529-552 MUPEGA AB08 - anuariobrigantino.betanzos.netanuariobrigantino.betanzos.net/Ab2008PDF/2008...

24
529 Anuario Brigantino 2008, nº 31 ENTRAMOS NO MUSEO DAS MARIÑAS O Museo das Mariñas é un bo punto de partida para unha visita pedagóxica por Betanzos. Está ubicado no antigo convento de Santo Domingo (s. XVI-XVIII) e conserva fermosas portas barrocas, unha * Alfredo Erias Martínez é director do Museo das Mariñas, do Anuario Brigantino e arquiveiro- bibliotecario municipal de Betanzos (http://www.alfredoerias.com). Texto publicado, sen imaxes, nas Actas do I Encontro Iberoamericano de Museos Pedagóxicos e Museólogos da Educación. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral, Museo Pedagóxico de Galicia), 2008. Este primeiro encontro tivo lugar do 20 ó 22 de febreiro de 2008 en Santiago de Compostela, facendo os participantes unha visita de traballo a Betanzos. Betanzos pedagóxico ALFREDO ERIAS MARTÍNEZ* escalinata monumental, así como vistas magníficas sobre a praza do Campo e sobre a torre da igrexa do propio convento desde a que se lanza o famoso Globo todos os 16 de agosto polas festas patronais de San Roque. Unha das numerosas visitas escolares ó Museo das Mariñas. Aquí, na zona adicada ás ANTIGAS ESCOLAS. Sumario Preséntase neste traballo unha síntese de feitos e valores pedagóxicos que aporta o Museo das Mariñas en particular e Betanzos en xeral. Abstract In this work we present a synthesis of events and teaching values contributed by the Museum das Mariñas in particular, and Betanzos in general. Imaxes do autor

Transcript of 529-552 MUPEGA AB08 - anuariobrigantino.betanzos.netanuariobrigantino.betanzos.net/Ab2008PDF/2008...

Page 1: 529-552 MUPEGA AB08 - anuariobrigantino.betanzos.netanuariobrigantino.betanzos.net/Ab2008PDF/2008 529-552.pdf · outras pezas mediante o sistema de punteado e mesmo recreando o espacio

529Anuario Brigantino 2008, nº 31

BETANZOS PEDAGÓXICO

ENTRAMOS NO MUSEO DAS MARIÑASO Museo das Mariñas é un bo punto de

partida para unha visita pedagóxica porBetanzos. Está ubicado no antigo conventode Santo Domingo (s. XVI-XVIII) econserva fermosas portas barrocas, unha

* Alfredo Erias Martínez é director do Museo das Mariñas, do Anuario Brigantino e arquiveiro-bibliotecario municipal de Betanzos (http://www.alfredoerias.com). Texto publicado, sen imaxes, nasActas do I Encontro Iberoamericano de Museos Pedagóxicos e Museólogos da Educación. Santiagode Compostela, Xunta de Galicia (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, SecretaríaXeral, Museo Pedagóxico de Galicia), 2008. Este primeiro encontro tivo lugar do 20 ó 22 de febreirode 2008 en Santiago de Compostela, facendo os participantes unha visita de traballo a Betanzos.

Betanzos pedagóxicoALFREDO ERIAS MARTÍNEZ*

escalinata monumental, así como vistasmagníficas sobre a praza do Campo e sobrea torre da igrexa do propio convento desdea que se lanza o famoso Globo todos os 16de agosto polas festas patronais de SanRoque.

Unha das numerosas visitas escolares ó Museo das Mariñas.Aquí, na zona adicada ás ANTIGAS ESCOLAS.

SumarioPreséntase neste traballo unha síntese de feitos e valores pedagóxicos que aporta o Museo das Mariñasen particular e Betanzos en xeral.

AbstractIn this work we present a synthesis of events and teaching values contributed by the Museum dasMariñas in particular, and Betanzos in general.

Imaxes do autor

Page 2: 529-552 MUPEGA AB08 - anuariobrigantino.betanzos.netanuariobrigantino.betanzos.net/Ab2008PDF/2008 529-552.pdf · outras pezas mediante o sistema de punteado e mesmo recreando o espacio

530Anuario Brigantino 2008, nº 31

ALFREDO ERIAS MARTÍNEZ

En tempos modernos foi o primeiro quetivo en Galicia un espazo significativodedicado ó mundo das antigas escolas. Aspezas proceden non soamente das«Escuelas García Hermanos» (indianos),senón tamén de outras anteriores de caráctermunicipal. Iso explica que teñamos unhaextraordinaria e moi rara colección de mapasescolares de 1865-67 (estaban enroladosdebaixo do tellado do concello e foronsalvados por don Francisco Díaz Pereira),editados en Barcelona por Esteban Paluzíey Cantalozella: Asia (1865), América (1866)

e África (1867). A colección continúa conmapas posteriores editados tamén enBarcelona por José Paluzíe: España,Portugal y posesiones españolas (1898) eEuropa (1903). A isto hai que unir un fermosomapa en relevo procedente das «EscuelasGarcía Hermanos» de finais do s. XIXprobablemente, fabricado por «Perlado Páezy Compañía, Madrid».

Espectaculares e moi raros son dousaparellos das «Escuelas García Hermanos»,denominados cada un deles «Aparatomecánico para la colocación de láminas ymapas». Construíronse en Burgos amediados do s. XIX e amosan unha HistoriaNatural de 1888 e máis unha HistoriaSagrada tamén de finais do s. XIX.

Naturalmente hai unha colecciónfotográfica de nenos nas escolas, dosenterros dos irmáns García Naveira e máisdo parque «El Pasatiempo», concibido poreles como unha gran enciclopedia pola queos nenos, sobre todo, puideran ver eentender o mundo. Hai dous bustos debronce, que representan a don Juan e donJesús, de gran calidade, debidos a I. DíazBaliño e fundidos por Solórzano, e taménun cadro ó óleo sobre tea de gran formato,obra do pintor coruñés Morelli, que retrataa dona Carmen Etcheverría Olaverri, esposade don Jesús García Naveira (por certo, acara é dela, pero o corpo e as xoias baséansenunha fotografía de súa cuñada, donaMaría Iribarne Lascort). Ademais vemospezas salvadas do museo escolar das

Page 3: 529-552 MUPEGA AB08 - anuariobrigantino.betanzos.netanuariobrigantino.betanzos.net/Ab2008PDF/2008 529-552.pdf · outras pezas mediante o sistema de punteado e mesmo recreando o espacio

531Anuario Brigantino 2008, nº 31

BETANZOS PEDAGÓXICO

«Escuelas García Hermanos» (mandíbulas debalea, dous animais disecados, cornamentasde outros, etc.). E, naturalmente, poden ollarsemoitos libros escolares.

