5ª edición 2006 - Consellería do Medio...

2
Fragas do Eume Parque natural Fragas A árbore dominante nas Fragas do Eume é o carballo (Quercus robur) Outras especies aparecen de forma máis illada, pero contribúen de maneira fundamental á diversidade natural do bosque, como os érbedos (Arbutus unedo), que dan os seus arroibados e delicados froitos comestibles. O castiñeiro (Castanea sativa), especie orixinariamente diseminada nos bosques europeos e pouco numerosa na actualidade, beneficiouse do seu intenso cultivo durante o Imperio Romano. Os ameneiros (Alnus glutinosa), freixos (Fraxinus excelsior e F. angustifolia) e salgueiros (Salix atrocinerea) forman un bosque dentro do bosque, ao crearen nas ribeiras un espazo especialmente sombreado, fresco e rico. O olmo (Ulmus montana) prefire os solos frescos e profundos. O loureiro (Laurus nobilis), o acivro (Ilex aquifolium) e a abeleira (Corylus avellana) ocupan a parte baixa do bosque, pois raramente acadan a mesma altura ca outras especies. Numerosos animais buscan con agrado os morados froitos do acivro e as deliciosas abelás. O bidueiro (Betula celtiberica) coloniza as terras máis difíciles pola pobreza do seu solo ou pola pendente, enriquecéndoa e estendendo así o bosque. Eume do Marta A marta é especialista na caza nocturna de esquíos e paxaros. Leirón Nocturno e moi inquieto, así é o leirón. Móvese discretamente entre as pólas na procura de invertebrados dos que se alimentar, dieta que completa con amoras e outros froitos. Pero ten que ser discreto xa que son moitos os seus depredadores. Situado no corazón das fragas, nun promontorio sobre o río Eume, este mosteiro foi fundado no S. IX na daquela vila de Calavario, de aí o seu nome. A súa historia é a das propias fragas: vinculado ás familias de Traba e Andrade, a súa xurisdicción amplíase a unha extensa comarca. A crise chega co S. XIX e, con motivo da desamortización, en 1849 sae a poxa. É adquirido por un particular que acomete a súa restauración. En 1971 é declarado conxunto histórico-artístico e en 1975, monumento de interese provincial. En 1986 apróbase o expediente de expropiación que converte o mosteiro e os seus arredores en propiedade da Deputación da Coruña. En Galicia chamámoslles fragas ás zonas de bosque espeso, ao interior das cales a luz sempre chega velada polas árbores. Desta forma, no seu interior perdura a humidade, a frescura, a temperatura case constante e, sobre todo, a vida. Cobra a vida na fraga miles de formas diferentes, cada unha delas peza imprescindible dun ecosistema tan fráxil como pertinaz e lonxevo. E así, desde sempre, atopamos estes lugares proclives á maxia e ao misterio, á meditación e ás lendas. E integrámolos na nosa cultura. As Fragas do Eume son un lugar extraordinario. Son as fragas costeiras mellor conservadas de Europa e un dos escasísimos bosques do seu tipo do continente. Albergan numerosas especies animais e vexetais ameazadas, algunhas relictas, así como os ecos dunha extraordinaria historia que toma singular brío na época medieval. Benvidos ao Parque Natural Fragas do Eume. Benvida Situación O Parque Natural Fragas do Eume, declarado polo Goberno autónomo en 1997, esténdese por 9.125 hectáreas de ladeiras e montes que acompañan o río Eume ao seu paso pola provincia da Coruña. Todo o seu territorio encádrase na comarca do Eume, que limita ao norte coa de Ferrolterra e ao sur coa das Mariñas Coruñesas. Son cinco os concellos que comparten o espazo natural. De leste a oeste: As Pontes de García Rodríguez, Monfero, A Capela, Cabanas e Pontedeume. Fragas do Eume Parque natural Oficina do Parque Natural Fragas do Eume Lugar de Esteiro, 23. 15600 Pontedeume (A Coruña) Telf.: 981 495 580 Fax: 981 430 143 Servizo de Conservación da Natureza Edificio Administrativo Monelos Praza Luís Seoane, s/n - 5ª planta. 