 2.- Definición: que é

3.- Descrición: se é un instrumento, a descripción será física; se é unha

agrupación de quen está composta; se é unha pesoa, como é a súa traxectoria;

se é un tipo de peza, as súas características.

4.- Outros datos: podes engadir imaxes, enlaces a vídeos… Outros datos de

interese e curiosidade tamén se faría neste apartado.

QUE FORMATO TEN QUE TER O TRABALLO?

Preferiblemente a entrega farase en pdf. Se o entregas noutro formato, o máis

aconsellable sería en diapositivas. Pero queda á túa elección.

ONDE SE ENTREGA?

A entrega será en EVA como xa é costume. Déixovos este documento con toda

a información e logo unha tarefa (icono da man) titulada ALGO DO FOLCLORE

GALEGO onde se deixará o traballo.

DATA DE ENTREGA.

Será posible entregalo dende o luns 20 de abril ata o 4 de maio (dúas

semanas). Ese será o prazo que apareza en EVA.

Page 8: 6º primaria - edu.xunta.gal

EDUCACIÓN FÍSICA

Estimadas familias, continuamos coa achega de propostas de diferentes

actividades físicas para facer na casa. Quérovos lembrar de que se trata de

ofrecervos diferentes opcións para que poidades elixir entre todas elas e que

practiquedes as que mellor vos vaian en cada momento. Ata nova orde por

parte da Consellería de Educación, seguiremos coa nosa labor de ir

aumentando esta batería.

Esperamos que vos axuden a manter a forma e pasar estes días de

confinamento da mellor maneira posible. A gozar delas en familia! Moito ánimo

e paciencia. Un saúdo.

Fixen un vídeo explicativo en Youtube para acompañalas, no enlace

https://youtu.be/Z_IrYPZAZz0

PASO O TEMPO EN MOVEMENTO:

Ola deportista, gustaríanos que foras @ protagonista dun gran evento

deportivo na túa casa. Se che gusta a idea segue os seguintes pasos:

Grava un vídeo ou saca unha foto practicando calquera actividade deportiva

na casa.

É unha actividade voluntaria.

Se optas por un vídeo que non dure máis de 15 segundos e deberá estar

gravado en posición horizontal.

Envía a foto ou vídeo ao wasap do cole (639588062) ou ao correo electrónico

([email protected]).

Crearemos un vídeo en común para poder vernos as caras.

XOGAMOS AO PARCHÍS:

Aí vaivos un xogo de parchís que consta dunha chea de probas diferentes

(entre elas actividades físicas). Mándovos un dado para recortar e pegar.

Espero que disfrutedes xogando en familia!

Page 9: 6º primaria - edu.xunta.gal
Page 10: 6º primaria - edu.xunta.gal

TABOA DE EXERCICIOS PARA FACER NA CASA:

A intención desta táboa é que fagan actividade física durante (15´-20´

aprox.). Son 16 exercicios e entre eles deberán recuperar uns segundos

(15´´ aprox.) antes de comezar co seguinte. Nos dous que se necesitan

compañeiros, sustituiremos estes por obxectos.

Page 11: 6º primaria - edu.xunta.gal

ALIMENTACIÓN: Lembrade que estes días de confinamento na casa no que o exercicio

físico é menor, a alimentación gana aínda unha posición un pouquiño máis relevante para a nosa saúde. Nas Recomendacións de E.F. (3) atoparedes o enlace dun vídeo cunhas breves indicacións.

Recordade tamén que a vitamina D é un nutriente esencial para o noso

organismo. Axúdanos a manter os ósos fortes, é esencial para que o corpo absorba calcio; pero tamén é vital para o sistema nervioso e inmunitario, entre outros beneficios. Unha fonte importante desta vitamina é o sol; pero nestes

días de confinamento nas casas para a maior parte de nós, a única solución natural é recorrer a unha dieta rica nesta vitamina. ALIMENTOS RICOS EN VITAMINA D:

Os lácteos son unha fonte natural de calcio e vitamina D e favorecen a bioasimilación do calcio: queixo, leite e iogur.

O ovo é un superalimento que proporciona vitamina A, E, D, B12, B6, B2, B1 e acedo fólico. Aínda que, a maioría dos nutrientes atópanse na xema.

Cereais, existen 4 tipos de cereais de almorzo con máis proporción desta vitamina que o resto: con base de arroz integral, con base de arroz, trigo integral e froitas vermellas; con base de arroz e o muesli.

Verduras como a coliflor, o berro ou os grelos.

Peixes graxos como o salmón, o atún ou as sardiñas.

Outros alimentos ricos son: bebida de soja, garavanzos, champiñóns, fígado, laranxas, aguacate ou améndoas.

Relixiòn

A profe Eugenia proponlle ao alumnado matriculado na súa materia que

visualicen o seguinte enlace:

http://finacasalderreyfina.blogspot.com/2020/04/lingua-guapa-cantos-que-

contan.html

OUTRAS ACTIVIDADES DE INTERÉS

Somos conscientes do que sucede no medio ambiente?

Grazas o confinamento, vimos como o planeta baixou a contaminación do aire

e mares. Atopamos noticias donde os animais voltaron o seu hábitat que os

seres humanos lles roubamos. Entra no blog do cole e contesta esta enquisa

que se promove dende a Xunta de Galicia.

https://ceipdecastrelo.wordpress.com/2020/04/16/somos-conscientes-no-que-

sucede-no-medio-ambiente/

Page 12: 6º primaria - edu.xunta.gal

Reto Audición e Linguaxe.

A profe Silvia especialista en audición e linguaxe lánzanos un reto esta

semana. Mira o vídeo en: https://www.youtube.com/watch?v=fF8NjMq_-

nw&feature=youtu.be

XOGAMOS CON CASTRELIX

Esta semana o xogo que propoñemos é o Rummy.

https://www.youtube.com/watch?v=oW5J0_euaJk

Coñece as normas de este xogo e anímate a probalo.

Vémonos moi pronto. Un saúdo.

A titora: Elena Vidal.