Nesa zona tamén amosamos proxectorescinematográficos escolares e, seguindo esaliña, alí pódese ver unha síntese deinstrumentos que simbolizan a modernidadecomo o proxector de cine máis antigo deGalicia, gramófonos, aparellos de radio,máquinas de escribir, cámaras fotográficas,albums de fotografías do s. XIX, etc. Douspupitres lembran os vellos tempos xunto a

dúas pezas raras: a bandeira das«Escuelas García Hermanos»

e a bandeira de «los exploradores de Españatropa de Betanzos» dosprimeiros scouts nacidade.

Pode verse tamén nomuseo a chamada Sala

Continúa a visita ó Museo das Mariñas na zonaadicada ás ANTIGAS ESCOLAS. En páx. anterior,mapa de España en relevo da casa Perlado Páez,de Madrid, de principios do s. XX, procedente

das «Escuelas García Hermanos»...

Un dos baleirados do s. XIX, procedente daacademia de debuxo clásico de don FranciscoJavier Martínez Santiso (Museo das Mariñas).

Sala da Fundación Jiménez-Cossío noMuseo das Mariñas.

Page 4: 529-552 MUPEGA AB08 - anuariobrigantino.betanzos.netanuariobrigantino.betanzos.net/Ab2008PDF/2008 529-552.pdf · outras pezas mediante o sistema de punteado e mesmo recreando o espacio

532Anuario Brigantino 2008, nº 31

ALFREDO ERIAS MARTÍNEZ

Fundación Jiménez-Cossío que ten unhaserie de pezas de tipo textil que don ManuelBartolomé Cossío (entre outras moitascousas, director do «Museo PedagógicoNacional») e a súa esposa, Carmen LópezViqueira, foron recollendo por toda Españaantes da Guerra Civil. Son bordados, abanos,etc. do s. XIX e de antes, incrementados porpezas de orixe británico, posto que a Inglaterrase tivo que exiliar a familia por causa damencionada guerra. Esta colección é unhaverdadeira xoia, que rezuma o pensamento dunhome moi ligado á Institución Libre deEnseñanza, que foi o primeiro en teorizar edar importancia á arte popular.

Non é cuestión de describir polo miudoo resto do museo, pero debe saberse queaquí se atopa a única imaxe en Galicia dun

líder burgués das guerras irmandiñas: ocomerciante e «Alcalde de Hermandad»Afonso de Carvallido, que se representa noseu sepulcro, xunto ó da súa dona, ClaraSanches. Tamén temos o sarcófago daprimeira muller de Andrade, SanchaRodríguez, a laude probable de Nuño Freirede Andrade, o mestre de Christus dePortugal, a imaxe máis antiga dun SantiagoPeregrino en Galicia...

Hai que mencionar o único Apostoladoda Escola de Rubens que hai en Galicia quefoi traído de Amberes no s. XVII para ohospital de San Antonio polos seusfundadores. E tamén vemos a interesanteobra dun artista local de finais do s. XIX:Francisco Javier Martínez Santiso (fotos,debuxos, pinturas...)

Arriba, óleo de Francisco Javier Martínez Santisocoas escolas e asilo «García Hermanos» (acolocación da primeira pedra data do 17-VIII-1908, e no 1911 os dous edificios xemelgos xaestaban en pé). Ó fondo pode verse o desmontepara a construción do sanatorio de San Miguelsobre terreos donados por don Juan GarcíaNaveira ás «Hermanitas de los AncianosDesamparados» no 1930. Museo das Mariñas.Á esquerda, deseño de abano, de FJ MartínezSantiso (1895). Museo das Mariñas.

Page 5: 529-552 MUPEGA AB08 - anuariobrigantino.betanzos.netanuariobrigantino.betanzos.net/Ab2008PDF/2008 529-552.pdf · outras pezas mediante o sistema de punteado e mesmo recreando o espacio

533Anuario Brigantino 2008, nº 31

BETANZOS PEDAGÓXICO

Visita escolar ó Museo das Mariñas na Sala do Traxe.

Maqueta dunhacasa campesiña dasMariñas, realizadapor don ManuelLauda.Museo das Mariñas

Page 6: 529-552 MUPEGA AB08 - anuariobrigantino.betanzos.netanuariobrigantino.betanzos.net/Ab2008PDF/2008 529-552.pdf · outras pezas mediante o sistema de punteado e mesmo recreando o espacio

534Anuario Brigantino 2008, nº 31

ALFREDO ERIAS MARTÍNEZ

Logo, este museo é moi interesante noaspecto simbólico, tanto cara a Betanzoscomo no que se refire a Galicia e mesmo aEspaña. Se xa falamos dalgunhas bandeiras,engádase a das Irmandades da Fala deBetanzos, única que se conserva desemovemento en Galicia, que eu saiba. Untambor dos bandos de 1844 é tamén unha

peza rara, xunto con medallas da cidade,traxes dun maceiro e dun alguacilillo, etc. Elogo está a bandeira do GobernoRepublicano Español no Exilio (París),doación da viúva de don Javier Alvajar,cumprindo a súa vontade, e pola fondaamizade desta familia con quen isto escribe.O caso é que se convertiu en lugar de

Maqueta de Betanzos (realizada por don Juan de la Fuente para o Museo das Mariñas),baseada no plano da Enciclopedia de Madoz de mediados do s. XIX.

Page 7: 529-552 MUPEGA AB08 - anuariobrigantino.betanzos.netanuariobrigantino.betanzos.net/Ab2008PDF/2008 529-552.pdf · outras pezas mediante o sistema de punteado e mesmo recreando o espacio

535Anuario Brigantino 2008, nº 31

BETANZOS PEDAGÓXICO

ofrendas para os republicanos, especial-mente todos os 14 de abril.

A diversidade de contidos do museolévanos tamén ó mundo etnográfico: lagarespara o viño; instrumentos do proeceso do pan;teares e demais aparellos do proceso de fiadoe tecido do liño; Sala do Traxe coa lembranzaó Ballet Galego Rey de Viana; as festas, conatención especial ó Globo de Betanzos...

No aspecto expositivo o Museo aportaalgúns recursos técnicos e pedagóxicas que,a pesares da súa sinxeleza, non deixan deser raros nos museos galegos. Derivan enxeral do debuxo arqueolóxico e aplícanse ó

mundo galaicorromano e á era medieval.Neste senso, entre outras accións, fixéronsebaleirados de laudes sepulcrais (supostomédico de Fernán Pérez de Andrade, FernánPérez de Andrade «o mozo», Diego deAndrade e Fernando de Andrade) ereconstrucións cromáticas hipotéticas(escenas de montería do porco bravo daábsida de S. Francisco de Betanzos). Mesmome atrevín a dar cor a algúns baleiradossepulcrais, co fin de facer máis próxima afaciana destes persoeiros. E reconstruíronseoutras pezas mediante o sistema de punteadoe mesmo recreando o espacio con material.