15008 A Coruña Telf.: 981 184 585 Fax: 981 184 654 Incendios forestais (Xunta de Galicia) 085 Seprona 062 Urxencias 112 Teléfonos e enderezos de interese O termo fraga abarca, na linguaxe popular galega, varios tipos de bosque. Todos eles pertencen aos denominados bosques atlánticos caducifolios europeos: carballeiras de varias clases, ameneirais, bidueirais, freixedos, etc., acompañados por outras especies como castiñeiros, acevos, espiños, loureiros, érbedos e olmos. As fragas son as selvas galegas. Se a rentes do chan son os fieitos, brións e pequenas flores os protagonistas, a uns metros de altura sono as pólas, formando unha maraña na que se desenvolve unha vida especial, rodeada de follas de diferentes formas, flores ás veces case indistinguibles e froitos de todo tipo. Son tamén as pólas as que, ao estendérense buscando a luz, ofrecen acubillo e sombra no interior do bosque. O modelado do canón do Eume O noso continente, a vella Europa, foi no seu remoto pasado un inmenso e interminable bosque. Hoxe tan só sobreviven unhas cantas masas forestais ben conservadas, case todas elas lonxe da costa, nas montañas. Foi precisamente no litoral onde os humanos máis nos concentramos e onde a explotación dos recursos naturais foi máis intensa, transformando o medio ao noso antollo. Os bosques atlánticos condicionados pola presenza do océano albergan vexetación adaptada a unhas condicións máis cálidas e húmidas cás dos bosques naturais do interior. A penas teñen período de seca estival. As Fragas do Eume son o máis importante bosque atlántico costeiro que se conserva en Europa. son únicas as Fragas do Eume? A fauna das Fragas Por que Mosteiro de Caaveiro Este mosteiro foi fundado en 1134 baixo a regra de San Bieito, acoutado por vez primeira por Afonso VII e reconvertido en cisterciense en 1147. A súa vida monástica prolongouse ata a exclaustración de 1835. É un bo exemplo do hiperdesenvolvemento arquitectónico que acadaron os mosteiros cistercienses na Idade Moderna. Posúe unha igrexa barroca comezada a construír en 1622 e tres claustros: o das Procesións, realizado segundo un proxecto de Juan de Herrera; o da Hospedería, do que só se realiza un lado no tempo de Frei Ruperto Martínez (1780-1807), e o Oriental, ampliado progresivamente ao longo do século XVIII. Os restos románicos limítanse ao muro norte do claustro das procesións. Mosteiro de Monfero Hai 65 millóns de anos Na actualidade Bidueiro Abeleira Ameneiro Lontra Píntega rabilonga Carabus galicianus Este fermoso escaravello vive unicamente no NO da península Ibérica, e encontra nas Fragas do Eume unha das súas mellores poboacións. Bufo real É un dos superdepredadores das fragas. Aquí non ten inimigos. Pasa o día oculto no canón do Eume ou nalgún secreto recuncho do bosque. Á noitiña, sae cazar paxaros, aves ou mamíferos de tamaño medio. Pasaron 65 millóns de anos desde que o último dinosauro vivo habitaba o noso planeta. Despois del, foron multitude as especies de animais e vexetais que xurdiron para desaparecer ou evolucionar cara a novas formas. Soamente un puñado de seres permaneceron inmutables durante todo este tempo. A análise dos poles incluídos no carbón de varias concas sedimentarias, como a das Pontes de García Rodríguez, permite facer un fiel retrato da vexetación desde o período Terciario. Sabemos que daquela o clima era subtropical, cun elevado grao de humidade. Isto permitiu o desenvolvemento dunha exuberante flora similar á laurisilva das illas Canarias ou ás selvas tropicais do sueste asiático. Sen embargo, as crises climáticas do Cuaternario -glaciacións desde o norte e desertización desde os trópicos- fixeron desaparecer aquela primitiva vexetación excepto daquelas zonas nas que, por unha ou outra razón, permaneceron alleas a estes cambios. Con toda seguridade, tanto a posición xeográfica como a propia orografía do canón do Eume, posibilitaron que algúns fieitos como Culcita macrocarpa ou Woodwardia radicans permanezan aínda hoxe en día. Son auténticas xoias vivas, testemuñas dun remoto pasado. As Fragas do Eume albergan 28 especies de fieitos, 7 delas relictas, das que 6 están catalogadas como ameazadas e esixen a maior protección. Un fabuloso tesouro de fieitos Davallia canariensis Woodwardia radicans Davallia guanchica Vandenboschia speciosa Culcita macrocarpa Geomalacus maculosus Esta rara lesma devora as