Estelas funerarias romanas no Museo dasMariñas. Dous baleirados (abaixo, de

Espenuca e de Mazarelas) e anacodun orixinal (Recebés).

Castro de Untia, baseado nos restos quequedan das murallas e nas curvas de nivel.

Deseño hipotético de Alfredo Erias.

Page 8: 529-552 MUPEGA AB08 - anuariobrigantino.betanzos.netanuariobrigantino.betanzos.net/Ab2008PDF/2008 529-552.pdf · outras pezas mediante o sistema de punteado e mesmo recreando o espacio

536Anuario Brigantino 2008, nº 31

ALFREDO ERIAS MARTÍNEZ

Este é, por conseguinte, un museo deespectro temático amplo no que se intentacontar, mediante imaxes e co mínimo textoposible, unha historia esencial do nosopasado, das nosas raíces; unha historia quechegue antes ó corazón que á cabeza. Oasombro é o primeiro paso para edificar unrecordo sólido, pero o asombro precisa ásveces de elementos que van máis aló daspezas orixinais: precisa dunha certaconcepción teatral, partindo do espazo coque se conta e da circulación por el dosvisitantes. Iso intentouse aquí. Por exemplo,

ningún museo de Galicia é tan propiciocomo o das Mariñas para explicar as guerrasirmandiñas. ¿Por que? Pois porque temos,como xa se dixo, ó «Alcalde de Hermandad»Afonso de Carvallido, pero tamén están osseus inimigos, os Andrade do s. XV, grazasós baleirados dos orixinais da igrexamosteiral de Monfero.

Aínda hai máis elementos quecomplementan as pezas orixinais destemuseo, tales como maquetas e fotografías.Unha maqueta monumental está na entradapara explicar o territorio da antiga provincia

Nesta páx. e na seguinte (lectura de dereita a esquerda) desenrólanse as escenas de montería da ábsidada igrexa de S. Francisco de Betanzos. Deseño e cor hipotética de Alfredo Erias. Museo das Mariñas.

Museo das Mariñas. Arqueoloxía medieval.

Page 9: 529-552 MUPEGA AB08 - anuariobrigantino.betanzos.netanuariobrigantino.betanzos.net/Ab2008PDF/2008 529-552.pdf · outras pezas mediante o sistema de punteado e mesmo recreando o espacio

537Anuario Brigantino 2008, nº 31

BETANZOS PEDAGÓXICO

de Betanzos, e outras máis, complementadas congrandes fotografías, amosan noutro lugar aevolución espacial e urbanística de Betanzos, desdeo Castro de Untia ata hoxe.

CAMIÑAMOS POR UNHA CIDADE MEDIEVALQUE ESTÁ ENRIBA DUN CASTRO

Nada máis saír do Museo das Mariñas endirección á praza do Campo (hoxe García Irmáns)entramos nunha permanente lección de urbanismo,arte e historia. Vemos, de entrada, o EdificioArquivo do Antigo Reino de Galicia, obra dasegunda metade do s. XVIII, o primeiro feito apropósito para arquivo en España. De estiloneoclásico, está dividido en sete naves para as setevellas provincias. É o edificio máis representativodo antigo reino de Galicia. Á súa beira está ohospital de San Antonio de Padua, fundado no 1674e cun patio central porticado que aínda mantén o ardo pasado (hoxe é pazo de xustiza). Na mesma liña

Abaixo, sepulcro do «alcalde de hermandad» e«mercador», Afonso de Carvallido, que participou naguerra irmandiña de 1467-69. Á dereita, baleirado dunprobable médico do s. XIV da igrexa de San Franciscode Betanzos (cor hipotética de Alfredo Erias). Museodas Mariñas.

Page 10: 529-552 MUPEGA AB08 - anuariobrigantino.betanzos.netanuariobrigantino.betanzos.net/Ab2008PDF/2008 529-552.pdf · outras pezas mediante o sistema de punteado e mesmo recreando o espacio

538Anuario Brigantino 2008, nº 31

ALFREDO ERIAS MARTÍNEZ

Fernán Pérez de Andrade «o mozo» e o seu fillo Diego de Andrade (s. XV). Baleirados con corhipotética (Alfredo Erias) do Museo das Mariñas. Orixinais na igrexa do mosteiro de Monfero.

Page 11: 529-552 MUPEGA AB08 - anuariobrigantino.betanzos.netanuariobrigantino.betanzos.net/Ab2008PDF/2008 529-552.pdf · outras pezas mediante o sistema de punteado e mesmo recreando o espacio

539Anuario Brigantino 2008, nº 31

BETANZOS PEDAGÓXICO

Anaco da laude sepulcral dunnotario de Betanzos (s. XV). Erestos da laude dun cabaleiroarmado de arredor de 1400.Museo das Mariñas.

Fernando de Andrade, Conde de Vilalbae de Caserta, cabaleiro da Orde de Santiago(sepulcro na igrexa de Santiago de Pontedeume),naceu no 1477 e morreu no 1540. Educouse nacorte itinerante dos Reis Católicos, participandona conquista de Granada de 1492...No 1500 é xa capitán da armada, acompañandoa Gonzalo Fernández de Córdoba, O GranCapitán, a Sicilia na súa loita contra o rei deFrancia. Como xeneral acada a vitoria deSeminara no 1503, o que o pon en rivalidadedirecta con Fernández de Córdoba, que o reduceá categoría de capitán nas vitorias de Ceriñola(seguida da entrada en Nápoles), Garellano eGaeta (esta xa no 1504). Baleirado do Museodas Mariñas.

Page 12: 529-552 MUPEGA AB08 - anuariobrigantino.betanzos.netanuariobrigantino.betanzos.net/Ab2008PDF/2008 529-552.pdf · outras pezas mediante o sistema de punteado e mesmo recreando o espacio

540Anuario Brigantino 2008, nº 31

ALFREDO ERIAS MARTÍNEZ

construído á maneira barroca na segundametade do s. XVIII, cun ampuloso escudoda cidade coroándoo.

Ó outro lado da N-VI vemos un granedificio con ampla galería: é a casa de don

estaba a capela de San Roque, hoxereconvertida en oficina principal de CaixaGalicia, pero que aínda se pode ler dalgúnxeito. Pegada a ela está un edificio pequeno,moi singular: o antigo Colexio de Orfas,

Na sala do APOSTOLADO DA ESCOLA DERUBENS (s. XVII) do Museo das Mariñas. De

xeito ordenado, sempre se deixa tocar ósvisitantes as campás da capela do antigo

hospital de San Antonio de Padua, deBetanzos (de onde procede o Apostolado).