frescas follas da vexetación máis húmida. Miles de criaturas de case todas as formas e tamaños imaxinables inician a súa frenética actividade cotiá, consistente en encontrar alimento, evitar converterse nel, e ter familia. A inmensa maioría delas son diminutas, pero extraordinariamente numerosas. Os animais de maior tamaño son máis escasos. Aquí manteñen prósperas poboacións algunhas especies seriamente ameazadas a escala global. Que é unha fraga? Gato montés Escaso no resto de Galicia, aliméntase aquí de paxaros e roedores. Xabaril Falcón peregrino O rei dos ceos das fragas é un poderosísimo cazador capaz de lanzarse en picado contra unha pomba ou calquera outra ave que voe sobre as árbores, pero nunca intentará seguilas no interior do bosque. O río Eume é o verdadeiro eixe do parque natural. As súas augas axudaron de forma definitiva a cicelar o canón e nas súas ribeiras medraron os bosques. O berce do río son os cumios da Serra do Xistral, en Lugo, con máis de 1.000 m de altitude. Un sinuoso percorrido por entre solitarias montañas condúceo ata o próspero val industrial das Pontes de García Rodríguez e os encoros da Ribeira (cunha capacidade de 33 millóns de m3 de auga) e do Eume (123 millóns). Entón descólgase en caída libre sobre o profundo canón que tamén leva o seu nome, atravesa o val que el mesmo escavou para as fragas e termina entregándose ao mar, 80 km despois do seu nacemento, na ría de Pontedeume. Á súa dereita, polas terras das Pontes de García Rodríguez, corren os afluentes Maciñeira e Ponte da Pedra, de 11 km de longo. E á esquerda, os fillos predilectos do Eume: o Frei Bermuz (10 km) e o San Bartolomé (8 km). O río Eume Miles de millóns de pólas Castiñeiro Érbedo Carballo Definíronse catro entradas ou portais de acceso ó espacio natural. O itinerario polo Portal de Caaveiro discorre pola estrada LC-151 desde Pontedeume ata as proximidades de Caaveiro; trátase dun traxecto polo fondo do val rodeado de bosques. Pódese chegar ata o mosteiro cruzando a ponte colgante de Cal Grande na mesma LC-151 e camiñar río arriba pola "Ruta dos Encomendeiros". Desde As Neves accédese ó Portal da Capela, que nos conduce polo canón do Eume nun percorrido de gran beleza ata conectar co Portal de Monfero no mesmo mosteiro. Paralelamente pódese realizar este mesmo percorrido a pé utilizando o GR-50 (Ruta de Sendeirismo). O Portal do Encoro do Eume brinda tamén un belo percorrido no que o protagonista é o encoro e as abruptas ladeiras graníticas da parte alta do canón. ...á multitude de regatos que verten ó Eume formando fervenzas. ...á abundancia e diversidade de fieitos, liques e brións. ...á migración estival dos reos. ...ás excelentes vistas desde o mosteiro de Caaveiro. ...aos sons do bosque ao anoitecer e as néboas matinais. Normas e consellos Preste atención... - Modere a velocidade do seu vehículo cando circule polo interior do espazo e fágao sempre polas estradas. - Tanto as pedras como os troncos caídos adoitan ser moi esvaradíos cando están mollados. Teña precaución. - Planifique con detalle as súas visitas e equípese convenientemente. - Arrincar flores e plantas pon en perigo especies singulares. - O lume pode destruir a vida do parque. - Non está permitida a acampada libre nin pasar a noite con caravanas. - Deposite o lixo en colectores. - Respecte as propiedades privadas. - Use as áreas recreativas. A Xunqueira Alameda Centro de precintado de salmónidos de Cal Grande Circulación de autobuses prohibida a partir deste punto Refuxio de A Figueira A Xunqueira de Abaixo Mosteiro de Caaveiro de Ombre Couto de pesca 3 km 1.8 km LC-151 Ponte colgante Ponte colgante Portal de Caaveiro EUME As Neves Mosteiro de Caaveiro Conexión co portal de Monfero Portal da Capela AC-141 Sendeiro G.R. 50 EUME 3 km Central hidroeléctrica do Eume 6 km Goente Encoro do Eume Portal do Encoro do Eume AC-141 CP-1802 EUME Sendeiro G.R. 50 As Travesas A Visura Pila da leña Mosteiro de Monfero As Eiras Torre de San Bartolomé Portal de Monfero EUME EUME Central hidroeléctrica do Eume Conexión co portal da Capela AC-151 CP-5003 Accesos e rutas

Transcript of 5ª edición 2006 - Consellería do Medio...

Page 1: 5ª edición 2006 - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/.../parquenatural/eume/Eume_mapa.pdf · fundamental á diversidade natural do bosque, como os érbedos (Arbutus

Fragas do Eume

Parque natural

FF rraaggaa ss

A árbore dominante nas Fragas do Eume é o carballo (Quercus robur)

Outras especies aparecen de forma máisillada, pero contribúen de maneirafundamental á diversidade natural do bosque, comoos érbedos (Arbutus unedo), que dan os seusarroibados e delicados froitos comestibles.

O castiñeiro (Castanea sativa), especieorixinariamente diseminada nos bosqueseuropeos e pouco numerosa naactualidade, beneficiouse do seuintenso cultivo durante o ImperioRomano.

Os ameneiros (Alnus glutinosa),freixos (Fraxinus excelsior e F.angustifolia) e salgueiros (Salixatrocinerea) forman un bosque dentro dobosque, ao crearen nas ribeiras un espazoespecialmente sombreado, fresco e rico.

O olmo (Ulmus montana) prefire ossolos frescos e profundos. O loureiro(Laurus nobilis), o acivro (Ilexaquifolium) e a abeleira (Corylus avellana)ocupan a parte baixa do bosque, pois raramenteacadan a mesma altura ca outras especies.Numerosos animais buscan con agrado osmorados froitos do acivro e as deliciosas abelás.

O bidueiro (Betula celtiberica) coloniza as terras máis difíciles pola pobreza doseu solo ou pola pendente, enriquecéndoa e estendendo así o bosque.

Eumedo

MartaA marta é especialista na cazanocturna de esquíos e paxaros.

LeirónNocturno e moi inquieto, así é oleirón. Móvese discretamente entreas pólas na procura de invertebrados dos que sealimentar, dieta que completa con amoras e outros froitos.Pero ten que ser discreto xa que son moitos os seus depredadores.

Situado no corazón das fragas, nun promontoriosobre o río Eume, este mosteiro foi fundado noS. IX na daquela vila de Calavario, de aí o seunome. A súa historia é a das propias fragas:vinculado ás familias de Traba e Andrade, a súaxurisdicción amplíase a unha extensa comarca.A crise chega co S. XIX e, con motivo dadesamortización, en 1849 sae a poxa. Éadquirido por un particular que acomete a súarestauración. En 1971 é declarado conxuntohistórico-artístico e en 1975, monumento deinterese provincial. En 1986 apróbase oexpediente de expropiación que converte omosteiro e os seus arredores en propiedade daDeputación da Coruña.

En Galicia chamámoslles fragas ás zonas de bosque espeso, ao interior das cales a luz semprechega velada polas árbores. Desta forma, no seu interior perdura a humidade, a frescura, atemperatura case constante e, sobre todo, a vida.

Cobra a vida na fraga miles de formas diferentes, cada unha delas peza imprescindible dunecosistema tan fráxil como pertinaz e lonxevo. E así, desde sempre, atopamos estes lugaresproclives á maxia e ao misterio, á meditación e ás lendas. E integrámolos na nosa cultura.

As Fragas do Eume son un lugar extraordinario. Son as fragas costeiras mellor conservadasde Europa e un dos escasísimos bosques do seu tipo do continente. Albergan numerosasespecies animais e vexetais ameazadas, algunhas relictas, así como os ecos dunhaextraordinaria historia que toma singular brío na época medieval.

Benvidos ao Parque Natural Fragas do Eume.

Benv

ida

Situ

ac

ión O Parque Natural Fragas do Eume, declarado polo Goberno

autónomo en 1997, esténdese por 9.125 hectáreas deladeiras e montes que acompañan o río Eume ao seu pasopola provincia da Coruña.

Todo o seu territorio encádrase na comarca do Eume,que limita ao norte coa de Ferrolterra e ao sur coa dasMariñas Coruñesas.

Son cinco os concellos que comparten o espazo natural. De leste a oeste: As Pontes de GarcíaRodríguez, Monfero, A Capela, Cabanas e Pontedeume.