A estatua dos irmáns García Naveira e a súacasa, estilo segundo imperio francés, ó fondo.

Page 13: 529-552 MUPEGA AB08 - anuariobrigantino.betanzos.netanuariobrigantino.betanzos.net/Ab2008PDF/2008 529-552.pdf · outras pezas mediante o sistema de punteado e mesmo recreando o espacio

541Anuario Brigantino 2008, nº 31

BETANZOS PEDAGÓXICO

Agustín Leis Cernadas, político liberal(deputado a Cortes a mediados do s. XIX),construída no 1880-82 cun ar demodernidade que semella querer rachar coasúa imaxe de fidalgo que xa non resultabainteresante naquel estado liberal e menosdespois do sexenio revolucionario. Hai máiscasas burguesas desta liña (dos Etcheverría,etc.). Pero o Campo está dominado poriconos que miran cara arriba: a torre barrocade Santo Domingo, a Fonte de DianaCazadora (traída de París e inaugurada no1867), o palco da música (1927-28),proxectado por Rafael González Villar e aestatua dos irmáns García Naveira, traídadesde o parque «El Pasatiempo» no 1983.

A praza do Campo é unha das máisfermosas de Galicia e de España. Nela estánrepresentados estilos urbanísticos desdeo s. XVI ata hoxe. Aínda queda algunhafotografía onde vemos os típicos soportaisorixinarios probablemente do s. XVI, senarcos e soportados por columnas de pedraá maneira en que quedan na rúa da Fonte deUnta; pero desde mediados do s. XIX foronsubstituídos por soportais de arco, imitando

a Praza Real de Madrid: de feito, por este tempochamouse á praza do Campo, «Plaza Real»

Betanzos defínese como unha típicacidade medieval amurallada, con campo defeira extramuros. Así pois, pasado o Campo,

O Edificio Arquivo do Antigo Reino de Galicia (s. XVIII).

O Colexio de Orfas(s. XVIII).

Page 14: 529-552 MUPEGA AB08 - anuariobrigantino.betanzos.netanuariobrigantino.betanzos.net/Ab2008PDF/2008 529-552.pdf · outras pezas mediante o sistema de punteado e mesmo recreando o espacio

542Anuario Brigantino 2008, nº 31

ALFREDO ERIAS MARTÍNEZ

entramos na vella cidade a través da Portada Vila. A última construírase arredor de 1550e sería destruída no 1872, debido á febre doprogreso daquel tempo que levou tamén ádestrución da maior parte dos soportais daRúa do Castro, do marabilloso mosteirogótico de San Francisco, etc. Iso si, quedanna Porta da Vila os tres escudos coa lenda:LAS [ARMAS] DEL REINO E LA CIBDAD(Galicia, Castela-León e Betanzos). Logo, seandamos pola Rúa Travesa decatámonos

que imos dando unha curva e isto é porqueBetanzos está enriba do castro de Untia,que aínda está presente: a Rúa Travesa vaipor riba dun antecastro e as casas daesquerda están pegadas por detrás a unhamuralla castrexa de outro antecastrosuperior. Deixamos a fermosísima «Farmaciadel Doctor Couceiro», a máis antiga deGalicia en funcionamento, pasamos pordiante da «Casa del Pueblo» (obra deGonzález Villar) e chegamos a unha praza

Sepulcro de Fernán Pérez de Andrade (s. XIV).Igrexa de San Francisco, de Betanzos.

Page 15: 529-552 MUPEGA AB08 - anuariobrigantino.betanzos.netanuariobrigantino.betanzos.net/Ab2008PDF/2008 529-552.pdf · outras pezas mediante o sistema de punteado e mesmo recreando o espacio

543Anuario Brigantino 2008, nº 31

BETANZOS PEDAGÓXICO

Arriba, o escultor e pintor Patinha pintandofronte á igrexa e convento de San Francisco.

Abaixo, arco da Ponte Nova.

medieval chea de encanto: a de Fernán Pérezde Andrade, coñecida popularmente comoO Azougue (de zoco, ‘mercado’) na que,ademais das típicas casas populares conbalcón corrido de madeira (empezados aconstruír no s. XVI-XVII para secar omaínzo, ademais das cebolas e outrosprodutos de horta), temos dúas das igrexasgóticas máis importantes de Galicia: a deSan Francisco e a de Santa María doAzougue. A de San Francisco ten máissepulcros antropomorfos que ningunhaoutra galega, destacando especialmente ode Fernán Pérez de Andrade (finado en1397), único en España con escenas ce caza.En Santa María, ademais dun retablo contallas flamencas do s. XV e algúns sepulcrosmoi interesantes, cabería destacar o único

Page 16: 529-552 MUPEGA AB08 - anuariobrigantino.betanzos.netanuariobrigantino.betanzos.net/Ab2008PDF/2008 529-552.pdf · outras pezas mediante o sistema de punteado e mesmo recreando o espacio

544Anuario Brigantino 2008, nº 31

ALFREDO ERIAS MARTÍNEZ

calendario medieval completo de Galicia quese atopa representado nun capitel da navesur ou da dereita.

Se damos a volta cara a croa do castro,pasaremos pola cima da empinada Rúa dosFerreiros, que remata cunha fermosa portada muralla coa primeira inscrición en letrahumanística da cidade, que a data no 1500. Ena cima hai outra chea de monumentos arredorda praza da Constitución: a igrexa gótica (antesrománica) de Santiago, con varios sepulcrosantropomorfos e o retablo do arcediano Pedrode Ben, realizado por Cornelius de Holanda; atorre municipal, o pazo e torre de Lanzós, opazo gótico de Bendaña, o edificio do concello(finais do s. XVIII e principios do XIX) defachada neoclásica, debida a VenturaRodríguez, a Casa Núñez, hoxe convertida enCentro Internacional de Estampa Contem-poránea (C.I.E.C.). Pazo de Bendaña, Torre «do Reló»

e igrexa de Santiago.

Centro Internacional da EstampaContemporánea.

Page 17: 529-552 MUPEGA AB08 - anuariobrigantino.betanzos.netanuariobrigantino.betanzos.net/Ab2008PDF/2008 529-552.pdf · outras pezas mediante o sistema de punteado e mesmo recreando o espacio

545Anuario Brigantino 2008, nº 31

BETANZOS PEDAGÓXICO

O CENTRO INTERNACIONAL DEESTAMPA CONTEMPORÁNEA (CIEC)

Non se pode facer unha viaxe conobxectivos pedagóxicos sen entrar no CIEC,probablemente o centro de gravado máisimportante de España e un dos máissignificados no mundo. Alí nos atopamoscon alumnos e profesores dos lugares máisinsospeitados do planeta. Non hai técnicaque non se estudie.

O CIEC tivo como precedente os cursosde Gráfica que o propio Jesús Núñez iniciouen 1985.

É un centro onde a creación artísticarevolotea por todas partes. Pero, ademaisdos talleres, existen salas de exposiciónstemporais de gravado e un interesantísimomuseo no que podemos ver estampas deartistas de altísima calidade e non menosrenome: Picasso, Miró... É de destacar a ricacolección de Luís Seoane e tamén a sala deJesús Núñez, artista betanceiro moirecoñecido, formado en Madrid e Berlín aquen se debe a creación desta marabilla queé o CIEC: sen dúbida unha grata einesperada sospresa para o visitante.

CHEGAMOS Ó PASATEMPOEsta é a sorprendente obra dos irmáns

García Naveira, pero, sobre todo, de donJuan. Son «indianos» que volven ricos deAmérica e realizan na súa terra natal grandes

obras públicas e benéficas, a imaxe do quefacían e aínda fan os millonarios americanos(Rockefeller, Astor, Morgan... coas súasluxosas casas e coas conseguintesfundacións benéficas). Isto dalgunhamaneira vese en toda Galicia e en España afinais do s. XIX e nas primeiras décadas doXX. Pero o que non é corrente é a grandimensión da obra dos García Naveira.JuanMª e Jesús García Naveira naceron na Rúada Ribeira, nº 53 antigo e 47 actual. Eranfillos de labradores con familiaresprobablemente zapateiros, como denota ofeito de que foran coñecidos polo alcume«Os Subela».

Juan Mª naceu o 16-V-1849 e emigrou áArxentina no 1869, onde fai unha granfortuna. Volveu á súa terra no 1893, vivindoen Betanzos ata a súa morte, o 9-III-1933.Entre esas últimas datas creou na súa cidade:un novo Lavadeiro Público das Cascas(1912), o «Refugio» para nenas subnormais(1923), o Sanatorio de San Miguel (1930) e o«Parque «El Pasatiempo».

Jesús naceu o 14-VI-1853, emigrando áArxentina no 1871, onde se asocia con seuirmán en distintos negocios e empresas.Reside habitualmente en Madrid, aínda queveranea en Betanzos. Morre na Arxentina no1912. A través do seu testamento realizou enBetanzos: as Escolas Municipais Jesús GarcíaNaveira (1917) e a Casa do Pobo (1918).

Talleres do Centro Internacional da Estampa Contemporánea.

Page 18: 529-552 MUPEGA AB08 - anuariobrigantino.betanzos.netanuariobrigantino.betanzos.net/Ab2008PDF/2008 529-552.pdf · outras pezas mediante o sistema de punteado e mesmo recreando o espacio

546Anuario Brigantino 2008, nº 31

ALFREDO ERIAS MARTÍNEZ

Os dous irmáns fundaronconxuntamente: o Lavadeiro Público dasCascas (1901) e o Patronato Benéfico-Docente «García Hermanos» (1908), queconstaba dun Asilo (1912) e das Escolas«García Hermanos».

A mellor definición que temos doPASATEMPO douna Luís Seoane, que ochamou «Parque Enciclopédico», expresiónque engloba dúas características básicas:1) a de ser un parque para o recreo e disfruteestético, e 2) a de ser unha extraordinaria efabulosa enciclopedia de saberes, confinalidade claramente didáctica.

Don Juan foi o gran protagonista destaobra inmensa. Cubría uns 90.000 m2 eintegraba, nun conxunto cheo deorixinalidade: edificios, esculturas, xardíns...Constaba de dúas partes ben definidas: 1)os xardíns do Pasatempo, que con 80.000m2 se estendían por toda a parte baixa e cha

do conxunto, e 2) O Pasatempo propiamentedito, duns 8.000 m2, distribuídos endiferentes niveis, aproveitando a inclinacióndo borde leste da cunca fluvial.

Iniciou as obras Don Juan GarcíaNaveira entre o 1893 e o 1895, recén chegadoda Arxentina. O conxunto foi medrandopouco a pouco como se dun organismo vivose tratase. Nun artigo de La Gaceta deObras Públicas de Madrid (ano 1908) dise:

«como don Juan no sabe estar ocioso,compró un terreno que era erial y decharcas y con una perseverancia increible,lo ha transformado en una posesiónadmirable y admirada por todo el mundo,lo cual le tiene completamente obsesionado...y costará muchos miles de duros, pues donJuan García, cada vez más obsesionadopor lo que ha hecho y hace, no sabe dar paza la mano y al bolsillo, y ha de hacer que elnombre de BETANZOS y de la ARGENTINAsean glorificados».

Betanzos visto desde o gran león do Pasatempo.

Page 19: 529-552 MUPEGA AB08 - anuariobrigantino.betanzos.netanuariobrigantino.betanzos.net/Ab2008PDF/2008 529-552.pdf · outras pezas mediante o sistema de punteado e mesmo recreando o espacio

547Anuario Brigantino 2008, nº 31

BETANZOS PEDAGÓXICO

O tempo empleado foi, polo tanto,necesariamente dilatado, con épocas debaixa actividade, como entre 1908 e 1912cando construía o Asilo e as Escolas e, asímesmo, entre 1914 e 1918 por problemas desubministro de materiais, debido á PrimeiraGuerra Mundial. Con todo, no 1914 estabapracticamente configurado, aínda quecontinuou mercando novos terreos eengadindo ideas.

Independentemente de calqueraexplicación máis ou menos ligada ócomportamento da clase social querepresentaba don Juan como millonario ecomo indiano, debemos destacar a funciónde beneficio social que perseguiu oPasatempo. Esta finalidade tiña dúasvertentes: 1) a de proporcionar traballo ósdesocupados e 2) a de tratar de facerrendible o conxunto, como apoio ó «Asilo».Efectivamente, don Juan chegou a ter uns

200 obreiros traballando ó mesmo tempo,co que non só melloraba as condiciónsinmediatas de vida de moita xente, senónque tamén fomentaba a aprendizaxe deoficios e técnicas. Hai que ter en conta quese empregaban unha gran diversidade demateriais, tales como: cunchas, croios,esquistos, botellas, etc. Moldéase a propiavexetación; sácaselle partido nun alarde deimprovisación xenial ás características doterreo; introdúcese o cemento Portland enovas técnicas constructivas da época..

O propio don Juan dirixía os traballos apé de obra e, ó parecer, a súa filla Águedaproporcionáballe boa parte dos debuxosque precisaba. Dous parecen ser os piaressobre os que se baseou: 1) a propia visióndo mundo e da sociedade que don Juan tiñaa partir da súa experiencia vital, e 2) as viaxesque este realizou. Don Juan a penas sabíaler cando emigrou a Buenos Aires, polo que

A Boca do Hades ou do Inferno no Pasatempo.