Fragas do Eume

Parque natural

Oficina do Parque Natural Fragas do EumeLugar de Esteiro, 23. 15600 Pontedeume (A Coruña)Telf.: 981 495 580 Fax: 981 430 143

Servizo de Conservación da NaturezaEdificio Administrativo MonelosPraza Luís Seoane, s/n - 5ª planta. 15008 A CoruñaTelf.: 981 184 585 Fax: 981 184 654

Incendios forestais (Xunta de Galicia) 085Seprona 062Urxencias 112

Teléfonos e enderezos de interese

O termo fraga abarca, na linguaxepopular galega, varios tipos de bosque.Todos eles pertencen aos denominadosbosques atlánticos caducifolioseuropeos: carballeiras de varias clases,ameneirais, bidueirais, freixedos, etc.,acompañados por outras especies comocastiñeiros, acevos, espiños, loureiros,érbedos e olmos.

As fragas son as selvas galegas. Se a rentesdo chan son os fieitos, brións e pequenasflores os protagonistas, a uns metros dealtura sono as pólas, formando unhamaraña na que se desenvolve unha vidaespecial, rodeada de follas de diferentesformas, flores ás veces case indistinguiblese froitos de todo tipo.

Son tamén as pólas as que, ao estendérense buscando a luz, ofrecenacubillo e sombra no interior do bosque.

O modelado do canón do Eume

O noso continente, a vella Europa, foi no seu remoto pasado un inmenso e interminable bosque. Hoxetan só sobreviven unhas cantas masas forestais ben conservadas, case todas elas lonxe da costa, nasmontañas. Foi precisamente no litoral onde os humanos máis nos concentramos e onde a explotación dosrecursos naturais foi máis intensa, transformando o medio ao noso antollo.

Os bosques atlánticos condicionados pola presenza do océano albergan vexetación adaptada a unhascondicións máis cálidas e húmidas cás dos bosques naturais do interior. A penas teñen período de secaestival.

As Fragas do Eume son o máis importante bosque atlántico costeiro que se conserva en Europa.

son únicas as Fragas do Eume?

A fauna das FragasPo

r q

ue Mosteiro

de Caaveiro

Este mosteiro foi fundado en 1134 baixo a regra de San Bieito, acoutado por vez primeira por Afonso VII ereconvertido en cisterciense en 1147. A súa vida monástica prolongouse ata a exclaustración de 1835. É un boexemplo do hiperdesenvolvemento arquitectónico que acadaron os mosteiros cistercienses na Idade Moderna.

Posúe unha igrexa barroca comezada a construír en 1622 e tres claustros: o das Procesións, realizadosegundo un proxecto de Juan de Herrera; o da Hospedería, do que só se realiza un lado no tempo de FreiRuperto Martínez (1780-1807), e o Oriental, ampliado progresivamente ao longo do século XVIII. Osrestos románicos limítanse ao muro norte do claustro das procesións.

Mosteiro de Monfero

Hai 65 millóns de anos

Na actualidade

Bidueiro

Abeleira

Ameneiro

Lontra

Píntegarabilonga

Carabus galicianusEste fermosoescaravello viveunicamente no NO dapenínsula Ibérica, eencontra nas Fragas doEume unha das súasmellores poboacións.

Bufo realÉ un dos superdepredadores das fragas. Aquí non ten inimigos. Pasa o día oculto no canón do Eume ou nalgún secreto recuncho do bosque. Á noitiña, sae cazar paxaros, aves ou mamíferos de tamaño medio.

Pasaron 65 millóns de anos desde que oúltimo dinosauro vivo habitaba o nosoplaneta. Despois del, foron multitude asespecies de animais e vexetais quexurdiron para desaparecer ou evolucionarcara a novas formas. Soamente unpuñado de seres permaneceroninmutables durante todo este tempo. Aanálise dos poles incluídos no carbón devarias concas sedimentarias, como a dasPontes de García Rodríguez, permitefacer un fiel retrato da vexetación desdeo período Terciario.

Sabemos que daquela o clima erasubtropical, cun elevado grao dehumidade. Isto permitiu odesenvolvemento dunha exuberante florasimilar á laurisilva das illas Canarias ouás selvas tropicais do sueste asiático.

Sen embargo, as crises climáticas doCuaternario -glaciacións desde o norte edesertización desde os trópicos- fixerondesaparecer aquela primitiva vexetaciónexcepto daquelas zonas nas que, porunha ou outra razón, permaneceronalleas a estes cambios.

Con toda seguridade, tanto a posiciónxeográfica como a propia orografía docanón do Eume, posibilitaron que algúnsfieitos como Culcita macrocarpa ouWoodwardia radicans permanezan aíndahoxe en día. Son auténticas xoias vivas,testemuñas dun remoto pasado.

As Fragas do Eume albergan 28 especiesde fieitos, 7 delas relictas, das que 6están catalogadas como ameazadas eesixen a maior protección.

Un fabuloso tesouro de fieitos

Davallia canariensis

Woodwardia radicans

Davallia guanchica

Vandenboschia speciosa

Culcita macrocarpa

GeomalacusmaculosusEsta rara lesma devora as frescasfollas da vexetaciónmáis húmida.

Miles de criaturas de case todas as formas e tamaños imaxinables inician a súa frenética actividade cotiá,consistente en encontrar alimento, evitar converterse nel, e ter familia.

A inmensa maioría delas son diminutas, pero extraordinariamente numerosas. Os animais de maior tamaño sonmáis escasos. Aquí manteñen prósperas poboacións algunhas especies seriamente ameazadas a escala global.

Que é unha fraga?

Gato montésEscaso no resto deGalicia, aliméntaseaquí de paxaros eroedores.

Xabaril

Falcón peregrinoO rei dos ceos das fragas é un poderosísimo cazadorcapaz de lanzarse en picadocontra unha pomba oucalquera outra ave que voesobre as árbores, pero nunca intentará seguilas no interior do bosque.

O río Eume é o verdadeiro eixe do parque natural. As súas augas axudaron de forma definitiva a cicelar o canóne nas súas ribeiras medraron os bosques.

O berce do río son os cumios da Serra do Xistral, en Lugo, con máis de 1.000 m de altitude. Un sinuoso percorridopor entre solitarias montañas condúceo ata o próspero val industrial das Pontes de García Rodríguez e os encorosda Ribeira (cunha capacidade de 33 millóns de m3 de auga) e do Eume (123 millóns). Entón descólgase en caídalibre sobre o profundo canón que tamén leva o seu nome, atravesa o val que el mesmo escavou para as fragas etermina entregándose ao mar, 80 km despois do seu nacemento, na ría de Pontedeume.

Á súa dereita, polas terras das Pontes de García Rodríguez, corren os afluentes Maciñeira e Ponte da Pedra, de 11km de longo. E á esquerda, os fillos predilectos do Eume: o Frei Bermuz (10 km) e o San Bartolomé (8 km).

O río Eume

Miles de millóns de pólas

Castiñeiro

Érbedo

Carballo

Definíronse catro entradas ou portais de acceso ó espacio natural.O itinerario polo Portal de Caaveiro discorre pola estrada LC-151 desde Pontedeume ata as proximidadesde Caaveiro; trátase dun traxecto polo fondo do val rodeado de bosques.Pódese chegar ata o mosteiro cruzando a ponte colgante de Cal Grande na mesma LC-151 e camiñar ríoarriba pola "Ruta dos Encomendeiros".Desde As Neves accédese ó Portal da Capela, que nos conduce polo canón do Eume nun percorrido degran beleza ata conectar co Portal de Monfero no mesmo mosteiro. Paralelamente pódese realizar estemesmo percorrido a pé utilizando o GR-50 (Ruta de Sendeirismo).O Portal do Encoro do Eume brinda tamén un belo percorrido no que o protagonista é o encoro e asabruptas ladeiras graníticas da parte alta do canón.

...á multitude de regatos queverten ó Eume formandofervenzas.

...á abundancia e diversidade defieitos, liques e brións.

...á migración estival dos reos.

...ás excelentes vistas desde omosteiro de Caaveiro.

...aos sons do bosque ao anoitecere as néboas matinais.

Normas e consellos

Preste atención...

- Modere a velocidade do seu vehículo cando circule polo interior do espazo e fágao sempre polas estradas.- Tanto as pedras como os troncos caídos adoitan ser moi esvaradíos cando están mollados. Teña precaución.- Planifique con detalle as súas visitas e equípese convenientemente.- Arrincar flores e plantas pon en perigo especies singulares.- O lume pode destruir a vida do parque.- Non está permitida a acampada libre nin pasar a noite con caravanas.- Deposite o lixo en colectores.- Respecte as propiedades privadas.- Use as áreas recreativas.