Page 20: 529-552 MUPEGA AB08 - anuariobrigantino.betanzos.netanuariobrigantino.betanzos.net/Ab2008PDF/2008 529-552.pdf · outras pezas mediante o sistema de punteado e mesmo recreando o espacio

548Anuario Brigantino 2008, nº 31

ALFREDO ERIAS MARTÍNEZ

se viu na obriga de acudir alí a clasesnocturnas ata conseguir unha culturadigna. Esta experiencia persoal fixo que déseunha extraordinaria importancia á educación,cousa que se transluce perfectamente noPasatempo.

No periódico local Nueva Era do 7-VI-1914 apareceu a seguinte noticia: «Elprofesor de Instrucción Primaria EdelmiroMoreno está encargado de dar clasesgratuitas de doce a dos de la tarde a lostrabajadores de El Pasatiempo de donJuan García, por orden de este generosofilántropo. Merece unánimes elogios lameritoria obra del Señor Naveira para consus obreros».

Pola importancia que don Juan daba áeducación, compréndese doadamente quehoubese unha vinculación moi estreita entreo Pasatempo e as Escolas. O propioregulamento destas dicía: «De cuando encuando, en las épocas y días convenientes,se organizarían paseos y excursiones depráctica escolar, para los alumnos yalumnas de la primera enseñanza,acompañados de sus respectivosprofesores, quienes, sin prescindir de laLección teórica del día, les explicaráncuanto a su vista se presente digno deatención. A fin de desarrollar la facultad

de discurrir, los niños y las niñas de lassecciones más adelantadas, escribirán yredactarán una memoria descriptiva de loque fuesen observando, y de lasimpresiones recibidas en estas instructivas,higiénicas y amenas distraccionesescolares».

Nesta liña, organizáronse excursiónsdas Escolas a Madrid, Sevilla (ExposiciónIberoamericana), Ferrol... e, naturalmente, óPasatempo. O propio patio e a parteposterior das Escolas (tamén no «Refugio»onde aínda quedan) tiña tamén numerososrelevos, similares ós do Pasatempo,destinados a este fin pedagóxico, verdadeira«obsesión» de don Juan.

As viaxes foron, desde logo,fundamentais na concepción xeral de donJuan. Arxentina aparece representadaamplamente, pero non hai que esquecer oseu percorrido por Europa no 1899: Burgos,Vitoria, Tolosa, San Sebastián, París (ondese preparaba a Exposición Universal), Suiza,Milán, Turín, Venecia, Florencia, Roma,Nápoles, Pisa, Génova... As pegadasparisinas e italianas son moi visibles noPasatempo.

Outra viaxe de transcendencia foi arealizada a Exipto no 1910. Dela quedarátamén ampla memoria no Pasatempo.

«Árbol Genealógicodel Capital» noPasatempo.

Page 21: 529-552 MUPEGA AB08 - anuariobrigantino.betanzos.netanuariobrigantino.betanzos.net/Ab2008PDF/2008 529-552.pdf · outras pezas mediante o sistema de punteado e mesmo recreando o espacio

549Anuario Brigantino 2008, nº 31

BETANZOS PEDAGÓXICO

Da antiga parte baixa do Pasatempo hoxesó queda a Fonte das Catro Estacións, aEstatua da Caridade e a dos irmáns GarcíaNaveira (esta trasladada á Praza do seu nomeo 10 de abril de 1983), pero desapareceron aFonte de Neptuno e a Fonte Florentina. Osleóns da entrada están en Covadonga e aAvenida dos Emperadores Romanos ou ados Álamos (entre os que estaban asestatuas de grandes literatos) soamente sonrecordo. Nada queda do Estanque dosPapas, nin do Estanque Xaponés.Tampouco está o Mirador Chino, nin oPabellón Octogonal. Bancos do xardín coasbandeiras dos distintos países taméndesapareceron, así como canles, pontes,surtidores, un labirinto...

Toda esta parte cambiou, é certo, perohoxe revive de outro xeito, gracias árealización dun novo parque, onde serescataron moitos dos elementos perdidos.

A parte alta, o Pasatempo propiamentedito, aínda pervive na súa meirande parte ólongo de cinco niveis. No primeiro, atópasea gran entrada á Gruta artificial, coarepresentación dun elefante e dunha xirafa...Fronte a ela está o Estanque da Gruta coasinscricións «PASATIEMPO» e «1893». Nassúas paredes vense diversos animais:cabalo, camello, dromedario, hipopótamo,rinoceronte...

Comunicado con este estanque hai outromáis pequeno no que se ve unha balea e aboca de Hades ou do Inferno, copiada doitaliano Bosque Sagrado de Bomarzo.

Cara ó Sur está o impresionante Estanquedo Retiro, recuberto de pedras e cunchas.Nel pode verse un dirixible e dousautomóbiles. Na cara sur vemos grutas outravez e, no medio, hai unha illa artificial cunfermoso templete, tendo baixo del dúasmulleres que baleiraban ininterrompidamente

O Pasatempo visto desde o«Estanque del Retiro».

Page 22: 529-552 MUPEGA AB08 - anuariobrigantino.betanzos.netanuariobrigantino.betanzos.net/Ab2008PDF/2008 529-552.pdf · outras pezas mediante o sistema de punteado e mesmo recreando o espacio

550Anuario Brigantino 2008, nº 31

ALFREDO ERIAS MARTÍNEZ

os seus recipientes inesgotables... A Árborede Guernica tamén está alí representada.

A gran parede que pecha o Pasatempopolo Sur ten a lenda: «ESPAÑAMONÁRQUICA Y SUS 18 HIJASREPUBLICANAS» cos escudos desasrepúblicas. Nesa zona está a Fonte daAgricultura, representando unha campesiña.

Copiadas de manuais escolares e depostais de viaxes vemos diferentes escenas,tales como: o sacrificio do indio TupacAmaru, a morte dos cristiáns no circoromano, o fusilamento de Torrijos, «La Pazpor el arbitraje» (figura puramentexeométrica que alude ós tratados de pazentre os países), etc.

Hai unha parede cun sinnúmero deanimais. Outra con azulexos decorados. Nunhamáis, vese un buzo e a estación dun funicular.A Arxentina aparece representada con tódolosescudos das súas provincias, ademais dacidade de Buenos Aires, simbolizada poloobelisco da Avenida 9 de xullo. Coroaban oconxunto os bustos en cemento dos doceprimeiros presidentes arxentinos (queda un).

No segundo nivel aparece a árborexenealóxica do Capital, así como un recordoda viaxe dos García Naveira a Exipto, coa imaxedos protagonistas, copia dunha fotografíatomada ó pé das pirámides. Aparece tamén unaeroplano, a Mezquita de Mohamad Alí de ElCairo, a Muralla China, o Canal de Panamá...