A Xunqueira Alameda

Centro de precintadode salmónidos de Cal Grande

Circulación de autobusesprohibida a partir deste punto Refuxio de A Figueira

A Xunqueira de Abaixo

Mosteiro de Caaveiro d e O m b r eC o u t o d e p e s c a

3 km 1.8 kmLC-151

Ponte colgante Ponte colgante

Portal de Caaveiro

EUME

As Neves

Mosteiro de Caaveiro

Conexión co portal de Monfero

Portal da Capela

AC-141

Sendeiro G.R. 50

Sendeiro G.R. 50

EUME

3 km

6 km

Goente

Encoro do Eume

Portal do Encoro do EumeAC-141

CP-1802

EUME

As Travesas

A Visura

Pila da leñaMosteiro de Monfero

As Eiras

Torre de San Bartolomé

Portal de Monfero

EUME

EUME

Central hidroeléctrica do Eume

Central hidroeléctrica do Eume

Conexión co portal da Capela

AC-151

CP-5003

A Xunqueira Alameda

Centro de precintadode salmónidos de Cal Grande

Circulación de autobusesprohibida a partir deste punto Refuxio de A Figueira

A Xunqueira de Abaixo

Mosteiro de Caaveiro d e O m b r eC o u t o d e p e s c a

3 km 1.8 kmLC-151

Ponte colgante Ponte colgante

Portal de Caaveiro

EUME

As Neves

Mosteiro de Caaveiro

Conexión co portal de Monfero

Portal da Capela

AC-141

Sendeiro G.R. 50

Sendeiro G.R. 50

EUME

3 km

6 km

Goente

Encoro do Eume

Portal do Encoro do EumeAC-141

CP-1802

EUME

As Travesas

A Visura

Pila da leñaMosteiro de Monfero

As Eiras

Torre de San Bartolomé

Portal de Monfero

EUME

EUME

Central hidroeléctrica do Eume

Central hidroeléctrica do Eume

Conexión co portal da Capela

AC-151

CP-5003

A Xunqueira Alameda

Centro de precintadode salmónidos de Cal Grande

Circulación de autobusesprohibida a partir deste punto Refuxio de A Figueira

A Xunqueira de Abaixo

Mosteiro de Caaveiro d e O m b r eC o u t o d e p e s c a

3 km 1.8 kmLC-151

Ponte colgante Ponte colgante

Portal de Caaveiro

EUME

As Neves

Mosteiro de Caaveiro

Conexión co portal de Monfero

Portal da Capela

AC-141

Sendeiro G.R. 50

Sendeiro G.R. 50

EUME

3 km

6 km

Goente

Encoro do Eume

Portal do Encoro do EumeAC-141

CP-1802

EUME

As Travesas

A Visura

Pila da leñaMosteiro de Monfero

As Eiras

Torre de San Bartolomé

Portal de Monfero

EUME

EUME

Central hidroeléctrica do Eume

Central hidroeléctrica do Eume

Conexión co portal da Capela

AC-151

CP-5003

A Xunqueira Alameda

Centro de precintadode salmónidos de Cal Grande

Circulación de autobusesprohibida a partir deste punto Refuxio de A Figueira

A Xunqueira de Abaixo

Mosteiro de Caaveiro d e O m b r eC o u t o d e p e s c a

3 km 1.8 kmLC-151

Ponte colgante Ponte colgante

Portal de Caaveiro

EUME

As Neves

Mosteiro de Caaveiro

Conexión co portal de Monfero

Portal da Capela

AC-141

Sendeiro G.R. 50

Sendeiro G.R. 50

EUME

3 km

6 km

Goente

Encoro do Eume

Portal do Encoro do EumeAC-141

CP-1802

EUME

As Travesas

A Visura

Pila da leñaMosteiro de Monfero

As Eiras

Torre de San Bartolomé

Portal de Monfero

EUME

EUME

Central hidroeléctrica do Eume

Central hidroeléctrica do Eume

Conexión co portal da Capela

AC-151

CP-5003

Accesos e rutas

Page 2: 5ª edición 2006 - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/.../parquenatural/eume/Eume_mapa.pdf · fundamental á diversidade natural do bosque, como os érbedos (Arbutus

5ª edición 2006 • Infografía e mapa: Martín Negreira • Deseño gráfico e maquetación: mazairagrafismo, sl • Imprime: Alva gráfica, S.L. • Depósito legal: 832/2006