A través dun complexo entramado degrutas chegamos ó terceiro nivel, onde estáo león xigantesco (o actual é unha versióndo orixinal). Rematan este espacio unhasformas que semellan montañas ou pináculoscaprichosos, ó estilo de Gaudí (ParqueGüell), do quen toma referencias don Juan.

No cuarto nivel estaba o zoolóxico, conlobos, un yak (regalo de Alfonso XIII)...Permanecían en gaiolas especiais. Taménhabía cisnes, ocas nunha «Arca de Noé»con patos nos estanques... Hoxe estáprevisto ese espacio para cultivo de árboresde distintas especies.

O paso ó quinto nivel realízase a travésdunhas escaleiras flanquedas por dúasestatuas (unha representa a Xusticia)... Nacima, hoxe hai un invernadeiro e unespectacular mirador desde onde se ve nonsó o conxunto do parque, senón tamén acidade de Betanzos ó fondo.

O Pasatempo entrou en declive coaGuerra Civil, sendo afectado por un campode concentración próximo que tiña a súabase na antiga fábrica de curtidos dosEtcheverría (lugar da Magdalena), polo quepasaría moita xente (entre outros, VicenteFerrer); e ese tempo quedou noesquecemento ata que o Concello mercoueses terreos no 1986: para os vellosvolveron as lembranzas e para os novos asorpresa. Andar polo Pasatempo é comofacelo polas páxinas dun libro, un libro depedra, terra e cemento que nos transmitemúltiples coñecementos e sensacións...

REMATAMOS A VIAXEA viaxe pode acabar aquí, pero sempre

que se teña en conta que Betanzos aínda

Memoria da viaxe de don Juan e familia aExipto (1910) no Pasatempo.

Page 23: 529-552 MUPEGA AB08 - anuariobrigantino.betanzos.netanuariobrigantino.betanzos.net/Ab2008PDF/2008 529-552.pdf · outras pezas mediante o sistema de punteado e mesmo recreando o espacio

551Anuario Brigantino 2008, nº 31

BETANZOS PEDAGÓXICO

ten moitas outras cousas que ofrecer. Por exemplo, unha xira en barco río Mandeo arribacara ó campo dos Caneiros, que nos trasladaría ás merendas campestres do s. XIX, ou aexploración de barrios medievais como o da Magdalena coas «casetas do hospital deLazarados», a capela, a casa do lagar e a fábrica de curtidos do s. XVIII; ou o da Ponte Vella cosantuario de Nosa Señora do Camiño (no camiño xacobeo que pasa por Betanzos e que véndesde Ribadeo, por unha banda, e desde Ferrol, pola outra), o da Fonte de Unta, mesmo obarrio dos Xudeos, do que aínda queda algo, ou o das Cascas cos restos do mosteiro domesmo nome (s. XII). Sen dúbida, o viaxeiro pensará que a Betanzos hai que volver.

O APORTE BIBLIOGRÁFICO DE BETANZOS Á HISTORIA DA EDUCACIÓNA existencia en Betanzos dun bo Arquivo Municipal, rescatado das tebras a partir de

1981, dunha Biblioteca que traballou moito na recuperación das obras impresas de temáticalocal e dun Museo que foi o primeiro en Galicia en dedicar un espacio importante ó mundodas nosas escolas, favoreceu os traballos de investigación. Pero ademais, o feito decontar Betanzos cunha das revistas de investigación máis antigas de Galicia, o AnuarioBrigantino (editado polo concello), fai que a cidade sexa unha das mellor estudadas entodos os aspectos na nosa comunidade e tamén no que respecta á Historia da Educación.Esta revista naceu no 1948, saíu logo no 1949 e 1951 para desaparecer trinta anos ata 1981,pero desde ese momento sae ininterrompidamente (clasificación da Unesco: 080000,Multidisciplinares. Humanidades; categoría: C – Normal). Por outra banda, convéndicir que o Anuario Brigantino está accesible en internet, en formato PDF, desde setembrode 2007 na web: http://anuariobrigantino.betanzos.net

Por iso non é estrano que coñezamos con bastante aproximación as instituciónseducativas antigas como a «Cátedra de Latinidad», as escolas e institutos do s. XIX e XX,o fenómeno das escolas de indianos, aquí potenciado coa presencia do parque «ElPasatiempo», etc. Non é que todo estea estudado, pero si temos unha imaxe xeral dofenómeno educativo na cidade e mesmo, nalgúns aspectos, na antiga provincia.

Evidentemente non hai libro relativo á Historia da Educación de Galicia que non dediqueun capítulo destacado a Betanzos, pero agora, como aporte concreto, deixo aquí unharelación bibliográfica de traballos publicados no Anuario Brigantino (repito, accesibles eninternet) que, dun xeito ou de outro, tratan o fenómeno educativo en Betanzos e máis aló.Naturalmente, inclúese a bibliografía consultada para o presente traballo:

O APORTE BIBLIOGRÁFICO DE BETANZOS Á HISTORIA DA EDUCACIÓNALFARO, Enrique, «La enseñanza profesional obrera y los

centros que la realizan». Anuario Brigantino 1949.ARES FARALDO, Manuel, «La Cátedra de Latinidad de

Betanzos». Anuario Brigantino 1990.BORONDO, Rogelio, 1900, Memorias de un viaje

improvisado. Betanzos, Imp. Sucs. de Castañeira.BRAIS DA BOUZA, «De la cilla de un maestro: con Don

Quijote en clase». Anuario Brigantino 1992.BRAIS DA BOUZA, «De la cilla de un maestro: en pro de

la ortografía española». Anuario Brigantino 1993.BRAIS DA BOUZA, «De la cilla de un maestro: Ayer y

hoy, según el criterio de su Real Academia, de casosdificultosos en la enseñanza de la ortografía española».Anuario Brigantino 1994.

BRAIS DA BOUZA, «De la cilla de un maestro: Ayer y

hoy, según el criterio de su Real Academia, de casosdificultosos en la enseñanza de la ortografía española (II)».Anuario Brigantino 1995.

BRAIS DA BOUZA, «De la cilla de un maestro: Ayer yhoy, según el criterio de su Real Academia, de casosdificultosos en la enseñanza de la ortografía española (yIII)». Anuario Brigantino 1996.

CABANO VAZQUEZ, José Ignacio; PATO, Mª Luz;SOUSA, José, «El Pasatiempo (I): un país de Oriente».Anuario Brigantino 1986.

C.E.M. , «Vive a Natureza». Anuario Brigantino 1991.COSTA RICO, Antón e BENÍTEZ GARCÍA, Mª Xosé,

«Marcelino Pedreira: Un mestre coruñés baixo a influenciade Pestalozzi e da Escola Nova». Anuario Brigantino1999.

Page 24: 529-552 MUPEGA AB08 - anuariobrigantino.betanzos.netanuariobrigantino.betanzos.net/Ab2008PDF/2008 529-552.pdf · outras pezas mediante o sistema de punteado e mesmo recreando o espacio

552Anuario Brigantino 2008, nº 31

ALFREDO ERIAS MARTÍNEZ

COSTA RICO, Antón, «A presencia da institución libre deenseñanza en Betanzos». Anuario Brigantino 1988.

CRESPI RODRIGUEZ, José. «Restauración delPasatiempo». Anuario Brigantino 1996.

CRESPI RODRIGUEZ, José, «El Pasatiempo: una nuevadimensión». Anuario Brigantino 1998.

CRESPÍ RODRÍGUEZ, José, «El Pasatiempo: un modeloutópico de ordenación». Anuario Brigantino 2002.

CRESPO, Celestino Luis, «La Enseñanza en Betanzos».Anuario Brigantino 1948.

«Escuela municipal de orientación agrícola de Betanzos:conferencias». Anuario Brigantino 1948.

DÍAZ BLANCO, Elena, «Escola Municipal de Folclore deBetanzos». Anuario Brigantino 1999.

DOMÍNGUEZ GARCÍA, José Manuel, «La cátedra deLatinidad de Betanzos (1614-1853)». Anuario Brigantino1995.

E.G.P., «Escuela de Formación Profesional de Betanzos».Anuario Brigantino 1949.

ERIAS MARTINEZ, Alfredo, «Sorpresa no Pasatempo deBetanzos: aparece unha lauda sepulcral do s. XV». AnuarioBrigantino 1996.

FUENTE GARCIA, Santiago de la, «Los Hermanos GarcíaNaveira y sus fundaciones». Anuario Brigantino 1999.

«FUNDACIÓN CIEC: Centro Internacional de la EstampaContemporánea». Anuario Brigantino 2001.

«FUNDACIÓN CIEC: Centro Internacional de la EstampaContemporánea». Anuario Brigantino 2002.

«FUNDACIÓN CIEC, Centro Internacional de la EstampaContemporánea: Un referente nacional en el mundo delGrabado». Anuario Brigantino 2003.

«FUNDACIÓN CIEC, Centro Internacional de la EstampaContemporánea». Anuario Brigantino 2004.

«FUNDACIÓN CIEC, PANORAMA DE ARTE GRÁFICOACTUAL». Anuario Brigantino 2005.

«FUNDACIÓN CIEC: Compromiso con el Arte Gráfico».Anuario Brigantino 2006.

HEYVAERT, Anne, «La Fundacion C.I.E.C. CentroInternacional de la Estampa Contemporánea: Apuesta paraun centro de gráfica en Galicia, actividades y proyectos».Anuario Brigantino 1999.

LÓPEZ VILLASOL, Carmen, «Dos sueños en piedra: AQuinta da Regaleira y el Parque del Pasatiempo». AnuarioBrigantino 2001.

MARIÑO ESPIÑEIRA, Delfín, «El turista ideal del«PASATIEMPO». Anuario Brigantino 1999.

MARIÑO ESPIÑEIRA, Delfín, «»El «PASATIEMPO»:pionerismo escénico del «JARDÍN TEMÁTICO».Anuario Brigantino 1999.

MARIÑO ESPIÑEIRA, Delfín, «Juegos en el

«PASATIEMPO» surrealista». Anuario Brigantino 1999.MARIÑO ESPIÑEIRA, Delfín, «Mito y utopía: sabiduría

pedagógica del «Pasatiempo»». Anuario Brigantino 2000.MARIÑO ESPIÑEIRA, Delfín, «El corazón de la Fortuna

en los arquetipos literarios del «Pasatiempo»». AnuarioBrigantino 2001.

MARIÑO ESPIÑEIRA, Delfín, «Introducción a la narrativadel Pasatiempo». Anuario Brigantino 2004.

MARTÍNEZ BALEIRÓN, Mónica, «Servizo deNormalización Lingüística (Concellería de Xuventude eNormalización Lingüística». Anuario Brigantino 2006.

MEIJIDE PARDO, Antonio, «La enseñanza secundaria enBetanzos en el siglo XIX: el Instituto Libre y los ColegiosPrivados». Anuario Brigantino 1990.

MIGUEZ, José Antonio, «Recuerdo y evocación de donFrancisco Vales Villamarín». Anuario Brigantino 1989.

MONTERO GÓMEZ, Xosé Manuel e RODRÍGUEZPORCA, Pedro L., «Cincuentenario do Instituto«Francisco Aguiar» de Betanzos (1952-2002): Historia econmemoración». Anuario Brigantino 2002.

MORANDEIRA ROEL, Pilar, «Mapa escolar da antigaprovincia de Betanzos na segunda década do s. XIX».Anuario Brigantino 1989.

MORANDEIRA ROEL, Pilar, «O ensino primario enBetanzos: 1839-1844». Anuario Brigantino 1990.

PEDREIRA DOPICO, Justo Javier, «Escola-Taller‘Pasatiempo’. Las Escuelas-Taller trabajando para elfuturo». Anuario Brigantino 1993.

PEDREIRA DOPICO, Justo Javier, «Escuela-taller‘Pasatiempo’. Factor de potenciación social». AnuarioBrigantino 1994.

PEDREIRA DOPICO, Justo J., «El Centro de FormaciónOcupacional». Anuario Brigantino 1995.

RIVERA VÁZQUEZ S. J., Evaristo, «Betanzos y el Colegiode Jesuitas de Ancéis». Anuario Brigantino 1991.

RODRÍGUEZ EIRÍS, Emilia e GARCÍA GONZÁLEZ,XOSÉ ANTONIO, «Didáctica do Museo das Mariñas (I):Idade Media». Anuario Brigantino 1993.

RODRÍGUEZ EIRÍS, Emilia e GARCÍA GONZÁLEZ,Xosé Antonio, «Didáctica do Museo das Mariñas (II): oApostolado de Rubens e o Hospital de San Antonio dePadua». Anuario Brigantino 1994.

TORRES REGUEIRO, Xesús, «A Irmandade da Fala deBetanzos: 1917-1930». Anuario Brigantino 1991.

«Un Instituto Laboral, en Betanzos: Decreto de 7 deseptiembre de 1951...» Anuario Brigantino 1951.

VALES VILLAMARÍN, Francisco, e outros, 1918,Xogos Froraes de Betanzos, 1918. Editado polasIrmandades da Fala de Betanzos e impreso na Imprenta deManuel Villuendas.